Melide - ORDENANZA Nº 28.3: ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CENTRO SOCIAL
Primeiro: Tarifa:
O importe a aboar polos usuarios/as das actividades que se impartan unha ou dúas horas semanais durante máis de 3 meses para maiores de 60 anos ou pensionistas, así como os cónxuxes dos participantes das mesmas, será de 5 euros ao mes por asistir á primeira actividade e de 3 euros ao mes pola segunda e sucesivas. No caso de que as actividades teñan unha duración de 3 meses como máximo, o importe será de 12,38 eurosao mes e gozarían dos mesmos descontos que os usuarios/as das escolas deportivas/culturais.
Segundo:
Nas actividades dirixidas a todo tipo de público o importe será de 12,38 euros, independentemento da duración das mesmas, e gozarían dos mesmos descontos que usuarios/as das escolas deportivas/culturais.
Terceiro:
Saídas e excursións de dous ou máis días: 30 euros por persoa que se esixirán antes da realización da actividade.
Cuarto:
Declárase expresamente a existencia de razóns culturais e de interese público que aconsellan a fixación do prezo público por debaixo do custo da actividade.
Quinto:
A modificación do prezo público entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, e comezará a exixirse o día 1 do mes seguinte (salvo que entre en vigor o día 1 do mes que corresponda, en cuxo caso exixirase desde o dito mes) para os recibos que se emitan no dito mes.
Sexto:
Para o non previsto neste apartado, estarase ao disposto na Ordenanza xeral número 28, xeral reguladora do establecemetno ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.
Sétimo:
O cobramento deste prezo público exixirase mediante domiciliación bancaria (excepto o sinalado no punto Terceiro), emitíndose o recibo nos primeiros sete días do mes seguinte a que corresponda, logo do informe dos participantes das actividades que deberá realizarse nos 3 primeiros días do mes seguinte a que corresponda.
No caso de devolución de recibos poderá facerse efectivo o importe na caixa da corporación municipal nos 10 días seguintes á devolución do recibo, e sempre antes da nova orde bancaria que se efectuará desde os servizos económicos.
En caso de devolución de recibo por dúas veces sen terse aboado tampouco o importe na caixa corporación dará lugar á baixa da dita persoa/s en todas as actividades das escolas deportivas.
Oitavo:
A solicitude de baixa nas actividades deberá presentarse por escrito e rexistrarse no Concello, e terá efectos no mes seguinte á data da comunicación.
Noveno:
Non procederá darse de alta en actividade ningunha de non ter ao día as cotas do curso/actividade anterior, podendo efectuarse neste caso o pagamento das cotas pendentes na caixa corporación do Concello de Melide.
Décimo:
A inscrición deberá realizarse por escrito en modelo normalizado e presentarse no Rexistro do Concello de Melide xunto co certificado do número de conta no que se efectuarán os pagamentos das actividades.
O prazo para inscribirse nas actividades comezará 15 días antes do inicio da actividade, e se manterá aberto ata a finalización da actividade.
A admisión de participantes nas distintas actividades do Concello de Melide farase tendo en conta estritamente a orde de entrada de solicitudes no Rexistro do concello.
Os/as solicitantes que non consigan praza nas actividades, quedarán en listaxe de espera tendo en conta a orde de entrada das solicitudes no Rexistro.
No momento que se produza algunha baixa tirarase da lista de espera respectando a orde de entrada no Rexistro do Concello.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
Esta ordenanza 28.3 relativa ós prezos públicos ás actividades organizadas polo Centro Social e un desarrollo da ordenanza xeral núm. 28, reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.