Ponteceso - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TRAMITACIÓN DAS LICENZAS URBANÍSTICAS E OUTRAS FORMAS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA

Publicación provisional: 14/08/2014 BOP Nº: 154
Publicación definitiva: 16/10/2014 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 17/10/2014

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

I. A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, veu introducir no sector servizos un profundo cambio, substituíndo como regra xeral o control previo polo control posterior. Dita Directiva foi obxecto de transposición no noso Estado a través da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e ao seu exercicio e da Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e ó seu exercicio.

II. A Comunidade Autónoma de Galicia aprobou a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia, sometendo as actividades comerciais non suxeitas ao trámite de incidencia, efecto ou impacto ambientais, nin ao informe da consellería titular da competencia en sanidade, ao réxime de comunicación previa ou declaración previa.

III. O Real decreto-lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos avanza un paso máis (como sinala na súa Exposición de Motivos), eliminando todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa, motivados na protección do medio ambiente, da seguridade ou da saúde públicas, ligados a establecementos comerciais e outros que se detallan no seu anexo cunha superficie de ata 300 metros cadrados. A devandita flexibilización esténdea tamén a todas as obras ligadas ao acondicionamento de locais que non requiran da redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da edificación.

A Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, introduciu na súa disposición adicional terceira adicada ás Instalacións de redes públicas de comunicacións electrónicas a previsión de que as disposicións contidas no Título I da lei aplicaranse ás estacións ou instalacións radioeléctricas utilizadas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público, a excepción daquelas nas que concorran as circunstancias referidas no artigo 2.2 da devandita Lei, ocupen unha superficie superior a 300 metros cadrados, computándose a tal efecto toda a superficie incluída dentro do valado da estación ou instalación ou, tratándose de instalacións de nova construción, teñan impacto en espazos naturais protexidos. A presente Disposición enténdese sen prexuízo da aplicación a ditas instalacións do establecido na Lei 32/2003, do 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións e a súa normativa de desenvolvemento.

A Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia establece un réxime xurídico único do exercicio de actividades en Galicia, eliminando de xeito pleno e efectivo a licenza de apertura previa á instalación e ao inicio da actividade (licenzas de actividade ou instalación e de apertura ou funcionamento). Neste sentido, a lei dá cumprimento en Galicia ao disposto no artigo 41 da Lei de economía sustentable, que determina que, con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo.

Para que a liberalización de actividades sexa efectiva é preciso modificar a regulación das licenzas de obra, de xeito que se establece un réxime xeral que é o de comunicación previa xunto cunha reserva para a licenza naqueles casos en que unha norma estatal así o exixe, singularmente a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, e o máis recente artigo 23 do Real decreto lei 8/2011, do 1 de xullo, de medidas de apoio aos debedores hipotecarios, de control do gasto público e cancelación de débedas con empresas e autónomos contraídas polas entidades locais, de fomento da actividade empresarial e impulso da rehabilitación e de simplificación administrativa.

IV. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteceso, foi aprobado definitivamente o 26/08/2002 e publicado no Boletín Oficial da Provincia na data 25/09/2002. Na actualidade consta aprobado inicalmente en sesión plenaria de 25 de xuño de 2012 o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ponteceso.

V. De conformidade co exposto, este Concello dentro das medidas de adaptación á nova normativa mediante a presente Ordenanza pretende facilitar e facultar a posta en marcha de actividades económicas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 17/2009 e da Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, así como doutras actividades non incluídas de menor impacto ambiental e obras ligadas ao acondicionamento de locais que non requiran da redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da edificación, co fin de estender a eliminación de trabas e axilización administrativa a outras actividades, de forma que poderán iniciarse sen previa licenza municipal desde o mesmo día da presentación da comunicación previa ou da declaración responsable, sen necesidade de esperar á finalización do control municipal, o cal se mantén aínda que se articule a posteriori.

Deste xeito, a mencionada presentación, e a toma de coñecemento por parte da Administración non supón unha autorización administrativa para exercer unha actividade, senón un medio para que a Administración coñeza a existencia da devandita actividade e activar as comprobacións pertinentes. O mantemento da licenza previa na apertura de determinadas actividades xustifícase por razóns imperioso de interese xeral, de orde pública, seguridade pública, saúde pública, seguridade dos destinatarios de bens e servizos, dos traballadores, protección do medio ambiente e a contorno urbano.

Optouse por establecer o réxime de comunicación previa para as actividades e obras recollidas nos anexos da presente ordenanza.

Por tanto, en virtude da autonomía local constitucionalmente recoñecida, que garante aos municipios personalidade xurídica propia e plena autonomía no ámbito dos seus intereses, e que lexitima o exercicio de competencias de control das actividades que se desenvolvan no seu termo municipal, dítase a presente Ordenanza previa observancia da tramitación establecida ao efecto polo artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

TÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1.- OBXECTO

1.- A presente ordenanza ten por obxecto a regulación dos procedementos de intervención e control do Concello de Ponteceso nos casos de obras e actividades que pola súa entidade, incidencia no contorno urbanístico ou no ambiente teñan que someterse, dependendo do caso, ao réxime de licenza ou comunicación previa.

Asemade, establece as disposicións xerais necesarias para facilitar a liberdade de establecemento e a libre prestación de servizos, planificando os novos procesos de comunicación necesarios e o seu control posterior e simplificando, en xeral, os procedementos xa establecidos

2.- A ordenanza dítase en desenvolvemento da lexislación de réxime local, da Directiva de servizos 2006/123 CE e da normativa estatal e autonómica.

ARTIGO 2.- ÁMBITO DE APLICACIÓN

Están sometidos ao ámbito de aplicación desta ordenanza todo tipo de actos de edificación e uso do solo e subsolo, así como o exercicio de actividades ou servizos que esixan a intervención da administración en execución da súa función de policía na orde urbanística e ambiental, coa finalidade de verificar o axuste ao planeamento, normas urbanísticas, en materia de seguridade, sanitaria, ambiental e demais que resulten esixibles.

ARTIGO 3.- MEDIOS DE INTERVENCIÓN NA ACTIVIDADE URBANÍSTICA

1.- O Concello de Ponteceso poderá intervir na actividade dos cidadáns a través dos seguintes medios:

a. Ordenanzas e bandos.

b. Sometemento a licenza previa e outros actos de control preventivo, sen prexuízo das excepcións previstas na lexislación de aplicación

c. Sometemento a comunicación previa, de conformidade co establecido na lexislación reguladora do procedemento administrativo

d. Sometemento a control posterior ao inicio da actividade, para os efectos de verificar o cumprimento da normativa reguladora.

e. Ordes individuais constitutivas de mandato para a execución dun acto ou a súa prohibición.

A actividade de intervención axustarase en todo caso, aos principios de igualdade de trato, necesidade e proporcionalidade en relación co fin que se persegue.

2.- As licenzas ou autorizacións outorgadas por outras administracións públicas non eximen os seus titulares de obter as correspondentes licenzas das entidades locais, respectándose en todo caso o disposto nas correspondentes leis sectoriais.

3.- Naqueles casos nos que a actuación pretendida pola ou polo interesado requira dalgunha autorización, cualificación, ou informe favorable doutra administración pública distinta da municipal, que resulte esixible pola lexislación sectorial aplicable, o outorgamento da licenza urbanística requirirá a previa emisión e incorporación ao expediente da dita autorización, cualificación ou informe.

4.- Con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo. Non obstante, someterase a licenza ou control preventivo aquelas actividades que afecten á protección do medio ou do patrimonio histórico-artístico, a seguridade ou a saúde públicas, ou que impliquen o uso privativo e ocupación dos bens de dominio público.

ARTIGO 4.- DEFINICIÓNS

Para os efectos desta ordenanza enténdese por:

1.- Autorización ou licenza: acto regrado da autoridade municipal competente pola cal, tras a comprobación das condicións establecidas pola normativa aplicable, autorízaselle á ou ao solicitante para o exercicio dun dereito preexistente á edificación ou exercicio de actividades.

2.- Comunicación previa: documento mediante o cal as e os interesados poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido na normativa de procedemento administrativo.

ARTIGO 5.- ACTOS SUXEITOS A COMUNICACIÓN PREVIA

Estarán suxeitas a comunicación previa de conformidade coa normativa que resulte de aplicación:

1. A realización de obras menores de escasa entidade técnica consistentes en pequenas reparacións e obras de mantemento que se relacionan no anexo 5 da presente ordenanza.

2. A realización de obras de apontoamento e outras medidas de seguridade urxentes, cando sexan precisas.

3. Actividades comerciais e de servizos que se relacionan no anexo 5 da presente ordenanza, incluídas as obras de adaptación de locais que non requiran de redacción dun proxecto de obra , de conformidade ca Lei de ordenación da edificación.

4. Cambios de titularidade de licenzas de obras en curso de execución.

5. Cambios de titularidade de licenzas de actividade vixente. Para estes efectos non se consideran en vigor as licenzas que teñan declaración expresa de caducidade, revogación ou renuncia. Non en tanto, en ningún caso, producirán efectos as comunicacións previas de cambio de titularidade respecto de locais nos que cesase a actividade por tempo superior a seis (6) meses.

6. Inicio de obras autorizadas.

7. Postas en funcionamento de actividades inocuas tramitadas simultaneamente con obras de acondicionamento de locais suxeitas ao deber de obtención de licenza, para os efectos desta ordenanza.

ARTIGO 6.- ACTOS SUXEITOS A LICENZA SOMETIDOS AO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

1.- Estarán suxeitos ao procedemento simplificado aquelas obras que sendo de escasa entidade requiren a presentación dun proxecto ou memoria técnica redactada por técnico/a competente, que se relacionan no anexo 2 da presente ordenanza.

2.- Neste procedemento a presentación da solicitude, coa documentación completa, de licenza de obras suxeita ao procedemento simplificado permítelle, á persoa titular desta, o inicio das obras solicitadas transcorrido o prazo dun mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte do Concello de Ponteceso, segundo o disposto no artigo 43 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.- Nos casos nos que sexa necesaria a subsanación de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio no procedemento ao ordinario. Neste caso non operará o prazo dun mes do silencio administrativo e non se poderán realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.

ARTIGO 7.- ACTOS SUXEITOS A LICENZA POR PROCEDEMENTO ORDINARIO

Quedarán suxeitas a licenza por procedemento ordinario aquelas actuacións urbanísticas que consonte á normativa urbanística vixente, estean sometidas ao deber de obter licenza e non estean incluídas no réxime simplificado nin no de comunicación previa.

Quedarán suxeitas ao deber de obtención de licenza por procedemento ordinario as primeiras ocupacións das edificacións.

ARTIGO 8.- ACTOS NON SUXEITOS A LICENZA URBANÍSTICA

Non será esixible licenza urbanística nos seguintes supostos:

1. Os parcelamentos, segregacións, modificacións ou calquera outro acto de división de fincas ou predios efectuadas en virtude de proxectos de compensación, equidistribución ou similar.

2. A demolición de construcións declaradas en ruína, salvo que pola entidade das obras se esixa da solicitude de licenza acompañada do corresponde proxecto técnico.

3. As obras de apontoamento e outras medidas de seguridade urxentes, cando sexan precisas.

4. As obras derivadas dunha orde de execución, salvo que pola entidade das obras se esixa da solicitude de licenza acompañada do correspondente proxecto técnico.

5. As obras derivadas de ordes impostas en expedientes de protección da legalidade urbanística.

6. As obras de urbanización previstas nos proxectos de urbanización.

7. As obras e actividades suxeitas aos procedementos de comunicación previa.

8. As actuacións urbanísticas promovidas polo Concello de Ponteceso no seu propio termo municipal, sen prexuízo do disposto na lexislación vixente.

9. As obras públicas eximidas expresamente pola lexislación sectorial ou a de ordenación do territorio.

10. Todas as actuacións eximidas pola lexislación estatal ou autonómica.

ARTIGO 9.- ACTUACIÓNS URBANÍSTICAS DE PARTICULARES EN TERREOS DE DOMINIO PÚBLICO

1. Cando as actuacións urbanísticas se realicen por particulares en terreos de dominio público, esixirase a licenza urbanística ou comunicación previa, independentemente das autorizacións ou concesións que sexa pertinente outorgar por parte da administración titular do dominio público.

2. Cando a autorización ou concesión sobre terreos de dominio público corresponda a administración municipal e no procedemento de outorgamento da concesión ou autorizacións se tivese constatado a adecuación do proxecto á normativa urbanística e sectorial aplicable, cumpríndose os trámites esixibles, as licenzas de obras e de actividade entenderanse outorgadas na propia resolución que estableza a autorización ou a concesión.

3. A denegación ou ausencia de autorización ou concesión impedirá ao particular obter a licenza e ao órgano competente outorgala.

ARTIGO 10.- CRITERIOS INTERPRETATIVOS NO SOMETEMENTO AOS PROCEDEMENTOS ANTERIORES

Para a execución das obras ou para o exercicio de actividades as e os interesados terán que axustarse ao procedemento de licenza ou comunicación previa nos termos dispostos nesta ordenanza.

Cando algunha das actuacións que se pretenden executar non se axustaran a algúns dos supostos establecidos nos anexos desta ordenanza, asimilarase coa que presente maior coincidencia, aplicándolle o seu réxime.

ARTIGO 11.- ERRO NA CUALIFICACIÓN DO ESCRITO ACHEGADO

1.- O erro na cualificación do escrito achegado pola persoa interesada na elección dalgúns dos procedementos de sometemento a licenza, xa sexa ordinario ou simplificado, ou no de comunicación previa, non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que do seu contido se deduza o seu verdadeiro carácter.

O concello notificaralle á ou ao interesado para lle facer constar tal circunstancia e , no seu caso, requirirá a documentación que sexa precisa para a continuación do procedemento que corresponda.

2.- Cando a persoa interesada presentase ante o concello unha comunicación previa sendo o réxime aplicable o da licenza, advertiráselle que non poderá executar a obra ou iniciar a actividade ata que obteña a preceptiva autorización. Se iniciase a actividade requiriráselle para que proceda de inmediato á súa paralización coas advertencias propias dos procedementos de reposición da legalidade urbanística.

No caso de que se executasen obras non incluídas no réxime de comunicación previa requiriráselle para que proceda de inmediato á súa paralización coas advertencias propias dos procedementos de reposición da legalidade urbanística.

3.- Cando a persoa interesada solicitase ante o concello unha licenza cando o réxime aplicable é o de comunicación previa, notificaráselle para lle sinalar que debe de achegar a documentación correspondente e que non poderá executar a obra ou desenvolver a actividade en tanto non presente a devandita documentación.

ARTIGO 12.- RESPONSABILIDADES

1.- As e os técnicos asinantes da documentación técnica achegada son responsables da súa calidade e axuste ás normas que sexan aplicables en cada caso.

2.- A dirección facultativa das obras e instalacións proxectadas (director/a de obra e director/a de execución, segundo as súas competencias) é responsable da conformidade da obra ca documentación técnica aprobada, coas normas aplicables e, en ausencia de regulamentación e instrucións específicas, coas normas técnicas de recoñecemento xeral e bo facer técnico e construtivo.

3.- As e os técnicos asinantes das certificacións que se acheguen serán responsables da exactitude e da veracidade contida nelas.

4.- As e os titulares e promotores son responsables durante o desenvolvemento das actividades, do cumprimento das determinacións contidas na documentación técnica consonte coa cal foron concedidas as licenzas ou, na documentación técnica anexa á comunicación previa, así como da efectiva instalación e cumprimento das condicións impostas pola administración municipal ou outra autoridade competente.

TÍTULO II: INFORMACIÓN URBANÍSTICA E PROCEDEMENTOS PREVIOS

ARTIGO 13.- NORMAS COMÚNS AOS ACTOS DE INFORMACIÓN URBANÍSTICA

1.- A contestación da información urbanística ou consulta urbanística común e especial, non exime do deber de comunicación previa ou de obter a licenza urbanística correspondente.

2.- Nin a contestación as consultas urbanísticas, común e especial, nin a cédula urbanística terá efecto vinculante para a Administración municipal. Asemade contra elas non cabe a interposición de recurso ningún.

ARTIGO 14.- INFORMACIÓN URBANÍSTICA ou CONSULTA URBANÍSTICA COMÚN

1. Poderanse formular consultas por escrito relativas á situación urbanística dunha determinada parcela, soar, inmoble ou local, así como dos actos ou usos do solo o subsolo permitidos e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación de que se trate.

2. A consulta será contestada nun prazo máximo de dous meses, unha vez presentada no rexistro a solicitude.

Nos casos de consultas relativas a unha parcela ou inmoble a solicitude deberá ir acompañada dun plano, realizado sobre Cartografía Oficial de Ponteceso, no que se sinalen a forma e superficie da parcela ou inmoble obxecto da consulta.

ARTIGO 15.- CONSULTA URBANÍSTICA ESPECIAL

1. As persoas interesadas poderán formular consultas urbanísticas especiais para resolver as dúbidas de interpretación que lles poida suscitar a aplicación dun ou varios preceptos da normativa urbanística presentando propostas técnicas sobre unha actuación urbanística concreta.

2. A consulta poderá acompañarse dunha ou varias propostas. En todo caso, a documentación aportada deberá vir firmada por técnico/a competente, e ser suficiente para coñecer e valora-la cuestión técnica presentada; noutro caso poderase instar á persoa interesada para que complete ou aclare o seu contido.

3. Se ningunha das propostas técnicas fose conforme á normativa urbanística, os servizos técnicos municipais poderán informar ao solicitante das rectificacións precisas.

4.- A resposta deberá ser ratificada polo órgano competente para autorizar o futuro proxecto.

5.- A contestación da consulta deberá producirse no prazo máximo de tres meses. Non en tanto, o prazo será interrompido nos casos nos que deba de recabarse informe ou ditame preceptivo.

ARTIGO 16.- CÉDULA URBANÍSTICA.

1. A Administración municipal poderá tamén informar sobre as circunstancias urbanísticas que concorran nun predio, unidade de execución ou sector, mediante un documento denominado «Cédula Urbanística».

2. Tódolos Proxectos de Compensación, Equidistribución, Normalización ou outros análogos, que comporten a determinación de parcelas resultantes en execución do planeamento, deberán incluír, dentro das súa determinacións, a Cédula Urbanística de todas e cada unha das parcelas resultantes finais, públicas e privadas.

3. As cédulas urbanísticas a que se refire o punto anterior deberán incluír cando menos as seguintes circunstancias urbanísticas:

a) Situación do predio con indicación de se está non edificado.

b) Plano con expresión dos seus lindeiros acoutados e determinación xeométrica necesaria para a súa correcta e inequívoca identificación e trazado.

c) Planeamento xeral, especial, parcial ou estudo de detalle por cuxas determinacións se atopa regulada e afectada.

d) Clase e categoría do solo en que se acha enclavado.

e) Polígono ou sector de que se trate, e norma ou ordenanza aplicable.

f) Uso do solo, altura, volume e situación da edificación, ocupación máxima da parcela e o aproveitamento do subsolo.

g) Sistema de actuación aplicable ó polígono.

h) Polígono onde se fará efectivo o dereito do propietario ó aproveitamento.

ARTIGO 17.- ALIÑACIÓN OFICIAL

1. De acordo co establecido no Plan xeral de ordenación municipal de Ponteceso, denomínase aliñación oficial a liña sinalada polo planeamento para establecer o límite que separa os solos destinados a vía pública ou espazos libres públicos das parcelas edificables

2. Como documento xurídico-urbanístico, a aliñación oficial recollerase na ¿Acta de aliñacións e rasantes".

3. A ¿Acta de aliñacións e rasantes" é o plano formalizado pola Administración municipal, no que se sinalan, ademais das circunstancias de deslinde contempladas no parágrafo anterior, o estado da urbanización, se a parcela reúne ou non a condición de soar, a superficie aproximada de cesión gratuíta ou de expropiación, se é o caso, a súa formalización e o importe aproximado dos gastos de urbanización afectos ao predio, se os houbese.

4. A ¿Acta de aliñacións e rasantes" deberá ser expedida nun prazo máximo dun mes, unha vez presentada no rexistro a solicitude ca documentación completa. A dita solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

1. Plano realizado sobre Cartografía Oficial de Ponteceso, no que se sinalen a forma e superficie da parcela, e predios lindeiros, anchos das vías que definen as súas fachadas e situación respecto do viario de conformidade co rueiro municipal. Este plano deberá ser asinado por técnico/a competente que se responsabiliza da veracidade dos datos achegados.

2. Certificados dos servizos urbanísticos da parcela. (excepto se vai solicitar unicamente licenza de peche da parcela)

3. Excepcionalmente, e no prazo de dez días hábiles contados desde a presentación da solicitude, a Administración municipal poderá solicitar levantamento topográfico da parcela cando existan discordancias entre a realidade e o plan e/ou a súa descrición rexistral. Este levantamento deberá estar apoiado polo menos en dous vértices próximos da Rede Topográfica e sempre en coordenadas UTM.

5. As actas de aliñacións e rasantes terán vixencia indefinida, con todo calquera alteración do planeamento dará lugar a que queden sen efecto as actas de aliñación practicadas con anterioridade á súa aprobación, que poderán rehabilitarse no caso de que a dita modificación non afectase ás aliñacións.

TITULO III.- MEDIOS DE INTERVENCIÓN E TIPOS DE PROCEDEMENTO

CAPITULO I.- DISPOSICIÓNS COMÚNS A TODOS OS PROCEDEMENTOS

ARTIGO 18.- NORMATIVA

As solicitudes de licenzas, comunicacións previas axustaranse aos procedementos sinalados nesta ordenanza que se aplicarán consonte ás disposicións establecidas na normativa de procedemento administrativo, ás especialidades contidas na lexislación local, urbanística e ambiental de Galicia, sen prexuízo do establecido por outras normas de rango superior á presente ordenanza.

ARTIGO 19.- CLASES DE PROCEDEMENTO

A intervención urbanística no termo municipal do Concello de Ponteceso tramitarase polos seguintes procedementos:

- Comunicación previa.

- Procedemento simplificado de obtención de licenza

- Procedemento ordinario de obtención de licenza.

ARTIGO 20.- DEREITOS DOS SOLICITANTES

As persoas solicitantes nos procedementos urbanísticos terán os dereitos establecidos con carácter xeral na normativa de aplicación, entre outros, os seguintes:

-Á tramitación do procedemento sen dilacións indebidas.

-A obter información e orientación acerca dos requisitos xurídicos e técnicos que a normativa impón aos proxectos, actuacións ou solicitudes, comunicacións ou declaracións que as persoas interesadas pretendan realizar.

-A utilizar medios electrónicos na tramitación dos procedementos.

-A non presentar documentos non esixidos polas normas aplicables ao procedemento de que se trate ou que xa obren no poder dos servizos municipais.

-A coñecer, en calquera momento, o estado de tramitación do procedemento no que teñan a condición de interesado/a e a obter copia dos documentos contidos nel.

-A que as resolucións denegatorias das licenzas estean debidamente motivadas.

-A presentar queixas, reclamacións e suxestións sobre o funcionamento dos servizos.

ARTIGO 21.- DEBERES DOS SOLICITANTES

As persoas solicitantes nos procedementos urbanísticos terán os deberes establecidos con carácter xeral na normativa de aplicación, entre outros, os seguintes:

- Presentar a documentación completa esixible.

- Atender os requirimentos municipais de corrección de deficiencias ou reparos, tanto formais como materiais, derivados das solicitudes de licenzas ou comunicacións previas

- Dispoñer xunto á obra, no caso de obras maiores, de copia autorizada da licenza municipal e a colocación de cartel indicador cos datos que se mencionan no artigo 17.3 do Real decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia ou norma que o substitúa.

- Ter a disposición dos servizos municipais a comunicación previa, facilitando o acceso á obra ou local ao persoal dos devanditos servizos, para inspeccións e comprobacións sobre o cumprimento da normativa aplicable.

- Reflectir á entrada do local, en lugar ben visible, o aforo máximo autorizado para o local xunto coa actividade concedida, sempre que se impoña como condicionante da licenza.

- Realizar os trámites nos prazos establecidos, téndoselles por decaidos no seu dereito ao trámite correspondente en caso contrario. Non obstante, admitirase a actuación do interesado e producirá os seus efectos legais se se producise antes ou dentro do día en que se lle notifique a resolución na que se teña por transcorrido o prazo.

- Notificar a data de iniciación das obras.

- Exhibir no interior dos establecementos orixinal ou copia do titulo acreditativo da licenza ou comunicación previa.

- Iniciar e executar as obras nos prazos establecidos pola normativa vixente.

ARTIGO 22.- MODELOS E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- A Alcaldía do Concello de Ponteceso aprobará e terá actualizados modelos de solicitude de licenza polos procedementos simplificado ou ordinario e comunicación previa, que han ser publicados para o seu xeral coñecemento, entre outro medios, na sede electrónica e páxina web do Concello de Ponteceso.

2.- A presentación de solicitudes e demais documentación poderá efectuarse en soporte papel ou electrónico consonte co establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos ou norma que o substitúa.

3.- A presentación de proxectos ou documentación técnica en soporte electrónico realizarase de conformidade cas ¿Normas para a Presentación de Proxectos Técnicos en Formato Dixital" incluídas nos anexos desta Ordenanza.

ARTIGO 23.- SOLICITUDE DE LICENZA OU COMUNICACIÓN PREVIA

O procedemento de tramitación de licenzas urbanísticas ou comunicación previa iniciarase mediante modelo ou solicitude normalizada para o que ha de se achegar a documentación correspondente en cada caso.

No acto de presentación da solicitude ou comunicación previa, os servizos competentes verificarán a integridade da documentación achegada, dende o punto de vista formal, sen prexulgar o seu contido.

ARTIGO 24.- EXECUCIÓN DE OBRAS E EXERCICIO DE ACTIVIDADES

1.- A execución das obras e o exercicio de actividades cumprirán as disposicións vixentes en materia de edificación, infraestruturas, seguridade e saúde no traballo. As dimensións e características das obras e actividades non excederán das comunicadas ou autorizadas; considerase infracción urbanística calquera extralimitación destas.

2.- As condicións manifestadas ao concello deben de manterse durante a execución de obras e exercicio da actividade, coa obriga de que de producírense cambios nas obras ou actividade deberán de poñerse en coñecemento da administración a través dos procedementos oportunos.

CAPÍTULO II.- DISPOSICIÓNS ESPECÍFICAS NA TRAMITACIÓN DE COMUNICACIÓNS PREVIAS

ARTIGO 25.- REGULACIÓN DO PROCEDEMENTO

.- O acto de control e intervención da Administración municipal, nos supostos previstos no artigo 5 da presente ordenanza, axustarase ao seguinte procedemento:

a) A comunicación deberá efectuarse en documento normalizado, acompañado da documentación que para cada actuación concreta se especifique, de acordo co Anexo da presente ordenanza.

b) O rexistro da documentación completa no órgano competente para coñecer da actuación de que se trate, equivalerá á toma de coñecemento por parte da administración municipal.

c) As actuacións comunicadas poderán iniciarse dende a mesma data da súa posta en coñecemento na administración ou a data que sinale expresamente a persoa interesada na comunicación previa, sempre e cando a documentación este completa nos termos establecidos na presente ordenanza e a actuación se axuste ao ordenamento xurídico aplicable.

ARTIGO 26.- TRAMITACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA

Analizada a documentación e en función da adecuación ou non do seu contido ó ordenamento urbanístico e ás prescricións da presente ordenanza, a tramitación dos actos comunicados axustarase as seguintes regras:

1.- Cando a actuación comunicada se adecúe ao ordenamento xurídico e as prescricións desta ordenanza, esta producirá os efectos establecidos na normativa de aplicación, e poderán iniciarse as obras ou exercer a actividade de que se trate.

2.- Cando a comunicación achegada sexa insuficiente, incorrecta ou inexacta, no prazo de dez días notificaráselle á persoa interesada que se absteña de executar a súa actuación, concederáselle un trámite de subsanación da documentación esixible e advertiráselle da necesidade de volver a poñer en coñecemento da administración o inicio das obras ou exercicio da actividade, unha vez corrixidas estas.

De non atender aos requirimentos anteriores, procederase ao arquivo do expediente sen máis trámite, todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade urbanística.

3.- Cando se estime que a actuación comunicada non está incluída entre as previstas para ser tramitadas por este procedemento, no prazo non superior a dez días hábiles, notificaráselle a/o solicitante coa indicación de que se absteña de executar a actuación, procedendo, de ser o caso, a continuación da tramitación mediante o procedemento de outorgamento de licenzas simplificado ou ordinario.

4.- Cando a actuación comunicada non se axuste ao planeamento vixente e demais normativa de obrigado cumprimento e competencia municipal, no prazo de dez días notificaráselle esta circunstancia á/ao solicitante e indicáraselle que debe de absterse de executar a súa actuación, concedéndolle trámite de audiencia por prazo de 10 días, con carácter previo á resolución de arquivo do expediente. Todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos da reposición da legalidade urbanística.

5.- Cando deban realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma actividade ou no mesmo local en que esta se desenvolva, as comunicacións previas, tramitaranse conxuntamente.

ARTIGO 27.- CAMBIOS DE TITULARIDADE DE LICENZAS

1.- As licenzas relativas ás condicións dunha obra, instalación ou servizo serán transmisibles nos termos establecidos na normativa de aplicación.

O/a antigo e o/a novo/a titular deberán unicamente comunicalo por escrito ao Concello de Boimorto, facendo expresa referencia á licenza que queren transmitir, sen o cal quedarán ambos suxeitos ás responsabilidades derivadas da actuación.

2.- A comprobación por parte do Concello de Ponteceso da inexactitude ou falsidade de calquera dato, manifestación ou documento, determinará a imposibilidade de continuar no exercicio do dereito.

3.- O consentimento da ou do titular anterior poderá ser substituído polo documento público ou privado translativo da propiedade ou posesión do inmoble, local ou soar.

4.- Non poderán ser invocados cambios de titularidade para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que tivesen incorrido os titulares no exercicio das actuacións autorizadas.

ARTIGO 28.- CAMBIOS DE TITULARIDADE EN ACTUACIÓNS COMUNICADAS

En ningún caso, serán susceptibles de cambio de titularidade as obras e actividades comunicadas que deberán ser obxecto dunha nova comunicación previa para o inicio de actividade ou execución de obras.

Non en tanto, e sempre que se acredite o consentimento do anterior titular da actividade ou obra comunicada non será preciso presentar de novo a documentación xa achegada anteriormente, sempre que non se alterasen as condicións relativas á normativa de aplicación, nin as condicións e medidas manifestadas que habilitaron a execución das obras ou inicio de actividade.

ARTIGO 29.- CAMBIOS DE ACTIVIDADE EN ACTUACIÓNS COMUNICADAS E LICENZAS

Cando se produza un cambio na actividade a desenvolver no local, esta deberá ser obxecto dunha nova comunicación previa ou licenza de actividade coa documentación completa esixida.

ARTIGO 30.- EFECTOS DAS COMUNICACIÓNS PREVIAS

1.- A toma de coñecemento non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas.

2.- Producirán efectos entre o concello e o suxeito a cuxa actuación se refiran, pero non alterarán as situacións xurídicas privadas entre este e as demais persoas.

3.- As comunicación previas producirán os efectos que determinen en cada caso a lexislación correspondente, a presente ordenanza e demais normativa municipal, e permitirán con carácter xeral o recoñecemento ou exercicio dun dereito ou ben o inicio dunha actividade, dende a data da súa presentación, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección que teña atribuída a Administración municipal.

4.- A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a comunicación previa, ou a non presentación ante a administración competente da comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Asemade, a resolución da Administración pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga da persoa interesada de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado, todo isto conforme cos termos establecidos nas normas sectoriais de aplicación.

5.- As obras e actividades comunicadas realizaranse deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros.

CAPÍTULO III.- DISPOSICIÓNS COMÚNS Á TRAMITACIÓN DE LICENZAS EN RÉXIME SIMPLIFICADO E ORDINARIO.

ARTIGO 31.- TIPOS DE PROCEDEMENTOS

As solicitudes de licenza, consonte á súa incidencia urbanística e complexidade técnica, tramitaranse de acordo coa lexislación urbanística e sectorial aplicable, o disposto na presente ordenanza e anexos, segundo os procedementos simplificado e ordinario, definidos nos artigos 7 e 8 desta ordenanza.

ARTIGO 32.- SUBSANACIÓN E MELLORA DA SOLICITUDE.

No momento de achegar a solicitude, e realizada a verificación documental se esta non reúne os requisitos ou se a documentación estivese incompleta requirirase a persoa interesada para que no prazo de 10 días corrixa a falta ou achegue a documentación preceptiva con indicación de que de non facelo así teráselle por desistido na súa petición.

ARTIGO 33.- REQUIRIMENTOS PARA CORRECCIÓN DE DEFICIENCIAS.

1.- O transcurso do prazo máximo para ditar resolución expresa interromperase para corrección de deficiencias.

2.- Nos casos nos que sexa necesaria a corrección de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o sometemento da devandita actuación ao procedemento ordinario que producirá o correspondente cambio no procedemento, polo que non operará o prazo dun (1) mes do silencio administrativo e non se poderán realizar as actuacións solicitadas, en tanto non se conceda a preceptiva licenza municipal.

3.- Se o requirimento non se leva a cabo de forma completa ou se efectúa de maneira insuficiente a licenza será denegada.

ARTIGO 34.- AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS

1.- As actuacións que se pretendan realizar en terreos ou bens que esixindo a intervención do concello precisen ademais de autorizacións sectoriais doutras administración consonte coa normativa sectorial de aplicación, deberán achegarse ou xustificar a súa solicitude pola persoa interesada. No caso de que non conte coa devandita autorización o procedemento de tramitación da solicitude por parte do concello quedará en suspenso ata que se lle notifique a este a resolución recaida.

2.- No caso de autorizacións sectoriais que resulten preceptivas e previas á solicitude de licenza, deberán ser achegadas pola persoa interesada. En defecto da devandita autorización previa, as solicitudes de licenza non serán admitidas e, no seu caso, non se poderá entender iniciado o procedemento.

ARTIGO 35.- INFORMES

1.- A vista da documentación achegada, os servizos municipais emitirán os informes técnicos e xurídicos consonte coa normativa urbanística vixente.

2.- Agás o disposto no artigo 33, cando na instrución do procedemento sexa preceptivo informe de órgano distinto a aquel que ten a competencia para resolver, ou doutra administración, este tramitarase no prazo de 10 días, salvo que unha disposición ou cumprimento do resto dos prazos do procedemento permita ou esixa outro prazo maior ou menor.

ARTIGO 36.- SIMULTANEIDADE DE OBRAS E ACTIVIDADES

1.- Con carácter xeral, todas as actividades suxeitas a licenza previa que para a súa implantación precisen da previa realización de obras, tramitaranse simultaneamente, consonte co disposto na normativa urbanística vixente, non resultará de aplicación o procedemento simplificado previsto nesta ordenanza.

2.- Nos casos en que as obras estean suxeitas ao réxime de licenza e a actividade ao de comunicación previa, outorgarase con carácter previo a licenza que autorice a obra e o uso, e unha vez rematadas as obras comunicaráselle ao concello o inicio da actividade, consonte cos modelos normalizados e achegarase a documentación preceptiva.

ARTIGO 37.- SUBROGACIÓN

Durante a tramitación dos procedementos poderá producirse a subrogación dunha ou dun novo solicitante, sempre que se acredite a aceptación do solicitante inicial. A tramitación do expediente continuará a nome da ou do novo titular e partirase o da mesma situación na que se atopaba o anterior.

ARTIGO 38.- SUSPENSIÓN DO PROCEDEMENTO.

O procedemento administrativo suspenderase, sen prexuízo do establecido, no seu caso, na lexislación sobre procedemento administrativo, nos seguintes casos:

- Cando se precise da obtención de autorizacións sectoriais doutras administracións consonte coa normativa sectorial de aplicación ata que se notifique a resolución recaida.

- A solicitude de informes que sexan preceptivos e vinculantes do contido da resolución a órgano da mesma ou distinta administración, suspenderá o prazo máximo legal para resolver o procedemento e notificar a resolución polo tempo que medie entre a petición do informe e a súa recepción, debendo comunicarse ás persoas interesadas tales circunstancias.

- Cando se precise a obtención dun informe por parte dalgunha administración sectorial requirirase á ou ao interesado e quedará en suspenso o procedemento de licenza.

- Durante o prazo outorgado para corrección de deficiencias.

ARTIGO 39.- RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO

1.- Corrixidas, no seu caso, as deficiencias, emitidos os informes preceptivos e completo o expediente resolverase de:

a) Outorgamento con indicación dos requisitos e, no seu caso, as medidas correctoras que a actuación solicitada deberá cumprir.

b) Denegación coa motivación detalladamente das razóns desta.

2.- Con carácter previo á emisión da resolución constituiranse, cando sexa procedente, os avais necesarios para garantir a execución das obras de urbanización e reparación dos danos en zonas públicas.

3.- A resolución do órgano competente deberá producirse no prazo máximo establecido nesta ordenanza para cada tipo de procedemento, prazo que contará dende a data na que se considere iniciado o expediente.

ARTIGO 40.- PRAZOS MÁXIMOS PARA A RESOLUCIÓN DE PROCEDEMENTOS

O órgano competente deberá outorgar ou denegar as licenzas urbanísticas resolvendo os procedementos no prazo máximo dun mes nas actuacións sometidas ao procedemento simplificado. De estaren sometidas ao procedemento ordinario o prazo será de tres meses, consonte coa normativa urbanística de aplicación, todo isto sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.

Para os efectos do cómputo de prazos, este comeza a contar dende a data de entrada da documentación completa no rexistro municipal. Nese intre considerase iniciado o expediente.

ARTIGO 41.- RÉXIME XURÍDICO DO SILENCIO ADMINISTRATIVO

Transcorridos os prazos sinalados para resolver as solicitudes de licenza coas interrupcións legalmente procedentes, sen que a administración municipal adoptase resolución expresa operará o silencio administrativo na forma legalmente establecida.

ARTIGO 42.- VIXENCIA DAS LICENZAS

1.- As licenza urbanísticas outorgaranse con suxeición a un prazo determinado tanto para o inicio como para a finalización de obras e instalacións salvo as referidas ao uso do solo para o exercicio de actividades, que terán vixencia indefinida, sen prexuízo da obriga legal de proceder a súa adaptación á normativa vixente en cada momento.

2.- Os prazos de inicio, terminación e interrupción serán os establecidos na normativa urbanística de aplicación.

3.- Poderán concederse prórrogas dos referidos prazos, logo da solicitude expresa formulada antes da súa conclusión e sempre que a licenza sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento da concesión da prórroga. Cada prórroga que se solicite non poderá ser por un prazo superior ao inicialmente acordado.

ARTIGO 43.- CADUCIDADE DAS LICENZAS

1.- A caducidade será declarada por resolución expresa, logo do procedemento con audiencia as persoas interesadas; poderanse adoptarse medidas cautelares de se estimar oportuno.

2.- As licenzas caducarán nos seguintes supostos:

a) Cando non se tivese iniciado a execución das actuacións amparadas por estas no prazo fixado na correspondente licenza ou, no seu defecto, no prazo de seis (6) meses.

b) Cando non se cumprise o prazo de terminación fixado na correspondente licenza ou, no seu defecto o fixado na normativa urbanística de aplicación.

c) Cando a obra ou o funcionamento dunha actividade fose interrompido durante un período superior a seis (6) meses.

3.- Nos supostos establecidos pola lei e polas Normas urbanísticas, poderán concederse licenzas urbanísticas para usos, construcións, edificacións e instalacións de carácter provisional, estas deberán cesar en todo caso e ser demolidas, sen indemnización ningunha, cando o acorde o órgano competente do concello de Ponteceso, unha vez extinguido o prazo indicado, se é o caso. A eficacia destas licenzas quedará condicionada á inscrición no Rexistro da Propiedade do carácter precario dos usos, as obras e as instalacións e a súa renuncia a calquera tipo de indemnización polo incremento de valor que puidese xerar a licenza, así como á prestación da garantía por importe mínimo dos custos de demolición e desmantelamento.

ARTIGO 44.- EXTINCIÓN DAS LICENZAS

As circunstancias que determinar a extinción de licenzas son:

a) A renuncia expresa da ou do titular, comunicada por escrito á Administración municipal, e aceptada por esta.

b) A revogación ou anulación da licenza ou clausura definitiva do establecemento por parte da administración municipal, consonte cos procedementos e normativa urbanística vixente.

c) A data de remate do período de tempo fixado na autorización concedida, no caso de licenzas temporais.

d) A solicitude de licenza por distinto titular dun establecemento que xa conte con licenza de apertura ou posta en funcionamento, determinará a extinción automática da licenza preexistente dende o momento que se conceda a nova licenza de apertura ou posta en funcionamento.

e) Anulación desta mesma por resolución xudicial ou administrativa ou suspensión temporal dos seus efectos.

ARTIGO 45.- LICENZAS CONDICIONADAS A COMPLETAR A URBANIZACIÓN

1. As licenzas de edificación de nova planta ou de ampliación ou reforma de edificios existentes que se soliciten para terreos que non teñan condición de soar outorgaranse cando se asegure a execución simultánea da urbanización e a edificación

2. A simultaneidade da urbanización e a edificación quedará suxeita ás seguintes fases:

- Antes de achaiar a estrutura da planta baixa deberá terse finalizado o movemento de terras, a explanación dos viarios, a apertura de gabias para o establecemento dos servizos de abastecemento de auga e enerxía eléctricas, telefonía, evacuación de augas, e outras que procedan, e realización das obras perimetrais correspondentes ao viario xeral.

- Antes de achaiar a altura total autorizada haberá de estar finalizada a instalación dos servizos citados así como a pavimentación de calzada e beirarrúas e colocación de farois de iluminación pública.

- Antes de finalizar a edificación deberá estar completada a execución do resto das obras de urbanización, han de estar en funcionamento todos os servizos ata o punto de enlace coas redes xerais e viarias xa establecidas con anterioridade.

3. Con carácter previo ó outorgamento da licenza deberá constituírse unha garantía por importe do 100% do custo das obras de urbanización pendente ou do custo previsible de reposición das existentes que pudiesen resultar afectadas con motivo da obra ou actividade, que se devolverá no mesmo acto de outorgamento da licenza de primeira ocupación ou posta en funcionamento, sempre que se tivesen cumprido, total e satisfactoriamente, as obrigas garantidas. No caso de obras das que non é necesaria licenza de primeira ocupación, a garantía devolverase tras a comunicación por parte da ou do interesado do remate das obras, coa presentación de certificado final de obra, sempre que se tivesen cumprido, total e satisfactoriamente, as obrigas garantidas.

ARTIGO 46.- INICIO DAS OBRAS

1.- O inicio das obras de nova edificación, ampliación ou reestruturación xeral autorizadas mediante a correspondente licenza urbanística esixe en calquera caso o cumprimento dos seguintes requisitos:

- Presentación no rexistro do Concello de Ponteceso do correspondente Proxecto de execución, no caso de que non se tivese presentado previamente, e a documentación complementaria que proceda.

- Presentación no rexistro do Concello de Ponteceso dun documento asinado pola ou polo técnico redactor do proxecto de execución, onde sinale que o proxecto técnico de execución se axusta e desenvolve as determinacións do proxecto básico que serviu para a concesión da licenza sen introducir modificacións substanciais

- Presentación no rexistro do Concello de Ponteceso da comunicación previa de inicio das obras.

2.- O resto das obras, se foron autorizadas co proxecto básico e execución, poderán iniciarse dende o día da notificación da resolución de autorización da licenza . No caso de obras autorizadas co proxecto básico deberá cumprir os mesmos requisitos que a obra nova.

CAPÍTULO IV.- TRATAMENTO DE INCIDENCIAS DURANTE AS OBRAS

ARTIGO 47.- COMUNICACIÓN E CAMBIO DE EMPRESA CONSTRUTORA

Ao comezo das obras comunicaráselle ao concello o nome empresa construtora das mesmas. Se cambiase a empresa encargada da realización da obra, o promotor, dentro do termo de seis (6) días, deberá comunicar tal circunstancia á Administración municipal, mediante escrito conformado polo facultativo director.

ARTIGO 48.- EXECUCIÓN DAS LICENZAS E MODIFICACIÓNS DO PROXECTO

1.- As obras e instalación executaranse consonte co proxecto técnico aprobado e as condicións impostas na licenza.

2.- Se durante o transcurso dunha obra ou durante as tarefas para implantar a actividade fose necesario ou conveniente introducir algunha variación no proxecto, distinguirase se as modificacións son substanciais ou se se trata de variacións de detalle ou derivadas de necesidades estruturais ou das condicións mecánicas do terreo de cimentación, sen que coa súa introdución se desvirtúen as características principais da licenza concedida ou modifícase o uso ou destino proxectado.

3.- Considerase que se altera significativamente o proxecto cando se produzan cambios de uso, cando se vexan afectadas as condicións de volume e forma dos edificios, a posición e ocupación do edificio na parcela, a edificabilidade, alturas , recuados e separación a lindeiros, número de vivendas, condicións de seguridade e outras similares.

No suposto de que se trate de modificacións substanciais, deberá solicitarse previamente a oportuna licenza, coa documentación esixida.

4.- Se a xuízo da dirección facultativa da obra se tratase de variacións de detalle, poderán continuarse os traballos baixo a responsabilidade da persoa titular da licenza, caso no que deberá presentar as modificacións antes de solicitar a inspección da planta baixa, cornixa e primeira utilización ou posta en funcionamento da actividade, en cada caso e segundo sexa a parte afectada da obra, esixíraselle que coa presentación da solicitude incorpore memoria e planos da situación final da obra ou actividade nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas.

ARTIGO 49.- OBRIGAS DO TITULAR DA LICENZA AO CONCLUÍR AS OBRAS

1.- Dentro dos dez días seguintes á conclusión dunha obra, a/o propietaria/o deberá:

- Retira-los materiais sobrantes e os andamios, valos e barreiras.

- Construír o piso definitivo das beirarrúas.

- Repoñer ou reparar o pavimento, arboredo, conducións e cantos outros elementos urbanísticos resultasen afectos pola obra, se non fose posible verificalo antes, a causa das operacións da construción.

2.- No suposto de incumprimento dalgunha destas obrigas, a autoridade municipal ditará as disposicións oportunas para remediar as deficiencias, repoñer os elementos urbanísticos afectados ou reparar os danos, podendo ordenar a execución dos traballos necesarios con cargo á fianza.

Subsidiariamente, no caso de subrogación, responderá a persoa propietaria da obra ou instalación e, no segundo lugar, o do soar, se este pertence a outra persoa.

3.- Nos casos de obra nova o propietario deberá solicitar a preceptiva licenza de primeira ocupación, ca documentación establecida no anexo 4 desta ordenanza.

ARTIGO 50.- DOCUMENTACIÓN NO LUGAR DA OBRA OU INSTALACIÓN

1.- En toda obra deberase ter a disposición da inspección municipal:

- O documento acreditativo da concesión da licenza ou a súa fotocopia.

- Un exemplar do proxecto aprobado.

- Copia da ¿Acta de aliñacións e rasantes".

- Copia do resgardo de presentación do ¿Proxecto de execución" , comunicación previa de inicio das obras e a declaración responsable asinado pola/o técnico redactor do proxecto.

- Aqueloutra que poida corresponder por razón da obra.

2.- Nas obras maiores deberá figurar un «cartel de obra» en lugar visible con indicación de:

- Nome e apelidos de técnicos directores e de contratista.

- Ordenanza que se aplica.

- Usos aos que se vai destinar a construción, número de plantas autorizadas e prazo de execución.

- Data de outorgamento da licenza e número do expediente administrativo.

ARTIGO 51.- ABANDONO OU PARALIZACIÓN DAS OBRAS

No suposto de que as obras quedasen abandonadas ou paralizadas, ou se atopen en situación tal que afecten ao debido ornato público, a autoridade municipal poderá:

a) Ditar ordes de execución ao abeiro do artigo 199 e seguintes da Lei 9/2002.

b) Comunicarlle ao servizo municipal competente para os fins establecidos en materia de edificación forzosa e rexistro municipal de solares.

CAPÍTULO V.- NORMAS ESPECÍFICAS RELATIVAS A LICENZA PARA INSTALACIÓNS EVENTUAIS OU DESMONTABLES E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS.

ARTIGO 52.- ANTELACIÓN

Toda a documentación requirida para se achegar coa solicitude, consonte figura no anexo da presente ordenanza, deberá estar completa e correcta, ao menos cun mes (1 mes) de antelación á data prevista para a posta en funcionamento da actividade. A licenza para a instalación tramitarase consonte co procedemento simplificado.

ARTIGO 53.- CONCORRENCIA DE LICENZA COA AUTORIZACIÓN DE OCUPACIÓN DE DOMINIO PÚBLICO.

A obtención do título que habilite a concesión ou autorización de ocupación do dominio público será requisito previo para o outorgamento da licenza. Cando non sexa posible autorizar a ocupación do dominio público, procederá a denegación da licenza solicitada.

TITULO IV CONTROL POSTERIOR

CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 54.- ÁMBITO DE APLICACIÓN.

1.- Este concello velará polo cumprimento dos requisitos aplicables segundo a lexislación correspondente, para o que está facultado para comprobar, investigar e inspeccionar as obras e/ou actividades co obxecto de verificar o cumprimento das condicións de funcionamento impostas, a adecuación á normativa que lle resulte aplicable e demais circunstancias que se produzan.

2.- O persoal municipal adscrito á inspección e vixilancia urbanística, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e gozará do estatuto regulado na lexislación urbanística. As persoas interesadas teñen o deber de cooperación para a comprobación administrativa da adecuación das obras e/ou actividades á normativa urbanística aplicable.

3.- O control realizado posteriormente á presentación da comunicación previa, levarano a cabo os servizos municipais no xeito que se determine. Haberán de verificar a efectiva adecuación da actividade á normativa aplicable, sen prexuízo do procedemento de protección da legalidade que, no seu caso, poida iniciarse.

4.- No caso de que se realicen visitas de comprobación da actividade redactarase acta de comprobación. O feito de que se leven a cabo visitas de comprobación formalizadas na acta, non obsta para que administración municipal, en exercicio das facultades que ten atribuídas de control e inspección, realice con posterioridade as visitas de comprobación que estime oportunas.

ARTIGO 55.- ACTA DE COMPROBACIÓN E INFORME DE CONTROL.

1.- A acta de comprobación é aquel documento que se expide co fin de recoller o resultado das actuacións de comprobación e investigación, nos supostos de obras e actividades suxeitas a comunicación previa.

2.- As actas expediranse por duplicado e serán asinadas polo persoal inspector, e, no seu caso, polas persoas ante as que se expidan; estas quedaran notificadas no dito acto mediante achega de copia das actas.

3.- Son informes de control aqueles que se emitan pola inspección, de oficio ou a petición dos interesados, sexan preceptivos ou non consonte co ordenamento xurídico ou resulten necesarios para a aplicación da normativa urbanística.

4.- As actas de comprobación e os informes de control ostentan o carácter de documento público, gozan de presunción de veracidade e constitúen proba dos feitos reflectidos neles, sen prexuízo das probas que, en defensa dos seus dereitos poidan achegar as persoas interesadas.

ARTIGO 56.- CONTIDO DO INFORME DE CONTROL OU ACTA DE COMPROBACIÓN.

Tanto a acta de comprobación como o informe de control terán o seguinte contido mínimo:

1.- Identificación do establecemento e actividade.

2.- Identificación da persoa titular ou, no seu defecto, responsable.

3.- Data da realización e das persoas que realizan a actuación de control.

4.- Descrición das actuación practicadas.

5.-Descrición das modificacións que, no seu caso, se observen nas instalacións, procesos e actividades respecto da documentación técnica presentada xunto coa comunicación previa e/ou declaración responsable.

6.- Incidencias producidas durante a actuación de control.

7.- Axuste ou desaxuste coa documentación técnica presentada.

8.- Achegarase xunto ao informe a seguinte documentación:

8.1 Plano de situación segundo a cartografía do plan xeral en vigor.

8.2 Consulta catastral descritiva e gráfica.

8.3 Reportaxe fotográfica do local inspeccionado.

ARTIGO 57.- RESULTADO DO CONTROL POSTERIOR.

Efectuado o control posterior, emitirase informe que poderá ser:

1.-Favorable: cando se comprobase a corrección cualitativa da documentación técnica presentada, e que a actividade se axusta a esta.

2.-Con deficiencias: cando fosen emitidos informes técnicos nos que se evidencien incumprimentos normativos corrixibles mediante a imposición de condicións para adaptar, completar ou eliminar aspectos que non requiran da elaboración de documentación técnica, ou que requiríndoa non supoñan unha modificación substancial.

Neste caso darase un prazo de 10 días á/ao titular para que presente unha nova comunicación previa ou declaración responsable, onde sinale que foron realizados os axustes requiridos.

A estes efectos considéranse modificacións substanciais:

- Alteracións da superficie.

- Os incrementos do aforo teórico total establecido en función dos valores de densidade fixados polas normas de protección contra incendios.

- As redistribucións espaciais significativas tales como aumento de percorridos de evacuación, diminucións de altura nalgún punto do establecemento, alteracións que empeoren as condicións de accesibilidade ou eliminación de barreiras, ou cambio de uso nalgunhas dependencias, ou outras análogas.

- O aumento significativo da carga de lume no establecemento ou nalgunha das súas partes, de xeito que altere o nivel de risco do local de conformidade coa normativa de protección contra incendios.

- Calquera alteración que supoña un aumento do nivel sonoro máximo autorizado, unha diminución do illamento ou da protección contra incendios.

- Ampliacións ou modificacións das instalacións de electricidade, calefacción, refrixeración ou ventilación, salvo que se trate da substitución dun equipo por outro na mesma localización, de igual ou menor nivel sonoro ou potencia mecánica.

- Calquera outra alteración, modificación, ampliación ou substitución de elementos que poida implicar o incumprimento das esixencias establecidas no título habilitante.

3.- Desfavorable: cando fosen emitidos informes técnicos que evidencien incumprimentos normativos que excedan dos sinalados no apartado anterior, tanto na documentación técnica presentada como na actividade implantada.

Neste caso, notificaráselle esta circunstancia á/ao solicitante e indicaránselle que debe de absterse de executar a súa actuación, concedéndolle trámite de audiencia por prazo de 10 días, con carácter previo á resolución de arquivo do expediente. Todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos da reposición da legalidade urbanística.

CAPÍTULO II.- RÉXIME SANCIONADOR

SECCIÓN 1ª.- INFRACCIÓNS, TIPIFICACIÓN E PERSOAS RESPONSABLES

ARTIGO 58.- INFRACCIÓNS.

1.- Ademais das infraccións tipificadas pola normativa urbanística e sectorial de aplicación, teñen a consideración de infraccións administrativas as accións e omisións que vulneren as normas contidas na presente ordenanza, así como a desobediencia dos mandatos e requirimentos da Administración municipal ou dos seus axentes ditados en aplicación desta.

2.- As infraccións clasifícanse en moi graves, graves e leves, de conformidade coa tipificación establecida nos artigos seguintes.

3.-Se como resultado da comprobación posterior, resultase que a actividade e/ou obra inspeccionada non é autorizable mediante os procedementos de comunicación previa, a acción administrativa de reposición da legalidade urbanística e a potestade sancionadora exerceranse mediante os procedementos establecidos na lexislación urbanística.

ARTIGO 59.- TIPIFICACIÓN DAS INFRACCIÓNS.

Sen prexuízo do disposto na normativa urbanística e sectorial de aplicación, as infraccións cualifícanse como moi graves, graves e leves consonte o disposto nos seguintes apartados:

1.- Considerase infracción moi grave:

A falsidade ou omisión de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento incorporada ás solicitudes tramitadas nesta ordenanza.

2.- Considéranse infraccións graves:

a) O exercicio da actividade ou a modificación substancial dos establecementos e das súas instalacións sen contar con comunicación previa que faculte para o inicio das obras, exercicio da actividade ou recoñecemento de dereitos.

b) O exercicio da actividade co incumprimento dos requisitos esixidos na normativa vixente e que de maneira expresa se relacionan na comunicación previa ou declaración responsable.

c) O mal estado dos establecementos públicos en materia de seguridade ou salubridade, co incumprimento das esixencias declaradas na comunicación previa ou declaración responsable.

d) A adicación dos establecementos a actividades distintas ás declaradas ou comunicadas á Administración cando o uso desenvolvido estea incluído en distinta categoría de usos pormenorizados no Plan Xeral en vigor e requira maior nivel de esixencia respecto das medidas de seguridade, sempre que ambas estén sometidas a comunicación previa.

3.- Consideranse infraccións leves:

a) A adicación dos establecementos a actividades distintas ás declaradas ou comunicadas á administración cando o uso desenvolvido de feito estea incluído na mesma categoría de usos pormenorizados no plan xeral en vigor e requira o mesmo ou menor nivel de esixencia respecto das medidas de seguridade, sempre que ambas estean sometidas a comunicación previa ou declaración responsable.

b) Calquera incumprimento do establecido na presente ordenanza e nas leis e disposicións regulamentarias ás que se remita, sempre que non estea tipificado como infracción moi grave ou grave.

ARTIGO 60.- PERSOAS RESPONSABLES.

1.- Son persoas responsables das infraccións, atendendo ás circunstancias concorrentes, quen realicen as condutas infractoras, e en particular, segundo o caso:

a) Promotores das obras.

b) Propietarios dos terreos.

c) Titulares das actividades ou encargados da súa explotación técnica e económica.

d) Técnicos redactores de proxectos ou documentación técnica e directores de obra.

2.-Cando no cumprimento das obrigas establecidas na presente ordenanza corresponda a varias persoas conxuntamente, responderán de forma individualizada das infraccións que se cometan e das sancións que se impoñan.

3.- No caso de extinción de persoas xurídicas, poderá esixirse subsidiariamente a responsabilidade ás/aos seus administradores.

4.- De seren responsables das infraccións técnicos para cuxo exercicio profesional requiran de estaren colexiados, os feitos poranse en coñecemento do correspondente colexio profesional para que adopte as medidas que considere procedentes.

5.Cando con ocasión da tramitación dos expedientes administrativos que se instrúan por infracción urbanística se despréndan indicios do carácter de ilícito penal dos feitos, porase en coñecemento do Ministerio Fiscal para os efectos da esixencia da responsabilidades oportunas. De de ser o caso, suspenderase a tramitación do expediente en tanto non recaia resolución do Ministerio Fiscal ou resolución xudicial firme.

SECCIÓN 2ª. PROCEDEMENTO SANCIONADOR.

ARTIGO 61.- PROCEDEMENTO SANCIONADOR.

1.- A potestade sancionadora exercerase mediante o procedemento establecido na lexislación do procedemento administrativo común, en defecto de normativa urbanística ou sectorial específica.

2.- O prazo para resolver o procedemento sancionador será dun ano desde a data da súa iniciación.

Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución, producirase a caducidade do procedemento. No suposto de que a infracción non prescribise, deberá iniciarse un novo procedemento sancionador.

3.- A resolución que poña fin ao procedemento sancionador poderá requirirlle á/ao responsable da infracción a reposición dos bens ao seu estado anterior ao incumprimento.

Para a execución forzosa do dito requirimento será de aplicación o disposto ao efecto na lexislación de procedemento administrativo común e na presente ordenanza.

ARTIGO 62.- MEDIDAS PROVISIONAIS

1.- Poderán adoptarse medidas de carácter provisional cando sexan necesarias para garantir a eficacia da resolución que puidese recaer, as esixencias dos intereses xerais, o bo fin do procedemento e o evitar o mantemento dos efectos da infracción. Estas medidas manteranse ata que se acredite fidedignamente o cumprimento das condicións esixidas ou a corrección das deficiencias detectadas.

2.- As medidas provisorias poderán consistir na suspensión da actuación prevista nos seguintes supostos:

a) Cando se exerza sen a presentación da correspondente comunicación previa.

b) Cando o resultado do control posterior constate a falsidade ou omisión de datos ou documentos de carácter esencial ou o incumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente dende que se teña constancia de tales feitos.

c) Cando se produzan alteracións que diminúan as condicións de seguridade, salubridade, ou produción de danos ou riscos para as persoas e os bens.

3.-Asemade poderán adoptarse as medidas de execución forzosa previstas na lexislación de procedemento administrativo común, consonte o disposto na presente ordenanza.

ARTIGO 63.- SANCIÓNS

1.- A comisión das infraccións tipificadas na presente ordenanza levará consigo, en defecto de normativa sectorial específica, a imposición das seguintes sancións:

a) Infraccións moi graves: multa de ata 3.000€.

b) Infraccións graves: multa de ata 1.500 €.

c) Infraccións leves: multa de ata 750€.

2.-Para graduar as multas atenderase primordialmente á gravidade da materia, á entidade económica dos feitos constitutivos da infracción, á súa reiteración por parte da persoa responsable e ao grao de culpabilidade de cada un dos infractores, así como a conduta de grave resistencia deducida da inobservancia dos requirimentos administrativos.

Cando concorra algunha circunstancia agravante, a sanción imporase sempre na contía superior á terceira parte de seu máximo. Se concorre algunha circunstancia atenuante e ningunha agravante, imporase na contía mínima.

O/a responsable da infracción terá dereito a unha redución do 80% da multa que deba impoñerse en caso de que repoña a orde urbanística vulnerada antes da resolución do procedemento sancionador.

3. -Terá a consideración de circunstancia atenuante da responsabilidade a paralización das obras ou paralización da actividade ou uso de modo voluntario, tras a inspección e a pertinente advertencia polo axente da autoridade. Como circunstancia agravante o incumprimento dos requirimentos efectuados pola administración para a paralización das obras ou actividades e para a restauración da orde urbanística vulnerada, a obstrución á función inspectora e aqueloutras que se determinen na normativa sectorial.

4.-Na fixación das sancións de multa terase en conta que, en todo caso, o cumprimento da sanción non resulte máis beneficioso para a persoa infractora que o cumprimento das normas infrinxidas.

ARTIGO 64.- OUTRAS MEDIDAS

Sen prexuízo das sancións pecuniarias previstas, a comisión das infraccións tipificadas na presente ordenanza poderá levar consigo a adopción, no seu caso, das seguintes medidas:

a) Suspensión temporal das actividades e clausura temporal dos establecementos dun a tres meses para as infraccións graves, e de tres a seis meses para as infraccións moi graves.

b) Impedir definitivamente a actividade nos casos de infraccións graves e moi graves, se fose apreciada reincidencia ou reiteración.

c) Ordenar a reposición dos bens afectados ao estado anterior ao incumprimento daquela.

e) A imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante o prazo de 6 meses para as infraccións moi graves e 3 meses para as graves.

ARTIGO 65.- REINCIDENCIA E REITERACIÓN

1.- Considerarase que existe reincidencia cando se cometa durante un ano máis dunha infracción da mesma natureza.

2.- Entenderase que existe reiteración nos casos en que se cometa máis dunha infracción de distinta natureza durante un ano.

ARTIGO 66.- PRESCRICIÓN DAS INFRACCIÓNS E SANCIÓNS E CADUCIDADE DO PROCEDEMENTO.

Serán de aplicación en defecto de normativa sectorial específica, as normas xerais que regulan o procedemento administrativo sancionador coas especialidades aplicables ás entidades locais.

ARTIGO 67.- EXECUCIÓN FORZOSA

Para a execución forzosa dunha resolución administrativa que ordene a paralización dunha actuación das previstas nesta ordenanza serán de aplicación os artigos 93 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En consecuencia, en caso de incumprimento da dita orde administrativa, procederá a execución subsidiaria da paralización da actividade, para o cal o concello poderá adoptar as seguintes medidas:

- Ordenar o desaloxo e/ou precinto de xeito inmediato do establecemento unha vez verificado o incumprimento da paralización da actividade.

- Ordenarlles ás empresas subministradoras de enerxía eléctrica, telefonía, auga e gas que procedan ao corte de subministración.

- Comunicarlle o citado incumprimento ao Ministerio Fiscal por posible ilícito de desobediencia regulado no artigo 556 do Código Penal.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

PRIMEIRA.- Cando na presente ordenanza se realicen alusións a normas específicas, entenderase extensiva a referencia á norma que por promulgación posterior, substitúa a mencionada.

SEGUNDA.- Os anexos que se incorporan nesta ordenanza non teñen carácter regulamentario polo que o seu contido poderá ser ampliado ou modificado mediante resolución da Alcaldía competente para o outorgamento de licenzas, se ben a súa obrigatoriedade supedítase á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará na páxina web municipal.

TERCEIRA.- Facúltase ao órgano municipal competente para o outorgamento de licenzas para interpretar por medio das correspondentes instrucións os procedementos que resulten desta ordenanza, se ben a súa obrigatoriedade supedítase á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se publicará na páxina web municipal.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA.

As e os titulares de procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta ordenanza poderán desistir da súa solicitude e optar pola aplicación da nova normativa, sempre que o poñan de manifesto antes da resolución do procedemento. En caso contrario, continuarase coa tramitación segundo a normativa que lle resultase de aplicación.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA. Derrogación normativa.

A partir da entrada en vigor da presente ordenanza, queda derrogada toda normativa municipal que se opoña ao previsto nesta.

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA. Entrada en vigor.

A presente ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, sempre que teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

ANEXO 5

CP

COMUNICACIÓNS PREVIAS

5.1 DEFINICIÓNS

COMUNICACIÓN PREVIA: documento polo cal as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 70.1 da Lei 30/1992, do 23 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común .

OBRAS DE ADAPTACIÓN: son aquelas obras que acondicionan un local para o exercicio dunha actividade mediante a introdución de novas instalacións, a modernización das existentes ou a redistribución do seu espazo interior, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio.

5.2. ACTUACIÓNS COMUNICADAS

ACTIVIDADES SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA

As actividades, con carácter xeral, están suxeitas ao procedemento de comunicación previa. A ou o interesado comunicaralle ao concello a data de inicio da actividade que vai desenvolver nun local e achegará, ademais do impreso normalizado, a documentación técnica que se relaciona neste anexo. A ou o interesado, baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude. Nos impresos normalizados de comunicación previa de actividade inclúese unha declaración responsable que deberá asinar a persoa interesada.

Non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. O control municipal prodúcese con posterioridade ao inicio da actividade. A existencia de inexactitudes, falsidades ou deficiencias no local determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade.

Con carácter xeral están suxeitas ao tramite de comunicación previa a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, agás:

a) A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.

b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento.

c) A celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles.

d) A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que se desenvolvan en máis dun termo municipal.

e) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos.

f) A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de autorización.

Inclúense os cambios de uso entre actividades suxeitas a comunicación previa.

Durante o exercicio da actividade comunicada deberá contar no local, a disposición dos servizos de inspección municipais, dunha copia da comunicación presentada

Ademais, de ser necesario, certificado do illamento acústico conseguido no local realizados por empresa homologada pola Xunta de Galicia, asinadas por técnico/a competente da empresa homologada.

Actividades nocturnas:

¿ I Restaurantes, bares e café-bares), cafetarías, cibercafés, salóns ciber, e similares e salóns de xogos, e recreativos

¿ II Cines tradicionais e multicines, videotecas, salas dedicadas á celebración de cineclubs, casinos de xogo, salas de bingo e similares.

¿ III Pubs, bares, café-bares, restaurantes e semellantes, con música amplificada, así como boleiras. IV Teatros e auditorios

¿ V Salas de festa, discotecas, salas de baile e demais locais con música en directo ou canto en vivo.

¿ VI Panaderías e confeiterías con obrador. Actividades diúrnas

o I Ximnasios, locais de aeróbic, escolas de danza e similares, con actividade só diúrna.

o II Academias de música e locais de ensaio que impliquen aprendizaxe ou ensaio con instrumentos de música ou canto ao vivo e con actividade só diúrna.

Así mesmo disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas, etc con motores de potencia igual ou superior a 5 C.V. o calquera outra que resulte especialmente molesta.

OBRAS DE ADAPTACIÓN PARA ACTIVIDADES COMUNICADAS

No caso de necesitar obras de adaptación no local presentará comunicación previa de obras acompañada cunha copia do proxecto de obras e indicarase a data de inicio das obras. A comunicación deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles ao inicio da obra.

En locais situados en edificios catalogados no caso de necesitar obras de adaptación no local deberá solicitar licenza previa de obras de adaptación

En ambos casos, unha vez rematada a obra comunicarase o inicio da actividade achegando o correspondente Certificado final de obra.

CAMBIOS DE TITULARIDADE DAS ACTIVIDADES

Os cambios de titularidade das actividades e instalacións comunicaránselle ao concello no impreso normalizado.

Non se consideran en vigor as actividades correspondentes aos locais nos que cesase a actividade por un período superior aos seis meses, nin as licenzas que teñan declaración expresa de caducidade. Neste caso deberá presentar nova comunicación previa de actividade.

O novo titular, durante o exercicio da actividade comunicada, deberá contar no local, a disposición dos servizos de inspección municipais, coa copia da comunicación de cambio de titularidade achegada

Ademais, de ser necesario, certificado do illamento acústico conseguido no local realizados por empresa homologada pola Xunta de Galicia, asinadas por técnico/a competente da empresa homologada.

Así mesmo disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas, etc con motores de potencia igual ou superior a 5 C.V. o calquera outra que resulte especialmente molesta.

Será, en todo caso, necesaria unha nova comunicación previa nos casos de modificación da clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.

OBRAS MENORES SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA

Son obras menores, caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica, que lles exime da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza. Inclúense as obras enumeradas na seguinte relación:

1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e soares:

1.a. Limpeza e roza interior de parcelas e soares, sen movementos de terras nin tala de arborado

1.b. Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.

2. Mantemento de fachadas dos edificios:

2.a. Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)

2.b. Limpeza e pintado de fachadas.

2.c. Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.

3. Mantemento de cubertas dos edificios:

3.a. Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.

4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:

4.a. Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar)

4.b. Novas instalacións non encastadas en elementos estruturais ( vigas, piares, paredes mestras, etc.)

4.c. Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)

5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:

5.a. En paredes, solos e falsos teitos.

5.b. Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

O resto das obras menores nas que é necesario achegar documentación técnica tramitaranse tamén polo procedemento de comunicación previa descrito no apartado seguinte.

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

OUTRAS OBRAS SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA

Obras que requiren a presentación dun proxecto técnico, no caso das obras maiores, ou unha memoria técnica, se son obras menores, redactada por técnico/a competente, pero que de conformidade co artigo 194.2 da Lei 2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia non están suxeitas a licenza previa.

A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

Inclúense as obras que se enumeran na seguinte relación:

1. OBRAS DE REFORMA DE VIVENDAS: son obras de redistribución do espazo interior dunha vivenda, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio.

2. RESTAURACIÓN DE FACHADAS, MEDIANEIRAS, PATIOS, OU TERRAZAS e SUBSTITUCIÓN DE MATERIAL DE CUBRICIÓN EN CUBERTAS SEN AFECTACIÓN ESTRUTURAL

Son obras que afectan, de forma puntual ou limitada, ás fachadas ou medianeiras ou material de cubrición das cubertas dos edificios, modificando a súa configuración exterior sen afectar á volumetría e mantendo a estrutura portante existente. Abrangue a modificación ou tratamentos dos materiais, a substitución dos elementos de peche ou os seus materiais. Non se inclúe as obras de limpeza ou pintado que están suxeitas a comunicación previa de obra menor.

3. INSTALACIÓN DE NOVOS ELEMENTOS PUBLICITARIOS EN LOCAIS COMERCIAIS (RÓTULOS, TOLDOS OU BANDEIROLAS): Carteis ou rótulos que sirvan para indicar a denominación social de persoas físicas ou xurídicas ou o exercicio de actividade mercantil, industrial, profesional ou de servizos a que os locais se dediquen e non teñan finalidade estritamente publicitaria. Non se inclúen outros soportes publicitarios.

4. CONSTRUCIÓN DE PECHES E VALADOS DE PARCELAS E SOARES. (AGÁS MUROS DE CONTENCIÓN)

5. OBRAS PUNTUAIS DE REESTRUTURACIÓN OU CONSOLIDACIÓN: OBRAS DE REESTRUTURACIÓN PUNTUAL: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se realicen pequenas modificacións estruturais para posibilitar:

* Cambios na distribución mediante a apertura puntual de ocos de paso en muros.

* A adecuación á normativa contra incendios ou á de accesibilidade e supresión de barreiras mediante a construción de pasos, ramplas, escaleiras e vías de evacuación.

* O cumprimento da normativa contra incendios mediante a construción de pasos e vías de evacuación.

* A instalación de ascensores e construción de escaleiras privadas de comunicación entre pisos que non afecten ao conxunto do sistema estrutural

OBRAS DE CONSOLIDACIÓN: son aquelas que teñen por obxecto o afianzamento, reforzo ou substitución puntual de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio, con posibles alteracións menores da súa estrutura e distribución, sempre que non estean incluídas nas obras de reestruturación parcial ou total.

As obras de reestruturación ou consolidación que non excedan do alcance da reestruturación puntual ou consolidación puntual e non produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, ou o conxunto do sistema estrutural, nin teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio estarán suxeitas a comunicación previa.

6. INSTALACIÓN DE INFRAESTRUTURAS COMÚNS DE TELECOMUNICACIÓNS OU PLACAS SOLARES FOTOVOLTAICAS NOS EDIFICIOS E INSTALACIÓN DE ANTENAS SEN AFECTACIÓN ESTRUTURAL Agás das incluídas en proxectos de edificación e as estacións ou instalacións radioeléctricas utilizadas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público.

CAMBIOS DE TITULARIDADE DE LICENZAS DE OBRA

Os cambios de titularidade de licenzas de obra en vigor comunicaráselle ao concello, con indicación da referencia á licenza que se quere transmitir. Non se consideran en vigor as licenzas de obras que teñan declaración expresa de caducidade.

INICIO DUNHA OBRA AUTORIZADA COA CORRESPONDENTE LICENZA

O inicio das obras de nova edificación, ampliación ou reestruturación xeral autorizadas mediante a correspondente licenza urbanística, esixe a presentación no Concello de Ponteceso da comunicación previa de inicio das obras achegando ademais o correspondente Proxecto de execución, no caso de que non se tivese presentado previamente, e a documentación complementaria que proceda.

Ademais a persoa interesada deberá achegar documento asinado pola ou polo técnico redactor do proxecto de execución, onde sinale que o proxecto técnico de execución se axusta e desenvolve as determinacións do proxecto básico que serviu para a concesión da licenza sen introducir modificacións substanciais

No caso de proxectos de execución que modifiquen o proxecto básico autorizado, o interesado deberá solicitar previamente a oportuna licenza, coa documentación esixida e non poderá iniciar a obra en tanto non obteña nova licenza. Considerase que se altera significativamente o proxecto cando se produzan cambios de uso, cando se vexan afectadas as condicións de volume e forma dos edificios, a posición e ocupación do edificio na parcela; a edificabilidade; alturas; recuados e separación a lindeiro; número de vivendas; condicións de seguridade e outras similares.

INSTALACIÓN DE GRÚAS/GUINDASTRES:

Instalación de grúas-torre para a execución de obras con licenza ou comunicación previa e co proxecto de execución presentado.

O/a Interesado/a poderá poñer en servizo a instalación, previa acreditación co correspondente certificado emitido pola ou polo facultativo director da instalación, no que se acredite, ademais da data da súa terminación, que esta se realizou de acordo co proxecto aprobado ou as súas modificacións posteriores autorizadas e que está en condicións de ser utilizada. Acreditarase o perfecto estado da instalación, seguridade e funcionamento do guindastre nos termos do modelo establecido para guindastre torre desmontables para obras ou outras aplicacións do anexo V da ICT MIE-AEM-3 aprobada por RD 836/2003, de 27 de xuño, ou norma que o substitúa. O dito certificado, xunto cunha copia da solicitude, estará na obra a disposición dos servizos de inspección municipal. Nos impresos normalizados inclúese unha declaración responsable que deberá asinar o interesado.

ESTACIÓNS OU INSTALACIÓNS RADIOELÉCTRICAS

Comprenden as estacións ou instalacións radioeléctricas utilizadas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público, agás daquelas que teñan impacto no patrimonio histórico-artístico ou no uso privativo e ocupación dos bens de dominio público ou, tratándose de instalacións de nova construción, teñan impacto en espazos naturais protexidos.

Coa comunicación achegarase copia do proxecto da instalación e indicarase a data de inicio das obras e o prazo de execución. O/a Interesado/a poderá poñer en servizo a instalación, unha vez finalizadas as obras, o cal acreditará co correspondente certificado final de obra, sempre e cando obteña a Autorización de posta en servizo da Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións, documentos que terá a disposición dos servizos de inspección municipal.

5.3. DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR NAS COMUNICACIÓNS PREVIAS

A/ COMUNICACIÓN PREVIA DE INICIO DE ACTIVIDADES.

1. Impreso normalizado de comunicación previa de inicio de actividade CP-001

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

Se no local realizáronse obras de adaptación previas ao desenvolvemento da actividade (con licenza ou comunicación previa)

1. Certificación de fin de obra das obras e das instalacións, asinada polo/a técnico/a director/a das obras.

2. Se o titular de actividade é distinto o solicitante da obra: d ocumento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.)

Se non son precisas obras de acondicionamento

1. Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.)

2. Planos de situación e localización do local no que se pretende a actividade asinado por técnico/a competente. Deberá utilizar a cartografía oficial.

3. Memoria da actividade, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos, asinada por técnico competente.

Incluirá a descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kw. para o resto, asi como, as medidas correctoras a aplicar de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas.

4. Planos acoutados de planta, alzado e sección do local con indicación do uso das diferentes dependencias, a maquinaria, a situación das saídas, comunicacións, etc. e instalacións de protección contra incendios, asinado por técnico/a competente.

5. Certificación emitida por facultativo/a competente acreditativa de que o local é apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función deste e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido e que conta coas autorizacións e rexistros sectoriais.

6. Copia das autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade

7. Reportaxe fotográfica, incluídas fotografías da totalidade de fachada e do interior do local subscrita pola persoa solicitante e polo/a técnico/a redactor/a do proxecto.

8. Declaración responsable ( ou certificado colexial) de técnico/a competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso/a en causa de incompatibilidade.

Se a actividade está suxeita ao procedemento previo de incidencia ambiental

9. Declaración de incidencia ambiental

10. Copia do proxecto do obra ou actividade asinada por técnico/a competente

11. Certificado do técnico/a ou dos técnicos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre coa normativa técnica de aplicación.

B/ COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS DE ADAPTACIÓN DE LOCAL PARA UNHA ACTIVIDADE

1. Impreso normalizado de comunicación previa de obras de adaptación e inicio de actividade CP-002

2. Copia do/s documento/s do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.)

5. Proxecto técnico das obras de adaptación que se van a realizar, redactado por técnico/a competente. O proxecto deberá xustificar que tras as obras o local será apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, seguridade contra incendios e accesibilidade precisas para o uso pretendido.

6. Proxecto técnico da actividade e das instalacións (ou memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente.

7. Copia das autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.

8. Oficio de dirección das obras.

9. Reportaxe fotográfica do local, incluídas fotografías da totalidade de fachada e do interior do local, subscrita pola persoa solicitante e pola ou polo técnico redactor do proxecto.

10. Declaración responsable ( ou certificado colexial) de técnico/a competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso/a en causa de incompatibilidade.

Se a actividade está suxeita ao procedemento previo de incidencia ambiental

11. Declaración de incidencia ambiental

12. Copia do proxecto do obra ou actividade asinada por técnico/a competente

13. Certificado do técnico/a ou dos técnicos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre coa normativa técnica de aplicación.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E ACTIVIDADE

1. Os proxectos de reforma de local para o desenvolvemento dunha actividade axustaranse ás determinacións do artigo 6, ¿Condicións do proxecto", Capítulo 2, Parte I do Código técnico da edificación.

2. Ademais da documentación recollida no anexo I da parte I do Código técnico da edificación o proxecto técnico deberá conter a seguinte documentación técnica:

1. Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do Plan xeral.

2. Xustificación do cumprimento das Esixencias básicas do Código Técnico da Edificación (CTE). O proxecto deberá xustificar que tras as obras o local será apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función deste e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido.

3. Plano da cartografía oficial de Ponteceso, no que se sinale a situación da edificación na que se pretenden as obras e plano de localización do local no que se pretende a actividade, a escala mínima e 1:500.

4. Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, tanto o Regulamento de desenvolvemento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na C.A. de Galicia (D. 35/2000) como as esixencias básicas de seguridade de utilización e accesibilidade do Código Técnico da Edificación (CTE).

5. Planos con indicación da situación das instalacións de protección contra incendios. Incluirán a definición dos corredores fixos de evacuación, recorridos de evacuación e sectorización

6. Estudo de xestión de residuos procedentes da demolición e Estudio de Seguridade e Saúde (ou estudio básico).

3. Os proxectos técnicos de actividade deberán conter a seguinte documentación:

1. Descrición detallada da actividade e das instalacións necesarias para o seu desenvolvemento, no que se inclúa a descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kw. para o resto, asi como, as medidas correctoras a aplicar de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas.

2. Estudo xustificativo do cumprimento da normativa de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións.

3. Documentación técnica exixible segundo a natureza da actividade ou instalacións.

4. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes e reunir os requisitos formais esixibles de conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público, responderá a ou o seu autor da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

C/ COMUNICACIÓN DE CAMBIO DE TITULARIDADE DAS ACTIVIDADES.

1. Impreso normalizado de comunicación previa de cambio de titularidade dunha actividade CP-003 asinado polo novo titular.

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da nova titular.

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.)

D/ COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS MENORES

1. Impreso normalizado de comunicación previa de obras menores CP-004

2. Datos de identificación da solicitante.

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

3. Comunidade de propietarios/as: DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice o/a administrador/a da comunidade, o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da ou do presidente ou acta da reunión de propietarios co acordo da realización das obras.

3. Planos de situación e localización da edificación ou parcela no que se vai realizar a obra.

4. Presuposto detallado da obra ou actuación a realizar.

5. Reportaxe fotográfica, incluídas fotografías da totalidade de fachada e do interior do local, se son obras interiores, subscrita pola persoa solicitante.

6. Copia das autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.

7. Nos casos de presentar documentación técnica: declaración responsable ( ou certificado colexial) de técnico/a competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso/a en causa de incompatibilidade.

E/ COMUNICACIÓN PREVIA DE OUTRAS OBRAS.

1. Impreso normalizado de comunicación previa de obras maiores CP-005

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributos municipais

3. Datos de identificación da solicitante.

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

3. Comunidade de propietarios/as: DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice o/a administrador/a da comunidade, o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da ou do presidente ou acta da reunión de propietarios co acordo da realización das obras.

4. Proxecto técnico completo redactado por técnico competente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as, que autoricen o proxecto, de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación, asi como Estudo de seguridade e saúde e Estudo de xestión de residuos ou memoria técnica se é obra nova.

5. Oficio de dirección das obras e dirección da execución da obra.

6. Declaración responsable ( ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade. EXCLÚESE a súa presentación nos casos nos que se achegue proxecto, certificados ou outra documentación técnica visada polo correspondente colexio profesional

7. Reportaxe fotográfica, incluído fotografías da totalidade da fachada e da zona na que se pretenden realizar a obra, subscrita pola ou polo solicitante e polo/a técnico/a redactor/a do proxecto.

8. Copia das restantes autorizacións e, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.

9. Nomeamento do contratista.

F/ COMUNICACIÓN PREVIA DE INSTALACIÓN DE ELEMENTOS PUBLICITARIOS EN LOCAIS

1. Impreso normalizado de comunicación previa de obras maiores, peches e rótulos CP-005

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante.

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Plano de situación e localización

5. Reportaxe fotográfica, incluído fotografías da totalidade da fachada e da zona na que se pretenden instalar os rótulos, subscrita pola persoa solicitante.

6. Memoria descritiva da actuación.

7. Fotocopia da licenza de actividade que se desenvolve no edificio ou local ou da comunicación previa de inicio de actividade.

8. Presuposto detallado da obra ou actuación para realizar.

9. Copia das restantes autorizacións e, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.

10. Declaración responsable ( ou certificado colexial) da ou do técnico redactor da documentación técnica no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

G/ COMUNICACIÓN PREVIA DE CONSTRUCIÓN DE PECHES E VALADOS DE PARCELAS E SOLARES (excepto muros de contención)

1. Impreso normalizado de comunicación previa de obras maiores, peches e rótulos CP-005

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Plano de situación.

5. Plano de deslinde acoutado que indique onde se pretende o peche.

6. Se o peche linda coa a vía pública: copia do plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante (que se deberá reflectir sobre un plano topográfico cos mesmos parámetros fixados polos técnicos municipais).

7. Memoria descritiva coa indicación dos materiais, altura e lonxitude do peche

8. Copia das restantes autorizacións e, se é o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento

9. Presuposto detallado da obra ou actuación para realizar.

10. Reportaxe fotográfica da parcela na que se pretenden construír o peche, subscrita pola persoa solicitante.

H/ COMUNICACIÓN DE CAMBIO DE TITULARIDADE DUNHA LICENZA DE OBRA

1. Impreso normalizado de comunicación previa de cambio de titularidade dunha licenza de obra CP-006, asinado polo novo titular.

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Comunicación dos datos identificativos do novo titular.

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Documentación acreditativo da transmisión da licenza ao novo titular.

5. Se para a obtención da licenza que se transmite foi constituída garantía para responder de obras de urbanización ou da reposición de servizos urbanísticos, o novo titular deberá achegar copia do mandamento de ingreso emitido pola Tesourería do Concello do novo a val bancario ou fianza en metálico, pola mesma cantidade e o mesmo concepto que a garantía prestada polo titular anterior.

I/ COMUNICACIÓN PREVIA DE INICIO DUNHA OBRA AUTORIZADA COA CORRESPONDENTE LICENZA

1. Impreso normalizado de comunicación previa de obras menores CP-007

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante.

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Proxecto de execución, no caso de que non se presentase previamente

5. Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado pola ou polo técnico competente de acordo co R.d.l. 1/1998, no caso de que non se presentase previamente (edificacións con división horizontal

6. Estudo de seguridade e saúde, segundo R.d. 1627/1997, redactado polo/a técnico/a competente, no caso de que non se presentase previamente

7. Se é o caso, proxecto técnico redactado por técnico/a competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria, no caso de que non se presentase previamente

8. Oficio da dirección da execución da obra, no caso de que non se presentase previamente

9. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008

10. Nomeamento de contratista.

11. Documento asinado pola ou polo técnico redactor do proxecto onde sinale que o proxecto técnico de execución axústase e desenvolve as determinacións do proxecto básico que serviu para a concesión da licenza sen introducir modificacións substanciais.

J/ COMUNICACIÓN PREVIA DE INSTALACIÓN DE GRÚA/GUINDASTRE

1. Impreso normalizado de comunicación previa de obras menores CP-008

2. Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente.

3. Datos de identificación da solicitante.

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Proxecto de Instalación subscrito por técnico competente, co contido mínimo regulado no anexo II da ITC «MIE-AEM-2» aprobada por R.d. 836/2003, d 27 de xuño, ou norma que o substitúa.

5. Xustificación ou certificación emitida pola compañía aseguradora acreditativa de que a empresa autorizada pola comunidade autónoma como instaladora e conservadora do guindastre ten cuberta a súa responsabilidade civil pola contía mínima que prevé o art. 6 do citado R.d. 836/2003, do 27 de xuño, ou norma que o substitúa (importe mínimo 600.000,00 euros) . No caso de que a grúa se instale en terreos de propiedade municipal, esixirase ademais dito seguro de responsabilidade civil respecto do usuario da guindastre.

6. Certificado de instalador autorizado da idoneidade técnica do guindastre para instalar e do perfecto estado de todos os seus elementos, materiais e mecanismos, que acredite que este se encontra en perfectas condicións para ser montado.

7. De se situar a instalación en vía pública, deberá achegar copia da resolución do concello que autorice a ocupación.

8. Declaración responsable ( ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito, que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade. EXCLUESE a súa presentación nos casos nos que se achegue proxecto, certificados ou outra documentación técnica visada polo correspondente colexio profesional.

9. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

K/ COMUNICACIÓN PREVIA DE ESTACIÓN OU INSTALACIÓN RADIOELÉCTRICA:

1. Impreso normalizado de comunicación previa de obras menores CP-009

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante.

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Documento acreditativo da dispoñibilidade do solo ou do espazo para a instalación (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.)

5. Xustificación da aprobación do Ministerio de Industria Turismo e Comercio do proxecto da instalación de telecomunicacións que inclúa a totalidade dos sistemas para implantar

6. Proxecto técnico da instalación, asinado por técnico competente, con inclusión dos planos de situación e deslinde, plantas alzados e seccións da instalación e xustificación do cumprimento das esixencias básicas do ¿Código Técnico da Edificación", da normativa do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

No caso de torres o proxecto incluirá un plano de deslinde no que se indiquen as construcións existentes nun raio de 100/50 ml.

7. Oficio de dirección das obras

8. Reportaxe fotográfica, con inclusión de fotografías da totalidade da fachada, nos casos de instalacións sobre cubertas de edificios existentes e da zona da instalación.

9. Declaración responsable ( ou certificado colexial) de técnico/a competente, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso/a en causa de incompatibilidade.

5.4. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

1. Os proxectos técnicos en formato dixital deberán achegarse en formato PDF asinados pola ou polo seu autor ou ben visados polo correspondente colexio profesional.

2. Os arquivos dixitais que compoñen o proxecto técnico deberán responder a seguinte estrutura:

¿ MEMORIA: cada capitulo da memoria deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido.

¿ PLANOS: cada plano deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido.

¿ PRESUPOSTO: incluirase un arquivo PDF cun resumo do presuposto por capítulos.

¿ OTROS DOCUMENTOS: cada documento será un arquivo PDF.

4. O tamaño máximo de cada arquivo será de 10MB

5. O nome doa arquivos estarán compostos unicamente por letras e números e non poderán incluír caracteres especiais nin acentuados.

5.5. IMPRESOS NORMALIZADOS DE COMUNICACIÓN PREVIA

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

ANEXO 4

PO

LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN

4.1. DEFINICIÓNS

Terminadas as obras ou instalacións, autorizadas nas correspondentes licenzas previas, o/a titular da licenza, no prazo máximo de quince días, porao en coñecemento do Concello de Ponteceso mediante o oportuno escrito de solicitude de licenza de primeira ocupación.

A licenza de primeira ocupación é o acto administrativo que acredita que as novas edificacións cumpren os requisitos esixidos para ser destinado a uso para o cal se autorizou a licenza de obras, nomeadamente que a obra está completamente executada e se axusta á licenza urbanística outorgada.

4.2.DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

A/ LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN (obra nova, ampliación , reestruturación xeral e cambios de uso sen actividade)

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de obra nova PF-001

2. Datos de identificación da ou do solicitante

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutro, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

3. Certificado final de obra orixinal expedido polo/s técnico/s director/es da obra e visado polo colexio profesional correspondente.

4. No caso de variacións de detalle na obra executada deberá presentar memoria e planos da situación final da obra, nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas.

5. No caso de edificacións de uso residencial acta de recepción da obra executada, se se outorgase expresamente, ou a acreditación da recepción tácita.

6. Documento acreditativo de que a obra ou instalación se deu de alta para os efectos do imposto de bens inmobles de natureza urbana.

7. Certificado de homologación que acredite a resistencia ao lume das portas RF, expedido por laboratorio homologado (excepto vivendas unifamiliares).

8. Certificado expedido por empresa ou entidade homologada para estes fins, acreditativo do cumprimento das prescricións establecidas na normativa de protección do medio contra a contaminación acústica. Na certificación deberá constar expresamente o cumprimento dos requisitos acústicos esixidos.

9. En seu caso, Boletín de instalación das infraestruturas comúns de telecomunicacións. En edificios de máis de 20 vivendas ou uso non residencial, certificado final de obra (expedido pola ou polo enxeñeiro ou enxeñeiro técnico de Telecomunicacións), selados pola Xefatura de Inspección de Telecomunicacións.

Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade:

10. Certificación de fin de obra das instalacións, conforme estas se executaron de acordo co proxecto e licenzas que se autorizan, asinada polo/s técnico/s director/es e visada polo correspondente colexio profesional.

11. De ser caso, medicións sonométricas acreditativas do illamento acústico conseguido no local. As medicións deberán realizarse por empresa homologada pola Xunta de Galicia, asinadas por técnico/a competente.

4.3. IMPRESOS NORMALIZADOS DE SOLICITUDE DE LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

ANEXO 5

CP

COMUNICACIÓNS PREVIAS

ÍNDICE

5.1. DEFINICIÓNS

COMUNICACIÓN PREVIA

OBRAS DE ADAPTACIÓN DE LOCAIS PARA ACTIVIDADES SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA

5.2. ACTUACIÓNS COMUNICADAS

ACTIVIDADE SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA

OBRAS DE ADAPTACIÓN PARA ACTIVIDADES COMUNICADAS

CAMBIOS DE TITULARIDADE DAS ACTIVIDADES

OBRAS MENORES SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA

OBRAS MAIORES E PECHES SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA

CAMBIOS DE TITULARIDADE DE LICENZAS DE OBRAS

INICIO DE OBRAS AUTORIZADAS COA CORRESPONDENTE LICENZA PREVIA

INSTALACIÓN DE GRÚAS/GUINDASTRES ESTACIÓNS OU INSTALACIÓNS RADIOELÉCTRICAS

5.3.DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

A/ COMUNICACIÓN PREVIA DE INICIO DE ACTIVIDADES

B/ COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS DE ADAPTACIÓN DE LOCAL PARA UNHA ACTIVIDADE. CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E ACTIVIDADE.

C/ COMUNICACIÓN PREVIA DE CAMBIO DE TITULARIDADE DAS ACTIVIDADES.

D/ COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS MENORES

E/ COMUNICACIÓN PREVIA DE OUTRAS OBRAS

F/ COMUNICACIÓN PREVIA DE INSTALACIÓN DE ELEMENTOS PUBLICITARIOS EN LOCAIS

G/ COMUNICACIÓN PREVIA DE CONSTRUCIÓN DE PECHES E VALADOS DE PARCELAS E SOLARES (EXCEPTO MUROS DE CONTENCIÓN)

H/ COMUNICACIÓN DE CAMBIO DE TITULARIDADE DUNHA LICENZA DE OBRA

I/ COMUNICACIÓN PREVIA DE INICIO DE UNHA OBRA AUTORIZADA COA CORRESPONDENTE LICENZA

J/ COMUNICACIÓN PREVIA DE INSTALACIÓN DE GRÚA/GUINDASTRE

K/ COMUNICACIÓN PREVIA DE ESTACIÓNS OU INSTALACIÓNS RADIOELÉCTRICAS

5.4. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

5.5. IMPRESOS NORMALIZADOS DE COMUNICACIÓN PREVIA

CP-001 COMUNICACIÓN PREVIA DE INICIO DE ACTIVIDADE

CP-002 COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS DE ADAPTACIÓN DE LOCAL PARA UNHA ACTIVIDADE

CP-003 COMUNICACIÓN PREVIA DE CAMBIO DE TITULARIDADE DAS ACTIVIDADES

CP-004 COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS MENORES (sen documentación técnica)

CP-005 COMUNICACIÓN PREVIA DE OUTRAS OBRAS

CP-006 COMUNICACIÓN PREVIA DE CAMBIO DE TITULARIDADE DE LICENZA DE OBRA

CP-007 COMUNICACIÓN PREVIA DE INICIO DE OBRA NOVA AUTORIZADA

CP-008 COMUNICACIÓN PREVIA DE INSTALACIÓN DE GRÚA/GUINDASTRE

CP-009 COMUNICACIÓN PREVIA DE ESTACIÓN OU INSTALACIÓNS RADIOELÉCTRICAS

ANEXO 3

AC

LICENZAS DE ACTIVIDADE

3.1. DEFINICIÓNS

ACTIVIDADES SUXEITAS A LICENZA: de conformidade co artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia ¿en atención á concorrencia de razóns de interese xeral derivadas da necesaria protección da seguridade e saúde pública, dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, do mantemento da orde pública, así como da adecuada conservación do ambiente e do patrimonio histórico artístico, será precisa a obtención de licenza ou autorización para:

a) A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.

b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento.

c) A celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles.

d) A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que se desenvolvan en máis dun termo municipal.

e) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos.

f) A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de autorización."

O contido deste anexo aplicarase ás seguintes actividades:

a) Espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.

b) Espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de autorización.

3.2. DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR COA SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE E OBRA

A/ SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE NUN LOCAL QUE PRECISA OBRAS DE ACONDICIONAMENTO:

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de obras e actividade inocua e obras de reforma comercial AC-001 .

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Fotocopia de documento que xustifique a posesión do local (escritura de propiedade ou contrato de arrendamento)

5. Reportaxe fotográfica da edificación (fachadas e interior do local para reformar), subscrita pola persoa solicitante e pola ou polo técnico redactor do proxecto

6. Oficio de dirección das obras no que deberá constar o nome, enderezo e a titulación e habilitación profesional do técnico.

7. Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento.

8. Proxecto técnico completo redactado por técnico/a competente co contido mínimo establecido neste anexo (2 copias) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática), (incluído estudo de seguridade e saúde e estudio de xestión de residuos).

9. Proxecto técnico da actividade e instalacións (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente, co contido establecido no anexo 3 da Ordenanza de tramitación de licenzas.

10. Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen aos proxectos técnicos achegados.

11. Documentación requirida pola normativa sobre ruídos e vibracións, verteduras, emisións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades que se van desenvolver nel.

12. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

13. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

14. Nomeamento do contratista.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE ACTIVIDADE e OBRAS REFORMA

1. Os proxectos de reforma de local para o desenvolvemento dunha actividade axustaranse ás determinacións do artigo 6, ¿Condicións do proxecto", Capítulo 2, Parte I do Código técnico da edificación.

2. Ademais da documentación recollida no anexo I da parte I do Código técnico da edificación o proxecto técnico deberá conter a seguinte documentación técnica:

1. Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral.

2. Xustificación do cumprimento das Esixencias básicas do Código Técnico da Edificación (CTE). O proxecto deberá xustificar que tras as obras o local será apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido.

3. Plano da cartografía oficial de Ponteceso, no que se sinalen a situación da edificación na que se pretenden as obras e plano de localización do local no que se pretende a actividade, a escala mínima e 1:500.

4. Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, tanto o Regulamento de desenvolvemento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na C.A. de Galicia (D. 35/2000) como as Esixencias básicas de seguridade de utilización e accesibilidade do Código Técnico da Edificación (CTE).

5. Estudo de xestión de residuos procedentes da demolición e Estudio de Seguridade e Saúde (ou estudio básico).

3. Os proxectos técnicos de actividade deberán conter a seguinte documentación:

1. Descrición detallada da actividade e das instalacións necesarias para o seu desenvolvemento, no que se inclúa a descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kw. para o resto, asi como, as medidas correctoras a aplicar de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas.

2. Estudo xustificativo do cumprimento da normativa de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións.

3. Documentación técnica exixible segundo a natureza da actividade ou instalacións.

4. Planos acoutados de planta, alzado e sección do local, a escala 1:100 o 1:50 segundo o caso, con indicación do uso das diferentes dependencias, superficies, maquinaria e instalacións, situación de saídas, comunicacións, etc.

5. Planos con indicación da situación das instalacións de protección contra incendios, sectorización e recorridos de evacuación. Incluirán a definición dos corredores fixos de evacuación.

4. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes, e reunir os requisitos formais esixibles en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público, responderá a ou o seu autor da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

B/ SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE e LICENZA DE OBRAS DE NOVA PLANTA, AMPLIACIÓNS OU REESTRUTURACIÓN XERAL

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de actividade inocua e obra nova AC-002

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Escritura pública de propiedade do terreo. A dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral. Cando proceda, documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes no caso de edificacións apegadas.

5. Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación, subscrita pola persoa solicitante e pola ou polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.

6. Oficio de dirección das obras no que deberá constar o nome, enderezo e a titulación e habilitación profesional.

7. Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento.

8. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

9. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación e neste anexo da Ordenanza de tramitación de licenzas (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).

10. Proxecto técnico da actividade e instalacións (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente.

11. Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen aos proxectos técnicos achegados.

12. Documentación requirida pola normativa sobre ruídos e vibracións, verteduras, emisións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades que se van desenvolver nel.

13. Xustificación do cumprimento da normativa municipal sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións.

14. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Se a licenza se solicita co proxecto básico e execución, ademais da documentación anterior deberá presentar:

1. Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado pola ou polo técnico competente de acordo co R.d.l 1/1998 ( no caso de edificios con división horizontal).(1 copia).

2. Estudio de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado por técnico/a competente

3. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria.

4. Oficio da dirección da execución da obra .

5. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008

6. Nomeamento de contratista.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE ACTIVIDADE e OBRA NOVA

1. Os proxectos de edificación axustaranse ás determinacións do artigo 6, ¿Condicións do proxecto", Capítulo 2, Parte I do Código técnico da edificación.

2. Ademais da documentación recollida no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación o proxecto de edificación deberá conter a seguinte documentación técnica:

1. Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral. Ademais, se procede xustificará as condicións do uso proxectado, os do cálculo de superficies edificables e axuste ao dereito edificatorio. Se é o caso, incluirá as condicións e xustificacións de alturas e recuados segundo a ordenanza, con expresión se procede das solucións adoptadas para o tapado de medianeiras ou resolución dos problemas que se deriven destas.

2. Plano da cartografía oficial de Ponteceso, no que se sinalen a situación da parcela ou edificación na que se pretenden as obras.

3. Copia do plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante.

4. Plano de localización a escala mínima 1:500, acoutándose as distancias das edificacións proxectadas ao eixe da vía pública, á aliñación oficial e aos demais lindeiros; acoutándose o ancho das vías de acceso, indicarase a orientación, as aliñacións e rasantes oficiais e a superficie dos terreos de cesión.

5. Plano topográfico á mesma escala que o de localización con curvas de nivel con equidistancias dun metro, no que se indique a edificación e arboredo existente.

6. Secciones da parcela coa edificación proxectada, a mesma escala co plano de deslinde, no que se indique o estado actual do terreo, a cota de referencia que deberá figurar nos planos dos alzados coa xustificación do cumprimento da altura máxima.

7. Nos casos de urbanización e edificación simultanea: planos e memoria na que se indique a urbanización dos terreos de cesión e reposición de servizos seguindo as indicacións do acta de liña e rasante. No caso de que sexa necesaria un proxecto de obras complementarias de urbanización presentarase para a súa tramitación simultanea co proxecto de edificación.

8. Se as obras para as cales se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras: plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra para realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións que adoptar en relación coa propia obra, vía pública e predios ou construcións veciñas que poidan ser afectados polo desmonte ou terraplén.

9. Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

10. No caso de edificacións de uso industrial achegarase proxecto técnico xustificativo ao abeiro do Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, ou lexislación que o substitúa.

3. Os proxectos técnicos de actividade deberán conter a seguinte documentación:

1. Descrición detallada da actividade e das instalacións necesarias para o seu desenvolvemento, no que se inclúa a descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kw. para o resto, asi como, as medidas correctoras a aplicar de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas.

2. Estudo xustificativo do cumprimento da normativa de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións.

3. Documentación técnica exixible segundo a natureza da actividade ou instalacións.

4. Planos acoutados de planta, alzado e sección do local, a escala 1:100 o 1:50 segundo o caso, con indicación do uso das diferentes dependencias, superficies, maquinaria e instalacións, situación de saídas, comunicacións, etc

5. Planos con indicación da situación das instalacións de protección contra incendios, sectorización e recorridos de evacuación. Incluirán a definición dos corredores fixos de evacuación.

4. Para a solicitude de licenza será suficiente a presentación dun proxecto básico coa documentación técnica que se relaciona nos puntos 1 e 2 e o proxecto da actividade ca documentación que se relaciona no punto 3. No caso de solicitar a licenza co proxecto básico, antes do inicio da obra deberá presentar o proxecto de execución de conformidade co artigo 46 da ordenanza, xunto coa seguinte documentación:

1. Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado pola ou polo técnico competente de acordo co R.d.l. 1/1998 ( no caso de edificios con división horizontal).(1 copia).

2. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado pola ou polo técnico competente

3. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria.

4. Oficio da dirección da execución da obra .

5. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008

6. Nomeamento do contratista.

5. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes, e reunir os requisitos formais esixibles en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público; responderá a ou o seu autor da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

3.3. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

1. Os proxectos técnicos en formato dixital deberán achegarse en formato PDF asinados polo seu autor ou ben visados polo correspondente colexio profesional.

2. Os arquivos dixitais que compoñen o proxecto técnico deberán responder a seguinte estrutura:

¿ MEMORIA: cada capitulo da memoria deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido.

¿ PLANOS: cada plano deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido.

¿ PRESUPOSTO: incluirase un arquivo PDF cun resumo do presuposto por capítulos.

¿ OUTROS DOCUMENTOS: cada documento será un arquivo PDF.

3. O tamaño máximo de cada arquivo será de 10MB

4. O nome doa arquivos estarán compostos unicamente por letras e números e non poderán incluír caracteres especiais nin acentuados.

3.4. IMPRESOS NORMALIZADOS DE SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

ANEXO 4

PO

LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN

INDICE

4.1. DEFINICIÓNS

LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN

4.2. DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

A/ LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN

4.3. IMPRESOS NORMALIZADOS DE SOLICITUDE DE LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN

PO-001 SOLICITUDE DE LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN

ANEXO 2

OB-S

LICENZAS DE OBRA SUXEITAS AO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

2.1. DEFINICIÓNS

PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO: neste procedemento a presentación da solicitude de licenza de obras suxeita ao procedemento simplificado, coa documentación completa, permítelle, á persoa titular desta, o inicio das obras solicitadas transcorrido o prazo dun mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte do Concello de Ponteceso, segundo o disposto no artigo 43 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Nos casos nos que sexa necesaria a corrección de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio no procedemento ao ordinario, e non será operativo o prazo dun mes do silencio administrativo. Neste caso non se poderán realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.

OBRAS E ACTIVIDADES SUXEITAS A LICENZA POR PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO:

1. DEMOLICIÓN DE EDIFICACIÓNS: son obras de demolición ou derruba aquelas que se realizan para facer desaparecer un edificio ou parte deste.

2. INSTALACIÓNS EVENTUAIS E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS: instalacións eventuais ou desmontables sobre terreos de titularidade municipal para o desenvolvemento de actividades de carácter ocasional, e dicir, durante períodos de tempo inferiores a tres meses. Unha vez rematada a instalación e antes do inicio da actividade unha/un técnico competente deberá acreditar que a instalación reúne as condicións de seguridade e solidez esixibles. Durante o exercicio da actividade a persoa interesada deberá ter o dito certificado a disposición dos servizos de inspección municipal.

2.2. DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

A/ OBRAS DE DEMOLICIÓN DE EDIFICACIÓNS

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de obras suxeita a procedemento simplificado OB-009S

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Proxecto técnico completo, redactado por técnico/a competente e visado polo correspondente colexio profesional, que incluirá estudo de seguridade e saúde e estudo de xestión de residuos procedentes da demolición.

5. Oficio de dirección das obras e dirección da execución da obra.

6. Reportaxe fotográfica da edificación para derrubar subscrita pola ou polo solicitante e por técnico/a redactor/a do proxecto.

7. No seu caso, copia da resolución de declaración de ruína.

8. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

9. Nomeamento de contratista.

B/ INSTALACIÓNS EVENTUAIS E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS

1. Impreso normalizado de solicitude licenza de instalacións eventuais e actividades ocasionais OB-010S

2. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

3. Certificado subscrito por técnico/a competente correspondente sobre a dirección de montaxe e condicións de seguridade, solidez, hixiene e comodidade da instalación proxectada e no que se indicará a instalación de servizos hixiénicos.

4. Boletín de instalación de conexión á acometida eléctrica por instalador autorizado selado pola Consellería de Industria; no seu caso.

5. Certificación de ignifugación da carpa, se a tivese.

6. Xustificante de ter depósito fianza (aval ou metálico) na tesourería municipal deste concello polo importe que, no seu caso, se sinale na resolución que autorice a ocupación de terreos municipais) para responder dos posibles danos que se poidan ocasionar na propiedade municipal e garantir a limpeza desta.

7. Contrato con xestor autorizado pola administración para a recollida dos residuos non asimilables a urbanos, no seu caso.

8. Solicitude de alta de subministración de auga e de conexión á rede de saneamento municipal perante a empresa concesionaria, no seu caso.

9. Seguro de responsabilidade civil actualizado que cubra os danos que se poidan producir polo espectáculo a persoas ou cousas (tanto executantes do espectáculo como espectadores - terceiros- ) cando menos ata un importe mínimo de 300.506,05 euros e resgardo de estar ao corrente do pago.

10. Declaración responsable ( ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade. EXCLÚESE a súa presentación nos casos nos que se aporte proxecto, certificados ou outra documentación técnica visada polo correspondente colexio profesional.

11. Declaración de conformidade do fabricante CE e copia da documentación da ITV conforme, correspondente ao escenario móbil ou documento análogo acreditativo do estado de idoneidade do mesmo (asinado por técnico competente)

2.3. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

1. Os proxectos técnicos en formato dixital deberán achegarse en formato PDF asinados pola ou polo seu autor e, se é o caso, visados polo correspondente colexio profesional.

2. Os arquivos dixitais que compoñen o proxecto técnico deberán responder a seguinte estrutura:

¿ MEMORIA: cada capitulo da memoria deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido.

¿ PLANOS: cada plano deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido.

¿ PRESUPUESTO: incluirase un arquivo PDF cun resumo do presuposto por capítulos.

¿ OUTROS DOCUMENTOS: cada documento será un arquivo PDF.

3. O tamaño máximo de cada arquivo será de 10MB

4. O nome dos arquivos estarán compostos unicamente por letras e números e non poderán incluír caracteres especiais nin acentos gráficos.

2.4. IMPRESOS NORMALIZADOS DE SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS SUXEITAS AO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO:

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

ANEXO 3

AC

LICENZAS DE ACTIVIDADE

ÍNDICE

3.1. DEFINICIÓNS

ACTIVIDADE SUXEITAS A LICENZA

3.2.DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

A/ SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE NUN LOCAL QUE PRECISA OBRAS DE ACONDICIONAMENTO:

B/ SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE E LICENZA DE OBRAS DE NOVA PLANTA, AMPLIACIÓNS OU REESTRUTURACIÓN XERAL

3.3. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

3.4. IMPRESOS NORMALIZADOS DE SOLICITUDE DE LICENZAS DE ACTIVIDADE

AC-001 SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE E OBRA DE REFORMA.

AC-002 SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE E OBRA NOVA

ANEXO 1

OB

LICENZAS DE OBRA SUXEITAS AO PROCEDEMENTO ORDINARIO

ÍNDICE

1.1. DEFINICIÓNS OBRAS SUXEITAS AO PROCEDEMENTO ORDINARIO

OBRA NOVA

OBRAS DE REESTRUTURACIÓN/AMPLIACIÓN OBRAS DE REFORMA E CONSOLIDACIÓN

MOVEMENTOS DE TERRA

PARCELAMENTO E CERTIFICADOS DE INNECESARIEDADE

OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE MUROS DE CONTENCIÓN VARIOS

1.2.DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR COAS SOLICITUDES DE LICENZA

A/ SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA NOVA.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRA NOVA

B/ SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS DE REESTRUTURACIÓN/AMPLIACIÓN

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE REESTRUTURACIÓN/AMPLIACIÓN

C/ SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS DE REFORMA E CONSOLIDACIÓN

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE REFORMA E CONSOLIDACIÓN

D/ SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS MOVEMENTOS DE TERRA

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE MOVEMENTO DE TERRAS OU DESMONTE

E/ SOLICITUDE DE LICENZA DE PARCELAMENTO OU CERTIFICADOS DE INNECESARIEDADE CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE PARCELAMENTO

CONTIDO DA DOCUMENTACIÓN TÉCNICA NAS SOLICITUDES DE CERTIFICADO DE INNECESARIEDADE

F/ SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE MUROS DE CONTENCIÓN

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE MUROS DE CONTENCIÓN

G/ SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS VARIOS

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS

1.3. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

1.4. IMPRESOS NORMALIZADOS DE SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS SUXEITAS AO PROCEDEMENTO ORDINARIO:

OB-001 SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA NOVA

OB-002 SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA DE REESTRUTURACIÓN/AMPLIACIÓN

OB-003 SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA DE REFORMA E CONSOLIDACIÓN

OB-004 SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA MOVEMENTOS DE TERRA

OB-005 SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA parcelamento E CERTIFICADOS DE INNECESARIEDADE

OB-006 SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE MUROS DE CONTENCIÓN

OB-007 SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA VARIOS

ANEXO 1:

OB

LICENZAS DE OBRA SUXEITAS AO PROCEDEMENTO ORDINARIO

1.1. DEFINICIÓNS DE OBRAS SUXEITAS AO PROCEDEMENTO ORDINARIO

OBRA NOVA :

Abrangue os seguintes tipos de obra:

a) Obras de substitución: son aquelas nas que se derriba unha edificación existente e no seu lugar se constrúe unha nova.

b) Obras de nova planta: son aquelas mediante as cales se edifica unha parcela libre de edificación.

c) Obras especiais: son aquelas obras de características particulares que só se poden realizar no caso de que sexan esixidas pola propia normativa aplicable; establécense tres grupos:

¿ Obras de reconstrución: son as que teñen por obxecto a reposición mediante nova construción dun edificio preexistente no mesmo lugar e posición, total ou parcialmente desaparecido, reproducindo fielmente as súas características morfolóxicas. Só se considera este tipo de obras en edificios sometidos a algún réxime de protección que as esixa, quedan exentas do cumprimento das condicións de nova planta que as imposibiliten, aínda que non das de seguridade.

¿ Obras de desmontado traslado e reedificación.

¿ Obras de recuperación tipolóxica: son aquelas obras de nova edificación que deben realizarse de acordo cun modelo tipolóxico preestablecido polo planeamento. Estas obras virán impostas na normativa correspondente, segundo casos específicos.

OBRAS DE REESTRUTURACIÓN/AMPLIACIÓN:

OBRAS DE AMPLIACIÓN: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se incrementa a ocupación ou o volume construídos.

OBRAS DE REESTRUTURACIÓN: son aquelas obras de rehabilitación dunha edificación que melloran as súas condicións de seguridade, salubridade, habitabilidade, de confort e ornato, modificando a súa distribución e alterando as súas características morfolóxicas e a distribución interna.

- Reestruturación parcial: aquelas obras que inclúen algún dos seguintes tipos:

* Construción de entresollados.

* Cubrición e forxado de patios pechados de dimensións inferiores ao 50% das establecidas na ordenanza que o autorice.

* Demolición e nova construción de núcleos de comunicación vertical.

* Substitución ou reposición de elementos ou zonas de forxados ou piares illados

* Apertura de patios ou incremento do espazo libre de parcela, de acordo coas dimensións establecidas pola norma zonal de aplicación para edificios non catalogados.

* Reposición da estrutura ou dos elementos da cuberta.

- Reestruturación xeral: terán este carácter todas aquelas obras nos edificios que excedan do anteriormente exposto; serán consideradas de reestruturación total no caso de baleirado do edificio con mantemento de fachada a vía ou a espazo libre de uso público, ou do seu desmontado e reconstrución.

OBRAS DE REFORMA E CONSOLIDACIÓN

As obras de reforma e consolidación en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos, están suxeitas a licenza municipal previa.

Ademais estarán suxeitas a licenza previa as obras de reforma ou consolidación que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio. Inclúense os cambios de uso a usos residenciais ou de usos residencias a outros usos.

As obras de reforma e consolidación abranguen os seguintes tipos de obra:

OBRAS DE REESTRUTURACIÓN PUNTUAL e REFORMA: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se realicen pequenas modificacións estruturais para posibilitar:

¿ Cambios na distribución mediante a apertura puntual de ocos de paso en muros.

¿ A adecuación á normativa contra incendios ou á de accesibilidade e supresión de barreiras mediante a construción de pasos, ramplas, escaleiras e vías de evacuación.

¿ O cumprimento da normativa contra incendios mediante a construción de pasos e vías de evacuación.

¿ A instalación de ascensores e construción de escaleiras privadas de comunicación entre pisos

¿ Substitución parcial de forxados, podendo introducirse modificacións de nivel en zonas localizadas.

OBRAS DE CONSOLIDACIÓN: son aquelas que teñen por obxecto o afianzamento, reforzo ou substitución de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio, con posibles alteracións menores da súa estrutura e distribución, sempre que non estean incluídas nas obras de reestruturación parcial ou total.

MOVEMENTOS DE TERRA

Estarán suxeitos a licenza de obra os movementos de terra e obras de desmonte non incluídos en proxectos de edificación ou proxectos de urbanización.

PARCELAMENTO E CERTIFICADOS DE INNECESARIEDADE

De conformidade co artigo. 204 da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004 e a Lei 2/2010, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia considerarase parcelamento urbanístico a división de terreos en dous ou máis lotes ou porcións co fin da súa urbanización ou edificación, xa sexa en forma simultánea ou sucesiva.

Estarán suxeitas a licenza previa todos os parcelamentos urbanísticos non incluídos en proxectos de compensación ou reparcelamento.

OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE MUROS DE CONTENCIÓN

Muros de contención de terras non incluídos en licenzas de edificación , sexan ou non muros de peche.

VARIOS

Abranguen todas as obras que non teñen cabida en ningunha das anteriores definicións e non están suxeitas ao procedemento simplificado ou comunicación previa como poden ser piscinas, etc.

Ademais incluirá as solicitude de instalación de carteleiras e antenas de telefonía non suxeitas a comunicación previa.

1.2.DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR COAS SOLICITUDES DE LICENZA

A/SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA NOVA

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de obra nova OB-001

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s

3. Datos de identificación da solicitante

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutro, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Escritura pública de propiedade do terreo inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.

5. Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación no que se aprecien todos os seus lindeiros, subscrita polo/a solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.

6. Oficio de dirección das obras.

7. Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento.

8. Cando proceda, documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes no caso de edificacións apegadas.

9. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

10. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación e neste anexo (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).

11. Xustificación do cumprimento da normativa sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións.

12. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Se a licenza se solicita co proxecto básico e execución, ademais da documentación anterior deberá presentar:

1. Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado polo/a técnico/a competente de acordo co R.d.l. 1/1998 ( no caso de edificios con división horizontal).(1 copia).

2. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado polo/a técnico/a competente

3. Proxecto técnico redactado por técnico competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria.

4. Oficio da dirección da execución da obra .

5. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008.

6. Nomeamento do contratista.

Se a edificación, da cal solicitase licenza de obra, ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade, ademais deberá achegar:

1. Proxecto técnico da actividade e instalacións (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente, co contido establecido neste anexo

2. Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.

3. A autorización ou declaración ambiental que proceda.

4. As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRA NOVA

1. Os proxectos de edificación axustaranse ás determinacións do artigo 6, ¿Condicións do proxecto", capítulo 2, parte I do Código técnico da edificación.

2. Ademais da documentación recollida no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación o proxecto técnico deberá conter a seguinte documentación técnica:

1. Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral. Ademais, se procede xustificará as condicións mínimas de habitabilidade reguladas na normativa autonómica vixente, as condicións de vivenda exterior, os do cálculo de superficies edificables e axuste ao dereito edificatorio. Se é o caso, incluirá as condicións e xustificacións de alturas e recuados segundo a ordenanza, con expresión, de proceder, das solucións adoptadas para o tapado de medianeiras ou resolución dos problemas que se deriven destas.

2. Plano da cartografía oficial de Ponteceso, no que se sinalen a situación da parcela ou edificación na que se pretenden as obras.

3. Copia do plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante, a cal deberá reflectirse sobre un plano topográfico a escala mínima 1:500 cos mesmos parámetros cos que sexa fixado polos técnicos municipais.

4. Plano de localización a escala mínima 1:500, acoutándose as distancias das edificacións proxectadas ao eixe da vía pública, á aliñación oficial e aos demais lindeiros, acoutándose o ancho das vías de acceso; indicarase a orientación, as aliñacións e rasantes oficiais e a superficie dos terreos de cesión.

5. Plano topográfico á mesma escala que o de localización, con curvas de nivel con equidistancias dun metro, no que se indique a edificación e arboredo existente.

6. Secciones da parcela coa edificación proxectada, á mesma escala que o de localización, con indicación do estado actual do terreo, da cota de referencia e da planimetría teórica. A cota de referencia deberá figurar nos planos dos alzados coa xustificación do cumprimento da altura máxima.

7. Nos casos de urbanización e edificación simultánea: planos e memoria con indicación da urbanización dos terreos de cesión e reposición de servizos seguindo as indicacións do acta de liña e rasante. No caso de que sexa necesario un proxecto de obras complementarias de urbanización presentarase para a súa tramitación simultánea co proxecto de edificación.

8. Se as obras para as cales se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras: plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra para realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións que adoptar en relación coa propia obra, vía pública e predios ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén.

9. Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

10. No caso de edificacións de uso industrial achegarase proxecto técnico xustificativo do cumprimento da normativa de seguridade contra incendios nos establecementos industriais.

3. Os proxectos técnicos de actividade deberán conter a seguinte documentación:

1. Descrición detallada da actividade e das instalacións necesarias para o seu desenvolvemento, no que se inclúa a descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kw. para o resto, asi como, as medidas correctoras a aplicar de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas.

2. Estudo xustificativo do cumprimento da normativa de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións.

3. Documentación técnica exixible segundo a natureza da actividade ou instalacións.

4. Planos con indicación da situación das instalacións de protección contra incendios, sectorización e recorridos de evacuación. Incluirán a definición dos corredores fixos de evacuación.

4. Para a solicitude de licenza será suficiente a presentación dun proxecto básico coa documentación técnica que se relaciona no punto 2 e, nos casos de edificacións para o desenvolvemento dunha actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, a do punto 3 . No caso de solicitar a licenza co proxecto básico, antes do inicio da obra deberá presentar o proxecto de execución de conformidade co artigo 46 da ordenanza, xunto coa seguinte documentación:

1. Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado polo técnico competente de acordo co R.d.l. 1/1998 ( no caso de edificios con división horizontal).(1 copia).

2. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado polo/a técnico/a competente

3. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria.

4. Oficio da dirección da execución da obra .

5. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008

6. Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas.

5. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes, e reunir os requisitos formais esixibles en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público, respondendo o seu autor ou autora da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

B/ SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS DE REESTRUTURACIÓN/AMPLIACIÓN

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de obra de reestruturación/ampliación OB-002

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do tributo/s correspondente/s

3. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutro, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. .

4. Escritura pública de propiedade do terreo inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.

5. Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación no que se aprecien todos os seus lindeiros, subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de obras de ampliacións ou obras de reestruturación xeral en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.

6. Oficio de dirección das obras.

7. Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento.

8. Cando proceda, documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes no caso de edificacións apegadas.

9. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

10. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación neste anexo da Ordenanza de tramitación de licenzas (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).

11. Xustificación do cumprimento da normativa sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalación.. (solo obras de reestruturación xeral)

12. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Se a licenza se solicitase co proxecto básico e execución, ademais da documentación anterior deberá presentar:

1. Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado polo técnico competente de acordo co R.d.l. 1/1998 ( no caso de edificios con división horizontal).(1 copia) (solo obras de reestruturación xeral)

2. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado pola ou polo técnico competente.

3. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria. (Só para obras de reestruturación xeral).

4. Oficio da dirección da execución da obra .

5. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008

6. Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas.

Se a edificación, da cal solicitase licenza de obra, ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade, ademais deberá achegar:

1. Proxecto técnico da actividade e instalacións (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente, co contido establecido neste anexo

2. Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.

3. A autorización ou declaración ambiental que proceda.

4. As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRAS DE REESTRUCTURACIÓN/AMPLIACIÓN

1. Os proxectos axustaranse ás determinacións do artigo 6, Condicións do proxecto, Capítulo 2, Parte I do Código técnico da edificación.

2. Ademais da documentación recollida no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación o proxecto técnico deberá conter a seguinte documentación técnica:

1. Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral. Nos casos de obras de ampliación ou reestruturación xeral, de proceder, xustificará as condicións mínimas de habitabilidade reguladas na normativa autonómica vixente, as condicións de vivenda exterior, os do cálculo de superficies edificables e axuste ao dereito edificatorio. Se é o caso, incluirá as condicións e xustificacións de alturas e recuados segundo a ordenanza, con expresión -de proceder- das solucións adoptadas para o tapado de medianeiras ou resolución dos problemas que se deriven destas.

2. Plano da cartografía oficial de Ponteceso , no que se sinalen a situación da parcela ou edificación na que se pretenden as obras.

3. Copia do plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante, a cal deberá reflectirse sobre un plano topográfico a escala mínima 1:500 cos mesmos parámetros cos que sexa fixado polos técnicos municipais.

4. Plano de localización a escala mínima 1:500, acoutándose as distancias das edificacións proxectadas ao eixe da vía pública, á aliñación oficial e aos demais lindeiros, acoutándose o ancho das vías de acceso; indicarase a orientación, as aliñacións e rasantes oficiais e a superficie dos terreos de cesión.

5. Plano topográfico á mesma escala que o de localización con curvas de nivel con equidistancias dun metro, no que se indique a edificación e arboredo existente.

6. Planos de todas as plantas, alzados e seccións do estado actual da edificación antes das obras de ampliación ou reestruturación proxectadas-

7. No caso de obras de ampliación: seccións da parcela coa edificación proxectada, a mesma escala có plano de deslinde, indicando, o estado actual do terreo e a cota de referencia e a planimetría teórica do plan xeral. A cota de referencia deberá figurar nos planos dos alzados coa xustificación do cumprimento da altura máxima.

8. Nos casos de urbanización e edificación simultánea: planos e memoria con indicación da urbanización dos terreos de cesión e reposición de servizos seguindo as indicacións da acta de liña e rasante. No caso de que sexa necesaria un proxecto de obras complementarias de urbanización presentarase para a súa tramitación simultánea co proxecto de edificación.

9. Se as obras para as cales se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras: plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra para realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións que adoptar en relación coa propia obra, vía pública e predios ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén.

10. Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

11. No caso de edificacións de uso industrial achegarase proxecto técnico xustificativo do cumprimento da normativa de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, ou lexislación que o substitúa.

3. Os proxectos técnicos de actividade deberán conter a seguinte documentación:

1. Descrición detallada da actividade e das instalacións necesarias para o seu desenvolvemento, no que se inclúa a descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kw. para o resto, asi como, as medidas correctoras a aplicar de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas.

2. Estudo xustificativo do cumprimento da normativa de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións.

3. Documentación técnica exixible segundo a natureza da actividade ou instalacións.

4. Planos con indicación da situación das instalacións de protección contra incendios, sectorización e recorridos de evacuación. Incluirán a definición dos corredores fixos de evacuación.

4. Para a solicitude de licenza será suficiente a presentación dun proxecto básico coa documentación técnica que se relaciona no punto 2 e, nos casos de edificacións para o desenvolvemento dunha actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, a do punto 3. No caso de solicitar a licenza co proxecto básico, antes do inicio da obra deberá presentar o proxecto de execución de conformidade co artigo 46 da ordenanza, xunto coa seguinte documentación:

1. Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado polo técnico competente de acordo co R.d.l. 1/1998 ( no caso de edificios con división horizontal).(1 copia).

2. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado polo/a técnico/a competente

3. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria.

4. Oficio da dirección da execución da obra .

5. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008

6. Nomeamento do contratista

5. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes, e reunir os requisitos formais esixibles en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público; responderá o seu autor ou autora da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

C/ SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS DE REFORMA E CONSOLIDACIÓN

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de obra reforma/consolidación OB-003

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutro, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

3. Comunidade de propietarios: DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice o/a administrador/a da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da ou do presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo a realización das obras.

4. Escritura pública de propiedade do terreo inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa condicións suxeitas a inscrición rexistral.

5. Reportaxe fotográfica da edificación, subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.

6. Oficio de dirección das obras.

7. Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento.

8. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

9. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación e neste anexo (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).

10. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Se a licenza se solicita co proxecto básico e execución, ademais da documentación anterior deberá presentar:

11. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado pola ou polo técnico competente

12. Oficio da dirección da execución da obra .

13. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008

14. Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE OBRAS DE REFORMA E CONSOLIDACIÓN:

1. Os proxectos técnicos axustaranse ás determinacións do artigo 6, ¿Condicións do proxecto", Capítulo 2, Parte I do Código técnico da edificación.

2. Ademais da documentación recollida no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación o proxecto técnico deberá conter a seguinte documentación técnica:

1. Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral. Nos casos de edificacións en situación de fóra de ordenación ou fóra de ordenanzas a a memoria deberá indicar a causa que motiva a dita cualificación e xustificar que as obras solicitadas se inclúen entre as permitidas de conformidade co PXOM e normativa urbanística en vigor.

2. Plano da cartografía oficial de Ponteceso, no que se sinalen a situación da parcela ou edificación na que se pretenden as obras.

3. Plano de localización a escala mínima 1:500, acoutándose as distancias das edificacións proxectadas ao eixe da vía pública, á aliñación oficial e aos demais lindeiros, acoutándose o ancho das vías de acceso; indicarase a orientación, as aliñacións e rasantes oficiais e a superficie dos terreos de cesión.

4. Planos de plantas, alzados e seccións do estado actual da edificación antes das obras de reforma ou consolidación.

5. No caso de edificacións de uso industrial achegarase proxecto técnico xustificativo do cumprimento da normativa de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, ou lexislación que o substitúa, se procede.

3. Para a solicitude de licenza será suficiente a presentación dun proxecto básico coa documentación técnica que se relaciona no punto anterior. No caso de solicitar a licenza co proxecto básico, antes do inicio da obra deberá presentar o proxecto de execución de conformidade co artigo 46 da ordenanza, xunto coa seguinte documentación:

1. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado por técnico/a competente

2. Oficio da dirección da execución da obra .

3. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008.

4. Nomeamento do contratista.

4. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes, e reunir os requisitos formais esixibles en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público; a ou o seu autor responderá da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

D/ SOLICITUDE DE LICENZA DE MOVEMENTOS DE TERRA

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de movemento de terra OB-004

2. Copia do/s documento/s de autoliquidación do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Reportaxe fotográfica da parcela, subscrita polo/a solicitante e pola ou polo técnico redactor do proxecto.

5. Oficio de dirección das obras e da dirección de execución das obras.

6. Autorizacións sectoriais previas preceptivas

7. Proxecto técnico completo redactado por técnico/a competente co contido mínimo establecido neste anexo, estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 (2 copias ) (1 copia presentación telemática).

8. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

9. Nomeamento do contratista

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE MOVEMENTOS DE TERRA OU DESMONTE

1. Os proxectos técnicos deberán conter a documentación necesaria para definir con detalle as obras para realizar e como mínimo a seguinte documentación técnica:

1. Memoria urbanística: incluirá a xustificación da viabilidade urbanística dos movementos de terra segundo as condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral.

2. Plano da cartografía oficial de Ponteceso, no que se sinalen a situación da parcela ou edificación na que se pretenden as obras.

3. Copia do plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante, a cal deberá reflectirse sobre un plano topográfico a escala mínima 1:500 cos mesmos parámetros cos que sexa fixado polos técnicos municipais.

4. Plano topográfico da parcela ou parcelas a que se refire a solicitude, a escala non menor de 1:500, no que se indiquen as cotas de altimetría, e, ademais, a edificación e arboredo existentes, a posición, en planta e altura das construcións dos predios veciñas que poidan ser afectados por desmonte ou terraplén.

5. Plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra para realizar así como os planos de detalle precisos que indiquen as precaucións que adoptar en relación coa propia obra, vía pública e predios ou construcións veciñas que poidan ser afectados polo desmonte ou terraplén.

6. Memoria técnica complementaria referida á documentación prevista nos apartados anteriores explicativa das características, programa e coordinación dos traballos para efectuar.

7. Presuposto detallado das obras.

8. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008

9. Estudo de Seguridade e Saúde segundo o R.d. 1627/1997 redactado por técnico/a competente.

2. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes, e reunir os requisitos formais esixibles en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público; a ou o seu autor responderá da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

E/ SOLICITUDE DE LICENZA DE PARCELAMENTO OU CERTIFICADOS DE INNECESARIEDADE

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de parcelamento ou de non se precisar OB-005

2. Copia do/s documento/s do/s tributo/s correspondente/s.

3. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

4. Escritura pública de propiedade do terreo. A dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.

5. Reportaxe fotográfica da parcela e das edificacións existentes, subscrita pola ou polo solicitante e polo/a técnico/a redactor/a do proxecto.

6. NO CASO DE SOLICITUDE DE PARCELAMENTO: proxecto técnico redactado por técnico competente co contido mínimo establecido neste anexo (2 copias ) (1 copia presentación telemática).

7. NO CASO DE SOLICITUDE DE CERTIFICADO DE INNECESARIEDADE: Documentación técnica redactada por técnico competente co contido mínimo establecido neste anexo.

8. En caso de proxectos sen visado colexial: declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE PARCELAMENTO

1. O contido mínimo do proxecto de parcelamento ou segregación será o seguinte:

1. Memoria na que se describa o predio para parcelar, coa súa referencia catastral; na que se xustifique o parcelamento e se describan as parcelas resultantes con expresión das súas superficies, lindeiros e localización. Ademais incluirá a descrición das edificacións existentes na parcela, coas superficies construídas e o cálculo da edificabilidade consumida.

2. Memoria urbanística na que se xustifique o axuste da parcelamento ao planeamento vixente e a condición de edificable dos predios resultantes. Incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral ás parcelas resultantes.

3. Plano de situación da cartografía oficial.

4. Plano topográfico da parcela orixinal, a escala adecuada (mínimo 1:500), con indicación dos seus lindeiros e das construcións existentes.

5. Plano de deslinde acoutado da parcela orixinal a escala adecuada (mínimo 1:500), no que se reflicta a aliñación oficial, cos mesmos parámetros cos que foi fixada polos servizos técnicos municipais; ha de se delimitar a parcela (ou parcelas) fóra da aliñación e que será(n) obxecto de cesión, con indicación da súa superficie. ( En predios afectados por aliñacións que puidesen ser obxecto de división ou parcelamento, a cesión de espazo fóra da aliñación realizarase en primeiro lugar, e procederase á división ou parcelamento sobre o predio resultante.

6. Plano acoutado de parcelamento a mesma escala, indicando a superficie e lindeiros das fincas resultantes, así como as construción existentes.

7. Ficha individualizada de cada parcela resultante co seguinte contido:

a) Situación da finca, indicando se está ou non edificada.

b) Plano a escala non menor de 1:500, con expresión dos seus lindeiros acoutados e determinación xeométrica necesaria para a súa correcta e inequívoca identificación e trazado.

c) Clase e categoría do solo en que se acha enclavada.

d) Uso do solo, altura, volume e situación da edificación, ocupación máxima da parcela e o aproveitamento do subsolo.

2. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes, e reunir os requisitos formais esixibles en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público; a ou o seu autor responderá da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

CONTIDO DOCUMENTACIÓN TÉCNICA NAS SOLICITUDES DE CERTIFICADO DE INNECESARIEDADE.

1. O contido mínimo da documentación técnica que se deberá achegar coa solicitude de non necesidade de parcelamento é o seguinte :

1. Memoria no que se describa o predio, coa súa referencia catastral; descrición das súas superficies, lindeiros e localización, situación urbanística e clases de solo que lle afecten , así como a descrición dos predios resultantes da segregación, con expresión das superficies e lindeiros.

2. Plano de situación da cartografía oficial, que sitúe a parcela.

3. Plano de topográfico da parcela orixinal, a escala adecuada (mínimo 1:500), con indicación dos seus lindeiros e as construcións existentes.

4. Plano de deslinde acoutado da parcela orixinal, a escala adecuada (mínimo 1:500), no que se reflicta a aliñación oficial, cos mesmos parámetros con que foi fixada polos servizos técnicos municipais), no que se indiquen as distintas clasificacións e cualificacións do solo que afecten a propiedade cos expresión das distintas superficies.

5. Ficha individualizada de cada parcela resultante co seguinte contido:

a) Situación do predio, coa indicación de se está ou non edificada.

b) Plano a escala non menor de 1:500, con expresión dos seus lindeiros acoutados e determinación xeométrica necesaria para a súa correcta e inequívoca identificación e trazado.

c) Clase e categoría do solo en que se acha enclavada.

f) Uso do solo, altura, volume e situación da edificación, ocupación máxima da parcela e o aproveitamento do subsolo.

F/ SOLICITUDE DE LICENZA OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE MUROS DE CONTENCIÓN

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de obra de construción de muro de contención OB-006

2. Copia do/s documento/s do/s tributo/s correspondente/s

3. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante).. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

3. Comunidade de propietarios: DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a ou o administrador da comunidade, o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da/do presidente ou acta da reunión de propietarios co acordo da realización das obras.

4. Reportaxe fotográfica do soar na zona na que se pretende o muro, subscrita polo/a solicitante e pola ou polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, achegarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.

5. Oficio de dirección das obras.

6. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

7. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente co contido mínimo establecido neste anexo (2 copias ) (1 copia presentación telemática), incluído estudo de seguridade e saúde.

8. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: Declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

9. Nomeamento do contratista

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS DE MUROS DE CONTENCIÓN

1. O proxecto técnico deberá conter a seguinte documentación técnica:

1. Memoria, tanto descritiva como construtiva na que se defina o muro solicitado. Incluirá os anexos que sexan necesarios para a definición e xustificación das obras

2. Memoria urbanística: incluirá a xustificación da viabilidade urbanística do muro proxectado segundo as condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral.

3. Plano da cartografía oficial de Ponteceso, no que se sinalen a situación da parcela que se pretenden as obras.

4. Copia do plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante, a cal deberá reflectirse sobre un plano topográfico a escala mínima 1:500 cos mesmos parámetros cos que sexa fixado polos técnicos municipais.

5. Plano topográfico da parcela ou parcelas a que se refire a solicitude, a escala non menor de 1:500, no que se indique a posición e lonxitude do muro, as cotas de altimetría, e, ademais, a edificación e arboredo existentes e a altimetría e as posicións en planta e altura das construcións dos predios veciños que poidan ser afectados polas obras.

6. Planos de planta, alzado e sección coa descrición gráfica e dimensional que definan en detalle as obras .

7. No caso que o proxecto inclúa movementos de terra: plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra para realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións que adoptar en relación coa propia obra, vía pública e predios ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén e Memoria técnica complementaria referida á documentación prevista nos apartados anteriores explicativa das características, programa e coordinación dos traballos para efectuar.

8. Presuposto detallado das obras.

9. Estudo de seguridade e saúde segundo o R.d. 1627/1997 redactado pola ou polo técnico competente.

G/ SOLICITUDE DE LICENZAS DE OBRAS (VARIOS)

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

1. Impreso normalizado de solicitude de licenza de obras (varios) OB-007

2. Copia do/s documento/s do/s tributo/s correspondente/s

3. Datos de identificación da solicitante:

1. Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces) (da solicitante e da representante). Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán, ademais, un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).

2. Persoas xurídicas: DNI da representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

3. Comunidade de Propietarios: DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice o administrador da comunidade, DNI da ou do administrador e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da oudo presidente ou acta da reunión de propietarios co acordo da realización das obras.

4. Escritura pública de propiedade do terreo inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.

5. Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación, subscrita pola ou polo solicitante e polo/a técnico/a redactor/a do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.

6. Oficio de dirección das obras.

7. Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento.

8. Cando proceda, documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes.

9. Autorizacións sectoriais previas preceptivas.

10. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación e neste anexo (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).

11. Se é o caso, xustificación do cumprimento da normativa sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións.

12. Se as obras para as cales se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras: plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra para realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións que adoptar en relación coa propia obra, vía pública e predios ou construcións veciñas que poidan ser afectados polo desmonte ou terraplén.

13. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Se a licenza se solicita co proxecto básico e execución, ademais da documentación anterior deberá presentar:

1. Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións redactado polo técnico competente de acordo co R.d.lei 1/1998 ( en caso de edificios con división horizontal).(1 copia).

2. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado por técnico/a competente

3. Proxecto técnico redactado por técnico/a competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria.

4. Oficio da dirección da execución da obra .

5. Nomeamento de contratista.

CONTIDO DOS PROXECTOS TÉCNICOS

1. O proxecto técnico deberá conter o documentos que definen as actuacións para realizar, co contido e detalle que permita coñecer o seu obxecto e determinar se se axusta á normativa urbanística aplicable. Cando se trate de proxectos de edificación, estes axustaranse ás determinacións do artigo 6, ¿Condicións do proxecto", Capítulo 2, Parte I do Código técnico da edificación.

2. Ademais da documentación recollida no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación o proxecto técnico deberá conter a seguinte documentación técnica:

1. Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do plan xeral.

2. Plano da cartografía oficial de Ponteceso, no que se sinalen a situación da parcela ou edificación na que se pretenden as obras.

3. Copia do plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante, a cal deberá reflectirse sobre un plano topográfico a escala mínima 1:500 cos mesmos parámetros cos que sexa fixado polos técnicos municipais.

4. Plano de localización a escala mínima 1:500, acoutaranse as distancias das edificacións proxectadas ao eixe da vía pública, á aliñación oficial e aos demais lindeiros e o ancho das vías de acceso: Indicarase a orientación, as aliñacións e rasantes oficiais e a superficie dos terreos de cesión.

5. Plano topográfico á mesma escala que o de localización con curvas de nivel con equidistancias dun metro, no que se indique a edificación e arboredo existente.

6. Secciones da parcela, á mesma escala co plano de deslinde, con indicación do estado actual do terreo e da cota de referencia e da planimetría teórica. A cota de referencia deberá figurar nos planos dos alzados coa xustificación do cumprimento da altura máxima.

7. Nos casos de urbanización e edificación simultanea: planos e memoria con indicación da urbanización dos terreos de cesión e reposición de servizos seguindo as indicacións da acta de liña e rasante. No caso de que sexa necesario un proxecto de obras complementarias de urbanización presentarase para a súa tramitación simultanea co proxecto de edificación.

8. Se as obras para as cales se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras: plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra para realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións que adoptar en relación coa propia obra, vía pública e predios ou construcións veciñas que poidan ser afectados polo desmonte ou terraplén.

9. Memoria xustificativa do cumprimento da normativa aplicable sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, se procede.

3. Para a solicitude de licenza será suficiente a presentación dun proxecto básico coa documentación técnica que se relaciona no punto anterior. No caso de solicitar a licenza co proxecto básico, antes do inicio da obra deberá presentar o proxecto de execución de conformidade co artigo 46 da ordenanza, xunto coa seguinte documentación:

1. Estudo de seguridade e saúde segundo R.d. 1627/1997 redactado por técnico/A competente

2. Oficio da dirección da execución da obra .

3. Estudio de xestión de residuos segundo R.d. 105/2008.

4. Nomeamento de contratista.

4. No caso de solicitude de licenzas para a instalación de estacións base de telefonía ou equipos de telecomunicacións non suxeitas a comunicación previa, o proxecto técnico incluirá ademais a seguinte documentación complementaria:

1. Estudo de cualificación ambiental que describa polo miúdo a posible incidencia da súa implantación e funcionamento no medio natural exterior e interior das edificacións e construcións do seu contorno, con indicación dos seguintes datos:

a. Xustificación da aprobación do Ministerio de Industria Turismo e Comercio do proxecto da instalación de telecomunicacións que inclúa a totalidade dos sistemas para implantar

b. Impactos ambientais producidos por ruídos e vibracións e pola expulsión forzada de aire quente ou viciado.

c. Impacto visual na paisaxe arquitectónica urbana.

d. Medidas correctoras que se propoñen adoptar para eliminar os ditos impactos e o grao de eficacia previsto.

2. 1.2. Documentación gráfica ilustrativa do impacto visual da instalación dende o nivel da vía pública e xustificativa da localización e da solución de instalación elixidas, na que se inclúan:

a. Fotomontaxes:

- Frontal de instalación (cando for posible).

- Lateral dereito: dende a beirarrúa contraria da vía, a 50 m da instalación.

- Lateral esquerdo: dende a beirarrúa contraria da vía, a 50 m da instalación.

- De o estimaren procedente os servizos técnicos municipais, deberá achegarse, ademais, simulación gráfica do impacto visual dende a perspectiva da visión do viandante ou dende outros puntos.

b. Plano, a escala adecuada, da localización da instalación e do trazado do cableado (a súa situación nos trazados verticais e horizontais), de se realizar a instalación en fachada exterior.

3. Os proxectos técnicos deberán estar subscritos por técnico ou técnicos competentes, e reunir os requisitos formais esixibles en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ao expediente administrativo, ten carácter de documento público; a ou o seu autor responderán da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.

1. 3. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

1. Os proxectos técnicos en formato dixital deberán achegarse en formato PDF asinados polo seu autor ou ben visados polo correspondente colexio profesional.

2. Os arquivos dixitais que compoñen o proxecto técnico deberán responder a seguinte estrutura:

¿ MEMORIA: cada capitulo da memoria deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido.

¿ PLANOS: Cada plano deberá ser un arquivo PDF. O nome do arquivo indicará o seu contido.

¿ PRESUPUESTO: incluirase un arquivo PDF cun resumo do presuposto por capítulos.

¿ OUTROS DOCUMENTOS: cada documento será un arquivo PDF.

3. O tamaño máximo de cada arquivo será de 10MB

4. O nome doa arquivos estarán compostos unicamente por letras e números e non poderán incluír caracteres especiais nin acentuados.

1.4. IMPRESOS NORMALIZADOS DE SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS SUXEITAS AO PROCEDEMENTO ORDINARIO:

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

edicto_1412321677896ordenanza

ANEXO 2

OB-S

LICENZAS DE OBRA SUXEITAS AO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

INDICE

2.1. DEFINICIÓNS OBRAS E ACTIVIDADES SUXEITAS AO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

OBRAS E ACTIVIDADES SUXEITAS AO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

1. DEMOLICIÓN DE EDIFICACIÓNS

2. INSTALACIÓNS EVENTUAIS E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS

2.2.DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

A/ DEMOLICIÓN DE EDIFICACIÓN

B/ INSTALACIÓNS EVENTUAIS E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS

2.3. NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE PROXECTOS TÉCNICOS EN FORMATO DIXITAL

2.4. IMPRESOS NORMALIZADOS DE SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRAS SUXEITAS AO PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO:

OB-009S SOLICITUDE DE LICENZA DE DEMOLICIÓN PROCEDEMENTO SIMPLIFICADO

OB-010S SOLICITUDE DE LICENZA PARA INSTALACIÓNS EVENTUAIS E ACTIVIDADES OCASIONAIS EN TERREOS MUNICIPAIS .