Ponteceso - ORDENANZA FISCAL N.º 23, REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DAS LICENCIAS URBANÍSTICAS E OUTROS SERVIZOS URBANÍSTICOS
Artigo 1.º.-Fundamento legal.
No uso das facultades concedidas pola Constitución, o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co previsto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Ponteceso establece a taxa polo outorgamento das licencias e outros serviso urbanísticos, a que se refire o artigo 20.4.h do propio real decreto legislativo, que sew rexerá pola presente ordenanza fiscal cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do citado real decreto legislativo.
Artigo 2.º.-Feito impoñible.
2.1.-Constitue o feito impoñible a actividade municipal, técnica e administrativa, realizada para verificar se as instalacións, construcións ou obras se realizan con suxección ás normas urbanísticas de edificación e policía vixentes, son conformes ao destino e uso previstos, non atentan contra a harmonía da paisaxe e condicións de estética, cumpren coas condicións técnicas de seguridade, salubridade, hixiene e saneamento, e finalmente, que non existe ningunha prohibición de interés artístico, histórico ou monumental.
2.2.-A estos efectos, constitúen feitos imponibles deste tributo a presentación de comunicacións previas ou declaracións responsables ou a concesión de licencias para a realización das seguintes actividades:
a) Obras de construción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
c) Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
d) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
e) Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.
f) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.
g) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicios públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licencia outorgada.
h) A demolición das construcións, agás nos casos declarados de ruína inminente.
i) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
j) As obras de construción de infraestrutura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
k) As construcións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
l) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.
m) A instalación de invernadoiros.
n) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
o) Os cerramentos e valados de predios.
p) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
q) Aliñacións e rasantes.
r) Obras de fontanería e sumidoiros.
s) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc., de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.
t) Obras nos cemiterios.
u) A primeira utilización ou ocupación dis edificios e instalacións en xeral.
v) As parcelacións urbanísticas.
w) Calquera outra construción, instalación ou obra que requira comunicación previa ou declaración responsable ou licencia urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.
Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da nova Lei xeral tributaria 58/03, do 17 de decembro:
a) Solicitantes da respectiva licencia.
b) Executantes das instalacións, construcións ou obras, cando se procedera sin a preceptiva licencia.
c) Os que presenten comunicacións previas ou declaracións responsables.
2.-En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuinte, os contructores e contratistas de obras.
Artigo 4.º.-Responsables.
1.-Responderán solidiariamente das obrigas tributarias do suxeto pasivo as persoas fisicas ou xurídicas a que se refiren o art. 42.1 da Lei xeral tributaria 58/03.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 43.1 apartados a), b), c) da Lei xeral tributaria 58/03, do 17 de decembro.
Artigo 5.º.-Devengo.
1.-Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitue o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística ou comunicación previa ou declaración responsable, si o suxeito pasivo formulase expresamente ésta.
2.-Cando as obras se iniciaran ou executan sen haber obtido a oportuna licencia ou sen presentar a comunicación previa ou declaración responsable, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar si a obra en cuestión e ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou sua demolición se non foran autorizables.
3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola concesión da licencia solicitada condicionada á modificación do proxecto presentado, pola necesidade de rectificación de documentación na presentación de comunicacións previas ou declaracións responsable, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 6.º.-Base impoñible e liquidable.
1.-Tomaránse como base imponible da presente taxa, en xeral, o custo real e efectivo da obra, construción ou instalación, entendendose por tal, a estos efectos, o custo de execución material daquela ,do que non forman parte, en ningun caso, o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de caracter público local relacionados con ditas construcións, instalacións ou obras nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre estrictamente o custo do execución material.
A efectos do cálculo de dito custo, teranse en conta o disposto no artigo 8 da ordenanza fiscal n.º 3 reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
2.-Dado que a taxa por primeira utilización ou ocupación dos edificios e instalacións en xeral prevista no artigo 2.2.u) da presente ordenanza fiscal será solicitada unha vez rematadas as construcións, instalacións e obras, a base impoñible a efectos da súa liquidación estará constituída polo custe final, efectivo e real das construcións, instalacións e obras que os suxeitos pasivos farán constar na declaración de deben presentar, de conformidade co previsto no artigo 8.6- da Ordenanza fiscal n.º 3, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras, no prazo de dous meses dende á finalización das mesmas.
3.-Para garantizar a reposición do pavimento nas vías públicas naquelas obras que supoñan a alteración da forma o sustancia del terreo ou do subsolo tales como apertura de zanxas, dragados, sondeos, prospecciones ou inyecciones entre outras, o peticionario da licencia terá que constituír ademais un depósito que se ingresará na conta de valores independentes e auxiliares, que será devolto unha vez que conclúan as obras e certifiquen os servizos técnicos municipais que se atopa en perfectas condicións. O importe constituirase por un período de 1 ano.
O importe do depósito será o seguinte:
- Importe mínimo: 150 €.
- Por cada metro cadrado e fracción: 50 €.
Artigo 7.º.-Tipo de gravame.
Se establece un tipo de gravame do 0,20 por cento.
Artigo 8.º.-Cota tributaria.
1 .-A cuota tributaria determinarase polo resultado de aplicar o tipo de gravame sobre a base impoñible.
2.-Nos casos particulares contemplados nos artigos 2.2.q) (alineacións e rasantes) e 2.2.v) (parcelacións urbanísticas) da presente ordenanza fiscal, a cota tributaria estará constituída pola seguinte cuantía fixa:
- Alineacións e rasantes: 30,00 €. Este importe fixo únicamente se devengará cando o custo de tal actuación non fora incluído no cálculo do custo real e total da construción, instalación ou obra a realizar, así como naquelas obras de nova pranta nas que, cando así o considere a oficina técnica municipal, a solicitude da licencia para demarcación de alineacións e rasantes deba producirse con carácter previo á licencia de obras para iniciar as referidas obras.
- Parcelacións urbanísticas: 30,00 €.
3.-En todo caso, os dereitos por outorgamento das preceptivas licencias ou pola presentación de comunicacións previas ou declaracións responsables para calquera clase de construcións, instalacións e obras, non poderán ser inferiores a 15,00 €.
4.-A cuota da tarifa corresponde a tramitación completa do expediente de que se trate, dende a sua iniciación ata a sua resolución final, incluída a certificación do acordo municipal e a sua notificación ó interesado.
Artigo 9.º.-Exencións.
Non se concederá exención nen bonificación algunha na referida taxa.
Artigo 10.º.-Normas de xestión.
10.1.-Nos supostos de presentación de comunicación previa ou declaración responsable, os obrigados tributarios virán obrigados a presentar ante o Concello autoliquidación segundo o modelo determinado pola Administración municipal e simultaneamente procederá a ingresar en fondos municipais a cota que resulte.
10.2.-Nos supostos nos que sexa preceptivo a solicitude de previa licenza, previamente ao outorgamento da mesma efectuarase a liquidación provisional dos dereitos ou taxas que procedesen e a Intervención Municipal procederá á censura correspondente. A Xunta de Goberno Local procederá a aprobar a liquidación no mesmo acto no que resolva sobre a concesión da licenza solicitada. A notificación será conxunta.
10.3.-As autoliquidacións ás que se refire o parágrafo 1 e as liquidacións ás que se refire o parágrafo 2 terán carácter provisional ata que, unha vez rematadas as obras, sexa comprobado pola Administración municipal o efectivamente realizado, requiríndolles para iso aos interesados as correspondentes certificacións de obras e demais elementos ou datos que se consideren oportunos. Á vista do resultado da comprobación efectuarase a liquidación definitiva tendo en conta o previsto no artigo 8.6 da Ordenanza fiscal n.º 3, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
Artigo 11.º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a elas corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal consta de once artigos e foi aprobada por Pleno na sesión celebrada o vinte e oito de xullo de 2014, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación definitiva no BOP e surtirá efectos en tanto en canto non se acorde a súa modificación ou derogación.
Queda derogada a Ordenanza fiscal n.º 23, reguladora da taxa polo outorgamento das licenzas urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e o ordenamento urbán.