Fene - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 8 REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
Artigo 2º.- Feito impoñible
Artigo 3º.- Suxeito pasivo
Serán suxeitos pasivos da taxa regulada na presente ordenanza os seguintes:
A) As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
B) As persoas que accedan ao servizo da axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.
Artigo 4º.- Base impoñible
Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 5 seguinte, establécese o prezo da hora por prestación do servizo en 13,50 euros/hora/ non festiva e 15.60 €/hora/ festivas, revisable anualmente segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) que publique o organismo público competente, previo acordo do órgano municipal competente
A base impoñible total será o resultado de multiplicar a base impoñible referida a unha hora de prestación do servizo polo número de horas de prestación efectiva do mesmo.
Artigo 5º.- Cota tributaria
A) Para o caso da prestación do servizo de libre concorrencia:
A cota tributaria será o resultado de aplicar á base impoñible total as seguintes porcentaxes:
Capacidade económica | Porcentaxe |
Menor do 0,80 do IPREM | 0 |
Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM | 20% |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM | 35% |
Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM | 55% |
Maior de 2,5 | 75% |
B) Para o caso da prestación do servizo a persoas en situación de dependencia aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamentos en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria.
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. Nos demais supostos cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica (referida ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III |
<=20 h | <=45 h | <=70 h | |
100 % | 0,00 % | 0,00 % | 0,00 % |
115 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175 % | 5,65 % | 12 % | 18,35 % |
200 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215 % | 5,81 % | 12,34 % | 18,87 % |
250 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500 % | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500 % | 6,76 % | 14,36 % | 21,97 % |
3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
A determinación da capacidade económica á que fan referencia as tarifas anteriores será a que resulte da aplicación dos artigos 59 (modificado polo Decreto 149/2013, de 5 de setembro) e 60 do Decreto 99/2012, de 9 de marzo e dos artigos 16, 17 e 18 do Decreto 149/2013, de 5 de setembro.
4. En ningún caso o importe da participación económica que debe ingresar a persoa usuaria en concepto de participación no custo do servizo poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
Artigo 6º.- Exencións e bonificacións
Artigo 7º.- Nacemento da obriga de pagamento e período impositivo
1.-A obriga do pagamento nace dende o día en que se inicie a prestación do servizo.
2.- Os abonos mensuais das cotas de pagamento realizaranse mediante unha domiciliación bancaria (as excepcións a esta regra deberán motivarse cun informe dos técnicos de Servizos Sociais). Se estes pagamentos non se puidesen facer efectivos por motivos atribuíbles á persoa beneficiaria do servizo -inexistencia de fondos ou outros-, este/a será apercibido/a de inmediato, responsabilizándose dos gastos que esto ocasione.
3.- Se a algún/unha dos/as beneficiarios/as non se lle prestase o servizo por causas non imputables a el/ela mesmo/a, léase por inconvenientes derivados da organización interna do propio servizo, terá tamén dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen servizo á hora de aboar a cota mensual.
Artigo 8º.- Normas de xestión
1.- Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varíen as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Para ditas variacións, no seu caso, estarase ao previsto no Regulamento de funcionamento do servizo.
2.- Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requirirá, por parte do departamento de Servizos Sociais do Concello, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa capacidade económica e, no seu caso, a taxa a abonar, tal e como se recolle no Regulamento do servizo de axuda no fogar.
3.- Unha vez iniciada a prestación do servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria nos padróns ou matrículas desta taxa . O pagamento da contía que lle corresponda aboar a cada usuario/a farase efectivo por meses naturais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.
4. 0 departamento de servizos sociais remitirá a oficina de xestión tributaria e recadación relación mensual asinada con especificación dos datos necesarios para a liquidación da taxa.
Disposición transitoria
As persoas que á entrada en vigor desta ordenanza estivesen recibindo os servizos que constitúan a obriga de pago desta taxa, continuarán conas prestacións autorizadas, pero, en todo caso, seranlles de aplicación as tarifas e demais criterios de aplicación establecidos nesta ordenanza. En tanto se determina a referencia de renda que corresponda a cada beneficiario do servizo para determinar a cota a ingresar, de acordo coas prescricións dos artigos anteriores, tomarase a cota fixada na resolución de autorización de prestación do servizo. Estas liquidacións terán carácter de liquidación provisional e practicarase a definitiva, complementaria ou con dereito a devolución, segundo proceda, notificándolle ó obrigado ó pagamento para o ingreso da cota complementaria ou execución da devolución.
A tal efecto, por parte dos servizos sociais procederase a requirir, de ser o caso, a documentación acreditativa da renda e patrimonio no prazo dun mes dende a publicación desta ordenanza.