Santa Comba - ORDENANZA DO SERVIZO PÚBLICO MUNICIPAL DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS DO CONCELLO DE SANTA COMBA

Publicación provisional: 07/08/2014 BOP Nº: 149
Publicación definitiva: 04/11/2014 BOP Nº: 211
Aplicable dende: 04/11/2014

CAPÍTULO I.–DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.–Obxecto.

A presente ordenanza ten por obxecto regular o servizo público municipal de saneamento de augas residuais, e fundamentalmente as condicións dos vertidos das augas residuais e pluviais ás redes de saneamento, en execución do previsto na disposición adicional segunda e na disposición transitoria quinta da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Artigo 2.–Finalidades.

2.1. A Ordenanza reguladora de vertidos e uso do sistema público de saneamento en baixa dítase para contribuír a acadar as finalidades seguintes:

a) Regular o uso e o control do sistema público de saneamento de xeito que se garanta o bo funcionamento das obras e equipos que o constitúen.

b) Garantir mediante os tratamentos previos axeitados que as augas residuais industriais que se verten aos sistemas cumpran os límites establecidos nesta ordenanza e nos permisos preceptivos.

c) Garantir que os vertidos das plantas de tratamento cumpren as esixencias establecidas na normativa vixente, para que non comporten efectos nocivos sobre o medio receptor e a saúde das persoas.

Artigo 3.–Instalación incluídas como sistemas públicos de saneamento.

3.1 Aos efectos desta Ordenanza, as instalacións de saneamento comprenden as redes de sumidoiros, os colectores e conducións de vertido, así como as estacións depuradoras de augas residuais, calquera que sexa o tipo de tecnoloxía utilizada e cuxo obxectivo sexa recoller, transportar e depurar as augas residuais para devolvelas ao medio receptor nas condicións adecuadas para salvagardar a calidade das augas continentais e/ou mariñas.

Artigo 4.–Ámbito de aplicación.

4.1. Inclúense no ámbito da presente ordenanza todos os vertidos de augas residuais, de calquera orixe, conectados ás instalacións do Concello ás que se refire o artigo 3, ou que no futuro sexan conectados.

Alí onde haxa redes de sumidoiros separativas, os titulares conectados deben contar cunha dobre rede de desaugue e de baixantes, e debe evitarse en todo momento a mestura de augas residuais e augas pluviais. Nestes supostos, está totalmente prohibida a conexión de calquera conducto de augas pluviais á rede de augas residuais e viceversa.

4.2. Non se inclúen na presente ordenanza aqueles productores de vertidos de augas residuais que conten coa oportuna autorización administrativa para levar a cabo os vertidos directa ou indirectamente no dominio público ou de terra ao litoral, sempre que dita autorización estea actualizada e os seus titulares cumpran coas condicións impostas nela (segundo o indicado no artigo 245 do Regulamento de Dominio Público Hidráulico). Noutro caso, a entidade xestora poderá obrigar aos mencionados productores de vertidos a conectalos ás instalacións públicas de saneamento, sempre e cando cumpran os requisitos recollidos na presente ordenanza.

4.3. Queda prohibido con carácter xeral o vertido directo ou indirecto de augas e productos residuais (segundo a definición recollida no artigo 245 do Regulamento de Dominio Público Hidráulico) susceptibles de contaminar as augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, agás que se conte coa previa autorización. Esta autorización corresponde ao organismo de cunca tanto no caso de vertidos directos a augas superficiais ou subterráneas como no de vertidos indirectos a augas subterráneas. Cando se trate de vertidos indirectos a augas superficiais, a autorización corresponderá ao órgano autonómico ou local competente.

4.4. Os vertidos indirectos a augas superficiais con especial incidencia para a calidade do medio receptor han de ser informados favorablemente (mediante a emisión dun informe preceptivo e vinculante) polo organismo de cunca previamente ao outorgamento da preceptiva autorización. Ditos vertidos indirectos a augas superificiais son distintos dos conducidos á depuradora de augas residuais urbanas a través da rede de saneamento municipal e deberá xustificarse a razón pola cal estes vertidos de augas residuais non son conducidos a través da rede de saneamento municipal á depuradora de augas residuais urbanas.

4.5. No momento de aprobación da ordenanza municipal o Concello remitirá ao organismo de cunca unha relación (en soporte informático) de todas as conexións existentes á rede municipal de saneamento (indicando o titular, o caudal de vertido e o número de habitantes equivalentes do vertido). Asemade, anualmente enviará unha actualización das novas conexións efectuadas durante dito período.

Artigo 5.–Definicións.

5.1. Aos efectos desta ordenanza, entendese por:

a) Sistema público de depuración de augas residuais urbanas: conxunto de bens de dominio público constituído pola estación depuradora de augas residuais, as estacións de bombeo, as conduccións de vertido ou emisarios submarinos e as redes de colectores xerais asociados.

b) Estación depuradora de Augas Residuais: instalación na que se someten as augas residuais a un tratamento de depuración física e biolóxica tal que permita o seu posterior vertido ou reutilización para os fins autorizados.

c) Pretratamento: operacións ou procesos de calquera tipo que se poidan aplicar a unha auga residual para reducir ou neutralizar a súa carga contaminante total ou parcialmente en cantidade ou calidade da mesma.

d) Redes de colectores xerais: aquelas instalacións que discorren dende os puntos de entronque das redes de sumidoiros, conducindo directamente (por gravidade ou por bombeo) as augas residuais recollidas ata a estación depuradora, e consideradas como tales no vixente Plan de Saneamento de Galicia.

e) Sistema público de saneamento en baixa: o conxunto de bens de dominio público constituído polas redes municipais de sumidoiros e as demais instalacións que, de acordo coa vixente normativa en materia de réxime local, son de competencia municipal.

f) Acometida domiciliaria: aquel conducto subterráneo instalado baixo a vía pública que serve para transportar augas residuais dende un edificio ou finca á rede de sumidoiros.

g) Augas residuais urbanas: as augas residuais domésticas ou a mestura delas coas augas residuais non domésticas e/ou con augas de escorrenta pluvial.

h) Augas residuais domésticas: as augas residuais procedentes dos usos particulares das vivendas, xeradas principalmente polo metabolismo humano e as actividades domésticas non industriais, agrícolas nin gandeiras.

i) Augas residuais non domésticas: as augas residuais vertidas dende establecementos nos que se efectúe calquera actividade comercial, industrial, agrícola ou gandeira.

j) Augas brancas: as augas que non foron sometidas a ningún proceso de transformación de xeito que a súa capacidade potencial de perturbación do medio é nula e que, polo tanto, non deben ser conducidas mediante os sistemas públicos de saneamento. As augas pluviais terán carácter de augas brancas ou de augas residuais urbanas en función do seu percorrido de escorrenta.

k) Augas pluviais: as producidas simultáneamente ou inmediatamente a continuación de calquera forma de precipitación natural e como resultado da mesma.

l) Mostra: toda porción de auga que represente o máis exactamente posible o vertido a controlar.

Artigo 6.–Explotación do servizo de sumidoiros e estación depuradora.

6.1. O Concello poderá encomendar unha entidade para a explotación do Servizo de Sumidoiros e Estación Depuradora. A empresa adxudicataria dos servizos á que se contrae este regulamento, denominándose, en adiante, o servizo ou servizo de saneamento “Concesionario”.

Artigo 7.–Construción da rede de sumidoiros.

7.1. Sen prexuízo do establecido no presente Regulamento, a construcción de calquera elemento da rede de sumidoiros, acometidas, embornais, etc., axustarase ao disposto pola normativa urbanística e ordenanzas do Concello, así como ás normas tecnolóxicas da edificación (NTE-ISS).

7.2. Na elaboración de plans que desenvolvan as Normas Urbanísticas e afecten a zonas onde se localicen actividades industriais, será preciso un estudo técnico sobre a posibilidade de contaminación por vertidos ou infiltracións de augas residuais industriais.

7.3. Con carácter xeral, as redes de sumidoiros poden ser construídas:

a) Polo urbanizador, cando así sexa esixible en virtude da lexislación vixente en materia urbanística, con todos os dereitos inherentes. Éste deberá cumprir as normas vixentes para as instalacións de auga potable e rede de sumidoiros en edificios e realizar os traballos baixo a supervisión do Concello. Para iso, e con carácter previo á redacción dun proxecto de urbanización ou á execución de obras da rede de sumidoiros, deberase de solicitar ó Concello a información necesaria sobre a normativa vixente ó respecto, redes e condicións existentes, localización dos puntos máis aconsellables para realizar a evacuación das augas residuais e calquera outro dato que puidera resultar de interes ó efecto. En viais de nova construcción o urbanizador deberá construir todas as acometidas domiciliarias; neste caso deberán incluírse no proxecto de urbanización detallando as súas características, que deberán axustarse á normativa técnica vixente.

b) Polo Concello ou ente xestor da rede de sumidoiros, con suxeición e de acordo coas disposicións legais vixentes.

c) Polo Concello a petición de particulares, como prolongación da rede existente e a cargo íntegro de ditos particulares. Neste caso o tramo pasa a ser municipal automáticamente, unha vez terminadas as obras.

7.4. A administración competente, ó variar a disposición das vías públicas ou efectuar obras de pavimentación nas mesmas, poderá modificar o trazado, punto de conexión á rede de sumidoiros, disposición, etc. das acometidas, conservando sempre as mesmas condicións de evacuación do edificio. Ditas obras serán a cargo do promotor da actuación, pero o propietario non poderá reclamar indemnización algunha.

7.5. Será sempre responsabilidade da propiedade tomar todas as medidas necesarias para evitar posibles afeccións por humidades ou filtracións en sotos, garaxes ou calquera outra edificación ou obra situada por debaixo da rasante da vía pública e que poida estar causada por augas procedentes de fugas de redes, elevacións do nivel freático, etc. Será tamén responsabilidade do propietario tomar as medidas de protección necesarias para evitar que as augas pluviais procedentes da vía pública poidan acceder ós sotos ou garaxes polos accesos ou puntos de ventilación dos mesmos.

CAPÍTULO II.–OBRIGAS E DEREITOS DA ENTIDADE XESTORA E DOS USUARIOS

Artigo 8.–Usuarios suxeitos.

8.1. Todas as edificacións, industrias ou explotacións, tanto públicas coma privadas, con independencia do seu uso ou usos compartidos, estarán obrigados a cumprir as disposicións e preceptos da presente ordenanza tanto nas conexións actuais coma nas previstas no futuro.

8.2. Segundo a maior ou menor importancia dos volumes vertidos e a súa carga contaminante, clasifícanse aos usuarios en 2 categorías: domésticos (ou asimilados) e non domésticos.

a) Domésticos ou asimilados a domésticos:

I. Domésticos propiamente ditos: os correspondentes a edificios de vivendas ou vivendas de titularidade pública ou privada que xeran vertidos propios das actividades domésticas.

II. Asimilados a domésticos: os correspondentes a edificios ou instalacións comerciais de titularidade pública ou privada: colexios, escolas, hoteis, cines, edificios públicos, restaurantes, bares, etc., que non xeren outro tipo de contaminación distinta da doméstica.

b) Non domésticos:

I. Clase A: usuarios correspondentes a unha actividade comercial ou industrial que, pola súa natureza, non deben, na teoría, dar lugar a vertidos problemáticos que superen os límites establecidos nesta Ordenanza.

II. Clase B: usuarios correspondentes a unha actividade comercial ou industrial que, pola súa natureza, poden dar lugar a vertidos problemáticos que de non ser tratados, superarían os límites de vertidos establecidos nesta Ordenanza.

8.3. O emprego da rede de sumidoiros públicos para a evacuación de augas residuais será obrigatoria para todos os usuarios domésticos que posúan unha rede de sumidoiros a menos de 200 metros. Se o edificio tivese fachada a máis dunha via pública o propietario poderá elixir, sempres que sexa posible, o colector público á que se deba de conectar; iso sí, seguindo sempre as directrices do Concello.

No caso de non ter a obrigatoriedade de uso da rede de sumidoiros, os usuarios deberán de estar provistos de sistemas autónomos de saneamento que non supoñan un risco para o medio ambiente. Os sistemas de depuración instalados que xeren vertido directo a dominio público ou vertido indirecto por infiltración no terreo deberán tramitar ante Augas de Galicia a correspondente autorización de vertido, segundo o establecido no artigo 245 do Regulamento de dominio público hidráulico. Asemade, para poder empregar o dispositivo de depuración instalado deberán obter a licenza de obras e actividades correspondente.

Así e todo, os usuarios adoptarán as medidas ou previsións correspondentes para poder conectar as súas redes á municipal, sendo os gastos á súa costa. Ademais a rede de sumidoiros terá carácter privado ata o punto de conexión coa rede de sumidoiros municipal.

Artigo 9.–Obrigas e dereitos da entidade xestora.

9.1. A entidade xestora ou concesionario estará facultada para a prestación dos seguintes servizos relacionados co saneamento:

a) Recoller as augas residuais dende a arqueta situada no límite da propiedade do abonado co dominio público e a súa canalización, mediante a rede pública, cara a estación depuradora ou punto de vertido establecidos pola administración competente, con arranxo ás condicións que se fixen nas licenzas de vertido.

b) A execución de instalacións, ampliacións, substitucións, reparacións, reformas e melloras das redes e acometidas de saneamento.

c) A limpeza da rede de sumidoiros, levando os residuos ás instalacións previstas e autorizadas a tal fin, cumprindo a lexislación vixente en materia de residuos.

d) O tratamento, cos medios e infraestruturas postos a súa disposición polo Concello ou, no seu caso, polas Entidades Públicas correspondentes, das augas residuais con anterioridade ao seu vertido ao dominio público hidráulico ou marítimo-terrestre.

e) Contestar ás reclamacións que se fagan por escrito dentro do prazo establecido a tal efecto, así como colaborar co usuario na solución dos problemas que o servizo poda ocasionar.

f) Aplicar os prezos segundo as tarifas que se teñan aprobadas en pleno municipal.

g) Prestar o servizo a todo peticionario e amplialo a todo usuario que o solicite nos termos establecidos na presente ordenanza e noutras disposicións aplicables.

h) Manter as condicións hixiénico-sanitarias e as instalacións de acordo coa normativa vixente.

i) Manter de xeito permanente a regularidade e dispoñibilidade do servizo mediante a vixilancia, conservación e reparación de todas as instalacións relacionadas co servizo.

j) Efectuar a facturación mediante a tarefa legalmente autorizada polo organismo correspondente.

k) Realizar campañas de sensibilización da poboación en xeral e dos usuarios con vertidos diferentes dos domésticos co fin de reducir o vertido á rede de saneamento de substancias nocivas e produtos tóxicos do fogar, talleres e outras instalacións con periodicidade mínima bianual.

9.2. A entidade xestora terá os seguintes dereitos:

a) Percibir a cantidade do servizo de saneamento de acordo co previsto no regulamento municipal e consonte as tarefas e taxas vixentes en cada caso.

b) A entidade xestora poderá acceder, revisar e informar das instalacións interiores de subministro que podan interferir no funcionamento do servizo.

Artigo 10.–Obrigas e dereitos dos usuarios.

10.1. O abonados que desexen conectarse ao servizo de saneamento de augas solicitarán a acometida correspondente, que se realizará a costa do aboado salvo que se prevexan formas de financiamento diferentes.

10.2. Os abonados ao servizo de saneamento de augas que, non estando obrigados a conectarse ao servizo de saneamento (condición establecida no artigo 8.3), dispoñan de fosa séptica poderán solicitar a limpeza da mesma á empresa concesionaria do servizo ou a outro xestor autorizado, asumindo, iso sí, tódolos custos derivados da mesma.

a) Non obstante, cando, cos medios mecánicos de que dispoña o servizo e polas dificultades intrínsecas de acceso á propiedade de que se trate ou que veñan derivadas da situación e características da fosa séptica, a limpeza supuxera dificultades extraordinarias, o Concesionario poderá denegar o servizo de saneamento e xustificará ao abonado as razóns coa indicación das obras que aquel debería realizar ou os permisos que debería obter ao respecto.

b) É responsabilidade do aboado, como propietario da fosa séptica, a execución das obras necesarias para o seu correcto funcionamento e o seu mantemento.

c) Por outra banda, no intre en que os usuarios propietarios dunha fosa séptica podan acceder á rede de sumidoiros municipais, farán as correspondentes accións para conectarse seguindo a normativa establecida polo Concello con respecto ás licenzas e permisos, quedando selada e inutilizada a fosa séptica.

10.3. O usuario terá os seguintes deberes:

a) Satisfacer puntualmente o importe do servizo de saneamento de acordo co previsto neste regulamento e consonte as tarifas e taxas vixentes.

b) Aboar as cantidades que resulten da liquidación que por erro, fraude ou avaría se lles poida imputar.

c) Verter do xeito establecido e para os usos que se dispoñan na súa licenza de vertido.

d) Informar á empresa concesionaria de fugas, avarías, perdas ou calquera incidencia que, por interese propio ou xeral, afecten á rede de saneamento. Dentro destas incidencias inclúense as manipulacións de instalacións que podan causar contaminación ou perigo para persoas ou bens de calquera tipo.

e) Permitir e facilitar a libre entrada nas instalacións do persoal debidamente acreditado para inspeccionar ou reparar as instalacións.

f) No caso de que se procedese ao precinto de calquera local, instalación ou mecanismo da mesma, deberá respectalo.

g) Cumprir as condicións e obrigas que figuren no contrato polo servizo de augas.

h) Comunicar á entidade xestora do servizo de saneamento calquera modificación na domiciliación ou titularidade no recibo, modificación na instalación interior (en especial os novos puntos de vertido que resulten significativos polo seu volume) ou calquera outra que implique un troco significativo no desenvolvemento xeral do servizo que presta a entidade xestora.

i) Cando exista unha alteración no volume do caudal de vertido que implique un aumento de máis do 10 % deberá de ser notificado ao Concello para que se poda estudar a incidencia dese aumento no sistema de saneamento.

j) Prever as instalacións de elevación naqueles casos en que sexa necesario.

k) No intre en que o usuario ou usuarios non cumpran os deberes que se lles esixe, procederase á aplicación do réxime sancionador que se describe no CAPÍTULO V desta ordenanza.

10.4. O usuario do servizo terá os seguintes dereitos:

a) Dispor de condicións técnicas axeitadas para a normal evacuación das augas residuais de acordo coas instalacións existentes.

b) Solicitar á entidade xestora as aclaracións, informacións e asesoramento necesarios sobre o servizo.

c) Recibir a facturación polo vertido de acordo coas tarifas vixentes.

d) Subscribir un contrato ou póliza de vertido suxeito ás garantías da normativa establecida.

e) Formular as reclamacións administrativas que considere convenientes de acordo co procedemento establecido neste regulamento.

f) Esixir do Concello e da entidade xestora o correcto funcionamento ambiental dos sistemas de depuración.

CAPÍTULO III.–EMPREGO DO SISTEMA DE SANEAMENTO EN BAIXA

Artigo 11.–Condicións previas á conexión.

11.1. Para a conexión dun usuario ao sistema público de saneamento en baixa é necesario que a rede se atope en servizo e que o vertido do usuario cumpra as condicións establecidas nesta ordenanza.

Artigo 12.–Requisitos e características básicas da acometida ao sistema.

12.1. As augas residuais dun edificio conduciranse á rede de sumidoiros públicos a través da acometida, que consta dunha arqueta de rexistro situada na beirarúa e dun conducto que vai dende dita arqueta ata a rede de sumidoiros.

12.2. Cada edificio ou finca terá unha acometida única á rede de sumidoiros. Sen embargo, ante a imposibilidade técnica de que cada edificio teña a súa acometida única poderá autorizarse o desaugue de varios edificios a través dunha acometida común, se non constituira perigo para o desaugue e sempre que a servidume ou servidumes que ó efecto se constitúen sexan aceptadas polos propietarios dos edificios e discorran por zonas comúns.

12.3. A construcción das acometidas será autorizada polo Concello, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións previas:

a) Que o efluente previsto reúna as condicións fisicoquímicas que se especifican nos anexos I e II desta Ordenanza.

b) Que o sumidoiro sexa público e estea en servizo.

c) Que a instalación do desaugue do edificio ou instalación se axuste ó previsto na presente ordenanza.

12.4. O Concello establecerá os requisitos e características físicas das acometidas ao sistema, respectando o seguinte contido mínimo preciso para a concesión da licencia:

Plano da rede de desaugue do interior do edificio en planta e alzada, a escalas respectivas 1:100 e 1:50, detallando expresamente os sifóns xerais e a ventilación aérea.

a) Descrición das disposicións e dimensións axeitadas para un correcto desaugue, especificando o material, diámetro e pendente lonxitudinal.

b) Instalación dun sifón xeral en cada edificio para evitar o paso de gases. Entre a acometida da condución e o sifón xeral do edificio disporase dunha tubaxe de ventilación, sen sifón nin peche, á que poderán conducirse as augas pluviais sempre que, respectando a ventilación, os puntos laterais de recollida estean axeitadamente protexidos por sifóns ou reixas antimúridos.

12.5. A sección das conducións, tipo de rexistros e demais características da acometida rexeranse segundo as normas municipais de aplicación vixentes e as disposicións de planificación urbanísticas correspondentes.

As obras de construción e instalación dos colectores e acometidas de saneamento axustaranse nas súas características ás condicións e prescricións técnicas establecidas nas ordenanzas municipais de edificación e ao disposto nas normas subsidiarias aprobadas polo Concello.

12.6. Todo establecemento que verta augas residuais non domésticas deberá localizar, antes da conexión ao sistema e en todas e cada unha das conexións que posúa, unha arqueta de rexistro libre de calquera obstáculo e accesible en todo momento aos servizos técnicos competentes para a obtención de mostras e medición de caudais.

12.7. Na devandita arqueta deberá dispor, cando o permiso de vertido así o estableza, dun elemento de aforo cun rexistro totalizador para a determinación exacta do caudal do efluente vertido. Cando os volumes de auga consumida e os volumes de auga vertida sexan aproximadamente os mesmos, a medición da lectura do caudal de auga de abastecemento poderá utilizarse como aforo do caudal vertido.

12.8. Os establecementos deberán procurar a unificación dos vertidos xerados polos procesos produtivos e, ao mesmo tempo, respectarán as redes separativas de xeito que non podan verter as augas pluviais na rede interna de augas residuais, e viceversa.

12.9. As obras de acometida ao sistema de saneamento están suxeitas ás prescricións da normativa urbanística que resulte aplicable. O Concello deberá emitir un certificado de conexión á rede de sumidoiros tras a supervisión da correcta conexión.

12.10. Todos os gastos derivados das actuacións de conexión ao sistema, así como os da súa conservación e mantemento, serán a cargo do usuario.

12.11. Cando o nivel de desaugue particular non permita a condución á rede de sumidoiros por gravidade, a elevación deberá de ser realizada polo propietario do terreo. Neste caso as instalacións interiores de desaugue deberán de ser completamente estancas á presión de 1 kg./cm2 e o sistema deberá dispor dun depósito intermedio para a súa posterior elevación ó rexistro de acometida. O depósito recolector deberá axustarse ás seguintes características:

a) Situarase a unha distancia conveniente do alxibe de abastecemento mínima de 5 m.

b) A capacidade do depósito deberá prever calquera continxencia de avaría; polo que a súa capacidade deberá ser, como mínimo, a correspondente ó almacenamento de 48 horas.

c) O depósito deberá ser totalmente estanco con obxecto de evitar a infiltración cara ó exterior de augas residuais e cara ó interior de calquera sustancia allea ó vertido.

d) O depósito deberá contar cun conducto de ventilación que sobresaia 2 m por encima do último plano accesible do edificio. O diámetro mínimo será de 150 mm e deberá dotarse de sombreirete.

A impulsión das augas residuais do depósito recolector ata a arqueta de rexistro deberá realizarse polo propietario da finca ou edificio e cumprirá cos seguintes requisitos:

a) Recoméndase instalar máis dunha electrobomba e haberá, como mínimo, unha electrobomba de reserva.

b) A tubería de descarga das mesmas deberá facelo a unha cota superior á rasante de saída do rexistro de acometida.

c) O cadro eléctrico permitirá un funcionamento automático e alternativo das bombas, dispoñendo de contahoras para cada unha delas. Igualmente, deberá dispoñer dun sistema óptico de alarma para a sinalización de avarías.

d) Se o edificio conta cunha fonte secundaria de alimentación eléctrica, o sistema de bombeo deberá estar conectado coa mesma.

e) O bombeo realizarase cunha frecuencia tal que as augas residuais do depósito non entren en procesos anaeróbios co conseguinte desprendemento de gases de mal olor. A título orientativo recoméndase non superar as 3 horas de estancamento das augas resiudais.

12.12. A limpeza e reparación dos desaugues particulares levarase a cabo polos seus propietarios, trala obtención da licenza municipal. Non obstante poderán solicitar que ditos traballos sexan realizados polo Concello, a través da empresa concesionaria, con gastos a cargo do solicitante.

Artigo 13.–Prohibicións e limitacións.

1.1. A regulación da contaminación en orixe mediante prohibicións e limitacións nas descargas de vertidos establécese cos seguientes fins:

a) Protexer a cunca receptora eliminando calquera efecto tóxico, crónico ou agudo, tanto para o home coma para os seus recursos naturais e preservar a calidade do medio receptor tendo en conta os tipos de depuración.

b) Salvagardar a integridade e seguridade das persoas e instalacións de saneamento.

c) Previr de toda anomalía os procesos de depuración empregados.

1.2. Está prohibido:

a) O vertido ao sistema de saneamento das substancias relacionadas no anexo I desta ordenanza.

b) A dilución para acadar os niveis de emisión que permitan o seu vertido ao sistema, agás nos supostos de emerxencia ou de perigo inminente e, en todo caso, previa comunicación ao Concello.

c) O vertido ás redes de saneamento de augas brancas (é dicir, augas que non foron sometidas a ningún proceso de transformación de tal xeito que a súa potencial capacidade de perturbación no medio é nula) ao sistema cando poida adoptarse unha solución técnica alternativa por existir no entorno da actividade unha rede separativa ou ben unha canle pública. En caso contrario, deberá obterse o correspondente permiso de vertido municipal.

1.3. Os vertidos non domésticos que conteñan substancias das relacionadas no anexo II desta ordenanza deberán respectar as limitacións alí establecidas, sen que poida admitirse a dilución para acadar os devanditos límites.

Artigo 14.–Condicións para a utilización do sistema público de saneamento.

14.1. Os usuarios cuxa actividade xere augas residuais domésticas quedan suxeitos ás regulamentacións que dite o Concello e en todo caso ás prohibicións establecidas nos anexos I e II desta ordenanza. En calquera caso, estes usuarios deberán realizar a corresponde comunicación ao Concello, previamente a dita conexión, aos efectos da supervisión e aceptación por parte deste.

14.2. Quedan obrigados a obter permiso de vertido municipal ao sistema público de saneamento en baixa os seguintes usuarios:

a) Todos os usuarios non domésticos.

b) Todos os usuarios cuxo vertido sexa superior a 2.000 metros cúbicos anuais, ou ben aqueles cun volume de vertido inferior pero que orixinen contaminación de carácter especial na súa natureza ou na súa cantidade. Para estes efectos, considerarase producida tal contaminación cando esta sexa superior a 200 habitantes equivalentes.

Este tipo de usuarios deberán respectar as prohibicións e limitacións establecidas nos anexos I e II respectivamente, coas seguintes especificacións:

No permiso de vertido outorgado a cada usuario e en función do caudal de vertido xerado, imporanse unhas reducións nos valores dos parámetros do anexo II. Así, o límite para cada parámetro de vertido calcularase multiplicando os valores establecidos na ordenanza municipal por un coeficiente reductor (µ) que se calculará do seguinte xeito:

Onde:

DBO5 EDAR = DBO5 de deseño da EDAR para a auga de entrada.

DBO5 ORD = DBO5 reflectida na ordenanza.

Q = Caudal punta horario xerado polo usuario.

Qm EDAR = Caudal medio de deseño da EDAR.

µ = Coeficiente reductor para a totalidade de parámetros da ordenanza.

Os valores 5% e 15% poderanse modificar previa comunicación e xustificación dos novos valores ante a Administración Hidráulica, se se comprobara na práctica que outros se axustan máis á realidade.

Parámetro de vertido do usuario = µ* Parámetros de ordenanza

Artigo 15.–Permiso de vertido municipal.

15.1. Entenderase por permiso de vertido municipal aquel permiso do Concello que ten por finalidade comprobar que a evacuación das augas residuais por medio da rede de sumidoiros municipal ou o vertido directo na estación depuradora acomódase ás normas establecidas e que a composición e características das augas residuais se manteñen dentro dos límites establecidos.

No caso de que a evacuación das augas residuais sexa ao dominio público hidráulico a autorización do vertido corresponderá ao ente público Augas de Galicia.

15.2. O permiso de vertido municipal ao sistema público de saneamento en baixa outorgase polo Concello aos usuarios indicados no artigo 14.2.

15.3. O Concello poderá modificar as condicións do permiso de vertido municipal cando as circunstancias que motivaron o seu outorgamento foran alteradas ou sobreviñeran outras que, de ter existido con anterioridade, terían xustificada a súa denegación ou o outorgamento en termos distintos, podendo ser o seu caso decretar a suspensión temporal ata que se superen ditas circunstancias. Neste suposto o usuario será informado con suficiente antelación das posibles modificacións e disporá do tempo axeitado para adaptarse ao seu cumprimento.

15.4. O outorgamento da devandita autorización faculta aos mencionados usuarios para realizar vertidos de augas residuais ao sistema público de saneamento nas condicións que nela se establezan.

15.5. O permiso de vertido municipal estará condicionado ao cumprimento das condicións establecidas nesta ordenanza, e outorgarase con carácter indefinido sempre e cando non varíen substancialmente as condicións iniciais de autorización.

15.6. Non se permitirá ningunha conexión á rede de sumidoiros en tanto non se teñan efectuadas as obras ou instalacións especificamente determinadas, así como as modificacións ou acondicionamentos técnicos que, á vista dos datos aportados na solicitude do permiso de vertido, estableza o Concello.

15.7. En todo caso o permiso de vertido non se entende como concedido ata que o solicitante obteña expresa autorización.

Artigo 16.–Solicitude do permiso de vertido municipal.

16.1. Antes de efectuar ningún vertido de augas residuais ao sistema os titulares das actividades indicadas no artigo 14.2 deben solicitar do Concello o correspondente permiso de vertido municipal, e a estes efectos aportarán a documentación que se indica no anexo III desta ordenanza.

16.2. O Concello de Santa Comba deseñará os modelos de impreso para o desenvolvemento da solicitude de vertidos, procedemento necesario para cada unha das acometidas de vertido de que dispón a rede municipal de sumidoiros. A solicitude de vertido incluirá unha declaración responsable das características dos vertidos firmada polo representante da persoa física ou xurídica que solicita o vertido, na que se declara coñecedor desta ordenanza e se compromete a non verter ningunha das sustancias catalogadas como prohibidas no anexo I, nin superar as concentracións máximas permitidas para as sustancias que se especifican no anexo II. No caso de que a instalación estea en funcionamento e dispoña de medicións reais non estimadas, non será preciso este certificado.

16.3. Naqueles casos en que sexa necesaria unha depuración previa á conexión coa rede de saneamento, incluirase a seguinte información:

a) Usos da auga, onde se reflectirán, como mínimo, cada un dos distintos usos industriais da auga:

● Caudais e características fisicoquímicas de cada un dos efluentes líquidos residuais sen tratar.

● Localización dos afluentes líquidos residuais ( punto de conexión co saneamento ou coa instalación correctora) sinalado sobre o plano da planta.

b) Medidas correctoras aplicadas:

● Tipo de tecnoloxía a empregar.

● Descripición das instalacións de depuración ou eliminación para os efluentes líquidos.

● Localización das instalacións de depuración ou eliminación, xa sexa a través da arqueta ou rexistro individual, e do vertido líquido final ó saneamento municipal, grafiados ambos no plano da planta.

● Características fisicoquímicas do vertido unha vez tratado.

● Destino que se lles da ós subproductos orixinados na depuración, en función das súas características segundo o estipulado no R.D. 833/1998, do 20 de xullo.

Artigo 17.–Procedemento.

17.1. O procedemento para a obtención do permiso de vertido municipal no caso de actividades comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (IPPC), ou, no seu caso, na normativa de execución que aprobe a Comunidade Autónoma de Galicia, será o establecido nas mencionadas normas. No resto de casos serán de aplicación as normas do procedemento administrativo común.

17.2. Para as novas acometidas a solicitude de vertidos presentarase xunto á solicitude de acometida á rede de sumidoiros. Sen embargo, para acometidas existentes sen permiso de vertido municipal, o usuario disporá de tres meses a partir da data de publicación desta ordenanza polo Concello para a presentación da solicitude de vertido.

17.3. En ningún caso é posible a obtención do permiso de vertido por silencio administrativo, que será en todo caso desestimatorio.

17.4. De acordo cos datos aportados polo solicitante, o Concello resolverá no senso de:

a) Prohibir totalmente o vertido cando as características que presente non poidan ser corrixidas polo oportuno tratamento. Neste caso, os servizos técnicos do Concello, mediante os seus recursos propios, asistencias técnicas ou mediante a empresa concesionaria, aprobarán con cargo ao solicitante o método de almacenaxe, transporte e punto de vertido dos residuos proposto pola industria contaminante.

b) Autorizar o vertido, previa determinación dos tratamentos mínimos que deberán establecerse con anterioridade á súa saída á rede xeral, así como os dispositivos de control, medida de caudal e mostraxe que deberá instalar a industria á súa costa. En calquera caso, o permiso de vertido municipal quedará condicionado á eficacia do tratamento previo, de tal forma que se o mesmo non conseguira os resultados previstos, quedaría sen efecto dita autorización.

c) Autorizar o vertido sen máis limitacións que as contidas nesta ordenanza.

17.5. En todo caso a denegación do permiso será motivada e indicará necesariamente as razóns que a determinen, cuxa corrección producirá o seu outorgamento.

Artigo 18.–Contido do permiso de vertido municipal.

18.1. A resolución de outorgamento do permiso de vertido municipal ao sistema público de saneamento que dite o Concello incluirá, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Os límites máximos admisibles das características cualitativas do vertido, tanto en concentracións máximas instantáneas como en concentracións medias máximas.

b) Os límites cuantitativos do volume do vertido, indicando o caudal medio e o caudal máximo en metros cúbicos por hora e por día.

c) A obriga de instalar, no prazo máximo dun mes dende a notificación da resolución, unha arqueta que permita o aforo e a toma de mostras do vertido.

d) A obriga de controlar os parámetros característicos dos vertidos dos usuarios non domésticos efectuarase seguindo o establecido a continuación:

Tipo de vertido1 Caudal de vertido (m3/ano) Periodicidade de control

Clase Grupo

1 3, 4, 6 > 10.000 Trimestral

1 3, 4, 6 < 10.000 Semestral

1 0, 1, 2, 5, 7 > 10.000 Trimestral

1 0, 1, 2, 5, 7 < 10.000 Anual

2 9, 12, 14 > 10.000 Trimestral

Tipo de vertido Caudal de vertido (m3/ano) Periodicidade de control

Clase Grupo

2 9, 12, 14 < 10.000 Semestral

2 8, 10, 11, 13 > 10.000 Trimestral

2 8, 10, 11, 13 < 10.000 Anual

3 15, 16, 17 > 10.000 Trimestral

3 15, 16, 17 < 10.000 Semestral

Inclúese como anexo IV o detalle da clasificación dos diferentes sectores industriais por clase e grupo.

A efectos de levar a cabo estes controis deberase dispoñer dun aparello de mostraxe en continuo no punto de conexión á rede municipal de sumidoiros.

Como dato de caudal de vertido tomarase o valor do caudal de auga consumido. En caso de existir variacións, o titular do vertido deberá instalar un aparello de medida do caudal de vertido co fin de certificar dita variación.

e) A obriga de remitir ó Concello coas periodicidades indicadas no apartado anterior, as analíticas dos vertidos que se realizan á rede de saneamento.

f) A obriga de instalar na devandita arqueta un elemento de aforo do caudal de vertido, cando este e o caudal de abastecemento sexan diferentes.

g) Prazo de duración da autorización.

18.2. O permiso de vertido municipal ao sistema poderá, ademais, establecer limitacións, condicións e garantías en relación a:

a) Horario de vertido.

b) Definición das instalacións de tratamento previo do vertido que resulten necesarias para acadar as condiciones impostas, e prazo de execución delas.

c) No seu caso, excepcións temporais dos requirimentos do anexo II, sempre que se aprobe un programa que garanta o seu cumprimento nun prazo non superior a un ano dende a notificación da resolución; ou ben excepcións motivadas pola baixa saturación do sistema, tendentes a aproveitar ao máximo a súa capacidade de depuración, e sempre delimitadas no tempo e na carga.

d) Realización de autocontrois por parte do titular da autorización, nos supostos de vertidos que comporten un risco elevado de impacto sobre o sistema de saneamento. O Concello definirá en cada caso particular os vertidos que supoñen un risco elevado en función do caudal de vertido e das súas cargas contaminantes. Os titulares das autorizacións nas que así conste deberán remitir ó Concello un informe periódico no que se sinale a definición da carga contaminante que verte e incluirán os caudais de vertido, a concentración de contaminantes, a duración, e demais elementos necesarios para a súa definición. Ademáis, as determinacións e os resultados das análises de autocontrol poderán ser requiridos de forma excepcional polo Concello. Os parámetros analíticos serán os especificados no permiso de vertido municipal, pero en todo caso deberán ser cando menos os seguintes: pH, conductividade, sólidos en suspensión, DBO5, DQO, metais, aceites e graxas. Os resultados destas análises deberán conservarse alomenos durante tres anos.

e) As demais que estableza o Concello.

18.3. En ningún caso o outorgamento do permiso de vertido municipal pode comprometer a consecución dos obxectivos de calidade do medio receptor do efluente depurado do sistema de saneamento.

18.4. O contido e as prescricións do permiso de vertido que se outorgue a unha actividade incluída no ámbito da Lei 16/2002 de IPPC, integraranse na resolución que poña fin ao procedemento sinalado na devandita Lei.

18.5. A inspección, vixilancia e control do cumprimento das condicións do permiso de vertido correspondelle ao Concello, como entidade xestora do sistema.

Artigo 19.–Revisión do permiso de vertido municipal.

19.1. Sen prexuízo do disposto na Lei 16/2002 de IPPC, o permiso de vertido ao sistema deberá revisarse cando se produza algún cambio significativo na composición ou no volume do vertido, cando se alteren substancialmente as circunstancias do momento do seu outorgamento, ou cando sobreveñan outras que xustificarían a súa denegación ou o seu outorgamento en termos diferentes.

19.2. En todo caso, procederase á revisión do permiso:

a) Cando a carga contaminante vertida por unha actividade resulte significativa en relación coa carga total tratada polo sistema de depuración e poda dificultar a súa depuración nas condicións axeitadas.

b) Cando o efecto aditivo de vertidos das mesmas características poda dificultar o tratamento do sistema nas devanditas condicións axeitadas.

19.3. No caso de que a revisión comporte a modificación das condicións do vertido ao sistema, o Concello poderá conceder ao titular do permiso un prazo de adaptación que non excederá dun ano a contar dende a aprobación da revisión.

19.4. En ningún caso a revisión do permiso de vertido municipal comporta para o seu titular dereito a indemnización ningunha.

Artigo 20.–Revogación do permiso de vertido municipal.

20.1. O permiso de vertido municipal ao sistema poderá ser revogado nos seguintes supostos:

a) Como consecuencia da revogación do permiso ou licenza que permita o desenvolvemento da actividade que causa o vertido.

b) Por incumprimento dos requirimentos efectuados para adecuar o vertido ás condicións establecidas no permiso.

c) Como medida anudada a unha sanción.

Artigo 21.–Caducidade do permiso de vertido municipal.

21.1. O Concello poderá declarar a caducidade do permiso de vertido municipal nos seguintes casos:

a) Cando cesara nos vertidos por un tempo superior a un ano.

b) Cando a licenza municipal para o exercicio da actividade comercial ou industrial que xera as augas residuais caduque ou sexa anulada ou revogada.

Artigo 22.–Suspensión de vertidos.

22.1. O Concello poderá ordenar, motivadamente, a suspensión inmediata do vertido cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

a) Ter omitido ou falseado datos ou non ter cumprimentado a totalidade da documentación.

b) Carecer do permiso de vertido municipal correspondente.

c) Non adecuarse o vertido ás limitacións e condicións establecidas no permiso de vertido municipal.

d) Que, non dándose ningún dos supostos anteriores, poidan producirse situacións de inminente gravidade para as instalacións públicas de saneamento, a saúde pública ou o medio ambiente como consecuencia dos vertidos.

O Concello enviará a notifiación da suspensión do vertido ó ente xestor da rede de sumidoiros e ó ente xestor da depuradora.

22.2. O Concello poderá precintar ou adoptar calquera outra medida que considere axeitada encamiñada a asegurar a efectividade da suspensión.

22.3. No prazo de dous meses, contados dende a notificación da suspensión do vertido, o usuario deberá presentar no Concello toda a documentación que acredite o tipo de actividade e a solicitude de vertido ou, no seu caso, adecuar o vertido ás limitacións e condicións establecidas no permiso de vertido municipal.

22.4. Se transcorrido o prazo regulado no apartado anterior o usuario non cumprira o establecido no mesmo, o Concello poderá ordenar, previa audiencia do interesado, a suspensión definitiva do vertido á rede de sumidoiros.

Artigo 23.–Obrigas do titular do permiso de vertido municipal.

23.1. O titular do permiso de vertido municipal debe cumprir as obrigas seguintes:

a) As recollidas expresamente no permiso de vertido municipal outorgada polo Concello.

b) Evitar a calquer prezo as descargas accidentais de vertidos que poidan ser potencialmente perigosas para a seguridade físicas das persoas, a propia rede de sumidoiros, a estación depuradora de augas residuais ou a reutilización das augas residuais depuradas.

c) Comunicar de xeito inmediato ao Concello, ou no seu caso á compañía explotadora do sistema, calquera avaría do proceso produtivo ou das súas instalacións de pretratamento que poida afectar negativamente á calidade do vertido ao sistema.

d) Comunicar de xeito inmediato ao Concello calquera circunstancia futura que implique unha variación das características cualitativas e/ou cuantitativas do vertido, aos efectos de proceder, no seu caso, á revisión do permiso.

e) Adaptar a súa actividade e as súas instalacións ás medidas e actuacións que resulten do plan de emerxencia e seguridade do sistema, unha vez sexa aprobado polo Concello.

23.2. Cando se produza unha descarga ao sistema debida a un caso fortuíto, o titular do permiso de vertido está obrigado a:

a) Comunicar a descarga ao Concello, ou no seu caso á compañía explotadora do sistema, especificando a identificación e localización da actividade, a hora e a causa da descarga, o caudal e as materias vertidas, as medidas correctoras adoptadas in situ e as correccións para evitar a reproducción do accidente no futuro.

b) Adoptar as medidas necesarias para minimizar os efectos negativos e os danos que poidan ocasionarse ao sistema. Tanto o ente xestor da rede de sumidoiros como o ente xestor da depuradora poderán recabar do usuario os datos necesarios para a correcta valoración do accidente, a partir dos cales constituirán un informe coa avaliación dos danos ocasionados polo accidente que terán que remitir ó Concello.

Artigo 24.–Censo de vertidos ao sistema.

24.1. O Concello levará un censo de vertidos ao sistema no que inscribirá os vertidos sometidos a permiso, e no que constarán, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Nome, enderezo, CNAE e NIF do titular do permiso.

b) Datos básicos do caudal de auga de abastecemento e de vertido.

c) Condicións básicas do permiso.

d) Situación administrativa do permiso.

e) Informe analítico (efectuado cunha periodicidade mínima anual) das características do vertido conectado.

24.2. O censo de vertidos estará a disposición da Administración hidráulica de Galicia e da Administración hidráulica do Estado.

24.3. Tomando como base o mencionado censo, así como os resultados das comprobacións efectuadas na rede, o Concello cuantificará periodicamente as diversas clases de vertidos, a fin de actualizar as limitacións das descargas e as conseguintes autorizacións, así como tamén dispor as actuacións preventivas, reparadoras e/ou correctoras que sexan necesarias.

24.4. Sen prexuízo das responsabilidades que se contraian con outros organismos, o Concello informará cada trimestre ó ente xestor da rede de sumidoiros e ó ente xestor da depuradora asociada de todas as autorizacións de vertidos concedidas, así como das súas modificacións. Ademais, como prevención para casos de emerxencia, o Concello incluirá no permiso de vertido municipal a dirección, os teléfonos e nome das persoas responsables da rede de sumidoiros e da estación depuradora que reciba os vertidos da propiedade.

Artigo 25.–Vertido mediante camións cisterna.

25.1. Para efectuar vertidos ás instalacións de saneamento mediante vehículos cisterna será necesario que o vertido se realice nas arquetas previas á EDAR destinadas para iso, sen prexuízo dos permisos ou autorizacións esixibles de conformidade coa lexislación aplicable en materia de residuos, o posuidor do vertido obteña un permiso especial outorgado polo Concello, quedando terminantemente prohibido o vertido á rede de saneamento e pozos de bombeo.

25.2. Os vertidos mediante camións cisterna deberán respectar as prohibicións e limitacións establecidas nos anexos I e II desta ordenanza.

25.3. Exceptúanse das obrigas do apartado anterior os vertidos procedentes de fosas sépticas ou das limpezas dos sistemas públicos de saneamento, no referente aos parámetros DQO, DBO5, Sólidos en suspensión, Aceites e graxas, así como as diferentes formas de nitróxeno e fósforo contempladas no anexo II desta ordenanza; así como os vertidos mediante camións cisterna aos que poida resultar de aplicación o disposto no artigo 18.2.c) in fine desta ordenanza.

25.4. En todo caso, a incorporación dos vertidos aportados por camións-cisterna pautarase de acordo cas indicacións ao respecto do responsable da estación depuradora, coa finalidade de evitar calquera alteración do proceso.

25.5. En ningún caso poderanse descargar camións-cisterna en estacións depuradoras que se atopen saturadas en canto á carga contaminante a tratar ou en instalacións depuradoras nas que soamente conste de pretratamentos ou tratamentos primarios.

25.6. Todos os vertidos de camións-cisterna deberán figurar nun rexistro a cargo do Concello, ou no seu caso da compañía explotadora do sistema, no que constarán, polo menos, a identidade do transportista, a identificación como transportista autorizado, o volume descargado e a súa procedencia.

CAPÍTULO IV.–INSPECCIÓN E CONTROL

Artigo 26.–Arqueta de rexistro de mostras.

26.1. Tódalas actividades sometidas o permiso de vertido municipal deberán contar cunha arqueta de rexistro de mostras independente. Ademáis, o Concello poderá esixir a instalación dunha arqueta de rexistro de mostras a calquera actividade que considere oportuno de forma xustificada.

26.2. Independentemente da existencia de arquetas comúns, todas as actividades que vertan á rede municipal de sumidoiros disporán dunha arqueta única ou rexistro individual para o vertido de augas residuais, que recolla todas aquelas que proveñan da actividade. Esta arqueta deberá situarse preferentemente fóra da parcela ou na vía pública, augas abaixo do derradeiro vertido (de xeito que non se podan alterar as características finais do efluente), nun lugar accesible dende o exterior para os servizos de inspección, libre de todo obstáculo e atoparase en axeitado estado de limpeza para a súa función.

As arquetas de rexistro definirán o punto de deslinde entre as redes interiores particulares e a rede municipal de sumidoiros. As súas dimensións e características deberán ser tales que permitan aos servizos técnicos municipais tanto a recollida de mostras como a determinación do caudal de vertido. O Concello establecerá unha arqueta tipo para o control individual á que os usuarios se deberán de axustar e, en todo caso, o deseño das mesmas deberá de ser aprobado polo mesmo. Os gastos da instalación de desaugue interior ata a arqueta de rexistro incidirán no propietario. Se non existise a arqueta de rexistro, os custos correrán a cargo do propietario, sen que este adquira sobre ela dereito algún, agás do de vertido.

26.3. As actividades en funcionamento disporán de SEIS meses para a instalación desta arqueta de toma de mostras nas condicións establecidas nesta ordenanza.

26.4. En determinados casos xustificados o Concello poderá esixir ó usuario a realización dalgún tipo de arqueta específica que permita unha mostraxe adecuada dos efluentes. Estas arquetas de control deberán de estar precintadas, sendo facultade do Concello ou, a instancias do mesmo, da empresa concesionaria do servizo de sumidoiros o seu desprecintado.

26.5. A empresa concesionaria poderá instalar equipos de medida en continuo nesas arquetas se así o estima oportuno.

26.6. En función dos parámetros de vertido da industria ou cando as condicións do desaugue o fagan aconsellable, en substitución da arqueta de rexistro, a entidade concesionaria poderá autorizar a construción dunha arqueta conxunta sifónica-toma de mostras, debendo esta responder ao deseño establecido pola propia concesionaria.

26.7. As instalacións que vertan augas residuais á rede de sumidoiros deberán conservar en perfecto estado de funcionamento todos os equipos de medición, mostraxe e control necesarios para realizar a vixilancia da calidade dos seus efluentes.

Artigo 27.–Función inspectora.

27.1. A función inspectora correspóndelle ao Concello, en tanto que é a entidade xestora das instalacións ao seu cargo, e exércea:

a) Directamente, a través dos seus propios órganos que teñan atribuídas as funcións inspectoras.

b) Por medio de entidades colaboradoras contratadas ao efecto ou debidamente acreditadas.

27.2. A fin de poder realizar o seu cometido, en orde á conservación, medida, toma de mostras, exame de vertidos e cumprimento do establecido nesta ordenanza, os servizos de inspección deberán de ter libre acceso aos locais onde se produzan os vertidos aos sumidoiros. Tamén poderá penetrar naquelas propiedades privadas sobre as que o Concello manteña algunha servidume de paso de augas.

27.3. O Concello, no uso das súas facultades, poderá efectuar tantas inspeccións como estime oportunas para verificar as condicións e características dos vertidos á rede de sumidoiros municipal, recollendo apoio externo ou da empresa concesionaria do mantemento da rede para as labores técnicas ou materiais.

27.4. Con independencia da competencia municipal en labores de inspección, a Administración Hidráulica terá a capacidade para intervir como crea convinte, en situacións excepcionais como deixación de funcións do Concello ou incumprimentos sistemáticos.

Artigo 28.–Obxecto e inicio da inspección.

28.1. Poden ser obxecto de inspección as actividades ou instalacións cuxos vertidos poidan afectar ao sistema de depuración de augas residuais ou ao sistema de saneamento en baixa.

28.2. A actuación inspectora pode iniciarse por diferentes vías:

a) De xeito previo ao outorgamento dunha autorización, licenza ou permiso.

b) De oficio, ben sexa por iniciativa do órgano competente ou por orde superior.

c) Por propia iniciativa do persoal inspector, cando aprecie un posible incumprimento das normas reguladoras dos vertidos.

d) Segundo estea reflectido na autorización, licenza ou permiso, sendo a periodicidade a que alí se manifeste.

e) A petición do interesado.

f) En virtude de denuncia.

28.3. A inspección e vixilancia acadará ás instalacións das actividades que poidan afectar á calidade do vertido, e en especial ás arquetas de rexistro, ás conducións de saneamento, aos procesos produtores de vertidos e as plantas de pretratamento ou depuración de augas.

Artigo 29.–Dereitos do persoal inspector.

29.1. No exercicio da súa función, o persoal inspector poderá:

a) Acceder ás instalacións que xeren vertidos de augas residuais que poidan supoñer un risco de afección ás infraestruturas públicas, incluíndo o acceso á propiedade privada, sempre que non constitúa domicilio das persoas.

b) Efectuar notificacións e realizar requirimentos de información e documentación ou de actuacións concretas para a adecuación e mellora dos vertidos de augas residuais.

c) Proceder á toma de mostras de augas residuais e, no seu caso, de augas de proceso.

d) Proceder á toma de fotografías ou outro tipo de imaxes gráficas, sen prexuízo do disposto na vixente normativa sobre segredo industrial.

e) Levar a cabo calquera outra actuación tendente á pescuda da orixe dos vertidos, o seu grado de contaminación e a súa afección sobre os sistemas de saneamento.

Artigo 30.–Deberes do persoal inspector.

30.1. O persoal inspector está obrigado en todo momento a:

a) Observar co respecto e consideración debidos ás persoas interesadas, previa identificación e acreditación da súa personalidade mediante a documentación expedida pola entidade competente para a función inspectora.

b) Informar aos interesados, cando así sexa requirido, dos seus dereitos e deberes en relación cos feitos obxecto da inspección, así como das normas que deben cumprir os titulares dos vertidos.

c) Obter toda a información necesaria respecto dos feitos obxecto de inspección e dos seus responsables, accedendo, se é necesario, aos rexistros públicos existentes.

d) Observar con sixilo profesional e gardar segredo respecto dos asuntos que coñeza por razón do seu cargo e actividade pública.

Artigo 31.–Obrigas dos responsables inspeccionados.

31.1. Os titulares das actividades deberán facilitar a práctica da inspección, e a tal fin, estarán obrigados ás seguintes actuación:

a) Facilitar o acceso do persoal inspector ás distintas instalacións relacionadas co vertido así como a montaxe do equipo e instrumental de control, sen necesidade de comunicación previa.

b) Facilitar a montaxe do equipo ou instrumentos que se precisen para realizar as medidas determinantes, ensaios e comprobacións necesarias.

c) Permitir o emprego de cantos instrumentos utilice a empresa coa finalidade de autocontrol, especialmente aqueles destinados á medida de caudais, toma de mostras e análises correspondentes.

d) Pór a disposición do persoal inspector os datos, partes de traballo, análises, libro de rexistro e canta información requiran en relación coa inspección.

31.2. Os mesmos titulares deberán de remitir ao Concello un informe periódico no que se sinale a definición de carga contaminante que verten e incluirán os caudais de vertido, a concentración de contaminante e demais elementos necesarios para a súa definición. A periodicidade do informe será establecida en cada caso pola alcaldía en atención aos resultados das inspeccións practicadas polo Concello e dos niveis de carga contaminante que se comproben, así como do caudal vertido.

Artigo 32.–Desenvolvemento da actividade inspectora.

32.1. Cando o inspector se persoa no lugar no que radiquen as instalacións a inspeccionar porá en coñecemento do seu titular o obxecto das actuacións, previa identificación mediante exhibición do documento que lle acredite para o exercicio das súas funcións inspectoras, no que constarán o Concello ao que está adscrito, o seu nome e apelidos e o número do documento nacional de identidade.

32.2. As actuacións inspectoras realizaranse en presenza do titular das instalacións. No caso de persoas xurídicas, considerarase o seu representante quen legalmente ostente dita condición. No caso de ausencia do titular ou representante, as actuacións levaranse a cabo con calquera persoa presente nas instalacións, facendo constar a súa vinculación con elas. Non será obstáculo para a realización das actuacións a negativa ou imposibilidade do titular ou representante de estar presente durante a súa práctica, sempre que así se faga constar nas actuacións que documenten a inspección.

32.3. A actividade inspectora consistirá, entre outras, nas seguintes funcións:

a) Comprobación do estado da instalación e do funcionamento dos instrumentos que para o control dos efluentes teña establecido na licenza ou permiso de vertido municipal.

b) Mostraxe dos vertidos, en calquera punto das instalacións que os orixinan. É dicir, mostraxe tanto do vertido global (na arqueta de rexistro) coma de vertidos elementais que compoñen aquel no caso de que existan varios efluentes (nas distintas arquetas pertencentes ás diferentes actividades que existan).

c) Medida dos caudais vertidos (tanto o global coma os individuais) e parámetros de calidade “in situ”.

d) Medida de volumes de entrada no proceso.

e) Comprobación do cumprimento de caudais e balance de auga (tendo en conta as captacións ou recursos propios de cada usuario) e parámetros segundo consta na correspondente licenza ou permiso de vertido municipal.

f) Comprobación do cumprimento das restantes obrigas en materia de vertido, contempladas nesta ordenanza.

g) Calquera outra que resulte necesaria para o correcto desenvolvemento da labor inspectora.

32.4. No caso de obstaculización das actividades inspectoras, o inspector o fará constar así na acta de inspección que se levante ao efecto e poderá proceder á toma de mostras de augas residuais dende o exterior do recinto das instalacións.

Artigo 33.–Documentación das actuacións inspectoras.

33.1. As actuacións inspectoras documentaranse nunha acta de inspección (elaborada por duplicado), na que constarán como mínimo os datos indicados no anexo V da presente ordenanza, e na que tanto o inspector como o interesado poderán facer constar as observacións que consideren oportunas. Nesta acta asinarán o inspector e a persoa responsable da actividade nese intre. Ademais, a inspección farase constar no libro de rexistro de visitas, que será facilitado polo Concello e a persoa titular da actividade deberá gardalo e polo a disposición do persoal inspector competente cando así llo soliciten en cada visita.

33.2. No caso de que o comparecente se negase a asinar a acta ou a recibir a mostra contraditoria, o inspector farao constar así, autorizando a acta coa súa sinatura e entregando unha copia ao interesado, deixando igualmente constancia no caso de que este se negara a recibila. Asemade, o inspector entregará ao titular do vertido unha copia da acta finalmente elaborada e asinada.

33.3. Os feitos constatados nas actas terán valor probatorio, cos efectos previstos na vixente normativa xeral de procedemento administrativo.

33.4. No caso de que o levantamento ou sinatura da acta se produzan sen a presenza do titular ou representante do establecemento produtor do vertido, notificaráselle o documento ao titular do vertido aos efectos de que poidan presentar cantas alegacións e probas consideren convenientes no prazo de dez días.

Artigo 34.–Toma de mostras.

34.1. A toma de mostras de augas residuais levarase a cabo en calquera momento e sen previo aviso, de acordo co seguinte procedemento e atendendo a todos os aspectos que podan influír na representatividade da mostra.

a) Punto de toma de mostras. A mostra tomarase na arqueta de rexistro, se existe, ou no seu defecto no último punto accesible de saída das augas residuais das instalacións de produción ou tratamento, previo á incorporación ás redes de saneamento e a calquera dilución que poida existir.

b) Preparación da mostra. Para a obtención da mostra tomarase nun recipiente unha cantidade de efluente suficiente para poder dividila en tres submostras (mostra inicial, mostra xemelga e mostra dirimente) en senllos recipientes de material axeitado ás determinacións analíticas que se vaian realizar. Os recipientes enxaugaranse previamente co mesmo efluente obxecto da mostraxe.

c) As tres alícuotas así obtidas precintaranse e identificaranse, quedando dúas en poder do inspector, a primeira para efectuar as determinacións analíticas e a segunda para a práctica dunha eventual análise dirimente. A terceira alícuota ofrecerase ao interesado, aos efectos de que poida proceder, se o estima oportuno, á práctica da análise contraditoria.

d) Cando o Concello o considere conveniente para obter unha maior información sobre os vertidos, en especial en situacións de oscilacións fortes na composición dos mesmos, os controis efectuaranse sobre mostras compostas. As mostras compostas obteranse pola mestura e homoxeneización de cinco mostras simples recollidas no mesmo punto e nun período de alomenos dúas horas, sendo o volume de cada mostra simple proporcional ó volume do caudal de vertido no instante da toma de mostras.

e) Poderá prescindirse da toma de mostras para determinar as súas características contaminantes cando se trate de vertidos de natureza inequivocamente doméstica ou gandeira que non dispoñan de tratamento e o persoal inspector así o faga constar expresamente na acta, indicando, no caso de vertidos gandeiros, a especie animal á que pertencen.

Artigo 35.–Práctica das análises.

35.1. Os métodos analíticos que se empregarán para a análise das augas residuais urbanas e industriais aos efectos desta ordenanza, serán os identificados no Standard Methods ou nas correspondentes normas UNE-EN-ISO.

35.2. Para a práctica da análise inicial e da contraditoria deberá entregarse ao laboratorio de que se trate a mostra correspondente, debidamente conservada a temperatura non superior a 6 graos centígrados, no prazo máximo de corenta e oito (48) horas dende a toma de mostras, aos efectos de iniciar o procedemento de análise nese prazo. Ademais, as mostras deberán ir convenientemente codificadas, sen levar en ningún caso identificación ou sinal algunha que permita determinar a súa orixe ou procedencia nin a identidade da instalación da que proceden.

35.3. As determinacións analíticas da mostra inicial e da contraditoria levaranse a cabo en laboratorios acreditados por ENAC baixo o marco da norma UNE-EN-ISO 17025.

35.4. O laboratorio ao que se encargara a práctica da análise inicial deberá entregar os resultados ao Concello, procedendo este a comunicalos ao interesado antes de trinta días contados dende a data da inspección.

35.5. A folla de resultados analíticos, tanto na análise inicial como na contraditoria, expresará en todo caso a data de recepción da mostra, de inicio e de remate da análise, así como os métodos analíticos empregados. No seu caso, farase constar igualmente o estado de conservación da mostra á súa chegada ao laboratorio.

35.6. A práctica da análise dirimente, a solicitude de calquera das partes, levarase a cabo nun laboratorio independente designado polo Concello para a realización deste ensaio. A entidade xestora comunicará ao interesado con antelación suficiente o lugar, data e hora onde se levará a cabo a análise dirimente, aos efectos de que o titular do vertido poida estar presente nas operacións, asistido, se o estima oportuno, acompañado de persoal técnico. En ningún caso se tomará en consideración a petición dunha análise dirimente transcorridos dous meses dende a data da toma de mostras.

35.7. Os gastos xerados pola práctica da análise contraditoria correrán sempre a cargo do interesado.

CAPÍTULO V.–RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 36.–Infraccións.

36.1. O Concello terá a capacidade de impoñer aos titulares conectados ás redes de saneamento as correspondentes sancións derivadas de infraccións cometidas por estes.

36.2. Terán a consideración de infraccións as accións e omisións que contraveñan o establecido na lei e na presente ordenanza.

36.3. As accións ou omisións que provocasen, directa ou indirectamente, afección á calidade das augas no dominio público hidráulico ou no dominio público marítimo-terrestre, serán constitutivas das infraccións que ao efecto prevé a vixente lexislación en materia de augas e costas e serán sancionados polos órganos administrativos que teñan atribuídas ditas competencias.

36.4. As infraccións clasificaranse en tres grupos para proceder ao correspondente réxime sancionador. Deste xeito, as infraccións disporanse en: leves, graves e moi graves.

36.5. Considéranse infraccións de carácter leve:

a) O vertido ao sistema de depuración ou de saneamento de augas residuais de natureza doméstica sen contar coa autorización correspondente, cando esta sexa necesaria, ou sen respectar as características das acometidas.

b) A construción e modificación de sumidoiros, acometidas ou conexións á rede, ou instalacións anexas a ésta, aínda sendo de propiedade particular, sen ter a licenza municipal de conexión aos sumidoiros, ou sen axustarse ás condicións sinaladas na licenza concedida ou ás disposicións desta ordenanza.

c) O incumprimento das condicións establecidas no permiso de vertido, sempre que non se causen danos ao sistema público de depuración ou de saneamento, ou ben cando estes danos non superen os 3.005,06 €.

d) As accións e omisións das que se deriven danos ou perdas para a integridade ou o funcionamento do sistema público de depuración ou de saneamento inferiores a 3.005,06 €.

e) A non execución das arquetas de control descritas no presente documento necesarias para a inspección por parte da Administración ou da entidade xestora. No caso de existir a arqueta, o desprecintado da mesma por persoal alleo ao Concello ou á administración hidráulica.

g) A desobediencia aos requirimentos do Concello en relación coa adecuación de vertidos ou instalacións ás condicións regulamentarias, e tamén en relación coa remisión de datos e informacións sobre as características do efluente ou as instalacións de tratamento.

f) Incumprimento de calquera prohibición establecida na presente ordenanza ou a omisión dos actos a que obriga, sempre que non estean considerados como infraccións graves ou moi graves.

36.6. Considéranse infraccións graves:

a) A obstrución á labor inspectora do Concello no acceso ás instalacións ou a negativa a facilitar a información requirida.

b) O vertido ao sistema de depuración ou de saneamento de augas residuais de natureza distinta á doméstica sen contar co permiso correspondente.

c) A realización de vertidos das substancias prohibidas relacionadas no anexo I desta ordenanza.

d) O incumprimento das condicións establecidas no permiso de vertido, sempre que se causen danos ao sistema público de depuración ou de saneamento superiores a 3.005,06 € e ata 15.025,30 €.

e) As accións e omisións das que se deriven danos ou perdas para a integridade ou o funcionamento do sistema público de depuración ou de saneamento superiores a 3.005,06 € e ata 15.025,30 €, xa sexan causadas maliciosamente ou por neglixencia.

f) A evacuación de vertidos sen tratamento previo, cando estes o requiran ou sen respectar as limitacións especificadas nesta ordenanza.

g) A ocultación ou falseamento de datos esixidos na solicitude de vertidos e determinantes para o outougamento do permiso de vertido.

h) A reincidencia na comisión de dúas ou máis infraccións leves no período dun ano.

i) A falta de comunicación das situacións de emerxencia ou perigo, ou o incumprimento das ordes da Administración derivadas de situacións de perigo ou emerxencia.

j) A non existencia das instalacións e equipos necesarios para a realización dos controis requiridos ou mantelos en condicións non operativas.

k) A resistencia ou demora na instalación de elementos correctores que fosen esixidos para o cumprimento da presente ordenanza.

l) A posta en funcionamento de aparellos ou instalacións prohibidos ou clausurados.

m) A posta en funcionamento de aparellos ou instalacións non autorizadas, ou diferentes ás aprobadas para o permiso de vertido, así como o desprecintado ou anulación dos que fosen colocados polo Concello.

n) O consentimento do titular dun vertido ó uso das súas instalacións por terceiros non autorizados polo Concello para verter.

36.7. Considéranse infraccións moi graves:

a) Calquera conduta indicada no apartado 2 da que se deriven danos ou perdas para o sistema de depuración ou de saneamento superiores a 15.025,30 €.

b) As infraccións cualificadas como graves no apartado 2 que por cantidade ou calidade do vertido deriven a existencia dun risco moi grave para a saúde das persoas, os recursos naturais ou o medio ambiente.

c) A reincidencia na comisión de duas ou máis infraccións graves no período dun ano.

d) O incumprimento das ordes de suspensión de vertidos non permitidos.

e) Evacuación de vertidos prohibidos nesta ordenanza ou en condicións diferentes ás permitidas sen autorización administrativa expresa.

Artigo 37.–Sancións.

37.1. A imposición de sancións e a esixencia de responsabilidades con arranxo a esta ordenanza realizarase mediante a instrución do correspondente expediente sancionador. A potestade sancionadora ven outorgada polo en base artigo 92 da Lei 9/2010, de 4 de novembro, de augas de Galicia.

37.2. As infraccións poderán dar lugar á imposición das seguintes sancións:

a) Multa.

b) Suspensión temporal do permiso de actividade.

c) Suspensión definitiva, total ou parcial do permiso de actividade.

37.3. As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas coas seguintes multas:

a) Infraccións leves: multa de ata 15.000 €.

b) Infraccións graves: multa dende 15.000,01 € ata 60.000 €.

c) Infraccións moi graves: multa dende 60.000,01 € ata 100.000 €.

O cálculo do custo das sancións, danos, fianzas e sobrecoste efectuarase segundo o establecido no anexo VI.

37.4. As sancións graduaranse en función da reincidencia do infractor, da súa intencionalidade, do beneficio obtido, da afección producida ao sistema de depuración ou de saneamento ou á calidade do medio receptor e do prexuízo ocasionado de interese xeral. En todo caso, para a graduación das sancións terase en conta ademais dos criterios relacionados, o principio de proporcionalidade consagrado no art. 131.2 LRXPAC.

37.5. Serán responsables as persoas físicas ou xurídicas que realicen os actos ou incumpran os deberes que constitúan a infracción, e nos casos de establecementos industriais ou comerciais, os titulares destes.

37.6. Para a gradación das multas a impoñer dentro dos límites mencionados teranse en conta os seguintes criterios, asegurándose a adecuación necesaria entre a gravidade do feito constitutivo da infracción e a sanción aplicada:

a) A existencia de intencionalidade ou reiteración.

b) A gravidade do feito constitutivo da infracción, considerando os danos e prexuízos producidos.

c) O risco obxectivo causado aos bens ou ás persoas.

d) A relevancia externa da conducta infractora.

e) A reincidencia, por ter cometido no prazo dun ano máis dunha infracción da mesma natureza, sempre que se teña declarado así por resolución firme.

37.7. Cando o beneficio que resultase dunha infracción das previstas na presente ordenanaza fose superior á sanción que corresponda, poderá incrementarse ésta na contía equivalente ó beneficio obtido.

37.8. Se a comisión da falta ocasionara danos ou perxuizos ás persoas, ós bens ou ó entorno medioambiental, éstes serán avaliados e o infractor, ademais da sanción que corresponda en función da gravidade da falta cometida, obrigarase a resarcir a contía económica dos mesmos aos particulares, ó Concello ou a outra administración no seu caso, a facilitar os medios para reparar convenientemente os danos ocasionados e a restablecer o equilibrio medioambiental.

37.9. Se o infractor non procedese a reparar o dano causado no prazo sinalado no expediente sancionador, o Concello procederá á imposición de multas sucesivas.

37.10. Cando os bens alterados non poidan ser repostos ó seu estado anterior o infractor deberá indemnizar os danos e perxuicios ocasionados. A valoración dos mesmos será levada a cabo polo Concello.

Artigo 38.–Órganos competentes.

38.1. O alcalde do Concello é a persoa competente para sancionar as infraccións leves e graves, sendo competencia do Pleno a sanción das infraccións moi graves.

38.2. En todo caso, corresponde a incoación dos expedientes ao alcalde ou, no seu caso e previa delegación, ao Concelleiro competente na materia.

38.3. Así e todo, o Concello, con independencia das actuacións contempladas neste artigo, podería instar a outros organismos competentes á incoación de expedientes ao abeiro da lexislación vixente.

38.4. No ámbito da Administración Hidráulica de Galicia a competencia será a que establece a Lei 9/2010, de augas de Galicia.

38.5. As administracións locais remitirán a Augas de Galicia ou, no seu caso, ao organismo de Conca competente por razón de territorio, copia das resolucións que recaian nos expedientes sancionadores que tramitaran.

Artigo 39.–Procedemento.

39.1. O procedemento para a tramitación dos expedientes será o previsto na vixente normativa xeral de procedemento administrativo común.

39.2. Serán sancionadas pola comisión de infraccións as persoas físicas e xurídicas que resulten responsables delas, aínda a título de mera inobservancia.

39.3. Con independencia da sanción que se lles impoña, os infractores serán obrigados a reparar o dano causado, podendo o Concello, se procede, exercitar as facultades de execución subsidiaria previstas na Lei.

39.4. Os prazos de prescrición das infraccións e das sancións serán os previstos na vixente normativa xeral de procedemento administrativo común.

39.5. O prazo para a resolución dos expedientes sancionadores será dun ano, que se contará dende a súa incoación.

39.6. Para a execución de determinados actos, poderán impoñerse multas coercitivas, nos termos previstos na LRXPAC.

Artigo 40.–Medidas cautelares.

40.1. Sen prexuízo da sanción que en cada caso proceda, o infractor deberá de reparar o dano causado. A reparación terá como obxecto a restauración dos bens alterados á situación anterior á infracción.

40.2. Cando o dano producido afecta ás infraestruturas de saneamento, a reparación será realizada polo Concello con cargo ao infractor. Entenderanse por infraestrutura de saneamento ás definidas no artigo 3 desta ordenanza.

40.3. Se o infractor non procedese a reparar o dano causado no prazo sinalado no expediente sancionador, o Concello poderá proceder á imposición de multas coercitivas sucesivas.

40.4. O órgano competente para incoar os expedientes poderá adoptar as medidas seguintes:

a) Ordenar a suspensión provisional dos traballos de execución de obras ou instalacións que contradigan as disposicións desta ordenanza ou sexan indebidamente realizados.

b) Requirir ao usuario para que, no prazo que se lle indique, introduza as medidas técnicas necesarias que garantan o cumprimento das prescricións desta ordenanza.

c) Ordenar ao usuario que, no prazo que se lle fixe, introduza nas obras ou instalacións realizadas as rectificacións precisas para axustalas ás condicións do permiso de vertido ou ás disposicións desta ordenanza.

d) Ordenar ao usuario que, no prazo que se lle indique, proceda á reparación e reposición das obras e instalacións ao seu estado anterior e á demolición do que fora indebidamente construído ou instalado.

e) Impedir os usos indebidos das instalacións para o que non se teña obtido permiso, ou cando non se axusten ao seu contido ou ás disposicións desta ordenanza.

f) Ordenar a clausura ou precintado das instalacións de vertido en caso de que non sexa posible tecnicamente ou economicamente evitar o dano mediante as oportunas medidas correctoras.

40.5. As medidas relacionadas no apartado anterior poden ser adoptadas, con carácter de cautelares e a reserva da resolución definitiva que se adopte no expediente, simultaneamente á incoación do procedemento sancionador, ou ben en calquera momento da súa instrución, e poden manterse de xeito continuado.

Artigo 41.–Valoración de danos.

41.1. Cando os bens alterados non se podan restablecer ao seu estado anterior, o infractor deberá de indemnizar os danos e prexuízos ocasionados. A valoración destes bens farase a cargo do Concello.

41.2. A valoración dos danos ás obras hidráulicas aos efectos da aplicación do réxime sancionador a que se refire o presente capítulo determinarase en función dos gastos de explotación e, no seu caso, de reposición de aquelas.

41.3. O danos ás obras hidráulicas que conforman os sistemas de depuración e de saneamento calcularanse en €/día, como resultado da ponderación do custo diario de explotación das instalacións públicas afectadas en relación co caudal e carga contaminante do vertido de que se trate.

41.4. Os servizos competentes do Concello determinarán, de acordo cos orzamentos aprobados ao efecto e as correspondentes certificacións, os gastos de explotación repercutibles ao responsable do vertido de que se trate.

41.5. A valoración de danos que servirá de base para a cualificación da infracción, para a cuantificación da sanción e, no seu caso, da indemnización que deba impoñerse, resultará do cálculo a que se refire o apartado segundo multiplicado polo número de días que se considere que o vertido se mantivo en situación irregular.

41.6. Aos efectos do disposto no apartado anterior, computaranse os gastos correspondentes a todo o período no que a instalación pública de saneamento ou de depuración de augas residuais quedara afectada polo vertido irregular, aínda que este fora de carácter puntual. En calquera caso, considerarase que o vertido irregular mantense durante, ao menos, un día.

41.7. Nos supostos de vertidos que non dispoñan de tratamento e que deriven dunha actividade non ocasional presumirase, salvo proba do contrario, que a calidade deles se mantén indefinidamente.

41.8. Así mesmo presumirase o mantemento da calidade do vertido durante o período que medie entre dous ou máis tomas de mostras consecutivas cuxos resultados amosen incumprimentos da normativa vixente ou dos límites impostos no correspondente permiso.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

En todo o non previsto na presente ordenanza será de aplicación supletoria a normativa estatal e autonómica en materia de vertidos.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

No suposto de que se produza a modificación normativa a que se refire o artigo 13, procederase a actualizar e modificar o contido dos anexos I e II, respectivamente, da presente Ordenanza.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA

O establecido na presente ordenanza enténdese sen prexuízo das actuacións que correspondan a outros organismos da Administración dentro das súas respectivas competencias.

DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA

Respectando o marco xurídico existente, o Concello poderá delegar no ente xestor da rede de sumidoiros aquelas actividades que considere oportunas coa fin de facilitar e simplifica-la xestión da presente ordenanza.

Mediante a correspondente Ordenanza fiscal municipal, os titulares de vertidos de augas residuais satisfarán o réxime económico da prestación do servicio da rede de sumidoiros.

A presente Ordenanza será de aplicación unha vez obteña a súa aprobación definitiva polo Concello e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

Para as actividades existentes, con anterioridade á aprobación desta ordenanza, ás cales lles sexa esixible o permiso de vertido municipal segundo o regulado na presente ordenanza, deberán solicitar, se carecen del, o permiso de vertido perante o Concello no prazo de dous anos a partir da súa entrada en vigor, co obxecto de regularizar a súa situación administrativa.

As actividades que están a renovar o permiso de vertido municipal e este non esté resolto seralle de aplicación esta ordenanza de forma inmediata.

ANEXOS

ANEXO I.–VERTIDOS PROHIBIDOS

1. Substancias prohibidas:

a) Materias sólidas ou viscosas en cantidades ou tamaños tales que, por si soas ou por integración con outras, produzan obstrucións ou sedimentos que impidan o correcto funcionamento do sistema ou dificulten os traballos da súa conservación ou mantemento. Inclúense os seguintes: graxas, tripas, tecidos animais, estercos, osos, pelos, peles, carnazas, entrañas, sangue, plumas, cinzas, escoiras, areas, cal apagada, residuos de formigóns, caleas de cemento, aglomérante hidráulicos, fragmentos de pedras, mármore, metais, vidro, palla, labras, recortes de céspede, trapos, lúpulos, sobrantes de papel, madeiras, plásticos, alcatrán, así como residuos e produtos alcatranados procedentes de operacións de refino e destilación, residuos asfálticos e de procesos de combustión, aceites lubricantes usados (minerais ou sintéticos), incluíndo auga-aceite, emulsións, axentes espumantes, e, en xeral, todos aqueles sólidos de calquera procedencia con tamaño superior a 1,5 centímetros en calquera das súas tres dimensións.

b) Materiais colorantes: Entenderase por materiais colorantes aqueles sólidos, líquidos ou gases tales como: tintas, vernices, lacas, pinturas, pigmentos, e demais produtos afíns, que incorporados ás augas residuais coloréanas de tal xeito que non se poden eliminar con ningún dos procedementos de tratamento usuais empregados na Estación Depuradora.

c) Mesturas explosivas Entenderse como tales, aqueles sólidos, líquidos, gases ou vapores que por razón da súa natureza ou cantidade sexan ou poidan ser suficientes por si mesmos ou en presenza doutras substancias, de provocar ignicións ou explosións. En ningún momento, medicións sucesivas efectuadas con un explosímetro no punto de descarga do vertido á rede xeral, deberán indicar valores superiores ao 5% do límite inferior de explosividade, así como unha medida realizada de forma illada non deberá superar nun 10% ao citado límite. Prohíbense expresamente: os gases procedentes de motores de explosión, petróleo e produtos intermedios de destilación, gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, tricloroetileno, aldehidos, cetonas, peróxidos, cloratos, percloratos, bromuros, carburos, hidruros, nitruros, sulfuros, disolventes orgánicos inmiscibles en auga e aceites volátiles.

d) Disolventes ou líquidos orgánicos inmiscibles en auga, combustibles ou inflamables.

e) Aceites e graxas flotantes.

f) Substancias sólidas potencialmente perigosas.

g) Materias que, por razón da súa natureza, propiedades ou cantidades, por se mesmas ou por integración con outras poidan orixinar:

1. Calquera tipo de molestia pública.

2. A formación de mesturas inflamables ou explosivas co aire.

3. A creación de atmosferas molestas, insalubres, tóxicas ou perigosas que impidan ou dificulten o traballo do persoal encargado da inspección, limpeza, mantemento ou funcionamento do sistema.

h) Materias que, por se mesmas ou a consecuencia de procesos ou reaccións que teñan lugar dentro da rede, teñan ou adquiran calquera propiedade corrosiva capaz de danar ou deteriorar os materiais do sistema reducindo a súa vida útil ou prexudicar ao persoal encargado da súa limpeza e conservación. Inclúense entre outros os seguintes: ácidos clorhídrico, nítrico, sulfúrico, carbónico, fórmico, acético, láctico, butírico, lixivias de sosa ou potasa, hidróxido amónico, carbonato sódico, augas de moi alta salinidade, e gases como sulfuro de hidróxeno, cloro, fluoruro de hidróxeno, dióxido de carbono, dióxido de xofre, e, en xeral, todas aquelas substancias que reaccionando coa auga dean lugar a solucións corrosivas como sulfatos, cloruros, etc.

i) Residuos de natureza radioactiva.

j) Elementos procedentes da limpeza de fosas sépticas.

k) Residuos industriais ou comerciais que, polas súas concentracións ou características tóxicas ou perigosas, requiran un tratamento específico ou un control periódico dos seus efectos nocivos potenciais.

l) Os que por se mesmos ou a consecuencia de transformacións químicas ou biolóxicas que se poidan producir na rede de sumidoiros, dean lugar a concentracións de gases nocivos na atmosfera da rede de sumidoiros superiores aos seguintes límites:

• Dióxido de carbono: 15.000 ppm.

• Dióxido de xofre: 5 ppm.

• Monóxido de carbono: 25 ppm.

• Cloro: 1 ppm.

• Ácido sulfhídrico: 10 ppm.

• Ácido cianhídrico: 4,5 ppm.

m) Residuos sanitarios definidos na vixente normativa nesta materia.

n) Residuos procedentes de sistemas de pretratamento e de tratamento de augas residuais.

o) Residuos de orixe pecuario.

p) Residuos que polas súas concentración ou características tóxicas ou perigosas requiran un tratamento específico ou control periódico dos seus efectos nocivos potenciais, e en especial os regulados na lexislación de Residuos Tóxicos e Perigosos, os residuos líquidos ou augas residuais que conteñan PCB (policlorobifenilos) ou PCT (policloroterfenilos).

2. Substancias non admitidas:

a) En xeral, son aquelas substancias que poidan perturbar a boa marcha das instalacións da rede e de depuración de augas residuais, inhibindo ou dificultando o proceso biolóxico de depuración.

b) Pódense resumir como tales aquelas comprendidas nas seguintes disposicións:

• Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados

• Real Decreto 60/2011, do 21 de xaneiro, sobre as normas de calidade ambiental no ámbito da política de augas.

c) Dos cales dáse unha relación non exhaustiva na seguinte listaxe:

1.–Acenafteno

2.–Acrilonitrilo

3.–Acroleína (Acrolín)

4.–Aldrina (Aldrín)

5.–Antimonio e compostos

6.–Asbestos

7.–Benceno

8.–Bencidina

9.–Berilio e compostos

10.–Carbono, tetracloruro

11.–Clordán (Chlordane)

12.–Crurobenceno

13.–Cloroetano

14.–Clorofenois

15.–Cloroformo

16.–Cloronaftaleno

17.–Cobalto e compostos

18.–Dibenzofuranos policlorados

19.–Diclorodifeniltricloroetano e metabolitos (DDT)

20.–Diclorobencenos

21.–Diclorobencidina

22.–Dicloroetilenos

23.–2.4-Diclorofenol

24.–Dicloropropano

25.–Dicloropropeno

26.–Dieldrina (Dieldrín)

27.–2.4-Dimetilfenoles ou Xilenoles

28.–Dinitrotolueno

29.–Endosulfán e metabolitos

30.–Endrina (Endrín) e metabolitos

31.–Éteres haloxenados

32.–Etilbenceno

33.–Fluoranteno

34.–Ftalatos de éteres

35.–Halometanos

36.–Heptacloro e metabolitos

37.–Hexaclorobenceno (HCB)

38.–Hexaclorobutadieno (HCBD)

39.–Hexaclorocicloexano (HTB, HCCH, HCH, HBT)

40.–Hexaclorociclopentadieno

41.–Hidrazobenceno (Diphenylhidrazine)

42.–Hidrocarburos aromáticos polinucleares (PAH)

43.–Isoforona (Isophorone)

44.–Molibdeno e compostos

45.–Naftaleno

46.–Nitrobenceno

47.–Nitrosaminas

48.–Pentaclorofenol (PCP)

49.–Policlorado, bifenilos (PCB’s)

50.–Policlorado, trifenilos (PCT’s)

51.–2, 3, 7, 8-Tetraclorodibenzo-p-dioxina (TCDD)

52.–Tetracloroetileno

53.–Talio e compostos

54.–Teluro e compostos

55.–Tetracloruro de carbono

56.–Titanio e compostos

57.–Tolueno

58.–Toxafeno

59.–Tricloroetileno

60.–Uranio e compostos

61.–Vanadio e compostos

62.–Vinilo, cloruro de

63.–As substancias químicas de laboratorio e compostos farmacéuticos ou veterinarios novos, identificables ou non, e dos que os seus efectos poidan supoñer risco para o medio natural ou a saúde humana.

d) A anterior listado non debe considerarse exhaustivo, podendo ser revisado e ampliado de acordo coas circunstancias do desenvolvemento do plan de saneamento.

ANEXO II.–VERTIDOS LIMITADOS

PARÁMETRO VALORES LÍMITE UNIDADES

pH 5.5 - 9

Temperatura <30 º C

Color Inapreciable en dilución 1/20

Sólidos en suspensión 300 mg/L

Sólidos sedimentables 10 mg/L

Conductividade (25º C) 5000 µS/cm

DBO5 500 mg O2/L

DQO 800 mg O2/L

Aceites e graxas 50 mg/L

Deterxentes 6 mg/L

Fenois 0.5 mg/L

Pesticidas 0.1 mg/L

Praguicidas totais 0.1 mg/L

1,2 Dicloroetano 0.4 mg/L

Aldehídos 2 mg/L

AOX 2 mg/L

BTEX 5 mg/L

Hidrocarburos 15 mg/L

HPA 0.2 mg/L

Materia inhibidoras 20 equitox

Nonilfenol 1 mg/L

Percloroetileno 0.4 mg/L

Triacinas totais 0.3 mg/L

Tributilestaño 0.1 mg/L

Triclorobenceno 0.2 mg/L

Cianuros 0.1 mg/L

Fósforo total 20 mg/L

Fosfatos 60 mg/L

Fluoruros 10 mg/L

Cloruros 2000 mg/L

Nitróxeno total 30 mg/L

Nitratos 20 mg/L

Nitróxeno amoniacal 25 mg/L

Sulfatos 400 mg/L

Sulfuros 1 mg/L

Sulfuros disoltos 0.3 mg/L

Sulfitos 2 mg/L

Aluminio 5 mg/L

Arsénico 0.3 mg/L

Bario 10 mg/L

Boro 3 mg/L

Bromo 1 mg/L

Cadmio 0.05 mg/L

Chumbo 0.1 mg/L

Cobalto 500 mg/L

Cobre 3 mg/L

Cromo total 2 mg/L

Cromo VI 0.2 mg/L

Estaño 2 mg/L

Ferro 10 mg/L

Magnesio 10 mg/L

Manganeso 1 mg/L

Mercurio 0.01 mg/L

Molibdeno 0.02 mg/L

Níquel 1 mg/L

Potasio 12 mg/L

Prata 0.1 mg/L

Selenio 0.1 mg/L

Sodio 200 mg/L

Titanio 0.5 mg/L

Zinc 2 mg/L

ANEXO III.–SOLICITUDE DE PERMISO DE VERTIDO AO SISTEMA

1. Solicitude: nome, domicilio social, dirección do establecemento, teléfono, distrito postal, localidade, NIF, caudais de vertido en m3/ano e m3/día, identificación do sistema de saneamento ao que se pretende verter.

2. Xunto aos datos de identificación, exporanse de xeito detallado as características do vertido, en especial:

a) CNAE(s).

b) Clasificación da actividade segundo o Regulamento do dominio público hidráulico.

c) Descrición do proceso produtivo que xera o vertido.

d) Volume de auga consumida ou a consumir, especificando a(s) fonte(s) de subministro.

e) Características da contaminación das augas xeradas antes e despois do tratamento.

f) Variacións estacionais no volume e/ou características de contaminación das augas residuais vertidas.

g) Plano da rede de recollida de augas residuais e punto(s) de conexión aos sumidoiros, indicando a localización das arquetas de control.

3. Proxecto técnico das obras:

a) Antecedentes:

o Obxecto: obtención do permiso de vertido ou a súa revisión (neste último caso, axuntarase copia do permiso vixente).

o Características da localización e emprazamento da actividade.

o Punto de conexión ao sistema de saneamento.

b) Memoria descritiva:

o Datos de produción: actividade desenvolvida, materias primas empregadas e produtos resultantes expresados en tn./ano.

o Procesos industriais.

o Balance de augas: fontes de abastecemento, título concesional, volume abastecido e a súa distribución no proceso industrial, volume de vertido.

o Características do efluente: informe analítico de cada punto de vertido.

c) Memoria técnica das instalacións de tratamento:

o Sistemas e unidades de tratamento: descrición do sistema de tratamento existente, con cálculos hidráulicos do dimensionamento (volumes, cargas hidráulicas, tempos de retención) e xustificación de operacións unitarias e procesos; descrición detallada de equipos instalados, potencias de bombeo, materiais de construción; medidas de seguridade para evitar vertidos accidentais, instrumentos de control propostos, proposta de seguimento e control da calidade do efluente, produción, cantidade e destino dos residuos xerados.

o Planos: situación dentro do Concello (1:50.000); situación xeral do establecemento (1:5.000); detalle do establecemento (1:1.000); planta e alzado do sistema de depuración (1:100).

o No caso de que as instalacións de tratamento ocupan propiedades de terceiros, deberase acompañar autorización expresa do titular do terreo.

d) Cando o exercicio da actividade comporte a utilización de tanques de almacenamento enterrados, deberase presentar un estudio de avaliación dos efectos medioambientais que incluirá a avaliación das condicións hidroxeolóxicas da zona afectada, do eventual poder autodepurador de chan e subsolo, e dos riscos de contaminación. Tamén se fará constar a eventual proximidade de captacións de auga, así como as precaucións técnicas adoptadas para evitar a percolación e a infiltración de hidrocarburos.

e) Plan de emerxencia do sistema de acordo coa lexislación sectorial aplicable.

ANEXO IV.–CLASIFICACIÓN DE SECTORES INDUSTRIAIS

Clase

Grupo

Sector industrial

Clase 1

0

Servizos

1

Enerxía e auga

2

Metal

3

Alimentación

4

Conserveira

5

Confección

6

Madeira

7

Manufacturas diversas

Clase 2

8

Minaría

9

Química

10

Materiais de construción

11

Bebidas e tabaco

12

Aceites, carnes e lácteos

13

Téxtil

14

Papel

Clase 3

15

Curtidos

16

Tratamento de superficies

17

Zootecnia

ANEXO V.–CONTIDO DA ACTA DE INSPECCIÓN E OBRIGAS DA ENTIDADE XESTORA

1. As actas que documenten as actuacións inspectoras, indicadas no artigo 33 desta ordenanza, deberán incluír, como mínimo, a información seguinte:

a) Data, hora e número de inspección.

b) Identificación da entidade xestora do sistema e do persoal actuario.

c) Identificación e localización do suxeito pasivo da inspección, da actividade e dos sistemas de tratamento de que dispoña.

d) Ubicación e descrición do punto de toma de mostras, e do sistema en que se realiza o vertido, incluíndo, si procede, o nome da EDAR.

e) Caudal do vertido (medido ou estimado), tipo de mostra (puntual ou integrada), e descrición dos parámetros a analizar.

f) Funcións realizadas e resultado das mesmas.

g) Obrigas formais: constancia ou non de sinatura do interesado, da súa aceptación ou rexeitamento da mostra xemelga, e do libramento de copia da acta.

h) Resumo do historial dos vertidos dende a última inspección, consignando o xuízo sobre se a empresa mantén baixo un control eficaz a descarga dos seus vertidos.

i) Modificacións introducidas e medidas adoptadas pola industria para corrixir as eventuais deficiencias sinaladas pola inspección en visitas anteriores, cunha valoración da eficacia destas.

j) Detalle das posibles anomalías detectadas na inspección, e cantas observacións adicionais se estimen oportunas.

2. A entidade xestora conservará copia destas dilixencias e dos seus resultados analíticos, estando esta información a disposición de Augas de Galicia.

ANEXO VI.–CÁLCULO DO CUSTO A EFECTOS DE SANCIÓNS, DANOS, FIANZAS E SOBRECUSTO. VALORACIÓN ECONÓMICA DOS PARÁMETROS

FÓRMULA APLICADA:

X = (Resultado Analítico – Límite do Regulamento) x Prezo segundo táboa x Factor da táboa x Coeficiente de valoración da contaminación x Coeficiente de reducción por caudal

X= Valoración económica en €.

Coeficiente de valoración da contaminación = pendente da recta = 15,456

Coeficiente de reducción por caudal:

• Caudais superiores a 165 m3/día sen redución

• Caudais comprendidos entre 165 m3/día e 16,6 m3/día redución do 50%

• Caudais inferiores a 16,5 m3/día redución do 75%

Parámetro (1) Valor límite Precio Factor

pH *

1,2 Dicloroetano 0,40 0,0045 12,5

Aceites e graxas 50 0,00045 1

Aldehídos 2 0,0045 1,25

Aluminio 5 0,0045 1

Amoníaco 30 0,0045 1

AOX (2) 2 0,0045 1,25

Arsénico 0,3 0,0045 12,5

Bario 10 0,0045 1,25

Boro 3 0,0045 1,25

BTEX (3) 5 0,0045 12,5

Cadmio 0,05 0,0045 12,5

Chumbo 0,10 0,0045 12,5

Cianuros totales 0,10 0,0045 12,5

Cloruros 2.000 0,00022 1

Cobre 3 0,0045 12,5

Conductividade eléctrica (25º C) 5.000 0,000003 10

Cromo hexavalente 0,2 0,0045 12,5

Cromo total 2 0,0045 12,5

DBO5 500 0,00030 1

DQO 800 0,00030 1

Deterxentes aniónicos 6 0,0045 1,25

Dióxido de xofre 5 0,0045 1

Estaño 2 0,0045 1,25

Fenois totais 0,5 0,0045 1,25

Ferro 3 0,0045 1,25

Fluoruros 10 0,0045 1

Fósforo total 20 0,0045 1

Hidrocarburos 15 0,0045 1

Hidrocarburos aromáticos policíclicos 0,20 0,0045 12,5

Manganeso 1 0,0045 1,25

Materias inhibidoras 20 0,0045 1

Mercurio 0,01 0,0045 12,5

Níquel 1 0,0045 1,25

Nitratos 20 0,0045 1

Nitróxeno amoniacal 25 0,0045 1

Nitróxeno total Kjeldahl 30 0,0045 1

Nonilfenol 1 0,0045 12,5

Percloroetileno 0,40 0,0045 12,5

Pesticidas 0,10 0,0045 12,5

Praguicidas totais 0,10 0,0045 12,5

Selenio 0,10 0,0045 12,5

Solidos en suspensión 300 0,00022 1

Sulfatos 400 0,00045 1

Sulfhídrico 10 0,0045 12,5

Sulfuros disoltos 0,30 0,0045 12,5

Sulfuros totais 1 0,0045 12,5

Temperatura 30 0,0045 1

Triacinas totais 0,30 0,0045 12,5

Tributilestaño 0,10 0,0045 12,5

Triclorobenceno 0,20 0,0045 12,5

Zinc 2 0,0045 1,25

1. Segundo o establecido no Regulamento de dominio público hidráulico.

* VALORACIÓN POR INCUMPRIMENTO EN pH:

• Intervalo de pH permitido: entre 6 e 10 u pH (unidades de pH).

• Incumprimentos:

• Franxa de pH comprendidos entre 3-6 e 10-13, valoraranse con 0,015 € por cada 0,10 u pH de incumprimento.

• Franxa de pH comprendidos entre 0-3 e 13-14, valoraranse con 0,030 € por cada 0,10 u pH de incumprimento.”

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón que será de aplicación unha vez obteña a súa aprobación definitiva polo Concello e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

“…..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el “Boletín Oficial” de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales.....” (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: “El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.”