Touro - REGULAMENTO DE VERTEDURAS Á REDE DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE TOURO
TÍTULO I.-DEFINICIONS E CONCEPTOS
Artigo 1.º.-Obxecto e finalidade.
1.-O presente regulamento establece as condicións ás que deberá axustarse o uso da rede municipal de saneamento ou de sumidoiros públicos e das súas instalacións complementarias, colectores e estacións depuradoras de augas residuais (EDAR¿s) do Concello, fixando as prescripcións ás que deben someterse as verteduras de augas a esa rede, tanto residuais como pluviais.
Igualmente regula as facultades de control e inspección sobre os vertidos ás redes de sumidoiros propias de dito Servizo, por parte do Concello, de forma estable e permanente, que se prestará ben directamente ou a través de empresa allea.
Quedan, por conseguinte, sometidas aos seus preceptos todas as verteduras de augas residuais e pluviais, directos e indirectos tanto de natureza doméstica como industrial, que efectúen os usuarios actuais e futuros, ás conduccións de saneamento e colectores que se integren ou vertan na rede pública do Concello, desde edificios, industrias ou explotacións.
2.-Son finalidades deste regulamento:
a) Regular o uso e control dos sistemas públicos de saneamento para garantir o seu correcto funcionamento, así como o réxime de autorizacións municipais á que deben someterse os diferentes usuarios.
b) Preservar aos bens ambientais das augas residuais que reciban, mediante a utilización de tratamentos axeitados para mellorar os obxectivos de calidade asignados a cada un destes medios e eliminar daquelas os efectos prexudiciais, insalubres ou nocivos e previr os sistemas de depuración de augas residuais da entrada de substancias prohibidas ou non tratables, con concentracións contaminantes superiores á capacidade de tratamento e aquelas que teñan un efecto prexudicial para estes sistemas.
c) Protexela seguridade e salubridade pública e das instalacións da rede de sumidoiros.
d) Establecer un réxime sancionador adecuado para o caso de incumprimento deste regulamento, sen prexuízo das disposicións da lexislación sectorial específica en función do ben obxecto de protección.
Artigo 2.º.-Definicións.
Aos efectos desde regulamento, entenderase por:
● Por VERQUIDOS RESIDUAIS: toda materia residual sólida, líquida ou gasosa, incluídas as augas de refrixeración, resultante dunha actividade manufactureira ou industrial, ou de desenrolo, recuperación ou procesamento de recursos naturais.
● Por ACTIVIDADE INDUSTRIAL: calquera establecemento ou instalación que efectúe vertidos industriais ás instalacións de sumidoiros e saneamento.
● Por AUGAS RESIDUAIS: as augas utilizadas que, procedentes de vivendas e instalacións comerciais, industrias, sanitarias, comunitarias ou públicas, son admitidas nas instalacións públicas de sumidoiros e saneamento.
● Por AUGAS RESIDUAIS DOMÉSTICAS: as que están formadas polos restos líquidos procedentes da preparación, cocción e manipulación de alimentos, así como excrementos humanos ou materias semellantes vertidas a través das instalacións sanitarias das vivendas, ou calquera outra instalación mencionada no parágrafo anterior.
● Por AUGAS RESIDUAIS INDUSTRIAIS: as procedentes das instalacións xa mencionadas e que son debidas ós procesos propios da actividade do establecemento, comportando presencia de restos, como consecuencia dos mesmos, e, en xeral, diferentes dos mencionados no parágrafo anterior.
● Por AUGAS INDUSTRIAIS NON CONTAMINADAS: as procedentes das instalacións xa mencionadas, que foron utilizadas unicamente para refrixeración de máquinas ou que foron depuradas e cumpran en ámbolos casos co presente regulamento.
● Por AUGAS PLUVIAIS: as producidas simultaneamente ou inmediatamente a continuación de calquera forma de precipitación natural e como resultado da mesma.
● Por REDE DE SUMIDOIROS: o conxunto de conductos e instalacións que, no subsolo do municipio, serven para a evacuación de augas residuais e pluviais.
● Por SUMIDOIRO PUBLICO: todo conxunto subterráneo construído ou aceptado polo Concello para Servizo xeral dos seus territorios ou parte dos mesmos, dos que a súa limpeza e conservación perténcenlle ao Concello ou, por adxudicación do mesmo, á empresa adxudicataria.
● Por ACOMETIDA: aquel conducto subterráneo, colocado transversalmente á vía pública, que serva para conducir as augas residuais ou pluviais dende un edificio a un sumidoiro público.
● Por EMBORNAL: toda instalación composta de boca e dispositivo de caída e conducción ata a rede de sumidoiros, destinado a recoller e conducir á rede de sumidoiros públicos as augas superficiais de escorrentas dunha vía pública.
● Por INFORME DE VERQUIDO: o informe obrigatorio que deberá emitilo Servizo, en tódalas solicitudes de conexión á rede de sumidoiros.
● Por PERMISO DE VERTEDURA: a autorización expedida pola Administración para poder efectuala acometida particularaosumidoiro público.
● Por ESTACION DEPURADORA: aquela instalación na que se someten as augas residuais a un tratamento de depuración física, biolóxica ou química, tal que permita a súa posterior reutilización para diversos fins ou a súa reincorporación ao medio natural.
● Por VERQUIDOS PERIGOSOS: todo vertido non fortuíto, voluntario ou involuntario, que pola súa neglixencia ou mala fe poida ocasionar unha emerxencia real ou potencial a persoas, instalacións ou ao propio cauce receptor.
● Por VERQUIDOS PERMITIDOS: calquera vertido tolerable ou inofensivo que teña concedida a correspondente autorización de vertido.
● Por VERQUIDOS PROHIBIDOS: aqueles vertidos que pola súa natureza e perigosidade son totalmente inadmisibles nas instalacións de sumidoiros e depuración, ou aqueles que excedan dos parámetros establecidos no artigo 7.º deste regulamento.
● Por USUARIO: aquela persoa física ou xurídica que solicite e á que se lle conceda a perceptiva licencia municipal para vertidos de augas residuais á rede de sumidoiros.
● Por USUARIOS DOMÉSTICOS: aqueles que verten augas residuais domésticas.
● Por USUARIOS NON DOMÉSTICOS: aqueles que verten augas residuais non domésticas.
● Por REDES UNITARIAS: aquelas que constan dunha soa canalización pola que en tempo seco circulan augas residuais urbanas e en tempo de chuvia asume tamén a función de drenar as augas pluviais, provocándose unha mestura de ambos os tipos de augas.
● Por REDES SEPARATIVAS: aquelas que constan de dúas canalizacións independentes; unha delas transporta as augas residuais de orixe doméstica, comercial ou industrial ata a estación depuradora, e a outra conduce as augas pluviais ata o medio receptor, ou ata un posible sistema de tratamento previo á súa vertedura.
Artigo 3.º.-Utilización do sistema público de saneamento.
1. 0 Concello e o responsable da administración e explotación dos servizos á que se refire este regulamento.
2. Para a conexión dun novo usuario ao sistema público de saneamento é necesario que a rede local de sumidoiros se atope en sevizo e que a vertedora do usuario cumpra as condicións establecidas neste regulamento.
3. As verteduras de augas residuais non domésticas nos sistema de saneamento ou nos sistemas de depuración, serán obxecto do tratamento previo necesario.
4. A administración desenvolverá accións para a paulatina substitución de redes unitarias por redes separativas sempre que sexa posible, garantindo a calidade da auga pluvial na vertedura ao medio receptor ou na súa reutilización, ben mediante a aplicación de técnicas de drenaxe urbana sustentable en orixe ou ben estruturais.
5. Nos casos en que resulte imposible a separación das redes aplicaranse as técnicas de drenaxe urbana sustentable en orixe para minimizar a entrada da auga pluvial nos sistemas de saneamento, así como as técnicas de drenaxe urbana sustentable estruturais para garantir a xestión eficaz do volume de auga resultante tanto na rede como na estación depuradora de augas residuais (EDAR), así como para garantir a calidade do efluente vertido ao medio receptor.
6. Tanto nos supostos de redes separativas como unitarias deberase garantir a compatibilidade das verteduras ao medio receptor coa lexislación vixente, de xeito que se asegure a capacidade do medio para recibir estes efluentes, tanto desde o punto de vista cualitativo coma cuantitativo. As verteduras ao medio realizaranse a través das estacións depuradoras, desaugadoiros ou outros elementos que formen parte da rede, os cales deberán estar perfectamente identificados.
Artigo 4.º.-Requisitos da conexión ao sistema.
Sen prexuízo do establecido no presente regulamento, a construcción de calquera elemento da rede de sumidoiros, acometidas, embornais, etc., axustarase ao disposto polo Regulameto do servizo de sumidoiros e pola normativa urbanística do Concello así como ás normas tecnolóxicas da edificación (NTE-ISS).
A entidade xestora do sistema de saneamento debe establecer os requisitos e as características das conexións ao sistema, respectando o seguinte contido mínimo:
a) Planos da rede de desaugadoiros do interior do edificio en planta e alzado, a escala adecuada, detallando expresamente os sifóns xerais e a ventilación aérea.
b) Descrición das disposicións e dimensións adecuadas para un correcto desaugamento, especificando o material, o diámetro e a pendente lonxitudinal.
c) Instalación dun sifón xeral ou sistema semellante en cada edificio para evitar o paso de gases. Entre a acometida da condución e o sifón xeral do edificio disporase dunha tubaxe de ventilación, sen sifón nin peche.
d) Toda instalación que verta augas residuais non domésticas deberá localizar, antes da conexión ao sistema e en todas e cada unha das conexións que posúa, unha arqueta de rexistro, se é posible fóra do recinto fabril, e en todo caso libre de calquera obstáculo e accesible en todo momento aos servizos técnicos competentes para a obtención de mostras e medición de caudais.
e) Na dita arqueta deberá dispoñerse, cando o permiso de vertedura así o estableza, dun elemento de medida cun rexistro totalizador e instantáneo para a determinación exacta do caudal do efluente vertido. Cando os volumes de auga consumida e os volumes de auga vertida sexan aproximadamente os mesmos, a medición da lectura do caudal de auga de abastecemento poderá utilizarse como medida do caudal vertido sempre que o sistema de medida de auga consumida permita obter caudais instantáneos.
f) Os establecementos non domésticos deberán unificar as verteduras xeradas nos distintos procesos produtivos minimizando na medida do posible, sempre que sexa tecnicamente e economicamente viable, o número de puntos de conexión a colectores. No caso das augas pluviais, deberán aplicarse as oportunas técnicas de drenaxe urbana sustentable, de acordo coas Instrucións técnicas para obras hidráulicas.
g) Os usuarios domésticos, públicos ou privados, tamén velarán polo cumprimento do contido do punto anterior, coas excepcións igualmente antes establecidas, debidamente xustificadas e motivadas.
h) As obras de conexión ao sistema público de saneamento estarán suxeitas ás prescri- cións da normativa urbanística que resulte aplicable.
i) Todos os gastos derivados das actuacións de conexión ao sistema, así como os da súa conservación e mantemento, serán por conta da persoa usuaria, que é a responsable do seu mantemento, salvo que as ordenanzas municipais establezan un mandato distinto.
j) Os criterios, metodoloxía, materiais, tipo de acometida e a súa execución deberán contar previamente coa autorización da entidade xestora da instalación receptora da vertedura.
k) As ordenanzas e regulamentos municipais relativos ao servizo de saneamento de- berán establecer, ademais do resto de condicións aplicables, a distancia máxima entre o produtor da vertedura e a rede de sumidoiros a partir da cal resulta obrigatoria a recepción do servizo por parte daquel. Subsidiariamente, establécese unha distancia de cincuenta metros.
l) As persoas usuarias que non queden suxeitas á obriga prevista na línea anterior deberán dispoñer dun sistema propio de tratamento das augas residuais e, de ser o caso, da correspondente autorización de vertedura outorgada polo organismo de bacía competente en razón do territorio.
TÍTULO II.-DESCARGA DE VERQUIDOS LÍQUIDOS RESIDUAIS
CAPÍTULO I.-DAS AUTORIZACIÓNS DE VERQUIDOS RESIDUAIS
Artigo 5.º.-Condicións previas para a conexión
1. Tódolos edificios, tanto de vivendas como industrias, locais comerciais, etc., que poidan ser autorizados para efectuar vertidos á rede xeral de sumidoiros, deberán cumplir las disposicións e normativa do presente regulamento.
2. Tódalas instalacións, tanto existentes como futuras, deberán conectar á rede de sumidoiros a través da correspondente acometida, co permiso de vertedura do Concello e previo informe emitido polo servizo.
3. Non se permitirán vertidos a ceo aberto, nin a sumidoiros alleos ao servizo, ni a eliminación de augas residuais por inxección ao subsolo.
4. Só xustificadamente poderán autorizarse vertidos a cauces públicos ou outros sistemas de eliminación dos mesmos, debendo axustarse en tal caso ao establecido na Lei de augas e normativa que resulte de aplicación.
5. Para a conexión dun novo usuario ao sistema público de saneamento é necesario que a rede local de sumidoiros se atope en servizo e que a vertedura do usuario cumpra as condicións establecidas neste regulamento.
6. De conformidade co Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto Lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, as verteduras de augas residuais non domésticas nos sistemas de saneamento ou nos sistemas de depuración serán obxecto do tratamento previo que sexa necesario para garantir que as verteduras das instalacións de tratamento non teñan efectos nocivos sobre o ambiente e non impidan que as augas receptoras cumpran os obxectivos de calidade da normativa vixente.
Artigo 6.º.-Solicitude do permiso de vertedura.
1. Os usuarios precisarán, para obtelo permiso de vertedura á rede de sumidoiros por parte do Concello un informe previo de vertido, que será emitido polo servizo técnico do Concello.
O servizo técnico do Concello estudará a documentación achegada polos usuarios non domésticos, para a concesión do permiso de vertedura, realizará unha visita ás instalacións e as análises que estime oportunas da composición da vertedura para comprobar que cumpre as condición impostas neste regulamento, con cargo ao peticionario e dará a súa aprobación ou denegación.
2. As instalacións responsables de calquera descarga de augas residuais non domésticas á rede de sumidoiros, deberán presentar, nas oficinas do Concello, a documentación á que se fai referencia no anexo n.º 1 deste regulamento, para a obtención do correspondente informe de vertido.
3. Antes da conexión a rede de sumidoiros, e en todas e cada unha das conexións que posua, deberá dispor unha arqueta de rexistro, se é posible fora do recinto da empresa, e en todo caso libre de calquer obstáculo e accesible en todo momento ós servizos técnicos competentes para a obtención de mostras e medición de caudais.
En dita arqueta deberá dispoñerse, cando o permiso de vertido así o estableza, un elemento de aforo con un rexistro totalizador e instantáneo para a determinación exacta do caudal vertido.
Todos os gastos derivados das actuacións de conexión ao sistema, así como os da sua conservación e mantemento serán de conta do usuario.
4. O servizo estudiará a documentación aportada polos solicitantes non domésticos, para a emisión do informe de vertido, ós efectos de comprobación do futuro vertido, así como do cumprimento das condicións establecidas neste regulamento, informe que remitirá conxuntamente coa demais documentación ao Concello, ós efectos de concesión ou denegación do permiso de vertedura solicitado.
5. A persoa titular do permiso de vertedura debe cumprir as obrigas seguintes:
a) Comunicar de xeito inmediato ao servizo calquera avaría do proceso produtivo ou das súas instalacións de tratamento que poida afectar negativamente á calidade da vertedura ao sistema, así como calquera modificación nos procesos que inflúa na devandita calidade.
b) Comunicar ao servizo calquera circunstancia futura que implique unha variación das características cualitativa ou cuantitativas da vertedura, para os efectos de proceder, se é o caso á revisión deste.
6. Os usuarios que poidan efectuar vertidos prohibidos á rede de sumidoiros, deberán efectualo pretratamento necesario das súas augas residuais para adecualas ás esixencias do presente regulamento. Ditas instalacións deberán ser construídas e explotadas polo propio usuario, totalmente ao seu cargo.
As instalacións de pretratamento ás que se refire o parágrafo anterior, poderán ser realizadas por un solo usuario ou unha agrupación deles, sempre que esta última estea legalmente constituída.
7. O Concello, naqueles casos que se coide procedente, en función dos datos de que se dispoña, e/ou do informe de vertido, poderán esixir a adopción de medidas especiais de seguridade a fin de evitar accidentes que puidesen supoñer un vertido incontrolado á rede xeral, de productos almacenados de carácter perigoso.
8. As instalacións que poidan efectuar vertidos prohibidos, existentes no momento de entrada en vigor do presente regulamento, e que vertan augas residuais á rede de sumidoiros, quedarán afectadas pola súa normativa, debendo adaptarse, en caso necesario, ás esixencias que se establecen no mesmo.
9. Os usuarios da rede de sumidoiros e instalacións complementarias, deberán satisfacer as taxas de sumidoiros. O importe das mesmas será fixado nas correspondentes ordenanzas municipais.
10. O permiso de vertedura poderá incluír os seguintes extremos:
a) Os límites máximos admisibles das características cualitativas da vertedura, tanto en concentracións máximas instantáneas como en concentracións medias máximas.
b) Os límites cuantitativos do volume da vertedura, indicando o caudal medio diario, o volume máximo diario e o máximo caudal instantáneo e a súa duración.
c) A obriga de instalar, no prazo máximo de seis meses desde a notificación da resolución, unha arqueta coas características que se definan no permiso, facilmente accesible e identificable, que permita as tarefas de inspección e control recollidas na resolución do permiso de vertedura.
d) O prazo de vixencia do permiso de vertedura que, con carácter xeral, terá unha duración máxima de oito anos, agás por razóns xustificadas debidamente motivadas. No suposto de tratarse dunha actividade sometida á autorización ambiental integrada, a vixencia do permiso coincidirá con esta autorización.
e) Condicións complementarias que aseguren o cumprimento deste regulamento.
11. Asemadae, o permiso de vertedura referido no partado anterior poderá incluír tamén os seguintes extremos:
a) Esixencias referentes ao mantemento, informes técnicos e rexistros en relación cos vertidos.
b) Programas de cumprimento, en relación coas posibilidades do servizo.
c) Condicións complementarias que aseguren o cumprimento deste regulamento.
CAPÍTULO II.-VERQUIDOS PROHIBIDOS E LIMITADOS
Artigo 7.º.-Verteduras prohibidas.
1. Con carácter xeral queda totalmente prohibido verter directa ou indirectamente á rede de sumidoiros calquera dos seguintes productos:
a) Mezclas explosivas.-Entenderase como tales, aqueles sólidos, líquidos, gases ou vapores que por razón da súa natureza ou cantidade sexan ou poidan ser suficientes por si mesmos, ou en presencia doutras sustancias, de provocar ignicións ou explosións. En ningún momento, medicións sucesivas efectuadas con un explosímetro no punto de descarga do vertido á rede xeral, deberán indicar valores superiores ao 5% do límite inferior de explosividade, así como unha medida realizada de forma illada non deberá superar nun 10% ao citado límite.
Prohíbense expresamente: os gases procedentes de motores de explosión, gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, tricloroetileno, aldehidos, cetonas, peróxidos, cloratos, percloratos, bromuros, carburos, hidruros, nitruros, sulfuros, disolventes orgánicos inmiscibles en auga, e aceites volátiles.
b) Residuos sólidos ou viscosos.-Entenderanse como tales aqueles residuos que provoquen ou poidan provocar obstruccións co fluxo da rede xeral, ou que poidan interferir no transporte das augas residuais. Inclúense os seguintes: graxas, tripas, tecidos animais, estercos, osos, pelos, peles, carnazas, entrañas, sangue, plumas, cinzas, escoiras, areas, cal apagada, residuos de formigóns, aleitadas de cemento, aglomerantes hidráulicos, fragmentos de pedras, mármore, metais, vidro, palla, virutas, recortes de céspede, trapos, lúpulos, sobrantes de papel, madeiras, plásticos, alquitrán, así como residuos e productos alquitranados procedentes de operacións de refino, e destilación, residuos asfálticos e de procesos de combustión, aceites lubricantes usados (minerais ou sintéticos), incluíndo auga-aceite, emulsións, axentes espumantes, e, en xeral, todos aqueles sólidos de calquera procedencia con tamaño ou peso que poida producir obstrucción na rede xeral.
c) Materiais colorantes.-Entenderanse por materiais colorantes aqueles sólidos, líquidos ou gases tales como: tintas, vernices, lacas, pinturas, pigmentos, e demais productos afíns, que incorporados ás augas residuais coloréas de tal xeito que non poden eliminarse con ningún dos procesos de tratamento usuais empregados na estación depuradora.
d) Residuos corrosivos.-Entenderanse por tales aqueles sólidos, líquidos, gases ou vapores que provoquen corrosións na rede xeral, tanto nos equipos como nas instalacións, e que sexan capaces de reducir, considerablemente, a vida útil destas, ou de producir avarías. Inclúense entre outros os seguintes: ácidos clorhídrico, nítrico, sulfúrico, carbónico, fórmico, acético, láctico, butílico, lixivias de sosa ou potasa, hidróxido amónico, carbonato sódico, augas de moi alta salinidade, e gases como sulfuro de hidróxeno, cloro, fluoruro de hidróxeno, dióxido de carbono, dióxido de xofre, e, en xeral, todas aquelas sustancias que reaccionando coa auga dean lugar a solucións corrosivas como sulfatos, cloruros, etc.
e) Residuos que produzan gases nocivos.-Entenderanse como tales os residuos que produzan gases nocivos na atmósfera da rede de sumidoiros, colectores, e/ou emisarios, en concentracións superiores ós límites seguintes:
Dióxido de carbono: 15.000 ppm.
Dióxido de xofre: 5 ppm.
Monóxido de carbono: 25 ppm.
Cloro: 1 ppm.
Ácido sulfhídrico: 10 ppm.
Ácido cianhídrico: 4,5 ppm.
f) Restos radioactivos ou isótopos de vida media.-Aquelas concentracións tales que poidan provocar danos nas instalacións e/ou perigo para o persoal de mantemento das mesmas, según o disposto no anexo II do presente regulamento.
g) Substancias non admitidas.-En xeral, son aquelas sustancias que poidan perturbar a boa marcha das instalacións da rede de saneamento e a depuración de augas residuais, inhibindo ou dificultando o proceso de depuración.
Pódense resumir como tales aquelas comprendidas nas seguintes disposicións:
- Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos y suelos contaminados.
- Real decreto 833/88, do 20 de xullo, que aproba o regulamento para a execución da lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos.
- Real decreto 952/1997, do 20 de xuño polo que se modifica o regulamento para a execución da lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos, aprobada mediante Real decreto 833/1988, de 20 de xullo.
- Orde MAM 304/2002, do 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorización e eliminación de residuos e a Lista Europea de Residuos.
- Decreto 154/1998, do 28 de maio, polo que se publica o Catálogo de residuos de Galicia. Calquera outra disposición aplicable á materia.
2. Ademais está prohibido:
a) A dilución para acadar os niveis de emisión que permitan a súa vertedura ao sistema, excepto nos supostos de emerxencia ou de perigo inminente. Nestes supostos deberase realizar a comunicación inmediata destas circunstancias á entidade xestora, a cal deberá adoptar as medidas que en cada caso foren pertinentes.
b) A vertedura de augas pluviais ao sistema cando se poida adoptar unha solución técnica alternativa.
c) A vertedura de augas brancas ao sistema.
d) O permiso de vertedura poderá establecer valores máis restritivos que os previstos neste regulamento e, así mesmo, poderá establecer limitacións de caudal respecto de parámetros específicos, todo iso en función da capacidade do sistema.
Artigo 8.º.-Verteduras limitadas.
1. Queda prohibido verter directa ou indirectamente ás instalacións de sumidoiros e saneamento, vertidos coas características ou con concentracións de contaminantes iguais ou superiores en todo momento ós expresados na seguinte relación:
Parámetro | Valor límite | Unidades |
pH | 5,5 - 9 | Unidades de pH |
1,2 Dicloroetano | 0,40 | mg/l |
Aceites e graxas | 100 | mg/l |
Aldehidos | 2,0 | mg/l |
Aluminio | 10 | mg/l |
Amoníaco | 30 | mg/l |
AOX (1) | 2,00 | mg/l |
Arsénico | 1,00 | mg/l |
Bario | 10,0 | mg/l |
Boro | 3,0 | mg/l |
BTEX (2) | 5,0 | mg/l |
Cadmio | 0,10 | mg/l |
Chumbo | 1,0 | mg/l |
Cianhídrico | 10,0 | cc/m3 de ar |
Cianuros | 0,50 | mg/l |
Cianuros disoltos | 1,0 | mg/l |
Cloro | 1,0 | cc/m3 de ar |
Cloruros | 2.000 | mg/l |
Cobre | 3,0 | mg/l |
Condutividade eléctrica (25.º C) | 5.000 | µS/cm |
Cor | Inapreciable en dilución 1/30 | |
Cromo hexavalente | 0,5 | mg/l |
Cromo total | 2,0 | mg/l |
DBO | 500 | mg/l |
DQO | 1.000 | mg/l |
Dióxido de xofre | 15,0 | mg/l |
Estaño | 3,0 | mg/l |
Fenois totais | 1,0 | mg/l |
Ferro | 10,0 | mg/l |
Fluoruros | 10,0 | mg/l |
Parámetro | Valor límite | Unidades |
Fosfatos | 60,0 | mg/l |
Fósforo total | 40,0 | mg/l |
Hidrocarburos | 15,0 | mg/l |
Hidrocarburos aromáticos policíclicos | 0,20 | mg/l |
Manganeso | 5,0 | mg/l |
Materias inhibidoras | 20,0 | equitox |
Mercurio | 0,01 | mg/l |
Níquel | 2,0 | mg/l |
Nitratos | 50,0 | mg/l |
Nitróxeno amoniacal | 30,0 | mg/l |
Nitróxeno total Kjeldahl | 40,0 | mg/l |
Nonilfenol | 1,0 | mg/l |
Percloroetileno | 0,40 | mg/l |
Pesticidas | 0,10 | mg/l |
Praguicidas totais | 0,10 | mg/l |
Selenio | 0,50 | mg/l |
Sólidos en suspensión | 500 | mg/l |
Sulfatos | 400 | mg/l |
Sulfhídrico | 20,0 | cc/m3 de ar |
Sulfuros disoltos | 0,30 | mg/l |
Sulfuros totais | 1,00 | mg/l |
Temperatura | 30,0 | .ºC |
Tensioactivos aniónicos (3) | 6,0 | mg/l LSS |
Triacinas totais | 0,30 | mg/l |
Tributilestaño | 0,10 | mg/l |
Triclorobenceno | 0,20 | mg/l |
Zinc | 2,0 | mg/l |
2. As relacións establecidas serán revisadas periodicamente e non se considerarán exhaustivas se non simplemente enumerativas.
3. Quedan sometidas as prescricións desde regulamento, na medida que corresponda, todas aquelas sustancias, productos ou verteduras relacionadas nos dous preceptos precedentes e aquelas susceptibles de producir toxicidade, nocividade ou prexuízos as persoas ou ao medio ambiente e independentemente de que consten ou non nestes preceptos que non posúen carácter limitativo. As relacións establecidas nos dous artigos precedentes serán revisadas periodicamente .
Nos casos en que o vertido por si só, ou conxuntamente con outros vertidos autorizados con anterioridade, supere no seu caudal/horario punta, de 15 minutos, o 5% do caudal medio horario da EDAR, realizarase un estudio específico con valores límite dos elementos detallados que poderán ser mais estrictos que os especificados con anterioridade.
4. Sen prexuízo das sancións e responsabilidades a que houbese lugar, calquera vertido ao sumidoiro público que posúa algunha das características e que poidan causar efectos perniciosos nos procesos de depuración e nas obras de fábrica dos sumidoiros e instalacións anexas, perigo para o persoal ao servizo da rede, ou algunha molestia pública, dará lugar a que a Administración Municipal poida adoptar algunha das seguintes medidas:
a) Prohibir totalmente o vertido cando se trate de materias non corrixibles a través do oportuno tratamento, podendo, como medida cautelar, chegar a decretalo peche da actividade mentres as circunstancias relativas ao vertido non fosen corrixidas.
b) Esixir un tratamento previo que permita concentracións comprendidas dentro dos límites tolerados.
c) Impoñer a vixilancia e sistemática comprobación das cantidades e proporcións do vertido.
d) Esixir o pago anticipado de danos e custos adicionais que esixan a protección das obras de fábrica e instalacións e do persoal.
5. Por parte do Concello, e previo informe da inspección, poderá esixirse ás industrias que presenten un nivel significativo de vertido, a instalación, o seu cargo, dun aparato de toma de mostras automático, que permita efectuar análises durante todo o ano. A tal efecto poden considerarse significativos aqueles vertidos que en tres mostras no prazo de un mes ou en seis mostras no prazo de seis meses deran valores superiores ós establecidos polo regulamento.
A resolución ordenando a instalación do aparato medidor indicará as características técnicas que deberá reunir o mesmo, así como o prazo máximo no que o usuario deberá proceder á súa instalación, que non poderá exceder de un mes dende a recepción da notificación.
6. Mensualmente, no seu caso, as empresas con depuradoras de pretratamento presentarán no Concello copia dos albaráns de entrega de lodos e demais sustancias que requiran unha tratamento separado ós xestores autorizados. Cando non se xeneren resíduos e/o lodo, informarase igualmente ao órgano de control, indicando que a cantidade entregada foi cero.
7. Tódalas industrias, calquera que sexa a súa actividade, que estean autorizadas para verter, e incluso aquelas que realicen pretratamento, deberán colocar unha reixa de desbaste de 50 mm antes do vertido ao sumidoiro.
8. Os caudais punta vertidos á rede non poderán exceder do quíntuplo (5 veces) nun intervalo de 15 minutos ou de dúas veces e media (2,5) nunha hora o valor promedio día.
Deberá controlarse, especialmente o caudal e calidade do efluente. No caso de limpeza de tanques, peche vacacional con baleirado dos mesmos ou circunstancias análogas
9. Queda terminantemente prohibido, salvo os casos previstos no capítulo III (situación de emerxencia ou perigo), o emprego de auga de dilución nos vertidos.
10. Cando exista rede de augas pluviais non poderán verterse ós sumidoiros de augas residuais, augas industriais non contaminadas, ben sexan de refrixeración ou calquera outras sen autorización especial. A vertedura das augas industriais non contaminadas á rede de augas pluviais deberá posuír a autorización correspondente.
11. No suposto de que os efluentes non cumpran coas condicións e limitacións que se establecen no presente Capítulo, o usuario queda obrigado á construcción, explotación e mantemento ao seu cargo de todas aquelas instalacións de pretratamento, homoxeneización ou tratamento que sexan necesarios.
12. Queda prohibido o vertido á rede de sumidoiros, tanto por parte das industrias farmacéuticas, como dos centros sanitarios, daqueles fármacos caducos que poidan producir graves alteracións na Estación Depuradora, aínda en pequenas concentracións, como por exemplo os antibióticos.
13. Calquera vertido á rede de sumidoiros que non cumpra coas limitacións ou prohibicións que se especifican na presente normativa, dará lugar a adopción das medidas e sancións que se establecen no título V deste regulamento.
CAPÍTULO III.-SITUACIÓNS DE EMERXENCIA
Artigo 9.º.-Definición de emerxencia.
1. Entenderase que existe unha situación de emerxencia ou perigo cando, debido a un accidente nas instalacións do usuario, se produza, ou exista risco inminente de producirse, un vertido inusual á rede de sumidoiros, que poida ser potencialmente perigoso para a seguridade física das persoas, instalacións, estacións depuradoras ou ben a propia rede.
2. Cada persoa usuaria deberá tomar as medidas adecuadas para evitar as descargas accidentais de verteduras que poidan ser potencialmente perigosas para a saúde das persoas ou a seguridade das instalacións que compoñen o sistema público de saneamento e depuración, así como para o medio receptor.
Artigo 10.º.-Comunicacións situacións de emergencia.
1. Ante unha situación de emerxencia ou perigo, o usuario deberá comunicar, urxentemente ao Concello, a Augas de Galicia así como ao número de emergencias 112, a situación producida, co obxecto de evitar ou reducir ao mínimo os danos que puidesen ocasionarse.
O usuario deberá tamén, e á maior brevidade, usar de todas aquelas medidas de que dispoña, a fin de conseguir que os productos vertidos se efectúen na mínima cantidade posible, ou reducir ao máximo a súa perigosidade.
2. Nun prazo máximo de sete días o interesado deberá remitir ao Concello, un informe detallado do sucedido. Deberá figurar nel, como mínimo, os seguintes datos: nome e identificación da empresa; ubicación da mesma; caudal; materias vertidas; causa do accidente; hora na que se produciu; correccións efectuadas ¿in situ" polo usuario; hora e forma en que se comunicou a incidencia ao servizo, e, en xeral, todos aqueles datos que permitan a dito Servizo unha correcta interpretación do imprevisto e unha adecuada valoración das consecuencias.
3. O Concello facilitará ós usuarios un modelo das instruccións a seguir nunha situación de emerxencia ou perigo.
En dito modelo figurarán, en primeiro lugar, os números telefónicos ós que o usuario poderá comunicar a emerxencia, sendo o primeiro deles o da Estación Depuradora, receptora do efluente anómalo ou perigoso. No suposto de non poder comunicar con dita Estación, poderá efectualo ós seguintes e polo orde en que estean colocados.
Artigo 11.º.-Adopción de medidas en situacións de emerxencia.
1. Establecida a pertinente comunicación do usuario, este deberá indicar o tipo de productos e cantidade dos mesmos que se verteron á rede.
Nas instruccións incluiranse polo propio usuario as medidas a tomar por parte del mesmo para contrarrestar ou reducir ao mínimo os efectos nocivos que puidesen producirse. Nestas instruccións particulares de cada usuario, preveranse os accidentes máis perigosos que puidesen producirse, en función das características dos seus propios procesos industriais.
2. As instruccións redactaranse de forma que sexan facilmente comprensibles por persoal pouco cualificado, e situaranse en tódolos puntos estratéxicos do local e, especialmente, nos lugares nos que os operarios deban actuar para levar a cabo as medidas correctoras.
3. A necesidade de dispoñer das instruccións de emerxencia por un usuario determinado fixaranse na autorización de conexión á rede de sumidoiros, ou por resolución posterior. Na mesma autorización ou resolución establecerase así mesmo o texto das instruccións e os lugares mínimos nos que deban colocarse sendo ámbolos aspectos obxecto de comprobación e inspección en calquera momento por parte dos Servizos Técnicos do Concello ou do adxudicatario do Servizo de saneamento.
4. Os custos das operacións a que dean lugar os accidentes que ocasionen situacións de emerxencia ou perigo, así como os de limpeza, remoción, reparación ou modificación do sistema de saneamento e depuración, deberán ser aboados pola persoa usuaria causante, con independencia doutras responsabilidades en que puider incorrer.
Para a valoración dos danos terase en conta o establecido no artigo 13 deste regulamento.
5. Cando as situacións de emerxencia a que se fai referencia nos artigos anteriores poidan ser cualificadas de accidentes maiores a criterio da Axencia Galega de Emerxencias, ademais das normas establecidas no presente regulamento, serán de aplicación as disposicións normativas vixentes en Galicia en materia de protección civil e xestión de emerxencias.
TÍTULO III.-MEDIDAS E DETERMINACIÓN DOS VERTIDOS
Artigo 12.º.-Medida dos vertidos.
1. Para o caso de que sexa esixible un tratamento previo dos vertidos, ou ben un control de cantidades, o proxecto das instalacións necesarias para elo deberá ser aprobado pola Administración Municipal ao outorgalo permiso de vertedura correspondente, previo informe favorable do Servizo Técnico.
2. Na tramitación de expediente de cualificación de actividades sometidas ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental, para as que sexa necesario efectuar vertidos á rede de sumidoiros, notificarase na fase de exposición pública ao Servizo, a efectos de emisión do informe ao respecto.
3. Os aparatos de rexistro, medida, control e toma de mostras esixidos, deberán situarse en lugar accesible e seguro, sinalado previamente nos planos do proxecto.
A vista do informe do Servizo, o órgano correspondente do Concello acordará cales de aquelas actividades actuais deberán dispoñer das citadas instalacións, así como o prazo para a súa instalación.
4. Os establecementos industriais, potencialmente contaminantes, deberán instalar e poñer a disposición do Servizo, ós efectos de determinación da carga contaminadora, as seguintes instalacións:
a) Punto de toma de mostras:
1. Cada industria colocará na zona de descarga dos seus vertidos residuais, un pozo de mostras, de fácil acceso, libre de calquera interferencia e localizable augas abaixo antes da descarga e, a ser posible, fora da propiedade; deberá remitir á administración planos de situación dos pozos e aparatos complementarios para a súa identificación e censo.
2. A mostra tomarase da arqueta de rexistro se existir, logo de comprobación das coordenadas UTM ou, no seu defecto, no último punto accesible de saída das augas residuais das instalacións de produción ou tratamento, previo á incorporación ás redes de saneamento e a calquera dilución.
b) Aforo de caudais:
1. Cada pozo de rexistro deberá conter un vertedoiro aforador, ¿tipo Parshall," ou semellante, cun rexistro totalizador para a determinación exacta do caudal residual.
2. Se os volumes de auga consumida e os volumes de auga de vertido, fosen aproximadamente os mesmos, a medición da lectura do caudal de auga por contador poderá ser utilizada como aforo de caudal residual. Igualmente, se a procedencia da auga de captación é dun pozo ou doutras fontes, poderá habilitarse unha fórmula indirecta de medida de caudais residuais.
c) Mostras:
1. A técnica na toma de mostras variará segundo a determinación a realizar. Para concentracións máximas que non poidan ser superadas en ningún momento a medida será instantánea e efectuada a calquera hora do día. Para concentracións medianamente representativas de valores de cargas residuais contaminadoras, as medidas serán horarias, integradas proporcionalmente ao caudal e tomadas durante o período de vertidos.
2. Os requirimentos mínimos para calcula la contía representativas dos vertidos serán concretadas pola Administración de acordo coa industria interesada e poderán revisarse cando se estime oportuno.
3. Aquelas industrias que pola súa dimensión e/ou contaminación sexan significativas resulten significativas por súas augas residuais e/ou volumes de vertido, necesitarán un aparato de toma de mostras automático, proporcional ao caudal e con análise durante todo o ano.
Dito equipo de toma de mostras automático, programable, disporá de bomba para aspiración e se instalará en caseta destinada a tal fin, con cerradura, e só accesible ao Servizo ou órgano de control.
d) Pretratamentos:
1. En caso de existir pretratamentos individuais ou colectivos, legalmente autorizados, e que particular ou colectivamente realicen tratamentos dos vertidos residuais, deberanse instalar á saída dos efluentes depurados, un pozo de mostras coas mesmas condicións e requisitos que os mencionados no apartado a) deste artigo.
2. A construcción, instalación e mantemento das instalacións e tratamentos, correrán a cargo do propietario e poderán ser revisados periodicamente pola propia Administración municipal, polo Servizio de Saneamento.
3. A Administración municipal poderá aprobar tipos normalizados para os casos máis frecuentes de homoxeneización, neutralización, almacenamento de líquidos e verteduras absolutamente prohibidas, para separadores de graxas e aceites e para decantadores de sólidos . Poderá, no entanto, o interesado propoñer outro sistema distinto que deberá, en todo caso, ser obxecto de aprobación municipal.
4. Sen prexuízo do cumprimento en todo caso do disposto neste regulamento en relación coas características e tratamento particular das verteduras, o Concello poderá proceder á instalación de estacións para o servizo de depuración e tratamento xeral de aqueles pola que tal prestación poderá dar lugar a imposición das correspondentes exaccións.
Artigo 13.º.-Valoración de danos.
1. Os danos e prexuízos que puidesen derivarse dun vertido prohibido, definido no artigo 7, serán imputados totalmente ao causante do mesmo.
2. Os custos das operacións a que dean lugar os accidentes que ocasionen situacións de emergencia ou perigo, así como os de limpeza, remoción, reparación ou modificación do sistema de saneamento e depuración, deberán ser aboados pola persoa usuaria causante, con independencia doutras en que puider incorrer.
3. A valoración dos danos ás obras hidráulicas para os efectos da aplicación do réxime sancionador a que se refire o presente capítulo será realizada pola entidade xestora e determinarase en función dos gastos de explotación e, de ser o caso, de reposición daquelas.
4. Os danos ás obras hidráulicas que conforman o sistema de saneamento e depuración calcularanse en euros/día, como resultado da ponderación do custo diario de explotación das instalacións públicas afectadas en relación co caudal e carga contaminante da vertedura de que se trate.
5. A entidade xestora determinará, de acordo cos orzamentos aprobados para o efecto e as correspondentes certificacións, os gastos de explotación repercutibles ao responsable da vertedura de que se trate.
6. A valoración de danos que servirá de base para a cualificación da infracción, para a cuantificación da sanción e, de ser o caso, da indemnización que deba impoñerse, resultará do cálculo a que se refire o punto segundo multiplicado polo número de días que se considere que a vertedura se mantivo en situación irregular
7. Para os efectos do disposto no punto anterior, computaranse os gastos correspondentes a todo o período en que a instalación pública de saneamento ou de depuración de augas residuais quedase afectada pola vertedura irregular, mesmo se este for de carácter illado. En calquera caso, considerarase que a vertedura irregular se mantivo durante, cando menos, un día.
8. A valoración de danos deberá notificarse ao presunto/a infractor/a simultáneamente co prego de cargos que se dite no correspondente expediente sancionador.
9. Cando as situación se emergencia a que se fai referencia nos artigos anteriores poidan ser cualificadas de accidentes mayores a criterio da Axencia Galega de Emergencias, ademais das normas establecidas no presente regulamento, serán de aplicación as disposicións normativas vixentes en Galicia en materia de protección civil e xestión de emergencias
TÍTULO IV.-INSPECCIÓN E VIXILANCIA
Artigo 14.º.-Función inspectora.
1. Corresponde á Inspección Técnica do Concello a adopción dun sistema estable e permanente de inspección e control dos vertidos, directamente ou a través de empresa allea, que se produzan á rede de sumidoiros con independencia das inspeccións que realice no ámbito das súas funcións o concesionario do Servizo (adxudicatario da xestión do Servizo de sumidoiros) de acordo có contrato subscrito.
Artigo 15.º.-Dereitos do persoal inspector.
1. O titular da instalación que produza vertidos industriais, potencialmente contaminantes, estará obrigado diante do persoal facultativo, debidamente acreditado, a:
a) Facilitarlles aós Inspectores, sen necesidade de comunicación previa, o acceso a aquelas partes da instalación que coide necesarias para o cumprimento da súa misión.
b) Facilitar a montaxe dun equipo ou dos instrumentos que se precisen, para realizalas medidas determinantes, ensaios, e comprobacións necesarias.
c) Permitirlles ós Inspectores, a utilización dos instrumentos que a empresa utilice con fins de autocontrol, en especial aqueles para o aforamento de caudais e toma de mostras, para realizar as análises e comprobacións.
d) Facilitarlle á Inspección cantos datos precise para o exercicio e cumprimento das súas funcións.
2. A fin de poder realizalo seu cometido, en orde á conservación, medida, toma de mostras, exame de vertidos, e cumprimento do establecido neste regulamento, a Inspección Técnica do Servizo de Saneamento terá libre acceso ós locais nos que se produzan vertidos ós sumidoiros.
3. A propia Inspección poderá tamén penetrar naquelas propiedades privadas sobre as que o Concello manteña algunha servidume de paso de augas, a fin de levar a cabo os Servizos de inspección, observación, medición, toma de mostras, reparación, limpeza e mantemento de calquera parte da instalación dos sumidoiros que estea situada dentro dos límites de dita servidume.
Os propietarios de ditas fincas manterán sempre expedita a entrada ós puntos de acceso á rede de sumidoiros.
Artigo 16.º.-Deberes do persoal inspector.
O persoal inspector está obrigado, durante o desenvolvemento das súas funcións, a:
a) Identificarse como tal e acreditar a súa condición de persoal inspector. En tódolos actos de inspección os encargados da mesma, deberán ir provistos e exhibilo documento que os acredite para a practica de ditos actos.
b) Observar o respecto e a consideración debidos ás persoan interesadas.
c) Informa as persoas interesadas, cando así sexan requeridas, dos seus dereitos e deberes en relación cos feitos obxecto da inspección, así como das normas que beden cumplir os titulares das verteduras.
d) Obter toda a información necesaria respecto dos feitos obxecto de inspección e dos seus responsables, accdendo, se é necesario, a os rexistros públicos existentes.
e) Gardar sixilo profesional e segredo respecto dos asuntos que coñeza por razón do seu cargo e actividade pública.
f) Comunicar as anomalías detectadas á persoa titular das instalacións.
Artigo 17.º.-Inicio da inspección.
1. Poden ser obxecto de inspección as actividades ou instalacións cuxas verteduras poidan afectar o sistema de saneamento e depuración de augas residuais.
2. A actuación inspectora iníciase:
a) Previas a outorgamento dunha autorización, licenza ou permiso.
b) As estipuladas na autorización, licenza ou permiso, coa periodicidade establecida na mesma.
c) Por iniciativa del concello uo por orde superior.
d) Acordadas de oficio durante o funcionamento dunha actividade.
e) En virtude de denuncia.
Artigo 18.º.-Desenvolvemento da actividade inspectora.
1. Cando o persoal inspector se presente no lugar onde radiquen as instalacións que se van inspeccionar, porá en coñecemento da persoa titular o obxecto das actuacións, logo de identificación mediante exhibición do documento que o acredite para o exercicio das súas funcións, no cal constarán o órgano da entidade xestora ao cal está adscrito, o seu nome, apelidos, o número do documento nacional de identidade e unha fotografía.
2. As actuacións inspectoras realizaranse en presenza da persoa titular das instalacións. No caso de persoas xurídicas, considerarase o seu representante quen legalmente teña a dita condición.
3. No caso de ausencia da persoa titular ou representante, as actuacións entenderanse con calquera persoa presente nas instalacións, facendo constar na acta ou informe a súa vinculación con elas.
4. Non será obstáculo para a realización das actuacións a negativa ou imposibilidade da persoa titular ou representante de estar presente durante a súa práctica, sempre que así se faga constar nas actuacións que documenten a inspección.
5. A persoa interesada está obrigada a permitir o acceso do persoal inspector ás instalacións e a toma de mostras e medicións, e a subministrar a información que se lle requira en relación cos feitos obxecto da inspección.
6. No caso de obstaculización das actividades inspectoras, o persoal inspector farao constar así. Poderá proceder entón á toma de mostras de augas residuais desde o exterior do recinto das instalacións, sempre que sexa posible.
7. O titular da instalación que produza verteduras industriais, potencialmente contaminantes, estará obrigado diante do persoal facultativo, debidamente acreditado, a:
a) Facilitarlles aos inspectores, sen necesidade de comunicación previa, o acceso a aquelas partes da instalación que coide necesarias para o cum primento da súa misión.
b) Facilitar a montaxe dun equipo ou dos instrumentos que se precisen, para realizar as medidas determinantes, ensaios, e comprobacións necesarias.
c) Permitirlles aos inspectores a utilización dos instrumentos que a empresa utilice con fins de a utocontrol, en especial aqueles para o aforamento de caudais e toma de mostras, para realizar as análises e comprobacións.
d) Facilitarlle á inspección cantos datos precise para o exercicio e cumprimento das súas funcións.
Artigo 19.º.-Documentación das actuacións inspectoras inspectora.
1. As actuacións inspectoras documentaranse nunha acta, na que tanto o persoal inspector como a persoa interesada poderán facer constar as observacións que consideren oportunas na cal constarán como mínimo os datos:
a) Data e número de inspección.
b) Identificación da entidade xestora do sistema e do persoal actuario.
c) Identificación e localización do suxeito pasivo da inspección, da actividade e dos sistemas de tratamento de que dispoña, referencia da súa inscrición no censo de verteduras, no caso de que exista, e o seu correspondente permiso de vertedura.
d) Descrición e localización do punto de toma de mostras, coas súas coordenadas UTM, e do sistema ao cal se realiza a vertedura, incluíndo, se procede, o nome da EDAR.
e) Caudal da vertedura (medido ou estimado), tipo de mostra (puntual ou integrada), e parámetros que cómpre analizar.
f) Resultado das medicións ¿in situ". Comprobación dos elementos de medición.
g) Residuos xerados que puideren ser susceptibles de ser verteduras á rede de sumidoiros e xestión dos mesmos.
h) Advertencia de que os resultados analíticos obtidos da mostra tomada poderán utilizarse para a incoación, se procede, dun expediente sancionador
i) E as observacións adicionais que se estimaren oportunas.
2. No caso de que a persoa comparecente se negue a asinar a acta ou a recibir a mostra contraditoria, o persoal inspector farao constar así, autorizando a acta coa súa sinatura e entregando unha copia á persoa interesada, deixando igualmente constancia de se esta se negou a recibila.
3. Os feitos constatados nas actas terán valor probatorio, cos efectos previstos no artigo 137.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
4. No caso de que o levantamento ou o asinamento da acta se produzan sen a presenza da persoa titular ou do representante do establecemento produtor da vertedura, notificaráselle o documento para os efectos de que poidan presentar cantas alegacións e probas consideren convenientes no prazo de dez días.
5. Notificarase ao titular da instalación para que persoalmente, ou mediante persoa delegada, presencie a inspección e firme a acta que se levante.
6. Do resultado da inspección levantarase acta por triplicado, na cal constarán como mínimo os datos indicados no anexo I do presente regulamento, que firmarán o inspector e quen representante á propiedade nese acto, entregándolle un exemplar a dita persoa, e outro no Concello, e na que tanto o persoal inspector como a persoa interesado poderán facer cosntar as observacións que consideren oportunas, deberá, en todo caso, conter:
a) O resume do historial dos vertidos dende a última inspección, consignando o xuízo do inspector sobre se a empresa mantén baixo un control eficaz a descarga dos seus vertidos.
b) As tomas e tipos de mostras realizadas.
c) As modificacións introducidas e as medidas adoptadas pola industria para corrixir as eventuais deficiencias sinaladas pola inspección en visitas anteriores, cunha valoración da eficacia das mesmas.
d) As posibles novas anomalías detectadas na inspección, e cantas observacións adicionais se estimen oportunas.
7. En caso de que a empresa estea desconforme cos dictames, apreciacións e xuízos formulados pola inspección, poderá presentalas oportunas alegacións diante da Administración, a fin de que esta, previo informe do Servizo, dicte a resolución que estime procedente.
8. O Concello poderán requirir ós titulares das actividades, na periodicidade que se considere oportuna o informe no que se sinale a definición da carga contaminante que vertan e incluirán os caudais de vertido, a concentración de contaminantes, a duración e demais elementos necesarios para a súa definición.
9. Os parámetros analíticos serán os especificados na comprobación de vertidos líquidos ou, no seu defecto, na autorización do vertido, pero en todo caso deberán ser cando menos os seguintes: pH, conductividade, sólidos en suspensión, DQO, DBO5, deterxentes e aceites e graxas.
10. Con este informe analítico e coa mesma periodicidade, o titular do vertido remitirá á o Concello copia dos albaráns de entrega dos residuos (residuos do desbaste, desareado/desengraxe e lodos) xerados pola súa planta depuradora á empresa ou xestor autorizado.
11. Cando o usuario ou agrupación de usuarios deba construír unha planta de tratamento para poder satisfacelos límites fixados ao vertido de augas á rede de sumidoiros, procederase a unha inspección previa á concesión da autorización definitiva de vertidos.
Artigo 20.º.-Toma de mostras.
A toma de mostras de augas residuais levarase a cabo de acordo co seguinte procedemento:
1. Punto de toma de mostras.-A mostra tomarase da arqueta de rexistro se existir, logo de comprobación das coordenadas UTM ou, no seu defecto, no último punto accesible de saída das augas residuais das instalacións de produción ou tratamento, previo á incorporación ás redes de saneamento e a calquera dilución.
2. Preparación da mostra.-Para a obtención da mostra tomarase nun recipiente unha cantidade de efluente suficiente para poder dividila en tres submostras en candanseus recipientes de material adecuado ás determinacións analíticas que se prevexa realizar. Os recipientes enxaugaranse previamente co mesmo efluente obxecto da mostraxe.
3. As mostras así obtidas precintaranse e identificaranse. Dúas quedarán en poder do persoal inspector, a primeira para efectuar as determinacións analíticas e a segunda para a práctica dunha eventual análise dirimente, e a terceira ofreceráselle á persoa interesada, para os efectos de que poida proceder, se o considera oportuno, á práctica da análise contraditoria. No caso de que a persoa interesada se negue a recibir esta terceira mostra ou non poida facerse cargo dela, comunicaráselle o lugar en que queda á súa disposición.
4. A natureza dos envases, as súas condicións de preservación, así como os métodos analíticos que se seguirán para a determinaciónde cada uno dos parámetros estarán baseados en normas UNE-EN, EN, UNE ou en mitología aceptada internacionalmente no Standard Methods for the examination of water and wastewater.
5. O volume mínimo para realizar a mostraxe será de dous litros para cada unha das tres mostras referenciadas no punto tres deste artigo, agás que xustificadamente se poida utilizar un volume menor. Este volume subdividirase en senllos recipientes dun litro, un de vidro e outro de plástico, en función dos parámetros que se van analizar.
6. Poderá prescindirse da toma de mostras para determinar as súas características contaminantes cando se trate de verteduras de natureza inequivocamente doméstica e o persoal inspector así o faga constar expresamente na acta.
7. En tódolos casos, ben sexa para a concesión do permiso de vertedura ou por accións de inspección ou comprobación, ditas análises realizaranse con cargo ao responsable do vertido.
Artigo 21.º.-Práctica das análises.
1. Para a práctica da análise inicial e da contraditoria deberá entregarse ao laboratorio de que se trate a mostra correspondente, debidamente conservada, no prazo máximo de 72 horas desde a toma de mostras, para os efectos de iniciar o procedemento de análise no dito prazo.
2. As determinacións analíticas da mostra inicial e da contraditoria levaranse a cabo en laboratorios que dispoñan de acreditación que garanta o cumprimento da norma UNE-EN-ISO 17025. Tamén se poderán levar a cabo no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
3. O laboratorio a que se encargue a práctica da análise inicial deberá entregar os resultados á entidade xestora no prazo de trinta días naturais desde a recepción da mostra, e a entidade xestora procederá a comunicalos á persoa interesada. A comunicación á persoa interesada deberá realizarse no prazo de dez días desde a recepción dos resultados pola entidade xestora.
4. A folla de resultados analíticos, tanto na análise inicial como na contraditoria, expresará en todo caso a data de recepción da mostra, de inicio e de fin da análise, así como os métodos analíticos empregados. De ser o caso, farase constar igualmente o estado de conservación da mostra á súa chegada ao laboratorio.
5. Pola súa parte, a persoa interesada poderá facer uso do dereito a realizar a análise contraditoria. Nese caso, comunicaralle á entidade xestora os resultados da dita análise, se o considera procedente.
6. A práctica da análise dirimente, por solicitude de calquera das partes, levarase a cabo no laboratorio que designe a entidade xestora entre os indicados na alínea 2. A mencionada entidade comunicaralle á persoa interesada con antelación suficiente o lugar, a data e a hora onde se levará a cabo, para os efectos de que poida estar presente nas operacións, asistida, se o xulga oportuno, de persoal técnico.
7. En ningún caso se tomará en consideración a petición de análises dirimentes logo de transcorridos dous meses desde a data da toma de mostras, ou cando non se realizase análise contraditoria
8. Os gastos xerados pola práctica da análise contraditoria corresponden sempre á persoa interesada. Os gastos da análise dirimente corresponden á parte que a solicite.
TÍTULO VI.-INFRACCIÓNS, SANCIÓNS E MEDIDAS CORRECTORAS
Artigo 22.º.-Infraccións administrativas
1. Consideraranse infraccións administrativas, en relación co presente regulamento, aquelas accións ou omisións contrarias ao establecido no mesmo.
2. As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves, conforme se determina no artigo seguinte.
Artigo 23.º.-Réxime de infraccións.
1. Infraccións leves.-Consideraranse infraccións leves:
a) A obstaculización puntual á función inspectora do Servizo Municipal de Saneamento ou da concesionaria.
b) Omitir información ós servizos de saneamento sobre as características da descarga do vertido ou sobre os cambios que afecten á natureza dos mesmos.
c) A posta en funcionamento de aparatos ou instalacións non autorizadas, ou distintas ás establecidas na licencia que se conceda, así como o desprecintado ou anulación dos que fosen colocados polo Servizo de Saneamento do Concello.
d) Calquera incumprimento do disposto neste regulamento non incluído expresamente neste artigo.
e) Non a boar o Concello as taxas das análises e probas para comprobar as características das verteduras, en todos os casos, ben sexa para a concesión da licenza de conexión ou por accións de inspección ou comprobación.
2. Infraccións graves.-Consideraranse infraccións graves:
a) A reincidencia nalgunha das faltas leves.
b) A construcción, modificación e uso de sumidoiros, acometidas ou conexións á rede, ou de instalacións anexas á mesma, anque uns e outros fosen de propiedade particular, sen obtela previa licencia municipal de conexión ós sumidoiros, ou sen axustarse ás condicións sinaladas na licencia concedida ou ás disposicións deste regulamento, así como sen permiso de vertedora, no caso preciso.
c) O uso da rede de sumidoiros, empalmes, conexións ou instalacións anexas sen previa licenza municipal de conexión á rede de sumidoiros ou sen axustarse ás condicións sinaladas na licenza concedida ou ás disposicións disposicións deste regulamento, así como sen permiso de vertedora, no caso preciso.
d) Os danos á rede de sumidoiros, aos seus empalmes, obras ou instalacións anexas de toda clase, xa sexan causados maliciosamente ou por neglixencia.
e) A falta de comunicación da situación de emerxencia e/ou a infracción de calquera das prescricións orixinadas como consecuencia de declararse dita situación e recollidas neste regulamento.
f) A omisión ou demora na renuencia na instalación dos tratamentos depuradores esixidos polos servizos municipais, así como a falla das instalacións, funcionamento e mantemento de todos os seus equipos, en especial os dispositivos fixos de aforamento de caudais, toma de mostras e aparellos de medición aos que se fai referencia neste regulamento.
g) Realizar vertedoras afectadas por limitacións sen respectar estas.
3. Infraccións moi graves.-Consideraranse infraccións moi graves:
a) A reincidencia nalgunha das faltas graves.
b) Realizar vertidos prohibidos segundo o establecido nos artigos desta disposición.
c) A producción de danos moi graves á rede de sumidoiros, ás súas acometidas, ou instalacións de toda clase, xa sexan causados maliciosamente ou por neglixencia.
Artigo 24.º.-Sancións.
As infraccións serán sancionadas da forma seguinte:
a) As leves, con multas de ata 1.000 €.
b) As graves, con multas de ata 3.000 €.
c) As moi graves, con multas de ata 6.000 €.
Estas multas, consonte co anteriormente estabelecido, imporanse, en def ecto de normativa sectorial específica e sen mingua nin prexuízo das sancións superiores autorizadas legalmente pola autoridade competente que puidera proceder e mesmo sen detrimento de esixir, cando proceda, as correspondentes indemnizacións por danos e perdas así como a reparación do dano e das responsabilidades civís, penais, administrativas ou de outro tipo a que deran lugar.
Para graduar a contía da sanción terase en conta a natureza da infracción, a gravidade do dano producido, a intencionalidade, a reincidencia e demais circunstancias concorrentes.
Artigo 25.º.-Potestade sancionadora.
1. O exercicio da potestade sancionadora correspóndelle a Xunta de Goberno Local segundo o arti go 127.1.e) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, agás que consonte á norma tiva sectorial correspondente se a tribúa a outro órgano.
2. De conformidade co previsto nos artigas 72 e 136 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o órgano competente para resolver, poderá adoptar, de oficio ou a instancia de parte, en calquera momento, mediante acordo motivado, as medidas de carácter provisional que estime oportunas para asegurala eficacia da resolución que puidera recaer, se existiran elementos de xuízo suficientes para elo.
3. Antes da iniciación do procedemento administrativo, o órgano competente, de oficio ou a instancia de parte, nos casos de urxencia e para a protección provisional dos intereses implicados, poderá adoptar as medidas correspondentes nos supostos previstos expresamente por unha norma. As medidas provisionais de berán ser confirmadas, modificadas ou leva ntadas no acordo de iniciación do procedemento, que deberá ef ectuarse dentro dos quince días seguintes a súa adopción, o cal poderá ser obxecto do recurso que proceda. En todo caso, esas medidas quedarán sen ef ecto se non se inicia o procedemento no devandito prazo ou cando o acordo de iniciación non conteña un pronunciamento expreso acerca das mesmas.
4. Nos procedementos sancionadores que se instrúan por mor de feitos inicialmente cualificados como infraccións graves ou moi graves poderanse adoptar, de acordo coa Lei 30/1992, deo 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, e as súas normas de desenvolvemento, e sen prexuízo das que puideran establecer as normas das Comunidades Autónomas, as medidas de carácter provisional previstas en ditas normas que se estimen necesarias para asegurar a eficacia da resolución que definitivamente se dicte, ao bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e as esixencias dos intereses xeral.
5. As medidas de carácter provisional poderán consistir na suspensión provisional da execución das obras e instalacións que contraveñan o disposto neste regulamento así coma impedir, tamén de forma provisional, o uso indebido das instalacións municipais, por razóns de sanidade, hixiene ou seguridade e as demais previstas neste regulamento. Estas medidas deberán axustar se a intensidade, proporcionalidade e necesidades dos obxectivos que se pretenda gara ntir en cada suposto concreto. En todo caso, ditas medidas quedarán sen efecto se non se inicia o procedemento en dito prazo ou cando o acordo de iniciación non conteña un pronunciamento expreso acerca das mesmas.
As medidas provisionais poderán ser alzadas ou modificadas durante a tramitación do procedemento, de oficio ou a instancia de parte, en virtude de circunstancias sobrevidas ou que non puideron ser tidas en conta no intre da súa adopción. En todo caso, se extinguirán coa eficacia da resolución administrativa que poña fin ao procedemento correspondente.
6. O Concello poderá suspender provisionalmente a execución das obras e instalacións que contraveñan o disposto neste regulamento, así como impedir, tamén provisionalmente, o uso indebido das instalacións municipais.
7. Esta medida deberá adoptarse mediante requirimento individual e por escrito o cal, para mantela súa eficacia, deberá ser ratificado dentro dos cinco días hábiles seguintes, polo alcalde ou a autoridade en quen tivese delegado.
8. Contra a referida suspensión provisional, e contra a ratificación da mesma, no caso de que fose adoptada pola Autoridade delegada, poderase interpoñer recurso de alzada diante do alcalde, independentemente de calquera outro que fose procedente.
9. No caso de vulneración das disposicións do presente regulamento, e con independencia da imposición das sancións procedentes, o Concello, coa finalidade de suprimir os efectos da infracción, e restaurala situación de legalidade, poderá adoptar algunha das seguintes disposicións:
a) A suspensión dos traballos de execución das obras de acometida ou de instalación de pretratamento indebidamente realizadas.
b) Requirir ao infractor para que no termo que ao efecto se sinale, introduza nas obras e instalacións realizadas as rectificacións precisas para axustalas ás condicións do permiso de vertedura ou ás disposicións deste regulamento e/ou, no seu caso, proceder á reposición das obras e instalacións indebidamente efectuadas ao seu estado anterior á producción dos danos que se tivesen ocasionado.
c) A imposición ao usuario das medidas técnicas necesarias que garantiren o cumprimento das limitacións consignadas no permiso de vertedura, evitando o efluente anómalo.
d) A introducción de medidas correctoras concretas nas instalacións con tal de evitalo incumprimento das prescricións deste regulamento e a redacción, no seu caso, do proxecto correspondente, dentro do prazo que fixe a Administración.
e) A clausura ou precinto das instalacións no caso de que sexa posible técnica ou económicamente, evitala infracción mediante as oportunas medidas correctoras.
f) A caducidade do permiso de vertedura á rede de sumidoiros, no caso de contumacia no incumprimento das condicións que lle fosen impostas.
g) A reposición dos danos e prexuízos ocasionados ás instalacións, obras anexas ou calquera outro ben que resultase danado ou prexudicado.
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
Primeira
As instalacións xa existentes no momento da entrada en vigor do presente regulamento deberán adoptar as medidas necesarias para o seu cumprimento na forma e termos que a continuación se indican:
1. Nos doce meses naturais seguintes á entrada en vigor, tódolos establecementos industriais deberán remitir ao Servizo de Saneamento a documentación que se lle indique, para adecuarse ás condicións deste regulamento.
2. No termo dun ano natural, contado dende a entrada en vigor, tódolos usuarios deberán de ter construída a arqueta de rexistro e/ou de medida e control esixidos na presente normativa.
3. Nos seis meses seguintes á aprobación deste regulamento, a calidade dos efluentes industriais deberá adaptarse ás condicións e límites establecidos no mesmo. En canto se inicie o período anteriormente mencionado, os vertidos deberán cumplir as prescricións fixadas pola vixente lexislación que fose de aplicación.
Segunda
1. Transcorridos os prazos mencionados, a Administración ou o Servizo, adoptará as medidas necesarias para a comprobación de datos e da existencia de arquetas, sendo motivo de sanción a inexactitude nas primeiras ou a falta nas segundas.
2. No suposto de que se superen os valores admitidos, a Administración ou o Servizo informará ao usuario das medidas correctoras a establecer e o tempo de que dispón para facelo. Transcorrido este, adoptaranse as medidas ou impoñeranse as sancións que se contemplan neste regulamento.
Terceira
1. As arquetas de rexistro ás que se refire o presente regulamento, executaranse no prazo dun ano, e serán postas ao día coa frecuencia que o Concello estableza a proposta do Servizo de Saneamento.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente regulamento resultou aprobado polo Pleno do Concello ___ en sesión celebrada o ___, entrando en vigor aos quince días da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
ANEXOS
ANEXO I.-DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA OBTER O PERMISO DE VERTEDURA AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DE SANEAMENTO
As instalacións industriais e comerciais, para obter o permiso de vertedura, deberán aportar, segundo proceda, a seguinte documentación:
1. Solicitude:
Nome e NIF da persoa titular, enderezo social, enderezo do establecemento, acceso ao punto de verterdura, teléfono, distrito postal, localidade; características da actividade produtiva, caudais de vertedura en m3/ano e m3/día, caudal punta en m3/hora, e identificación da EDAR do sistema ao cal se pretende verter.
2. Proxecto técnico:
Antecedentes:
* Obxecto: obtención do permiso de vertedura ou a súa revisión.
* Características da localización: e localiación da actividade.
* Punto de conexión ao sistema de coordenadas UTM.
Memoria descritiva:
* Datos de produción: actividade desenvolvida, materias primas utilizadas e produtos resultantes expresados en tm/ano.
* Procesos industriais
* Balance de augas: fontes de abstecemento, título concesional, volume abastecido e a súa distribución no proceso industrial, volume de vertedura.
* Características do efluente: análise de cada punto de vertedora.
Memoria técnica das instalacións de tratamento:
* Sistemas e unidades de tratamento: descrición do sistema de tratamnento existente con cálculos hidráulicos de dimensionamento (volumes, tempos de retención); descrición detallada de equipamentos instalados, potencias de bombeo, materiais de construción, medidas de seguridade para evitar verteduras accidentais, instrumentos de control propostos, proposta de seguimento e control da calidade de efluente, produción e destino de residuos.
* Dispositivos de seguridade adoptados para prever accidentes nos elementos de almacenamento de materias primas ou produtos elaborados líquidos susceptibles de seren vertidos á rede de sumidoiros.
* Planos de situación. planos de rede interior de recollida e instalacións de pretratamento. planos de detalle das obras de conexión, dos pozos de mostras e dos dispositivos de seguridade, detallando expresamente os sifóns xerais a e a ventilación aérea.
* Descrición das disposicións e dimensións axeitadas para un correcto desaugue, especificando o material, diámetro e pendente lonxitudinal.
ANEXO II.-DISPOSICIÓNS SOBRE ACTIVIDADES QUE SUPOÑAN PRODUCCIÓN DE RESIDUOS RADIOACTIVOS
1. As actividades de calquera tipo que supoñan producción de residuos radioactivos, para conservalos, dispoñerán de dispositivos protectores das radiacións que comprenderán tódalas esixencias establecidas pola normativa de rango superior, tanto autónoma como nacional ou internacional. A súa evacuación realizarase cando se teña diminuído convenientemente a súa ¿intensidade de actividade radioactiva", mediante os sistemas de evacuación de residuos radioactivos que resulten de obrigada instalación.
2. O Concello terá coñecemento, ben a petición propia ou por informe do Servizo de Saneamento, de tódalas actividades relacionadas coa evacuación de augas residuais, a fin de poder adoptar cantas medidas sexan precisas para garantir a salubridade dos Servizos de saneamento das augas residuais e da propia rede de sumidoiros.
3. Cando o residuo radioactivo teña unha concentración de intensidade da actividade radioactiva superior ós límites sinalados polo Real decreto 2519/82, do 12 de agosto, polo que se aproba o regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes e a súa modificación aprobada polo Real Decreto 1753/87, non estará permitida a dilución para conseguir os niveis de concentración que permitan a súa liberación ao medio ambiental, senón que haberá de evacuarse polo procedemento legalmente establecido.
ANEXO III.-LISTA DE SUBSTANCIAS E MATERIAS TÓXICAS E PERIGOSAS
1.-Acenafteno
2.-Acrilonitrilo
3.-Acroleína (Acrolín)
4.-Aldrina (Aldrín)
5.-Antimonio e compostos
6.-Asbestos
7.-Benceno
8.-Bencidina
9.-Berilio e compostos
10.-Carbono, tetracloruro
11.-Clordán (Chlordane)
12.-Crurobenceno
13.-Cloroetano
14.-Clorofenoles
15.-Cloroformo
16.-Cloronaftaleno
17.-Cobalto e compostos
18.-Dibenzofuranos policlorados
19.-Diclorodifeniltricloroetano e metabolitos (DDT)
20.-Diclorobencenos
21.-Diclorobencidina
22.-Dicloroetilenos
23.-2.4-Diclorofenol
24.-Dicloropropano
25.-Dicloropropeno
26.-Dieldrina (Dieldrín)
27.-2.4-Dimetilfenoles ou Xilenoles
28.-Dinitrotolueno
29.-Endosulfán e metabolitos
30.-Endrina (Endrín) e metabolitos
31.-Eteres haloxenados
32.-Etilbenceno
33.-Fluoranteno
34.-Ftalatos de eteres
35.-Halometanos
36.-Heptacloro e metabolitos
37.-Hexaclorobenceno (HCb)
38.-Hexaclorobutadieno (HCbD)
39.-Hexaclorocicloexano (HTb, HCCH, HCH, HbT)
40.-Hexaclorociclopentadieno
41.-Hidrazobenceno (Diphenylhidrazine)
42.-Hidrocarburos aromáticos polinucleares (pAH)
43.-Isoforona (Isophorone)
44.-Molibdeno e compostos
45.-Naftaleno
46.-Nitrobenceno
47.-Nitrosaminas
48.-pentaclorofenol (pCp)
49.-policlorado, bifenilos (pCb,s)
50.-policlorado, trifenilos (pCT,s)
51.-2, 3, 7, 8-Tetraclorodibenzo-p-dioxina (TCDD)
52.-Tetracloroetileno
53.-Talio e compostos
54.-Teluro e compostos
55.-Titanio e compostos
56.-Totueno
57.-Toxafeno
58.-Tricloroetileno
59.-Uranio e compostos
60.-Vanadio e compostos
61.-Vinilo, cloruro de
62.-As sustancias químicas de laboratorio e compostos farmacéuticos ou veterinarios novos, identificables ou non, e dos que os seus efectos poidan supoñer risco para o medio ambiente ou a saúde humana.
O anterior listado non debe considerarse exhaustivo, podendo ser revisado e ampliado de acordo coas circunstancias do desenrolo do saneamento.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento dispón a súa entrada en vigor ós 15 días seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."