Arzúa - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS, LOCAIS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
Artigo 1. Fundamento e natureza
De conformidade cos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, conforme ao disposto nos artigos 15 a 19 do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a taxa por utilización de edificios, locais e instalacións municipais, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo ao previsto no artigo 57 do citado RDLex. 2/2004.
Artigo 2.- Feito impoñible
2.1.- Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización privativa ou aproveitamento especial dos edificios, locais e instalacións municipais cualificados como bens de dominio público, sempre que da cesión do uso se derive unha finalidade lucrativa ou utilidade económica para o beneficiario. Entenderase que existe unha finalidade lucrativa ou utilidade económica na utilización dos edificios, locais e instalacións:
¿Cando as actividades realizadas impliquen o acceso de terceiras persoas ao local ou instalación cedido mediante contraprestación de naturaleza pecuniaria.
¿Cando a utilización teña como obxecto a promoción ou divulgación unha actividade privada, ou a promoción ou venta de productos comerciais.
¿Calquera outra na que exista un predominante interés privado, segundo se deduza da documentación presentada xunto coa solicitude, segundo o previsto na ordenanza municipal reguladora do uso dos edificios, locais e instalacións municpais.
Non obstante, non se entenderá que existe lucro ou utilidade económica na utilización de locais e instalacións cando se solicite a utilización para a celebración de comidas con ocasión do magosto, entroido, etc; sempre que, aínda comportando o pago dunha entrada, a recadación desta se destine exclusivamente a sufragar os gastos propios que se deriven de dita celebración.
Tampouco se suxeitarán a esta taxa as utilizacións de locais e instalacións solicitadas por entidades de ámbito supramunicipal (Cáritas, Médicos sen Fronterias, Cruz Vermella, ONGs, Asociacións contra o cáncro, etc) cando desenvolvan nos locais as actividades benéficas e de interés xeral que lle son propias.
Artigo 3.- Suxeito pasivo
Serán suxeitos pasivos en concepto de contriuíntes as persoas físicas e xurídicas, e as entidades ás que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria, a cuxo favor se outorguen as autorizacións para disfrutar da utilización ou quen se beneficie da mesma sen tela obtido previamente.
Artigo 4.- Base impoñible e cota tributaria
4.1.- A base impoñible está constituída polas unidades de tempo (días) autorizadas para o uso ou disfrute do local ou instalacións municipal.
4.2.-Con carácter xeral, a cota tributaria será o resultado de aplicar a contía de 25 € por día autorizado.
Non obstante, para as seguintes instalacións e locais municipais a contía da taxa será a seguinte:
Pola utilización da cociña do Edificio Multiusos Terras do Queixo | 50 €/día |
Pola utilización do Telecentro | 50 €/día |
Pola utilización do espacio central do recinto feiral no edifico Multiusos Terras do Queixo | 150 €/día |
Pola utilización de pavillóns polideportivos, para actividades extradeportivas | 100 €/día |
Pola utilización dos locais sociais das parroquias | 12,50 €/día |
Aplicarase un coeficiente do 0,20 cando a utilización da instalación se realice a partir das vinte horas ou en día festivo, e a contía da taxa por día será irredutible calquera que sexa o número de horas de uso autorizado ao día.
4.3.- Reduccións:
Sobre a contía total que resulte da aplicación do disposto no parágrafo anterior, aplicarase unha redución do 50 % ás asociacións sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
Artigo 5.- Beneficios fiscais
Non se aplicarán outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.
Artigo 6.- Devengo e normas de xestión
A taxa esíxese en réxime de autoliquidación.
A xestión, liquidación, inspección e recadación desta taxa realizarse conforme ao disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e nas demáis leis reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas no seu desenvolvemento.
A taxa devéngase cando se inicie o uso ou aproveitamento dos locais ou instalacións municipais . Non obstante, o suxeito pasivo estará obrigado ao pagamento previo da taxa mediante a presentación e pago da autoliquidación correspondente, no impreso facilitado polo Concello, no prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ao da notificación de resolución de autorización do uso, e en todo caso, con anterioridade á formalización da acta de cesión de uso.
No suposto de desistimento da solicitude formulado polo interesado cunha antelación mínima de tres días hábiles ao do inicio da concesión, a cota tributaria quedará reducida ao 25% da que lle corresponda por aplicación da tarifa, e procederase á devolución do 75% do importe ingresado, logo da solicitude do interesado.
Cando non se autorice a utilización, ou logo de autorizarse, non resulte posible a utilización por causas non imputables ao interesado, procederá a devolución do 100% do importe satisfeito.
Cando pola utilización dalgún dos edificios ou instalacións, estas sufriran desperfectos ou deterioracións, o suxeito pasivo estará obrigado a pagar o custo íntegro dos gastos de reparación ou reconstrucións, ou se foran irreparables, á súa indemnización. Esta obriga enténdese sen prexuízo do pago da taxa correspondente por aplicación das tarifas contidas no artigo 4.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación a partir do día seguinte ao da dita publicación permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.