Pontes de García Rodríguez As - TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE

Publicación provisional: 05/12/1998 BOP Nº: 280
Publicación definitiva: 02/02/1999 BOP Nº: 26
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1 .- FUNDAMENTO E RÉXIME

1. Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo co previsto no artigo 20,3,h) da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, establece a taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme 6 disposto no artigo 16 da Lei 39/88 citada.

2. Será obxecto deste tributo:

a) A entrada ou paso de vehículos e carruaxes nos edificios e solares.

b) A reserva de espacios nas vías e terreos de uso público para entrada ou paso de vehículos e carruaxes nos edificios e solares (vao permanente).

c) A reserva de espacios nas vías e terreos de uso público para aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase (reserva especial).

Artigo 2 .- FEITO IMPONIBLE

Está constituído pola realización sobre a vía ou terreos de uso público de calesquera dos aproveitamentos enumerados no número 2 do artigo 1 desta ordenanza, e a obrigación de contribuír nace dende o momento en que o aproveitamento se inicie.

Artigo 3 .- DEREITO Á PERCEPCIÓN

O tributo considerarase retribuído ó iniciarse algún dos aproveitamentos obxecto desta ordenanza, e anualmente, o 1 de xaneiro de cada ano, esixíndose previamente óodepósito total do seu importe, agás nos períodos anuais sucesivos á alta inicial.

Artigo 4 .- SUXEITOS PASIVOS

Están solidariamente obrigados ó pagamento, en concepto de contribuíntes:

a) As persoas naturais ou xurídicas titulares da respectiva licencia municipal.

b) Os propietarios dos inmobles onde se houberan establecido as entradas ou pasos de carruaxes.

c) As empresas, entidades ou particulares beneficiarios dos aproveitamentos enumerados nos apartados b) e c) do artigo 1 número 2 desta ordenanza.

Artigo 5 .- BASE IMPONIBLE E LIQUIDABLE

Tomarase como base do presente tributo o número de vehículos de turismo, camións e calquera vehículo de motor, así como carros agrícolas e de calquera natureza, que entren ou pasen a local destinado a garaxe ou a espacios de estacionamento de calquera clase; e a reserva de espacio na vía pública para entrada ou paso de vehículos ós devanditos locais ou espacios (vao permanente), aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase (reserva especial).

Artigo 6 .- COTA TRIBUTARIA

As tarifas a aplicar serán as seguintes:

1. Entradas ou paso de vehículos dende a vía pública a local destinado a garaxe ou espacios de estacionamento de calquera clase, o ano: 1.400 ptas.

2. Entrada ou paso de máis dun vehículo, a partir do primeiro, dende a vía pública a local destinado a garaxe ou espacios de estacionamento de calquera clase, por vehículo ó ano: 535 ptas.

3. Reserva de espacio na vía pública para entrada ou paso de vehículos a local destinado a garaxe ou espacios de estacionamento de calquera clase (vao permanente), ó ano: 2.120 ptas.

4. Reserva de espacio na vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase (reserva especial) ó ano: 5.300 ptas.

5. Os titulares das licencias contempladas nas tarifas 3 e 4 deberán proverse de placas regulamentarias, que en todo caso serán facilitadas e instaladas polo Concello previo pagamento da tarifa correspondente, a cal queda fixada en 1.060 ptas.

6. As cotas esixibles polas tarifas 3 e 4 liquidaranse por cada petición de reserva formulada e faranse efectivas na caixa municipal ó retirar as placas a que se refire o número 5 do presente artigo, sen prexuízo da liquidación complementaria que proceda se a devolución das mesmas tivese lugar con posterioridade ó prazo para o que se houbera solicitado a reserva.

7. As demais cotas serán de carácter anual e terán dereito a seren percibidos o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos casos de inicio e cesamento no aproveitamento, onde se prorrateará a cota por trimestres naturais.

8. A recadación das liquidacións que se practiquen, realizarase polo sistema de ingreso directo, tanto na Tesourería municipal, como en calquera caixa de aforros ou entidade bancaria inscrita no rexistro de bancos, con establecementos abertos dentro do término municipal, agás as cotas anuais que se recaden por recibo.

Artigo 7 .- RESPONSABLES

1. Serán responsables solidariamente das obrigas tributarias establecidas nesta ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarios das infraccións cometidas neste réxime de tributación.

2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.

3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria en caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen es actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigas tributarias infrinxidas, consentiran no incumprimento por quen dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigas tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que fosen destituídas nas súas actividades.

4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigas tributarias retribuídas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ás respectivos suxeitos pasivos.

Artigo 8 .- NORMAS DE XESTIÓN

1. As entidades ou particulares interesados na concesión dos aproveitamentos regulados por esta ordenanza, presentarán no Concello solicitude detallada da extensión e carácter do aproveitamento requirido.

2. Tamén deberán presentar a oportuna declaración en caso de alteración ou baixa dos aproveitamentos xa concedidos dende que o feito se produza ata o último día do mes natural seguinte o no que tal feito tivo lugar. Quen incumpran tal obriga seguirán obrigados ó pagamento do tributo. Tales declaracións producirán efecto a partir do semestre seguinte a aquel no que se formulen.

3. Os titulares das licencias, incluso os que estiveran exentos do pagamento de dereitos, deberán proverse de placas regulamentarias para a sinalización do aproveitamento. En tales placas constará o número de rexistro da autorización e dita instalación será realizada en todo caso polos servicios municipais, previo pagamento da tarifa a que se fa¡ mención no artigo 6.5 desta ordenanza.

4. A falta de instalación das placas, ou o emprego doutras distintas ás regulamentarias, ¡mi ós titulares das licencias o exercicio do seu dereito ó aproveitamento.

Artigo 9 .- EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88, do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de Lei.

O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigados ó pagamento das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.

Artigo 10 .- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e da normativa aplicable.

DISPOSICIÓN FINAL

Unha vez se efectúe a publicación do texto íntegro da presente ordenanza no Boletín Oficial da Provincia entrará en vigor, con efecto do 1 de xaneiro de 1999, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

NOTA ADICIONAL

Esta ordenanza foi aprobada definitivamente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de novembro de 1998.