Pontes de García Rodríguez As - Regulamento de réxime interno das instalacións deportivas municipais

Publicación provisional: 25/01/2000 BOP Nº: 19
Publicación definitiva: 18/03/2000 BOP Nº: 64
Aplicable dende: 18/03/2000

ÍNDICE

I.-Capítulo 1.º : obxecto e fins.

II.-Capítulo 2º : das competencias.

III.-Capítulo 3.º : da dirección técnica deportiva municipal, do persoal administrativo das instalacións deportivas municipais, e das empresas contratadas para a prestación de servicios técnicos e/ou de limpeza/mantemento.

IV.-Capítulo 4.º : dos/as usurarios/as, entidades e clubes.

Sección primeira: dereitos e obrigas dos/as usuarios/as.

Sección segunda: normas para entidades e clubes.

Sección terceira: normas complementarias para tódalas instalacións en xeral.

Sección cuarta: normas de xestión para tódalas instalacións en xeral.

V.-Capítulo 5.º : normas particulares do uso das diferentes instalacións deportivas.

Sección primeira: normas particulares para o uso da pista do pavilIón municipal.

Sección segunda: normas particulares para o uso do ximnasio, sala de xuntas e saunas do pavillón municipal.

Sección terceira: normas particulares para o uso dos pavillóns da Magdalena e Monte Caxado.

Sección cuarta: normas particulares para o uso das pistas polideportivas e campos exteriores en xeral.

VI.-Capítulo 6.º : do material deportivo, mobiliario e demais utensilios.

VII.-Capítulo 7.º : sancións.

VIII.-Disposicións finais.

Capítulo I .- Obxecto e fins.

Artigo 1.-É obxecto desta normativa a regulamentación das instalacións deportivas propiedade do Concello das Pontes, así como as futuras instalacións e as alugadas, que xestionará directamente o Concello das Pontes sen órgano especial de Administración, asumindo o seu propio risco.

Artigo 2.-No momento de aproba-lo presente Regulamento as instalacións deportivas de titularidade municipal son as seguintes:

Pavillón Polideportivo Municipal.

Pavillón "A Magdalena".

Pavillón "Monte Caxado".

Pista polideportiva anexa polideportivo municipal.

Pistas polideportivas "Os Chaos".

Pistas de tenis "Canle IV".

Pista Volei-Praia "Canle IV".

Pista polideportiva en Ribadeume.

Pista polideportiva en Chamoselo.

Pista polideportiva en Bermui.

Pista polideportiva na Faeira.

Pista polideportiva en Goente.

Artigo 3.-Os inmobles nos que se ubican as instalacións deportivas municipais, agás dos alugados, son bens de dominio público, subgrupo de servicio público e figuran no libro de Inventario e Rexistro de Bens do Concello das Pontes de García Rodríguez.

Artigo 4.-As instalacións deportivas municipais destinaranse principalmente para a práctica de toda clase de espectáculos e competicións deportivo-recreativas, sen prexuízo de utilizalas en determinados momentos para a realización doutras manifestacións artísticas, culturais, sociais ou actos de relevancia para a comunidade local.

Artigo 5.- De acordo co disposto no artigo anterior, as instalacións deportivas municipais poderán utilizarse para os seguintes actos:

Espectáculos e competicións deportivas: baloncesto, balonmán, fútbol-sala, voleibol, ximnasia rítmica e de mantemento, atletismo, hóquei sobre patíns, patinaxe, e, en xeral, calquera deporte oficialmente recoñecido como tal sempre que a súa práctica sexa axeitada ás características da instalación.

Reunións de carácter exclusivamente artístico ou cultural, así como tamén festivais que poida autoriza-la Comisión de Goberno do Concello.

Actos públicos non incluídos en ningún dos anteriores grupos e que legalmente se poidan autorizar.

A Comisión de goberno do Concello atendendo ás circunstancias que así o aconsellen, resérvase o dereito de prohibi-la celebración de calquera reunión ou manifestación mediante comunicación previa ós interesados.

Capítulo II .- Das competencias.

Artigo 6.-Son competencia do Pleno do Concello, agás que por lei estean atribuídas ó alcalde, as seguintes:

Aprobación, modificación ou derrogación deste Regulamento previo dictame da Comisión de Estudio, Informe e Consulta de Deportes (CEIC).

Contratación dos servicios de conserxería, limpeza, vixilancia e mantemento das instalacións deportivas municipais.

Contratación do persoal para a realización de diferentes servicios nas instalacións deportivas municipais.

Fíxación dos prezos públicos por utilización das instalacións deportivas municipais.

Aprobación e proposta da CEIC, da política deportiva municipal así como dos criterios de utilización das instalacións deportivas municipais.

Impoñer sancións derivadas de faltas graves ou moi graves na utilización das instalacións deportivas municipais.

As que lle atribúe a lexislación vixente que non estean delegadas expresamente a prol doutro órgano.

Artigo 7.-Son competencias da Comisión de Goberno do Concello:

As que teña expresamente atribuídas nesta materia, legalmente ou por delegación doutros órganos (Alcalde e Pleno).

Artigo 8.-Son competencias da CEIC:

As que teña expresamente atribuídas nesta materia.

Capítulo III .- Da dirección técnica deportiva municipal, do persoal administrativo das instalacións deportivas municipais, e das empresas contratadas para a prestación de servicios técnicos e/ou de limpeza/mantemento.

Artigo 9.-Correspóndelle á Dirección Técnica Deportiva Municipal as seguintes funcións:

De carácter xeral:

Elaboración de propostas de actuación referentes á política deportiva municipal.

Preparación de memorias explicativas das actividades existentes e previstas no Concello para xestionar e tramitar a petición de subvencións.

Coordinar e organiza-lo material necesario para levar a cabo as actividades previstas.

Atención personalizada ás entidades deportivas informando das actividades que lles poidan interesar e nas que poden intervir ou colaborar.

Informar ás entidades deportivas das liñas de axudas económicas existentes para as diferentes actividades deportivas.

Relación directa coas entidades deportivas proporcionándolles asesoramento para o bo funcionamento das mesmas, estando a disposición delas un ou dous días/semana, segundo as necesidades do momento.

Elabora-los informes que lle requira a CEIC.

En relación coas escolas deportivas (xestionadas directamente ou conveniadas):

Supervisión de escolas e relación directa cos monitores para controlar o rendemento das mesmas, niveis de asistencia e posibles necesidades para a mellora no seu bo funcionamento.

Remitir ás entidades, información municipal de interese para o bo funcionamento das súas escolas conveniadas.

Elabora-la reformulación de directrices para o curso seguinte, acorde co funcionamento real das Escolas e Servicios do ano anterior, de xeito que se poidan modificar horarios, ofertar novas escolas e servicios posibles demandados pola poboación, eliminar algún se as circunstancias o requiren, ou manter as actuais. Supervisión do material existente e reposición do necesario para o bo funcionamento dos servicios e escolas deportivas.

En relación coas instalacións deportivas municipais.

Elaborar propostas de criterios de utilización e aproveitamento das instalacións.

Elaborar estudios de custes e propostas de taxas por instalacións deportivas.

Supervisa-lo labor do persoal administrativo das instalacións deportivas municipais no tocante ó control dos traballos prestados polas empresas de servicios contratadas.

Elaborar propostas de criterios para a adxudicación de horarios de utilización das instalacións deportivas municipais.

Organización e tramitación das actividades estables previstas.

Artigo 10.-Correspóndelle ó persoal administrativo das instalacións deportivas municipais:

Executar e facer cumprir, baixo a superior dirección da Presidencia da Comisión de Deportes, ou Concelleiro de Deportes, os acordos dos órganos de goberno da corporación municipal.

Administrar e inspecciona-los servicios das instalacións deportivas municipais, baixo a superior dirección/Presidencia da Comisión de Deportes ou Concelleiro/a de Deportes.

Velar pola boa conservación das instalacións e do material para actividades, propoñendo para tal fin as medidas que crea necesarias e responsabilizarse do mantemento, asistencia e sostemento do material de carácter xeral das instalacións, por medio do persoal necesario que se poña ó seu dispor. Así mesmo, velar polo cumprimento da normativa de uso das instalacións deportivas municipais.

Supervisar e presta-la súa conformidade, xunto coa dirección técnica deportiva municipal, ós labores das empresas adxudicatarias dos servicios de conserxería, vixilancia, limpeza e mantemento das instalacións deportivas municipais.

a) Expedi-los carnés de usuarios/as das instalacións deportivas municipais e cobra-las correspondentes taxas consonte coa normativa aprobada pola Corporación Municipal.

b) Elaborar informes mensuais coas correspondentes liquidacións de taxas.

c) Asignar horarios, consonte coas directrices da Corporación Municipal e a supervisión da dirección técnica deportiva municipal, para a utilización das instalacións deportivas municipais.

Artigo 11.-As empresas contratadas para a prestación de servicios de limpeza, conservación e mantemento das instalacións deportivas municipais así como ás contratadas para a prestación de labores técnico-docentes nas citadas instalacións cumprirán, ademais das funcións consignadas nos respectivos contratos ou convenios susbscritos co Concello, as normas que a seguir se indican:

Todo o persoal destinado nas instalacións deportivas levará permanentemente, mentres permanezan dentro das instalacións, nun lugar ben visible a identificación persoal, que será facilitada polo Concello das Pontes de García Rodríguez, na que figurará a súa fotografía, nome e apelidos e función que desenvolve na instalación. O carné de identificación levará unha cor apropiada co obxecto dunha identificación rápida por parte dos usuarios para que poidan dirixi-las súas consultas á persoa axeitada.

Regularase co mesmo procedemento ó persoal dos clubes que teñan unha asidua permanencia nas instalacións deportivas, así como o persoal ou directivos en competicións oficiais.

0 persoal destinado nas instalacións deportivas velará porque os usuarios/as e demais persoas que acudan ás instalacións cumpran a presente normativa corrixindo, polos medios legais, as incidencias que se poidan producir en calquera momento.

Capítulo IV .- Dos/as usuarios/as, entidades e clubes.

Sección primeira:

Dereitos e obrigas dos/as usuarios/as.

Artigo 12.-O acceso ás instalacións farase coa identificación oportuna, respectando os horarios establecidos e a instalación a utilizar, atendendo en todo momento ás instruccións dos empregados do servicio. Será requisito indispensable para poder acceder ás instalacións, a presentación da seguinte documentación.

Carné expedido polo persoal administrativo do departamento de deportes.

Xustificante de ter realizado o correspondente pagamento no caso de que o/a usuario faga uso desta modalidade.

Na solicitude de alugueiro de calquera instalación deberá especificarse claramente a actividade a realizar, non podendo realizarse outra distinta daquela para a que foi alugada.

Nas solicitudes de alugueiro para maratóns e outros eventos semellantes, os solicitantes deberán acreditar que teñen subscrita a correspondente póliza de accidentes e responsabilidade civil da actividade.

Cada carné ou abono é exclusivo da zona da instalación e da actividade pola que foi expedido, non podendo utilizarse noutras zonas e realizar actividades diferentes ás que se sinale.

Non se poderán introducir dentro das instalacións bicicletas, ciclomotores, motos, etc.

Artigo 13.-Os/as usuarios/as respectarán o equipamento deportivo e mobiliario das mesmas, ordenando o material unha vez utilizado.

Así mesmo, deberán manter unha actitude cívica correcta, evitando actos que signifiquen un prexuízo para a instalación e para os/as usuarios/as.

Artigo 14.-Non se permitirá o paso de envases de vidro ou metálicos ás bancadas nin ás pistas de xogo. Só se permitirá fumar naqueles espacios sinalados. Non se poderán comer pipas ou froitos secos con casca nas bancadas.

Artigo 15.-É obrigatoria a utilización de roupa e calzado deportivo para a práctica e adestramento propia de cada modalidade deportiva, tanto para adestradores e delegados coma para deportistas.

Artigo 16.-O horario de utilización de instalacións deportivas, previa petición de hora dos usuarios/as, clubes e asociacións deportivas, será confeccionado polo persoal administrativo das instalacións deportivas atendendo ós criterios da dirección técnica deportiva. Estes horarios terán que ser aprobados pola Comisión de Goberno do Concello previo dictame da CEIC.

Os citados horarios estarán expostos nos taboleiros de anuncios da CEIC e do pavillón polideportivo municipal para xeral coñecemento. Así mesmo, cando sexa posible, remitirase copia destes horarios ás entidades deportivas e expoñerase copia dos mesmos no resto das instalacións deportivas municipais que posúan un espacio para estes fins.

Artigo 17.-Os sábados, domingos e festivos de cada semana reservaranse para competicións. Ditas competicións serán solicitadas polas entidades ó persoal administrativo das instalacións deportivas municipais, correspondéndolle ó persoal administrativo, co visto e prace da dirección técnica, o outorgamento de dita solicitude.

No momento en que haxa novos deportes regulamentados establecerase novo horario, seguindo o previsto neste Regulamento.

O Concello, mediante resolución da Alcaldía ou acordo da Comisión de Goberno, resérvase o dereito de realiza-las posibles modificacións cando, unha vez concedidas as horas, causas de forza maior así o aconsellan, sempre con aviso dos interesados.

Non obstante ó anterior, terán absoluta prioridade os actos gratuítos electorais que se programen ó abeiro da lexislación do réxime electoral xeral dentro do período de campañas.

Artigo 18.

18.1.-O/a usuario/a que, por causa xustificada, non vaia facer uso da instalación, téndoa concedida, avisará con 48 h. de antelación ó persoal administrativo das instalacións deportivas municipais para que este poida dispoñe-la súa utilización. En caso de avisar con menos tempo perderá o prezo público aboado.

18.2.-A non utilización das instalacións que se sinalan levará consigo:

A non utilización por dúas veces consecutivas e tres descontinuas, e sen aviso, das pistas polideportivas e instalacións, perderán os dereitos de utilización pola tempada deportiva.

A non utilización por máis dun 40% da sesión mensual dunha determinada actividade, levará consigo o pase do usuario ó final da lista de espera da citada actividade.

Non se inclúen os usuarios que por accidentes correspondentes, prevéndose soamente nestes casos a reserva de praza na actividade e a non aplicación do prezo público mentres dure a baixa.

18.3.-Non se permite a cesión do uso das instalacións a terceiros, agás autorización expresa da dirección técnica deportiva visto e prace do/a Concelleiro/a de Deportes.

18.4.-O Concello das Pontes ten subscrita unha póliza de Responsabilidade Civil para tódalas actividades que se realicen no Pavillón. Os accidentes ou lesións que se ocasionen os usuarios/as na práctica deportiva serán asumidos polos seus respectivos seguros particulares.

Artigo 19.-O usuario/a deberá satisfacer puntualmente os prezos públicos establecidos na correspondente ordenanza fiscal, agás no caso de que exista acordo ou concerto que supoña bonificación de ditas tarifas.

Artigo 20.-O usuario das instalacións fará efectivo o prezo público a que se refire o artigo anterior no momento de reserva-la hora. O incumprimento desta norma cancelará automaticamente a reserva-la hora. 0 incumprimento desta norma cancelará automaticamente a reserva da hora solicitada.

Artigo 21.-Existirá unha caixa de correo para que os usuarios poidan dirixi-las súas queixas, críticas ou suxestións sobre o funcionamento das instalacións.

Artigo 22.-Para poñer en funcionamento calquera actividade deportiva será necesario contar como mínimo cunha inscrición do 75% do número de prazas prefixadas.

Artigo 23.-Non se permite a entrada ás instalacións de ningún tipo de animal doméstico, agás os cans-guía das persoas con cegueira, tal e como establecen as leis.

Artigo 24.-Tódolos/as usuarios/as das instalacións deberán coñece-lo presente regulamento de réxime interno. Para isto hase facilitar copia do mesmo ós clubes e asociacións; así mesmo no taboleiro de anuncios das instalacións cubertas hase expoñer un exemplar deste regulamento.

Artigo 25.-Os usuarios/as limitarán a zona de uso da instalación á actividade a realizar, non podendo desprazarse por outras zonas de actividade da instalación.

Sección segunda

Normas para entidades e clubes.

Artigo 26.-O club ou entidade ou usuario/a faise responsable dos posibles danos excepcionais que se poidan ocasionar durante a utilización das instalacións polos seus xogadores e compoñentes, e que foran realizados por neglixencia ou intencionalidade.

Artigo 27.-Agás no caso dos convenios particulares que rexen o funcionamento da pista polideportiva municipal, o uso das instalacións durante unha ou máis tempadas non concede ningún dereito ó club ou entidade para utilizalo na seguinte tempada.

Artigo 28.-O alugueiro e uso das instalacións tanto para clubes, entidades e usuarios en xeral farase consonte cos horarios establecidos non podendo utilizarse ou alugarse en horarios e períodos diferentes ós sinalados.

Artigo 29.-Se por causas excepcionais houbese que pechar unha instalación ou algunha das súas zonas, a actividade programada quedará suspendida, non podendo ser recuperada nin prolongada.

No suposto de estarse celebrando competicións oficiais, a CEIC, poderá reprograma-las actividades co obxecto, de que a citada competición se poida celebra-lo antes posible.

Artigo 30.-O club ou entidade usuaria é responsable de que durante o adestramento ou nos partidos estean no banco ou na pista o persoal correspondente. Non se permitirá que en adestramentos e partidos o número de persoas participantes sexa superior á fixada no Regulamento Federativo propio de cada actividade.

Artigo 31.-Cada equipo utilizará os vestiarios que se lle asignen.

Artigo 32.-Os equipos dos colexios ou de clubes compostos por menores de idade que utilicen as instalacións terán que estar sempre acompañados polos profesores, adestradores ou responsables dos mesmos, que serán os encargados de facer cumpri-las normas das instalacións.

Artigo 33.-Será responsabilidade do club a colocación e garda do material deportivo usado nos adestramentos.

Artigo 34.-O réxime de horarios de utilización das instalacións será o seguinte:

A petición de hora efectuarase polo representante de cada equipo, no día que se estableza, segundo a seguinte orde de preferencia:

1.º . Actos programados polo Concello.

2.º . Escolas deportivas municipais (centralizadas ou conveniadas).

3.º . Adestramentos (formación físico-deportiva):

Deporte escolar (sen instalacións regulamentarias propias).

Deporte escolar (con instalacións regulamentarias propias).

Deporte federado (clubes).

Deporte federado (asociacións).

Deporte non federado.

4.º . Competicións oficiais (que se celebrarán os fins de semana e festivos):

Deporte escolar (sen instalacións regulamentarias propias).

Deporte escolar (con instalacións regulamentarias propias).

Deporte federado (clubes).

Deporte federado (asociacións).

5.º . Formación: cursos, xornadas, organizadas por Entes de Promoción Deportiva tales coma Federacións, Delegacións, etc.

6.º . Particulares:

Empadroados nas Pontes de García Rodríguez.

Non empadroados nas Pontes de García Rodríguez.

7.º . Espectáculos non organizados polo Concello.

Nota: a igual de condicións, teranse en conta os seguintes criterios á hora de establecer prioridades:

1.º . Categoría na que milite a entidade.

2.º . N.º de equipos/fichas da entidade.

3.º Antigüidade da instalación.

4.º . Data de solicitude.

5.º . Porcentaxe de deportistas empadroados nas Pontes de García Rodríguez.

Sempre que se estea celebrando competicións, o persoal administrativo das instalacións deportivas municipais poderá fixar dous días para a petición de pista, un para competicións e outro para adestramentos.

Artigo 35.-Os usuarios/as e clubes deberán recoller e coloca-los diferentes aparatos e material deportivo necesario para a realización das actividades. Dita colocación poderá contar coa supervisión do persoal de mantemento das instalacións.

Artigo 36.-Será responsabilidade do usuario ou club calquera prexuízo que se ocasione tanto ó propio usuario coma a terceiros por incumprimento das normas e da mala utilización do material e equipamento deportivo, así como do deterioro que se ocasione a dito material.

Sección terceira

Normas complementarias para tódalas instalacións en xeral.

Artigo 37.-Os gastos de persoal descontinuo como porteiros, electricistas, acomodadores, e calquera outro que se requira en función da natureza do acto correrán por conta dos organizadores do mesmo, sendo da súa exclusiva responsabilidade o cumprimento das obrigas laborais, fiscais e doutra índole que se deriven da citada relación laboral.

Artigo 38.-O Concello poderá concertar convenios coas asociacións, federacións, agrupacións, entidades deportivas e calquera outro ente público ou privado para o desenvolvemento de programas deportivos. Estes acordos ou convenios deberán xustifica-la obtención, como resultado final das recíprocas contraprestacións, dun equilibrio económico entre as partes.

Artigo 39.-Non estarán obrigados ó pagamento de ningún tipo de cantidade as actividades organizadas polo Concello das Pontes de García Rodríguez, ben directamente, ben a través doutras entidades ás que se lles conceda o patrocinio municipal (sempre que o convenio o reflicta así nalgunha das súas cláusulas).

Sección cuarta

Normas de xestión para tódalas instalacións en xeral.

Artigo 40.-Cando se trate de práctica de actividades e espectáculos deportivos, por parte de clubes deportivos, asociacións, colexios, etc. que teñan concedida a utilización periódica das instalacións deportivas municipais, practicarase a liquidación mensual polo persoal administrativo das instalacións deportivas municipais, segundo o número de horas de utilización.

Artigo 41.-O Concello estenderá as cartas de pagamento, boletos, recibos ou calquera outro documento que se estableza como xustificante de pagamento nos casos de actividades e espectáculos deportivos, festivais e semellantes organizados por colexios, institucións, entidades, etc.

Artigo 42.-As licencias para utilización de instalacións deportivas cando se trate de festivais, actos organizados por colexios, e institucións culturais, etc. así como festivais e espectáculos artísticos recreativos e deportivos de carácter profesional solicitaranse mediante instancia dirixida ó alcalde.

As instancias entregaranse nas dependencias do pavillón polideportivo municipal e serán tramitadas polo persoal administrativo das instalacións municipais, correspondéndolle á dirección técnica deportiva, oído o persoal administrativo, emitir informe-proposta de resolución. O persoal administrativo das instalacións deportivas municipais practicará a liquidación do prezo público que proceda.

Artigo 43.-O Concello das Pontes de García Rodríguez non se fai responsable dos obxectos persoais do usuario ou acompañante que se poidan extraviar durante a práctica deportiva.

Capítulo V .- Normas particulares do uso das diferentes instalacións deportivas.

Sección primeira:

Normas particulares para o uso da vista do pavillón municipal.

Artigo 44.-Ademais das normas xerais, deberán cumprirse as seguintes:

Permitirase o acceso dos usuarios ós corredores cun máximo de 15 minutos de antelación ó comezo das actividades.

Unha vez rematada a actividade, os usuarios abandonarán as instalacións nun tempo máximo de 30 minutos a partir do remate da citada actividade.

Os usuarios/as non poderán acceder ó terreo de xogo ata que remate a actividade que se está desenvolvendo. Os usuarios/as poderán utiliza-los corredores como zona de quecemento. Non está autorizado o uso de balóns.

Os usuarios/as, clubes e equipos, nos adestramentos, deberán abandona-la pista de xogo unha vez rematado o tempo de alugueiro de dita pista.

En competicións oficiais, permitirase o acceso á pista de dúas persoas, unha por cada equipo, que farán o labor de auxiliares de pista. Se as Federacións das distintas disciplinas deportivas contemplan unha maior presencia das persoas na competición oficial estarase ó regulamento por estas, así como das credenciais que ditas persoas deban posuír.

Sección segunda:

Normas particulares para o uso do ximnasio, sala de xuntas e saunas do pavillón municipal.

Artigo 45.-Ademais das normas xerais, deberán cumprirse as seguintes:

O acceso ás actividades farase cunha antelación máxima de 15 minutos. A saída das instalacións farase como máximo 30 minutos despois de rematada a actividade.

a) As actividades mixtas (que a inscrición a unha actividade dea dereito a outra) faranse dentro das horas asinadas, non podendo prorrogarse por máis de 15 minutos a estancia na actividade unha vez rematada a hora sinalada.

b) Os usuarios da sauna deberán cumpri-las normas de utilización que se definan.

e) Nos adestramentos de clubes no ximnasio, os deportistas estarán permanentemente acompañados dun monitor do club. Dito acompañamento efectuarase dende a entrada ás instalacións. O incumprimento deste requisito anulará o uso da actividade.

Sección terceira

Normas particulares para o uso dos pavillóns da Magdalena e Monte Caxado

Artigo 46.-Os pavillóns polideportivos da Magdalena, Monte Caxado, ó estar situados nos terreos do colexios públicos correspondentes, serán utilizados de forma exclusiva por estes centros durante os días lectivos no horario comprendido entre as 9:30 e as 17:00.

Artigo 47.-Esta utilización exclusiva estará suxeita ás normas xerais e particulares establecidas no presente Regulamento.

Artigo 48.-A utilización polos colexios públicos da "Magdalena" e "Monte Caxado" estará exenta de taxa ou prezo público.

Artigo 49.-Correspóndelle á Dirección dos citados centros a adopción das medidas oportunas para garanti-lo cumprimento das disposicións recollidas neste regulamento.

Artigo 50.-Ademais das normas xerais, deberán cumprirse as seguintes:

Permitirase o acceso dos usuarios ás bancadas cun máximo de 15 minutos de antelación ó comezo das actividades.

Unha vez rematada a actividade, os usuarios abandonarán as instalación nun tempo máximo de 30 minutos a partir do remate da citada actividade.

Os usuarios non poderán acceder ó terreo de xogo, ata que remate a actividade que se está desenvolvendo. Os usuarios poderán utiliza-lo ximnasio como zona de quecemento. Non está autorizado o uso de balóns.

Os usuarios, clubes e equipos, nos adestramentos, deberán abandona-la pista de xogo unha vez rematado o tempo de alugueiro de dita pista.

Sección cuarta:

Normas particulares para o uso das pistas polideportivas e campos exteriores en xeral.

Artigo 51.-Ademais das normas xerais o funcionamento rexirase polas seguintes normas: 1.º . Permitirase o acceso dos usuarios con 15 minutos de antelación, como máximo ó inicio da actividade.

A saída da instalación, unha vez rematada a actividade, farase como máximo, ós 30 minutos da finalización de dita actividade.

2.º .-Os usuarios non poderán acceder á cancha de xogo ata que remate a actividade que se está desenvolvendo, podendo facer uso dos espacios non regulamentarios como zona de quecemento, non autorizándose o uso de balóns.

3.º .-Os usuarios, clubes, e equipos, nos adestramentos, deberán abandonar a pista de xogo unha vez rematado o tempo de alugueiro de dita pista.

4.º .-En competicións oficiais permitirase o acceso á pista de dúas persoas, unha por cada equipo, que farán o labor de auxiliares de pista. Se as Federacións das distintas disciplinas deportivas contemplan unha maior presencia de persoas na competición oficial estarase ó regulamento por estas, así como das credenciais que ditas persoas deban posuír.

Artigo 52.-Ademais das normas xerais, as instalacións propias das zonas rurais, rexiranse polas seguintes normas:

1.ª.-As pistas polideportivas exteriores estarán rexidas polo Movemento Asociativo ou deportivo, segundo o convenio que se estableza co Concello das Pontes.

2.ª.-O uso das pistas rexerase polas seguintes prioridades:

Actos organizados polo Concello.

Actividades organizadas polo movemento asociativo ou deportivo.

Resto de actividades.

3.ª.-O movemento asociativo ou deportivo que rexa a pista polideportiva exterior farase cargo da limpeza dos vestiarios e do custe de enerxía dos mesmos.

4.ª.-O Movemento Asociativo ou Deportivo que rexa a pista polideportiva exterior, será a encargada da adxudicación dos horarios de utilización da pista baixo a supervisión e visto da dirección técnica do departamento de deportes do Concello.

Capítulo VI .- Do material deportivo, mobiliario e demais utensilios.

Artigo 53.-Ademais das normas recollidas nos diferentes apartados deste regulamento, deberanse cumpri-los seguintes:

Para utilizar, dentro de cada instalación deportiva, o material deportivo, mobiliario e demais utensilios propiedade do Concello das Pontes de García Rodríguez, é necesario solicita-lo seu uso ós responsables de mantemento da instalación, devolvendo o material ós citados responsables unha vez rematada a actividade.

0 material deportivo ou mobiliario e demais utensilios propiedade do Concello das Pontes que teña que saír dunha instalación deportiva, ben para o seu uso noutra instalación, ben para outra dependencia, solicitarase por escrito ó persoal administrativo das instalacións municipais. Estas solicitudes faranse no impreso correspondente e coa debida antelación, correspondéndolle á dirección técnica deportiva municipal a aprobación ou denegación do préstamo do citado material. A dirección técnica dará conta da súa decisión á comisión informativa de deportes.

Os clubes, agrupacións, entidades, utensilios con sede nas instalacións deportivas do Concello, que á entrada en vigor deste Regulamento, teñan material deportivo ou mobiliario do mesmo sinalando as características de cada elemento e entregarán o citado inventario no Rexistro Xeral do Concello. Calquera nova incorporación ou baixa das propiedades anteriormente mencionadas será inventariada do mesmo xeito.

Os clubes que incorporen materiais propios á súa actividade dentro dunha instalación deberán comunicalo ó responsable de mantemento; de non facelo, o material que se pretenda sacar dunha instalación e que previamente non se detallase, quedará consignado na propia instalación ata que se comprobe a titularidade do mesmo.

Capítulo VII .- Sancións

Artigo 54.-Considéranse faltas leves o incumprimento destas normas. A sanción da falta leve consistirá na advertencia verbal ó usuario.

Tres faltas leves darán lugar a unha grave. A sanción da falta grave consistirá na comunicación escrita ó usuario, co apercibimento de que á seguinte falta grave terá a consideración de moi grave.

A falta moi grave consistirá, previa resolución do órgano corporativo correspondente, da expulsión do usuario da instalación.

Capítulo VIII .- Disposicións finais.

Quedan derrogadas as normas de igual ou inferior rango que incorran en oposición, contradicción ou incompatibilidade co presente regulamento.