Vedra - Ordenanza fiscal número 8, reguladora da taxa polo outorgamento de licenzas de apertura e pola intervención municipal en comunicacións previas e declaracións responsables

Publicación provisional: 05/11/2014 BOP Nº: 212
Publicación definitiva: 22/12/2014 BOP Nº: 244
Aplicable dende: 23/12/2014

Artigo 1.-Fundamentos e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133 número 2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; e de conformidade co disposto no artigo 58, en relación co artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Vedra establece a taxa prevista no número 4 letra i) do citado artigo 20, por licencias de apertura de establecementos ou realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza sexa substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

Artigo 2.-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa o outorgamento de licenzas de apertura de establecementos, así como a realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

2.-Para tal efecto, considerase apertura:

a) A primeira instalación por primeira vez do establecemento para dar comezo as súas actividades.

b) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste, e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación destas.

d) O cambio de titularidade das actividades, agás os cambios de denominación social.

3.-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda e que:

a) Se destine ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesá, da construción, comercial e de servizos.

b) Aínda sen desenvolverse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para estas, ou teñan relación con elas de xeito que lles proporcionen beneficios ou aproveitamentos, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.

Artigo 3.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso, se leve a cabo en calquera establecemento industrial ou mercantil.

Artigo 4.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral; nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria, será a resultante de aplicar as seguintes tarifas, tendo en conta a superficie útil do local ou instalación. Se se tratase de instalacións terase en conta a superficie total delas, incluída o pechamento de protección ou seguridade esixible segundo a normativa que resulte de aplicación.

2.-O cadro de tarifas é o seguinte:

2.1.-Actividades sometidas a comunicación previa:

Superficie

Actividades sometidas a comunicación previa sen autorización ambiental

Actividades sometidas a comunicación previa con autorización ambiental

Ata 50 m2

150 €

250 €

De máis de 50 m2 ata 100 m2

200 €

300 €

De máis de 100 m2 ata 150 m2

250 €

350 €

De máis de 150 m2 ata 200 m2

350 €

450 €

De máis de 200 m2 ata 300 m2

400 €

500 €

De máis de 300 m2 ata 400 m2

500 €

600 €

De máis de 400 m2 ata 500 m2

600 €

700 €

De máis de 500 m2 ata 1000 m2

700 €

800 €

De máis de 1000 m2

800 €

900 €

2.2.-Actividades sometidas a licenza:

Superficie

IMPORTE

Ata 50 m2

250 €

De máis de 50 m2 ata 100 m2

300 €

De máis de 100 m2 ata 150 m2

350 €

De máis de 150 m2 ata 200 m2

450 €

De máis de 200 m2 ata 300 m2

500 €

De máis de 300 m2 ata 400 m2

600 €

De máis de 500 m2 ata 1000 m2

800 €

De máis de 1000 m2

900 €

3.-Os cambios de titularidade: 100 euros.

4.-e) O custo das publicacións de editos nos boletíns oficiais, para aquelas actividades que o necesiten, serán por conta do interesado.

Artigo 6.-Exencións e bonificacións.

Non se concederá exencións nin bonificacións ningunha da taxa.

Artigo 7.-Devengo.

1.-Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da comunicación previa ou declaración responsable correspondente ou na data de presentación da oportuna solicitude de licenza.

2.-Cando a apertura tivese lugar sen presentar a comunicación previa ou declaración responsable ou sen obter a oportuna licenza municipal, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a requirir a presentación da comunicación previa ou declaración responsable ou, no caso de estar suxeita a previa licenza municipal, cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fose autorizable esta apertura.

3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento. Tampouco verase afectada a obriga de contribuír pola renuncia ou desistimento do solicitante despois da presentación da comunicación previa, declaración responsable ou da presentación da solicitude da oportuna licenza municipal.

Artigo 8.-Normas de xestión.

1.-As persoas interesadas no inicio dunha actividade ou apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente no Rexistro Xeral a solicitude de licenza ou a comunicación previa, especificando a actividade ou actividades que pretenda desenvolver no local, acompañada do título de adquisición deste ou contrato de alugamento.

2.-Se despois de efectuada a solicitude de licenza de apertura ou comunicación previa, se varía ou amplía a actividade do local, se alteran as condicións proxectadas ou se amplía o local, estas modificacións deberán comunicarse á Administración municipal, coas mesmas formalidades do número anterior.

3.-A taxa esixirase cando medie solicitude de licenza, comunicación previa ou declaración responsable. No suposto de que se inicie o expediente de oficio practicarse liquidación pola administración municipal. O xustificante de pagamento da taxa autoliquidada deberá achegarse xunto coa solicitude de licenza de actividade, ou xunto coa comunicación previa. Non se iniciará o expediente de concesión de licenza ou as actuacións de comprobación e inspección para o suposto de comunicación previa se non se ten presentado o dito xustificante de pagamento.

4.-Os servizos técnicos comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atoparse diferenzas cos pedimentos das licencias.

5.-Se se desen diferenzas, notificaranse estas aos interesados e efectuaranse, de se-lo caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez que os interesados corrixan as diferenzas e realicen os ingresos complementarios que procedan.

Artigo 9.-Infraccións e sancións.

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposicións

Disposición derrogatoria

A partir da entrada en vigor desta ordenanza queda derrogada a anterior reguladora da taxa por licenza de apertura.

Disposición derradeira

A presente ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 22/10/2014, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa."

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.