Arzúa - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS NA AULA DE EDUCACIÓN DE ADULTOS DO CONCELLO DE ARZÚA
1.- Fundamento e naturaleza
De conformidade co previsto no artigo 127 do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo; en relación cos artigos 41 a 47 desta norma, e no exercicio da potestade regulamentaria recoñecidas ás entidades locais nos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, este Concello establece o prezo público pola realización de actividades e prestación de servizos educativos na Aula de Educación de Adultos do Concello de Arzúa.
2.- Concepto
Os prezos públicos regulados na presente ordenanza son ingresos de dereito público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten a prestación do servizo de Educación Permanente de Adultos.
3.- Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza os/as solicitantes ou beneficiarios/as da prestación do servizo.
4.- Contía
As contías do prezo público pola prestación de servizos educativos son as seguintes:
4.1.- Preparación das probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria.
TÍTULO: Preparación das probas de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos (Proba convocada anualmente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) | |||
CURSO | DURACIÓN (*) | HORAS SERVIZO | TOTAL (€ / CURSO) |
Completo | 122 h | 4 horas cada 8 días | 80 € |
2 Ambitos | 61 h | 4 horas cada 8 días | 60 € |
1 Ámbito | 40 h | 2 horas cada 8 días | 30 € |
* A duración en horas é estimada en función dos datos do curso 2013/14.
TÍTULO: Preparación das probas para a obtención do título de graduado ESO ( por módulos) | |||
CURSO | DURACIÓN (*) | HORAS SERVIZO | TOTAL (€/CURSO) |
Completo | 50 h | 4 horas cada 8 días | 40 € |
2 Ambitos | 25 h | 4 horas cada 8 días | 30 € |
1 Ámbito | 12 h | 2 horas cada 8 días | 15 € |
* A duración en horas é estimada en función dos datos do curso 2013/14.
4.2.- Preparación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
TÍTULO: Preparación das probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio | |||
CURSO | DURACIÓN (*) | HORAS SERVIZO | TOTAL (€/CURSO) |
Completo | 122 h | 4 horas cada 8 días | 80 € |
2 Ambitos | 61 h | 4 horas cada 8 días | 60 € |
1 Ámbito | 40 h | 2 horas cada 8 días | 30 € |
* A duración en horas é estimada en función dos datos do curso 2013/14.
4.3.- Preparación das probas aos ciclos formativos de grado superior
TÍTULO: Preparación das probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior | |||
CURSO | DURACIÓN (*) | HORAS SERVIZO | TOTAL (€/CURSO) |
Completo | 122 h | 4 horas cada 8 días | 80 € |
2 Ambitos | 61 h | 4 horas cada 8 días | 60 € |
1 Ámbito | 40 h | 2 horas cada 8 días | 30 € |
* A duración en horas é estimada en función dos datos do curso 2013/14.
4.4.- Escola de maiores
TÍTULO: Escola de maiores | |||
CURSO | DURACIÓN (*) | HORAS SERVIZO | TOTAL (€/CURSO) |
Completo | Ano escolar. | 4,5 horas á semana | 20 € |
4.5.- Preparación das competencias clave.
TÍTULO: Preparación das competencias clave | |||
CURSO | DURACIÓN (*) | HORAS SERVIZO | TOTAL (€/CURSO) |
Completo | Aprox. 35/40 h | 2 horas diarias | 30 € |
2 Competencias | Aprox. 20/22 h | 2 horas diarias | 20 € |
1 Ámbito | Aprox. 12/14 h | 2 horas diarias | 10 € |
A realización destas actividades está exenta de IVE, en virtude do artigo 20 da Lei 37/1992, de 28 de decembro, reguladora do Imposto sobre o Valor Engadido.
5.- Reducións na cota
Cando se solicite a matrícula para a preparación das probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grado Medio ou Superior nos meses de novembro ou decembro, as cotas reduciranse nun 25% con respecto ás establecidas no artigo anterior. Cando a solicitude se efectúe no mes de xaneiro ou posteriores, a cota reducirase nun 50%.
Aqueles usuarios perceptores dunha RISGA (concedida no momento da formalización da matrícula) ou pensión non contributiva ou similar situación de exclusión social, aplicaráselles unha redución do 50 % no importe da matrícula, previo informe dos servizos sociais.
6.- Normas de xestión
1.- A obriga de pagar o prezo público nace dende o momento en que se formalice a matrícula, debendo aboarse en réxime de autoliquidación.
2.- No impreso de autoliquidación deberá constar a validación mecánica ou selo da entidade bancaria a través da cal se acredita o pagamento da liquidación correspondente. A inscrición non será formalizada ou carecerá de validez, se non consta documentalmente que se efectuou o pagamento do prezo público.
3.- Os obrigados ao pago terán dereito á devolución do prezo -na parte proporcional que corresponda- cando a prestación do servizo non se poidera realizar por causa imputable ao Concello, despois da solicitude do interesado, da acreditación do pagamento, e do informe do técnico responsable da Aula de Educación de Adultos xustificativo dos motivos que poideran dar lugar a devolución.
En ningún caso se entenderá por causa imputable ao Concello a orixinada, motivada ou promovida por vontade propia ou actuacións dos interesados.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
De conformidade co establecido no artigo 44 do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, declárase expresamente a existencia de razóns sociais e de interese público que aconsellan a fixación do prezo público por debaixo do custo da actividade, xa que a Aula de Educación de Adultos é un espazo vivo que traballa para ofrecer un servizo á sociedade e contribuir a mellorar a vida colectiva mediante actividades dirixidas a un alumnado plural e que promove a adquisición de coñecementos derivada do crecemento do nivel cultural e da evolución ininterrumpida do medio social, a potenciación da igualdade de oportunidades, a posibilidade de conseguir un mellor emprego, a posibilidade de adquirir ou actualizar a súa formación básica, etc.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza de prezo público, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 31 de outubro de 2014, entrará en vigor unha vez se cumpra o esixido no artigo 49 da Lei de bases do réxime local e se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei de bases do réxime local.