Rois - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 14/10/2009 BOP Nº: 221
Publicación definitiva: 30/11/2009 BOP Nº: 254
Aplicable dende: 19/01/2015

ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Rois establece o prezo público polo servizo de axuda no fogar para solicitantes de libre concorrencia e para as persoas valoradas como dependentes segundo a Lei 39/2006 de 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e a Orde de 22 de xaneiro de 2009 que regula o servizo de axuda no fogar na Comunidade Autónoma de Galicia.

ARTIGO 2.-CONCEPTO.

O prezo público regulado neste acordo constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará polos usuarios/as que voluntariamente soliciten a prestación do servizo de axuda no fogar.

ARTIGO 3.-OBRIGADOS AO PAGAMENTO.

3.1.-Están obrigados/as ao pago todas aquelas persoas que sexan dadas de alta no servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e aquelas persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia que teñan Resolución do Plan Individual de Atención (PIA) no que se lles recoñeza o citado servizo.

Se o/a beneficiario/a do servizo carecese de capacidade para obrar, esta obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre que exerza de feito o seu coidado.

3.2.-O devengo do prezo público nace dende o momento da alta no servizo, calquera que sexa a súa modalidade.

ARTIGO 4.-DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO.

4.1.-A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Establécese como mínimo vital ou contía mínima para gastos persoais e quedará integramente á disposición do seu perceptor unha contía equivalente ao 49% dos ingresos líquidos percibidos, calculados en cómputo anual. Garantiráselle á persoa usuaria unha dispoñibilidade anual mínima de 2.653 euros, no suposto de que a persoa usuaria traballe nun centro especial de emprego, este importe será actualizado anualmente consonte a variación interanual do IPREM.

Nos ingresos da persoa usuaria non se terán en consideración como renda a contía das prestacións de análoga natureza e finalidade recollidas no artigo 31 da Lei 39/2006, do 14 de decembro. As ditas prestacións sumaranse á contía calculada de acordo cos criterios de participación do servizo ata o 100% do custe de referencia do servizo.

4.2.-No servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

b) Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

c) A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

ARTIGO 5.-PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO.

Para os efectos de determinar a participación das persoas usuarias no financiamento do servizo, establécese o custo do mesmo en 12,01 €/hora.

5.1.-Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.

5.1.1.-No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

5.1.2.-Nos demáis supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica
(referenciada ao IPREM)
Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

<=20 horas

<=45 horas

<=70 horas

100,00%

0,00%

0,00%

0,00%

115,00%

4,52%

9,61%

14,70%

125,00%

5,41%

11,50%

17,58%

150,00%

5,55%

11,79%

18,03%

175,00%

5,65%

12,00%

18,35%

200,00%

5,72%

12,16%

18,60%

215,00%

5,81%

12,34%

18,87%

250,00%

6,03%

12,82%

19,61%

300,00%

6,24%

13,26%

20,29%

350,00%

6,42%

13,63%

20,85%

400,00%

6,54%

13,90%

21,25%

450,00%

6,63%

14,09%

21,55%

500,00%

6,70%

14,25%

21,79%

>500%

6,76%

14,36%

21,97%

5.1.3.-Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

5.1.4.-En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.

5.1.5.-No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

%Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompaña-mento, socializa-ción e desenvol-vemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompaña-mento, socializa-ción e desenvol-vemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompaña-mento, socializa-ción e desenvol-vemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00%

0,00%

12,87%

13,76%

0,00%

22,73%

24,29%

0,00%

35,51%

37,95%

115,00%

5,98%

13,10%

14,00%

10,56%

23,12%

24,71%

16,50%

36,13%

38,61%

125,00%

7,15%

13,39%

14,31%

12,63%

23,64%

25,26%

19,73%

36,94%

39,47%

150,00%

7,34%

13,52%

14,44%

12,95%

23,87%

25,50%

20,24%

37,29%

39,85%

175,00%

7,47%

13,61%

14,54%

13,18%

24,03%

25,67%

20,60%

37,54%

40,12%

200,00%

7,57%

13,76%

14,70%

13,36%

24,29%

25,96%

20,87%

37,96%

40,56%

215,00%

7,68%

13,83%

14,78%

13,56%

24,42%

26,09%

21,18%

38,16%

40,77%

250,00%

7,98%

13,96%

14,91%

14,09%

24,64%

26,33%

22,01%

38,50%

41,14%

300,00%

8,25%

14,06%

15,02%

14,57%

24,82%

26,52%

22,77%

38,78%

41,44%

350,00%

8,48%

14,16%

15,13%

14,98%

25,00%

26,72%

23,40%

39,07%

41,74%

400,00%

8,65%

14,35%

15,33%

15,27%

25,33%

27,06%

23,85%

39,57%

42,29%

>400,00%

8,77%

14,48%

15,48%

15,48%

25,57%

27,32%

24,19%

39,95%

42,69%

5.2.-Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento.

5.2.1.-Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 4.2 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM

10%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM

25%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM

50%

Maior de 2,50 IPREM

70%

2.2.2.-Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

5.2.3.-En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

ARTIGO 6.-CONDICIÓNS DE PAGAMENTO.

6.1.-A obriga de pagamento nace no momento en que o beneficiario reciba a prestación do servizo.

6.2.-O pagamento da cota realizarase mensualmente no mes inmediato seguinte, a través de domiciliación bancaria que autorizará a persoa usuaria do servizo por escrito.

6.3.-Se a algunha persoa non se lle prestase o servizo por causas non imputables á mesma, e os motivos fosen derivados da organización interna do propio servizo, terá dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen atención á hora de abonar a cota mensual.

6.4.-En caso de suspensión temporal do servizo descontarase das cotas mensuais a parte proporcional que lle corresponda.

6.5.-As débedas polos prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremio.

ARTIGO 7.-NORMAS DE XESTIÓN.

7.1.-A presentación das solicitudes e documentación a presentar regúlase segundo o disposto no Ordenanza Reguladora do Servizo de axuda no fogar do Concello de Rois.

7.2.-As liquidacións practicaranse mensualmente nos primeiros vinte días do mes seguinte, de conformidade co informe facilitado polo servizo, en relación ao mes inmediato anterior.

7.3.-O impago reiterado (de polo menos dúas mensualidades) e sempre previa tramitación do expediente administrativo correspondente, considerarase causa de extinción do servizo.

7.4.-Aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres o grao de dependencia da persoa valorada non varíe e non haxa comunicación expresa dos órganos de valoración autonómica dun cambio no seu Programa Individual de Atención e, nos casos de libre concorrencia, mentres non existan cambios que así o indiquen.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, previa exposición ao público e resolución das reclamacións, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.