Irixoa - ORDENANZA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE IRIXOA

Publicación provisional: 06/11/2014 BOP Nº: 213
Publicación definitiva: 23/12/2014 BOP Nº: 245
Aplicable dende: 01/01/2015

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE n.º 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunicades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles, aos poderes públicos, garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.

Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.

O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7.b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar có fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto.

En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Irixoa, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal, a través da presente ordenanza.

CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.º.-Obxecto.

É obxecto desta ordenanza a regulación do Servizos de Axuda no Fogar (SAF), xestionado polo Concello de Irixoa.

Artigo 2.º.-Ámbito de aplicación.

O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao Servizo de Axuda no Fogar que se xestiona no Concello de Irixoa.

Artigo 3.º.-Natureza, definición e obxectivos do servizo.

1. O Servizo de Axuda no Fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual.

2. O Servizo de Axuda no Fogar poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

3. O Servizo de Axuda no Fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar.

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:

a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual. Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio

c) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

d) Retardar ou evitar a institucionalización.

e) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

f) Previr situacións de dependencia ou exclusión social

g)Apoiar e complementar a labor da familia en situacións de sobrecarga derivadas da atención de persoas dependentes ou de crise familiar.

h)Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

Artigo 4.º.-Contido do servizo.

1. Consonte á valoración técnica realizada en cada caso polos Servizos Sociais, no marco do Servizo de Axuda no Fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:

a) Atencións de carácter persoal na realización das tarefas básicas da vida diaria, tales como:

I. Asistencia para levantarse e deitarse.

II. Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.

III. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.

IV. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.

V. Apoio para cambios posturais, mobilizacións e orientación espazo-temporal.

VI. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.

b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:

I. Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas e/ou tratamentos

II. Apoio na realización de xestións necesarias e urgentes

c) Atencións das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:

I. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.

II. Compra de alimentos e outros productos de uso común.

III. Preparación dos alimentos.

IV. Lavado e coidado das prendas de vestir.

V. Coidados básicos da vivenda.

Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandería ou alimentación a domicilio.

d) Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estructuración familiar.

2. Con carácter complementario, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención:

a) actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

b) Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.

c) Adaptacións funcionais do fogar.

d) Servizo de podoloxía

e) Servizo de fisioterapia.

3. Ademais, poderán integrarse dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.

4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.

5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

a) A realización de actividades domésticas, que non fosen incluidas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

b) Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso, ser realizadas por persoal facultativo.

Artigo 5.º.-Persoas destinatarias.

1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia empadroadas no concello de Irixoa, para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.

Artigo 6.º.-Dereitos das persoas usuarias.

As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre procedemento administrativo común, terán dereito:

1. A seren tratadas có respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.

2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.

3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.

4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demáis sistemas de benestar social.

5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.

6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

8. A coñeceren a situación do seu expediente.

9. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.

10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.

11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.

Artigo 7.º.-Deberes das persoas usuarias.

As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:

1. Cumplir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.

2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financieiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.

3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.

4. Colaborar có persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluidas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.

6. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.

7. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

8. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.

9. Participar no pagamento do servizo nos termos que se establezan na ordenanza municipal e nas normas reguladoras correspondentes que desenvolvan este servizo.

CAPÍTULO II.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

SECCIÓN 1.ª.-DISPOSICIÓNS COMÚNS

Artigo 8.º.-Formas de prestación do servizo.

O servizo público de axuda no fogar será prestado polo Concello de Irixoa ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades da contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.

Artigo 9.º.-Requisitos específicos.

1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador/a do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demáis casos aplicarase a seguinte táboa:

Número de persoas usuarias

Persoal técnico mínimo

50 a 99

1 técnico/a titulado/a a xornada completa

100 a 199

2 técnicos/as titulados/as a xornada completa

200 a 399

3 técnicos/as titulados/as a xornada completa

Incrementos sucesivos

Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento dun técnico/a titulado/a a xornada completa

2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que no caso de prestar axuda a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, ou o recoñecido pola legislación vixente.

3. O seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias será realizada polo persoal técnico, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

4. O Concello de Irixoa abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:

a) Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade titular do servizo.

b) Un proxecto de intervención asinado polo técnico/a responsable.

c) Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Irixoa e a persoa usuaria.

d) Informes de seguimento periódicos, que terán un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa normativa vixente de protección de datos de carácter persoal.

SECCIÓN 2.ª.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

Artigo 10.º.-Modalidades de acceso ao servizo.

O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase do xeito que segue:

10.º. 1.-Acceso directo.

O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención (P.I.A) e, consonte á aplicación do programa de asignación de recursos (P.A.R) establecido no Título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos.

Para estes efectos, o Concello de Irixoa, cando sexa o caso, procederá a dar de alta ás persoas en agarda de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.

10.º. 2.-Acceso por libre concorrencia.

Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia, resolverase en réxime de libre concorrencia.

Artigo 11.º.-Requisitos.

Para acceder ao servizo de atención domiciliaria de libre concorrencia, deberán reunirse os seguintes requisitos:

1. Estar empadroado/a e residir no Concello de Irixoa.

2. Presentar a documentación exixida.

3. Ser valorado/a como recurso idóneo a aplicar polo técnico/a de servizos sociais.

Artigo 12.º.-Solicitudes e documentación.

12.º. 1.-Para o acceso por libre concorrencia.

O procedemento iniciarase mediante a presentación da solicitude, en modelo normalizado, no rexistro xeral do Concello, sen prexuizo do previsto no artigo 38 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, acompañada da seguinte documentación:

1. Fotocopia do DNI/NIE do interesado ou da interesada.

2.-No caso de que a persoa solicitante actúe a través de representante deberá presentar: copia compulsada a sentencia de incapacitación legal e nomeamento de titor/representante legal;se é o caso, fotocopia compulsada do DNI/NIE/ pasaporte da persoa que teña esta representación

3. Fotocopia do Libro de Familia, no caso de seren menores de idade.

4. Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa interesada.

5. Informe das condicións de saúde.

6. Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, de ser o caso.

7. Certificado de convivencia.

8. Xustificantes de tódolos ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e/ou outros bens que posúan a persoa solicitante e tódolos membros que convivan no domicilio:

- Certificado de pensión do organismo competente.

- Fotocopia da última declaración da renda ou no seu caso certificado negativo de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria Correspondente.

- Certificación do INEM acreditativa de estar en situación de desemprego e de percepción ou non de prestacións, de ser o caso.

- Xustificante das percepcións doutras prestacións sociais.

Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador social para a valoración do seu expediente.

9. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

10. Xustificante dos gastos deducibles: custo da vivenda habitual e bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. Nos supostos de cotitularidade, só se terá en consideración a porcentaxe correspondente á propiedade do beneficiario.

11. Declaración do patrimonio, Certificado da Consellería de Economía e Facenda.

12.º. 2.-Para o acceso directo.

As persoas que teñan recoñecida unha situación de dependencia, que se lles asignara o servizo de axuda no fogar no PIA e no PAR, achegarán, se fose o caso, a documentación precisa para actualizar os datos persoais e familiares así como os referidos á capacidade económica.

No acceso de libre concorrencia con independencia da documentación que se sinala, O Concello de Irixoa poderá esixir os documentos complementarios que durante a tramitación do expediente considere oportunos en relación coa prestación solicitada.

13.º.-Emenda da solicitude.

Cando se presenten solicitudes incompletas, que non reúnan os requisitos ou que non acheguen algún dos documentos esixidos, requerirase ó/a interesado/a para que no prazo de 10 días emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se non o fixese se lle terá por desistido/a do seu pedimento.

a) As solicitudes presentadas serán valoradas polo traballador social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e aplicación do baremo establecido para tal fin.

b) O departamento de servizos sociais elaborará un informe e a proposta que será elevada á Alcaldía ou be nao Concelleiro/a por delegación para dictar resolución. Oprazo máximo para resolver será de tres meses.

No caso de que sexa favorable terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir disponibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo, segundo se establece no Anexo I. En caso de empate na puntuación, atenderase por orde temporal da demanda. En todo caso na Resolución farase constar cando menos:

*Aprobación ou denegación do servizo.

*Disponibilidade de alta efectiva ou paso á lista de agarda.

*Prezo público do servizo que satisfará a persoa beneficiaria (porcentaxe)

A resolución de aprobación que se dite, notificarase á persoa interesada, á unidade de traballo social e á entidade prestadora do servizo,no seu caso.

En caso de denegación, faranse constar as causas que motivan a resolución, que será notificada á persoa interesada no prazo de 10 días a partir da data en que a resolución fose ditada. Desta resolución darase conta á unidade de traballo social.(consorte a Lei 30/92)

c) Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía ou Concelleiro por delegación resolverá o expediente á vista do informe do traballador social e da proposta. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentras se manteña a situación que a desencadeou. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.

d) Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido.

e) Anualmente, farase unha revisión de tódalas persoas usuarias que accederon polo sistema de libre concorrencia, có fin de comprobar que se cumpren tódalas condicións para a súa continuidade.

Artigo 14.º.-Causas de denegación no procedemento de acceso por libre concorrencia.

1. Non cumprir os requisitos esixidos no artigo 11.º da presente ordenanza.

2. Poder satisfacer axeitadamente as súas necesidades por sí mesmo ou por sí mesma e/ou con axuda de familiares.

3. Non ser a necesidade alegada obxecto de cobertura polo servizo de axuda no fogar.

4. Non aceptar as condicións do servizo de axuda no fogar municipal en canto a prestacións e a obriga de participar no pagamento dos servizos naqueles supostos concretos que se establezan nesta ordenanza.

5. Persistir as circunstancias que motivaron a extinción do servizo a través dun expediente sancionador.

6. Que a vivenda non reuna as mínimas condicións de habitabilidade, sexa unha infravivenda, chabola ou similar, segundo establece a lexilación vicente.

7. A negativa a asinar o acordo de servizo e o proxecto de intervención.

8. Calquera outra causa debidamente motivada.

Artigo 15.º.-Causas de extinción e modificación do servizo.

1. Son causas de extinción e/ou modificación do servizo de axuda no fogar as seguintes:

a) Falecemento da persoa usuaria.

b) A renuncia da persoa usuaria

c) Desaparición das cusas que motivaron a prestación do xervizo.

d) Cambio de programa individual de atención ou de proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade có servizo de axuda no fogar.

e) Incumprimento reiterado das obrigas e deberes establecidos para as persoas usuarias na prestación do servizo.

f) A falta reiterada de pagamento do servizo.

g) Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.

2. Ademáis, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar a modificación das condicións da prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.

3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, a incoación dun expediente de extinción ou modificación da prestación terá que ser notificada ao órgano competente para ditar a resolución do PIA, de acordo co establecido na orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo decreto 148/2011, do 7 de xullo.

Artigo 16.º.-Causas de suspensión temporal do servizo.

Son causa de suspensión temporal do servizo, logo da tramitación do correspondente expediente e do informe do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:

1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para os usuarios de libre concorrencia e por un máximo de dous meses para os usuarios de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.

2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

Artigo 17.º.-Desenvolvemento da prestación do servizo.

1. O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos (P.A.R) para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia ou dende que se dita Resolución por parte da Alcaldía para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días.

2. Antes do inicio do servizo, o persoal técnico de servizos sociais realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.

3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requerido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.

Se a persoa beneficiaria, rexeita ó/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa técnicamente posible.

Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.

Para o incicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo.

4. O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade de persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas que cómpre desempeñar no domicilio e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do/a usuario/a, con carácter mínimo bimestral.

5. Farase entrega á persoa usuaria dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.

6. Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ó persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas que se van desenvolver no domicilio.

7. Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará ao seu dispor para calquera queixa ou reclamación. En caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i.) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o rexime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos Servizos Sociais en Galicia.

8. O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:

- Un informe de avaliación inicial, asinado polo/a técnico/a competente, responsable da coordinación do servizo de axuda no fogar.

- Un proxecto de intervención, asinado polo/a técnico/a responsable. - Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Irixoa e a persoa usuaria.

- Informes de seguimento da prestación nos domicilios das persoas usuarias, que terán, como mínimo, un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

Artigo 18.º.-Intensidade na prestación do servizo.

A intensidade do servizo determinarase con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.

1. A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individual de atención. A súa aplicación horaria será flexible e concordará co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1.º a) da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.

2. Nos restantes casos, a intensidade do servizo virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de Servizos Sociais do Concello.

Artigo 19.º.-Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia.

1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase en atención á súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio. Teranse en conta, ademáis, a renda e patrimonio do cónxuxe e a existencia de persoas convivintes, económicamente dependentes. Para o cálculo da citada capacidade económica, obsevaranse as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Artigo 20.º.-Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cós seguintes criterios:

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2. da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte ás regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con deducción das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

Artigo 21.º.-Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demáis supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

<= 20 horas

<= 45 horas

<= 70 horas

100,00%

0,00%

0,00%

0,00%

115,00%

4,52%

9,61%

14,70%

125,00%

5,41%

11,50%

17,58%

150,00%

5,55%

11,79%

18,03%

175,00%

5,65%

12,00%

18,35%

200,00%

5,72%

12,16%

18,60%

215,00%

5,81%

12,34%

18,87%

250,00%

6,03%

12,82%

19,61%

300,00%

6,24%

13,26%

20,29%

350,00%

6,42%

13,63%

20,85%

400,00%

6,54%

13,90%

21,25%

450,00%

6,63%

14,09%

21,55%

500,00%

6,70%

14,25%

21,79%

>500%

6,76%

14,36%

21,97%

3.-Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4.-En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.

5.-No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado (ver páxina seguinte):

Artigo 20.-Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento.

1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 18 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM

10%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM

20%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM

40%

Maior de 2,50 IPREM

60%

CADRO DE COFINANCIAMENTO DO ART. 19.5

% Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00%

0,00%

12,87%

13,76%

0,00%

22,73%

24,29%

0,00%

35,51%

37,95%

115,00%

5,98%

13,10%

14,00%

10,56%

23,12%

24,71%

16,50%

36,13%

38,61%

125,00%

7,15%

13,39%

14,31%

12,63%

23,64%

25,26%

19,73%

36,94%

39,47%

150,00%

7,34%

13,52%

14,44%

12,95%

23,87%

25,50%

20,24%

37,29%

39,85%

175,00%

7,47%

13,61%

14,54%

13,18%

24,03%

25,67%

20,60%

37,54%

40,12%

200,00%

7,57%

13,76%

14,70%

13,36%

24,29%

25,96%

20,87%

37,96%

40,56%

215,00%

7,68%

13,83%

14,78%

13,56%

24,42%

26,09%

21,18%

38,16%

40,77%

250,00%

7,98%

13,96%

14,91%

14,09%

24,64%

26,33%

22,01%

38,50%

41,14%

300,00%

8,25%

14,06%

15,02%

14,57%

24,82%

26,52%

22,77%

38,78%

41,44%

350,00%

8,48%

14,16%

15,13%

14,98%

25,00%

26,72%

23,40%

39,07%

41,74%

400,00%

8,65%

14,35%

15,33%

15,27%

25,33%

27,06%

23,85%

39,57%

42,29%

>400,00%

8,77%

14,48%

15,48%

15,48%

25,57%

27,32%

24,19%

39,95%

42,69%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

Artigo 21.º.-Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos.

De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Irixoa, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

Artigo 22.º.-Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos.

No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello ou entidade local

Artigo 23.º.-Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas físicas usuarias do servizo de axuda no fogar prestado por este Concello ás que se refire o artigo 7.

Artigo 24.º.-Nacemento da obriga de pago.

O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais.

A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:

1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, e se liquidarán bimestralmente aboándose nos primeiros vintes días do mes seguinte ao da recepción da resolución da liquidación, mediante domiciliación bancaria.

2. Por parte do departamento de servicios sociais do Concello de Irixoa, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un informe bimestral das horas prestadas a todos/as usuarios/as do servizo o cal trasladarase a secretaría para a posterior elaboración da resolución pertinente e notificacións individuais da mesma, utilizando para elo o modelo B-9987 dos aprobados polo concello. O pago realizarase mediante ingreso derivado de domiciliación bancaria.

Artigo 25.º.-Infraccións e sancións.

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Esta ordenanza deroga expresamente a ordenanza reguladora do servizo de axuda a domicilio publicada no BOP n.º 199 de 18 de octubre de 2013, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Esta ordenanza foi aprobada por acordo plenario do 29 de ouctubro de 2014 e entrará en vigor ao día 1.º do bimestre natural seguinte da sua publicación íntegra no BOP e transcurrido o prazo do artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril, e manterá a súa vixencia ata que se aprobé a súa modificación ou derogación expresa.

ANEXOS

(non se recollen e figuran no expediente)

Anexo I.-BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA

Anexo II.-Proxecto de Intervención

Anexo III.-Acordo de servizo

Anexo IV.-SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (S.A.F.)

Anexo V.-BAIXA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR"