Irixoa - ORDENANZA Nº 7, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

Publicación provisional: 06/11/2014 BOP Nº: 213
Publicación definitiva: 23/12/2014 BOP Nº: 245
Aplicable dende: 01/01/2015

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 27 e 57 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo público municipal de axuda no fogar.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible deste prezo público a prestación polo Concello do servizo público de axuda no fogar ordinario e do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia e que no programa individualizado de atención, teñan o Servizo de Axuda no Fogar como recurso asignado, ou como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación.

ARTIGO 3. SUXEITO PASIVO.

Son suxeitos pasivos deste prezo público, en concepto de contribuintes, as persoas físicas usuarias do servizo de axuda no fogar prestado por este Concello, calquera que sexa a súa modalidade.

Se o/a usuario/a carecera de capacidade de obrar, a obriga tributaria recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou ostente a condición de gardador.

ARTIGO 4. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DO SISTEMA DE ATENCIÓN A PERSOAS USUARIAS DA DEPENDENCIA.

1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade có que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

3. O procedemento para a actualización ou modificación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de dependencia regúlase no artigo 18 do Decreto 149/2013.

ARTIGO 5. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DOUTROS SERVIZOS QUE IMPLIQUEN COPAGAMENTO.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cós seguintes criterios:

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estos efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte ás regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con deducción das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

Polo que respecta ao servizo de axuda no fogar de libre concurrencia, a finais do mes de xaneiro de cada ano, ou antes se se producen cambios na situación das persoas beneficiarias do servizo, se lles requerirá, por parte dos servizos sociais, para que xustifiquen documentalmente a situación socioeconómica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa renda per cápita e a taxa a aboar.

ARTIGO 6. PARTICIPACIÓN NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO DAS PERSOAS DEPENDENTES CON DEREITO DE ATENCIÓN RECOÑECIDO COMO USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demáis supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asinado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención có número de horas expresadas no Programa Individual de Atención (PIA), ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do Servizo de Axuda no Fogar con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4. En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.

5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado (ver páxina seguinte):

ARTIGO 7. PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO FINANCIAMENTO DOUTROS SERVIZOS QUE IMPLIQUEN COPAGAMENTO.

1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concurrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 5 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

PARTICIPACIÓN NO CUSTO DO SAF BÁSICO

Menor de 0.80 IPREM

0%

Maior de 0.80 e menor ou igual a 1.50 IPREM

10%

Maior de 1.50 e menor ou igual a 2.00 IPREM

20%

Maior de 2.00 e menor ou igual a 2.50 IPREM

40%

Maior de 2.50 IPREM

60%

ARTIGO 6.5: CADRO PARTICIPACIÓN NO CUSTO DO SERVIZO POLAS PERSOAS USUARIAS

% Capacidade

económica

(referenciada

ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións

funcionais

do fogar, podoloxía,

fisioterapia

Actividades de

acompañamento,

socialización e

desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de

préstamo

de axudas técnicas

Adaptacións

funcionais do

fogar,

podoloxía,

fisioterapia

Actividades de

acompañamento,

socialización e

desenvolvemento de

hábitos saudables

Servizo de

préstamo de

axudas técnicas

Adaptacións

funcionais

do fogar, podoloxía,

fisioterapia

Actividades de

acompañamento,

socialización e

desenvolvemento de

hábitos saudables

Servizo de préstamo

de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

2. O prezo/hora de prestación do servizo queda establecido en 12€/hora para días laborables e de 13,50€/hora para días festivos. De acordo co artígo 47 do texto refundido da Lei das facendas locais, delégase na Xunta de Goberno Local a competencia para a actualización de calquera dos elementos que configuran o importe deste prezo público.

3. Sen prexuizo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

4. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

ARTIGO 8. AFECTACIÓN DOS INGRESOS MUNICIPAIS POLO COPAGAMENTO DOS SERVIZOS.

De conformidade có artigo 56.7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Irixoa, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

ARTIGO 9. DEVENGO E NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGO.

O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real Decreto Legislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais.

A obriga de pagar os prezos regulados nesta ordenanza, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:

1. Os prezos contemplados nesta ordenanza satisfaránse con carácter posterior á prestación do servizo e se liquidarán bimestralmente, aboándose durante os primeiros vinte días do mes seguinte ao da recepción da resolución da liquidación bimestral, mediante domiciliación bancaria.

2. Por parte do departamento de servizos sociais do Concello de Irixoa, e sobre a base do parte de traballo asinado conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un informe bimestral das horas prestadas a tódalas persoas usuarias do servizo o cal trasladarase á Secretaria para a posterior elaboración da resolución pertinente e notificacións individuais da mesma, utilizando para elo o modelo B-9987 dos aprobados polo Concello. O pago realizarase mediante ingreso derivado de domiciliación bancaria.

ARTIGO 10. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Non poderán recoñecerse respecto a este prezo outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de lei ou derivados da aplicación de tratados internacionais, nos termos establecidos no artigo 9 do Texto Refundido da lei reguladora das facendas locais.

ARTIGO 11. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

As infraccións e sancións rexeránse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro de servizos sociais de Galicia.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza fiscal reguladora do servizo de axuda no fogar publicada no BOP nº 199 de 18 de octubre de 2013, e as súas modificacións así como calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria a ela.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

Esta ordenanza foi aprobada por acordo plenario do 29 de outubro de 2014 e entrará en vigor o día primeiro do bimestre natural seguinte da súa publicación íntegra no BOP e transcorrido o prazo do artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril, e manterá a súa vixencia ata que se aprobe a súa modificación ou derrogación expresas.