Boqueixón - ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN DE ALIMENTOS PROCEDENTES DO PLAN DE AXUDA ÁS PERSOAS MÁIS DESFAVORECIDAS

Publicación provisional: 21/11/2014 BOP Nº: 224
Publicación definitiva: 27/01/2015 BOP Nº: 17
Aplicable dende: 28/01/2015

1. Xustificación

O Concello de Boqueixón participa anualmente no reparto de alimentos procedentes do Plan nacional de axuda ás persoas máis desfavorecidas, en colaboración coa Cruz Roja Española.

2. Obxecto e finalidade

O obxecto desta ordenanza é regular o procedemento de concesión dos alimentos procedentes do Plan de axuda ás persoas máis desfavorecidas no Concello de Boqueixón, de cara a garantir que se beneficien desta prestación as persoas que se atopen nunha situación de precariedade económica.

3. Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse desta axuda aquelas persoas ou unidades familiares do Concello de Boqueixón con dificultades para a cobertura da necesidade básica de alimentación, sempre e cando reúnan os requisitos establecidos no seguinte artigo.

4. Requisitos das persoas solicitantes

1. Estar empadroado/a e ter residencia efectiva no Concello de Boqueixón.

2. Non ter recibido axudas económicas para a mesma finalidade por calquera administración pública.

3. Que a unidade de convivencia non dispoña de ingresos suficientes para poder facer fronte a gastos de alimentación básica, segundo os límites establecidos* na seguinte táboa:

Membros unidade convivencia

Contías complemento familiar

Contías totais

Solicitante

399,38

1

63,90

463,28

2

117,15

516,53

3

159,75

559,13

4

202,35

601,73

5

244,95

644,53

6

287,55

686,93

7

330,45

729,53

8

372,75

772,13

9

415,35

814,73

* Baremo calculado tomando como referencia o 75% do importe mensual do IPREM 2014, máis un incremento progresivo en función do número de membros do fogar:

- 12% do importe mensual do IPREM polo primeiro membro adicional.

- 10% do importe mensual do IPREM polo segundo.

- 8% do importe mensual do IPREM por cada un dos restantes membros.

Computarase o número de membros que aparezan no certificado de convivencia.

Considéranse ingresos económicos todos aqueles obtidos pola suma de todos os membros da unidade familiar de convivencia en concepto de salarios, rendas, pensións e prestacións económicas, agás:

- as prestacións por fillo a cargo para menores de 18 anos.

- as libranzas para coidados no contorno familiar.

- os complementos de axuda por terceira persoa (da pensión de gran invalidez do INSS, da PNC, PF maiores de 18 anos, LISMI).

Teranse en conta os ingresos dos que dispoña a unidade familiar de convivencia nos tres meses anteriores á data de solicitude.

Serán deducibles dos ingresos mensuais, ata un máximo de 350 €:

- o custo dos gastos de alugueiro ou compra da vivenda habitual.

- os gastos fixos relacionados coas subministracións de electricidade, auga e gas.

- os gastos médicos de carácter regular.

4. Non ter propiedades ou usufrutos de bens mobles ou inmobles que, polas súas características, valoración, posibilidade de venda ou calquera outra forma de explotación, indiquen, de xeito notorio, a existencia de medios materiais suficientes para atender os gastos obxecto desta axuda.

Cumpridos os requisitos anteriores, terán prioridade aquelas persoas ou unidades de convivencia nas que existan problemáticas asociadas, tecnicamente valoradas pola traballadora social e que supoñan situacións de especial vulnerabilidade, e/ou aquelas que estean afectadas por situacións de risco de exclusión social.

5. Iniciación do procedemento

O procedemento iniciarase coa presentación da solicitude (anexo I) por parte da persoa interesada no Rexistro Xeral do Concello, acompañada da seguinte documentación relativa a todos os membros da unidade familiar:

a) fotocopia do DNI/NIE ou do libro de familia se é o caso.

b) certificado de empadronamento e convivencia.

c) tarxeta de demandante de emprego.

d) xustificantes dos ingresos económicos dos membros da unidade familiar maiores de 16 anos.

¿ vida laboral

¿ nóminas dos últimos 3 meses

¿ certificado das prestacións por desemprego do Servizo Público de Emprego

¿ resolución das prestacións económicas periódicas e non periódicas

¿ calquera outra documentación que acredite ingresos económicos

¿ declaración responsable da persoa solicitante ou membro da unidade familiar na que se faga constar, no seu caso, a carencia absoluta de ingresos

e) xustificantes de pago de:

¿ alugueiro ou crédito hipotecario

¿ gastos de subministracións (electricidade, auga, gas...)

¿ outros gastos extraordinarios e urxentes

f) fotocopia da sentenza de separación ou divorcio e convenio regulador, se existe.

g) outros documentos específicos que sexan necesarios para a correcta valoración da solicitude.

As persoas beneficiarias que xa viñeran recibindo alimentos en anos anteriores deberán comunicar no departamento de servizos sociais calquera variación sobrevida que puidese dar lugar á modificación, suspensión ou extinción desta axuda.

6. Instrución do procedemento

Darase traslado da solicitude ao departamento de servizos sociais, que procederá á comprobación dos datos proporcionados.

Se a solicitude non reúne os requisitos esixidos requerirase á persoa interesada para que, no prazo de 10 días, enmende a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que, se así non o fixese, darase por desistido da súa petición, previa resolución.

No procedemento de valoración, teranse en conta dous factores:

1. Valoración económica dos ingresos dispoñibles na unidade familiar, segundo o baremo.

2. Valoración social da necesidade, tendo en conta o contexto persoal, familiar e social das persoas solicitantes que determinen situacións especialmente vulnerables, susceptibles de prioridade na atención (familias monoparentais, familias con menores ao seu cargo, persoas con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero, etc.) Para esta valoración a traballadora social poderá solicitar a documentación que considere necesaria para o correcto diagnóstico da situación.

7. Resolución do procedemento

Instruído o expediente, a traballadora social do departamento de servizos sociais elaborará o correspondente informe social, elevando a proposta ao órgano competente para a súa resolución.

A resolución notificaráselle á persoa solicitante.

8. Causas de extinción

Serán causas de extinción do dereito a ser beneficiario/a do programa de alimentos as seguintes:

- non presentarse no día fixado polo servizo para a recollida dos alimentos sen xustificalo debidamente.

- non entregar a documentación necesaria para ser beneficiario/a do programa.

- non comunicar os cambios que afecten ao baremo.

9. Sistema de reparto

As datas para os repartos de alimentos así como a cantidade dos mesmos estará en función dos alimentos subministrados pola Cruz Roja Española e a súa periodicidade.

Unha vez recibidos os alimentos o concello procederá á súa distribución en lotes, en función do número de persoas que conformen cada unidade familiar beneficiaria, así como das súas necesidades específicas (lactantes, menores, adultos con problemas de alimentación, etc).

Logo de ser elaborados os lotes, comunicaráselle por correo ás persoas beneficiarias o día, hora e lugar para recollelos.

A entrega dos alimentos efectuarase ás persoas solicitantes ou ben ás persoas autorizadas por estas para a recollida dos alimentos e recollerase a súa sinatura na nota de entrega de alimentos, da que se lle facilitará unha copia á persoa beneficiaria.

No caso de que a persoa beneficiaria non acuda á recollida dos alimentos na data fixada sen xustificación entenderase que renuncia á axuda e causará baixa no programa.

En casos excepcionais, para aquelas persoas usuarias que xustifiquen dificultades para desprazarse a recoller os alimentos, o concello proporcionaralle un medio de transporte (servizo de taxi), sempre e cando sexa posible segundo os recursos existentes.

10. Seguimento

O departamento de Servizos Sociais efectuará un seguimento anual do programa, podendo requirir ás persoas beneficiarias a documentación xustificativa do mantemento das condicións que motivaron a concesión desta axuda.

ANEXO I: SOLICITUDE DE ALIMENTOS

1. DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

Nome

Apelidos

DNI

Data de nacemento

Estado civil

Enderezo

Municipio

Provincia

CP

Teléfono

2. UNIDADE DE CONVIVENCIA

Nome e apelidos

Parentesco

Idade

Estado civil

Ocupación

1

Solicitante

2

3

3. SITUACIÓN ECONÓMICA

A) INGRESOS

Ingresos mensuais

Procedencia

B) GASTOS

Concepto

Contía mensual

Vivenda propia alugada cedida

Luz

Gas

Auga

Outros:

3. DECLARACIÓN

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos reflectidos nesta solicitude e quedo informado/a da obriga de comunicar ao Departamento de Servizos Sociais deste concello calquera variación sobrevida que puidese dar lugar á modificación, suspensión ou extinción desta axuda.