Touro - ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 19/12/2014 BOP Nº: 243
Publicación definitiva: 05/02/2015 BOP Nº: 24
Aplicable dende: 05/02/2015

Artigo 1.º

1. De conformidade co establecido no artigo 100 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, comunicación previa ou declaración responsable, se obtivera ou non dita licencia, ou para que se esixa presentación da declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licencia, comunicación previa ou declaración responsable ou a actividade de control corresponda o municipio da imposición.

2. As construcións , instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir en:

a) Obras de construción de edificacións e instalacións de todas clases, de nova planta.

b) Obras de demolición.

c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.

d) Aliñacións e rasantes.

e) Obras de fontanería e alcantarillado.

f) Obras en cementerios.

g) Cales queira outras construcións, instalación ou obras que requiran licencia de obra, comunicación previa ou declaración responsable.

Artigo 2.º

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construcións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos, considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.

2. Teñen a consideración de suxeito pasivos substitutos do contribuínte quen soliciten as correspondentes licencias, comunicación previa ou declaración responsable, ou realicen as construcións, instalacións ou obras, se non foran os propios contribuíntes.

Artigo 3.º

1. A base impoñible deste imposto está constituída polo coste real e efectivo da construción, instalación ou obra.

2. A cota do imposto será o resultado de aplicar a base impoñible o tipo de gravame.

3. O tipo de gravame será o 2 por 100.

4. O imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia, comunicación previa ou declaración responsable.

Artigo 4.º

1. Cando se conceda a licencia, comunicación previa ou declaración responsable preceptiva, practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, podendo ser determinada polos técnicos municipais, de acordo co coste estimado do proxecto.

2. A vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do coste real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Artigo 5.º

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenrolo.

Artigo 6.º

En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias así como a determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que complementan e desenrolan.

Artigo 7.º

No que non está expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Subsección 5.ª da Sección 3.ª, do capítulo II, do Título II do referido RDL 2/2004, concordantes e complementarios do mesmo, e nas demais Leis do Estado, reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenrolo.