Melide - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 23, REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DE XIMNASIO E PISCINA MUNICIPAL CUBERTA DE MELIDE
Artigo 1.- Fundamento e natureza:
De conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes e 57 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo (TRLFL) este Concello acorda establecer, en aplicación do artigo 20.1.B.b) e 20.4.o) a taxa por prestación do servizo público municipal de piscina e ximnasio, atendendo as súas normas ó disposto nos artigos sinalados do TRLFL 2/2004.
Artigo 2.- Obxecto.
Será obxecto desta taxa a utilización da piscina climatizada municipal e do ximnasio así como a prestación de servizos nela.
Artigo 3.- Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuinte, as persoas físicas ou jurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e 23 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, usuarias dos servizos descritos anteriormente.
Artigo 4.- Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsabeis subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria
CONCEPTO | TAXA |
ABONO INDIVIDUAL ÚNICO | 16 |
28 | |
ABONO FAMILIAR ÚNICO: | 6 |
-Cuota mensual del responsable de la unidad familiar | 4 |
-Cuota mensual del cónyuge o pareja de hecho | 3º fillo gratis |
- Cuota mensual por cada hijo a partir del 3º | |
ABONO TERCEIRA IDADE INDIVIDUAL | 16 |
ABONO TERCEIRA IDADE (titular más cónyuge) | 22 |
ABONO JOVEN | 16 |
MATRICULAS | 20 |
ENTRADA ÚNICA | 6 |
10 ENTRADAS INSTALACIONES | 45 |
20 ENTRADAS INSTALACIONES | 80 |
CURSO NATACIÓN ADULTO 1 DIA | 21 |
CURSO NATACIÓN ADULTO 1 DIA ABONADO | 12 |
CURSO NATACIÓN ADULTO 2 DÍAS | 32 |
CURSO NATACIÓN ADULTO 2 DÍAS ABONADO | 17 |
CURSO NATACIÓN ADULTO 3 DÍAS | 42 |
CURSO NATACIÓN ADULTO 3 DÍAS ABONADO | 25 |
CURSO NATACIÓN NIÑO 1 DIA | 17 |
CURSO NATACIÓN NIÑO 1 DIA ABONADO | 12 |
CURSO NATACIÓN NIÑO 2 DÍAS | 27 |
CURSO NATACIÓN NIÑO 2 DÍAS ABONADO | 17 |
CURSO NATACIÓN NIÑO 3 DÍAS | 32 |
CURSO NATACIÓN NIÑO 3 DÍAS ABONADO | 22 |
CURSO NATACIÓN ESCOLAR 1 DIA | 12 |
CURSO NATACIÓN ESCOLAR 2 DÍAS | 19 |
CURSO NATACIÓN BEBES 1 DIA | 22 |
CURSO NATACIÓN BEBES 1 DIA ABONADO | 12 |
CURSO NATACIÓN BEBES 2 DÍAS | 29 |
CURSO NATACIÓN BEBES 2 DÍAS ABONADO | 17 |
CURSO NATACIÓN BEBES 3 DÍAS | 32 |
CURSO NATACIÓN BEBES 3 DÍAS ABONADO | 22 |
CURSO NATACIÓN 3 EDAD (OTRAS ACTIVIDADES), 1 DIA | 17 |
CURSO NATACIÓN 3 EDAD (OTRAS ACTIVIDADES), ABONADO UN DIA | 12 |
USO ESPECIAL DE CALLES POR HORA PARA ENTIDADES DEPORTIVAS | 13 |
ACTIVIDAD TIPO 1 NO ABONADO | 45 |
ACTIVIDAD TIPO 1 ABONADO | 13 |
ACTIVIDAD TIPO 2 NO ABONADO | 45 |
ACTIVIDAD TIPO 2 ABONADO | 14 |
ACTIVIDAD TIPO 3 NO ABONADO | 40 |
ACTIVIDAD TIPO 3 ABONADO | 0 |
* ACTIVIDADES TIPO 1: Actividades dirigidas de corte tradicional, que no requieren calificación técnica compleja por parte del personal que las imparte y que se realizan con pequeño material: step, gap, ioga, aeróbic, aquagym, etc.
** ACTIVIDADES TIPO 2: Actividades dirigidas en sala para cuya realización es precisa la utilización de gran material complementario o que requieren para ser impartidas personal con una calificación técnica específica: spining, pilates, natación terapéutica.
*** ACTIVIDADES TIPO 3: Actividades dirigidas en sala para cuya realización no es precisa la utilización de gran material complementario o que no requieren para ser impartidas personal con una calificación técnica específica: gimnasia de mantenimiento, total training¿
Artigo 6.- Exencións e bonificacións:
Bonificacións:
Bonificación do 10% por familias numerosas de categoría especial.
Bonificación do 5% por familias numerosas de categoría xeral.
Exencións:
Non terán que aboar cota ningunha, sendo, polo tanto, gratuíto o servicio:
- Os nenos menores de tres anos en actividades non programadas.
- Os perceptores da RISGA.
- O alumnado de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato, coas seguintes condicións: cada colexio de Melide poderá enviar, unha hora semanal e de xeito gratuíto, un grupo composto dun número de alumnos non superior a sesenta, acompañados dos profesores que legalmente corresponda, co obxecto de realizar actividades complementarias e non extraescolares. Esta exención articularase a través do oportuno convenio.
Artigo 7.- Período impositivo e devengo
O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibeis por dito período.
As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal devengaranse instantáneamente no momento de acceder ás instalacións ou de formular a solicitude, se de actividades se tratara.
O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, e naqueloutros impartidos pola concesionaria da piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducíbeis por dito periodo.
Artigo 8.- Normas de xestión
1.- Mensualmente, polos servizos encargados da xestión da Piscina Municipal, elaborarase un padrón municipal de aboados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias.
As cotas de aboamento faranse efectivas por mensualidades anticipadas nas contas de domiciliación bancaria dos suxeitos pasivos. Para iso, e como condición previa para a adquisición da condición de abonado, o suxeito pasivo cubrirá o impreso de inscrición e de domiciliación bancaria.
Na primeira mensualidade, e para os abonados, cargarase o importe da cota de inscrición.
O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso ás instalacións. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o aboado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de aboado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente.
2. Nas restantes instalacións e prestación de servizos correspondentes ás entradas puntuais, esixirase a autoliquidación do importe da taxa.
3. A xestión e liquidación será competencia do concesionario, que, para os efectos do control municipal, deberá presentar as contas anuais ou os documentos acreditativos das contas que se lle soliciten.
4. Se debido a calquera situación, imputábel ou non ao adxudicatario, as instalacións permanecesen fechadas, o adxudicatario deberá facer efectiva aos abonados a devolución ou desconto da parte de cota correspondente, dentro do prazo máximo dun mes seguinte ao período en que se producise o peche e polo mesmo sistema que o usuario realizou o ingreso do seu abono.
4.- Os abonados que voluntariamente soliciten a baixa deixaráselles de cargar as cotas correspondentes. Establécese un prazo de aviso previo de 15 días respecto do período de devengo mensual no que produza efectos económicos a baixa.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
As infraccións por incumprimento das normas previstas na presente ordenanza, así como as sancións correspondentes, rexeranse polo establecido no artigo 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais disposicións legais que a desenvolven.
Os titulares de abonos están obrigados a comunicar as variacións na súa situación familiar ou económica cando teñan efecto sobre a aplicación das cotas.
O incumprimento da dita obriga, así como o ocultamento, falseamento ou engano de datos dará lugar á baixa forzosa na condición de abonado e, de ser o caso, ás demais responsabilidades a que houbese lugar.
Artigo 10.-Entrada en vigor.
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación definitiva no BOP e comezará a aplicarse a partir desta
A modificación entrará en vigor unha vez publicado no boletín oficial da provincia o acordo definitivo, incluíndo o provisional elevado automáticamente a tal categoría, e o texto da modificación permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.