Coirós - ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE COIRÓS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar.
Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador da axuda no fogar.
Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, establece pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira.
O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, e tamén é preciso adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao recollido neste Decreto.
En consecuencia e coa finalidade de dar cumprimento á lexislación e normativa vixente e para garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Coirós, atendendo á potestade regulamentaria e de auto-organización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal a través da presente Ordenanza.
CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º.- Obxecto
É obxecto desta Ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo Concello de Coirós.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
O establecido nesta Ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no Concello de Coirós.
Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo
1. O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.
2. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito preferente, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
3. O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal e/ou nos casos de desestruturación familiar.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Artigo 4º.- Contido do Servizo
1. De conformidade coa valoración técnica realizada polos Servizos Sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico:
a. Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
1. Asistencia para levantarse e deitarse.
2. Tarefas de coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
3. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
4. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
5. Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
6. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
7. Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
b. Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
1. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
2. Preparación dos alimentos.
3. Lavado e coidado das pezas de vestir, así como do enxoval doméstico.
4. Realización de compra para a vida cotián (alimentación, limpeza, hixiene, roupa¿)
5. Apoio á unidade familiar.
6. Coidados e mantemento básico da vivenda (pequenos arranxos, avisos de avarías e/ou deficiencias e/ou riscos detectados).
Algunhas destas atencións poderán ser facilitadas, se é o caso, por programas específicos e complementarios do servizo de axuda no fogar (lavandería, alimentación a domicilio).
c. Acompañamento persoal fora do fogar na realización doutras actividades necesarias da vida diaria, que deberá ser comunicado con antelación para ser valorado/autorizado pola persoa coordinadora do Servizo; e que correrá a cargo da persoa usuaria. Aplicable nos casos de:
1. Citas médicas.
2. Apoio en trámites imprescindibles de carácter administrativo, xudicial e similares.
d. Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais para o desenvolvemento das capacidades persoais, á mellora da convivencia, integración na comunidade e mellora da estrutura familiar.
2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, as seguintes actuacións e servizos:
a. Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
b. Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia (crónica ou temporal) ou discapacitados. Para estes efectos, enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restricións na participación social das persoas.
c. Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
d. Adaptacións funcionais do fogar.
e. Servizo de podoloxía.
f. Servizo de fisioterapia.
3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.
4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de apoio e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu medio inmediato, de xeito que se facilite e promova a súa autonomía.
5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
a. A realización de actividades/tarefas que non fosen incluídas no Proxecto de Intervención e no Acordo para a prestación do Servizo.
b. Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.
c. Calquera outra actuación de atención persoal e/ou doméstica que precise dunha cualificación profesional específica.
Artigo 5º.- Persoas destinatarias
1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia con residencia efectiva no término municipal de Coirós e para as que de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.
2. Nos casos de acceso ao Servizo na modalidade de Libre Concorrencia, as persoas usuarias deberán estar empadroadas no término municipal.
3. O Servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato. Tamén serán obxecto de atención os fogares con menores, nos que se observe a necesidade dunha intervención de apoio á organización persoal e/ou doméstica, ou ben precisen apoio de carácter socio-educativo. Así mesmo, poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social. Sempre que exista unha situación de desatención persoal ou familiar, avaliada tecnicamente e que xustifique a aplicación do servizo de axuda no fogar como recurso axeitado.
4. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia.
Artigo 6.- Dereitos das persoas usuarias
As persoas usuarias do Servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre Servizos Sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
2. A accederen e utilizaren o Servizo en condicións de igualdade e non discriminación.
3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.
4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do Sistema Galego de Servizos Sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.
5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
6. A coñeceren a organización e o regulamento do Servizo.
7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
8. A coñeceren a situación do seu expediente.
9. A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do Servizo.
11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do Servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
Artigo 7º.- Deberes das persoas usuarias
As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes:
1. Residir efectivamente no término municipal do Concello de Coirós, en todos os casos; e estar empadroado no término municipal nos casos de acceso ao Servizo en modalidade de Libre Concorrencia.
2. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso ao Servizo.
3. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos. Así como comunicar nun prazo máximo de 30 días, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou económicas que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.
4. Cumprir coas condicións do Servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal asignado e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.
5. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
6. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos Servizos Sociais Comunitarios, participando activamente no proceso pautado para mellora da autonomía persoal e/ou inserción social.
7. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do Servizo.
8. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o Servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
9. Comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir a prestación do Servizo.
Artigo 8º.- Causas de extinción e modificación do Servizo
1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar as seguintes:
a. A renuncia da persoa usuaria.
b. O cambio de Programa Individual de Atención ou do Proxecto de Intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co servizo de axuda no fogar.
b. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
c. Falecemento da persoa usuaria.
d. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do Servizo.
e. A falta reiterada de pagamento do Servizo.
f. Desaparición das causas que motivaron a prestación do Servizo.
2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo Informe Social.
3. Cando se trate dun Servizo público de Axuda no Fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do Servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención.
Artigo 9º.- Causas de suspensión temporal do Servizo
Son causa de suspensión temporal do Servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do Servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen:
1. O servizo de axuda no fogar poderá suspenderse temporalmente por un máximo de tres meses para as persoas que acceden ao servizo por libre concorrencia e por un máximo de de dous meses para as persoas usuarias de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do Servizo: poderá suspenderse o Servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión, nunca por un período superior a 3 meses, pasado o cal se propoñería a extinción do mesmo; coa excepción das prazas vinculadas a un dereito recoñecido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia, suposto no que se aplicará o disposto na correspondente normativa reguladora.
CAPÍTULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
SECCIÓN 1ª. DISPOSICIÓNS COMÚNS
Artigo 10º.- Formas de prestación do Servizo
O servizo de axuda no fogar será prestado polo Concello de Coirós ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 11º.- Requisitos específicos
1. Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do Servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 técnico/a titulado/a xornada completa |
100 a 199 | 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
200 a 399 | 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa |
2. O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por Auxiliares de Axuda no Fogar, que, no caso de prestar o Servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do Certificado de Profesionalidade de Atención Socio-sanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3. O seguimento da prestación do Servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión poderá revisarse e axustarse, se fose o caso, a prestación do Servizo no domicilio.
4. O Concello de Coirós, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
a. Un Informe Social, asinado por un Traballador/a Social da entidade titular do Servizo.
b. Un Proxecto de Intervención, asinado polo técnico responsable, segundo modelo recollido nos Anexos desta Ordenanza.
c. Un Acordo de Servizo asinado polo técnico responsable do Concello de Coirós e a persoa usuaria, segundo modelo recollido nos Anexos desta Ordenanza.
d. Informes de Seguimento periódicos, que terán un carácter mínimo bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
SECCIÓN 2ª. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Artigo 12º.- Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento
As modalidades de prestación do Servizo son dúas:
1. Atención a Persoas Dependentes.
2. Atención en Libre Concorrencia.
O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte:
1. O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a Axuda no Fogar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención (PIA), e consonte a aplicación do Programa de Asignación de Recursos(PAR), establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o concello de Coirós, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no Programa de Asignación de Recursos (PAR). As persoas para as que o Programa Individual de Atención (PIA), determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como Respiro do Coidador.
2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao Catálogo de Servizos de Atención á Dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao Servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia, resolverase en Réxime de Libre Concorrencia, segundo o seguinte procedemento:
a. Presentación da solicitude no Rexistro Municipal do Concello dirixida ao Alcalde, segundo modelo recollido nos Anexos desta Ordenanza, acompañada da seguinte documentación:
I. Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria/titular do Servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso.
II. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria da persoa beneficiaria.
III. Certificado de convivencia.
IV. Informe Médico ou clínico sobre o seu estado de saúde, segundo modelo recollido no Anexos desta Ordenanza.
V. Certificado de Discapacidade e/ou Resolución de Valoración do Grao de Dependencia, de ser o caso.
VI. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
1. Fotocopia da última Declaración da Renda, ou no seu defecto, Certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
2. Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan
3. Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.
4. Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para enmendar deficiencias; en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal e como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo.
b. As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a Traballador/a Social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do Servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin e recollido nos Anexos desta Ordenanza.
c. O departamento de Servizos Sociais elaborará un Informe - Proposta que será elevado ao órgano competente para ditar resolución; nun prazo máximo de tres meses.
d. A resolución (concesión/denegación/paso a lista de espera) será comunicada por escrito á persoa solicitante.
Serán causas de denegación da solicitude:
· Non cumprir os requisitos esixidos.
· Poder satisfacer axeitadamente as súas necesidades por si mesmo/a ou có apoio de familiares/convivintes/achegados.
· Non ser a necesidade alegada obxecto de cobertura polo SAF.
· Non aceptar as condicións do SAF en canto a prestacións e/ou achega económica.
· Persistir as circunstancias que motivaron a extinción do Servizo.
· Persistir as circunstancias que motivaron a denegación do SAF con anterioridade.
· Calquera outra causa debidamente motivada.
No caso de que a resolución sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no Servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase á orde temporal das solicitudes.
e. Aquelas solicitudes que superen os 6 meses na lista de agarda, antes de proceder á alta no Servizo, será preceptiva unha nova valoración da súa situación, na que se lle poderá requirir achega de documentación actualizada.
f. Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do Servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do Informe-Proposta do/a Traballador/a Social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadeante. A desaparición desta, levará consigo a posible extinción do Servizo e a tramitación pola vía ordinaria.
g. Cando circunstancias ben acreditadas así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao Servizo poderá realizarse de oficio dende os Servizos Sociais Comunitarios. Poderase iniciar o Servizo de xeito inmediato e sen prexuízo da posterior e imprescindible instrución do correspondente expediente.
h. Para o inicio da prestación do Servizo será requisito previo asinar o Acordo de Servizo, segundo modelo recollido nos Anexos desta Ordenanza.
i. Anualmente, farase unha revisión de todos os expedientes de persoas beneficiarias do Servizo, co fin de comprobar as condicións para a continuidade do mesmo. Para a revisión anual do Servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación requirida.
No caso de tratarse de intervencións de carácter socio-educativo derivadas dun diagnóstico de desestruturación familiar, na intervención no fogar poderá incorporarse, segundo as circunstancias, persoal técnico dos Servizos Sociais Comunitarios: Educador/a Familiar, Educador/a Social; ou profesional axeitado e dispoñible.
Na prestación do Servizo, ademais do persoal profesional, poderá colaborar persoal voluntario, sempre baixo a supervisión técnica dos Servizos Sociais Comunitarios e sempre segundo o previsto na lexislación en vigor sobre voluntariado.
Artigo 13º.- Desenvolvemento da prestación do Servizo
1. A alta no Servizo na modalidade de atención a persoas dependentes responderá á orde de prelación e dispoñibilidade horaria establecida no Programa de Asignación de Servizos (PAR). Para as persoas que acceden ao Servizo na modalidade de libre concorrencia, atenderase á orde de prelación segundo baremo aplicable e á dispoñibilidade do Servizo. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de 3 días dende que se dita resolución de Alta no Servizo pola autoridade competente.
2. Previo ao inicio do Servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá en consenso coa persoa usuaria, as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.
3. A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requirido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.
Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á Auxiliar de Axuda no Fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a Auxiliar, sempre que sexa tecnicamente posible.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do Servizo, que deban efectuarse por circunstancias de necesidades de organización do Servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria por escrito e quedará constancia no expediente.
4. Para o inicio da prestación do Servizo, será requisito previo asinar o Acordo de Servizo, segundo modelo deseñado para o efecto.
5. O persoal técnico elaborará un Proxecto de Intervención, segundo modelo deseñado para o efecto, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa, responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o tipo de seguimento efectivo da prestación no domicilio da persoa beneficiaria (mínimo bimestral).
6. Entregarase á persoa usuaria copia do documento que conteña os días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación cada día, identidade do persoal de atención directa, responsable da execución do proxecto, e obxectivos e tipoloxía das tarefas a desempeñar no domicilio.
7. Entregarase ao persoal de atención directa o documento que conteña os días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, responsable da execución do proxecto, e obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio.
8. As persoas usuarias terán copia da Ordenanza municipal que regula este Servizo, e serán informadas da existencia dun Libro de Reclamacións, que estará á súa disposición para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao Servizo de Inspección no prazo de tres días, xunto cun Informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
Artigo 14º.- Intensidade na prestación do Servizo
1. A intensidade do Servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do Informe Técnico.
2. Tamén con carácter xeral, o horario de prestación do servizo será entre as 07:00 h. e as 22:00 h.
3. A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do Sistema de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia, estará predeterminada no seu Programa Individual de Atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co Proxecto de Intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria todos os días da semana, relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar. Se a persoa usuaria demanda unha intensidade horaria menor á recoñecida no seu PIA, deberá facerse constar por escrito tal acordo no expediente.
4. Nos restantes casos, a intensidade do Servizo, virá determinada na prescrición efectuada polos Servizos Sociais Comunitarios do concello. Cunha intensidade máxima de 40 h/mes de atención, non superando 2 h/día de luns a venres; salvo excepcións suficientemente motivadas que se valorarán e farán constar no expediente. A intensidade horaria será revisable e modificable segundo variacións nas circunstancias persoais / familiares / de convivencia, e segundo dispoñibilidade do Servizo.
Artigo 15º.- Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia.
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de Servizos Sociais da Xunta de Galicia .
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do Plan Individual de Atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 16º.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias en Réxime de Libre Concorrencia.
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas da unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas da unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 17º.- Participación no financiamento do Servizo das Persoas Dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar
A participación no financiamento do Servizo para atención das persoas dependentes valoradas e con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, aplicarase de acordo coas normas contidas no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento. Sendo actualmente aplicable a seguinte táboa:
Capacidade económica (referenciada ao IPREM mensual). Ata: | Grao I | Grao II | Grao III |
<=20 h | <=45 h | <=70 h | |
100,00 % | 0,00 % | 0,00 % | 0,00 % |
115,00 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125,00 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150,00 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175,00 % | 5,65 % | 12,00 % | 18,35 % |
200,00 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215,00 % | 5,81 % | 12,34 % | 18,87 % |
250,00 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300,00 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350,00 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400,00 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450,00 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500,00 % | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500 % | 6,76 % | 14,36 % | 21,97 % |
Nos casos de renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención respecto do número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade correspondente segundo táboa aplicable, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de co-pagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.
No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas e con tal dereito de atención recoñecido no correspondente PIA; e de estar implementadas estas prestacións e as correspondentes taxas a nivel municipal, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase igualmente a normativa vixente en cada momento. Sendo a actual:
% Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata | Grao I | Grao II | Grao III | |||||||
Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia | Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables | Servizo de préstamo de axudas técnicas | ||
<=15 | <=28 | <=45 | ||||||||
100,00 % | 0,00 % | 12,87 % | 13,76 % | 0,00 % | 22,73 % | 24,29 % | 0,00 % | 35,51 % | 37,95 % | |
115,00 % | 5,98 % | 13,10 % | 14,00 % | 10,56 % | 23,12 % | 24,71 % | 16,50 % | 36,13 % | 38,61 % | |
125,00 % | 7,15 % | 13,39 % | 14,31 % | 12,63 % | 23,64 % | 25,26 % | 19,73 % | 36,94 % | 39,47 % | |
150,00 % | 7,34 % | 13,52 % | 14,44 % | 12,95 % | 23,87 % | 25,50 % | 20,24 % | 37,29 % | 39,85 % | |
175,00 % | 7,47 % | 13,61 % | 14,54 % | 13,18 % | 24,03 % | 25,67 % | 20,60 % | 37,54 % | 40,12 % | |
200,00 % | 7,57 % | 13,76 % | 14,70 % | 13,36 % | 24,29 % | 25,96 % | 20,87 % | 37,96 % | 40,56 % | |
215,00 % | 7,68 % | 13,83 % | 14,78 % | 13,56 % | 24,42 % | 26,09 % | 21,18 % | 38,16 % | 40,77 % | |
250,00 % | 7,98 % | 13,96 % | 14,91 % | 14,09 % | 24,64 % | 26,33 % | 22,01 % | 38,50 % | 41,14 % | |
300,00 % | 8,25 % | 14,06 % | 15,02 % | 14,57 % | 24,82 % | 26,52 % | 22,77 % | 38,78 % | 41,44 % | |
350,00 % | 8,48 % | 14,16 % | 15,13 % | 14,98 % | 25,00 % | 26,72 % | 23,40 % | 39,07 % | 41,74 % | |
400,00 % | 8,65 % | 14,35 % | 15,33 % | 15,27 % | 25,33 % | 27,06 % | 23,85 % | 39,57 % | 42,29 % | |
>400,00 % | 8,77 % | 14,48 % | 15,48 % | 15,48 % | 25,57 % | 27,32 % | 24,19 % | 39,95 % | 42,69 % |
Artigo 18.- Participación no financiamento do Servizo das persoas usuarias en Réxime de Libre Concorrencia.
Para o servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do Servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 16 desta Ordenanza.
CAPACIDADE ECONÓMICA | Participación no custe do servizo de SAF Libre Concorrencia / Básico |
Menor de 0,80 IPREM | 0% |
Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM | 12% |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM | 22% |
Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM | 42% |
Maior de 2,50 e menor ou igual a 3,00 IPREM | 62% |
Maior de 3,00 e menor ou igual a 3,50 IPREM | 82% |
Maior de 3,50 IPREM | 90% |
1. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido co-pagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social, pobreza infantil, ou calquera outra circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
2. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
Artigo 19º.- Afectación dos ingresos municipais polo co-pagamento do servizo de axuda no fogar
De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Coirós, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo do servizo de axuda no fogar, estarán afectados ao financiamento do mesmo Servizo.
Artigo 20º.- Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos
No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do Sistema de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia, manterán unha coordinación continua e efectiva cos Servizos Sociais Comunitarios. E establecerase un protocolo de comunicación que garanta a correcta atención dos/as usuarios/as, así como das incidencias e seguimentos de cada caso atendido.
Artigo 21º.- Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta Ordenanza as persoas físicas usuarias do servizo de axuda no fogar prestado por este Concello.
Artigo 22º. -Nacemento da obriga de pago
O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do Servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais.
A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta Ordenanza, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do Servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:
1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do Servizo, con carácter específico a mes vencido, e durante os vinte primeiros días do mes seguinte.
2. Por parte do Concello, e segundo información facilitada polos Servizos Sociais Comunitarios, elaborarase mensualmente o Padrón Fiscal de cobramento do servizo de axuda no fogar, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria para domiciliar o pago do Servizo, para que se efectúe o cobro correspondente.
Artigo 23º. - Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN ADICIONAL
En referencia á Base Impoñible:
1. A Base Impoñible para as persoas usuarias de dependencia estará constituída pola súa capacidade e para as persoas que acceden ao sistema por libre concorrencia polo resultado de multiplicar a intensidade do servizo polo prezo/hora.
2. Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas, establécese o prezo / hora de prestación do Servizo para este ano 2014 en 12 €, revisable anualmente segundo o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
3. No caso de servizos prestados en domingos e/ou festivos, o prezo por hora incrementarase aplicando a normativa vixente.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Esta Ordenanza deroga expresamente as Ordenanzas reguladoras do servizo de axuda no fogar publicadas con anterioridade, e calquera outra disposición de igual ou inferior rango que sexa contraria á mesma.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Esta Ordenanza entrará en vigor 30 días despois da súa publicación definitiva no B.O.P.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós 30 días seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."