Padrón - RDENANZA NÚMERO 4, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE PADRÓN

Publicación provisional: 02/01/2015 BOP Nº: 1
Publicación definitiva: 03/03/2015 BOP Nº: 41
Aplicable dende: 03/03/2015

ARTIGO 1.-FUNDAMENTO E NATUREZA.

De conformidade co previsto no artigo 127 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, en relación cos artigos 41 a 47 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ás Entidades Locais polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, este Concello estable o prezo público polo servicio de axuda no fogar.

ARTIGO 2.-CONCEPTO.

O prezo público regulado nesta Ordenanza constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que se satisfará pola prestación do servizo de axuda no fogar concedida a través dos servizos sociais municipais, de conformidade coa ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar.

ARTIGO 3.-OBRIGADOS AO PAGO.

1. Están obrigados ao pago do prezo público regulado na presente Ordenanza os seguintes:

1) As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e que teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo), sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

2) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

2. Se o/a beneficiario/a carecera de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal, ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

ARTIGO 4.-CONTÍA DO PREZO PÚBLICO.

Para os efectos da aplicación das tarifas tomarase como referencia o indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

Para os efectos previstos para a aplicación das tarifas, establécese o prezo da hora por prestación do servizo en 12 euros.

O prezo/hora poderá ser revisable anualmente segundo o IPC.

ARTIGO 5.-DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DO SISTEMA DE ATENCÍÓN A PERSOAS USUARIAS DA DEPENDENCIA.

A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.

O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

ARTIGO 6.-DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DOUTROS SERVIZOS QUE IMPLIQUEN COPAGAMENTO.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte ás regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder, Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

ARTIGO 7.-PARTICIPACIÓN NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO DAS PERSOAS DEPENDENTES CON DEREITO DE ATENCIÓN RECOÑECIDO COMO USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica
(referenciada ao IPREM)
Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

<=20 horas

<=45 horas

<=70 horas

100,00%

0,00%

0,00%

0,00%

115,00%

4,52%

9,61%

14,70%

125,00%

5,41%

11,50%

17,58%

150,00%

5,55%

11,79%

18,03%

175,00%

5,65%

12,00%

18,35%

200,00%

5,72%

12,16%

18,60%

215,00%

5,81%

12,34%

18,87%

250,00%

6,03%

12,82%

19,61%

300,00%

6,24%

13,26%

20,29%

350,00%

6,42%

13,63%

20,85%

400,00%

6,54%

13,90%

21,25%

450,00%

6,63%

14,09%

21,55%

500,00%

6,70%

14,25%

21,79%

>500%

6,76%

14,36%

21,97%

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresado no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4. En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90% do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.

5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade económica (referenciada ao IPREM)

Ata

GRAO I

GRAO II

GRAO III

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

Adaptacións funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de préstamo de axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00%

0,00%

12,87%

13,76%

0,00%

22,73%

24,29%

0,00%

35,51%

37,95%

115,00%

5,98%

13,10%

14,00%

10,56%

23,12%

24,71%

16,50%

36,13%

38,61%

125,00%

7,15%

13,39%

14,31%

12,63%

23,64%

25,26%

19,73%

36,94%

39,47%

150,00%

7,34%

13,52%

14,44%

12,95%

23,87%

25,50%

20,24%

37,29%

39,85%

175,00%

7,47%

13,61%

14,54%

13,18%

24,03%

25,67%

20,60%

37,54%

40,12%

200,00%

7,57%

13,76%

14,70%

13,36%

24,29%

25,96%

20,87%

37,96%

40,56%

215,00%

7,68%

13,83%

14,78%

13,56%

24,42%

26,09%

21,18%

38,16%

40,77%

250,00%

7,98%

13,96%

14,91%

14,09%

24,64%

26,33%

22,01%

38,50%

41,14%

300,00%

8,25%

14,06%

15,02%

14,57%

24,82%

26,52%

22,77%

38,78%

41,44%

350,00%

8,48%

14,16%

15,13%

14,98%

25,00%

26,72%

23,40%

39,07%

41,74%

400,00%

8,65%

14,35%

15,33%

15,27%

25,33%

27,06%

23,85%

39,57%

42,29%

>400,00%

8,77%

14,48%

15,48%

15,48%

25,57%

27,32%

24,19%

39,95%

42,69%

ARTIGO 8.-PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO FINANCIAMENTO DOUTROS SERVIZOS QUE IMPLIQUEN COPAGAMENTO.

a) Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 6 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,00 IPREM

10,00%

Maior de 1,00 e menor ou igual a 1,25 IPREM

20,00%

Maior de 1,25 e menor ou igual a 1,50 IPREM

30,00%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM

40,00%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM

60,00%

Maior de 2,50 IPREM

70,00%

b) Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

c) En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.

ARTIGO 9.-AFECTACIÓN DOS INGRESOS MUNICIPAIS POLO COPAGAMENTO DOS SERVIZOS.

De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o concello de Padrón, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

ARTIGO 10.-NORMAS DE XESTIÓN.

Unha vez aprobada a alta no servizo, éste manterase mentres non varíen as circunstancias que motivaron a prestación deste. Para ditas variacións, no seu caso, estarase ao previsto na Ordenanza reguladora do servizo.

A obriga de pagamento do prezo público regulado na presente ordenanza nace dende que se inicie a prestación do servicio e o seu cobro realizarase cunha periodicidade mensual.

Por parte do Concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento durante os primeiros vinte días do mes seguinte á prestación do servizo.

Se a algunha persoa non se lle prestase o servizo por causas non imputables á mesma, senón por motivos derivados da organización interna,realizará un pago proporcional ao tempo efectivamente prestado á hora de abonar a cota mensual.

En caso de suspensión temporal do servizo aboará a parte proporcional das cotas mensuais que lle correspondan.

As débedas polos prezos públicos aquí regulados poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento, e de conformidade coa normativa de recadación que sexa de aplicación.

Anualmente, no mes de xaneiro (Para as persoas usuarias de dependencia estarase ao disposto no artigo 18 do Decreto 149/2013, do 5 de setembro), ou no caso de producirse cambios na situación persoal, as persoas beneficiarias serán requiridas polos Servizos Sociais do Concello de Padrón para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, para os efectos de actualizar a súa capacidade económica, e, no seu caso, o prezo público que deberá pagar segundo se establece no regulamento do servizo de axuda no fogar.

ARTIGO 11.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

A presente Ordenanza reguladora do precio público do servicio de axuda no fogar do Concello de Padrón derroga a Ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda no fogar do Concello de Padrón publicada no Boletín Oficial da Provincia número 232 de 29/10/2009.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza de Prezo Público entrará en vigor, tras a súa aprobación definitiva, unha vez se cumpra o esixido no artigo 49 da Lei de Bases do Réxime Local e se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei de Bases do Réxime Local, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.