Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 6, REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.
Artigo 1º . - Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a "taxa por expedición de documentos administrativos" que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 57 do citado Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 2º. - Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.
2. Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos.
Artigo 3º . - Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as personas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4º . - Responsables
Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as personas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
Artículo 5.º .-Exencións.
Terán una exención subxectiva aqueles contribuíntes que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, según informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ó respecto.
Artigo 6º. - Cota tributaria.
Artigo 7º .-Tarifa.
A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase da seguinte maneira:
TARIFA | |
Documentación catastral | |
Copia de fotografía aérea en papel opaco | 6,00 euros /unidade |
Copia de cartografía en papel opaco DIN A-3 ou DIN A-4 | 6,00 euros /unidade |
Copia de cartografía en papel opaco en tamaño superior a DIN A-3 | 12,00 euros /unidade |
Copia de cartografía en papel reproducible | 31,00 euros /unidade |
Copia de cartografía dixitalizada urbana | 3,00 euros /hectárea |
Copia de cartografía dixitalizada rústica | 0,12 euros /hectárea |
Información alfanumérica dixital urbana | 0,06 euros /rexistro |
Expedición de copias de información non gráfica de expedientes | 0,30 euros /folla |
Informes catastrais sobre bens urbanos | 3,00 euros /unidade |
Informes catastrais sobre bens rústicos | 3,00 euros /unidade |
Nos informes catastrais descritivos e gráficos referidos unicamente a unha unidade urbana ou unha parcela rústica | 12,00 euros /unidade |
Nas certificacións catastrais que incorporen datos cunha antigüidade superior a cinco anos, incrementarase a tarifa en | 31,00 euros /unidade |
Modelo 902 de alta catastral | Segundo coste oficial |
Dereitos de inscripción en Procesos de Selección de Persoal | |
Procesos de selección de persoal para prazas encadradas no subgrupo A1 ou asimilado | 50,00 euros |
Prazas do subgrupo A2 ou asimilado | 40,00 euros |
Prazas do subgrupo B ou asimilado | 30,00 euros |
Prazas do subgrupo C1 ou asimilado | 30,00 euros |
Prazas do subgrupo C2 ou asimilado | 20,00 euros |
Prazas de Agrupacións profesionais sen requisito de titulación ou asimilado | 10,00 euros |
Planos, fotocopias e documentos técnicos | |
Por cada documento que se expida en fotocopia: | |
1. Por folio de tamaño DIN A-4 | 0,15 euros |
2. Por folla tamaño DIN A-3 | 0,20 euros |
3. Maior DIN A-3, por folla | |
3.1. A primeira copia | 6,00 euros |
3.2. As copias restantes | 2,00 euros |
4. Fotocopia e compulsa de documentos, sempre e cando non se trate de tramitacións municipáis (caso no que a cota será de 0 euros): | |
4.1. polo primeiro folio | 1,00 euro |
4.2. por cada un dos restantes | 0,20 euros |
Documentos relativos a Urbanismo | |
Certificado de cualificación urbanística | 35,00 euros |
Informe de cualificación urbanística | 25,00 euros |
Declaración de innecesariedade de licencia urbanística | 60,00 euros |
Por cada expediente acreditativo da antigüedade das edificacións ou sobre incoación ou non de expediente de reposición de legalidade ou sancionador: | |
1.Por vivenda ou local de máis de 30 anos | 30,00 euros |
2.Por vivenda ou local de menos de 30 anos: | |
2.1. En caso de existir expediente de solicitude de licencia do inmoble | 35,00 euros |
2.2. En caso de non existir expediente de solicitude de licencia: | |
2.2.1. Ata 100 m2 de superficie | 600,00 euros |
2.2.2 De 101 a 150 m2 de superficie | 750,00 euros |
2.2.3 De máis de 150 m2 de superficie | 900,00 euros |
Outros informes urbanísticos | 40,00 euros |
Outras certificacións urbanísticas | 50,00 euros |
Declaración de non caducidade de licencias urbanísticas | 15,00 euros |
Outros documentos: | |
Exemplar de ordenanzas fiscais | 24,00 euros |
Bastanteo de poderes | 25,00 euros |
Entrega de documentación administrativa en CD-ROM | 15,00 euros/ unidade |
Por cada expediente para celebración de voda civil no Concello | |
1. Cando algún dos contraíntes sexa veciño do municipio | 90,00 euros |
2. Cando ningún dos contraíntes sexa veciño do municipio | 180,00 euros |
Por cada inscrición no Libro rexistro de unións non matrimoniais | 12,00 euros |
Certificado de empadroamento do padrón vixente | 0,00 euros |
Certificado de empadroamento de padróns anteriores: | |
1. Ata padrón ano 1981, incluído | 4,00 euros |
2. Padróns anteriores a 1981: engadirase á cota anterior, por cada 5 anos | 1,20 euros |
Certificación de acordos municipais: | |
1. Do ano en curso | 10,00 euros |
2. De anos anteriores | 12,00 euros |
Expedición informes emitidos pola policía local relativos a accidentes de circulación | 50,00 euros |
Expedición de outros informes emitidos pola policía local | 10,00 euros |
Expedición de tarjetas de armas o permiso de uso de escopetas de aire comprimido, u otros tramitados ante la policía local | 12,00 euros |
Expedición de informes sociais | 0,00 euros |
Outros informes non comprendidos en apartados anteriores | 3,00 euros |
Outras certificacións non comprendidas en apartados anteriores: | |
1. Cando precisen de informe técnico | 15,00 euros |
2. Cando non precisen de informe técnico | 2,00 euros |
Por cada fotocopia de documentos obrantes nas Bibliotecas municipais ou impresión de documentos dixitais (sendo 35 o número máximo permitido ó día) | |
1. Por folio tamaño DIN A-4 | 0,05 euros |
2. Por folla tamaño DIN A- 3 | 0,10 euros |
Expedición do Carné Propio da OMIX | 12,00 euros |
Expedición duplicado do carné propio da OMIX | 6,00 euros |
Artigo 8º.-Bonificacións da cota.
Artigo 9º. - Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2. Nos casos a que se refire o apartado 2 del artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10º . - Declaración e ingreso
1. A taxa esixirase polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.
2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade se requerirá ó interesado para que, no plazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xuzgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfacera a correspondente cota tributaria.
Artigo 11º . - Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento."