Oroso - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EDUCATIVOS E FORMATIVOS NA AULA MENTOR DO CONCELLO DE OROSO

Publicación provisional: 06/02/2015 BOP Nº: 25
Publicación definitiva: 30/03/2015 BOP Nº: 59
Aplicable dende: 30/03/2015

1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

1.1. De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41 TR 2/2004 da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación dos servizos educativos e formativos da Aula Mentor do Concello de Oroso, especificando as tarifas no artigo 4 e seguintes, que se rexerán polo presente texto normativo.

2. CONCEPTO.

2.1. Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten a inclusión nos cursos e programas formativos da plataforma de ensinanza non regrada online da ¿Aula Mentor" dependente do Ministerio de Educación, co cal o Concello concertou un convenio de colaboración.

3. OBRIGADOS AO PAGAMENTO.

3.1. Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza, aqueles usuarios que soliciten e se beneficien dos servicios especificados no artigo anterior.

4. CONTÍA.

4.1. A contía do prezo público deriva da aplicación das seguintes tarifas:

4.1.1. Matrícula e asistencia de dous meses á plataforma, por curso: 48 euros.

4.1.2. Mes de asistencia e acceso á plataforma, por curso ou programa: 24 euros.

5. BONIFICACIÓNS.

5.1. Aqueles usuarios que fosen seleccionados para participar en programas formativos desenvolvidos polo Concello coma medidas de integración social e laboral, para loitar contra a exclusión de colectivos como son o da mocidade , as persoas en situación de desemprego afectadas pola situación da crise socioeconómica e outros colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, terán unha bonificación do 100% das cotas previstas nesta ordenanza.

5.2. O desfrute das bonificacións previstas no artigo 5.1 desta ordenanza quedarán supeditadas ao cumprimento por parte dos usuarios das condicións establecidas nas bases e acordos do Concello que regulen os programas.

5.3. Non terán dereito a bonificación ou redución algún aqueles alumnos que non estean ao corrente coas obrigas tributarias co Estado, Comunidade Autónoma e a facenda municipal, así coma coa Seguridade Social.

6. NORMAS DE XESTIÓN.

6.1. O cobro das tarifas do prezo público recollidas nesta ordenanza farase mediante autoliquidación dos obrigados ao pago nos impresos habilitados ao efecto pola Administración municipal e ingreso das contías correspondentes nas entidades bancarias autorizadas, con anterioridade en todo caso ao inicio da prestación do servizo.

6.2. O desistimento ou falta de asistencia dos usuarios ao servizo non suporá redución nin exención da obriga de pagamento, non procedendo a devolución das contías ingresadas salvo que por causas non imputables ao obrigado ao pago do prezo, o servicio ou a actividade non se preste ou desenrole.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogadas calesquera normativa sobre os servizos previstos nesta ordenanza.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza entrará en vigor cando unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da corporación e publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia, teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.