Arzúa - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL NO CONCELLO DE ARZÚA

Publicación provisional: 26/02/2015 BOP Nº: 38
Publicación definitiva: 15/04/2015 BOP Nº: 69
Aplicable dende: 04/05/2015

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O artigo 1 da Constitución Española de 1978 establece que ¿España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito". Esta declaración de intencións introducida no primeiro dos seus artigos, resalta a necesidade e importancia de que o Estado desenvolva unha acción positiva para a consecución do benestar dos cidadáns mediante unha serie de vías e instrumentos, entre eles, os servizos sociais.

Aínda que no texto constitucional non se contén un tratamento directo dos servicios sociais (a beneficencia en si mesma no aparece mencionada, e a asistencia social tan so se menciona nun artigo, o 148.1.20), si se establece un recoñecemento implícito do dereito a eses servizos, ás veces en forma de compromiso (dereito á educación -artigo 27-; réxime público da Seguridade Social -artigo 41-; saúde pública -artigo 43-; medio ambiente e mellora da calidade de vida -artigo 45-; política de vivenda -artigo 47-; defensa dos consumidores e usuarios -artigo 51)- etc¿), ou ao tratar distintos grupos subxectivos (familia -artigo 39-; xuventude -artigo 48-; emigrantes -artigo 42- etc...).

O que si recoñece explicitamente a Constitución é a competencia das Comunidades Autónomas en materia de asistencia social (artigo 148.1.20), e por iso o noso Estatuto de Autonomía, aprobado por Lei Orgánica 1/1981 do 6 de abril, establece no artigo 27.23 a competencia exclusiva de Galicia nesa materia.

Dentro deste marco xurídico promulgouse a vixente Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que ten por obxecto estructurar e regular, como servizo público, os servizos sociais en Galicia para a construcción do ¿sistema galego de benestar". Segundo o disposto no artigo 8 da mesma: ¿O sistema galego de servizos sociais estruturase en forma de rede, consonte con dous niveis de actuación: a) Servizos sociais comunitarios, que comprenden, a súa vez, dúas modalidades: servizos sociais comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos e b) Servizos sociais especializados"; atribuíndo aos concellos no artigo 60 a competencia para a ¿creación, xestión e mantemento dos servicios sociais comunitarios básicos", dentro dos cales podemos incluír as prestacións económicas consistentes en axudas de emerxencia e necesidade social. Estas axudas, teñen por finalidade proporcionar a atención necesaria a aquelas persoas ou familias que atravesan por una situación de especial dificultade, debido á imposibilidade para facer fronte a determinados gastos imprescindibles para levar un nivel de vida digno (vestido, vivenda¿), ou incluso ás veces, para salvagardar a propia supervivencia (alimentación, asistencia médica¿).

O Concello de Arzúa establece nesta ordenanza as bases para regular a concesión das axudas municipais de emerxencia social co obxectivo de garantir a máxima transparencia e eficiencia na súa xestión; si ben é necesario resaltar que a súa concesión seguirá o procedemento excepcional de concesión directa (e non o normal de concorrencia competitiva) atendendo ás razóns de interese público, social e humanitario que priman na súa regulación.

CONTIDO

A parte dispositiva da ordenanza divídese en 29 artigos, agrupados en 9 capítulos, conforme ao seguinte esquema:

CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS

CAPÍTULO II: AXUDA MUNICIPAL DE EMERXENCIA SOCIAL

CAPÍTULO III: BENEFICIARIOS

CAPÍTULO IV: NORMAS DE PROCEDEMENTO

· SECCIÓN PRIMEIRA - INICIO

· SECCIÓN SEGUNDA - TRAMITACIÓN

· SECCIÓN TERCEIRA - RESOLUCIÓN

CAPÍTULO V: COMISIÓN DE VALORACIÓN

CAPÍTULO VI: DESESTIMENTO E RENUNCIA

CAPÍTULO VII: CONTROL, XUSTIFICACIÓN E REINTEGRO DAS AXUDAS

CAPÍTULO VIII: RÉXIME SANCIONADOR

CAPÍTULO IX: RÉXIME DE RECURSOS

A parte final da ordenanza componse de dúas Disposicións Finais, e complétase con catro Anexos que conteñen o modelo de solicitude (ANEXO I), a documentación a presentar (ANEXO II), a declaración responsable das axudas recibidas (ANEXO III), e a declaración responsable de ingresos e de patrimonio de todos os membros da unidade familiar de convivencia (ANEXO IV)

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Obxecto.

A presente Ordenanza ten por obxecto a regulación da concesión das Axudas Municipais de Emerxencia Social coa finalidade de apoiar a aquelas persoas e familias que carecen de recursos económicos para afrontar necesidades básicas non cubertas polos diferentes sistemas públicos, tratando de paliar ou evitar as consecuencias físicas, psíquicas e sociais que dita carencia de recursos provoca cando afecta ao normal desenvolvemento das persoas en sociedade.

Artigo 2. Fundamento.

A regulamentación por medio da presente ordenanza da concesión das Axudas Municipais de Emerxencia Social fundaméntase no uso das competencias que lle atribúen ao Concello os artigos 25.2.k) e 84.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; e o artigo 80.2.k) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

Artigo 3. Réxime xurídico.

1.- O réxime xurídico da concesión das Axudas Municipais de Emerxencia Social rexerase polo disposto nesta ordenanza, na Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Arzúa e nas Bases de Execución dos orzamentos do Concello de Arzúa para cada exercicio económico.

2.- Tamén serán de aplicación para todo o non previsto as disposicións contidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvenciones de Galicia; na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións; e no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

CAPÍTULO II. AS AXUDAS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA SOCIAL

Artigo 4. Concepto.

Considéranse Axudas Municipais de Emerxencia Social aos efectos da presente Ordenanza, aquelas prestacións económicas de pago único e carácter extraordinario, destinadas a atender situacións puntuais de emerxencia que afecten a persoas ou familias ás que sobreveñan situacións de necesidade que no lles permitan facer fronte aos gastos más imprescindibles.

Artigo 5. Finalidade.

Dispensar unha atención básica e urxente ás persoas ou familias no momento en que as situacións puntuais de emerxencia se produzan.

Artigo 6. Natureza.

A natureza da Axuda Municipal de Emerxencia Social é a dunha subvención de carácter directo, e como tal, condicionada ás dispoñibilidades económicas existentes en cada exercicio orzamentario.

Artigo 7. Características.

As Axudas Municipais de Emerxencia Social reguladas nesta ordenanza caracterízanse por:

- O seu carácter finalista, debendo destinarse para satisfacer a necesidade especificamente sinalada na resolución de recoñecemento da axuda, feito que debe quedar acreditado

- O seu carácter subsidiario, respecto de outras prestacións económicas recoñecidas ou recoñecibles segundo a lexislación vixente

- O seu carácter persoalísimo e intransferible

- O seu carácter puntual e non periódico

Artigo 8. Situacións puntuais de emerxencia.

Aos efectos desta ordenanza considéranse situacións puntuais de emerxencia susceptibles de ser atendidas mediante unha Axuda Municipal de Emerxencia Social as seguintes:

1. As derivadas de gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento

a) necesidade de vivenda ou aloxamento.

b) gastos necesarios para conservar o uso da vivenda ou aloxamento, sexa cal fora a causa que os xere: situacións de emerxencia (tales como desahucio) ou de sinistro (tales como incendio, inundación, ruína); ou outras causas imprevisibles e/ou inevitables que obrigaran ao seu abandono.

c) obras ou arranxos de carácter básico que resulten imprescindibles para que a vivenda poida seguir mantendo as condicións mínimas necesarias para servir ao uso a que se destina.

d) gastos de mobiliario esencial e imprescindible, tales como frigorífico, lavadora, cociña, colchón, cama, roupa de abrigo para a mesma¿

e) fianzas para alugueres.

f) mensualidades do aluguer.

g) mensualidades da hipoteca.

h) auga, enerxía eléctrica, gas ou outros subministros esenciais.

2. As derivadas das necesidades básicas de subsistencia:

a) alimento.

b) vestido.

c) gastos sanitarios e farmacéuticos non cubertos polos diferentes sistemas públicos e que foran de vital necesidade a xuízo de facultativo.

3. As relacionadas coa atención aos menores:

a) comedor escolar.

b) libros e material escolar.

c) actividades extraescolares.

d) outros gastos relativos á educación dos menores da unidade familiar en idade escolar, sempre que non estiveran cubertos por outras axudas públicas e foran fundamentais para a continuidade da súa asistencia.

4. Outras non relacionadas nos apartados anteriores, consideradas de primeira e urxente necesidade, sempre que así se xustifique suficientemente no informe social elaborado ao efecto.

Artigo 9. Contía das axudas.

A contía máxima da axuda estará en función da situación puntual de emerxencia que se pretenda atender:

a) Cando se outorguen para a cobertura das ¿necesidades básicas de subsistencia" (artigo 8.2 da presente Ordenanza) ata un 75% da contía mensual establecida para o IPREM no exercicio económico que corresponda segundo a data da resolución de concesión, e cun máximo de tres axudas por ano.

b) Cando se outorguen por calquera outro concepto ata un máximo do 100% da contía mensual establecida para o IPREM no exercicio económico que corresponda segundo a data da resolución de concesión, e solo unha axuda por concepto e ano.

Artigo 10. Abono das axudas.

O abono das axudas efectuarase polos Servizos Económicos Municipais, mediante transferencia á conta bancaria designada pola persoa beneficiaria, con cargo á partida destinada a este fin e co límite dos créditos consignados na mesma.

CAPÍTULO III. BENEFICIARIOS/AS

Artigo 11. Concepto.

1.- Poderán ser beneficiarios/as das Axudas Municipais de Emerxencia Social, para si ou para a súa unidade familiar de convivencia, as persoas físicas que se atopen empadroadas no Concello de Arzúa de forma ininterrompida cunha antelación mínima de 6 meses á data de presentación da solicitude, sempre que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 12 e 13 desta ordenanza.

2.- Enténdese por unidade familiar de convivencia a formada por persoas unidas por vínculos de consanguinidade ou afinidade, sempre que convivan no mesmo domicilio.

Artigo 12. Requisitos xerais.

1. Ser maior de idade ou menor emancipado/a.

2. Estar empadroado/a no Concello de forma ininterrompida cunha antelación mínima de 6 meses á data de presentación da solicitude. Excepcionalmente poderán ser beneficiarias as persoas que non cumpran este requisito, previo informe do/a traballador/a social do Concello, sempre que a gravidade ou urxencia da situación fagan necesaria esta axuda.

3. Non ter sido ningún membro da unidade familiar de convivencia beneficiario dunha Axuda Municipal de Emerxencia Social para a mesma finalidade, dentro do mesmo exercicio económico (agás o disposto para as necesidades básicas de subsistencia).

4. Non ter sido ningún membro da unidade familiar de convivencia beneficiario de axudas concedidas por outra Administración Pública, organismo ou entidade, para a mesma finalidade, dentro do mesmo exercicio económico, que cubran o 100% da necesidade pola que se solicita a prestación.

5. Acreditar a situación de necesidade a xuízo dos servizos sociais comunitarios.

6. Carecer de medios económicos para facer fronte á situación de emerxencia de conformidade cos baremos establecidos no artigo seguinte.

7. Estar integrado/a nun proxecto de intervención social, ou en caso contrario, aceptar expresamente as condicións que figuren no proxecto de intervención social que se lle elabore ao efecto polos servizos sociais comunitarios.

8. Aportar a documentación que sexa pertinente en cada caso.

Artigo 13. Requisitos económicos.

1.- Considérase carencia de medios económicos aos efectos do establecido no artigo 12.6 desta ordenanza, cando os recursos económicos netos mensuais (unha vez descontados no seu caso, os gastos derivados do préstamo hipotecario ou aluguer da vivenda, ata un máximo de 300 euros/mes) non sexan superiores ao 75% do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) para un solo membro, incrementándose nun 10 % do IPREM por cada membro da unidade familiar a partir do segundo:

¿ unidade familiar de 2 membros: 85% do importe do IPREM

¿ unidade familiar de 3 membros: 95% do importe do IPREM

¿ unidade familiar de 4 membros: 105% do importe do IPREM

¿ unidade familiar de 5 membros: 115% do importe do IPREM; e así sucesivamente

2.- Tomaranse como referencia para facer o cálculo os tres meses anteriores á data de presentación da solicitude, nos que non se poderán superar estes límites.

Artigo 14. Obrigas dos beneficiarios/as.

Son obrigas dos/as beneficiarios/as dunha Axuda Municipal de Emerxencia Social as seguintes:

- Aplicar a axuda á finalidade para a que foi concedida

- Comunicar os cambios que teñan lugar en relación co cumprimento dos requisitos xerais e/ou económicos

- Facilitar a labor dos servizos sociais comunitarios con canta información sexa necesaria para a elaboración dos informes sociais que resulten procedentes, mantendo en todo momento unha actitude colaboradora

- Reintegrar o importe das prestacións indebidamente percibidas ou a contía indebida

Artigo 15. Incompatibilidades.

1.- Ningunha persoa poderá ser beneficiaria de mais dunha prestación económica para a mesma finalidade calquera que sexa o organismo, entidade ou administración pública, outorgante. Exceptúase o suposto de que as prestacións recibidas doutras administracións públicas non cubran a totalidade da necesidade para a que se solicitou a axuda, en cuxo caso poderase outorgar unha axuda municipal para a mesma finalidade, pero solo pola parte correspondente ao importe non cuberto.

2.- Si será compatible o disfrute polo beneficiario/a de mais dunha prestación económica cando estas atendan a distintas finalidades, ben sexan concedidas pola mesma ou por distintas Administracións Públicas.

CAPÍTULO IV. NORMAS DE PROCEDEMENTO

SECCIÓN PRIMEIRA - INICIO

Artigo 16. Solicitude.

1.- As solicitudes irán dirixidas ao Alcalde - Presidente, segundo o modelo establecido no Anexo I (que incluirá a declaración responsable de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social); e presentaranse no rexistro xeral do Concello, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

2.- As solicitudes irán firmadas polo interesado ou polo seu representante legal e poderán presentarse en calquera momento do ano.

Artigo 17. Documentación.

1.- A documentación que se deberá de presentar xunto coa solicitude é a seguinte (Anexo II):

a) Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte dos membros da unidade familiar de convivencia que o posúan.

b) Fotocopia do Libro de Familia si é o caso.

c) Certificado de empadroamento do solicitante, no que se acredite unha antigüidade mínima e ininterrompida de 6 meses anteriores á formulación da solicitude.

d) Certificado de convivencia a nome do solicitante.

e) Declaración responsable das axudas e importes recibidos para as mesmas finalidades (ou de non ter recibido ningunha), así como compromiso de destinar a axuda á finalidade para a que resulte concedida, segundo o modelo establecido no Anexo III.

f) Presuposto correspondente á solicitude da axuda, no seu caso.

g) No caso de persoas con discapacidade ou enfermidade deberán aportar o certificado do grao de discapacidade ou informes do Sistema Público de Saúde, onde se acrediten as mesmas.

h) No caso de manifestar maltrato ou violencia doméstica, deberá presentar a denuncia ou documento acreditativo correspondente.

i) No caso de separación ou divorcio, deberá presentar documentación acreditativa da situación, e de ser o caso, de pensións alimenticias e compensatorias.

j) No caso de solicitar axuda para tratamento farmacolóxico, deberá aportar receta médica do Sergas e documentación acreditativa da botica indicando a aportación que ten que asumir o interesado.

k) No caso de solicitar axudas para facer fronte a situacións de emerxencia derivadas de gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento: fotocopia do contrato de aluguer xunto con declaración responsable do propietario da vivenda na que se acredite a existencia dunha débeda e o importe da mesma; xustificante da cota mensual do crédito hipotecario do exercicio en curso; xustificante acreditativo dos gastos de mantemento da vivenda pendentes de pago; presuposto do material e/ou de calquera outro equipamento obxecto da axuda que se constate necesario.

l) Declaración xurada de ingresos así como do patrimonio de todos os membros da unidade familiar de convivencia segundo o modelo establecido no Anexo IV. Dita declaración irá acompañada da seguinte documentación:

- Cota mensual do crédito hipotecario do exercicio en curso ou do importe do aluguer da vivenda

- Fotocopia da última declaración do IRPF, e no caso de non ter que presentala, certificación negativa de IRPF; ou ben, autorización para acceder aos datos do IRPF

- No caso de persoas en situación de desemprego, copia da súa tarxeta de demandantes de emprego e certificado de prestacións de desemprego; ou no seu defecto, certificado negativo emitido polo INEM

- Vida Laboral do solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia maiores de 16 anos

- Copia do contrato de traballo dos membros que se atopen desempeñando actividade laboral remunerada de forma regular e copia da última nómina

- Certificado de pensión emitido polo organismo competente para os membros da unidade familiar de convivencia que sexan beneficiarios dalgún tipo de prestación do sistema

m) Copia ou certificación bancaria onde o solicitante conste como titular dun número de conta.

n) Outros documentos específicos segundo as circunstancias da necesidade.

2.- Todos os documentos que acompañen ás solicitudes deberán de ser orixinais ou fotocopias compulsadas cos seus orixinais.

3.- Os servizos sociais comunitarios poderán solicitar do interesado calquera outro documento que consideren necesario para a adecuada valoración e/ou resolución do expediente.

4.- Garantizarase a confidencialidade dos datos e o seu adecuado procesamento, debendo respectarse en todo caso o disposto na Lei Orgánica de Protección de Datos.

SECCIÓN SEGUNDA - TRAMITACIÓN

Artigo 18. Subsanación de documentación.

1.- A solicitude unha vez rexistrada trasladarase ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.

2.- Si a solicitude non reúne os datos e documentos aludidos anteriormente requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días, subsane a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que si así non se fixera, teráselle por desistido da súa petición, arquivándose esta sen mais trámite, nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Artigo 19. Estudio da solicitude.

1.- A solicitude e documentación presentada será estudiada polo/a traballador/a social do Concello que emitirá un informe no que se porá de manifesto si o interesado cumpre ou non cos requisitos sinalados para percibir unha Axuda Municipal de Emerxencia Social, de conformidade co disposto nos artigos 12 e 13 desta Ordenanza.

2.- En caso de que cumpra os requisitos sinalados, valorarase a solicitude pola Comisión de Valoración das Axudas Municipais de Emerxencia Social conforme ao establecido no artigo seguinte.

3.- En caso de que non cumpra os requisitos sinalados, rexeitarase a solicitude, indicando os motivos do rexeitamento.

Artigo 20. Valoración da solicitude.

1.- Para a concesión ou denegación da axuda a Comisión de Valoración das Axudas Municipais de Emerxencia Social terá en conta os seguintes factores:

- capacidade económica da unidade familiar de convivencia: valorarase a capacidade económica da unidade familiar de convivencia, entendendo por esta o resultado de dividir a suma dos ingresos netos de todos os membros da unidade familiar (menos o importe correspondente aos gastos de hipoteca ou aluguer ata un máximo de 300 euros/mes) polo número de membros de dita unidade. Asemade valoraranse os bens mobles e/ou inmobles sobre os que os membros da unidade familiar ostenten un dereito de propiedade ou calquera outro, que polas súas características, posibilidade de venda ou aluguer, indiquen a posible existencia de medios económicos suficientes.

- situacións de risco e/ou exclusión social: valoraranse situacións de desatención ou problemas conductuais nos menores que integren a unidade familiar; situacións carenciais que afecten aos adultos integrantes da unidade familiar; situacións de violencia de xénero, discapacidades, tratarse de familias numerosas así como outras circunstancias semellantes.

2.- Unha vez valorada a solicitude a Comisión elaborará unha proposta de concesión ou denegación das mesmas, fundamentándoo debidamente en ambos casos. Na proposta de resolución quedarán reflexados, como mínimo, os seguintes extremos:

- Identificación do/a solicitante

- Xustificación motivada da concesión ou denegación da mesma

- Finalidade para a que se concede a axuda

- Contía da mesma

- Forma de pago e nº conta de ingreso

3.- Unha vez completado o expediente, previa fiscalización da Intervención, elevarase o mesmo ao órgano que resulte competente para a resolución do mesmo, de conformidade co disposto nas bases de execución do orzamento do Concello.

SECCIÓN TERCEIRA - RESOLUCIÓN

Artigo 21. Resolución do expediente.

1.- O órgano competente para a resolución, á vista do informe social e do Acta da Comisión, resolverá sobre a concesión ou denegación da axuda no prazo máximo de 10 días dende o rexistro da solicitude, ou dende a subsanación da documentación, no seu caso.

2.- Si transcorrido este prazo o solicitante non obtén contestación, considerase desestimada a súa solicitude.

3.- Na resolución dictada polo órgano competente quedarán reflexados, como mínimo, os mesmos extremos contemplados para a proposta de resolución no artigo 20.2, xunto coa obriga do beneficiario/a de presentar a documentación xustificativa do gasto e o prazo establecido para elo.

Artigo 22. Denegación da prestación.

A denegación das axudas, que deberá ser motivada, procederá por algunha de las seguintes causas:

- Poder satisfacer adecuadamente as necesidades por si mesmo e/ou co apoio do resto dos membros da unidade familiar de convivencia.

- Corresponder a competencia para a concesión da axuda a outra administración pública.

- Por constar no seu expediente persoal o non ter cumprido coas obrigas esixidas noutras ocasións en que se tiveran concedido axudas.

- Por calquera outra causa debidamente motivada.

CAPÍTULO V. COMISIÓN DE VALORACIÓN

Artigo 23. Comisión de Valoración das Axudas Municipais de Emerxencia Social.

1.- A Comisión de Valoración das Axudas Municipais de Emerxencia Social estará formada polos seguintes membros:

- o Alcalde ou Alcaldesa, ou persoa en quen delegue; que presidirá a Comisión

- o concelleiro ou concelleira de servizos sociais, ou persoa en quen delegue

- o traballador ou traballadora social do Concello; que actuará como secretario/a

2.- Son funcións básicas da Comisión de Valoración as seguintes:

a) Resolver sobre o cumprimento polo solicitante dos requisitos de concesión, á vista do informe a que se refire o artigo 19.

b) Valorar as solicitudes, segundo o disposto no artigo 20.

c) Elaborar as propostas de resolucións.

d) Resolver as reclamacións que se presenten ante a Comisión e realizar as aclaracións que lle sexan requiridas.

e) Informar nos recursos de reposición presentados contra a resolución de concesión ou denegación, no seu caso.

3.- A Comisión de Valoración será convocada polo Presidente/a cando se considere oportuno por existir materias da súa competencia. A convocatoria realizarase con vintecatro horas de antelación, como mínimo, ao inicio da correspondente sesión. Para a súa válida constitución esixirase a presencia de todos os membros da mesma ou persoas que os substitúan.

4.- De cada sesión que celebre a Comisión, o/a Secretario/a levantará un Acta na que constarán, como mínimo, os seguintes extremos:

- Lugar, data e hora en que comeza e termina a sesión

- Identificación dos membros presentes

- Asuntos que se examinan, propostas que se acordan e xustificación das mesmas

- Incidentes que se produzan na sesión que deban reseñarse a criterio do/a Secretario/a

CAPÍTULO VI. DESISTIMENTO E RENUNCIA

Artigo 24. Desistimento da solicitude ou renuncia da axuda recoñecida.

1.- A persoa solicitante poderá desistir da súa solicitude ou renunciar ao seu dereito á axuda recoñecida mediante escrito dirixido ao Concello, indicando as circunstancias que concorran.

2.- O Concello dictará a resolución que corresponda, sendo de aplicación o disposto nos artigos 90 e 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

CAPÍTULO VII. CONTROL, XUSTIFICACIÓN E REINTEGRO DAS AXUDAS

Artigo 25. Control das axudas.

Os servizos sociais comunitarios serán os encargados do seguimento das situacións de necesidade polas que se conceden as axudas municipais de emerxencia social, así como de realizar as comprobacións que estimen oportunas respecto das actividades subvencionadas. Para elo terán dereito ao acceso a toda a documentación xustificativa das mesmas, así como a requirir aos beneficiarios nos termos que sexan pertinentes para o adecuado exercicio da súa función, todo elo de conformidade co disposto no Título III da Lei 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia.

Artigo 26. Xustificación das axudas.

1.- Con carácter xeral, a xustificación das axudas realizarase de xeito previo ao pago das mesmas, mediante a presentación das facturas, recibos ou xustificantes que acrediten de forma fehaciente os gastos realizados. As facturas, recibos ou xustificantes deberán de presentarse orixinais; en caso de ser copias deberán ir debidamente compulsadas.

2.- Excepcionalmente, a xustificación das axudas poderá ser posterior á percepción do pago cando concorran circunstancias graves ou urxentes que aparezan reflectidas na correspondente proposta de resolución. Neste caso, a persoa beneficiaria xustificará a axuda ante o Concello na forma establecida no apartado 1, nun prazo máximo dun mes dende a recepción do importe.

3.- Transcorrido o prazo establecido no apartado 2 sen ter xustificada a axuda concedida, terá lugar o reintegro da mesma segundo o disposto no artigo seguinte, salvo concesión de prórroga outorgada a petición do interesado, para supostos excepcionais, e antes de que remate o prazo de xustificación. En calquera caso, as xustificacións deberán aportarse antes do 31 de decembro do ano en curso.

Artigo 27. Reintegro das axudas.

Procederá o reintegro das cantidades obtidas en concepto de Axuda Municipal de Emerxencia Social, coa esixencia do interese de demora establecido legalmente, nos seguintes casos:

a) Falsear ou ocultar datos que tiveran determinado a denegación da axuda.

b) Destinar a axuda a outros fins distintos de aqueles que se tiveran especificado na resolución de concesión.

c) Non xustificar o destino da axuda na forma establecida no artigo anterior, ou xustificar fora de prazo.

d) Resistencia, escusa, obstrucción ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro.

e) Incumprimento total ou parcial das condicións establecidas.

f) A duplicidade de axudas para unha mesma finalidade, agás nos supostos excepcionados na propia ordenanza.

g) Nos demais supostos previstos na lexislación reguladora de subvenciones.

2.- O procedemento de reintegro iniciarase de oficio e na tramitación do mesmo concederase ao interesado un prazo de audiencia de 15 días.

3.- Finalizado o prazo de audiencia, o órgano correspondente, previos os informes oportunos, dictará resolución acordando a procedencia ou improcedencia do reintegro.

4.- As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

CAPÍTULO VIII. RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 28. Infraccións e sancións.

O Réxime de Infraccións e Sancións será o establecido no Título IV da Lei 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia.

CAPÍTULO IX. RÉXIME DE RECURSOS

Artigo 29. Recursos

Contra a resolución de concesión ou denegación de axudas que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer ou recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte a aquel en que recibise esta notificación de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo que corresponda, no prazo de dous meses a contar dende o seguinte á data en que recibise esta notificación. Tamén poderá exercitar calquera outro recurso que considere pertinente.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira.- Habilítase á Alcaldía para dictar as disposicións ou instruccións que resulten necesarias para a interpretación, desenvolvemento e aplicación da presente ordenanza.

Segunda.- En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a presente ordenanza entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto integramente no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días hábiles previsto no artigo 65.2 do citado texto legal.

ANEXOS

ANEXO I

SOLICITUDE DE AXUDA MUNICIPAL DE EMERXENCIA SOCIAL

A CUBRIR POLA ADMINISTRACIÓN

EXPEDIENTE: DATA: EXP. XERAL/SIUSS Nº:

DATOS DO/A SOLICITANTE

NOME______________________________________APELIDOS______________________________________________________________

NIF:___________________________________DATA DE NACEMENTO:____/____/____/ ESTADO CIVIL:________________________________

ENDEREZO:_____________________________________________________________________CP ________________________________

CONCELLO: _______________________________PROVINCIA:_____________________________Teléfono: ___________________________

Teléfono móbil:_________________________Correo electrónico/e-mail:__________________________________

DATOS DO/A REPRESENTANTE (si procede)

NOME_____________________________________APELIDOS_______________________________________________________________

NIF:___________________________________________RELACIÓN CO SOLICITANTE______________________________________________

ENDEREZO:_______________________________________________________________________CP _____________________________

CONCELLO: ________________________________PROVINCIA:________________________________Teléfono: _______________________

Teléfono móbil:__________________________________Correo electrónico/e-mail:_____________________________________

MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA DISTINTOS DO/A SOLICITANTE

DATOS PERSOAIS

NOME

1º APELIDO

2º APELIDO

PARENTESCO

DATA DE NACEMENTO

NIF

OUTROS DATOS

EXPOÑO

Que SOLICITO UNHA AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL EN CONTÍA DE .................................. EUROS

En CONCEPTO DE: (marcar cun X segundo corresponda)

1. gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento

 necesidade de vivenda ou aloxamento.

 gastos necesarios para conservar o uso da vivenda ou aloxamento, sexa cal fora a causa que os xere: situacións de emerxencia (tales como desahucio) ou de sinistro (tales como incendio, inundación, ruína); ou outras causas imprevisibles e/ou inevitables que obrigaran ao seu abandono.

 obras ou arranxos de carácter básico que resulten imprescindibles para que a vivenda poida seguir mantendo as condicións mínimas necesarias para servir ao uso a que se destina

 gastos de mobiliario esencial e imprescindible, tales como frigorífico, lavadora, cociña, colchón, cama, roupa de abrigo para a mesma...

 fianzas para alugueres

 mensualidades do aluguer

 mensualidades da hipoteca

 auga, enerxía eléctrica, gas ou outros subministros esenciais

2. necesidades básicas de subsistencia:

 alimento

 vestido

 gastos sanitarios e farmacéuticos non cubertos polos diferentes sistemas públicos e que foran de vital necesidade a xuízo de facultativo

3. atención aos menores

 comedor escolar

 libros e material escolar

 actividades extraescolares

 outros gastos relativos á educación dos menores da unidade familiar en idade escolar, sempre que non estiveran cubertos por outras axudas públicas e foran fundamentais para a continuidade da súa asistencia.

4. outras non relacionadas nos apartados anteriores, consideradas de primeira e urxente necesidade, sempre que así se xustifique suficientemente no informe social elaborado ao efecto.

 ...............................................................................................................................................

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE

· que son certos os datos os datos que figuran na solicitude

· que cumpro os esixidos para ser beneficiario dunha axuda municipal de emerxencia social

· que me atopo ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social

Arzúa,..........de.............................. de ...............

Asdo.:

A/A ALCALDE DO CONCELLO DE ARZÚA

ANEXO II

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO A SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN

(MARCAR CUN X A DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA SEGUNDO O QUE CORRESPONDA)

 Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte de tódolos membros da unidade familiar de convivencia que o posúan.

 Fotocopia do Libro de Familia si é o caso.

 Certificado de empadroamento do solicitante, no que se acredite unha antigüidade mínima e ininterrompida de 6 meses anteriores á formulación da solicitude.

 Certificado de convivencia a nome do solicitante.

 Declaración responsable das axudas e importes recibidos para as mesmas finalidades (ou de non ter recibido ningunha), así como compromiso de destinar a axuda á finalidade para a que resulte concedida, segundo o modelo establecido no Anexo III.

 Presuposto correspondente á solicitude da axuda, no seu caso.

 No caso de persoas con discapacidade ou enfermidade deberán aportar o certificado do grao de discapacidade ou informes do Sistema Público de Saúde, onde se acrediten as mesmas.

 No caso de manifestar maltrato ou violencia doméstica, deberá presentar a denuncia ou documento acreditativo correspondente.

 No caso de separación ou divorcio, deberá presentar documentación acreditativa da situación, e de ser o caso, de pensións alimenticias e compensatorias.

 No caso de solicitar axuda para tratamento farmacolóxico, deberá aportar receta médica do Sergas e documentación acreditativa da botica indicando a aportación que ten que asumir o interesado.

 No caso de solicitar axudas para facer fronte a situacións de emerxencia derivadas de gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento: fotocopia do contrato de aluguer xunto con declaración responsable do propietario da vivenda na que se acredite a existencia dunha débeda e o importe da mesma; xustificante da cota mensual do crédito hipotecario do exercicio en curso; xustificante acreditativo dos gastos de mantemento da vivenda pendentes de pago; presuposto do material e/ou de calquera outro equipamento obxecto da axuda que se constate necesario.

 Declaración xurada de ingresos así como do patrimonio de todos os membros da unidade familiar de convivencia segundo o modelo establecido no Anexo IV, xunto coa documentación establecida para acompañar á mesma.

 Copia ou certificación bancaria onde o solicitante conste como titular dun número de conta.

 Outros documentos específicos segundo as circunstancias da necesidade:

.........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

Arzúa,..........de.............................. de ...............

Asdo.:

A/A ALCALDE DO CONCELLO DE ARZÚA

ANEXO III

DECLARACIÓN RESPONSABLE DAS AXUDAS RECIBIDAS

Don/Dona ........................................................................................................................................................ con DNI ..................................................

SOLICITANTE dunha axuda municipal de emerxencia social do Concello de Arzúa, DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

 que non recibín axuda para a mesma finalidade por parte doutro organismo, entidade ou administración pública

 que si recibín unha axuda para a finalidade de ......................................................... por importe de .........................€, en data...............................................por parte de ................................................................................................................................

(indicar o organismo, entidade ou administración pública de que se trate)

Asemade, COMPROMÉTOME no caso de concesión da axuda de emerxencia social a:

1. cumprir as obrigas establecidas nesta ordenanza como destinatario/a da mesma.

2. comunicar aos servizos sociais comunitarios á maior brevidade posible todas aquelas variacións que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude.

3. destinar a cantidade percibida á finalidade para a que foi concedida; ou a reintegrar o seu importe en caso contrario.

4. Permitir e facilitar a actuación dos servizos sociais somunitarios para a realización das funcións atribuídas nesta ordenanza.

Arzúa,..........de.............................. de ...............

Asdo.:

A/A ALCALDE DO CONCELLO DE ARZÚA

ANEXO IV

DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INGRESOS E PATRIMONIO

Don/Dona ...........................................................................................................................................................con DNI ..................................................

SOLICITANTE dunha axuda municipal de emerxencia social do Concello de Arzúa, DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE que os ingresos e o patrimonio dos membros da unidade familiar de convivencia son os seguintes:

NOME E APELIDOS DOS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA

PARENTESCO

IDADE

INGRESOS *

PATRIMONIO

(* deberá indicar os ingresos netos mensuais nos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude)

Deberá acompañar ao presente Anexo a seguinte documentación:

 Cota mensual do crédito hipotecario do exercicio en curso ou importe do aluguer da vivenda

 Fotocopia da última declaración do IRPF, e no caso de non ter que presentala, certificación negativa de IRPF; ou ben, autorización para acceder aos datos do IRPF

 No caso de persoas en situación de desemprego, copia da súa tarxeta de demandantes de emprego e certificado de prestacións de desemprego; ou no seu defecto, certificado negativo emitido polo INEM

 Vida Laboral do solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia maiores de 16 anos

 Copia do contrato de traballo dos membros que se atopen desempeñando actividade laboral remunerada de forma regular e copia da última nómina

 Certificado de pensión emitido polo organismo competente para os membros da unidade familiar de convivencia que sexan beneficiarios dalgún tipo de prestación do sistema

Arzúa,..........de.............................. de ...............

Asdo.:

A/A ALCALDE DO CONCELLO DE ARZÚA

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.