Fisterra - Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo axuda no fogar
ARTIGO 1.- Concepto
De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do Título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público polo Servizo de Axuda no fogar, tanto para persoas valoradas como persoas que acceden ao servizo por libre concorrencia.
ARTIGO 2.- Obrigados/as o Pagamento
Están obrigadas ao pago todas aquelas persoas que:
A) Estean recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.
B) As persoas que accedan ao servizo da axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.-
Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre que ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre que exerza de feito o seu coidado.
ARTIGO 3.- Contía do Prezo Público
1. A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas nos apartados seguintes referidas a unha hora de prestación do servizo, e que se determinarán do seguinte xeito:
Para os usuarios de dependencia aplicaremos a porcentaxe que fixa o Decreto 149/2013 sobre a capacidade económica de persoa usuaria. Tan só utilizaremos o prezo hora para calcular o máximo que o usuario vai a pagar que é o 90% do custo do Servizo e que se determinarán no seguinte xeito:
Aos efectos previstos para aplicación das tarifas do presente artigo, se establece o prezo da hora por prestación do servizo en 12 euros.-
2.- Ao abeiro do establecido no Artigo 47.1 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, delégase na Xunta de Goberno Local a competencia para a modificación dos ditos importes en función das variacións no custo do servizo.-
Artigo 4.- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.
1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
2. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica Referenciada ao IPREM ata | GRAO I | GRAO II | GRAO III |
<= 20 h | <= 45 h | <= 70 h | |
100% | 0,00% | 0,00% | 0,00% |
115,00% | 4,52 % | 9,61% | 14,70% |
125,00% | 5,41% | 11,5% | 17,58% |
150% | 5,55% | 11,79% | 18.03% |
175% | 5,65% | 12,00% | 18,35% |
200,00% | 5,72% | 12,16% | 18,60% |
215,00% | 5,81% | 12,34% | 18,87% |
250,00% | 6,03% | 12,82% | 19,61% |
300,00% | 6,24% | 13,26% | 20,29% |
350,00 % | 6,42% | 13,63% | 20,85% |
400,00% | 6,54% | 13,90% | 21,25% |
450,00% | 6,63% | 14,09% | 21,55% |
500,00% | 6,70% | 14,25% | 21,79% |
>500% | 6,76% | 14,36% | 21,97% |
3.- Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatiblización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
4. En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento, poderá exceder o 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
Artigo 5. Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento.
1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 19 da ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Fisterra.
CAPACIDADE ECONOMICA | Participación no custe do servizo de SAF básico |
Menor de 0,80 IPREM | 0% |
Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,15 IPREM | 10% |
Maior de 1,15 e menor ou igual a 1,50 IMPRE | 20% |
Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM | 30% |
Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM | 40% |
Maior de 2,50 IPREM | 60% |
2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante de aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
Para o cálculo da aportación mensual do usuario será de aplicación o seguinte criterio:
A cantidade a pagar en libre concorrencia resulta de aplicar o 0% que se debe establecer para cada nível de renda, entre os topes propostos ao custo do servizo.
Artigo 6. Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias de dependencia.
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de serviso sociais para a promoción da autonomía persoa e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Artigo 7. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento.
No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:
1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingresos a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.
2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que se sexan titulares, dterminados consonte ás regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, de 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, de 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.
3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado de dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.
Artigo 8. Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos.
De conformidade co artigo 56.7 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o Concello de Fisterra, en concepto de achega das persoas usuarias para a participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.
ARTIGO 9.- Condicións de pagamento.-
1. A obriga de pagamento dos prezos públicos comeza dende que se inicie a prestación do servizo.
2.- As liquidacións practicaranse por meses naturais e deberán ser aboadas polos/as beneficiarios/as nos primeiros vinte días do mes seguinte, mediante cargo na conta corrente que o/a usuario indicará no contrato do servizo, ou ingreso na conta corrente que o Concello sinale no momento de subscribir dito contrato de prestación. Nos supostos de Alta e baixa no servizo, a liquidación mensual practicarase atendendo o número efectivo de horas prestadas no correspondente mes.-
1
As horas aboadas son as efectivamente prestadas, polo que se non se presta o servizo, ausencias de traballadora, ingreso hospitalario, suspensión do servizo visita médica usuario...etc, non está obrigado a pagalo.-
3.- Os suxeitos pasivos estarán obrigados a comunicar calquera alteración que se produza nos seus ingresos ao longo do período impositivo, así como a renovar, anualmente, os datos para a estimación das súas rendas.
4.- O terse en conta as circunstancias económicas na fixación de prezos non se establece ningún outro sistema de exención ou bonificación, ágas nos supostos reflectidos no Artigo 5.-
5.- O usuario ten dereitop a solicitar a suspensión do servizo con 10 dias de antelación para causas previsibles; no caso de libre concorrencia a suspención pode ser de ata tres meses. No caso de dependenciaq o prazo máximo é de dous meses.-
6.- As débedas polos prezos públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.
7.- A falta de pagamento reiterado é unha causa de extinción do servizo.-
ARTIGO 10.- Normas de xestión
1.- Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varíen as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Asemade rexerase polas normas contidas no Regulamento específico do servizo referente á extinción do servizo.
2.- Anualmente faráse unha revisión aos usuarios do servizo na modalidade de libre concurrencia co fin de comprobar que cumpren as condicions para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida na normativa que rixe o servizo agás aquela que xa conste no expediente indiviadual.-
3.- Unha vez iniciada a prestación do servizo, e de acordo co contido no regulamento municipal para persoas en situación de dependencia valorada, procederase á súa inclusión nos padróns ou matrículas deste prezo público.
O pagamento da contía que corresponda aboar a cada persoa beneficiaria farase efectivo en recibos mensuais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.-
Disposición derrogatoria
Esta ordenanza deroga expresamente todas aquelas que foran aprobadas con anterioridade para prestación deste servizo.-
Disposición derradeira
O presente acordo entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.