Pontes de García Rodríguez As - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

Publicación provisional: 28/09/2010 BOP Nº: 186
Publicación definitiva: 28/09/2010 BOP Nº: 218
Aplicable dende: 03/06/2015

ARTIGO 1. CONCEPTO

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capítulo VI do título I do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio, que constitúe un servizo público municipal que se presta de acordo co establecido na Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, Regulamento municipal e disposicións da presente Ordenanza.

ARTIGO 2. OBRIGADOS AO PAGAMENTO

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado na presente ordenanza:

a. As persoas recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PIA) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a súa modalidade) sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

b. As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento Municipal do servizo de axuda no fogar.

Se o/a beneficiario/a carece de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

ARTIGO 3. CONTÍA DO PREZO PÚBLICO

1. A contía do prezo público regulado no presente acordo será fixado nas tarifas contidas nos apartados seguintes referida a unha hora de prestación do servizo e que se determinará do seguinte xeito:

Aos efectos presvistos para aplicación das tarifas do presente artigo, o importe do prezo público será de 12 euros/hora para os usuarios do servizo por libre concorrencia.

No caso de usuarios do sistema da dependencia, so se terá en conta aos efectos de comprobar o establecido no artículo 61.4 do decreto 99/2012 do 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais e o seu financiamento, xa que, segundo dispón este artigo en ningún caso o importe da participación económica da persoa beneficiaria poderá exceder o 90 por cento do custe do servizo determinado en termos prezo/hora.

No caso de usuarios de libre concorrencia establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40 por cento da súa capacidade económica. Ademáis, o cálculo do custe do servizo se realizará en función do número de horas prestadas polo prezo/hora do servizo no caso de usuarios por libre concorrencia.

O abeiro do establecido no artigo 47.1 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, delégase na Xunta de Goberno Local a competencia para a modificación de ditos importes en función das variacións no custe do servizo.

2. A participación das persoas usuarias na financiación do servizo será a seguinte:

Para os supostos nos que non proceda a exención no prezo público a achega, en todo caso respetará os límites establecidos no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, modificado polo Decreto 149/2013, do 5 de setembro de 2013, e segundo as tarifas contidas nas táboas de copagamento do decreto.

A determinación da capacidade económica regularase no artigo 59 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

ARTIGO 4. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DO SISTEMA DE ATENCIÓN A PERSOAS USUARIAS DA DEPENDENCIA.

1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia .

2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

3. Establécese como mínimo vital ou contía mínima para gastos persoais e quedará integramente á disposición do seu perceptor unha contía equivalente ao 49 por cento dos ingresos líquidos percibidos, calculados en cómputo anual.

Garantiráselle á persoa usuaria unha dispoñibilidade anual mínima de 2.653,00 euros, no suposto de que a persoa usuaria traballe nun centro especial de emprego, este importe será actualizado anualmente consonte a variación interanual do IPREM.

4. Nos ingresos da persoa usuaria non se terán en consideración como renda a contía das prestacións de análoga natureza e finalidade recollidas no artigo 31 da Lei 39/2006, do 14 de decembro. As ditas prestacións sumaranse á contía calculada de acordo cos criterios de participación do servizo ata o 100 por cento do custe de referencia do servizo.

ARTIGO 5. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DOUTROS SERVIZOS QUE IMPLIQUEN COPAGAMENTO.

No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios:

1. Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3. A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5 por cento do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

ARTIGO 6. PARTICIPACIÓN NO FINANCIAMENTO DO SERVIZO DAS PERSOAS DEPENDENTES CON DEREITO DE ATENCIÓN RECOÑECIDO COMO USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

1. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.

2. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:

Capacidade económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

<=20 h

<=45 h

<=70 h

100,00 %

0,00 %

0,00 %

0,00 %

115,00 %

4,52 %

9,61 %

14,70 %

125,00 %

5,41 %

11,50 %

17,58 %

150,00 %

5,55 %

11,79 %

18,03 %

175,00 %

5,65 %

12,00 %

18,35 %

200,00 %

5,72 %

12,16 %

18,60 %

215,00 %

5,81 %

12,34 %

18,87 %

250,00 %

6,03 %

12,82 %

19,61 %

300,00 %

6,24 %

13,26 %

20,29 %

350,00 %

6,42 %

13,63 %

20,85 %

400,00 %

6,54 %

13,90 %

21,25 %

450,00 %

6,63 %

14,09 %

21,55 %

500,00 %

6,70 %

14,25 %

21,79 %

>500 %

6,76 %

14,36 %

21,97 %

3. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no PIA, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do SAF con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.

4. En ningún caso, o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 90 por cento do custo do servizo, determinado en termos de prezo/hora.

5. No caso das atencións e servizos complementarios do nivel básico do servizo de axuda no fogar, prestados ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, para os efectos de facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa a súa participación en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade e do tipo de atención ou servizo asignado:

% Capacidade

económica

(referenciada ao IPREM)

Ata

Grao I

Grao II

Grao III

Adaptacións

funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e

desenvolvemento de hábitos

saudables

Servizo de

préstamo de

axudas técnicas

Adaptacións

funcionais do fogar,

podoloxía,

fisioterapia

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables

Servizo de

préstamo de

axudas técnicas

Adaptacións

funcionais do fogar, podoloxía, fisioterapia

Actividades de

acompañamento,

socialización e

desenvolvemento de

hábitos saudables

Servizo de

préstamo de

axudas técnicas

<=15

<=28

<=45

100,00 %

0,00 %

12,87 %

13,76 %

0,00 %

22,73 %

24,29 %

0,00 %

35,51 %

37,95 %

115,00 %

5,98 %

13,10 %

14,00 %

10,56 %

23,12 %

24,71 %

16,50 %

36,13 %

38,61 %

125,00 %

7,15 %

13,39 %

14,31 %

12,63 %

23,64 %

25,26 %

19,73 %

36,94 %

39,47 %

150,00 %

7,34 %

13,52 %

14,44 %

12,95 %

23,87 %

25,50 %

20,24 %

37,29 %

39,85 %

175,00 %

7,47 %

13,61 %

14,54 %

13,18 %

24,03 %

25,67 %

20,60 %

37,54 %

40,12 %

200,00 %

7,57 %

13,76 %

14,70 %

13,36 %

24,29 %

25,96 %

20,87 %

37,96 %

40,56 %

215,00 %

7,68 %

13,83 %

14,78 %

13,56 %

24,42 %

26,09 %

21,18 %

38,16 %

40,77 %

250,00 %

7,98 %

13,96 %

14,91 %

14,09 %

24,64 %

26,33 %

22,01 %

38,50 %

41,14 %

300,00 %

8,25 %

14,06 %

15,02 %

14,57 %

24,82 %

26,52 %

22,77 %

38,78 %

41,44 %

350,00 %

8,48 %

14,16 %

15,13 %

14,98 %

25,00 %

26,72 %

23,40 %

39,07 %

41,74 %

400,00 %

8,65 %

14,35 %

15,33 %

15,27 %

25,33 %

27,06 %

23,85 %

39,57 %

42,29 %

>400,00 %

8,77 %

14,48 %

15,48 %

15,48 %

25,57 %

27,32 %

24,19 %

39,95 %

42,69 %

ARTIGO 7. PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO FINANCIAMENTO DOUTROS SERVIZOS QUE IMPLIQUEN COPAGAMENTO.

1. Para o servizo de axuda no fogar, en réxime de libre concorrencia, para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa que regula unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ó cálculo da capacidade económica per cápita, de acordo co establecido no artigo 5 desta ordenanza.

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,00 do IPREM

10%

Maior de 1,00 e menor ou igual a 1,15 do IPREM

12%

Maior de 1,15 e menor ou igual a 1,30 do IPREM

15%

Maior de 1,30 e menor ou igual a 1,50 do IPREM

18 %

Maior de 1,50 e menor ou igual a 1,65 do IPREM

20%

Maior do 1,65 e menor ou igual a 1,80 do IPREM

25 %

Maior do 1,80 e menor ou igual a 2,00 do IPREM

30 %

Maior do 2,00 e menor ou igual a 2,15 do IPREM

40%

Maior de 2,15 e menor ou igual a 2,30 do IPREM

45 %

Maior de 2,30 e menor ou igual a 2,50 do IPREM

50%

Maior de 2,50 e menor ou igual a 3,00 do IPREM

60%

Maior de 3,00 e menor ou igual a 3,50 do IPREM

65 %

Maior de 3,50 e menor ou igual a 4,00 do IPREM

70 %

Maior de 4,00e menor ou igual a 4,50 do IPREM

75%

Maior de 4,50 e menor ou igual a 5,00 do IPREM

80%

Maior de 5,00 e menor ou igual a 5,50 do IPREM

85%

Maior de 5,50% IPREM

90%

2. Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.

3. En calquera caso, establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40 por cento da súa capacidade económica.

ARTIGO 8. AFECTACIÓN DOS INGRESOS MUNICIPAIS POLO COPAGAMENTO DOS SERVIZOS.

De conformidade co artigo 56.7 de Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, en todo caso, os ingresos que recade o concello de As Pontes, en concepto de achega das persoas usuarias para a súa participación no custo dos servizos sociais comunitarios, estarán afectados ao financiamento dos servizos sociais que reciban.

ARTIGO 9. DA COORDINACIÓN COS ENTIDADES PRIVADAS QUE ATENDAN A PERSOAS USUARIAS FINANCIADOS TOAL OU PARCIALMENTE CON FONDOS PÚBLICOS.

No caso das entidades privadas que presten o servizo de axuda no fogar, mediante financiamento total ou parcial con fondos públicos, ou que atendan a persoas usuarias derivadas do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, manterán unha coordinación efectiva cos servizos sociais comunitarios básicos, establecendo un protocolo de comunicación de altas no servizo de cada persoa usuaria, así como unha copia do correspondente proxecto de intervención e dos informes de seguimento, dirixidos aos servizos sociais comunitarios básicos do Concello ou entidade local.

ARTIGO 10. NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGO

O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais.

A obriga de pagar os prezos públicos regulados nesta ordenanza, nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión.

Os abonos mensuais das cotas de pagamento realizaranse mediante unha domiciliación bancaria (as excepcións a esta regra deberán motivarse cun informe dos técnicos de servizos sociais). Se estes pagamentos non se puidesn facer efectivos por motivos atribuibles á persoa beneficiaria do servizo, inexistencia de fondos ou outros, éste será apercibido de inmediato responsabilizándose dos gastos que ocasione.

Cando o usuario vaia a estar ausente do seu domicilio, ben por ingreso hospitalario, por aisitir a programas de termalismo social ou por un motivo distinto pero xustificado, deberá avisar, como mínimo, con 48 horas de antelación (dous días). Neses casos, se lle descontará a parte proporcional da cota que lle corresponda mensualmente.

Se a algún dos beneficiarios no se lle prestase o servizo por causas non imputables a el mesmo, por inconvintes derivados da organización interna do propio serivizo, terá tamén dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen servizo á hora dea aboar a cota mensual.

ARTIGO 11. NORMAS DE XESTIÓN

1. As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas liquidaranse polo servizo prestado e serán reducibles por períodos mensuais.

2. A finais do mes de febreiro de cada ano, ou antes se se producisen cambios na situación das persoas beneficiarias do servizo, requiriráselles, por parte do Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmente a situación socioeconómica e patrimonial, aos efectos de actualizar a súa renda per cápita e o prezo público a aboar.

3. Unha vez iniciada a prestación do servizo, procederase á inclusión da persoa beneficiaria nos padróns ou matrículas deste prezo público. O pagamento da contía que lle corresponda aboar a cada usuario/a farase efectivo por meses naturais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

As referencias ao xénero masculino (usuario, beneficiario, interesado, ...) que se conteñen no texto do presente regulamento e que non van precedidas ou seguidas da súa correspondencia feminina entenderanse efectuadas tamén ao xénero feminino (usuaria, beneficiaria, interesada, ...)

DISPOSCIÓN FINAL

A presente ordenanza, aprobada polo Pleno do Concello das Pontes de García Rodríguez o día 9 de marzo de 2015 entrará en vigor unha vez publicada no BOP e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 LRBRL, segundo establece o artigo 70.2 da devandita lei, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.