Boimorto - REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DA PISTA DE PÁDEL E ESTABLECEMENTO DE PREZO/S PÚBLICO/S POLA SÚA UTILIZACIÓN
ARTIGO 1.- FUNDAMENTO.
A presente Ordenanza con base no artigo 84.1.a) da Lei 7/1985 do 2 de abril, Rexedora das Bases de Réxime Local, así como no artigo 127 en relación co 41 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Rexedora das Facendas Locais, establece as condicións xerais de uso e o prezo público pola utilización da pista de pádel municipal.
ARTIGO 2.- OBXECTO.
É obxecto da presente ordenanza:
a) Establecer as normas xerais de uso da pista de pádel municipal.
b) Establecer o prezo público a satisfacer pola utilización de dita instalación.
ARTIGO 3.- COMPETENCIA.
Facúltase á Alcaldía para:
a) Esixir responsabilidades e indemnizacións por danos e perxuízos ocasionados ás instalacións, así como impoñer sancións ós usuarios polo incumprimento do establecido nesta Ordenanza.
b) Alterar, por necesidades do servizo público, de interés xeral ou de forza maior, a orde de preferencia na utilización do servizo e os horarios de apertura de peche.
TÍTULO PRIMEIRO.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO
ARTIGO 4.- USUARIOS
1. Poderán utilizar as pistas de pádel calquera persoa que o solicite e que aboara o correspondente aluguer da pista.
2. Queda prohibido o uso da pista:
-Aos menores de 12 anos, salvo que se encontren baixo a supervisión dun adulto.
-Aquelas persoas que fosen sancionadas conforme a esta Ordenanza e durante o tempo que dure a sanción.
ARTIGO 5.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA INSTALACIÓN
5.1.- CONDICIÓNS DE USO
1. Para poder usar a pista é necesario reservar e pagar o prezo público.
2. As reservas poderán realizarse en fraccións dunha hora, ou unha hora e trinta minutos.
3. Non se devolverá o importe da reserva cando se tivera reservado con anterioridade. En caso de que as condicións da pista ou a climatoloxía non permitan a práctica deportiva, terase a opción de anular a reserva cambiándoa para outro día.
4. Os acompañantes non poderán acceder á pista.
5. Dentro da pista non está permitido comer, fumar nin introducir obxectos de vidro ou calquera outro que poida causar danos ao céspede ou ás mamparas. Tampouco está permitida a entrada de animais.
6. Algunha das persoas que en cada momento estén utilizando as pistas deberá coincidir exactamente con aquela que se encontre apuntada no cuadrante de reserva de pistas. De non ser así, veranse obrigados a abandonar a pista.
7. Os usuarios serán responsables dos desperfectos ocasionados, podendo impoñerse sancións conforme á normativa legal e o disposto nesta ordenanza.
8. Os usuarios deberán seguir as instrucións e requerimentos do persoal encargado da instalación.
9. O Concello de Boimorto non se fará responsable en ningún caso de:
-Lesións que poideran derivarse da práctica deste deporte.
-Perda, roubo ou extravío de calquera tipo de obxecto que se deixe nas instalacións.
5.2.- EQUIPAMENTO
O equipamento para acceder á pista debe ser deportivo e adecuado á práctica deste deporte. Só se usarán palas e pelotas de pádel, quedando excluídos outros artefactos de impacto como raquetas de tenis, palas de praia, palas de frontón, pelotas de tenis, pelotas de frontón. A pista está adecuada á práctica de pádel, polo que calquera outro xogo queda prohibido.
5.3.- HORARIOS DE USO
Con carácter xeral, a solicitude de reserva da pista formularase con antelación suficiente á data de utilización e a súa reserva precisará de confirmación previa polo Concello, o cal comprobará se existe persoal encargado de atender a pista no horario solicitado, e se facilitarán datos de contacto.
Os horarios regulares de uso da pista serán:
Todos os días de 9:00 ata as 21:00 horas. Excepcionalmente, e fóra deste horario, poderase autorizar a súa utilización se existe disponibilidade de medios persoais no Concello para atender o servizo. A tal efecto, a solicitude de pista fóra do horario regular establecido formularase con antelación suficiente á data de utilización e a reserva, precisará de confirmación previa polo Concello, o cal comprobará se existe persoal encargado de atender a pista no horario solicitado, e se facilitarán datos de contacto do encargado de atender a instalación.
5.4.- DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES
O Concello de Boimorto poderá organizar competicións deportivas, cursos de pádel, etc.., quedando anulado o sistema de reservas ata a conclusión de ditas actividades, xa que a pista quedará reservada a este fin. Tamén poderá o Concello restrinxir as reservas en determinadas horas ou días para labores de mantemento ou por ausencia de persoal que poida atender o servizo.
5.5.- CONSERVACIÓN DA PISTA
1. Antes de entrar na pista os xogadores deberán eliminar restos de terra ou barro que poideran levar nas zapatillas. Igualmente, ao saír da pista procurarán non deixar abandonados utensilios, complementos, roupas, botes de pelotas, botellas, etc.
2. Se os usuarios observan algunha anomalía ou desperfecto na instalación, deberán poñelo en coñecemento do Concello.
TÍTULO SEGUNDO.- PREZO PÚBLICO
ARTIGO 6.- NATUREZA
O recurso cuxo establecemento se regula na presente Ordenanza ten a natureza de prezo público, por non concorrir ningunha das circunstancias do artigo 20.1.B) do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, xa que os servizos prestados pola instalación da pista de pádel é de solicitude e recepción voluntaria e susceptible de ser prestado polo sector privado.
ARTIGO 7.- OBRIGADOS Ó PAGO
Están obrigados ó pago do prezo público as persoas físicas que utilicen a instalación da pista de pádel municipal.
ARTIGO 8.- COANTÍA
A coantía do prezo público será a que resulte de aplicación da seguinte tarifa:
-4 €uros sen luz / hora ou hora e media.
-6 €uros con luz / hora ou hora e media.
-Estarán exentos de pago os que posúan o carné socio tempada de piscina municipal descuberta e ximnasio municipal para todo o ano (ata 31/12 de cada anualidade).
ARTIGO 9.- ABONO DO PREZO PÚBLICO
1. O pago do prezo público polo uso da instalación realizarase en efectivo no momento de formular a solicitude de utilización e/ou reserva.
2. O usuario está obrigado a gardar o seu resgardo ata a saída da pista.
Poderá ser requerido dito resgardo durante o desenvolvemento da actividade polo persoal encargado da instalación, así como, pola autoridade municipal competente.
TÍTULO TERCEIRO.- RÉXIME SANCIONADOR
ARTIGO 10.- INFRACCIÓNS
1. Terá a consideración de infracción calquera incumprimento das normas establecidas na presente ordenanza, de conformidade co establecido no título XI da Lei 7/1985, de 2 de abril, rexedora das Bases do réxime local, tipificándose como moi graves, graves e leves.
Quenes fagan un mal uso da instalación ou provoquen danos intencionados poderán ser sancionados sen utilizar a pista, así como, ó abono dos danos causados.
2. Tipificación das infraccións.
2.1. Infraccións moi graves:
a) O acceso ilegal ou non autorizado ás instalacións.
b) A perturbación relevante que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ó normal desenvolvemento das actividades deportivas, sempre que a conduta non sexa subsumible nos tipos previstos no capítulo IV da Lei Orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, de Protección da Seguridade Cidadana.
c) O impedimento do uso das instalacións aos demais usuarios.
d) O impedimento ou a grave e relevante obstrución ao normal desenvolvemento do servizo.
e) O deterioro grave e relevante das instalacións.
2.2. Infraccións graves:
Son infraccións graves as que supoñan danos ás instalacións distintos dos enumerados no apartado anterior.
2.3. Infraccións leves:
Son infraccións leves calquera outro incumprimento das disposicións da presente ordenanza que non poida cualificarse como grave ou moi grave.
ARTIGO 11.- SANCIÓNS.
1. As infraccións moi graves serán sancionadas con multa de 1.501 ata 3.000 euros.
2. As infraccións graves serán sancionadas con multa de 751 ata 1.500 euros.
3. As infraccións leves serán sancionadas con multa de 75 ata 750 euros.
4. Así mesmo poderase impoñer como sanción a prohibición de utilizar as instalacións por tempo de ata tres meses para infraccións leves, de ata seis meses para as graves e de ata un ano para infraccións moi graves.
ARTIGO 12.- PROCEDEMENTO SANCIONADOR
Para a sanción das infraccións tramitarase o correspondente expediente sancionador, con arranxo as disposicións contidas na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e o Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto.
ARTIGO 13.- INDEMNIZACIÓN DE DANOS E PREXUÍZOS
A imposición das sancións que procedan será independiente e compatible coa esixencia polo Concello da responsabilidade que corresponda aos usuarios polos danos e prexuízos causados nas instalacións.
DISPOSICIÓN FINAL.- ENTRADA EN VIGOR
A presente Ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación deste Concello en sesión extraordinaria de data 30/06/2015 e entrará en vigor unha vez transcorrido o prazo de quince días hábiles a contar dende a publicación íntegra do seu texto no Boletín Oficial da Provincia, conforme ao establecido no artigo 70.2 en relación co art. 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Rexedora das Bases de Réxime Local, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo de 15 días previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.