CONCELLO DE VIMIANZO
Vimianzo - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DOS PROCEDEMENTOS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA NOS ACTOS DE USO DO SOLO E DO SUBSOLO E NO EXERCICIO DE ACTIVIDADES E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior e a Lei 17/2003, de 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que incorpora aquela ao dereito español, pretenden facilitar a liberdade de establecementos aos prestadores e a libre prestación de servizos simplificando procedementos.
Da mesma maneira, a Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, modifica o artigo 84 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, engadindo aos sistemas clásicos de intervención na actividade da cidadanía por parte das entidades locais o da comunicación previa ou declaración responsable e o sometemento ao control posterior ao inicio da actividade.
Por iso, o Real decreto 2009/2009, do 23 de decembro, modifica o Regulamento de servizos das corporacións locais de 1955, de maneira que o artigo 22.1 que suxeitaba á licenza a apertura de establecementos industriais e mercantís queda redactado da seguinte maneira: ¿A apertura de establecementos industriais e mercantís poderá suxeitarse aos medios de intervención municipal nos termos previstos na lexislación básica en materia de réxime local e na Lei 17/2009, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio". Isto obedece á necesidade de adecuar o contido deste regulamento ao novo réxime que introduce a comunicación previa ou a declaración responsábel, xunto coas licenzas, como mecanismo ordinario de intervención no ámbito local.
Con posterioridade, a Lei 2/2001, de 4 de marzo, de economía sostíbel, volve a modificar a Lei 7/1985, reguladora das bases de Réxime local, engadíndolle un novo artigo 84 bis que establece que ¿con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo", se ben, mantén este mesmo control preventivo para aquelas actividades que lle afecten á proteción do medio ambiente ou do patrimonio histórico artístico, á seguridade ou a saúde públicas ou que impliquen o uso privativo e a ocupación de bens de dominio público.
Asi pois, foi preciso establecer e regular os procedementos para estes novos medios de intervención administrativa cunha ordenanza municipal e determinar as actividades que quedarían excluídas destes mecanismos de control que, con carácter xeral, se establecen no artigo 84bis da Lei de bases de Réxime local.
Así, a Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, elimina, por unha banda todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa motivados na protección do medio ambiente, da seguridade ou de saúde públicas ligados a establecementos comerciais e outros, que se detallan no seu Anexo, de menos de 300 m2 de superficie, e, por outra estende esta ¿flexibilización" tamén ás obras vencelladas ao acondicionamento destes locais que non requiran da redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, de ordenación da edificación, como sinala o artigo 3 da mesma.
Posteriormente, e nesta mesma liña de control administrativo a posteriori, é determinante a Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade de Galicia, que establece un marco moito máis amplo para o exercicio de actividades sen licenza previa e para a execución de actos de usos do solo e do subsolo sen control a priori, modificando, para isto, a Lei 9/2002, de ordenación urbanística e proteción do medio rural de Galicia.
Esta última lei establece un novo réxime xurídico para Galicia no que ao exercicio de actividades e realización de obras se refire, de tal maneira que, para unhas e para outras, establece como réxime xeral de control o da comunicación previa, deixando para supostos excepcionais de espectáculos públicos e actividades recreativas, o outorgamento de licenzas de actividade e reducindo os actos de uso do solo e do subsolo que requiren de previa licenza municipal, como o demostra a nova redacción que se lle da ao artigo 194.2 da Lei 9/2002.
Neste novo contexto faise, logo, necesario crear un novo marco xurídico municipal que dea resposta e desenvolva o novo réxime das comunicacións previas, tanto en obras como en actividades. Este é un dos obxectivos desta ordenanza municipal, dandolle así resposta ao artigo 25 da Lei 9/2013, ao artigo 194.8 da Lei 9/2002 na súa nova redacción, ao artigo 5 da Lei 12/2012 e ao artigo 28.2 da Lei 13/2010, de comercio interior de Galicia, na redacción dada pola dita Lei 9/2013, que lle requiren aos concellos o establecemento e a planificación dos procedementos de comunicación necesarios, así como os de verificación posterior dos requirimentos precisos e dos elementos e circunstancias que a persoa interesada manifestara na comunicación previa.
Ademáis deste obxectivo, xa importante por si mesmo, esta ordenanza tamén pretende regular os procedementos de intervención a pripori, é dicir os supostos nos que se requira licenza municipal, tanto para os actos de uso do solo e do subsolo como para o exercicio de actividades, que aínda menores en número, non por isto menos importantes. Desta maneira o que se pretende é que dunha maneira integral, nun mesmo texto normativo municipal, se regulen todos os procedementos de intervención administrativa tanto para os actos de uso do solo e do subsolo, as denominadas ¿obras", como para o exercicio de actividades e apertura de establecementos, regulados dentro das competencias do concello. Isto redunda en beneficio dunha maior claridade e seguridade xurídica, tendo en conta a interrelación que en numerosas ocasións se da entre as obras e as actividades que se refiren a unha mesma actuación, cando ademáis poden estar sometidas á licenza as primerias e a comunicación previa as segundas, ou viceversa.
A ordenanza estructurase en cinco títulos divididos, á súa vez, en dez capítulos e estes, se é o caso, en seccións.
O título I leva como epígrafe ¿Disposicións xerais" e o seu contido está destinado a determinar o obxecto, os distintos réximes existentes e as normas que lles son comúns.
O título II refírese aos distintos actos de uso do solo e do subsolo e obras, sometidos á licenza (capítulo 1) ou á comunicación previa (Capítulo 2).
O título III regula os procedementos para as actividades e apertura de establecementos, sometidas á licenza (Capítulo 1) ou á comunicación previa (Capítulo 2).
O título IV regula o procedemento de control posterior, tanto sobre as obras como sobre as actividades.
O título V refírese á reposición da legalidade e ao réxime sancionador.
A regulación complétase con dúas disposicións adicionais, unha transitoria e outra final.
TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
ARTIGO 1.-OBXECTO.
1.º.-A presente ordenanza ten por obxecto a regulación dos procedementos de intervención, control da legalidade e inspección municipais dos actos de uso do solo e subsolo de natureza urbanística e das actividades que se instalen e se desenvolvan no termo municipal de Vimianzo.
2.º.-Exclúense do ámbito de aplicación desta ordenanza as actividades de venda ambulante, que se rexerán pola súa respectiva ordenanza municipal.
ARTIGO 2.-RÉXIME.
1.º.-Os actos do uso do solo e do subsolo quedan sometidos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, agás naqueles casos nos que esta ordenanza ou a lexislación en vigor requiran que se solicite e obteña unha licenza municipal previa.
2.º.-A implantación e desenvolvemento de calquera actividade comercial, industrial, profesional, económica ou de servizos estará suxeita á presentación dunha comunicación previa ao Concello de Vimianzo, agás naqueles casos nos que esta ordenanza ou a lexislación en vigor requiran que se solicite e obteña unha licenza de apertura ou de actividade municipal previa.
3.º.-Naqueles casos nos que a actuación que se pretenda requira dalgunha autorización, cualificación ou informe favorable doutra administración pública distinta da municipal, esixíbel pola lexislación sectorial que se deba aplicar, a comunicación previa ou o outorgamento da licenza municipal requirirá a previa emisión e incorporación ao expediente da dita autorización, cualificación ou informe.
ARTIGO 3.-DEFINICIÓNS.
1.º.-Nos termos da lexislación vixente e para os efectos desta ordenanza enténdese por:
1) Licenza: acto administrativo regulado mediante o que o órgano municipal competente, despois de comprobar de que se cumpren as condicións establecidas na normativa de aplicación, autoriza actos de uso do solo e/ou do subsolo ou o exercicio de actividades e/ou apertura de establecementos.
2) Comunicación previa: documento mediante o que as persoas interesadas lle comunican ao Concello de Vimianzo os seus datos identificativos e os demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou o inicio dunha actividade, ao abeiro do establecido nos artigos 70.1 e 71bis-2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao que acompañarán a documentación acreditativa de cumprir coa normativa que lle resulte aplicábel.
2.º.-As licenzas ou comunicacións previas recibirán o nome de ¿urbanísticas" canto teñan por obxecto actos de ocupación, edificación e uso do soo e do subsolo e de ¿actividade" cando teñan por obxecto a instalación e exercicio de calquera actividade comercial, industrial, profesional, económica ou de servizos.
ARTIGO 4.-OBRAS E ACTIVIDADES PARTICULARES EN TERREOS DE DOMINIO PÚBLICO.
1.º.-Cando os/as particulares pretendan realizar actos de usos do solo e do subsolo ou actividades en terreos de dominio público que non sexa municipal, esixirase igualmente licenza ou comunicación previa independentemente das autorizacións ou concesións que lle sexa pertinente outorgar á administración titular do dominio público.
Estas autorizacións ou concesións deberán acompañar á solicitude da licenza municipal ou á comunicación previa que, de ser o caso, sexa presentada e serán necesarias para que estas se poidan tramitar ou producir efectos.
2.º.-Cando se pretendan desenvolver actos de uso do solo ou do subsolo ou actividades en terreos de dominio público municipal que estiveran suxeitos a concesión administrativa, se durante o procedemento de outorgamento desta concesión se constatou a adecuación do proxecto á normativa urbanística e sectorial que deba aplicarse, as licenzas urbanísticas entenderanse concedidas e producidos, respectivamente, coa propia resolución que outorgue a concesión administrativa.
3.º.-Cando os actos de uso do solo e do subsolo e as actividades pretendidas en dominio público municipal impliquen un uso común especial sometido a licenza ou autorización municipal segundo o Regulamento de bens das Entidades locais, o outorgamento da licenza urbanística ou de actividade implicará a concesión da licenza ou autorización para a ocupación do dominio público.
Se os actos do uso do solo ou do subsolo ou as actividades que se desenvolverán en dominio público local están sometidas ao réxime de comunicación previa, terase que solicitar previamente a licenza para usar o dito dominio público e unha vez que se obteña terase que achegar coa documentación que acompañe á comunicación previa.
ARTIGO 5.-ERRO NA CUALIFICACIÓN DO ESCRITO PRESENTADO.
1.º.-Se a persoa interesada comete un erro na cualificación sobre a elección do procedemento sometido a licenza, este erro non será obstáculo para que se continúe coa súa tramitación sempre que do contido da solicitude se deduza o seu verdadeiro carácter. O Concello notificaralle á persoa interesada acerca de tal circunstancia e, no seu caso, requiriralle a documentación que sexa precisa para continuar co procedemento que corresponda.
2.º.-Cando a persoa interesada presentara unha comunicación previa, sendo aplicábel o réxime de licenza, advertiráselle que non poderá efecrtuar a obra ou iniciar a actividade até que obteña a preceptiva licenza. Se iniciara a obra ou a actividade requiriráselle para que proceda, de inmediato, á súa paralización coas advertencias propias dos procedementos de reposición da legalidade urbanística.
3.º.-Cando a persoa interesada solicitara unha licenza cando o réxime aplicábel fora o de comunicación previa, notificaráselle para sinalarlle tal feito e para que presente, no seu caso, a documentación correspondente, non podendo iniciar a obra ou desenvolver a actividade mentres non presente a dita documentación.
ARTIGO 6.-CONSULTA PREVIA.
1.º.-Os particulares poderán presentar solicitudes de consulta previa do réxime e das condicións urbanísticas aplicables a unha finca determinada, edificación ou local, asi como dos actos de uso do solo e do subsolo, actividades permitidas e do procedemento de tramitación aplicábel para a actuación de que se trate.
Igualmente poderá formular consulta por escrito sobre unha iniciativa de actividade ou obra concreta, que se acompañará dunha memoria descritiva ou dos datos suficientes que definan as características xerais da actividade proxectada e do inmoble no que se pretenda desenvolver a obra en cuestión.
2.º.-Nos casos de consultas relativas a unha parcela ou edificación, a solicitude deberá de conter a referencia catastral da dita parcela ou edificación para identificala correctamente.
3.º.-O Servizo de urbanismo emitirá un informe sobre a consulta plantexada. No dito informe sinalaranse a clase e cualificación do solo que corresponda á finca, polígono ou sector do que se trate, usos e intensidades recollidos no planeamento, parámetros urbanísticos aplicables e, de ser o caso, requisitos esixidos e documentación que deberá achegar para a execución da obra, apertura dun establecemento ou inicio dunha actividade.
4.º.-A consulta será contestada no prazo máximo dun mes, unha vez que se presente a solicitude no Rexistro municipal.
5.º.-O sentido da resposta ás consultas formuladas non terá caracter vinculante para a administración
ARTIGO 7.-ACTOS NON SUXEITOS A LICENZA OU COMUNICACIÓN PREVIA.
Non será esixíbel licenza ou comunicación previa nos seguintes supostos:
a) As parcelacións urbanísticas e calquera acto de división de parcelas efectuadas a través de proxectos de compensación, reparcelación, equidistribución ou normalización de predios.
b) A demolición de construcións declaradas en ruína a través do pertinente expediente contraditorio, sen prexuízo da redacción dun proxecto técnico para a súa execución se a entidade das obras de demolición o require.
c) As obras de apuntalamento e outras medidas de seguiridade urxentes, cando sexan precisas.
d) As obras derivadas dunha orde de execución, salvo que debido á entidade das obras se esixa unha solicitude de licenza ou presentación de comunicación previa acompañadas do correspondente proxecto técnico.
e) As obras derivadas de resolucións recaídas en expedientes de reposición da legalidade urbanística que non impliquen demolición total ou parcial.
f) As obras de urbanización previstas nos proxectos de urbanización.
g) As actuacións urbanísticas promovidas polo Concello de Vimianzo no seu propio termo municipal, que se entenderán autorizadas mediante o acordo de aprobación do proxecto logo da acreditación no expediente de cumprimento da normativa de aplicación.
h) As obras públicas eximidas expresamente pola lexislación sectorial ou de ordenación do territorio.
ARTIGO 8.-SITUACIÓNS XURÍDICAS PRIVADAS.
As licenzas e as comunicacións previas producirán efectos entre o Concello e o suxeito a cuia actuación se refiran, pero non alterarán as situacións xurídicas privadas entre este e as demais persoas.
O título habilitante que supón a concesión dunha licenza ou unha comunicación previa para a realización dunha obra ou o exercicio dunha actividade entenderase outorgado deixando a salvo o dereito de propiedade sen prexuízo do de terceiros.
TÍTULO II.-LICENZAS E COMUNICACIÓNS PREVIAS URBANÍSTICAS
CAPÍTULO I.-LICENZAS URBANÍSTICAS
Sección 1.ª.-Actos suxeitos e réxime xurídico das licenzas
ARTIGO 9.-ACTOS SUXEITOS A LICENZA.
Estarán suxeitos a licenza municipal previa os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo seguintes:
a) As obras de edificación de nova construción, agás aquelas construcións de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica que non teñan, de maneira eventual ou permanente, caracter residencial nin público e que se desenvolvan nun só andar.
b) As intervencións de caracter total sobre os edificios existentes ou as parciais que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan como obxecto cambiar os usos característicos do edificio.
c) As intervencións en edificios declarados bens de interes cultural ou catalogados debido as súas características singulares ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
d) As demolicións.
e) Os muros de contención de terras.
f) Os grandes movementos de terras e explanacións.
g) As parcelacións, segregacións e outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de compensación ou reparcelación.
h) A primeira ocupación dos edificios
i) A localización de casas prefabricadas e instalaciónas similares, ben sexan provisonais ou permanentes.
j) A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística, entendendéndose así aqueles terreos incluídos nos ámbitos do solo de núcleo rural urbanizable ou apto para urbanizar, de solo urbano non consolidado ou de solo de núcleo rural sometido a unha avtuación de caracter integral.
k) Outro acto calquera que se sinale a través dunha disposición legal.
ARTIGO 10.-FINALIDADE DAS LICENZAS URBANÍSTICAS.
1.º.-A licenza urbanística ten por finalidade a de comprobar que os actos relacionados no artigo anterior se axustan ao ordenamento urbanístico vixente, se o aprobeitamento proxectado se axusta ao susceptible de apropiación e se as obras e os usos proxectados reunen as condicións esixíbles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade.
2.º.-Non se poderá iniciar a excución das obras ou dos actos pretendidos mentres non se obteña a preceptiva licenza.
ARTIGO 11.-ALCANCE DO CONTROL MUNICIPAL.
A intervención municipal a través da licenza urbanística non comprende o control dos aspectos técnicos relativos á seguridade estrutural das construcións, ás condicións de montaxe das instalacións ou á calidade dos elementos materiais empregados, cuxa responsabilidade é exclusiva do/da proxectista, da direción técnica, da promotora ou da empresa construtora ou instaladora.
Sección 2.ª.-Procedemento para o outorgamento de licenzas urbanísticas
ARTIGO 12.-SOLICITUDE DE LICENZA.
1.º.-Os procedementos de tramitación das distintas licenzas urbanísticas iniciaranse mediante solicitudes cuxos modelos oficiais se publicarán na sede electrónica municipal.
2.º.-A presentación das solicitudes e da documentación requirida deberá efectuarse a través de calquera dos rexistros sinalados no artigo 38-4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou telematicamente a través da sede electrónica municipal.
Se a presentación da solicitude e o resto de documentación se efectúa en soporte papel, o proxecto técnico que se achegue, se fora necesario, terase que presentar tamén, e en todo caso, nun soporte dixital en formato PDF. Se o proxecto foi visado electronicamente por un colexio profesional que permita o acceso á súa plataforma será suficiente coa presentación do código de proxecto e a autorización do/da cidadán para o acceso dende o Concello.
3.º.-Cando, para a solicitude da licenza, se precise un proxecto técnico este será completo, entendo por tal o que conteña tanto o denominado Proxecto básico como o Proxecto de execución.
ARTIGO 13.-TRAMITACIÓN.
1.º.-As licenzas urbanísticas tramitaranse ao abeiro da lexislación reguladora do procedemento administrativo común coas especialidades contidas na lexislación local, na urbanística e na sectorial e coas contidas nesta ordenanza municipal.
2.º.-A solicitude de licenza só comezará a producir efectos dende o momento no que o correspondente escrito, xunto coa documentación completa esixida en cada caso, entrara no Rexistro municipal.
ARTIGO 14.-SUBSANACIÓN DE DEFICIENCIAS E MELLORA DA SOLICITUDE.
1.º.-Se os servizos municipais detectaran omisións, deficiencias ou imprecisións na solicitude ou na documentación presentada, ben no momento da presentación, ben posteriormente, requiriráselle á persoa solicitante para que, no prazo de dez días, as complete, subsane ou aclare, con indicación de que se non o fixera se entenderá que desisitu da súa petición, ao abeiro do previsto na lexislación reguladora do procedemento administrativo común.
2.º.-O requirimento para a subsanación de deficiencias suspenderá o tempo máximo para ditar resolución dende que se notifique o requirimento até que a persoa destinataria cumpra co requirido.
3.º.-Se o requirimento non se leva a cabo de maneira completa ou se efectúa de maneira insuficiente poderase realizar un segundo requirimento sobre as deficiencias non corrixidas. Se estas deficiencias non se subsanan no novo prazo concedido producirase o desistimento da persoa peticionaria sen que se leven a cabo máis requirimentos.
ARTIGO 15.-MODIFICACIÓNS DO ACTO PARA O QUE SE SOLICITA LICENZA.
Se antes de conceder a licenza se pretenderan realizar modificacións no proxecto técnico ou na documentación presentada e estas modificacións alterasen determinacións da actuación pretendida que afectasen ao aproveitamento urbanístico, altura, ocupación en planta, forma e posición do edificio na parcela, estrutura, número de vivendas, usos, accesiblidade ou afección ao entorno, a persoa interesada deberá, previo desistimento da licenza solicitada, solicitar unha nova licenza que se tramitará ao abeiro da normativa vixente na data da nova solicitude.
ARTIGO 16.-AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS.
1.º.-As actuacións que se pretendan desenvolver en terreos, construcións ou instalacións que precisen, ademáis da licenza municipal, de autorizacións ou informes sectoriais doutras entidades ou administracións públicas, ao abeiro da normativa sectorial de aplicación, necesitarán achegar estas autorizacións ou informes para a concesión, se procede, da correspondente licenza urbanística.
2.º.-No caso de que non se presente a preceptiva autorización ou informe sectorial, o procedemento de tramitación da solicitude da licenza municipal quedará en suspenso polo tempo que medie entre a notificación do seu requirimento e a súa presentación.
3.º.-A mesma suspensión do procedemento producirase cando sexa o Concello o que, diante dunha solicitude de licenza urbanística deba solicitar autorizacións ou informes sectoriais a outras administracións públicas, ao abeiro da lexislación sectorial que lle sexa aplicábel, e durante o tempo que transcorra entre a petición e a recepción da autorización ou do informe.
ARTIGO 17.-INFORMES.
Tendo en conta a documentación presentada e ao abeiro da normativa urbanística que lle sexa aplicábel, os servizos municipais emitirán un informe técnico acerca do uso e da obra proxectada e posteriormente o preceptivo informe xurídico.
ARTIGO 18.-CESIÓN DE TERREOS.
1.º.-Antes de que se emita a proposta de resolución favorábel para a concesión da licenza de calquera tipo de obra ou actividade en solos urbanos consolidados, que non teñan a condición de soar nin tampouco regularizadas as vías públicas, a persoa propietaria deberalle ceder, de balde, ao Concello de Vimianzo os terreos destinados a viais fora das aliñacións establecidas no planeamento, previa segregación dos mesmos se fora preciso. Esta mesma obriga deberá cumprirse antes da presentación dunha comunicación previa urbanística ou de actividade, se se dan os mesmos elementos de feito.
2.º.-Igualmente, esta obriga da persoa propietaria terá lugar nos solos de núcleo rural, cando se pretenda construír unha nova edificación ou substituír a existente.
3.º.-Esta cesión formalizarase mediante un documento administrativo e posteriormente elevarase a escritura pública, que será presentada nas dependencias municipais con constancia da súa inscrición no Rexistro da propiedade.
ARTIGO 19.-RESOLUCIÓN.
1.º.-Unha vez que se complete o expediente e se formule a proposta de resolución, esta trasladaráselle ao órgano competente para que a resolva, trámite co que se finalizará o expediente.
A resolución poderá adoptar unha das seguintes formas: concesión pura e simple da licenza, concesión da licenza condicionada ao cumprimento de determinados requisitos ou denegación da licenza.
Toda resolución que denegue a licenza deberá ser debidamente motivada con referencia explícita ás normas ou determinacións do planeamento que se incumpran.
2.º.-As peticións de licenza resolveranse no prazo de tres meses, que comezarán a contar dende a presentación da solicitude coa documentación completa no Rexistro do Concello, agás as peticións de licenza para primeira ocupación de edificios que se resolverán no prazo de dous meses, contados dende o mesmo momento, sempre que, mediante disposición legal, non se establezan outros prazos.
3.º.-Transcorridos os prazos sinalados no apartado anterior para resolver as solicitudes de licenza, coas suspensións legalmente procedentes, sen que se adopte resolución mucipal expresa, operará o réxime de silencio administrativo na forma establecida legalmente.
En ningún caso se entenderán adquiridas por silencio administrativo positivo licenzas en contra da normativa ou do planeamento urbanístico.
ARTIGO 20.-LICENZAS CONDICIONADAS A COMPLETAR A URBANIZACIÓN.
1.º.-As licenzas de edificación de nova construción ou de ampliación ou reforma de edificios existentes que se soliciten para terreos urbanos consolidados que aínda non tiveran a condición de soar ou que, sendo de núcleo rural, precisen de obras de acometida ás redes de servizos existentes ou de urbanización, outorgaranse cando se asegure a execución simultánea da urbanización e da edificación.
2.º.-Con caracter previo ao outorgamento da licenza deberá constituírse unha garantía polo importe do 100% das obras de urbanización pendentes e/ou do custo previsíbel de reposición das existentes que puidesen resultar afectadas con motivo da obra, que serán determinadas no propio proxecto técnico da edificación ou nun anexo ao mesmo.
Esta garantía devolverase no mesmo momento de outorgamento da licenza de primeira ocupación cuxa concesión quedará supeditada ao feito de que se executaran total e satisfactoriamente as obrigas garantizadas.
No caso de obras para as que non é precisa a licenza de primeira ocupación, a garantía devolverase despois de que a persoa interesada comunique o remate das obras coa presentación do certificado final de obra elaborado por un técnico competente, sempre que se cumpriran total e satisfactoriamente as obrigas garantidas.
ARTIGO 21.-EXTINCIÓN E CADUCIDADE DAS LICENZAS.
1.º.-As licenzas urbanísticas extinguiranse debido aos seguintes motivos:
a) Por caducidade.
b) Por renuncia do titular, comunicada por escrito ao Concello e declarada por este.
c) Por resolución xudicial ou administrativa que as anule, a través dos procedementos de revisión de oficio regulados na lexislación administrativa.
2.º.-As licenzas urbanísticas outorgaranse ao abeiro dun prazo de caducidade, tanto para o inicio como para o remate das obras, asi como para a interrupción das mesmas.
O prazo máximo para o inicio das obras é de seis meses e para o remate de tres anos, contados dende a data de notificación da resolución de concesión da licenza. As ditas obras non poderán interromperse durante un periodo de tempo superior aos tres meses.
3.º.-Os ditos prazos poderán prorrogarse se o solicita a persoa titular da licenza, sempre que sexa formulada antes da conclusión dos prazos e sempre que a licenza sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento de concesión da prórroga.
4.º.-Unha vez que transcorreran e se incumpriran calquera dos ditos prazos o órgano competente para conceder a licenza, previa audiencia da persoa interesada, declarará a caducidade da mesma.
5.º.-A declaración de caducidade extinguirá a licenza e non se poderán iniciar nin proseguir as obras agás para traballos de seguridade e mantemento, dos que se lle dará conta ao Concello para que os controle.
Unha vez declarada a caducidade da licenza a persoa interesada poderá solicitar unha nova licenza que se tramitará ao abeiro da normativa vixente na data da solicitude.
Sección 3.ª.-Execución das obras
ARTIGO 22.-COMUNICACIÓN DA EMPRESA CONSTRUTORA.
Antes de comezar as obras a persoa titular da licenza comunicaralle ao Concello o nome e o domicilio social da empresa que as leve a cabo.Se cambiase a empresa encargada do desenvolvemento das obras o titular da licenza deberá comunicarllo á administración municipal
ARTIGO 23.-SINALIZACIÓNS DE ALIÑACIÓNS E RASANTES.
1.º.-No caso de obras de edificación de nova construción, de ampliación de edificios existentes que alteren a ocupación en planta, de muros de contención, de instalacións de casas prefabricadas e instalacións similares ás que se refire o artigo 9 desta ordenanza, será condición indispensábel para o comezo das obras que, unha vez concedida a pertinente licenza, se sinalen as aliñacións e os rasantes, previa solicitude da persoa interesada.
2.º.-A solicitude de aliñacións e rasantes irá acompañada dun plano da situación dos terrreos, por triplicado, a escala 1:500, con todos os seus datos acotados e os do entorno máis próximo.
3.º.-As aliñacións e rasantes ás que se deberá axustar a construción, ampliación ou instalación sinalaranse na acta de implantación.
O acto de sinalización de aliñacións e rasantes efectuarase o día e a hora que sinalen os técnicos municipais do Servizo de urbanismo. A estre acto asistirán un/unha técnico municipal, a persoa titular da licenza de obra e a dirección técnica da mesma. Estas mesmas persoas subscribirán, a continuación, a acta de implantación por triplicado, asi como o plano acotado a escala 1:500, que se lle xuntará.
ARTIGO 24.-DOCUMENTACIÓN NO LUGAR DA OBRA E CARTEL INDICADOR.
1.º.-Será requisito indispensábel en todas as obras dispoñer, a pe de obra, de copias autorizadas da licenza municipal e da acta de implantación, para aquelas obras nas que sexa necesaria, ao abeiro do apartado 1.º do artigo 23 desta ordenanza.
2.º.-Ademais do indicado no apartado anterior, nas obras de edificación de nova construción e nas intervencións en edificios existentes que precisen licenza municipal tamén será requisito indispensábel a colocación a pé de obra dun cartel indicador que sexa visíbel dende o vial público cunhas dimensións de 110 cm de ancho por 80 cm de alto e co contido que se indica no seguinte esquema:
¿ N.º EXPEDIENTE DA LICENZA DE OBRA:
¿ DATA DE EXPEDICION DA LICENZA:
¿ ORDENANZA QUE SE APLICA:
¿ PROMOTOR:
¿ CONSTRUTOR:
¿ DIRECTOR DE OBRA:
¿ DIRECTOR DE EXECUCIÓN MATERIAL:
¿ NÚMERO DE ANDARES AUTORIZADOS:
¿ USOS:
¿ PRAZO MÁXIMO DE EXECUCION:
3.º.-O cartel será de taboleiro hidrófugo con fondo branco e texto en negro, perfectamente visíbel.
ARTIGO 25.-MODIFICACIÓNS DAS OBRAS AMPARADAS EN LICENZA.
1.º.-Se durante a excución das obras se previran ou produciran variacións que alteraran o proxecto técnico ou a documentación sobre os que se baseou a licenza outorgada nalgún dos parámetros relacionados no artigo 15 desta ordenanza a persoa titular estará obrigada a solicitar unha nova licenza que as ampare.
2.º.-As modificacións de detalle que durante a execución das obras non alteren os parámetros urbanísticos da licenza outorgada, relacionados no artigo 15 desta ordenanza, deberán documentarse cunha memoria e, no seu caso, planos, que se achegarán coa solicitude da licenza de primeira ocupación, se esta fora precisa, ou directamente unha vez concluídas as obras e nos que quedarán perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións de detalle introducidas.
Sección 4.ª.-Remate das obras
ARTIGO 26.-OBRIGAS DA PERSOA TITULAR DA LICENZA AO REMATAR AS OBRAS.
1.º.-Dentro dos dez días seguintes ao remate dunha obra a persoa titular da licenza deberá:
- Retirar os materiais sobrantes, as estadas, valas e barreiras.
- Construír ou repoñer o piso definitivo das beirarrúas.
- Repoñer ou reparar o pavimento da calzada ou praza, árbores ou zona verde, conducións ou redes de servizo e cantos outros elementos urbanísticos resultaran afectados polas obras de construción e non estiveran repostos ou reparados.
Subsidiariamente responderá destas obrigas a persoa propietaria do solo no que se executou a obra, se non coincide coa titular da licenza.
2.º.-Nos casos de obras de edificación de nova construción sometidas á licenza e nos casos de intervencións de carácter total ou parcial en edificios existentes sometidos, da mesma maneira, a licenza, a persoa titular da mesma deberá solicitar a preceptiva licenza de primeira ocupación unha vez rematadas as obras.
ARTIGO 27.-LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN.
1.º.-A licenza de primeira ocupación esixirase para a utilización dos edificios aos que se refire o apartado 2.º do artigo 26 desta ordenanza.
2.º.-A licenza de primeira ocupación ten como obxecto o de comprobar que as obras están completamente rematadas e se axustan á licenza de obras outorgada, así como ás condicións que se puideron impoñer na mesma e que, no seu caso, o promotor cumpriu o compromiso de realizar simultaneamente e, ao abeiro do proxecto de urbanización ou proxecto técnico, a urbanización esixida.
3.º.-A persoa titular da licenza de obras solicitará a licenza de primeira ocupación acompañando a súa solicitude co certificado final de obra e, no seu caso, da urbanización, expedido por un/unha técnico competente, no que conste que as obras están completamente rematadas e se axustan á licenza outorgada ou, no seu caso, ao proxecto de urbanización.
Igualmente, achegarase xunto coa solicitude a seguinte documentación:
1. Solicitude debidamente cuberta acompañada de copia da licenza de obra/apertura concedida.
2. Pago de taxas:
- Xustificante do pagamento das taxas e/ou impostos que correspondan en concepto de outorgamento de licenza de primeira ocupación.
- En caso de existir, xustificante do aboamento do ICIO correspondente á diferenza entre o orzamento de execución material do proxecto que serviu de base para a execución da licenza e o custo do realmente executado. (ou o custo estimado cando se produzan modificacións con aumentos de superficie)
- Documento acreditativo de que a obra foi dada de alta para os efectos do Imposto de bens inmobles.
3. Certificado final de obra, cos seguintes anexos e documentación da obra:
- Acta de replaneo e de comezo da obra.
- Acta de recepción de edificio terminado (asinada como mínimo por Promotor e Arquitecto) con relación doutros axentes intervenientes.
- Liquidación final de obra executada.
- Certificado de control de calidade.
- Certificado de eficiencia enerxética de edificio terminado.
- Declaración da entrega do libro do edificio polo redactor do proxecto ao promotor, e asinado por este.
- Así mesmo, o director da obra certificará que a edificación se realizou baixo a súa dirección, de conformidade co proxecto obxecto de licenza e a documentación técnica que o complementa, achándose disposta para a súa adecuada utilización con arranxo ás instrucións de uso e mantemento. Todo iso de conformidade co disposto no vixente código técnico da edificación.
4. Fotografías:
- Fotografías de tódalas fachadas da edificación.
- Fotografía interior do cuarto de instalacións, amosando todos os elementos da instalación.
5. Recepción das redes de instalación e urbanización de viario:
- Boletín das instalación de electricidade, auga e calefacción.
- No caso de vivenda colectiva: Alta dos proxectos de telecomunicacións(*) e ventilación de garaxes.
(*) Certificado expedido pola Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións
- No caso de realizarse outras obras de urbanización: Certificado final das obras de urbanización que se acometeran simultaneamente coas de edificación, no que se fará constar que o edificio está dotado de servizos urbanísticos esixidos, ou a acta de recepción polo concello de terse efectuada con anterioridade.
6. Illamento acústico: certificado realizado por empresa homologada de que a edificación cumpre coa normativa de protección contra a contaminación acústica e cos requisitos de illamento acústico recollidos no proxecto obxecto de licenza. Este certificado é imprescindible para os locais de hostelería e non resulta necesario no caso de vivendas unifamiliares illadas.
7. Escritura de división horizontal ou declaración de obra nova.
8. Ocupación parcial: no caso de licenza de ocupación parcial, informe de coordinador de seguridade e saúde respecto á posibilidade de fin de obra parcial.
4.º.-Os servizos técnicos municipais inspecionarán as obras de edificación e, de ser o caso, de urbanización realizadas, despois de comprobar a documentación que se achegou.
En ningún caso se poderá conceder a licenza de primeira ocupación a ningunha edificación se a obra urbanizadora non está debidamente concluída e apta para a súa recepción.
A concesión da licenza de primeira ocupación implicará a previa ou simultánea recepción da obra urbanizadora que no seu caso se tivera que realizar.
5.º.-Se se comproba que as obras de edificación ou urbanización non se atopan completamente finalizadas ou non se cumpriron as obrigas de reposición sinaladas no artigo 26.1 desta ordenanza, suspenderase o procedemento e requirirase a realización das obras necesarias para a finalización correcta das mesmas.
6.º.-O remate das obras sen axustarse aos termos da licenza concedida ou, no seu caso, do proxecto de urbanización aprobado, dará lugar á denegación da licenza de primeira ocupación e ao inicio do pertienente procedemento para a reposición da legalidade infrinxida, sen prexuízo da apertura do procedemento sancionador correspondente.
7.º.-Para conectarse aos servizos de abastecemento de auga, saneamento, electricidade, gas, telefonía ou outro servizo propio de edificacións, será necesaria a concesión da licenza de primeira ocupación. Tendo en conta isto, as empresas ou entidades subministradoras destes servizos esixirán a licenza de primeira ocupación para a súa contratación.
O Concello de Vimianzo, previa audiencia da persoa interesada, poderá ordenar o corte do subministro contratado sen a existencia previa da licenza de primeira ocupación.
CAPÍTULO II.-COMUNICACIÓNS PREVIAS URBANÍSTICAS
Sección 1.ª.-Actos suxeitos e réxime xurídico
ARTIGO 28.-ACTOS SUXEITOS A COMUNICACIÓNS PREVIAS URBANÍSTICAS.
1.º.-Están suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa todos os actos de ocupación, construción, edificación e de usos do solo e do subsolo non suxeitos á licenza e polo tanto non sinalados no artigo 9 desta ordenanza, ademáis, en todo caso, os que así estableza a lexislación.
2.º.-Tamén se someten ao réxime de comunicación previa os cambios de titularidade de calquera acto de usos do solo ou do subsolo, autorizado mediante licenza urbanística ou por comunicación previa, debendo comunicarllo por escrito ao Concello aquela persoa que vaia a exercer a nova titularidade.
ARTIGO 29.-EFECTOS DA PRESENTACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA.
1.º.-A presentación dunha comunicación previa constitúe un título habilitante para o incio dos actos de uso do solo e do subsolo que se comunican unha vez que transcorra o prazo de quince días hábiles, contados dende a súa data de entrada con toda a documentación completa, no Rexistro municipal, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección que efectúe o Concello de Vimianzo.
2.º.-Dentro do prazo dos quince días hábiles, sinalado no apartado anterior, o Concello de Vimianzo poderá declarar completa a documentación presentada ou requirir a subsanación das deficiencias que presente a mesma, en cuio caso quedará sen efecto o dito prazo para o inicio das obras, que se reiniciará unha vez que se presente a documentación requirida ou coas deficiencias subsanadas.
3.º.-A presentación dunha comunicación previa non producirá efectos nos seguintes casos:
a) Cando a comunicación previa se presente sen a documentación que deba acompañala ou sen a cesión de solo á que se refire o apartado 1.º do artigo 18 desta ordenanza.
b) Cando o acto pretendido que se comunica estea suxeito á licenza municipal.
c) Cando, para a execución das obras, foran preceptivos informes ou autorizacións previas doutros organismos públicos que non se acheguen no momento de presentar a comunicación.
d) Cando a actuación que se pretenda sexa contraria á normativa de aplicación.
4.º.-A inexactitude, falsidade ou omisión de caracter esencial en calquera dato, manifestación ou documento que acompañe á comunicación previa comportará, logo de audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficiencia da comunicación efectuada e a imposibilidade de inciar ou de continuar co exercicio do dereito a executar as obras dende o momento no que se coñeza, sen prexuízo das responsabilidades administrativas, penais ou civiles que procederan.
ARTIGO 30.-RESPONSABILIDADES.
1.º.-O persoal técnico que asine a documentación técnica que se achegue cunha comunicación previa son responsables da súa calidade e de que se axuste ás normas que sexan aplicables en cada caso.
2.º.-O persoal técnico que asine certificacións ou declaracións que se achequen cunha declaración previa será responsable da exactitude e da veracidade do seu contido.
3.º.-A persoa titular dos dereitos derivados dunha comunicación previa está obrigado a realizar as obras nas condicións contidas na documentación presentada.
ARTIGO 31.-ALCANCE DO CONTROL INICIAL DA COMUNICACIÓN PREVIA.
1.º.-No prazo dos quince días hábiles seguintes ao da presentación dunha comunicación previa urbanística, a actuación municipal circuncribirase estrictamente á comprobación da integridade formal e da suficiencia legal da documentación presentada para poder declarar completa a mesma, para os efectos de poder iniciar as obras comunicadas, así como a comprobación de que se cumpren os requisitos esixidos na normativa e no planeamento urbanístico, sen prexuízo do control posterior.
2.º.-A intervención municipal sobre a comunicación previa non controlará, en ningún caso, os aspectos técnicos relativos á seguridade estrutural das construcións, as condicións de montaxe das instalacións ou a calidade dos elementos ou materiais empregados, cuxa responsabilidade é exclusiva do proxectista, da direción técnica, do promotor ou da empresa construtora ou instaladora.
Sección 2.ª.-Procedemento de comunicacións previas urbanísticas
ARTIGO 32.-REGULACIÓN DO PROCEDEMENTO.
Os actos de control e intervención da administración municipal nos supostos previstos no artigo 28 desta ordenanza axustaranse ao seguinte procedemento:
a) A comunicación previa deberá efectuarse nos modelos oficiais que se publiquen na sede electrónica municipal ou a través das plataformas habilitadas para este efecto pola Administración autonómica ou a Administración xeral do Estado. Con estas solicitudes achegarase a documentación que lle corresponda en cada caso e que se detalla igualmente na sede electrónica municipal.
b) A comunicación previa formularase a pedimento de calquera persoa interesada en iniciar unha obra ou a través dun representante autorizado e poderá presentarse en calquera dos rexistros sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común, telematicamente a través da sede electrónica municipal ou a través de plataformas habilitadas para o efecto pola Administración autonómica ou a Administración xeral do Estado. Se a presentación da solicitude e o resto da documentación se efectúa en soporte papel o proxecto técnico que se achega, se fora necesario, tamén terá que presentarse, en calquera caso, en soporte dixital en formato PDF. Se o proxecto foi visado electronicamente por un colexio profesional que permita o acceso a súa plataforma será suficiente coa presentación do código do proxecto e da autorización do/a cidadán para o acceso dende o Concello.
c) A presentación do impreso normalizado acompañado de toda a documentación esixida no Rexistro municipal de Vimianzo determinará o inicio do procedemento, rexíndose o mesmo, así como a ordenación, instrución e terminación do mesmo, polas disposicións do título VI da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou da norma que a substitúa.
d) A persoa promotora dos actos de usos do solo e do subsolo deberalle comunicar ao Concello de Vimianzo a intención de desenvolvelos cunha antgelación mínima de quince días hábiles ao da data na que pretenda levar a cabo ou comezar a súa execución.
ARTIGO 33.-TRAMITACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA URBANÍSTICA.
Unha vez que se presente a comunicación previa a súa tramitación axustarase ás seguintes reglas:
1. Cando a actuación comunicada posúa toda a documentación esixida a comunicación previa producirá plenos efectos xurídicos, polo que, unha vez que trrancorra o prazo de quince días hábiles sinalado no apartado 1.º do artigo 29 desta ordenanza será un título habilitante para o incio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos á mesma sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección.
Neste caso o Servizo de urbanismo emitirá un informe e ditarase unha resolución mediante a que se declara completa a documentación presentada -que lle será notificada á persoa solicitante- o que permitirá que o persoal técnico municipal poida visitar e inspecionar a obra para comprobar que se axusta á documentación presentada e á normativa aplicábel.
2. Cando a comunicación que se presentou e/ou a documentación que se lle xuntou sexa insuficiente ou incorrecta, dentro do prazo dos quince días seguintes á súa presentación, requiriráselle á persoa interesada para que se absteña de iniciar a actuación e concederáselle un prazo de dez días para subsanar as deficiencias detectadas indicándolle, que se non o fixese así, entenderase que desisitu da súa comunicación, arquivándose o expediente sen máis trámite, ao abeiro do previsto na lexislación reguladora do procedemento administrativo común e sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade e sancionador.
Neste caso o prazo de quince días para o inicio das obras quedará sen efecto, debendo reiniciarse como se sinala no artigo 29.2 desta ordenanza.
3. Transcorrido o prazo de quince días hábiles dende a presentación da comunicación previa sen que se lle requirira á persoa interesada a correción de posibles deficiencias que puideran existir, poderanse iniciar as obras comunicadas, sen que a inactividade da Administración implique enmenda dos defectos ou das irregularidades que presente o contido da comunicación ou da comunicación que se lle achega nin os que poida presentar a obra ou a actuación obxecto da comunicación.
4. Se unha vez que o Servizo de Urbanismo examinara a documentación presentada detectara que o contido da mesma non se axusta á normativa de aplicación ou ao planeamento urbanístico en vigor, emitirá un informe nese sentido e ditará unha resolución notificandolle esta circunstancia á persoa comunicante e indicando que debe absterse de iniciar a obra ou, no seu caso, que debe suspender a súa execución de maneira inmediata, iniciándose un expediente de reposición da legalidade, coa pertinente audiencia á persoa interesada.
ARTIGO 34.-AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS.
As actuacións que se pretendan desenvolver en terreos, construcións ou instalacións que precisen de autorizacións ou informes sectoriais de outras entidades ou administracións públicas, conforme á noramtiva sectorial de aplicación, deberán ser achegadas coa comunicación previa que se presente.
Nos supostos nos que non se presente a preceptiva autorización ou informe sectorial a comunicación previa non producirá ningún efecto non podendo inciarse a obra pretendida.
ARTIGO 35.-PRAZOS PARA EXECUTAR AS OBRAS.
1.º. As obras que se comunican deberán inciarse no prazo máximo de seis meses, comezando a contar ao día seguinte a aquel no que finalice o prazo de quince días sinalado no aprtado 1.º do artigo 29 desta ordenanza e deberán estar rematadas nun prazo máximo dun ano que comezará a contar na mesma data.
2.º. Os ditos prazos poderán prorrogarse a través dunha nova comunicación na que así se indique sempre que sexa formulada antes do remate dos mesmos e sempre que as obras sexan conformes coa ordenación urbanística vixente no momento no que se comunique a prórroga do prazo.
En calquera caso, a prórroga non poderá ser por prazos superiores aos establecidos no apartado anterior para o incio e para a finalización das obras.
ARTIGO 36.-EXTINCIÓN E CADUCIDADE DAS COMUNICACIÓNS PREVIAS URBANÍSTICAS.
1.º.-O título habilitante para o exercicio dos dereitos derivados das comunicacións previas extinguirase debido ás mesmas causas que as establecidas para as licenzas urbanísticas.
No caso da colocación de carteis ou valos publicitarios o título habilitante extinguirase aos dous anos que comezarán a contar a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de quince días sinalado no apartado 1.º do artigo 29 desta ordenanza. Este prazo poderase prorrogar por outro periodo da mesma duración despois dunha nova comunicación previa que así o indique e que deberá presentarse antes da conclusión daquel e sempre que a instalación sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no memoento no que se comunique a próroga do prazo. Rematada a vixencia desta instalación a persoa promotora deberá desmontar a mesma no prazo dun mes.
2.º.-Unha vez transcorridos e incumpridos calquera dos prazos mencionados no artigo anterior declararase a caducidade da comunicación previa, previa audiencia da persoa interesada.
3.º.-A declaración de caducidade extinguirá os efectos da comunicación previa, non podendo iniciarse nin proseguir as obras agás para traballos de seguridade e mantemento, que lle serán comunicados ao Concello para o seu control.
Declarada a caducidade da comunicación previa a persoa interesada poderá presentar unha nova que se tramitará ao abeiro da normativa e da ordenación urbanística vixentes na data da nova presentación.
Sección 3.ª.-Execución das obras
ARTIGO 37.-ALIÑACIÓNS DE PECHES.
Se as obras que se comunican se refiren á construción de peches de parcela que lindan coa vía pública, antes do inicio da obra a persoa interesada deberá solicitarlle ao Servizo de urbanismo do Concello que fixe sobre a parcela a aliñación e a implantación, que subscribirán, por duplicado, o comunicante da obra e persoal técnico municipal do dito Servizo de urbanismo.
ARTIGO 38.-DOCUMENTACIÓN NO LUGAR DA OBRA.
Será requisito indispensábel en todas as obras o de dispoñer, a pé de obra, dunha copia autorizada da acta de implantación para as obras ás que se refire o artigo anterior desta ordenanza.
ARTIGO 39.-MODIFICACIÓNS NA EXECUCIÓN DAS OBRAS COMUNICADAS.
As características e dimensións das obras que se realicen non excederán das comunicadas, considerándose como infración urbanística caquera extralimitación na que se incorra. Cando se pretendan realizar modificacións durante a execución da obra deberaselle comunicar ao Concello este feito novamente, cos mesmos requisitos que a comunicación incial.
ARTIGO 40.-OBRIGAS DA PERSOA COMUNICANTE DAS OBRAS.
1.º.-A comunicación previa das obras non supón autorización para a ocupación da vía pública ou doutros espazos públicos con materiais de construción, estadas, maquinaria, grúas, ou calquera ferramenta ou instrumento, xa que isto deberá ser obxecto da correspondente solicitude de licenza para a súa autorización, se procede.
2.º.-Dentro dos cinco días seguintes á conclusión dunha obra a persoa comunicante da mesma deberá:
a) Retirar os materiais sobrantes e as estadas, valas e barrreiras.
b) Repoñer ou reparar o pavimento das beirarrúas, calzada, praza, arbolado ou zona verde, conducións ou redes de servizo e cantos elementos urbanísticos resultasen afectados polas obras executadas se xa non os tivera reposto ou reparado.
Subsidiariamente responderá destas obrigas a persoa propietaria do solo no que se executara a obra, se non coincide coa persoa comunicante da mesma.
TÍTULO III.-COMUNICACIÓNS PREVIAS E LICENZAS DE ACTIVIDADES E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
CAPÍTULO I.-COMUNICACIÓNS PREVIAS DE ACTIVIDADES
Sección 1.ª.-Actividades suxeitas e réxime xurídico
ARTIGO 41.-ACTIVIDADES SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA.
1.º.-Estarán sometidas ao procedemento de comunicación previa a instalación, implantación, apertura ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial que se desenvolva no termo municipal de Vimianzo agás as actividades recreativas e espectáculos públicos aos que se refire o capítulo II do título III desta ordenanza.
2.º.-Tamén se someten ao réxime de comunicación previa os cambios de titularidade de calquera actividade ou establecemento, aínda que estea autorizado por licenza ou sometido ao réxime de comunicación previa, debendo a persoa que vaia a exercer a nova titularidade de comunicarllo ao Concello por escrito.
ARTIGO 42.-EFECTOS DA PRESENTACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA.
1.º.-A comunicación previa presentada cumprindo todos os requisitos constitúe título habilitante para o incio da actividade ou apertura do establecemento que se comunica, polo que unha vez que a comunicación previa se rexistre neste concello, con toda a documentación completa, a persoa titular da actividade poderá comezar a exercela, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspeción que lle corresponden ao Concello.
2.º.-A presentación dunha comunicación previa non producirá efectos nos seguintes casos:
a) Cando a comunicación previa se presente sen os documentos que deben acompañala para cada caso ou sen a cesión á que se refire o apartado 1.º do artigo 18 desta ordenanza.
b) Cando a actividade pretendida que se comunica esta suxeita á licenza municipal.
c) Cando para o inicio da actividade foran preceptivos informes ou autorizacións previos doutros organismos públicos e non se acheguen no momento de formular a solicitude.
d) Cando a actividade pretendida sexa contraria á normativa de aplicación.
e) Cando a actividade pretendida leve parella a necesidade de obra previa e esta non fora comunicada ou careza de licenza, no caso de que fora necesaria.
3.º.-O incumprimento das condicións da comunicación previa ou dos requisitos sinalados na lexislación aplicábel ou nesta ordenanza determinará a imposibilidade de continuar exercendo a actividade. A resolución que declare estas circunstancias ordenará a inmediata suspensión da actividade exercida e iniciará o pertinente expediente para a reposición da legalidade infrinxida.
4.º.-A inexactitude, falsidade ou omisión, de caracter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que acompañe á documentación previa levará parella a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e a imposibilidade de exercer o dereito ou a actividade afectada dende o momento no que se coñeza, sen prexuízo das responsabilidades administrativas, penais ou civís que corresponderan.
ARTIGO 43.-RESPONSABILIDADES.
1.º.-O persoal técnico que asine a documentación técnica ou as certificacións ou declaracións que acompañen a unha comunicación previa de actividade será responsable co alcance que se recolle nos apartados 1.º e 2.º do artigo 30 desta ordenanza.
2.º.-A persoa titular dos dereitos derivados dunha comunicación previa está obrigada a exercer a actividade nas condicións que contén a documentación presentada.
Sección 2.ª.-Procedementos de comunicacións previas de actividade
ARTIGO 44.-REGULACIÓN DO PROCEDEMENTO.
Os actos de control e intervención da Administración municipal nas actividades suxeitas a comunicación previa axustarase ao seguinte procedemento:
a) A comunicación previa deberá efectuarse no modelo normalizado que se pública na sede electrónica municipal ou a través de plataformas habilitadas para os efectos pola Administración autonómica ou a Administración xeral do Estado.
b) Estas solicitudes deberán ir acompañadas da documentación que corresponda en cada caso e que se sinala, da mesma maneira, na sede electrónica municipal.
c) A comunicación previa formularase a instancia de calquera persoa interesada en iniciar unha actividade ou a través dun representante autorizado, e poderá presentarse en calquera dos rexistros sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou telematicamente a través da sede electrónica municipal ou a través das plataformas habilitadas para os efectos pola Administración autonómica ou a Administración xeral do Estado.
d) A presentación do impreso normalizado no Rexistro municipal de Vimianzo, acompañado de toda a documentación esixida, determinará a inciación do procedemento, rexíndose a mesma, así como a ordenación, instrución e remate deste polo disposto no título VI da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou na norma que a substitúa.
ARTIGO 45.-TRAMITACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA DE ACTIVIDADE.
Unha vez rexistrada de entrada unha comunicación previa de actividade o Concello analizaráa xunto coa documentación que a acompañe seguindo as seguintes regras para a súa tramitación:
1. Cando a actividade comunicada veña acompañada de toda a documentación esixida para cada caso, a comunicación previa producirá plenos efectos xurídicos dende a data da súa presentación, constituíndose como título habilitante para o incio da actividade ou apertura do establecemento, co alcance previsto no artigo 42.1 desta ordenanza.
Neste caso o Servizo de urbanismo emitirá un informe e ditarase unha resolución mediante a que se declara completa a documentación presentada -que lle será notificada á persoa solicitante-o que permitirá que o persoal técnico municipal poida visitar e inspecionar a obra para comprobar se se axusta á documentación presentada e á normativa aplicábel.
2. Para o caso de que non se presente a documentación esixida o Concello requiriralle á persoa interesada para que no prazo de dez días proceda a subsanar as deficiendias detectadas, con indicación de que se non o fixera considerarase que desistiu da súa comunicación, arquivándose o expediente sen máis trámite, ao abeiro do previsto na lexislación reguladora do procedemento administrativo comúne debendo proceder ao peche da actividade se xa a iniciara.
Actuarase da mesma maneira se a documentación presentada fora a esixida pero nela se detectaran imprecisións ou deficiencias de escasa entidade.
3. Se o Servizo de Urbanismo, despois de examinar a documentación presentada, detectara que o seu contido non se axusta á normativa de aplicación ou ao planeamento urbanístico en vigor, emitirá un informe neste senso e notificaráselle mediante unha resolución á persoa comunicante indicándolle que debe de absterse de iniciar a obra ou, de ser o caso, que debe suspender de maneira inmediata a súa excecución, iniciándose un expediente de reposición da legalidade, previa audiencia da persoa interesada.
ARTIGO 46.-AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS E DECLARACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL.
As actividades que se pretendan desenvolver e que precisen de autorizacións ou informes sectoriais doutras entidades ou administracións públicas ou de declaración de incidencia ambiental, necesitarán que estes se xunten coa comunicación previa que se presente.
Nos supostos nos que non se presente a preceptiva autorización ou informe sectorial ou declaración de incidencia ambiental coa comunicación previa esta non producirá ningún efecto, non podéndose, debido a isto, iniciar ou exercer a actividade pretendida.
ARTIGO 47.-SUPOSTOS DE SIMULTANEIDADE DE OBRAS E ACTIVIDADES.
Se para desenvolver unha actividade sometida a comunicación previa é precisa a realización de unha obra, a documentación que se esixe que acompañe á comunicación previa de actividade deberá presentarse coa comunicación previa de obra ou coa solicitude da licenza de obra, se fora necesaria.
Unha vez concluída a obra presentarase a comunicación previa para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento.
ARTIGO 48.-PRAZOS PARA O INICIO DA ACTIVIDADE.
1.º.-A actividade que se comunica deberá iniciarse no prazo máximo de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da presentación no Rexistro municipal da comunicación previa con toda a documentación esixida ou da comunicación previa para o inicio da actividade se houbera obras.
2.º.-O dito prazo poderá prorrogarse a través dunha nova comunicación na que se solicite, sempre que esta se presente antes da conclusión do dito prazo, sexa por un prazo non superior ao indicado no apartado anterior e que a actividade sea conforme coa ordenación urbanística e normativa vixentes no momento no que se comunique a prórroga do prazo.
ARTIGO 49.-EXTINCIÓN E CADUCIDADE DAS COMNICACIÓNS PREVIAS DE ACTIVIDADE.
1.º.-O título habilitante para o exercicio dos dereitos derivados das comunicacións previas extinguirase polas mesmas causas que as establecidas para as licenzas de actividade.
2.º.-O título habilitante que comporta a presentación dunha comunicación previa de actividade con toda a documentación requirida poderá declararse caducado nos seguintes casos:
a) Cando a actividade non se inicie nos seis meses seguintes á data de rexistro de entrada municipal da comunicación previa formulada debidamente.
b) Cando a actividade non se desenvolva durante un tempo ininterrompido superior a un ano.
3.º.-En todo caso, a declaración de caducidade dunha comunicación previa realizarase mediante a instrucción do pertinente expediente con audiencia á persoa interesada.
4.º.-A declaración de caducidade extinguirá os efectos da comunicación previa, non podéndose iniciar nin proseguir a actividade até que se presente unha nova comunicación previa axustada á normativa e á ordenación urbanística en vigor.
ARTIGO 50.-DOCUMENTACIÓN NO LUGAR DA ACTIVIDADE.
Será requisito necesario, para todos os establecementos ou actividades, o de dispoñer nun lugar visíbel dunha copia autorizada da comunicación co selo do Rexistro de entrada municipal.
ARTIGO 51.-MODIFICACIÓNS NA ACTIVIDADE.
Cando se vaia a producir calquera modificación nas condicións ou características da actividade do establecemento este feito deberáselle comunicar ao Concello con anterioridade e deberanse cumprir os mesmos requisitos que na comunicación inicial.
CAPÍTULO II.-LICENZAS DE ACTIVIDADE
Sección 1.ª.-Actividades suxeitas e réxime xurídico
ARTIGO 52.-ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS.
Se ben a apertura de establecementos públicos para actividades recreativas ou para espectáculos públicos ou a organización destes últimos están sometidas ao réxime de comunicación previa previsto na lexislación e nesta ordenanza, as seguintes actividades, atendendo á concurrencia de razóns de interese xeral, precisarán, para o seu exerecicio, da obtención previa de licenza municipal:
1. A apertura de establecementos e o desenvolvemento de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas ou que presenten unha situación especial de risco, ao abeiro do disposto na normativa técnica en vigor.
2. A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas a un establecemento.
3. O desenvolvemento de expectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran da instalación de escenarios e estruturas móbiles.
4. O desenvolvemento de espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que se desenvolvan ademáis de neste térmo municipal noutro colindante.
5. O desenvolvemento de espectáculos e festexos taurinos.
6. A apertura de establecementos e o desenvolvemento de espectáculos públicos ou actividades recreativas cando a súa normativa específica esixa a concesión da autorización.
ARTIGO 53.-FINALIDADE DAS LICENZAS DE ACTIVIDADE.
1.º.-A licenza de actividade ten como finalidade a de comprobar que as actividades sinaladas no artigo anterior se axustan ao ordenamento urbanístico e que reúnen as condicións esixíbles de seguridade, salubridade e accesibilidade.
2.º.-Non se poderá inciar ningunha actividade sometida ao réxime de licenza sen que se obtivera previamente esta.
ARTIGO 54.-ALCANCE DO CONTROL MUNICIPAL.
A intervención municipal a través da licenza de actividade non comprende o control dos aspectos técnicos relativos á seguirdade estrutural e ás condicións de montaxe das instalacións ou da calidade dos elementos e materiais empregados, cuxa responsabilidade é exclusiva do proxectista, da direción técnica, da promotora ou da empresa instaladora.
Sección 2.ª.-Procedemento para o outorgamento de licenzas de actividade
ARTIGO 55.-SOLICITUDE DA LICENZA.
1.º.-Con anterioridade á apertura dun establecemento público ou ao inicio dun espectáculo público ou dunha actividade recreativa relacionados no artigo 52 desta ordenanza, a persoa que vaia a exercer a súa titularidade ou encargarse da súa organización deberá presentar no Concello unha solicitude de licenza cuxo modelo oficial se publique na sede electrónica municipal ou a través de plataformas habilitadas para o efecto pola Administración autonómica ou pola Administración Xeral do Estado.
Se a presentación da solicitude e do resto da documentación se efectúa en soporte papel, o proxecto técnico que se achegue, se este proxecto fora necesario, terase que presentar tamén, e en todo caso, nun soporte dixital formato PDF. Se o proxecto foi visado electronicamente por un colexio profesional que permita o acceso á súa plataforma, será suficiente coa presentación do código do proxecto e da autorización do/a cidadán para o acceso dende o Concello.
2.º.-A presentación das solicitudes e documentación requirida deberá efectuarse a través de calquera dos rexistros sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, telemáticamente a través da sede electrónica municipal ou a través de plataformas habilitadas ao efecto pola Administración Autonómica ou a Administración Xeral do Estado.
ARTIGO 56.-TRAMITACIÓN.
1.º.-As solicitudes de licenzas de actividade tramitaranse de acordo coa lexislación reguladora do procedemento administrativo común coas especialidades contidas na lexislación local, na urbanística e na sectorial e coas contidas nesta ordenanza.
2.º.-A solicitude de licenza só comezará a producir efectos dende o momento no que o correspondente escrito, coa documentación completa esixida en cada caso, entrara no Rexistro municipal.
ARTIGO 57.-SUBSANACIÓN DE DEFICIENCIAS E MELLORA DA SOLICITUDE.
Se os servizos municipais detectaran omisións, deficiencias ou imprecisións na solicitude da licenza ou na documentación que se lle xuntou terase en conta o establecido no atigo 14 desta ordenanza.
ARTIGO 58.-MODIFICACIÓNS NA ACTIVIDADE PARA A QUE SE SOLICITA LICENZA.
Se antes de que se concedera a licenza se pretenderan modificacións no proxecto técnico ou na documentación presentada e estas modificacións alterasen determinacións da actividade pretendida que afectasen á seguridade, salubridade ou accesibilidade, a persoa interesada deberá , previo desistimento da licenza solicitada, solicitar unha nova licenza que se tramitará ao abeiro da normativa vixente na data da nova solicitude.
ARTIGO 59.-AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS E DECLARACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL.
1.º.-As actividades que precisen, ademáis da licenza municipal, de autorizacións ou informes sectoriais doutras entidades ou administracións públicas ou de declaración de incidencia ambiental conforme á normativa sectorial de aplicación, necesitarán ser achegadas previamente é concesión, se procede, da licenza de actividade.
2.º.-No caso de que non se presente a preceptiva autorización ou informe sectorial ou declaración de incidencia ambiental atenderase ao previsto no apartado 2.º do artigo 16 desta ordenanza.
ARTIGO 60.-INFORMES.
Tendo en conta a documentación presentada e ao abeiro da normativa de aplicación, os servizos municipais emitirán un informe urbanístico acerca do uso e das obras proxectadas e un informe correspondente ás instalacións e acerca do cumprimento da normativa sectorial de aplicación. Concluídas as actuacións emitirase o preceptivo informe xurídico.
ARTIGO 61.-RESOLUCIÓN.
1.º.-Unha vez que o expediente estea completo e estea formulada a proposta de resolución, esta trasladaráselle ao órgano competente para que a resolución lle poña fin ao procedemento.
A resolución poderá adoptar unha das seguintes formas: concesión pura e simple da licenza, concesión da licenza condicionada ao cumprimento de determinados requisitos ou denegación da licenza.
Toda resolución que denegue a licenza deberá ser debidamente motivada con referencia explícita ás normas ou ás determinacións do planeamento urbanístico que se incumpran.
2.º.-A tramitación da solicitude de licenza non poderá exceder de tres meses, contados dende a presentación da solicitude, coa documentación que se achegue completa, no Rexistro do Concello ata a resolución municipal.
Os requirimentos de documentación, subsanación de deficiencias ou imprecisións e de informes ou autorizacións sectoriais suspenderán o prazo establecido para resolver o solicitado, que volverá a computar cando se acheguen os documentos solicitados.
3.º.-O transcurso do prazo de tres meses establecido para a concesión da licenza de actividade determinará a súa adquisición por silencio administrativo se consta que se achegou a documentación completa esixida e a pretensión se axusta á normativa de aplicación no momento da solicitude, agás as solicitudes para a instalación de terrazas en terreos de uso público nas que o silencio administrativo será negativo.
ARTIGO 62.-SUPOSTOS DE SIMULTANEIDADE DE OBRAS E ACTIVIDADES.
1.º.-Se para o inicio dunha actividade sometida a licenza é precisa a realización dunha obra igualmente sometida ao réxime de licenza solicitaranse simultaneamente e concederanse nun único acto administrativo, sen prexuízo da formación e tramitación simultánea de pezas separadas para cada intervención administrativa.
A proposta de resolución da solicitude da licenza de actividade terá prioridade sobre a correspondente á licenza urbanística. Se procede denegar a primeira, notificaráselle así á persoa interesada e non será necesario resolver acerca da segunda.
2.º.-Se a actividade pretendida se atopa sometida ao réxime de licenza e foran precisas para a súa posta en marcha a realización de obras que se atopen sometidas ao réxime de comunicación previa, esta última presentarase simultaneamente coa solicitude da licenza de actividade pero non adquirirá eficacia mentres non se obteña a preceptiva licenza que habilite a implanción da actividade.
En ningún caso a execución de obras en réxime de comunicación previa vinculadas ao desenvolvemento dunha actividade sen obter licenza para a mesma xerará responsabilidade da Administración municipal.
3.º.-Unha vez rematadas as obras, ben estean sometidas ao réxime de licenza ou ao de comunicación previa, presentarase no Concello unha comunicación previa para o inicio da actividade.
ARTIGO 63.-PRAZOS PARA O INICIO DA ACTIVIDADE E VIXENCIA DAS LICENZAS.
1.º.-A actividade para a que se concede a licenza deberá iniciarse no prazo máximo de seis meses, contados dende a data da notificación da resolución da concesión da mesma ou a partir da data de presentación no Rexistro municipal da comunicación previa para o inicio da actividade no caso de que houbera obras.
2.º.-As licenzas dos establecementos abertos ao público concédense por tempo indefinido, agás que unha disposición ou a propia licenza establezan expresamente o contrario e, sen prexuízo dos efectos dos controis e das revisións periódicas ás que sexan sometidos os establecementos.
3.º.-As licenzas para o desenvolvemento de espectáculos públicos ou actividades recreativas terán a mesma vixencia que a dos espectáculos ou actividades autorizados.
4.º.-As licencias para a instalación de terrazas en terreos de uso público outorgaránse por anos naturais prorrogables por iguais periodos de tempo , se ben tamén se poderán solicitar por periodos mínimos dun mes.
ARTIGO 64.-EXTINCIÓN DAS LICENZAS DE ACTIVIDADE.
As licenzas de actividade extinguiranse debido aos seguintes motivos:
a) Por caducidade.
b) Por revogación.
c) Por renuncia da persoa titular, comunicada por escrito ao Concello e declarada por este.
d) Por finalizar o espectáculo público ou a actividade recreativa para os que se concedeu a licenza.
e) Por cumprirse o prazo ao que estaba sometido o espectáculo público ou a actividade recreativa se así se establecera na licenza.
Ff) Por resolución xudicial ou administrativa a través dos procedementos de revisión de oficio regulados na lexislación administrativa.
ARTIGO 65.-CADUCIDADE E REVOCACIÓN DAS LICENZAS DE ACTIVIDADE.
1.º.-Poderá declararse a caducidade das licenzas de actividade nos seguintes supostos:
a) Cando a actividade non se inicie durante os seis meses seguintes, contados dende a data de notificación da licenza ou a partir da data de presentación no Rexistro municipal da comunicación previa para o inicio da actividade se houbera obras.
b) Cando non se desenvolva a actividade durante un tempo ininterrompido superior a un ano.
O prazo para o inicio da actividade poderá prorrogarse a través dunha comunicación previa na que así se indique, sempre que se presente antes da conclusión daquel, que sexa por un prazo non superior a seis meses e que a actividade sexa conforme coa ordenación urbanística e a normativa vixentes no momento no que se comunique a prórroga do prazo.
2.º.-A declaración de caducidade dunha licenza de actividade realizarase a través da instrución do pertinente expediente, con audiencia á persoa interesada.
3.º.-A declaración de caducidade extinguirá os efectos da licenza de actividade, non sendo posíbel iniciar nin proseguir a actividade até que se solicite e obteña unha nova licenza axustada á normativa e á ordenación urbanística vixentes.
4.º.-As licenzas de actividade poderán revogarse nos seguintes supostos:
a) Por incumprimento das condicións ou requisitos ao abeiro dos que foron outorgadas.
b) Por modificarse substancialmente ou desapareceren as circunstancias que determinaron o su outorgamento ou sobrevir outras novas que, no caso de existiren, terían comportado a súa denegación.
c) Por sanción, ao abeiro do disposto na Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia ou da norma que a substitúa.
d) Por falta de adaptacións aos novos requirimentos, establecidos nas normas, dentro dos prazos previstos con esta finalidade.
5.º.-A revogación será declarada despois da tramitación do pertinente expediente con audiencia á persoa interesada.
6.º.-Tanto a declaración de caducidade como a revogación das licenzas de actividade non xerarán dereito a indemnización.
ARTIGO 66.º.-DOCUMENTACIÓN NO LUGAR DA ACTIVIDADE.
Será requisito necesario en todos os establecementos ou lugares nos que se exerza a actividade sometida á licenza o de dispoñer, nun lugar visíbel, dunha copia autorizada da licenza de actividade concedida.
ARTIGO 67.-MODIFICACIÓNS NA ACTIVIDADE.
Calquera modificación nas condicións ou características da actividade ou do establecemento sometido á licenza municipal requirirá da solicitude e obtención previa de licenza.
TÍTULO IV.-CONTROL SUPERIOR SOBRE OBRAS E ACTIVIDADES
ARTIGO 68.-OBXECTO.
1.º.-A Administración municipal está obrigada a exercer de maneira permanente e continuada as funcións de comprobación, vixiancia, control e inspeción sobre as obras e actividades que se desenvolvan no termo municipal, ben estean suxeitas ao réxime de licenza, para verificar a efectiva adecuación das mesmas á normativa, sen prexuízo dos procedementos de reposición da legalidade e sancionador que, no seu caso, poidan iniciarse.
2.º.-O persoal municipal adscrito ás funcións de control, inspeción e vixiancia urbanística, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e gozará do estatuto regulado na lexislación urbanística.
3.º.-A Administración municipal poderá, en calquera momento, de oficio, por petición razoada doutras administracións ou por denuncia, efectuar visitas de control e inspección das obras, establecementos e actividades reguladas nesta ordenanza dende que se presenten as comunicacións previas ou se outorguen as pertinentes licenzas.
ARTIGO 69.-PROCEDEMENTO DE CONTROL E INSPECCIÓN.
1.º.-Nas comunicacións previas de obras ou actividades a actuación de control iniciarase coa comprobación do contido da documentación que se achegue.
2.º.-Á marxe do control documental iniciado no apartado anterior a Administración municipal procederá, a través dos funcionarios habilitados para tal efecto, á inspeción das obras, establecementos e actividades suxeitos á esta ordenanza, co obxecto de verificar a súa adecuación ás comunicacións previas presentadas e/ou ás licenzas outorgadas e á normativa que lles sexa aplicábel, levantando acta da súa comprobación.
3.º.-A acta de comprobación é aquel documento que se expide coa finalidade de recoller o resultado das actuacións de inspección e de verificación de que se cumpren os requisitos esixidos e expedirase por duplicado, sendo as dúas asinadas polo persoal inspector e, no seu caso, pola persoa ante a que se expida e a que se lle entregará un exemplar da mesma. Cando esta persoa se negase a subscribila farase constar esta circunstancia.
4.º.-As actas de comprobación ostentan o carácter de documento público, gozan de presunción de veracidade e constituen proba dos feitos reflectidos nelas, sen prexuízo das probas que en defensa dos seus dereitos poidan presentar as persoas interesadas.
5.º.-Se levantando a acta de comprobación se detectara que a obra ou actividade se está exercendo ou se realizou sen axustarse ás determinacións sinaladas na licenza ou na comunicación previa, emitirase un informe cunha proposta de resolución dispoñendo a suspensión inmediata dos ditos actos, se estes se estiveran desenvolvendo, e a apertura dun expediente de reposición da legalidade, sen prexuízo do sancionador.
6.º.-Non obstante o establecido no apartado anterior se a acta de comprobación se refire a unha actividade con comunicación previa presentada ou con licenza de actividade outorgada e nela se reflicten incumprimentos das determinacións da documentación técnica comunicada ou ao abeiro da que se concedeu a licenza, que son corrixibles sen requirir da elaboración dunha nova documentación técnica, emitirase un informe cunha proposta de resolución concedendo un prazo de 15 días para corrixir as deficiencias detectadas.
Trancorrido o dito prazo sen que se corrixiran esas deficiencias e así se faga constar nunha nova acta de comprobación, adoptaranse as medidas previstas no apartado anterior deste artigo.
7.º.-O feito de que se levante unha acta de comprobación non é impedimento para que o Concello, no exercicio das facultades de control e inspección que ten atribuídas, realice con posterioridade as visitas de comprobación que estime oportunas.
ARTIGO 70.-CONTIDO DA ACTA DE COMPROBACIÓN.
Toda acta de comprobación terá o seguinte contido mínimo:
a) Identificación da obra e/ou do establecemento e actividade.
b) Identificación da persoa promotora da obra ou da actividade e, no seu caso, da persoa coa que se entendan as actuacións e o caracter co que intervén, xa sexa construtor, propietario, arrendatario ou técnico.
c) Funcionario que desenvolve a actuación de control e data da súa realización.
d) Descrición das actuacións desenvolvidas.
e) Cumprimento ou descrición de incumprimentos da documentación técnica presentada coa comunicación previa ou á que se lle concedeu licenza e das determinacións ou condicións esixidas, no seu caso, na licenza ou nas autorizacións ou informes sectoriais se os houbera.
f) Descrición das modificacións que, no seu caso, se observen nas obras, instalacións, establecementos e actividades respecto da documentación técnica presentada coa comunicación previa ou na que se baseou a licenza concedida.
g) Incidencias producidas durante a actuación de control.
ARTIGO 71.-ACTUACIÓNS DE COMPROBACIÓN A PEDIMENTO DE PARTE.
1.º.-Sen prexuízo das facultades de control que ten encomendadas o Concello, as persoas interesadas poden solicitarlle a este a realización dunha inspección do establecemento ou actividade para a comprobación da súa adecuación á normativa que lle sexa aplicábel e á comunicación previa ou á licenza de actividade outorgada.
2.º.-Presentada a solicitude prevista no apartado anterior, o Concello remitiralle á persoa que o solicitara unha copia da acta de comprobación no prazo máximo de dous meses, dende a data da solicitude. Se na mesma se detectaran incumprimentos ou deficiencias, atenderase ao previsto nos apartados 5.º e 6.º do artigo 69 desta ordenanza.
TÍTULO V.-REPOSICIÓN DA LEGALIDADE E RÉXIME SANCIONADOR
ARTIGO 72.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
Ás obras e actividades sometidas, tanto ao réxime de comunicación previa como ao de licenza aplicaránselle as medidas de reposición da legalidade e o réxime sancionador previstos na lexislación urbanística e na Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.-MODELOS NORMALIZADOS.
Na sede electrónica municipal publicaranse os correspondentes modelos normalizados, tanto de licenzas como de comunicacións previas e tanto urbanísticas como de actividade.
Estes modelos non teñen carácter regulamentario polo que o seu contido poderá ser ampliado, reducido ou modificado.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.-NORMAS DEROGADAS.
Cando nesta ordenanza se realicen alusións a normas específicas, entenderase extensiva a referencia ás normas que, por promulgación posterior substitúan ás mencionadas.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA
As persoas promotoras de obras e actividades que iniciaran procedementos para a execución ou exercicio das mesmas con anterioridade á entrada en vigor desta ordenanza poderán desistir da súa solicitude e optar por aplicar a nova normativa, sempre que o manifesten antes da resolución do procedemento. En caso contrario continuarase coa tramitación ao abeiro da normativa que resultase de aplicación.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA ÚNICA
Quedan derogadas todas as disposicións municipais de igual ou inferior rango que se opoñan ao que establece esta ordenanza.
DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA
Esta ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia. Esta publicación realizarase unha vez que transcorra o prazo previsto nos artigos 65.2 e 70.2 da Lei 7/1985, reguladora das Bases do réxime local.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.