Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 4.- TAXA REGULADORA DE EXPEDICIÓN DE LICENZAS.

Publicación provisional: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 26/11/2015

Artigo 1.-Fundamento e réxime.

Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dacordo co previsto no artigo 20.4.i) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba ou texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa reguladora de expedición de licenzas, que se regulará pola presente ordenanza.

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúe ou feito impoñible deste tributo a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire a lexislación urbanística e que se realicen no termo municipal, se axustan á normativa urbanistica, de edificación e policía previstas, que se axustan ao planeamento urbanístico vixente e ás demáis normas legais e reglamentarias daplicación.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas solicitantes da respectiva licenza ou que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividadade administrativa que constitúa o feito impoñible da taxa. Teñen a condición de sustitutos do contribuínte, os constructores ou contratistas das obras. No caso da taxa por expedición da licenza de primeira ocupación, terán a condición de substitutos do contribuínte os ocupantes das viviendas ou locais.

Artigo 4.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obligaciones tributarias do suxeito pasivo as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria. 2.-Responderán subsidiariamente as persoas e entidades a que se refiere ou artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.-Base impoñible e cota tributaria.

1. Licenza urbanística de obra: a) O 2% do coste real e efectivo da obra cando se trate de movementos de terra, obras de nova planta, modificación da estructura ou do aspecto exterior das edificaciones existentes, en actos suxeitos a licenza en actividades clasificadas. b) O 1,5% do custo real e efectivo da vivenda, local ou instalación, ou do valor dos terreos e construcción a efectos do IBI, se se trata de parcelacións urbanas e demolición de construccións. No caso de vivendas unifamiliares, únicamente se gravará a construcción de dúas ou máis vivendas polo mesmo promotor. 2. Resto de expedientes relacionados: a) Declaración de ruína: Cota tributaria: 50,90 €. b) Licenza primeira ocupación (no caso de vivendas unifamiliares, aplicarase o establecido para as mesmas no parágrafo 1.b): Cota tributaria: 163,70 €. c) Certificado urbanístico: Cota tributaria: 29,60 €. d) Licenza de segregación de parcelas Cota tributaria: 34,95 €. e) Inspección técnica de actividade: 118,00 €.

Artigo 6.-Devengo.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. A estos efectos, entenderase iniciada a actividade na data da presentación da solicitud de licenza. Entenderase solicitada a licenza aínda que non se aporte o escrito de solicitude, cando se presente no Rexistro da Corporación o Proxecto Básico ou o Proxecto de Execución que describa técnicamente as obras ou a actividade. 2.-Cando as obras se iniciaran ou executaran, ou a apertura tivera lugar sen obter a previa licenza, a taxa devengarase cando se inicie a actividade municipal conducente a determinar se a obra ou a actividade en cuestión é ou non autorizable, con independenza do expediente administrativo sancionador. 3.-A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada de ningún xeito, pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado ou das condicións do establecemento, nin pola renuncia nin ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

Artigo 7.-Réxime de exencións e bonificacións.

Non poderán concederse outros beneficios fiscais que os previstos en normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos Tratados Internacionais.

Artigo 8.-Declaración.

As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obras presentarán no rexistro xeral a oportuna solicitude, acompañando Proxecto Técnico da obra ou actividade visado polo Colexio Oficial respectivo. Cando se trate de licenza para aqueles actos en que non sexa esixible conforme a lexislación urbanística a presentación da solicitude co Proxecto técnico, a solicitude achegarase con especificación detallada do obxeto e natureza da obra ou actividade, lugar de emprazamento da obra, medicións e o destino, cun orzamento das obras a realizar, así como unha descripción detallada da superficie afectada, materiais a empregar e en xeral, daquelas características da obra ou actividade que permitan comprobar o custo daquelas Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o Proxecto, deberá poñerse en coñecemento da Administración municipal, acompañando ao novo Proxecto o reformado e, no seu caso, planos e memorias e o orzamento da modificación ou ampliación.

Artigo 9.-Normas de xestión e liquidación.

A taxa polo otorgamento de licenza esixirase en réxime de autoliquidación, debendo o suxeito pasivo, no momento de presentar a correspondente solicitude, acreditar o ingreso do importe total estimado da cota tributaria, a conta da liquidación definitiva que resulte no momento da concesión da licenza. Se da liquidación definitiva, a taxa resulta unha cota superior ou inferior á derivada da autoliquidación, procederase a requerir o ingreso da diferencia antes de expedir a licenza, no primeiro caso, e a devolución do exceso, no segundo. Cando por causas no imputables ao suxeito pasivo, a actividade administrativa que constitúe o feito impoñible da taxa non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe da cota correspondente. Non se tramitará o expedente correspondente, se non se acredita a autoliquidación e o pagamento da presente taxa.

Artigo 10.-Caducidade.

As licenzas se declararán caducadas conforme a lexislación urbanística e de procedimento administrativo. Caducada a licenza, o suxeito pasivo estará obligado ao pago novamente da taxa ao solicitar a nova licenza.

Artigo 11.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto a a lexislación tributaria aplicable.