Boqueixón - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DOS PROCEDEMENTOS DE INTERVENCIÓN ADMINISTRATIVA NOS ACTOS DE USO DO SOLO E DO SUBSOLO E NO EXERCICIO DE ACTIVIDADES E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa ós servizos no mercado interior, e a Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, que incorpora aquela ó Dereito español, pretenden facilitar a liberdade de establecementos dos prestadores e a libre prestación de servizos, simplificando os procedementos.
Así mesmo, a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei 17/2009, modifica o artigo 84 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, engadindo ós sistemas clásicos de intervención na actividade dos cidadáns por parte das entidades locais, o da comunicación previa ou declaración responsable, e o sometemento a control posterior ó inicio da actividade.
Por iso, o Real Decreto 2009/2009, do 23 de decembro, modifica o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais de 1955, de xeito que o seu artigo 22.1, que suxeitaba a licenza a apertura de establecementos industriais e mercantís, queda redactado da seguinte forma: ¿a apertura de establecementos industriais e mercantís poderá suxeitarse ós medios de intervención municipal, nos termos previstos na lexislación básica en materia de réxime local e na Lei 17/2009, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio". Isto obedece á necesidade de adecuar o contido deste Regulamento ó novo réxime que introduce a comunicación previa ou a declaración responsable como mecanismo ordinario de intervención no ámbito local xunto ás licenzas.
Posteriormente, a Lei 2/2011, do 4 de marzo, de Economía Sostible, volve a modificar a Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, engadíndolle un novo artigo 84.bis, que establece que ¿con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo", se ben mantén este mesmo control previo para aquelas actividades que afecten á protección do medio ambiente ou do patrimonio histórico artístico, a seguridade ou a saúde pública, ou que impliquen o uso privativo e ocupación dos bens de dominio público.
Así pois, foi preciso establecer e regular os procedementos para estes novos medios de intervención administrativa cunha ordenanza municipal, e determinar as actividades que quedarían excluídas destes mecanismos de control que, con carácter xeral, se establecen no artigo 84.bis da Lei de Bases do Réxime Local, para as actividades.
Este foi o obxectivo precisamente da Ordenanza municipal reguladora do procedemento de control do exercicio de actividades e servizos suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable, aprobada por esta Corporación, e publicada no Boletín Oficial da Provincia n.º 118, do 22 de xuño de 2011. Sen embargo, despois dos últimos cambios normativos producidos, tanto na lexislación estatal como na autonómica, dita ordenanza xa resulta obsoleta e insuficiente para atender o novo réxime xurídico das actividades e da apertura de establecementos.
Así, a Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos elimina, por un lado, todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa motivados na protección do medio ambiente, da seguridade ou da saúde públicas ligados a establecementos comerciais e outros que se detallan no seu anexo, de menos de 300m2 de superficie, e, por outro lado, estende esta ¿flexibilización" tamén ás obras ligadas ó acondicionamento destes locais que non requiran da redacción dun proxecto de obra, de conformidade coa Lei 38/1999, de ordenación da edificación, como así sinala no artigo 3 da mesma.
Posteriormente, e nesta mesma liña de control administrativo a posteriori, é determinante a Lei autonómica 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade de Galicia, que ven a establecer un marco moito máis amplo para o exercicio de actividades sen licenza previa, e para a execución de actos de uso do solo e do subsolo sen control a priori, modificando para elo a Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta última lei ven a establecer un novo réxime xurídico para Galicia, no que ó exercicio de actividades e realización de obras se refire, de tal maneira que para unhas e para outras establece como réxime xeral de control o da comunicación previa, deixando para supostos excepcionais de espectáculos públicos e actividades recreativas, o outorgamento de licenzas de actividade, e reducindo os actos de uso do solo e subsolo que requiren de previa licenza municipal, como o demostra a nova redacción que da ó artigo 194.2 da Lei 9/2002.
Neste novo contexto faise pois necesario crear un novo marco xurídico municipal que dea resposta e desenvolvemento ó novo réxime das comunicacións previas, tanto en obras como en actividades. Este é un dos obxectivos da presente Ordenanza Municipal, dando así resposta ó artigo 25 da Lei 9/2013, ó artigo 194.8 da Lei 9/2002 na súa nova redacción, ó artigo 5 da Lei 12/2012, e ó artigo 28.2 da Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, na redacción dada pola citada Lei 9/2013, que ven a requirir dos Concellos, o establecemento e a planificación dos procedementos de comunicación necesarios, así como os de verificación posterior dos requisitos precisos e dos elementos e circunstancias postas de manifesto polo interesado, a través da comunicación previa.
Sendo este obxectivo xa de por si importante, esta Ordenanza tamén pretende regular os procedementos de intervención a priori, é dicir, os supostos nos que se requira licenza municipal, tanto para os actos de uso do solo e do subsolo, como para o exercicio de actividades, que aínda que menores en número, non por iso son menos importantes. Desta maneira, o que se pretende é que dunha maneira integral, nun mesmo texto normativo municipal, se teñan regulados, dentro das competencias dun Concello, todos os procedementos de intervención administrativa, tanto para os actos de uso do solo e subsolo, como para o exercicio de actividades e apertura de establecementos. Isto redundará no beneficio dunha maior claridade e seguridade xurídica, habida conta da interrelación que, en numerosas ocasións, se da entre as obras e as actividades que se refiren a unha mesma actuación, cando ademais poden estar sometidas as primeiras a licenza e as segundas a comunicación previa, ou viceversa.
A Ordenanza estrutúrase en cinco Títulos, divididos, á súa vez, en Capítulos, e estes, no seu caso, en Seccións:
- O Título I denomínase Disposicións Xerais, e a súa fin é determinar o obxecto, os distintos réximes existentes, e as normas comúns ós mesmos.
- O Título II refírese ós distintos actos de uso do solo e do subsolo, estean sometidos a licenza (Capítulo I), ou ó réxime de comunicación previa (Capítulo II).
- O Título III regula os procedementos para as actividades e apertura de establecementos, xa sometidas ó réxime de comunicación previa (Capítulo I), xa sometidas ó réxime de licenza (Capítulo II).
- O Título IV regula o procedemento de control posterior, tanto sobre actos de uso do solo e do subsolo, como sobre actividades.
- O Título V refírese á reposición da legalidade e ó réxime sancionador.
- Complétase a regulación con tres Disposicións Adicionais, unha Disposición Transitoria, unha Disposición Derrogatoria e outra Disposición Final.
- Nos Anexos I, II, III e IV queda reflectida a documentación que debe presentarse en cada caso.
TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
ARTIGO 1.º.-OBXECTO.
1.-A presente Ordenanza ten por obxecto a regulación dos procedementos de intervención, control da legalidade e inspección municipais dos actos de uso do solo e do subsolo de natureza urbanística, e das actividades que se implanten e desenvolvan no termo municipal de Boqueixón.
2.-Esta Ordenanza dítase en desenvolvemento da Directiva de Servizos 2006/123/CE, da normativa estatal e autonómica, e da lexislación de réxime local.
3.-Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta Ordenanza, as actividades de venda ambulante, que se rexerán pola lexislación específica de aplicación, e pola súa respectiva ordenanza municipal.
ARTIGO 2.º.-RÉXIME.
1.-Os actos de uso do solo e do subsolo quedan sometidos ó réxime de intervención municipal de comunicación previa, excepto naqueles casos en que esta Ordenanza, ou a lexislación en vigor, requiran que se solicite e obteña unha licenza municipal previa.
2.-A implantación e desenvolvemento de calquera actividade comercial, industrial, profesional, económica ou de servizos estará suxeita á presentación dunha comunicación previa no Concello de Boqueixón, excepto naqueles casos nos que esta Ordenanza, ou a lexislación en vigor, requiran que se solicite e obteña unha licenza municipal previa.
A actividade de intervención axustarase, en todo caso, ós principios de igualdade de trato, necesidade e proporcionalidade, en relación coa fin que se persegue.
3.-Naqueles casos nos que a actuación pretendida requira dalgunha autorización, cualificación ou informe favorable doutra Administración Pública distinta da municipal, esixible pola lexislación sectorial de aplicación, a comunicación previa ou o outorgamento da licenza municipal requirirá a previa emisión e incorporación ó expediente de dita autorización, cualificación ou informe.
ARTIGO 3.º.-DEFINICIÓNS.
1.-Nos termos da lexislación vixente, e para os efectos desta Ordenanza, enténdese por:
1) LICENZA: acto administrativo regulado, mediante o que o órgano municipal competente, tras a comprobación do cumprimento das condicións establecidas pola normativa de aplicación, autoriza actos de uso do solo e/ou do subsolo, ou o exercicio de actividades e/ou apertura de establecementos.
2) COMUNICACIÓN PREVIA: documento mediante o que os interesados poñen en coñecemento do Concello de Boqueixón os seus datos identificativos e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito, ou o inicio dunha actividade, de acordo co establecido nos artigos 70.1 e 71 bis-2 da redacción actual da Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ó que acompañarán a documentación acreditativa do cumprimento da normativa que resulte de aplicación.
2.-As licenzas ou comunicacións previas recibirán o nome de URBANÍSTICAS cando teñan por obxecto actos de uso do solo e do subsolo, e DE ACTIVIDADE cando teñan por obxecto a instalación e o exercicio de calquera actividade comercial, industrial, profesional, económica ou de servizos.
ARTIGO 4.º.-OBRAS E ACTIVIDADES DE PARTICULARES EN TERREOS DE DOMINIO PÚBLICO.
1.-Cando se pretendan realizar por particulares actos de uso do solo e do subsolo ou actividades en terreos de dominio público que non sexa municipal, esixirase igualmente licenza ou comunicación previa, independentemente das autorizacións ou concesións que sexa pertinente outorgar por parte da Administración titular do dominio público. Estas autorizacións ou concesións deberán de acompañar á solicitude de licenza municipal ou á comunicación previa que, no seu caso, se presente, e serán necesarias para que estas se podan tramitar ou producir efectos.
2.-Cando se pretendan realizar actos de uso do solo e do subsolo ou actividades en terreos de dominio público municipal, e estiveran suxeitos a concesión administrativa, se no procedemento de outorgamento desta concesión se houbese constatado a adecuación do proxecto á normativa urbanística e sectorial de aplicación, as licenzas urbanísticas e de actividade e os efectos das comunicacións previas entenderanse concedidas e producidos, respectivamente, coa propia resolución que outorgue a concesión administrativa.
3.-Cando os actos de uso do solo e do subsolo e as actividades pretendidas en dominio público municipal impliquen un uso común especial sometido a licenza o autorización municipal, segundo o Regulamento de Bens das Entidades Locais, o outorgamento da licenza urbanística ou de actividade implicará a concesión da licenza ou autorización para a ocupación do dominio público.
Se os actos de uso do solo e do subsolo ou actividades a realizar en dominio público municipal están sometidas ó réxime de comunicación previa, terase que solicitar previamente a licenza para usar dito dominio público e, unha vez obtida, terase que xuntar á documentación que acompañe á comunicación previa.
ARTIGO 5.º.-ERRO NA CUALIFICACIÓN DO ESCRITO PRESENTADO.
1.-O erro na cualificación do escrito presentado pola persoa interesada sobre a elección do procedemento de sometemento a licenza ou de comunicación previa non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que do su contido se deduza o seu verdadeiro carácter. O Concello notificará ó interesado sobre tal circunstancia e, no seu caso, requirirá a documentación que sexa precisa para a continuación do procedemento que corresponda.
2.-Cando a persoa interesada presentara no Concello unha comunicación previa, sendo o réxime aplicable o da licenza, advertiráselle que non poderá efectuar a obra ou iniciar a actividade ata que obteña a preceptiva licenza. Se iniciara a obra ou a actividade, requiriráselle para que proceda de inmediato á súa paralización, coas advertencias propias dos procedementos de reposición da legalidade urbanística.
3.-Cando a persoa interesada solicitase ante o Concello unha licenza cando o réxime aplicable é o da comunicación previa, notificaráselle para sinalar tal feito e para que presente, no seu caso, a documentación correspondente, non podendo iniciar a obra ou desenvolver a actividade en tanto non presente a mencionada documentación.
ARTIGO 6.º.-CRITERIOS INTERPRETATIVOS NO SOMETEMENTO ÓS PROCEDEMENTOS DE INTERVENCIÓN.
Os interesados na realización de calquera actuación que pertenza ó ámbito de aplicación da presente Ordenanza, terán que axustarse ós procedementos de solicitude de licenza ou comunicación previa, nos termos aquí dispostos.
Cando algunha das actuacións que se pretendan executar non se axusten a algún dos supostos establecidos nos anexos desta Ordenanza, asimilarase coa que presente maior coincidencia, aplicándolle o réxime correspondente.
ARTIGO 7.º.-CONSULTA PREVIA.
1.-Os particulares poderán presentar solicitudes de consulta previa do réxime e das condicións urbanísticas aplicables a unha finca determinada, edificación ou local, así como dos actos de uso do solo e subsolo, actividades permitidas e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación da que se trate.
Igualmente, poderase formular unha consulta por escrito sobre unha iniciativa de actividade ou obra concreta, que se acompañará dunha memoria descritiva ou dos datos suficientes que definan as características xerais da actividade proxectada e do inmoble no que se pretenda levar a cabo, ou da obra que se pretende executar.
2.-Nos casos de consultas relativas a unha parcela ou edificación, a solicitude deberá de vir acompañada da referencia catastral da mesma, para a súa correcta identificación.
3.-Sobre a consulta formulada, os Servizos Técnicos e Urbanísticos do Concello emitirán un informe que sinalará a clasificación e cualificación do solo que corresponda á finca, polígono ou sector do que se trate, os usos e intensidades que teñan atribuídos polo planeamento, os parámetros urbanísticos que sexan de aplicación e, no seu caso, os requisitos esixidos e a documentación a aportar para a execución dunha obra, apertura dun establecemento ou inicio dunha actividade.
4.-A consulta será contestada nun prazo máximo dun (1) mes, unha vez presentada no rexistro municipal a solicitude.
5.-O sentido da resposta ás consultas formuladas non terá carácter vinculante para a Administración.
ARTIGO 8.º.-ACTOS NON SUXEITOS A LICENZA OU COMUNICACIÓN PREVIA.
Dado que se rexen por unha tramitación propia, non será esixible licenza ou comunicación previa nos seguintes supostos:
● Os parcelamentos urbanísticos e calquera acto de división de parcelas efectuadas a través de proxectos de compensación, reparcelamento, equidistribución ou normalización de predios.
● A demolición de construcións declaradas previamente en ruína, a través do pertinente expediente contraditorio, sen prexuízo da redacción dun proxecto técnico para a súa execución, se a entidade das obras de demolición o require.
● As obras de apuntalamento e outras medidas de seguridade urxentes, cando sexan precisas.
● As obras derivadas dunha orde de execución, salvo que pola entidade das obras se esixa solicitude de licenza ou presentación de comunicación previa, acompañadas do correspondente proxecto técnico.
● As obras derivadas de resolucións recaídas en expedientes de reposición da legalidade urbanística que non impliquen demolición total ou parcial.
● As obras de urbanización previstas nos proxectos de urbanización.
● As actuacións urbanísticas promovidas polo Concello no seu propio termo municipal, que se entenderán autorizadas polo acordo de aprobación do proxecto, logo da acreditación no expediente do cumprimento da normativa de aplicación.
● As obras públicas eximidas expresamente pola lexislación sectorial ou de ordenación do territorio.
ARTIGO 9.º.-SITUACIÓNS XURÍDICAS PRIVADAS.
As licenzas e as comunicacións previas producirán efectos entre o Concello e o suxeito a cuxa actuación se refiran, pero non alterarán as situacións xurídicas privadas entre este e as demais persoas.
O título habilitante que supón a concesión dunha licenza ou a presentación dunha comunicación previa para a realización dun acto de uso do solo e do subsolo, ou o exercicio dunha actividade entenderase outorgado ou comunicado deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiros.
ARTIGO 10.º.-RESPONSABILIDADES.
1.-O persoal técnico asinante da documentación técnica achegada é responsable da súa calidade e axuste á ordenación urbanística e á normativa de aplicación en cada caso.
2.-A dirección facultativa nomeada para a execución das actuacións obxecto de licenza ou comunicación previa (dirección de obra e dirección de execución) é responsable da conformidade das devanditas actuacións coa documentación técnica aprobada, coa ordenación urbanística e coa normativa de aplicación e, en ausencia de regulamentación e instrucións específicas, coas normas técnicas de recoñecemento xeral, e do bo facer técnico e construtivo.
3.-O persoal técnico asinante de calquera certificación que se achegue é responsable da exactitude e veracidade contida nela.
4.-Os comunicantes, solicitantes de licenza ou promotores son responsables, durante a execución das actuacións, do cumprimento das determinacións contidas na documentación técnica achegada.
TÍTULO II.-LICENZAS E COMUNICACIÓNS PREVIAS URBANÍSTICAS
CAPÍTULO I.-LICENZAS URBANÍSTICAS
SECCIÓN 1.ª.-ACTOS SUXEITOS E RÉXIME XURÍDICO DAS LICENZAS
ARTIGO 11.º.-ACTOS SUXEITOS A LICENZA.
Estarán suxeitos a licenza municipal previa os actos de uso do solo e do subsolo seguintes:
a) Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte á normativa xeral de ordenación de edificación, precisen de proxecto de obras de edificación (definición segundo o artigo 2.2 e 2.3 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, ou normativa que a substitúa).
b) As intervencións en edificios declarados como bens de interese cultural, ou catalogados polas súas características singulares ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
c) As demolicións.
d) Os muros de contención de terras.
e) Os grandes movementos de terras, e as explanacións.
f) Os parcelamentos, segregacións e outros actos de división de terreos en calquera clasificación de solo, cando non formen parte dun proxecto de compensación ou reparcelamento.
g) A primeira ocupación dos edificios.
h) A localización de casas prefabricadas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.
i) A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística, entendendo por estes aqueles terreos incluídos nos ámbitos de solo urbanizable (ou solo apto para urbanizar), de solo urbano non consolidado ou de solo de núcleo rural sometidos a actuacións de carácter integral e, en todo caso, cando a devandita corta derive da lexislación de protección do dominio público.
j) Calquera outro acto que se sinale a través dunha disposición legal.
Ante calquera cambio lexislativo que contradiga o sinalado anteriormente, aplicarase o principio de xerarquía normativa.
ARTIGO 12.º.-FINALIDADE DAS LICENZAS URBANÍSTICAS.
1.-A licenza urbanística ten por finalidade comprobar que os actos relacionados no artigo anterior se axustan ó ordenamento urbanístico vixente, se o aproveitamento proxectado se axusta ó susceptible de apropiación, e se as obras e usos proxectados reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade.
2.-Non se poderá iniciar a execución dos actos de uso do solo e do subsolo pretendidos, en tanto non se obteña a preceptiva licenza. Nos casos establecidos pola normativa, non se poderán iniciar ditos actos mentres non se presente o proxecto de execución correspondente.
ARTIGO 13.º.-ALCANCE DO CONTROL MUNICIPAL.
A intervención municipal, a través da licenza urbanística, non comprende o control dos aspectos técnicos relativos á seguridade estrutural das construcións, ás condicións de montaxe das instalacións ou á calidade dos elementos ou materiais empregados, cuxa responsabilidade é exclusiva do proxectista, da dirección facultativa, da promotora ou da empresa construtora ou instaladora.
SECCION 2.ª.-PROCEDEMENTO PARA O OUTORGAMENTO DE LICENZAS URBANÍSTICAS
ARTIGO 14.º.-SOLICITUDE DE LICENZA.
1.-Os procedementos de tramitación das distintas licenzas urbanísticas iniciaranse mediante os modelos oficiais de solicitude, que se publican na sede electrónica municipal. A estas solicitudes acompañarase a documentación que corresponda en cada caso, e que se relaciona igualmente na sede electrónica municipal, e na presente Ordenanza.
2.-A presentación das solicitudes e documentación requirida deberá efectuarse a través do Rexistro Municipal, ou de calquera dos rexistros sinalados no artigo 38.4 da redacción actual da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou telematicamente a través da sede electrónica municipal.
Se a presentación da solicitude e o resto da documentación se efectúa en soporte papel, o proxecto técnico que se aporte, no caso de ser necesario, terase que presentar tamén e, en todo caso, en soporte dixital formato PDF. Se o proxecto foi visado electronicamente por un colexio profesional que permita o acceso á súa plataforma, será suficiente coa presentación do código de proxecto e a autorización do solicitante para o acceso dende o concello.
3.-Cando, para a solicitude de licenza, se precise proxecto técnico, este deberá estar completo, entendendo por tal que conteña o contido establecido pola normativa de aplicación, e pola presente Ordenanza.
ARTIGO 15.º.-TRAMITACIÓN.
1.-As solicitudes de licenzas urbanísticas tramitaranse de acordo coa lexislación reguladora do procedemento administrativo común coas especialidades contidas na lexislación local, na urbanística e na sectorial, e coas contidas na presente Ordenanza.
2.-A solicitude de licenza só comezará a producir efectos desde o momento no que o correspondente escrito, coa documentación completa esixida en cada caso, tivera entrada no Rexistro Municipal.
ARTIGO 16.º.-SUBSANACIÓN DE DEFICIENCIAS E MELLORA DA SOLICITUDE.
1.-Se os Servizos Técnicos e Urbanísticos Municipais detectaran omisións, deficiencias ou imprecisións na solicitude, ou na documentación presentada, xa sexa no momento da súa presentación, ou xa sexa posteriormente, requiriráselle ó solicitante para que no prazo de dez (10) días hábiles complete, emende ou aclare aquelas, con indicación de que se así non o fixera, entenderase por desistida a súa solicitude, con arranxo ó previsto na lexislación reguladora do procedemento administrativo común.
2.-O cómputo do prazo máximo para ditar resolución suspenderase polo requirimento para a emenda de deficiencias, polo tempo que medie ente a notificación do requirimento e o seu efectivo cumprimento polo solicitante.
3.-Se o requirimento non se leva a cabo de forma completa, ou se efectúa de maneira insuficiente poderase realizar un segundo requirimento sobre as deficiencias no corrixidas, que deberán emendarse adecuadamente nun novo prazo concedido. De non ser así, provocará a declaración de desestimento do solicitante sen que haxa lugar a máis requirimentos.
ARTIGO 17.º.-MODIFICACIÓNS DO ACTO PARA O QUE SE SOLICITA LICENZA.
Se antes de que se concedera a licenza se pretenderan modificacións no proxecto técnico ou documentación presentada, e estas modificacións alterasen determinacións da actuación pretendida que afectasen ó aproveitamento urbanístico, altura, ocupación en planta, forma e posición do edificio na parcela, estrutura, número de vivendas, usos, accesibilidade, habitabilidade ou afección ó entorno, o interesado deberá, previo desistimento da licenza solicitada, solicitar unha nova licenza, que se tramitará con arranxo á normativa vixente na data da nova solicitude.
ARTIGO 18.º.-AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS.
1.-As actuacións que se pretendan realizar en terreos, construcións ou instalacións que precisen, ademais da licenza municipal, de autorizacións ou informes sectoriais doutras entidades ou administracións públicas, conforme á normativa sectorial de aplicación, necesitarán da súa previa achega para a concesión, se procede, da correspondente licenza urbanística.
2.-No caso de que non se presente a preceptiva autorización ou informe sectorial, o procedemento de tramitación da solicitude de licenza municipal quedará en suspenso polo tempo que medie entre a notificación do seu requirimento e a súa efectiva presentación.
Este prazo de suspensión non poderá exceder, en todo caso, de tres (3) meses; transcorrido o mesmo sen que se teñan achegado as autorizacións ou informes sectoriais pertinentes, acordarase, previa a súa advertencia, o arquivo das actuacións, e declararase a caducidade do procedemento. Non se aplicará o citado prazo, no caso de que o retraso estea causado pola administración á que se solicitou a autorización ou informe.
3.-A mesma suspensión do procedemento producirase cando sexa o Concello o que, ante unha solicitude de licenza urbanística, deba solicitar autorizacións ou informes sectoriais a outras administracións públicas, de acordo coa lexislación sectorial de aplicación, e polo tempo que medie entre a petición e a recepción da autorización ou informe.
ARTIGO 19.º.-INFORMES.
Á vista da documentación presentada, e de conformidade coa normativa urbanística de aplicación, os servizos municipais emitirán informe técnico sobre o uso e a obra proxectada, e posteriormente, o preceptivo informe xurídico con proposta de resolución.
ARTIGO 20.º.-CESIÓN DE TERREOS.
1.-Antes de emitirse proposta de resolución favorable para a concesión de licenza de calquera tipo de obra ou de actividade en solos urbanos consolidados que non teñan a condición de solar, nin regularizadas as vías públicas, o propietario deberá ceder gratuitamente ó Concello, os terreos destinados a viario fóra das aliñacións establecidas no planeamento, previa segregación dos mesmos, se fora necesario. Esta mesma obriga deberá de cumprirse antes da presentación dunha comunicación previa urbanística ou de actividade, si se dan os mesmos elementos de feito.
2.-Igualmente, esta obriga do propietario terá lugar nos solos de núcleo rural, cando se pretendera construír unha nova edificación ou substituír a existente.
3.-Esta cesión, unha vez aceptada polo Concello, formalizarase en escritura pública, que será presentada nas dependencias municipais con constancia da súa inscrición no Rexistro da Propiedade.
ARTIGO 21.º.-RESOLUCIÓN.
1.-Completo o expediente, e formulada proposta de resolución, esta elevarase ó órgano competente para a resolución, que porá fin ó procedemento. A resolución poderá adoptar unha das seguintes formas: concesión pura e simple da licenza, concesión da licenza condicionada ó cumprimento de determinados requisitos, ou denegación da licenza.
Toda resolución que denegue unha licenza deberá de ser debidamente motivada, con explícita referencia ás normas ou determinacións do planeamento e/ou da normativa urbanística que se incumpran.
2.-As solicitudes de licenza resolveranse no prazo de tres (3) meses, contando desde a presentación da solicitude coa documentación completa no Rexistro Municipal; a excepción das solicitudes de licenza para división de terreos, que non sexan parcelamentos urbanísticos, para a primeira ocupación de edificios e para a corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva ás que se refiren os apartados g), h) e j) do artigo 9 desta Ordenanza, que se resolverán no prazo dun (1) mes, contado desde o mesmo momento, sempre que non se establezan outros prazos por disposición legal.
3.-Transcorridos os prazos sinalados no apartado anterior para resolver as solicitudes de licenza, coas suspensións legalmente procedentes, sen que se adopte resolución municipal expresa, operará o réxime do silencio administrativo, na forma legalmente establecida. En ningún caso, se entenderán adquiridas por silencio administrativo positivo licenzas en contra da normativa urbanística.
ARTIGO 22.º.-LICENZAS CONDICIONADAS A COMPLETAR A URBANIZACIÓN.
1.-As licenzas de edificación de nova planta, ou de ampliación ou reforma de edificios existentes que se soliciten para terreos urbanos consolidados que aínda non tiveran a condición de solar, ou que sendo de núcleo rural, precisen de obras de acometida ás redes de servizos existentes ou de urbanización, serán outorgadas cando se asegure a execución simultánea da urbanización e da edificación.
2.-Con carácter previo ó outorgamento da licenza, deberá constituírse unha garantía por importe do 100% do custe das obras de urbanización pendentes, e/ou do custe previsible de reposición das existentes que puidesen resultar afectadas con motivo da obra, que se determinarán no propio proxecto técnico da edificación, ou nun anexo ó mesmo.
Esta garantía devolverase no mesmo acto de outorgamento da licenza de primeira ocupación. En consecuencia, a súa concesión quedará supeditada a que se teñan executado total e satisfactoriamente as obrigas garantidas.
No caso de obras para as que non é necesaria a licenza de primeira ocupación, a garantía devolverase tras a comunicación por parte do solicitante do remate das obras, con presentación de certificado final de obra de técnico competente, sempre que se teñan cumprido total e satisfactoriamente as obrigas garantidas.
ARTIGO 23.º.-EXTINCIÓN E CADUCIDADE DAS LICENZAS.
1.-As licenzas urbanísticas extinguiranse polos seguintes motivos:
a) Por caducidade.
b) Por declaración de renuncia do solicitante, comunicada por escrito ó Concello.
c) Por resolución xudicial ou administrativa, a través dos procedementos de revisión de oficio regulados na lexislación administrativa que anule as mesmas.
2.-As licenzas urbanísticas outorgaranse con suxeición a un prazo determinado de caducidade, tanto para o inicio das obras, como para a súa finalización, así como para a interrupción das mesmas.
O prazo máximo para o inicio das obras é de seis (6) meses, e para a súa terminación é de tres (3) anos, contados a partir da data da notificación da resolución de concesión da licenza, non podendo interromperse as obras por un tempo superior a seis (6) meses.
3.-Os referidos prazos poderán prorrogarse a solicitude do titular da licenza, sempre que sexa formulada antes da conclusión dos mesmos, e sempre que a licenza sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento da concesión da prórroga. En calquera caso, a prórroga concederase por un prazo non superior ó inicialmente acordado.
4.-Unha vez transcorridos e incumpridos calquera dos prazos mencionados anteriormente, o órgano competente para conceder a licenza poderá declarar a caducidade da mesma, previa audiencia ó seu titular.
5.-A declaración de caducidade extinguirá a licenza, non podéndose iniciar nin proseguir as obras, salvo para traballos de seguridade e mantemento dos que se dará conta ó Concello, para o seu control. Declarada a caducidade da licenza poderá solicitarse unha nova licenza, que se tramitará de conformidade coa normativa urbanística vixente na data da nova solicitude.
SECCIÓN 3.ª.-EXECUCIÓN DAS OBRAS
ARTIGO 24.º.-COMUNICACIÓN DE EMPRESA CONSTRUTORA.
Antes do comezo das obras, o titular da licenza comunicará ó Concello o nomeamento da dirección facultativa correspondente, así como o nome e enderezo social da empresa construtora das mesmas. Se cambiase a empresa encargada da realización das obras, o titular da licenza igualmente deberá comunicar tal circunstancia á Administración municipal.
ARTIGO 25.º.-DEFINICIÓN DE ALIÑACIÓNS E RASANTES.
1.-No caso de obras de edificación de nova construción, de ampliación de edificios existentes que alteren a ocupación en planta, de muros de contención e de instalación de casas prefabricadas e edificacións similares, ás que se refire o artigo 9 desta Ordenanza, será condición indispensable para o comezo das obras que, unha vez concedida a pertinente licenza, se proceda á definición de aliñacións e rasantes, que deberá ser solicitada polo titular.
2.-A solicitude de definición de aliñacións e rasantes irá acompañada dun plano, por triplicado, da localización das edificacións e/ou muros dentro da parcela, a escala 1:500 (ou en todo caso, a unha escala suficiente que permita a súa correcta definición, lectura e medición), con todos os seus datos acoutados, e de xeito indispensable, as distancias e cotas con respecto ó viario.
3.-As aliñacións e rasantes ás que se deberán axustar as edificación e/ou muros serán sinaladas na acta de replanteo da obra. No acto de definición de aliñacións e rasantes, que se efectuará no día e hora sinalado polos Servizos Técnicos e Urbanísticos Municipais, concorrerán: un técnico municipal, o titular da licenza e o técnico director da mesma. Estes mesmos asinarán, a continuación, a acta de replanteo por triplicado, así como o plano acoutado que se xuntou coa solicitude.
ARTIGO 26.º.-DOCUMENTACIÓN NO LUGAR DA OBRA E CARTEL INDICADOR.
1.-Será requisito indispensable en todas as obras dispoñer, a pe de obra, dunha copia autorizada da licenza municipal, e dunha copia autorizada da acta de replanteo para aquelas obras nas que se precise, de conformidade co apartado 1 do artigo 23 desta Ordenanza.
2.-Ademais do indicado no apartado anterior, nas obras de edificación de nova construción, e nas intervencións en edificios existentes que requiran de licenza municipal, será tamén requisito indispensable a colocación a pe de obra dun cartel indicador que sexa lexible desde a vía pública, coas dimensións de 110cm de ancho por 80cm de alto e co contido que se indica no esquema seguinte:
CONCELLO DE BOQUEIXÓN (A Coruña) | ||
N.º EXPEDIENTE DA LICENZA: | ||
DATA DE EXPEDICIÓN DA LICENZA: | ||
ORDENANZA DE APLICACIÓN: | ||
PROMOTOR: | ||
CONSTRUTOR: | ||
DIRECTOR DE OBRA: | ||
DIRECTOR DE EXECUCIÓN MATERIAL: | ||
COORDINADOR DE SEGURIDADE E SAÚDE: | ||
N.º DE PLANTAS AUTORIZADAS: | ||
USO: | ||
PRAZO MÁXIMO DE EXECUCIÓN: |
3.-O cartel será un taboleiro hidrófugo con fondo en branco e o texto en negro, perfectamente visible.
ARTIGO 27.º.-MODIFICACIÓNS DAS OBRAS AMPARADAS NA LICENZA.
1.-Se durante a execución das obras se previran ou produciran variacións que alteraran o proxecto técnico ou a documentación sobre a que se baseou a licenza outorgada nalgún dos parámetros relacionados no artigo 15 desta Ordenanza, o titular estará obrigado a solicitar unha nova licenza que ampare as mesmas.
2.-As modificacións de detalle que durante a execución das obras non alteren os parámetros urbanísticos da licenza outorgada, relacionados no artigo 15 desta Ordenanza, deberán documentarse cunha memoria e/ou planos, que se achegarán xunto coa solicitude da licenza de primeira ocupación, se esta fora necesaria, ou directamente unha vez concluídas as obras, e onde quedarán perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións de detalle introducidas.
SECCIÓN 4.ª.-REMATE DAS OBRAS
ARTIGO 28.º.-OBRIGAS DO TITULAR DA LICENZA Ó CONCLUÍR AS OBRAS.
1.-Dentro dos dez (10) días hábiles seguintes á conclusión dunha obra, o titular da licenza deberá:
● Retirar os materiais sobrantes e as estadas, valados e barreiras.
● Construír ou repoñer o piso definitivo das beirarrúas.
● Repoñer ou reparar o pavimento da calzada ou praza, arborado ou zona verde, conducións ou redes de servizo, e cantos outros elementos urbanísticos resultasen afectados polas obras de construción, e non estiveran xa repostos ou reparados.
Subsidiariamente, destas obrigas responderá o propietario do solo no que se executara a obra, se non coincide co titular da licenza.
2.-Nos casos de obras de edificación de nova construción sometidas a licenza, e nos casos de intervencións de carácter total ou parcial en edificios existentes sometidos igualmente a licenza, o titular da mesma deberá solicitar a preceptiva licenza de primeira ocupación unha vez concluídas as obras.
ARTIGO 29.º.-LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN.
1.-A licenza de primeira ocupación esixirase para a utilización dos edificios ós que se refire o apartado 2 do artigo 26 desta Ordenanza.
2.-A licenza de primeira ocupación ten como obxecto comprobar que as obras están completamente terminadas, e se axustan á licenza de obras outorgada, así como ás condicións que se puideran impoñer na mesma e que, no seu caso, o promotor asinou o compromiso de realizar simultaneamente e con arranxo ó proxecto de urbanización, ou ó proxecto técnico, a urbanización esixida.
3.-O titular da licenza de obras solicitará a licenza de primeira ocupación acompañando a súa solicitude o certificado final da obra e, no seu caso, da urbanización, firmado pola dirección facultativa, e visado polo Colexio Profesional correspondente nos casos que determine a normativa, no que conste que as obras están completamente rematadas, e que se axustan á licenza outorgada ou, no seu caso, ó proxecto de urbanización. Igualmente, acompañarase a dita solicitude a documentación indicada no apartado correspondente do Anexo I da presente Ordenanza.
4.-Comprobada a documentación aportada polos Servizos Técnicos e Urbanísticos Municipais, procederase a inspeccionar as obras de edificación e, no seu caso, de urbanización executadas.
En ningún caso se poderá conceder a licenza de primeira ocupación a edificación algunha se a obra urbanizadora esixida non está debidamente concluída, e apta para a súa recepción. A concesión da licenza de primeira ocupación implicará a previa ou simultánea recepción da obra urbanizadora que, no seu caso, se tivera que executar.
5.-Si se comproba que as obras de edificación ou urbanización non se atopan completamente finalizadas, ou non se cumpriron as obrigas de reposición relacionadas no artigo 26.1 desta Ordenanza, suspenderase o procedemento, e requirirase a execución das obras necesarias para a súa correcta finalización.
6.-A terminación das obras sen axustarse ós termos da licenza concedida ou, no seu caso, do proxecto de urbanización aprobado, dará lugar á denegación da licenza de primeira ocupación, e á incoación do pertinente procedemento para a reposición da legalidade infrinxida, sen prexuízo da incoación do procedemento sancionador correspondente.
7.-Para a conexión dos servizos de abastecemento de auga , saneamento, electricidade, gas, telefonía ou outro servizo propio das edificacións, será necesaria a concesión da licenza de primeira ocupación. En base a isto, as empresas ou entidades subministradoras de tales servizos esixirán a licenza de primeira ocupación para a contratación dos mesmos.
O Concello, previa audiencia ó titular, poderá ordenar o corte do subministro contratado, sen a existencia previa da licenza de primeira ocupación.
ARTIGO 30.º.-LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN PARCIAL.
Sen prexuízo do que estableza a regulamentación urbanística, poderán outorgarse licenzas de primeira ocupación parciais, por edificios ou portais completos, cando a parte da obra obxecto de licenza cumpra cos seguintes requisitos:
- Que teña consideración de obra completa, e cumpra todas as esixencias da normativa técnica e urbanística aplicables.
- Que sexa susceptible de emprego independente.
- Que, no seu caso, a urbanización interior ou exterior da parcela directamente vinculada á edificación para a que se solicita a licenza, se atope totalmente rematada, e se garanta o cumprimento das obrigas urbanísticas da parcela que serviu de base para a obtención da licenza urbanística.
ARTIGO 31.º.-DECLARACIÓN DE OBRA NOVA.
Para escriturar ou inscribir declaracións de obra nova rematada é necesario dispoñer da respectiva licenza de primeira ocupación.
Para escriturar ou inscribir declaracións de obra nova en construción, esixirase a presentación da licenza urbanística que permitiu o comezo das actuacións, así como unha certificación expedida pola dirección facultativa, que acredite que a obra se axusta ó proxecto obxecto da licenza.
CAPÍTULO II.-COMUNICACIÓNS PREVIAS URBANÍSTICAS
SECCIÓN 1.ª.-ACTOS SUXEITOS E RÉXIME XURÍDICO
ARTIGO 32.º.-ACTOS SUXEITOS A COMUNICACIÓNS PREVIAS URBANÍSTICAS.
1.-Están suxeitos ó réxime de intervención municipal de comunicación previa todos os actos de ocupación, construción, edificación e, en xeral, de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza e, polo tanto, non relacionados no artigo 9 da presente Ordenanza, ademais, e en todo caso, dos que así se establezan nas leis.
2.-Tamén se someten ó réxime de comunicación previa os cambios de titularidade de calquera acto de uso do solo ou subsolo xa estea autorizado por licenza urbanística ou por comunicación previa, debendo comunicalo por escrito ó Concello quen vaia a exercer a nova titularidade.
ARTIGO 33.º.-EFECTOS DA PRESENTACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA.
1.-A presentación dunha comunicación previa constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo que se comunican unha vez que transcorra o prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir da data da súa entrada, con toda a documentación completa, no Rexistro Municipal, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello.
2.-Dentro do prazo dos quince (15) días hábiles sinalado no apartado anterior, o Concello poderá declarar completa a documentación presentada, ou requirir a emenda das deficiencias que presente a mesma, quedando sen efecto dito prazo para o inicio das obras, que se reiniciará unha vez presentada a documentación requirida ou coas deficiencias emendadas.
3.-A presentación dunha comunicación previa non terá efectos nos seguintes casos:
a) Cando a comunicación previa se presente sen os documentos que deben acompañala, ou sen a cesión de solo á que se refire o artigo 18.1 da presente Ordenanza.
b) Cando o acto pretendido que se comunica ó Concello está suxeito a licenza municipal.
c) Cando para a execución das obras foran preceptivos informes ou autorizacións previas doutros organismos públicos que non se xuntan no momento de presentar a comunicación.
d) Cando a actuación pretendida sexa contraria á normativa de aplicación.
4.-A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe á comunicación previa comportará, logo da audiencia ó comunicante, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e a imposibilidade de iniciar ou de continuar co exercicio do dereito a executar as obras, desde o momento no que se coñeza, sen prexuízo das responsabilidades administrativas, penais ou civís as que houbera lugar.
ARTIGO 34.º.-RESPONSABILIDADES.
1.-Os técnicos asinantes da documentación técnica que se acompaña a unha comunicación previa son responsables da súa calidade e do seu axuste ás normas que sexan aplicables en cada caso.
2.-Os técnicos asinantes de certificacións ou declaracións que se acompañan a unha comunicación previa son responsables da exactitude e da veracidade do seu contido.
3.-De xeito xeral, o comunicante ou titular dos dereitos derivados dunha comunicación previa está obrigado a executar as obras nas condicións contidas na documentación presentada.
ARTIGO 35.º.-ALCANCE DO CONTROL INICIAL DA COMUNICACIÓN PREVIA.
1.-No prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ó da presentación dunha comunicación previa urbanística, a actuación municipal circunscribirase estritamente á comprobación da integridade formal e da suficiencia legal da documentación presentada, para poder declarar a mesma completa, a efectos de poder iniciar as obras comunicadas, pero non implicará análise sobre o seu contido, nin comprobación do cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa e a ordenación urbanísticas, que serán realizados posteriormente, sen prexuízo de que se podan realizar igualmente en dito prazo.
2.-En ningún caso, a intervención municipal sobre a comunicación previa controlará os aspectos técnicos relativos á seguridade estrutural das construcións, as condicións de montaxe das instalacións ou a calidade dos elementos ou materiais empregados, sendo responsabilidade exclusiva do proxectista, da dirección técnica, do promotor ou da empresa construtora ou instaladora.
SECCIÓN 2.ª.-PROCEDEMENTO DE COMUNICACIÓNS PREVIAS URBANÍSTICAS
ARTIGO 36.º.-REGULACIÓN DO PROCEDEMENTO.
Os actos de control e intervención do Concello nos supostos previstos no artigo 28 da presente Ordenanza axustaranse ó seguinte procedemento:
a) A comunicación previa deberá efectuarse nos modelos oficiais que se publican na sede electrónica municipal, ou a través de plataformas habilitadas ó efecto pola Administración Autonómica ou a Administración Xeral do Estado. A estas solicitudes acompañarase a documentación que corresponda en cada caso, e que se relaciona igualmente na sede electrónica municipal.
b) A comunicación previa formularase a instancia de calquera persoa interesada en realizar un acto de uso do solo e do subsolo, ou a través dun representante autorizado, e poderá presentarse no Rexistro Municipal, ou en calquera dos rexistros sinalados no artigo 38.4 da redacción actual Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Pública e do Procedemento Administrativo Común, telematicamente a través da sede electrónica municipal, ou a través das plataformas habilitadas ó efecto pola Administración Autonómica ou a Administración Xeral do Estado. Se a presentación da solicitude e o resto da documentación se efectúa en soporte papel, o proxecto técnico que se aporte, no caso de ser necesario, terase que presentar tamén e, en todo caso, nun soporte dixital formato PDF. Se o proxecto foi visado electronicamente por un colexio profesional que permita o acceso a súa plataforma, será suficiente coa presentación do código de proxecto e a autorización do interesado para o acceso dende o Concello.
c) A presentación do impreso normalizado, acompañado de todos os documentos esixidos, no Rexistro Municipal, determinará a iniciación do procedemento, rexéndose a mesma, así como a ordenación, instrución e terminación deste, polas disposicións do Título VI da redacción actual Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou norma que a substitúa.
d) O interesado nos actos de uso do solo e do subsolo deberá comunicar ó Concello a intención de levalos a cabo cunha antelación mínima de quince (15) días hábiles á data na que pretenda levar a cabo ou comezar a súa execución.
ARTIGO 37.º.-TRAMITACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA URBANÍSTICA.
Presentada a comunicación previa, a súa tramitación axustarase ás seguintes regras:
1. Unha vez entregada toda a documentación esixida, a comunicación previa producirá plenos efectos xurídicos, polo que, unha vez transcorrido o prazo de quince (15) días hábiles sinalado no artigo 29.1 desta Ordenanza, será título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección.
Neste caso, engadirase á comunicación previa unha dilixencia da dependencia administrativa instrutora, pola que se declarará completa a documentación presentada, o que permitirá que os técnicos municipais comproben o seu contido e o cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa de aplicación, e podan cursar visita de inspección á obra, para comprobar si se axusta á documentación presentada e á normativa aplicable.
2. Cando a comunicación presentada e/ou a documentación que a acompaña sexa insuficiente ou incorrecta, dentro do prazo dos quince (15) días seguintes a súa presentación, requiriráselle ó comunicante para que se absteña de iniciar a súa actuación, concedéndoselle un prazo de dez (10) días hábiles para corrixir as deficiencias detectadas, con indicación de que se non o fixese, terase por desistido do seu dereito, arquivándose o expediente sen máis trámite, con arranxo ó previsto na lexislación reguladora do procedemento administrativo común, e sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade e sancionador.
Neste caso, o prazo de quince (15) días para o inicio da obra quedará sen efecto, debendo de reiniciarse como sinala o artigo 29.2 desta Ordenanza.
3. Transcorrido o prazo de quince (15) días hábiles desde a presentación da comunicación previa, sen que se requira ó comunicante a corrección de posibles deficiencias que puideran existir na documentación achegada, poderanse iniciar as obras comunicadas, sen que a inactividade da Administración implique emenda dos defectos ou irregularidades que presente o contido da comunicación, ou da documentación que se xunta, nin os que poda presentar a obra ou a actuación obxecto de comunicación.
4. Se unha vez declarada completa a documentación presentada, e trasladada ós técnicos municipais para a súa comprobación, se detectara que o contido desta non se axusta á normativa de aplicación ou ó planeamento urbanístico en vigor, ditarase resolución notificando esta circunstancia ó comunicante, e indicando que debe de absterse de iniciar a obra ou, no seu caso, que debe suspender de inmediato a súa execución, incoándose expediente de reposición da legalidade, coa audiencia pertinente ó interesado.
O Concello deberá ditar a orde de execución que proceda para garantir a plena adecuación das actuacións reflectidas na comunicación á ordenación e normativa urbanísticas dentro dos quince (15) días seguintes á adopción de calquera medida provisional. A orde que se dite terá os efectos propios da licenza municipal.
ARTIGO 38.º.-AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS.
As actuacións que se pretendan realizar en terreos, construcións ou instalacións que precisen de autorizacións ou informes sectoriais doutras entidades ou administracións públicas, conforme á normativa sectorial de aplicación, necesitarán da súa achega coa comunicación previa que se presente.
Nos supostos en que non se presente a preceptiva autorización ou informe sectorial, a comunicación previa non producirá efecto algún, non podéndose iniciar a obra pretendida.
ARTIGO 39.º.-PRAZOS PARA EXECUTAR AS OBRAS.
1.-As obras que se comunican deberán iniciarse no prazo máximo de seis (6) meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que finalice o prazo de quince (15) días sinalado no artigo 29.1 da presente Ordenanza, e deberán ser finalizadas no prazo máximo dun (1) ano, contado a partir da mesma data.
2.-Os referidos prazos poderán prorrogarse a través dunha nova comunicación na que así se indique, sempre que sexa formulada antes da conclusión dos mesmos, e sempre que as obras sexan conformes coa ordenación urbanística vixente no momento no que se comunique a prórroga do prazo.
En calquera caso, a prórroga non poderá ser por prazos superiores ós establecidos no apartado anterior para o inicio e finalización das obras.
ARTIGO 40.º.-EXTINCIÓN E CADUCIDADE DAS COMUNICACIÓNES PREVIAS URBANÍSTICAS.
1.-O título habilitante para o exercicio dos dereitos derivados das comunicacións previas extinguirase polas mesmas causas que as establecidas para as licenzas urbanísticas.
No caso da colocación de carteis ou valados publicitarios, o título habilitante extinguirase ós dous (2) anos contados a partir do día seguinte a aquel no que finalice o prazo de quince (15) días sinalado no artigo 29.1 da presente Ordenanza. Este prazo poderase prorrogar por outro período de igual duración, logo dunha nova comunicación previa que así o indique, que deberase presentar antes da conclusión daquel, e sempre que a instalación sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento no que se comunique a prórroga do prazo. Rematada a vixencia desta instalación, o seu promotor deberá desmontala no prazo máximo dun (1) mes.
2.-Unha vez transcorridos e/ou incumpridos calquera dos prazos mencionados no artigo anterior, declararase a caducidade da comunicación previa, previa audiencia ó comunicante.
3.-A declaración de caducidade extinguirá os efectos da comunicación previa, non podéndose iniciar nin proseguir as obras, salvo para traballos de seguridade e mantemento, dos que se dará conta ó Concello, para o seu control. Declarada a caducidade da comunicación previa poderá presentarse unha nova, que se tramitará de conformidade coa normativa e ordenación urbanística vixentes na data da nova presentación.
SECCIÓN 3.ª.-EXECUCIÓN DAS OBRAS
ARTIGO 41.º.-ALIÑACIÓNS DE PECHES.
Se as obras que se comunican se refiren á construción de peches de parcela que lindan cunha vía pública, antes do inicio da obra, o comunicante deberá solicitar nos Servizos Técnicos e Urbanísticos Municipais, que se fixe sobre a parcela a aliñación e o recuado do peche con respecto ó vial público. Para tales efectos, levantarase unha acta de replanteo, que se asinará por duplicado polo interesado, e por un técnico municipal.
ARTIGO 42.º.-DOCUMENTACIÓN NO LUGAR DA OBRA.
Será requisito indispensable en todas as obras, dispoñer a pe de obra, dunha copia autorizada da comunicación previa co selo entrada no Rexistro Municipal, e dunha copia autorizada da acta de replanteo para as obras ás que se refire o artigo anterior desta Ordenanza.
ARTIGO 43.º.-MODIFICACIÓNS NA EXECUCIÓN DAS OBRAS COMUNICADAS.
As características e dimensións das obras que se executen non excederán das comunicadas, considerándose como infracción urbanística calquera extralimitación na que se incorra. Cando se pretendan realizar modificacións durante a execución da obra deberase comunicar de novo tal feito ó Concello, cos mesmos requisitos da comunicación inicial.
ARTIGO 44.º.-OBRIGAS DO COMUNICANTE DAS OBRAS.
1.-A comunicación previa de obras non supón autorización para a ocupación da vía pública ou outros espazos públicos con materiais de construción, estadas, maquinaria, grúas ou calquera ferramenta ou instrumento, xa que deberá ser obxecto da correspondente solicitude de licenza para a súa autorización, se procede.
2.-Dentro dos cinco (5) días hábiles seguintes á conclusión dunha obra, o comunicante da mesma deberá:
● Retirar os materiais sobrantes e as estadas, valados e barreiras.
● Repoñer ou reparar o pavimento das beirarrúas, calzada ou praza, arborado ou zona verde, conducións ou redes de servizo, e cantos outros elementos urbanísticos resultasen afectados polas obras executadas, se non os tivera xa reposto ou reparado.
Subsidiariamente, destas obrigas responderá o propietario do solo no que se executara a obra, se non coincide co comunicante da mesma.
TÍTULO III.-COMUNICACIÓNS PREVIAS E LICENZAS DE ACTIVIDADES E APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
CAPÍTULO I.-COMUNICACIÓNS PREVIAS DE ACTIVIDADES
SECCIÓN 1.ª.-ACTIVIDADES SUXEITAS E RÉXIME XURÍDICO
ARTIGO 45.º.-ACTIVIDADES SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA.
1.-Estarán sometidas ó procedemento de comunicación previa a instalación, implantación, apertura ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial que se leve a cabo no termo municipal, a excepción das actividades recreativas e espectáculos públicos ós que se refire o Capítulo II do Título III desta Ordenanza.
2.-Tamén se someten ó réxime de comunicación previa, os cambios de titularidade de calquera actividade ou establecemento, xa estea autorizado por licenza ou sometido ó réxime de comunicación previa, debendo comunicalo por escrito ó Concello quen vaia a exercer a nova titularidade.
ARTIGO 46.º.-EFECTOS DA PRESENTACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA.
1.-A comunicación previa presentada, cumprindo con todos os requisitos, constitúe título habilitante para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento que se comunica, polo que, unha vez inscrita no Rexistro Municipal, a comunicación previa con toda a documentación completa, o titular da actividade poderá comezar a exercela, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección que lle corresponden ó Concello.
2.-A presentación dunha comunicación previa non terá efectos nos seguintes casos:
a) Cando a comunicación previa se presente sen os documentos que a deben acompañar para cada caso, ou sen a cesión de solo á que se refire o artigo 18.1 da presente Ordenanza.
b) Cando a actividade pretendida que se comunica está suxeita a licenza municipal.
c) Cando, para o inicio da actividade, foran preceptivos informes ou autorizacións previos doutros organismos públicos que non se xuntan no momento de presentar a comunicación.
d) Cando a actividade pretendida sexa contraria á normativa de aplicación.
e) Cando a actividade pretendida leve parella a necesidade de obra previa, e esta non fora comunicada, ou careza de licenza, se fora necesaria.
3.-O incumprimento das condicións da comunicación previa ou dos requisitos sinalados na lexislación de aplicación, o nesta Ordenanza, determinará a imposibilidade de seguir exercendo a actividade. A resolución que declare estas circunstancias, ordenará a inmediata suspensión da actividade exercida, e incoará o pertinente expediente para a reposición da legalidade infrinxida.
4.-A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que acompañe á comunicación previa comportará, logo de audiencia ó comunicante, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada, e a imposibilidade de exercer o dereito ou a actividade afectada desde o momento no que se coñece, sen prexuízo das responsabilidades administrativas, penais ou civís ás que houbera lugar.
ARTIGO 47.º.-RESPONSABILIDADES.
1.-Os técnicos asinantes da documentación técnica ou das certificacións ou declaracións que acompañan a unha comunicación previa de actividade serán responsables da veracidade do seu contido, co alcance recollido no artigo 30.1 e 30.2 da presente Ordenanza.
2.-En xeral, o titular dos dereitos derivados dunha comunicación previa está obrigado a exercer a actividade nas condicións contidas na documentación presentada.
SECCIÓN 2.ª.-PROCEDEMENTO DE COMUNICACIÓN PREVIA DE ACTIVIDADE
ARTIGO 48.º.-REGULACIÓN DO PROCEDEMENTO.
Os actos de control e intervención da Administración Municipal nas actividades suxeitas a comunicación previa axustaranse ó seguinte procedemento:
a) A comunicación previa deberá efectuarse no modelo normalizado que se publica na sede electrónica municipal, ou a través das plataformas habilitadas ó efecto pola Administración Autonómica ou a Administración Xeral do Estado.
b) A estas solicitudes acompañarase a documentación que corresponda en cada caso, e que se relaciona igualmente na sede electrónica municipal.
c) A comunicación previa formularase a instancia de calquera persoa interesada en iniciar unha actividade, ou a través dun representante autorizado, e poderá presentarse no Rexistro Municipal, ou en calquera dos rexistros sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou telematicamente a través da sede electrónica municipal, ou a través das plataformas habilitadas ó efecto pola Administración Autonómica ou a Administración Xeral do Estado.
d) A presentación do impreso normalizado, acompañado de todos os documentos esixidos, no Rexistro Municipal, determinará a iniciación do procedemento, rexéndose a mesma, así como a ordenación, instrución e terminación deste, polas disposicións do Título VI da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou norma que a substitúa.
ARTIGO 49.º.-TRAMITACIÓN DA COMUNICACIÓN PREVIA DE ACTIVIDAD.
Unha vez rexistrada unha comunicación previa de actividade, o Concello realizará o análise da mesma, e da documentación que se presenta con ela, seguíndose as seguintes regras na súa tramitación:
1. Cando a actividade comunicada veña acompañada de toda a documentación esixida para cada caso, a comunicación previa producirá plenos efectos xurídicos desde a data da súa presentación, constituíndose en título habilitante para o inicio da actividade ou apertura do establecemento, co alcance previsto no artigo 42.1 desta Ordenanza.
Neste caso, unirase á comunicación previa unha dilixencia da dependencia administrativa instrutora pola que se declarará completa a documentación presentada, o que permitirá que os técnicos municipais comproben o seu contido, o cumprimento na mesma dos requisitos esixidos pola normativa de aplicación, e podan cursar visita de inspección ó establecemento, para comprobar si se axusta á documentación presentada, e á normativa aplicable.
2. No caso de que non se presente a documentación esixida, o Concello requiriralle ó comunicante para que proceda, no prazo de 10 días, a corrixir as deficiencias detectadas, con indicación de que se así non o fixese, terase por desistido da súa comunicación, arquivándose o expediente sen máis trámite, con arranxo ó previsto na lexislación reguladora do procedemento administrativo común, e debendo proceder o peche da actividade se xa se iniciara.
Igualmente actuarase se a documentación presentada fora a esixida, pero nela se detectaran imprecisións ou deficiencias de escasa entidade.
3. Se unha vez declarada completa a documentación presentada, e trasladada esta ós técnicos municipais para a comprobación do seu contido, se detectara que a mesma non se axusta á normativa de aplicación ou ó planeamento urbanístico en vigor, ditarase resolución notificando esta circunstancia, e dispoñendo a suspensión inmediata da actividade, e a incoación de expediente de reposición da legalidade coa audiencia pertinente ó comunicante.
O Concello deberá ditar a orde de execución que proceda para garantir a plena adecuación das actuacións reflectidas na comunicación á ordenación e normativa urbanísticas dentro dos quince (15) días hábiles seguintes á adopción de calquera medida provisional. A orde que se dite terá os efectos propios da licenza municipal.
ARTIGO 50.º.-AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS E DECLARACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL.
As actividades que se pretendan levar a cabo que precisen de autorizacións ou informes sectoriais doutras entidades ou administracións públicas, ou de declaración de incidencia ambiental, necesitarán da súa achega coa comunicación previa que se presente.
Nos supostos nos que non se presente a preceptiva autorización, ou informe sectorial, ou declaración de incidencia ambiental, coa comunicación previa, esta no producirá efecto algún, non podéndose iniciar ou exercer a actividade pretendida.
ARTIGO 51.º.-SUPOSTOS DE SIMULTANEIDADE DE OBRAS E ACTIVIDADES.
Se para o desenvolvemento dunha actividade sometida a comunicación previa, é precisa a realización dunha obra, a documentación que se esixe que se acompañe á comunicación previa de actividade, presentarase coa comunicación previa da obra, ou coa solicitude de licenza de obra, de ser o caso.
Unha vez concluída a obra presentarase a comunicación previa para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento, acompañada do certificado final de obra, asinado pola dirección facultativa.
ARTIGO 52.º.-PRAZOS PARA O INICIO DA ACTIVIDADE.
1.-A actividade que se comunica deberá iniciarse no prazo máximo de seis (6) meses, contado a partir do día seguinte ó da presentación no Rexistro Municipal da comunicación previa con toda a documentación esixida, ou da comunicación previa para o inicio da actividade, si se realizaron obras.
2.-O referido prazo poderá prorrogarse a través dunha nova comunicación na que así se indique, sempre que se presente antes da conclusión daquel, que sexa por un prazo non superior ó indicado no apartado anterior, e que a actividade sexa conforme coa ordenación urbanística e a normativa vixentes no momento no que se comunique a prórroga do prazo.
ARTIGO 53.º.-EXTINCIÓN E CADUCIDADE DAS COMUNICACIÓNS PREVIAS DE ACTIVIDADE.
1.-O título habilitante para o exercicio dos dereitos derivados das comunicacións previas extinguirase polas mesmas causas que as establecidas para as licenzas de actividade.
2.-O título habilitante que comporta a presentación dunha comunicación previa de actividade con toda a documentación requirida poderá declararse caducado nos seguintes casos:
a) Cando non se inicie a actividade nos seis (6) meses seguintes á data de entrada no Rexistro Municipal da comunicación previa debidamente formulada.
b) Cando non se realice a actividade por un tempo ininterrompido superior a un (1) ano.
3.-En todo caso, a declaración de caducidade dunha comunicación previa realizarase a través da instrución do pertinente expediente, con audiencia ó comunicante.
4.-A declaración de caducidade extinguirá os efectos da comunicación previa, non podéndose iniciar nin proseguir a actividade ata que se presente unha nova comunicación previa axustada á normativa e á ordenación urbanística en vigor.
ARTIGO 54.º.-DOCUMENTACION NO LUGAR DA ACTIVIDADE.
Será requisito necesario en todos os establecementos ou actividades dispoñer en lugar visible de copia autorizada da comunicación previa co selo de entrada no Rexistro Municipal.
ARTIGO 55.º.-MODIFICACIÓNS NA ACTIVIDADE.
Calquera modificación nas condicións ou características da actividade ou do establecemento deberase comunicar previamente ó Concello, cos mesmos requisitos que na comunicación inicial.
CAPÍTULO II.-LICENZAS DE ACTIVIDADE
SECCIÓN 1.ª.-ACTIVIDADES SUXEITAS E RÉXIME XURÍDICO
ARTIGO 56.º.-ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS.
Se ben a apertura de establecementos públicos para actividades recreativas ou para espectáculos públicos, ou a organización destes últimos están sometidas ó réxime de comunicación previa previsto na Lei e na presente Ordenanza, as seguintes actividades, en atención á concorrencia de razóns de interese xeral, precisarán para o seu exercicio da obtención previa de licenza municipal:
1. A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
2. A instalación de terrazas ó aire libre ou na vía pública, anexas a un establecemento.
3. A celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles.
4. A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas, que se desenvolvan conxuntamente no termo municipal e nun ou varios concellos lindeiros.
5. A celebración de espectáculos e festexos taurinos.
6. A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas, cando a súa normativa específica esixa a concesión de autorización.
ARTIGO 57.º.-FINALIDADE DAS LICENZAS DE ACTIVIDADE.
1.-A licenza de actividade ten por finalidade comprobar que as actividades relacionadas no artigo anterior se axustan ó ordenamento urbanístico, e que reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade e accesibilidade.
2.-Non se poderá iniciar actividade algunha sometida ó réxime de licenza sen que previamente se obtivera a mesma.
ARTIGO 58.º.-ALCANCE DO CONTROL MUNICIPAL.
A intervención municipal a través da licenza de actividade non comprende o control dos aspectos técnicos relativos á seguridade estrutural e condicións de montaxe das instalacións ou á calidade dos elementos e materiais empregados, sendo responsabilidade exclusiva do proxectista, da dirección técnica, da promotora ou da empresa instaladora.
SECCIÓN 2.ª.-PROCEDEMENTO PARA O OUTORGAMENTO DE LICENZAS DE ACTIVIDADE
ARTIGO 59.º.-SOLICITUDE DE LICENZA.
1.-Con anterioridade á apertura dun establecemento público ou ó inicio dun espectáculo público ou actividade recreativa relacionados no artigo 52 da presente Ordenanza, quen vaia a exercer a súa titularidade ou encargarse da súa organización deberá presentar no Concello unha solicitude de licenza, mediante o modelo oficial publicado na sede electrónica municipal, ou a través das plataformas habilitadas ó efecto pola Administración Autonómica ou a Administración Xeral do Estado.
A estas solicitudes acompañarase a documentación que corresponda en cada caso, e que se relaciona igualmente na sede electrónica municipal.
2.-A presentación da solicitude e a documentación requirida deberá efectuarse a través do Rexistro Municipal, ou de calquera dos rexistros sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, telematicamente a través da sede electrónica municipal, ou a través das plataformas habilitadas ó efecto pola Administración Autonómica ou a Administración Xeral do Estado.
Se a presentación da solicitude e o resto da documentación se efectúa en soporte papel, o proxecto técnico que se aporte, no caso de ser necesario, terase que presentar tamén e, en todo caso, nun soporte dixital formato PDF. Se o proxecto foi visado electronicamente por un colexio profesional que permita o acceso á súa plataforma, será suficiente coa presentación do código de proxecto e a autorización do solicitante para o acceso desde o Concello.
ARTIGO 60.º.-TRAMITACIÓN.
1.-As solicitudes de licenzas de actividade tramitaranse de acordo coa lexislación reguladora do procedemento administrativo común, coas especialidades contidas na lexislación local, na urbanística e na sectorial, e coas contidas na presente Ordenanza Municipal.
2.-A solicitude de licenza só comezará a producir efectos desde o momento no que o correspondente escrito coa documentación completa esixida en cada caso, tivera entrada no Rexistro Municipal.
ARTIGO 61.º.-SUBSANACIÓN DE DEFICIENCIAS E MELLORA DA SOLICITUDE.
Se os servizos municipais detectaran omisións, deficiencias ou imprecisións na solicitude de licenza, ou no resto da documentación presentada, estarase ó establecido no artigo 14 da presente Ordenanza.
ARTIGO 62.º.-MODIFICACIÓNS NA ACTIVIDADE PARA A QUE SE SOLICITA LICENZA.
Se antes de que se concedera a licenza se pretenderan modificacións no proxecto técnico ou documentación presentada, e estas modificacións alterasen determinacións da actividade pretendida que afectasen á seguridade, salubridade ou accesibilidade, o interesado deberá, previo desistimento da licenza solicitada, solicitar unha nova licenza, que se tramitará con arranxo á normativa vixente na data da nova solicitude.
ARTIGO 63.º.-AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS E DECLARACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL.
1.-As actividades que precisen, ademais da licenza municipal, de autorizacións ou informes sectoriais doutras entidades ou administracións públicas, ou de declaración de incidencia ambiental, conforme á normativa sectorial de aplicación, necesitarán da súa previa achega para a concesión, se procede, da correspondente licenza de actividade.
2.-No caso de que non se presente a preceptiva autorización, ou informe sectorial, ou declaración de incidencia ambiental, estarase ó previsto no artigo 16.2 da presente Ordenanza.
ARTIGO 64.º.-INFORMES.
Á vista da documentación presentada e da conformidade coa normativa de aplicación, os Servizos Técnicos e Urbanísticos Municipais emitirán informe urbanístico sobre o uso e as obras proxectadas, e informe correspondente ás instalacións e sobre o cumprimento da normativa sectorial de aplicación. Concluídas as actuacións, emitirase o preceptivo informe xurídico con proposta de resolución.
ARTIGO 65.º.-RESOLUCIÓN.
1.-Completo o expediente, e formulada a proposta de resolución, este elevarase o órgano competente para a resolución que poña fin ó procedemento.
A resolución poderá adoptar unha das seguintes formas: concesión pura e simple da licenza, concesión da licenza condicionada ó cumprimento de determinados requisitos, ou denegación da licenza.
Toda resolución que denegue unha licenza deberá estar debidamente motivada, con explícita referencia ás normas ou ás determinacións do planeamento urbanístico que se incumpran.
2.-A tramitación da solicitude de licenza non poderá exceder de tres (3) meses, contados desde a presentación da solicitude coa documentación completa no Rexistro Municipal ata a resolución final, a excepción das solicitudes de licenzas para instalación de terrazas en terreos de uso público, que teñen un prazo de resolución de dous (2) meses.
Os requirimentos de documentación, emenda de deficiencias ou imprecisións, e de informes ou autorizacións sectoriais suspenderán o prazo establecido para a resolución do solicitado, que volverá a computarse tras a súa achega.
3.-O transcurso do prazo de tres (3) meses establecido para a concesión da licenza de actividade determinará a súa adquisición por silencio administrativo, se consta aportada a documentación completa esixida e a pretensión axústase á normativa de aplicación no tempo da solicitude, a excepción das solicitudes para a instalación de terrazas en terreos de uso público, onde o silencio administrativo será negativo.
ARTIGO 66.º.-SUPOSTOS DE SIMULTANEIDADE DE OBRAS E ACTIVIDADES.
1.-Se para o desenvolvemento dunha actividade sometida a licenza é precisa a realización dunha obra igualmente sometida ó réxime de licenza, solicitaranse simultaneamente, e concederanse nun único acto administrativo, sen prexuízo da formación e tramitación simultánea de pezas separadas para cada intervención administrativa.
A proposta de resolución da solicitude de licenza de actividade terá prioridade sobre a correspondente á licenza urbanística. Se procede denegar a primeira, se lle notificará así ó solicitante, e non será necesario resolver sobre a segunda.
2.-Se a actividade pretendida atópase sometida ó réxime de licenza, e fora precisa para a súa posta en marcha a realización de obras que se encontran sometidas ó réxime de comunicación previa, esta última presentarase simultaneamente coa solicitude da licenza de actividade, pero non adquirirá eficacia en tanto non se obteña a preceptiva licenza que habilite a implantación da actividade.
En ningún caso, a execución de obras en réxime de comunicación previa vinculadas ó desenvolvemento dunha actividade sen terse obtida licenza para a mesma, xerará responsabilidade da administración municipal.
3.-Unha vez concluídas as obras, xa estean sometidas ó réxime de licenza ou ó de comunicación previa, presentarase no Concello comunicación previa para o inicio da actividade, acompañada de certificado final de obra, nos casos previstos pola lexislación.
ARTIGO 67.º.-PRAZOS PARA O INICIO DA ACTIVIDADE E VIXENCIA DAS LICENZAS.
1.-A actividade á que se lle concede licenza deberá iniciarse no prazo máximo de seis (6) meses, contado a partir da data da notificación da resolución de concesión da licenza, ou contado a partir da data de presentación no Rexistro Municipal da comunicación previa para o inicio da actividade, se foran realizadas obras.
2.-As licenzas dos establecementos abertos ó público concédense por tempo indefinido, salvo que unha disposición ou a propia licenza establezan expresamente o contrario, e sen prexuízo dos efectos dos controis e das revisións periódicas ás que sexan sometidos tales establecementos.
3.-As licenzas para a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas terán a mesma vixencia que a dos espectáculos ou actividades autorizados.
4.-As licenzas para a instalación de terrazas en terreos de uso público outorgaranse por anos naturais prorrogables por iguais períodos de tempo, se ben se poderán solicitar tamén para períodos mínimos dun (1) mes.
ARTIGO 68.º.-EXTINCIÓN DAS LICENZAS DE ACTIVIDADE.
As licenzas de actividade extinguiranse polos seguintes motivos:
a) Por caducidade.
b) Por revogación.
c) Por declaración de renuncia do titular, comunicada por escrito ó Concello.
d) Por ter finalizado o espectáculo público ou a actividade recreativa para o que se concedeu a licenza.
e) Por cumprimento do prazo ó que está sometido o espectáculo público ou a actividade recreativa, se así se establecera na licenza.
f) Por resolución xudicial ou administrativa, a través dos procedementos de revisión de oficio regulados na lexislación administrativa.
ARTIGO 69.º.-CADUCIDADE E REVOCACIÓN DAS LICENZAS DE ACTIVIDADE.
1.-Poderá declararse a caducidade das licenzas de actividade nos seguintes supostos:
a) Cando non se inicie a actividade nos seis (6) meses seguintes, contados a partir da data de notificación da licenza, ou a partir da data de presentación no Rexistro Municipal da comunicación previa para o inicio da actividade, de terse realizado obras.
b) Cando non se realice a actividade por un tempo ininterrompido superior a un (1) ano.
O prazo para o inicio da actividade poderá prorrogarse a través dunha comunicación previa na que así se indique, sempre que se presente antes da conclusión daquel, que sexa por un prazo non superior a seis (6) meses, e que a actividade sexa conforme coa ordenación urbanística e a normativa vixentes no momento no que se comunique a prórroga do prazo.
2.-A declaración de caducidade dunha licenza de actividade realizarase a través da instrución do pertinente expediente con audiencia ó solicitante.
3.-A declaración de caducidade extinguirá os efectos da licenza de actividade, non podéndose iniciar nin proseguir a actividade ata que se solicite, e obteña unha nova licenza axustada á normativa e á ordenación urbanística vixentes.
4.-As licenzas de actividade poderanse revocar nos seguintes supostos:
a) Por incumprimento das condicións ou requisitos en virtude dos cales foron outorgadas.
b) Por terse modificado substancialmente, ou ter desaparecido as circunstancias que determinaron o seu outorgamento, ou sobrevir outras novas que, no caso de existir, terían comportado a súa denegación.
c) Por sanción, de conformidade co disposto na Lei 9/2013, do emprendemento da competitividade económica de Galicia, ou norma que a substitúa.
d) Por falta de adaptacións ós novos requirimentos establecidos polas normas, dentro dos prazos previstos con esta finalidade.
5.-A revogación será declarada despois da tramitación do pertinente expediente, con audiencia ó solicitante.
6.-Tanto a declaración de caducidade como a revogación da licenza de actividade non xerarán dereito a indemnización.
ARTIGO 70.º.-DOCUMENTACIÓN NO LUGAR DA ACTIVIDADE.
Será requisito necesario en todos os establecementos ou lugares nos que se exerza unha actividade sometida a licenza, dispoñer en lugar visible dunha copa autorizada da licenza de actividade concedida.
ARTIGO 71.º.-MODIFICACIÓNS NA ACTIVIDADE.
Calquera modificación nas condicións ou características da actividade ou do establecemento sometido a licenza municipal requirirá da previa solicitude e obtención de licenza.
TÍTULO IV.-CONTROL POSTERIOR SOBRE OBRAS E ACTIVIDADES
ARTIGO 72.º.-OBXECTO.
1.-A Administración Municipal está obrigada a exercer, de forma permanente e continuada, as funcións de comprobación, vixilancia, control e inspección sobre as obras e actividades que se realicen no termo municipal, xa estean suxeitas ó réxime de comunicación previa, ou ó réxime de licenza, para verificar a efectiva adecuación das mesmas á normativa que lle resulte de aplicación, sen prexuízo dos procedementos de reposición da legalidade e sancionador que, no seu caso, podan iniciarse.
2.-O persoal municipal adscrito ás funcións de control, inspección e vixilancia urbanística, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade, e gozará do estatuto regulado na lexislación urbanística.
3.-A Administración municipal poderá en calquera momento, de oficio, a petición razoada doutras administracións, ou por denuncia, efectuar visitas de control e inspección das obras, establecementos e actividades reguladas nesta Ordenanza, desde que se presenten as comunicacións previas ou se outorguen as pertinentes licenzas.
ARTIGO 73.º.-PROCEDEMENTO DE CONTROL E INSPECCIÓN.
Os Servizos Técnicos e Urbanísticos Municipais exercerán as funcións de inspección e comprobación urbanísticas, sen prexuízo doutro tipo de inspeccións exercidas por outras administracións, en función das súas propias competencias.
Nos supostos de actuacións sometidas a comunicación previa, a inspección municipal efectuarase no prazo máximo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte á presentación da comunicación, acompañada de toda a documentación esixible. De vencer o prazo sen realizarse a citada inspección, entenderase que o silencio é positivo.
1.-Nas comunicacións previas de obras ou de actividades, a actuación de control iniciarase coa comprobación do contido da documentación aportada.
2.-Á marxe do control documental indicado no apartado anterior, a Administración Municipal procederá, a través dos funcionarios habilitados ó efecto, á inspección das obras, establecementos e actividades suxeitos á presente Ordenanza, ó obxecto de verificar a súa adecuación ás comunicacións previas presentadas e/ou ás licenzas outorgadas, e á normativa que lles sexa de aplicación, levantando acta de comprobación.
3.-A acta de comprobación é aquel documento que se expide coa fin de recoller o resultado das actuacións de inspección e de verificación do cumprimento dos requisitos esixidos, e se estenderá por duplicado, sendo firmadas polo persoal inspector e, no seu caso, pola persoa ante a que se expida, á que se lle entregará un exemplar da mesma. Cando esta persoa se negase a asinala, farase constar dita circunstancia.
4.-As actas de comprobación ostentan o carácter de documento público, gozan de presunción de veracidade e constitúen proba dos feitos reflectidos nelas, sen prexuízo das probas que, en defensa dos seus dereitos, podan presentar as persoas interesadas.
5.-Se levantada a acta de comprobación, se detectara que a obra ou actividade se está exercendo ou foi executada sen axustarse ás determinacións sinaladas na licenza ou na comunicación previa, emitirase informe con proposta de resolución, dispoñendo a suspensión inmediata de ditos actos, se estes se estiveran executando, e a incoación de expediente de reposición da legalidade, sen prexuízo do sancionador.
6.-Non obstante o establecido no apartado anterior, se a acta de comprobación é dunha actividade con comunicación previa presentada ou con licenza de actividade outorgada, e nela se reflicten incumprimentos das determinacións da documentación técnica comunicada ou á que se lle concedeu licenza, que son emendables sen requirir elaboración dunha nova documentación técnica, emitirase informe con proposta de resolución, concedendo un prazo de 15 días para a corrección das deficiencias detectadas.
Transcorrido dito prazo sen que se emenden tales deficiencias, e logo de que se faga constar nunha nova acta de comprobación, adoptaranse as medidas previstas no apartado anterior deste artigo.
7.-O feito de que se levante acta de comprobación non obsta para que o Concello, en exercicio das facultades de control e inspección que ten atribuídas, realice con posterioridade as visitas de comprobación que estime oportunas.
ARTIGO 74.º.-CONTIDO DA ACTA DE COMPROBACIÓN.
Toda acta de comprobación terá o seguinte contido mínimo:
a) Identificación da obra e/ou do establecemento e actividade.
b) Identificación da persoa promotora da obra ou da actividade e, no seu caso, da persoa con quen se entenden as actuacións e o carácter co que intervén, xa sexa construtor, propietario, arrendatario ou técnico.
c) Funcionario que realiza a actuación de control e data da súa realización.
d) Descrición das actuacións practicadas.
e) Cumprimento ou descrición do incumprimento/s da documentación técnica presentada coa comunicación previa ou á que lle concedeu a licenza, e das determinacións ou condicións esixidas, no seu caso, na licenza ou nas autorizacións ou informes sectoriais, se os houbera.
f) Descrición das modificacións que, no seu caso, se observen nas obras, instalacións, establecementos e actividades, respecto da documentación técnica presentada coa comunicación previa, ou na que se baseou a licenza outorgada.
g) Incidencias producidas durante a actuación de control.
ARTIGO 75.º.-ACTUACIÓNS DE COMPROBACIÓN A INSTANCIA DE PARTE.
1.-Sen prexuízo das facultades de control que ten encomendadas o Concello, os interesados poden solicitar a realización dunha inspección do establecemento ou actividade para a comprobación da súa adecuación á normativa que lle sexa de aplicación, e á comunicación previa presentada ou licenza de actividade outorgada.
2.-Presentada a solicitude prevista no parágrafo anterior, no prazo máximo de dous (2) meses desde a mesma, o Concello remitirá a quen o solicitase copia da acta de comprobación. Se na mesma se detectasen incumprimentos ou deficiencias, estarase ó previsto no artigo 69.5 e 69.6 da presente Ordenanza.
TÍTULO V.-REPOSICIÓN DA LEGALIDADE E RÉXIME SANCIONADOR
ARTIGO 76.º.-INFRACIÓNS E SANCIÓNS.
A todos os actos de uso do solo e do subsolo e ás actividades sometidas tanto ó réxime de comunicación previa como ó de licenza aplicaránselles as medidas de reposición da legalidade, e o réxime sancionador previstos na lexislación urbanística, na Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, e nas ordenanzas municipais correspondentes.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.-MODELOS NORMALIZADOS.
Na sede electrónica municipal publícanse os correspondentes modelos normalizados, tanto de licenzas como de comunicacións previas, e tanto urbanísticas como de actividade.
Estes modelos non teñen carácter regulamentario, polo que o seu contido poderá ser ampliado, reducido ou modificado.
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA.-NORMAS DERROGADAS.
Cando na presente Ordenanza se realicen alusións a normas específicas, entenderase extensiva a referencia ás normas que por promulgación posterior substitúan ás mencionadas.
DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA. ANEXOS
Os anexos que se incorporan nesta Ordenanza non teñen carácter regulamentario, polo que o seu contido poderá ser ampliado ou modificado mediante resolución municipal, se ben a súa obrigatoriedade supedítase á súa publicación do Boletín Oficial da Provincia.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA
Os promotores de actos de uso do solo e do subsolo e de actividades que teñan iniciado procedementos para a execución ou exercicio das mesmas con anterioridade á entrada en vigor desta Ordenanza, poderán desistir da súa solicitude e optar pola aplicación da nova normativa, sempre que o poñan de manifesto antes da resolución do procedemento. En caso contrario, continuarase coa tramitación, segundo a normativa que lles resultase de aplicación.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA
1.-Queda derrogada a Ordenanza Municipal reguladora do procedemento de control do exercicio de actividades e servizos suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable (Boletín Oficial da Provincia n.º 118, de data 22 de xuño de 2011).
2.-Quedan derrogadas cantas disposicións municipais, de igual ou inferior rango, se opoñan ó que se establece nesta Ordenanza.
DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA
A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, que será realizada unha vez transcorrido o prazo previsto nos artigos 65.2 e 70.2 da redacción actual da Lei 7/1985, reguladora das Bases do Réxime Local.
ANEXOS
ANEXO I.-ACTOS SUXEITOS A LICENZA URBANÍSTICA
Estarán suxeitos a licenza urbanística, os seguintes actos:
a) Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte á normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación (artigo 2.2 e 2.3 da Lei 38/1999, de ordenación da edificación):
a. Obras de edificación de nova construción, excepto aquelas construcións de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica que non teñan, de forma eventual ou permanente, carácter residencial nin público, e se desenvolvan nun só andar.
b. Todas as intervencións sobre os edificios existentes, sempre e cando alteren a súa configuración arquitectónica, entendendo por tales as que teñan carácter de intervención total, ou as parciais que produzan unha variacións esencial da composición xeral exterior, a volumetría, o conxunto do sistema estrutural, e teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio.
c. Considéranse comprendidas na edificación, as súas instalacións fixas e o equipamento propio, así como os elementos de urbanización que permanezan adscritos ó edificio.
b) As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
c) As demolicións.
d) Os muros de contención de terras.
e) Os grandes movementos de terras e as explanacións.
f) Os parcelamentos, segregacións ou outros actos de divisións de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelamento urbanístico.
g) A primeira ocupación dos edificios.
h) A localización de casas prefabricadas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.
i) A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva nos terreos incorporados a procesos de transformación urbanística, entendendo como tal, aqueles terreos incluídos nos ámbitos de solo urbanizable, de solo urbano non consolidado ou de solo de núcleo rural sometidos a actuacións de carácter integral e, en todo caso, cando a devandita corta derive da lexislación de protección do dominio público.
j) Calquera outro acto que se sinale a través dunha disposición legal.
DOCUMENTACIÓN XERAL PARA A SOLICITUDE DE LICENZA URBANÍSTICA
Para solicitar licenza urbanística municipal, deberase presentar a seguinte documentación:
a) Impreso normalizado de solicitude de licenza urbanística.
b) Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente, e xustificante de pagamento da mesma.
c) Datos identificativos do solicitante:
a. Persoas físicas: DNI (ou documento acreditativo de identidade). Os que comparezan ou asinen en representación doutra persoa, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente dita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
b. Persoas xurídicas: DNI do representante, e documentación acreditativa da representación, así como escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
d) Escritura pública de propiedade do predio no que están previstas as actuacións. No caso de cesións a viario, cumprirase o establecido no artigo 18 da presente Ordenanza.
e) Referencia catastral do predio ou edificación existente, no que están previstas as actuacións.
f) Reportaxe fotográfica do predio ou edificación no que están previstas as actuacións, na que se aprecien todos os seus lindeiros. Nos casos de nova edificación entre medianeiras ou apegada, acompañaranse tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
g) Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento (excepto no caso de solicitudes de licenza para parcelamento, segregación ou división de predios).
h) Autorizacións sectoriais previas, de acordo coa normativa de aplicación en cada caso.
i) Proxecto redactado por técnico competente, en formato dixital PDF, tanto para tramitación presencial como telemática, e en formato papel (unha copia) no caso de tramitación presencial. Se as actuacións previstas localízanse na contorna de protección dalgún elemento catalogado, deberase presentar unha copia adicional.
No caso de presentar proxecto básico sen visado colexial, achegarase certificado colexial (ou declaración responsable) do técnico redactor, no que figuren os seus datos persoais e profesionais, de forma que permita a súa identificación, e na que se acredite que é competente para levar a cabo as actuacións previstas, e non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
No caso de que as actuacións obxecto de licenza teñan por obxecto o inicio dunha actividade, no momento da solicitude de licenza urbanística deberase achegar a seguinte documentación (a maiores da indicada anteriormente):
a) Memoria de actividade e instalacións, ou proxecto técnico, dependendo da entidade das mesmas, redactado por técnico competente (segundo o caso, pode quedar incluído no proxecto indicado no punto i) anterior).
b) Declaración responsable de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
c) A autorización ou declaración ambiental que proceda.
d) As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
En función do tipo ou envergadura das actuacións previstas, ou das edificacións existentes ás que podan afectar (por exemplo, as incluídas no Catálogo do planeamento municipal), poderase modificar a documentación que se solicite, ou o contido do proxecto correspondente, para un mellor coñecemento do detalle das citadas actuacións.
CONTIDO DOS PROXECTOS PARA OBRA NOVA OU INTERVENCIÓN EN EDIFICACIÓNS EXISTENTES
Para a solicitude de licenza será suficiente a presentación dun proxecto básico coa documentación técnica que se relaciona no punto 1 e, nos casos de actuacións para o inicio dunha actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, acompañarase a documentación indicada no punto 2. No caso de solicitar a licenza co proxecto básico, para poder iniciar as obras, unha vez obtida a licenza urbanística, deberase presentar o proxecto de execución correspondente, xunto coa documentación sinalada no punto 3.
1. PROXECTO BÁSICO
O proxecto deberá estar asinado por un técnico competente, en cumprimento da Lei 38/1999, de ordenación da edificación (ou norma que a substitúa). O proxecto, unha vez incorporado ó expediente administrativo, ten carácter de documento público, respondendo o seu autor da súa veracidade e exactitude para todos os efectos.
A estrutura e contido do proxecto axustarase ás determinacións do artigo 6, sobre condicións do proxecto, do capítulo 2 da Parte I do Código Técnico da Edificación (en diante, CTE). Sen prexuízo do cumprimento do Anexo I da Parte I do CTE, o proxecto deberá conter a seguinte documentación:
a) Memoria descritiva das actuacións previstas.
b) Memoria urbanística como documento específico e independente, na que se indique a finalidade e o uso da actuación prevista, con expresa indicación da clasificación e cualificación do solo obxecto da actuación, incluíndo un cadro comparativo dos parámetros urbanísticos regulados pola ordenanza de aplicación, e os parámetros urbanísticos da actuacións obxecto do proxecto. Así mesmo, a memoria urbanística desenvolverá os argumentos necesarios para xustificar o cumprimento dos artigos da LOUPMRG* que sexan de aplicación.
c) Xustificación do cumprimento da normativa de accesibilidade autonómica e estatal.
d) Estudio de xestión de residuos de construción e demolición, nas condicións establecidas no artigo 4.2 do RD 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.
e) Xustificación do cumprimento da normativa de habitabilidade autonómica.
f) Xustificación do cumprimento da normativa sectorial e específica que sexa de aplicación en cada caso.
g) Plano a escala 1:2000 ou 1:1000 da cartografía oficial municipal, no que se sinales a localización do predio e/ou edificación obxecto das actuacións.
h) Plano topográfico a escala mínima 1:500, acoutando as distancias das actuacións previstas ó eixe da vía pública, á aliñación oficial e ós demais lindeiros, o ancho da vía de acceso, e a superficie de cesión a viario. Así mesmo, grafaranse as liñas de afección ou servidume das diferentes organismos sectoriais, e a distancia das actuacións previstas a ditas afeccións.
i) Seccións do predio coas actuacións previstas, á mesma escala que o anterior, con indicación do estado natural do terreo, e do estado definitivo previsto polas actuacións.
j) Planos descritivos das actuacións previstos, os que sexan necesarios e á escala axeitada para unha correcta comprensión do alcance das actuacións previstas
k) Orzamento de execución material, desglosado por capítulos.
Nos casos de urbanización e edificación simultáneas: planos e memoria con indicación da urbanización, dos terreos de cesión e reposición de servizos. No caso de que sexa necesario un proxecto de obras complementarias de urbanización, presentarase para a súa tramitación simultánea.
Se as actuacións para as que se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmontes ou rebaixe de terras, presentaranse planos dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características do movemento de terras, así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións que se deberán adoptar en relación coa propia actuación, coa vía pública, ou con predios ou construcións lindeiras que podan verse afectadas polo movemento de terras.
2. MEMORIA DE ACTIVIDADE
a) Memoria descritiva, redactada por técnico competente, da actividade e das instalacións necesarias para os seu desenvolvemento, e na que deberán figurar as características técnicas dos seus distinto elementos, con indicación da potencia da maquinaria empregada (expresada en CV para as máquinas con motor, e en kw para o resto), así como as medidas correctoras a aplicar, de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas.
b) Memoria urbanística: incluirá a xustificación das condicións esixidas polos diversos títulos da normativa do planeamento municipal.
c) Xustificación do cumprimento dos documentos do Código Técnico da Edificación que sexan de aplicación en cada caso.
d) Estudo xustificativo do cumprimento da normativa vixente (estatal, autonómica e municipal) de ruídos, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións.
e) Documentación técnica esixible segundo a natureza da actividade ou instalacións.
f) Plano a escala 1:1000 da cartografía oficial do planeamento municipal, no que se sinalen a situación da parcela ou edificación no que se pretende levar a cabo a actividade solicitada.
g) Planos de planta acoutados, coa superficie de cada estancia e indicación do uso, reflectindo os elementos fixos, e mobiliario.
h) Planos de alzados e sección do local, acoutando as alturas libres.
i) Planos con indicación da localización das instalacións de protección contra incendios, sectorización e percorridos de evacuación.
j) Planos con indicación da situación das instalacións descritas na memoria.
En función de que sexa necesaria a execución de obras previas ó inicio da actividade, a documentación indicada anteriormente pode quedar incluída dentro do proxecto técnico necesario para a intervención municipal urbanística (ben licenza, ou ben comunicación previa).
3. PROXECTO DE EXECUCIÓN
A estrutura e contido do proxecto axustarase ás determinacións do artigo 6, sobre condicións do proxecto, do capítulo 2 da Parte I do Código Técnico da Edificación (en diante, CTE). Sen prexuízo do cumprimento do Anexo I da Parte I do CTE, o proxecto deberá conter a seguinte documentación (engadida á indicada no punto anterior):
l) Oficio de dirección de obra, e de dirección de execución.
m) Oficio de coordinación de seguridade e saúde.
n) Certificación de eficiencia enerxética de proxecto, e xustificante do seu rexistro no INEGA.
o) No caso de edificios con división horizontal, proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións, redactado por técnico competente.
CONTIDO DOS PROXECTOS DE PARCELAMENTO, DIVISIÓN OU SEGREGACIÓN DE FINCAS
O proxecto deberá estar asinado por un técnico competente, e reunir os requisitos formais esixibles, en conformidade coa lexislación en vigor. O proxecto, unha vez incorporado ó expediente administrativo, ten carácter de documento público, respondendo o seu autor da súa veracidade e exactitude para todos os efectos. O contido mínimo do proxecto será o seguinte:
a) Memoria na que se describa o predio/s para parcelar, dividir ou segregar, coa súa referencia catastral. Xustificaranse as actuacións previstas, e describiranse as parcelas resultantes con expresión da súa localización, superficies e lindeiros; ademais, incluirá a descrición das edificacións existentes na parcela, coas superficies construídas e o cálculo da edificabilidade consumida.
b) Memoria urbanística na que se xustifique o axuste das actuacións previstas no planeamento e na normativa urbanística vixentes (incluíndo a Lei 7/2012, de montes de Galicia, ou norma que a substitúa), así como a condición de edificabilidade dos predios resultantes.
c) Plano de situación sobre a cartografía oficial do planeamento municipal, a escala non inferior a 1:2000.
d) Plano topográfico da parcela orixinal, a escala adecuada (mínimo 1:500), con indicación dos seus lindeiros e das construcións existentes.
e) Plano de deslinde acoutado da parcela orixinal a escala adecuada (mínimo 1:500), no que se reflicta a aliñación oficial establecida polo planeamento municipal. Deberase delimitar a parcela (ou parcelas) fóra da aliñación e que será(n) obxecto de cesión (no momento de que efectúa a solicitude de licenza para edificar na mesma), con indicación da súa superficie.
f) Plano acoutado de parcelamento á mesma escala, indicando a superficie e lindeiros das fincas resultantes, así como as construcións existentes.
g) Ficha individualizada de cada parcela resultante, co seguinte contido:
a. Situación da finca, indicando se está ou non edificada.
b. Plano a escala non menor a 1:500, con expresión dos seus lindeiros acoutados, e determinación xeométrica necesaria para a súa correcta e inequívoca identificación e trazado.
c. Clase e categoría do solo no que se atopa, de acordo co planeamento urbanístico municipal.
d. Aproveitamento do solo e do subsolo, altura, volume e localización da edificación existente (de ser o caso), e parámetros urbanísticos consumidos.
LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN
Para solicitar licenza de primeira ocupación, deberase presentar a seguinte documentación:
a) Impreso normalizado de solicitude de licenza de primeira ocupación (ou urbanística, no seu defecto).
b) Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente, e xustificante de pagamento da mesma.
c) Datos identificativos do solicitante:
a. Persoas físicas: DNI (ou documento acreditativo de identidade). Os que comparezan ou asinen en representación doutra persoa, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente dita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
b. Persoas xurídicas: DNI do representante, e documentación acreditativa da representación, así como escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
d) Certificado final de obra orixinal, e no seu caso, a urbanización simultánea, expedido pola dirección facultativa da obra (dirección de obra, e dirección de execución), e visado polo colexio profesional correspondente, nos termos indicados no artigo 27 da presente Ordenanza.
e) No caso de variacións de detalle na obra executada, deberase presentar memoria e planos da situación final de obra, nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas, e xustificación do cumprimento da normativa de aplicación, se fose o caso.
f) Copia da solicitude de alta no Catastro, ós efectos do imposto de bens inmobles de natureza urbana.
g) Certificación e etiqueta enerxética do edificio rematado, e xustificación do seu rexistro no INEGA.
h) De ser o caso, medición sonométrica acreditativa do illamento acústico conseguido no edificio. As medicións serán realizadas por unha empresa que estea homologada pola Xunta de Galicia para estes fins, e asinadas por técnico competente.
i) No caso de división horizontal, deberase presentar boletín de instalación das infraestruturas comúns de telecomunicacións.
j) Excepto en vivendas unifamiliares, certificado de homologación que acredite a resistencia ó lume das portas RF.
ANEXO II.-ACTOS SUXEITOS A COMUNICACIÓN PREVIA URBANÍSTICA
Están suxeitos ó réxime de intervención municipal de comunicación previa todos os actos de ocupación, construción, edificación e, en xeral, de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza e, polo tanto, non relacionados no artigo 9 da presente Ordenanza, ademais, e en todo caso, dos que así se establezan nas leis. Tamén se someten ó réxime de comunicación previa os cambios de titularidade de calquera acto de uso do solo ou subsolo xa estea autorizado por licenza urbanística ou por comunicación previa, debendo comunicalo por escrito ó Concello quen vaia a exercer a nova titularidade.
Co obxecto de determinar a documentación que se debe presentar en cada caso, deberase diferenciar entre OBRAS MAIORES que non precisan de licenza urbanística, e polo tanto, tramitaranse mediante comunicación previa, e OBRAS MENORES, que son obxecto de comunicación previa en todos os casos. A definición das obras menores queda establecida no artigo 195.6 da LOUPMRG (ou norma que a substitúa ou modifique). En consecuencia, serán consideradas como obras menores, as seguintes:
- Mantemento de partes non edificables de parcelas.
- Limpeza e roza interior de parcelas, sen movementos de terras nin tala de arboredo.
- Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
- Peches diáfanos de parcelas.
- Mantemento das fachadas e cubertas dos edificios:
- Limpeza e pintado de fachadas.
- Cambio de carpinterías exteriores, persianas, varandas ou similares.
- Modificación do revestimento de locais ou vivendas.
- Reparación ou substitución de material de cubertas ou terrazas.
- Reparación e substitución de elementos auxiliares da cuberta (caneiros, baixantes e varandas).
- Mantemento e actualización das instalacións dos edificios:
- Substitución de instalacións privativas dunha vivenda ou local (auga, gas, electricidade, saneamento ou similar).
- Novas instalacións non encaixadas en elementos estruturais (vigas, alicerces, paredes mestras, etc.).
- Mantemento de instalacións comúns do edificio (ascensor, caldeiras, etc...).
- Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
- En paredes, solos e falsos teitos.
- Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.
- Colocación de cubretendais en patios interiores.
DOCUMENTACIÓN XERAL PARA A COMUNICACIÓN PREVIA URBANÍSTICA
Para efectuar unha comunicación previa urbanística, deberase presentar a seguinte documentación:
1. OBRAS MENORES
a) Impreso normalizado de comunicación previa urbanística.
b) Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente, e xustificante de pagamento da mesma.
c) Datos identificativos do comunicante:
a. Persoas físicas: DNI (ou documento acreditativo de identidade). Os que comparezan ou asinen en representación doutra persoa, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente dita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
b. Persoas xurídicas: DNI do representante, e documentación acreditativa da representación, así como escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
d) Memoria valorada das actuacións previstas, que inclúa: descrición suficiente das características do acto de que se trate, e orzamento de execución material das mesmas, detallado por partidas, e indicando as medicións correspondentes.
e) Plano de situación da parcela ou edificación sobre a cartografía do planeamento municipal.
f) Reportaxe fotográfica do estado actual da parcela, edificación ou local afectado polas actuacións que se comunican.
g) Copia das restantes autorizacións e, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente esixibles ó comunicante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.
h) Documento de avaliación ambiental, en caso de requirila o uso ó que vaian destinadas as obras.
i) Copia da autorización ou ditame ambiental, así como das restantes autorizacións, concesións ou informes sectoriais cando sexan legalmente esixibles.
2. OBRAS MAIORES QUE NON PRECISAN DE LICENZA
Ademais de toda a documentación indicada no punto anterior, deberase presentar:
j) Proxecto técnico, firmado por técnico competente. O seu contido queda indicado no Anexo I da presente Ordenanza.
k) Declaración do técnico que firme o proxecto, de que o mesmo cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación.
ANEXO III.-ACTOS SUXEITOS A LICENZA DE ACTIVIDADE
Estarán suxeitos a licenza de actividade, os seguintes actos:
1. A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
2. A instalación de terrazas ó aire libre ou na vía pública, anexas a un establecemento.
3. A celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles.
4. A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas, que se desenvolvan conxuntamente no termo municipal e nun ou varios concellos lindeiros.
5. A celebración de espectáculos e festexos taurinos.
6. A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas, cando a súa normativa específica esixa a concesión de autorización.
DOCUMENTACIÓN XERAL PARA A SOLICITUDE DE LICENZA DE ACTIVIDADE
Para solicitar licenza de actividade municipal, deberase presentar a seguinte documentación:
a) Impreso normalizado de solicitude de licenza de actividade.
b) Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente, e xustificante de pagamento da mesma.
c) Datos identificativos do solicitante:
a. Persoas físicas: DNI (ou documento acreditativo de identidade). Os que comparezan ou asinen en representación doutra persoa, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente dita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
b. Persoas xurídicas: DNI do representante, e documentación acreditativa da representación, así como escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
d) Copia do documento que xustifique a posesión do local (escritura de propiedade ou contrato de arrendamento).
e) Referencia catastral da parcela ou edificación na que está prevista o desenvolvemento da actividade.
f) Reportaxe fotográfica da parcela ou edificación (fachadas e interior no caso dun local existente).
g) Certificación expedida por un técnico competente, acreditativa de que a parcela ou local é apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función deste, e con especial referencia ó cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios, precisas para o uso pretendido, e que conta coas autorizacións e rexistros sectoriais necesarios para o inicio da actividade.
h) Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
i) Memoria técnica de actividade, redactada por técnico competente, e co contido mínimo indicado no punto 2 de parágrafo sobre Contido dos proxectos para obra nova ou intervención en edificacións existentes, do Anexo I.
ANEXO IV.-ACTOS SUXEITOS A COMUNICACIÓN PREVIA DE ACTIVIDADE
Para efectuar a comunicación previa do inicio dunha actividade, deberase presentar a seguinte documentación:
1. SE FORON NECESARIAS OBRAS PREVIAS (CON LICENZA OU COMUNICACIÓN PREVIA).
a) Impreso normalizado de comunicación previa de actividade.
b) Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente, e xustificante de pagamento da mesma.
c) Datos identificativos do comunicante:
a. Persoas físicas: DNI (ou documento acreditativo de identidade). Os que comparezan ou asinen en representación doutra persoa, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente dita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
b. Persoas xurídicas: DNI do representante, e documentación acreditativa da representación, así como escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
d) Copia do documento que xustifique a posesión do local (escritura de propiedade ou contrato de arrendamento).
e) Certificado final de obra, das obras e/ou instalacións, asinado pola súa dirección facultativa.
2. SE NON SE REALIZARON OBRAS PREVIAS.
a) Impreso normalizado de comunicación previa de actividade.
b) Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente, e xustificante de pagamento da mesma.
c) Datos identificativos do comunicante:
a. Persoas físicas: DNI (ou documento acreditativo de identidade). Os que comparezan ou asinen en representación doutra persoa, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente dita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
b. Persoas xurídicas: DNI do representante, e documentación acreditativa da representación, así como escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
d) Memoria de actividade, nos termos indicados no Anexo I da presente Ordenanza.
e) Copia do documento que xustifique a posesión do local (escritura de propiedade ou contrato de arrendamento).
f) Reportaxe fotográfica da parcela ou edificación (fachadas e interior no caso dun local existente).
g) Certificación expedida por un técnico competente, acreditativa de que a parcela ou local é apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función deste, e con especial referencia ó cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios, precisas para o uso pretendido, e que conta coas autorizacións e rexistros sectoriais necesarios para o inicio da actividade.
h) Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
i) No caso de que a actividade estea suxeita ó procedemento de avaliación ambiental, achegarase:
a. Documentación xustificativa de ter superada a tramitación de avaliación ambiental.
b. Copia do proxecto de obra ou actividade, asinado por técnico competente.
c. Certificado do técnico que firme o proxecto, de que cumpre coa normativa técnica de aplicación.
Para efectuar a comunicación previa de cambio de titular dunha actividade, deberase presentar a seguinte documentación:
a) Impreso normalizado de comunicación previa de cambio de titular dunha actividade.
b) Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente, e xustificante de pagamento da mesma.
c) Datos identificativos do comunicante:
a. Persoas físicas: DNI (ou documento acreditativo de identidade). Os que comparezan ou asinen en representación doutra persoa, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente dita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
b. Persoas xurídicas: DNI do representante, e documentación acreditativa da representación, así como escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
d) Copia do documento que xustifique a posesión do local (contrato de arrendamento, escritura de propiedade, etc¿).
e) Copia do acto administrativo que ampara o desenvolvemento da actividade (licenza ou comunicación previa).
f) Copia do documento de alta nas obrigas tributarias co epígrafe fiscal e obxecto (local afecto) que acredite a actividade a desenvolver e o enderezo do establecemento.
g) En caso de sociedades, escritura de constitución da mesma. De ser unha sociedade civil ou unha comunidade de bens, deberase aportar unha relación dos seus membros con copia dos seus datos identificativos.