Ordes - PREZO PÚBLICO POLA REALIZACION DE ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Publicación provisional: 27/03/2012 BOP Nº: 60
Publicación definitiva: 27/03/2012 BOP Nº: 60
Aplicable dende: 12/02/2016

1.- Concepto.

A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola realización de actividades que durante os períodos de vacacións escolares permitan aos pais a conciliación da vida laboral e familiar.

2.- Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza os/as solicitantes ou beneficiarios da prestación do servizo.

3.- Contía.

O importe do prezo público é de 4 €/día.

A inscrición nas actividades deberá realizarse por todo o período en que duren estas, salvo no caso do verán, que comprenderá os meses de xullo e agosto, divididos en catro quendas:

- Do 1 ao 15 de xullo.

- Do 16 ao 31 de xullo.

- Do 1 ao 15 de agosto.

- Do 16 ao 31 de agosto.

Neste último caso a inscrición poderá realizarse por cada quenda.

Non se consideran lectivos os sábados e domingos nin os días festivos.

As familias numerosas terán un desconto do 50% no dito prezo.

Os ditos prezos correspóndense con 5 horas diarias de duración da actividade.

4.- Normas de xestión.

A obriga de pagamento do prezo público nace no momento no que se inicie a prestación do servizo, debendo achegar no momento de formalizala inscrición o xustificante do ingreso sen o cal non poderá tramitarse a solicitude correspondente. Non poderán ratearse os importes por períodos inferiores aos establecidos no artigo anterior.

En todo o que non estea aquí previsto acudirase a ordenanza xeral de prezos públicos do Concello de Ordes.