Baña A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Artigo 1.º.-Fundamento.
O Concello da Baña establece a taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais, de conformidade co considerado no artigo 57 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación.
Artigo 2.º.-Concepto.
As taxas reguladas nesta ordenanza constitúen un ingreso de dereito público que será satisfeito polas persoas usuarias que soliciten a utilización das instalacións deportivas municipais.
Artigo 3.º.-Obrigadas ao pagamento.
Están obrigadas a pagar as taxas reguladas nesta ordenanza as persoas naturais xurídicas que soliciten utilizar as instalacións deportivas municipais, e as entidades, organismos, asociacións, federacións, clubs, etc., no nome dos cales se solicite autorización para utilizar as instalacións.
Artigo 4.º.-Tarifas.
A contía das taxas reguladas nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.
Tarifas.
4.1. Pavillón polideportivo cuberto.
Alugamento do pavillón de San Vicenzo: 8 €/hora.
Alugamento do pavillón de Lañas: 8 €/hora.
4.2. Campo de fútbol municipal.
Alugamento do campo de fútbol municipal: 100 €/partido.
Abono por 10 partidos: 650 €.
Abono por 15 partidos: 1.000 €.
Abono por 20 partidos: 1.300 €.
O alugamento ou cesión do uso concertarase exclusivamente con entidades, clubs deportivos ou federacións para disputar os encontros correspondentes a competicións federadas.
Artigo 5.º.-Exencións.
Estará exento do pagamento da taxa o Concello da Baña nas actividades organizadas ou patrocinadas por este. O patrocinio será sempre obxecto de previo acordo da Xunta de Goberno Local ou da resolución do alcalde.
Artigo 6.º.-Solicitudes de uso.
Os clubs, entidades, federacións etc., que desexen utilizar as instalacións deportivas municipais deberán solicitalo por escrito, con, polo menos, sete días de antelación, ante o Concello e expresarán os días e as horas que desexan efectuar a utilización e demais circunstancias que estimen oportunas.
As solicitudes debidamente tramitadas serán resoltas pola Xunta de Goberno Local, resolución do alcalde ou concelleiro delegado de deportes, se se delegase nel esta facultade.
Artigo 7.º.-Liquidación e recadación.
A liquidación da taxa efectuarase en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta.
A taxa devindicarase no momento de conceder a utilización das instalacións e a persoa encargada destas non as abrirá se non se presenta a autorización e o xustificante de que foran ingresadas as taxas.
A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez que transcorra o prazo considerado no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou a súa modificación expresa.
Disposición derrogatoria
A presente ordenanza derroga expresamente a ordenanza fiscal da mesma denominación aprobada polo Pleno e publicada no BOP número 22, do 2 de febreiro de 2011.