Fene - REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE FENE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE n.º 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunicades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.
O Parlamento de Galicia aprobou a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais, que regula o dereito de todas as persoas aos Servizos Sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir ese dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española de 1978 no seu artigo 9.3.
Aprobada a Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, recoñécelles o dereito ao servizo público de axuda no fogar ás persoas valoradas ao abeiro desta lei que teñan solicitado e concedido o Plan Individual de Atención para aplicación deste servizo.
O artigo 6.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, establece que as entidades locais de Galicia participarán na xestión dos servizos de atención ás persoas en situación de dependencia nos termos previstos na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servicios sociais de Galicia, no marco das competencias que a lexislación vixente lles atribúan.
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no seu artigo 11, como funcións dos servizos sociais comunitarios básico, recolle no apartado f) a xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.
O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais, da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.
Coa aprobación e publicación do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto, polo que de conformidade co marco normativo referenciado, o Concello de Fene, dentro das competencias que lle atribúe a normativa vixente, presenta este Regulamento, para aplicación no seu ámbito territorial, do Servizo Público de Axuda no Fogar.
CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.-Obxecto e definición.
1.-É obxecto do presente regulamento establecer o funcionamento e a xestión do servizo de axuda no fogar municipal ao abeiro da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar e do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
Este regulamento abranguerá os dous sistemas: o básico, de libre concorrencia e o de dependencia, este último ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia e demais normativa que o regula.
2.-Segundo o indicado na Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, no seu artigo 23 o servizo de axuda no fogar está constituído polo conxunto de actuacións levadas a cabo no domicilio das persoas en situación de dependencia co fin de atender as súas necesidades da vida diaria, prestadas por entidades ou empresas, acreditadas para esta función, e que poderán ser os seguintes:
a) Servizos relacionados coa atención persoal na realización das actividades da vida diaria.
b) Servizos relacionados coa atención das necesidades domésticas ou do fogar: limpeza, lavado, cociña ou outros. Estes servizos só poderán prestarse conxuntamente cos sinalados no apartado anterior.
Excepcionalmente e de forma xustificada, os servizos sinalados nos apartados anteriores, poderán prestarse separadamente, cando así se dispoña no Programa Individual de Atención, previa motivación pola administración competente na resolución de concesión da prestación.
Segundo o art. 3.º da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, ¿o servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar"
Segundo o artigo 9 do Decreto 99/2012 de 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento ¿Servizo de axuda no fogar (SAF), que ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo".
Artigo 2.-Obxectivos.
Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:
a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
e) Previr situacións de risco persoal e/ou conflictos familiares, así como situacións de dependencia ou exclusión social.
f) Retardar ou evitar a institucionalización.
g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
Artigo 3.-Tipoloxía.
1.-De conformidade coa valoración técnica que en cada caso se realice polos servizos sociais do concello, no marco do servizo de axuda no fogar, poderán prestarse os seguintes tipos de atencións de carácter básico:
a) Atención de carácter persoal na realización das actividades da vida diaria tales como:
- Asistencia para levantarse e deitarse.
- Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
- Apoio nos cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.
- Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:
- Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas e tratamentos.
- Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.
Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda
- Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
- Preparación de alimentos.
- Lavado e coidado das prendas de vestir.
- Coidados básicos da vivenda.
Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por servizos complementarios como lavandería ou xantar a domicilio.
d) Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.
2.-Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención:
- Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.
- Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de telesegimento, teleasistencia e similares
- Adaptacións funcionais do fogar.
- Servizo de podoloxía a domicilio.
- Servizo de fisioterapia a domicilio.
3.-Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e a calidade de vida.
4.-En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.
5.-En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:
- A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no Acordo de Servizo que se formaliza coa persoa usuaria e o concello.
- Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo
Artigo 4.-Persoas beneficiarias.
O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidades, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores en que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.
En todo caso, darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.
Artigo 5.-Dereitos das persoas usuarias.
As persoas usuarias do servizo, ademais dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen no artigo 6 da Lei 13/2008, do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, terán dereito:
1. A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
2. A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.
3. A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.
4. A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.
5. A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.
6. A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.
7. Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
8. A coñeceren a situación do seu expediente.
9. A seren informadas, de xeito craro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.
10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo.
11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego.
12. A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren reclamacións ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva.
Artigo 6.-Deberes das persoas usuarias.
As persoas usuarias, ademais dos deberes que con carácter xeral se contemplan no artigo 7 da Lei 13/2008, do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia e, se é o caso, na normativa sectorial vixente, terán os seguintes deberes:
1. Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.
2. Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.
3. Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.
4. Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.
5. Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.
6. Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.
7. Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.
8. A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puídese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.
9. Participar no pagamento do servizo nos termos que se establezan na ordenanza municipal.
10. Comunicar a obriga de adoptar medidas de protección por parte das persoas que presten o servizo en caso de enfermidades infectocontaxiosas
11. Non realizar cambios de horarios, tarefas, etcétera, sen autorización do técnico responsable do servizo
12. Cumprir estritamente as normas de funcionamento do servizo recollidas no artigo 11 deste regulamento.
CAPÍTULO II.-DA PRESTACIÓN DO SERVIZO
Sección 1.ª.-Disposicións comúns
Artigo 7.-Formas de prestación do servizo.
O servizo público de axuda no fogar será prestado polo Concello de Fene ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 8.-Requisitos específicos da prestación do servizo.
1.-Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:
Número de persoas usuarias | Persoal técnico mínimo |
50 a 99 | 1 técnico/a titulado/a xornada completa |
100 a 199 | 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
200 a 399 | 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa |
Incrementos sucesivos | Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa |
2.-O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3.-O seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimensual. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.
4.-O Concello de Fene, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos:
Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da entidade.
Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo IV desta ordenanza.
Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Fene e a persoa usuaria, segundo o Anexo V desta ordenanza.
Informes de seguemento periódicos, que terán un carácter bimensual, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.
5.-En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Sección 2.ª.-Da prestación do servizo
Artigo 9.-Modalidades e requisitos de acceso ao servizo.
9.1.-O acceso ao servizo de axuda no fogar producirase de acordo coas seguintes modalidades:
1. Acceso directo.-O acceso será prioritario e directo para aquelas persoas empadroadas e con residencia efectiva no Concello de Fene ás cales, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos establecido no título II do Decreto 15/2010.
Para estes efectos, o Concello de Fene procederá a dar de alta ás persoas en agarda de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos.
Para proceder ás altas no servizo de axuda no fogar, o persoal técnico poderá solicitar ás persoas interesadas que acheguen orixinal ou copia compulsada da resolución de concesión do PIA no que se lle recoñeza o citado servizo, con indicación da intensidade recoñecida, así como outra documentación necesaria para a formalización da documentación de alta.
As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.
2. Acceso de libre concorrencia.-Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento:
a) Presentación da solicitude no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Fene, segundo anexo 1, acompañada da seguinte documentación:
Fotocopia compulsada do DNI de todas as persoas convivintes.
No caso de existencia de menores, fotocopia compulsada do Libro de Familia ou Certificación Literal de Nacemento.
Copia da sentencia de separación, e/ou Acordo Regulador, no seu caso.
Informe médico en impreso cuxo modelo se facilitará e que consta como anexo III neste documento.
Fotocopia compulsada do certificado oficial de minusvalía vixente, e/ou notificación da valoración de dependencia positiva ou negativa, no seu caso.
Xustificantes económicos da persoa solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia, a saber: fotocopia da/s última/s declaración/s da renda das persoas físicas, nóminas e/ou contratos de traballo, recibo/s actualizado/s de pensión/s, vidas laborais, certificados do Inem e todos aqueles documentos que sexan solicitados polo persoal técnico co fin de aclarar a situación económica persoal e/ou familiar.
Certificación bancaria de intereses e retencións de todas as persoas que forman parte da unidade de convivencia correspondente ao ano inmediatamente anterior ao que se cursa a solicitude.
Certificación negativa ou positiva da Declaración de Patrimonio de todos os compoñentes da unidade de convivencia.
Contrato de alugueiro, no seu caso, e recibos pagados dos derradeiros 3 meses, ou recibos de amortización da vivenda, no seu caso, así como copia compulsada do recibo de contribución da vivenda.
Volante de empadroamento colectivo.
Certificados municipais de Rústica, Urbana e IAE, así como certificado de IVTM de tódalas persoas que integran a unidade de convivencia.
Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para emendar deficiencias, en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo. O prazo para presentar as solicitudes está aberto todo o ano.
b) Valoración das solicitudes presentadas por parte do/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo anexo I.
Transcorrido un prazo máximo de 3 meses, a contar dende o día seguinte ó que fora completada a documentación preceptiva, sen formalizarse a resolución, a persoa interesada deberá entender denegada a súa solicitude.
c) Resolución das solicitudes por Decreto de Alcaldía, podendo esta competencia ser delegada de conformidade co disposto no artigo 21.3 da Lei de Bases de Réxime Local, en función da orde de puntuación do Baremos Aplicable. En caso de empate de dúas ou máis solicitudes estas resolveranse priorizando a maior puntuación no apartado 1 a) e o menor nivel de recursos económicos do apartado 5). De persistir o empate se terá en conta a maior puntuación nos apartados 2 e 3 respectivamente.
A resolución fará indicación expresa do número de horas que se prestarán e a porcentaxe de financiamento da persoa usuaria sobre o custo total do servizo. No caso de ser desfavorable, o acordo deberá de motivar as razóns de denegación.
3. Acceso por urxencia sobrevida.-Nos casos de urxencia sobrevida, entendendo por tal os de aquelas persoas que se atopen nunha situación de extrema e urxente necesidade, previamente valorada polo persoal técnico de Servizos Sociais, mediante resolución motivada de Alcaldía ou órgano no que delegara procederase a iniciar de oficio a prestación do servizo de xeito inmediato, e sen prexuízo da posterior instrución do correspondente expediente.
A estes efectos, no prazo máximo dun mes dende o inicio da prestación, deberá cursarse a oportuna solicitude e aportar a documentación necesaria para a oportuna tramitación do expediente de libre concorrencia.
9.2.-As persoas que opten polo sistema de libre concorrencia deberán ademáis cumprir os seguintes requisitos:
- Empadroamento e residencia efectiva no Concello de Fene, cunha antigüidade mínima de 3 meses.
- Que se trate de persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo.
- Ter limitada en certa medida a autonomía persoal para a realización das Actividades Básicas da Vida Diaria (A.B.V.D.) e acadar un mínimo de 5 puntos no apartado 1-A) Automía Persoal no Baremo de Acceso.
- Carecer de familia en convivencia que se poida facer cargo da atención da persoa solicitante ou sufrir desatención familiar e acadar un mínimo de 3 puntos no apartado 2.)Apoio familiar e social, do Baremo de Acceso.
- Precisar o servizo de axuda no fogar por algunha das outras causas recollidas no Baremo de Acceso ao Servizo.
Artigo 10 .-Desenvolvemento da prestación do servizo.
1.-O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende a aplicación informática do Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia.
2.-Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio.
3.-A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requerido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.
Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse, por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado.
4.-Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo, asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo V desta ordenanza.
5.-O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo IV desta ordenanza (anexo II da Orde do 22 de xaneiro de 2009), que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimensual.
6.-Farase entrega á persoa usuaria, dunha copia dos dereitos e deberes recollidos na ordenanza municipal de axuda no fogar.
7.-Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa, o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.
8.-Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición, para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
9.-O departamento de servizos sociais do Concello abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos, a documentación prevista no artigo 8.4 deste regulamento.
10.-Para o seguimento do servizo poderanse realizar as seguintes actividades:
a) Supervisións individuais do/a traballador/a social responsable con cada un/unha dos/as auxiliares de axuda no fogar, cunha periodicidade quincenal ou a que se determine, que informarán verbalmente sobre a marcha do servizo, realización de actividades, cumprimento de obxectivos, problemáticas ou dificultades que se lles presentan no desenvolvemento do mesmo, etc. O/A auxiliar presentará por escrito os informes de inicidencias do traballo realizado se fose necesario.
b) Reunións grupais do conxunto das traballadoras donde se realizarán seguimentos e avaliación, información sobre programas, axudas e prestacións, coordinación en actuacións, directrices a seguir, recepción de demandas e suxestións do/as usuario/as e/ou dos/as profesionais implicados., etc. previa convocatoria do/a coordinador/a do programa.
c) Entrevistas individuais de seguimento cos/as usuarios/as e realización de visitas domiciliarias, coa finalidade de coñecer o grao de satisfacción co desenvolvemento do servizo, recoller suxestións, demandas, ou para a solución de calquera necesidade ou problemática presentada pola persoa usuaria ou familia.
Artigo 11.-Sobre as normas xerais de funcionamento do servizo.
A sinatura do Acordo entre a persoa usuaria e o Concello supón a aceptación do servizo nas condicións establecidas no mesmo no tocante á asignación de horarios, así como a aceptación das normas que rexen o funcionamento do mesmo e que son as seguintes:
En relación ao persoal de axuda no fogar:
a) A súa actuación no domicilio das persoas usuarias debe axustarse ao proxecto de intervención establecido polo persoal técnico responsable do Servizo de Axuda no Fogar, que será de obrigado cumprimento.
b) En ningún caso poderán levar a cabo:
- A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención.
- Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.
c) Non deberán facilitar o teléfono persoal nin o seu enderezo ás persoas que atenden, sendo as relacións entre ambos/as estritamente profesionais.
d) Non poderán utilizar o seu vehículo propio para os desprazamentos das persoas usuarias e/ou familia.
e) Non disporán de chaves dos domicilios nos que traballen, agás casos especiais nos que, previa solicitude escrita da persoa usuaria e/ou familia, conte coa autorización expresa dos Servizos Sociais do Concello.
f) En caso de baixa laboral por enfermidade, maternidade, vacacións do/a traballador/a ou outras causas, a persoa usuaria será atendida por outro/a profesional que se designe.
2. En relación ás persoas usuarias e ás súas familias:
a) Non poderán solicitar ao persoal auxiliar a realización de tarefas que non estén recollidas no correspondente proxecto de intervención
b)Non poderán realizar modificacións nos distintos aspectos do servizo: horarios, días de atención, etc... En caso de precisar algunha modificación as persoas usuarias deberán acudir aos Servizos Sociais, onde a persoa técnica responsable estudiará a demanda e, se fose oportuno, procederá a realizar os cambios solicitados.
c) Calquera queixa ou suxestión en relación ao servizo deberá poñerse en coñecemento do persoal técnico responsable e nunca será dirimida ou resolta directamente co persoal auxiliar de axuda no fogar.
d) As persoas usuarias terán dereito á suspensión temporal do servizo segundo as directrices establecidas no artigo 15.
e) Deberán colaborar e facilitar o traballo do persoal auxiliar de axuda no fogar en todo momento, proporcionándolles aqueles útiles precisos para levalo a cabo.
f) Colaborar no desenvolvemento axeitado das funcións de coordinación e seguimento encomendadas ao persoal técnico responsable do servizo.
3. En relación ao persoal técnico responsable do servizo:
a) Realizará supervisións individuais e reunións periódicas con todas as persoas auxiliares de axuda no fogar.
b) Corresponderalle a coordinación e seguimento do servizo, polo que as persoas usuarias do mesmo, deberán colaborar no desenvolvemento axeitado destas funcións.
c) Deberá informar ás persoas usuarias de calquera variación nos horarios, días de atención, auxiliares designadas, etc., que fose preciso realizar por causas xustificadas e obxectivas. Estas variacións deberán ser recollidas nun novo Proxecto de Intervención e, se fose necesario, nun novo Acordo do Servizo.
d) Deberá elaborar mensualmente un cadrante do servizo especificando horas prestadas e usuarios.
Artigo 12 .-Intensidade na prestación do servizo e horarios de atención.
1.-A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuídas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe social do departamento de servizos sociais.
2.-A intensidade da atención de cada persoa beneficiaria no sistema básico ou de libre concorrencia será determinada en función da valoración de cada caso e do Proxecto de Intervención que se determine por parte da traballadora social de referencia, sen que poida exceder, con carácter xeral, de 2 horas ao día ou 12 horas á semana. Os horarios de atención poderán abranguer de luns a sábado, ambos inclusive, en horario comprendido entre as 8,00 h. da mañá e as 15 h. do serán.
Nembargantes tanto os horarios como a intensidade serán determinados por parte da traballadora social e/ou equipo técnico do departamento, en función das necesidades reais de cada caso, tendo en conta as preferencias da persoa usuaria e/ou familia.
3.-A intensidade na prestación do servizo de axuda no fogar no sistema de dependencia determinarase en función do número de horas asignadas á persoa beneficiara a través do seu Programa Individual de Atención (PIA) aprobado e notificado por parte da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e do Programa de Asignación de Recursos (PAR).
O Concello de Fene respectará a orde de prelación do PAR e prestará as horas asignadas pola Xunta, agás renuncia por escrito por parte da persoa usuaria e/ou familia ou agás que o Concello non dispoña do total de horas mensuais asignadas libres. Neste último caso o Concello ofertará á persoa usuaria o máximo de horas que poida prestarlle.
A aplicación horaria será flexible e conforme co Proxecto de Intervención, de maneira que se garanta a cobertura das necesidades de atención para a realización das actividades da vida diaria, ademais dos días laborais, as fins de semana e festivos.
O horario abranguerá entre as 7.00 da mañá e as 22 horas do serán; en todo caso, se establecerá o horario máis axeitado tendo en conta as preferencias da persoa usuaria e/ou familia.
Artigo 13.-Da participación das persoas beneficiarias na financiación do servizo.
De acordo co establecido na Lei 13/2008 de 3 de decembro de servizos sociais de Galicia, no seu artigo 56.1. ¿Acordarase, de ser o caso, a achega das persoas usuarias ao financiamento dos servizos sociais mediante o establecemento dun sistema de prezos públicos..." e no artigo 56.2.-¿A Administración, para determinar a participación das persoas usuarias no financiamento do sistema, terá en conta, nos baremos que regulamentariamente se establezan, a natureza do servizo, o custo de referencia e a capacidade económica da persoa usuaria, especialmente, o seu nivel de renda e o sector de poboación a quen se dirixa a prestación do servizo"
Consonte ao establecido pola Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia e resto de normativa que a desenvolve, os/as beneficiarios/as deste servizo participarán na financiación do mesmo en función da súa capacidade económica persoal, pagando as cotas que se establezan a través da aplicación da correspondente ordenanza fiscal.
Seguindo as directrices do artigo 58.1.c) do Decreto 99/2012 do 16 de marzo polos que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento: ¿As corporacións locais aprobarán e xestionarán o sistema de contribución ao financiamento do servizo por parte das persoas usuarias, en función da capacidade económica destas, de acordo co establecido nos artigos seguintes e na normativa específica de aplicación"
Artigo 14.-De como se establecerán as cotas de participación.
Para establecer as cotas de participación das persoas usuarias do servizo, utilizaranse 2 criterios diferentes, que se recollerán na correspondente Ordenanza Fiscal.
1.-No que respecta ao sistema básico, o departamento de servizos sociais, a través da traballadora social que corresponda, fará a valoración das circunstancias económicas e o establecemento da cota que lle corresponda aboar en función do baremo que para tal fin se aprobe na Ordenanza Fiscal correspondente
2.-No que respecta ao sistema de dependencia, aplicarase a capacidade económica que determine a Xunta de Galicia e comunique ao concello explicitamente a través do Servizo de Atención á Dependencia, polas vías establecidas.
3.-En ambos casos, a persoa usuaria e/ou familia, deberá aceptar previamente o pago da cota como condición básica para que se lle poda prestar o servizo de axuda no fogar.
Artigo 15.-Da suspensión do servizo.
As persoas beneficiarias terán dereito á suspensión temporal do servizo nos supostos e termos establecidos neste artigo, previa solicitude por escrito ante o Rexistro Xeral de Entrada.
Na solicitude terase que especificar as causas que motivan a ausencia e deberá estar cursada con 10 días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles.
a) Son causas de suspensión temporal do servizo por libre concorrencia as que seguen:
1. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses,debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a ausencia.
2. Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causante da suspensión.
b) Son causas de suspensión temporal do SAF-dependencia:
1. O internamento da persoa beneficiaria nunha institución sanitaria,
2. Estadía temporal nun centro de atención residencial
3. Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá ser suspendido por un período máximo de dous meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a ausencia.
Artigo 16.-Da modificación e extinción do servizo.
a) As persoas usuarias do servizo poderán solicitar modificacións na prestación do seu servizo. Estas solicitudes deberanse cursar por escrito, presentándose no rexistro xeral de entrada do concello.
Unha vez estudada a petición, e de ser posible, procederase á concesión do servizo coas modificacións solicitadas, extremo que se comunicará por escrito e que se reflectirá no correspondente Proxecto de Intervención. En caso contrario, notificarase a denegación ou ben quedará á agarda de poder facerse efectivo o cambio.
b) Son causas de extinción do servizo as seguintes:
- SAF básico:
1. A renuncia da persoa usuaria.
2. Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.
3. Falecemento da persoa usuaria.
4. Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.
5. A falta reiterada de pagamento das cotas do servizo.
6. Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.
- SAF-Dependencia:
1. O falecemento, ou declaración de falecemento, da persoa en situación de dependencia.
2. A renuncia expresa da persoa en situación de dependencia ou do seu representante. Entenderase igualmente por renuncia non proceder á alta no servizo no prazo fixado por causa imputable á persoa usuaria.
3. A perda dalgún dos requisitos esixidos na normativa vixente para a súa percepción.
4. A ocultación ou falsidade nos datos e/ou documentos que deben ser tidos en conta para a concesión do servizo que determinase a imposibilidade do seu desfrute ou a variación nas condicións deste.
5. A percepción doutra prestación incompatible.
6. A revisión do programa individual de atención no cal se determine outra modalidade de intervención.
7. O traslado definitivo da súa residencia a outro municipio ou provincia, cando este traslado signifique a imposibilidade de prestar o servizo, así como nos supostos de traslado definitivo da súa residencia a outra Comunidade Autónoma.
8. O incumprimento dos deberes e obrigas establecidos para as persoas usuarias dos servizos que signifique a imposición dunha sanción que implique a extinción da prestación do servizo, conforme a normativa vixente.
9. O transcurso do prazo máximo establecido para a suspensión do servizo sen que a persoa beneficiaria se incorpore ao seu desfrute do mesmo.
10. Por calquera outra causa establecida para o efecto na normativa vixente.
c) Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social.
d) Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar asignado a persoas en situación de dependencia na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte o establecido no Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, a incoación, por parte do Concello de Fene, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para dictar resolución de Programa Individual de Atención.
e) A extinción das condicións de prestación do servizo requirirá resolución do órgano competente, previa tramitación do correspondente expediente, no que se dará audiencia, nos termos procedentes, á persoa interesada.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
En todo o non previsto no presente regulamento, será de aplicación o disposto na Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia e e a normativa estatal e autonómica que a desenvolve.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente regulamento entrará en vigor unha vez publicado integramente no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo establecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Coa entrada en vigor do presente regulamento quedará derrogado o regulamento do servizo de axuda a domicilio para persoas en situación de dependencia valorada publicado no BOP o 11 de decembro de 2008 e o regulamento do servizo de axuda no fogar (SAF) publicado no BOP o 27.1.1999.
ANEXOS
ANEXO I
BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA
Apartado 1) Autonomía persoal:
A) Valoración por autonomía persoal (puntuaranse un máximo de 3 factores, máximo de 15 puntos) | Puntuación |
Presenta dificultades para o aseo persoal | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para vestirse/desvestirse | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para levantarse e deitarse | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para comer pola súa man | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para o control de esfínteres e o uso do WC | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para o desprazamento pola vivenda | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para a realización das tarefas domésticas | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para a preparación de comidas | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para a atención da roupa: lavar, poñer lavadora, tender e/ou recoller, pasar o ferro e outras. | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para a súa autoprotección | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para a organización da casa, xestión do orzamento familiar, normas, cumprimento de horarios e rutinas básicas, toma de medicación, etc. | De 0 a 5 |
Presenta dificultades para sair do domicilio | De 0 a 5 |
B) Táboa equivalencias para a valoración do nivel de autonomía persoal | |||||||||
De 33% a 64% de discapacidade | De 65% a 74% de discapacidade | 75%-100% | 81%-87% | 88%-93% | 94%-100% | Grado de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP o BVD | |||
75%-100% discapacidade e ata 14 ptos. ATP | 75%-100% discapacidade e 15-29 ptos. ATP | 75%-100% discapacidade e 30-44 ptos. ATP | 75%-100% discapacidade e 45- 72 ptos. ATP | Grado de Discapacidade + Axuda Terceira persoa. ATP RD 1971/1999 | |||||
75% discapacidade e 24 ptos. BVD | 25-39 ptos. BVD | 40-49 ptos. BVD | 50-64 ptos. BVD | 65-74 ptos. BVD | 75- 89 ptos. BVD | 90- 100 ptos. BVD | Grado de Discapacidade + Axuda Terceira persoa. Puntuación BVD (RD 504/2007) | ||
Grao I Nivel 1 | Grao I Nivel 2 | Grao II Nivel I | Grao II Nivel 2 | Grao III Nivel 1 | Grao III Nivel 2 | Situación da dependencia Decreto 176/2007 | |||
5 ptos. | 10 ptos. | 14 ptos. | 20 ptos. | 24 ptos. | 30 ptos. | 32 ptos. | 38 ptos. | 40 ptos. | PUNTUACION AUTONOMIA PERSONAL |
TOTAL PUNTOS DE AUTONOMIA PERSOAL |
Apartado 2) Apoio familiar e social:
Valoración por apoio familiar e social (máximo de 20 puntos) | Puntuación |
A persoa vive soa, carece de familiares e /ou redes distintas de apoio | 20 puntos |
A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes | 18 puntos |
A persoa convive con persoas sen capacidade para atendelo Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos) Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos) Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos) Con incapacidade para organizarse (3 puntos) | Ata 12 puntos |
Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades, convivintes ou non coa persoa solicitante. | 8 puntos |
Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelo/a no mesmo concello ou a menos de 20 km. | 5 puntos |
Persoa que está ben atendida// Ou en convivencia con persoas válidas con capacidade de axuda. | 0 puntos |
TOTAL PUNTOS POR APOIO SOCIAL |
Apartado 3) Situación familiar/socializacion menores
Valoración situación familiar/socialización menores (máximo 20 puntos) | Puntuación |
3.1.-CONFLICTO | Máximo 4 puntos |
Con membro xerador de conflito de nivel moderado | 1 puntos |
Con membro xerador de conflito de nivel grave | 2 puntos |
Con máis de 1 membro xerador de conflito de nivel moderado | 3 puntos |
Con máis de 1 membro xerador de conflito de nivel grave | 4 puntos |
3.2.-LIMITACIÓN DE ROL | Máximo 2 puntos |
Familias en que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atención aos menores | 2 puntos. |
3.3.-MONOPARENTALIDADE | Máximo 2 puntos. |
Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...), non poidan atender aos menores | 2 puntos. |
3.4.-HABILIDADES PARENTAIS | Máximo 2 puntos |
Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administración dos orzamentos, ausencia de roles, organización...) | 2 puntos. |
3.5.-NÚMERO DE MENORES | Máximo 10 puntos. |
Un menor | 3 puntos |
Dous menores | 5 puntos |
Tres menores | 7 puntos |
Catro ou máis menores | 10 puntos. |
TOTAL PUNTOS POR SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES |
Apartado 4) Outros aspectos sociais
Valoración por outros aspectos sociais (máximo total 20 puntos) | Puntuación |
4.1.-VIVENDA | Total 10 puntos |
Non hai luz eléctrica | 1 punto |
Non hai auga corrente | 1 punto |
Non posúe WC | 1 punto |
Non posúe cuarto de baño completo | 1 punto |
Non ten neveira | 1 punto |
Non ten quentador | 1 punto |
Non ten lavadora | 1 punto |
Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade | 1 punto |
Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda | 1 punto |
Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda | 1 punto |
4.2.-INTEGRACIÓN NO CONTORNO | Total 10 puntos. |
Situación de illamento ou de rexeitamento | 10 puntos. |
Ausencia de relacións sociais | 6 puntos. |
Existen escasas relacións coas persoas do contorno | 4 puntos |
Integración axeitada no contorno | 0 puntos |
TOTAL PUNTOS POR OUTROS ASPECTOS SOCIAIS |
Apartado 5) Condicións económicas da unidade de convivencia: Valoración doutros aspectos económicos (máximo de 30 puntos)
Para persoas que vivan soas. Nivel de renda media-renda percápita: | Puntuación | |
Ate o 75% so IPREM Ate 399,38 euros mensuais e ate 5.591,32 euros anuais. | 30 puntos | |
Superior ao 75 e ate o 100% do IPREM Superior a 399,38 e ate 532, 51 euros mensuais. Superior a 5.591,32 e ate 7.455,14 euros anuais. | 25 puntos | |
Superior ao 100% e ate o 125% do IPREM Superior a 532,51 e ate 665,63 euros mensuais Superior a 7.455,14 e ate 9.318,82 euros anuais | 20 puntos | |
Superior ao 125% e ate o 150% do IPREM Superior a 665,63 e ate 798,76 euros mensuais Superior a 9.318,82 e ate 11.182,64 euros anuais | 10 puntos | |
Superior ao 150% e ate o 175% do IPREM Superior a 798,76 e ate 931,89 euros mensuais Superior a 11.182,64 e ate 13.046,46 euros anuais | 8 puntos | |
Superior ao 175 e ate o 200% do IPREM Superior a 931,89 e ate 1.065,02 euros mensuais Superior a 13.046,46 e ate 14.910,28 euros anuais | 5 puntos. | |
Superior ao 200% e ate o 225% do IPREM Maior de 1.065,02 e ate 1.198,14 euros mensuais Maior de 14.910,28 e ate 16.773,96 euros anuais. | 2 puntos. | |
Maior do 225% do IPREM Maior de 1.198,14 euros mensuais e 16.773,96 euros anuais. | 0 puntos. |
Para 2 persoas en unidade de convivencia. Nivel de renda media-renda percápita: | Puntuación |
Ate o 60% do IPREM Ate 319,50 euros mensuais Ate 4.473 euros anuais. | 30 puntos |
Superior ao 60 e ate o 75% do IPREM Superior a 319,50 e ate 399,38 euros mensuais Maior de 4.473 e ate 5.591,32 euros anuais | 25 puntos |
Superior ao 75% e ate o 100% do IPREM Superior a 399,38 e ate 532, 51 euros mensuais Maior de 5.591,32 e ate 7.455,14 euros anuais | 20 puntos |
Superior ao 100% e ate o 125% do IPREM. Superior a 532,51 e ate 665,63 euros mensuais Maior de 7.455,14 e ate 9.318,82 euros anuais | 10 puntos |
Superior ao 125 e ate o 150% do IPREM. Superior a 665,63 e ate 798,76 euros mensuais Maior de 9.318,82 e ate 11.182,64 euros anuais | 8 puntos |
Superior ao 150 e ate o 175% IPREM Superior a 798,76 e ate 931,89 euros mensuais Maior de 11.182,64 e ate 13.046,46 euros anuais | 5 puntos |
Superior ao 175 e ate o 200% do IPREM Superior a 931,89 e ate 1.065,02 euros mensuais Superior a 13.046,46 e ate 14.910,28 euros anuais | 2 puntos. |
Superior ao 200% IPREM, máis de 1.065,02 euros mensuais e 14.910,28 euros anuais. | 0 puntos. |
Para 3 ou máis persoas en unidade de convivencia. Nivel de renda media-renda percápita: | Puntuación |
Ate o 50% do IPREM: Ate 266,25 euros mensuais Ate 3.727,50 euros anuais | 30 puntos |
Superior ao 50 e ate o 60% do IPREM: Superior a 266,25 e ate 319,50 euros mensuais Superior a 3,727,50 e ate 4.473 euros anuais. | 25 puntos |
Superior ao 60 e ate o 75% do IPREM Superior a 319,50 e ate 399,38 euros mensuais Maior de 4.473 e ate 5.591,32 euros anuais | 20 puntos |
Superior ao 75% e ate o 100% do IPREM Superior a 399,38 e ate 532, 51 euros mensuais Superior a 5.591,32 e ate 7.455,14 euros anuais | 10 puntos |
Superior ao 100% e ate o 125% do IPREM Superior a 532,51 e ate 665,63 euros mensuais Superior a 7.455,14 e ate 9.318,82 euros anuais. | 8 puntos |
Superior ao 125% e ate o 150% do IPREM Superior a 665,63 e ate 798,76 euros mensuais Superior a 9.318,82 e ate 11.182,64 euros anuais. | 5 puntos. |
Superior ao 150 e ate o 175% IPREM Superior a 798,76 e ate 931,89 euros mensuais Maior de 11.182,64 e ate 13.046,46 euros anuais | 2 puntos |
Superior ao 175% IPREM, máis de 931,89 euros mensuais e 13.046,46 euros anuais | 0 puntos |
TOTAL PUNTUACIÓN ECONÓMICA | |
PUNTUACIÓN FINAL DO BAREMO: |
ANEXO II
SOLICITUDE DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR MUNICIPAL (S.A.F.)
Nome e apelidos: | |
DNI: | |
Data de nacemento: | |
Enderezo: | |
Teléfono de contacto: | |
Representante legal: |
E X P Ó N:
Que cumpre cos requisitos de acceso establecidos no Regulamento Municipal para o Servizo de Axuda no Fogar.
1. Que lle gustaría acollerse ao Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Fene.
Por todo isto e en aplicación ao Regulamento Municipal do SAF e Ordenanza Reguladora do Servizo,
S O L I C I T A :
Que lle sexa concedido o Servizo de Axuda no Fogar a través do Sistema Básico, de libre concorrencia.
Asemade presenta a documentación solicitada e referida ao dorso.
Fene, _________ de______________de 20__
Sinatura do/a solicitante:
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FENE (A CORUÑA)
ANEXO III
MODELO DE INFORME MÉDICO
D./na. _______________________________________________________________, colexiado/a n.º ___________, Centro de Saúde: ________________________________
I N F O R M A
Que o/a paciente D./na. _________________________________________________,
Presenta as seguintes patoloxías diagnosticadas:
..............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
Polo que precisaría axuda externa para as seguintes actividades:
...................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
En Fene, a ________________ de ___________________ de 20________.
Sinatura do/a colexiado/a
ANEXO IV
PROXECTO DE INTERVENCIÓN
1. Datos de identificación do expediente.
Expediente | Intervención | Data solicitude | Data inicio | |
Sector de referencia | Ámbito de atención | Núm. total persoas usuarias | ||
Nome e apelidos | Data nacem. | DNI | Sexo | E. C. |
Proxecto | Data proxecto | Data fin de proxecto | ||
Antecedentes:
2. Atención a prestar: días da semana e horario.
L | M | M | X | V | S | D | Total horas/semana | Horario |
Total horas/semana | ||||||||
Total horas/mes |
Tipo de servizo a prestar: Perfil d@s profesionais:
3. Existencia doutros servizos/apoios prestados a domicilio:
4. Obxectivos específicos e tarefas que se propoñen:
Obxectivos do servizo proposto:
Tarefas a realizar:
5. Periodicidade do seguimento:
Fene, .... de .... de 20....
A traballadora social:
ANEXO V
ACORDO DO SERVIZO
Reunidos en Fene o día _________, dunha parte don/dona _____________, con domicilio en FENE (A Coruña)
Doutra _______________________, como traballadora social encargada da xestión do Servizo de Axuda no Fogar de FENE
ACORDAN:
Que o Concello de FENE, prestará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), á persoa arriba citada, dende o día ________ nas condicións detalladas a continuación.
1. Que o SAF se prestará por un total de ______ horas mensuais. A programación horaria determinarase no Proxecto de Intervención correspondente.
2. Que a traballadora familiar será a designada no Proxecto de Intervención.
3. Que atendendo á Orde do 22 de Xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar, a Ordenanza Fiscal Municipal, que regula o prezo público de participación no SAF, e á aplicación do baremo que corresponde, a persoa usuaria comprométese a aportar ______ euros por hora de servizo prestado (% do custe total) como contribución ao custe do servizo.
4. Que a persoa usuaria acepta domiciliar o abono da taxa do SAF establecido no punto anterior, na entidade bancaria da súa selección, no número de conta autorizada para tal efecto.
5. Que as tarefas e obxectivos do servizo determinaranse no Proxecto de Intervención.
6. Que as modificacións que puidese haber nas condicións inicialmente estipuladas neste Acordo, deberán ser recollidas nun documento novo sendo anexado ao acordo orixinal.
7. Que o servizo se prestará atendendo ás condicións reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2009 que regula o Servizo de Axuda no Fogar e Regulamento e Ordenanza municipal sobre o SAF, onde están recollidos os dereitos e obrigas da persoa usuaria, baixas temporais e causas de extinción; así como as normas xerais de servizo do que se achega copia.
Ambas partes dan a súa conformidade ao presente Acordo de prestación do SAF e asínano en Fene o día ___________
A persoa usuaria ou familiar A traballadora social do Concello
Asdo: Asdo: ¿
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A modificación do regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.