Val do Dubra - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización do polideportivo municipal
Artigo 1.-Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución e polo art.106 da Lei 7/85 reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 18 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello establece a taxa pola utilización do polideportivo municipal, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización do polideportivo municipal.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servizo que constitúe o feito impoñible desta taxa.
Artigo 4.-Exencións, reducións e bonificacións.
Estarán exentos do pago desta taxa as utilizacións das instalacións deportivas que se realicen polos seguintes motivos:
a) Para impartir as clases de educación física, polos Colexios ou centros docentes existentes neste Municipio.
b) Para a celebración de campionatos escolares, ou outras probas onde participen xoves escolarizados no Municipio
c) Para actividades deportivas ou culturais organizadas polo Concello.
d) Para actividades propias das Escolas Deportivas así recoñecidas polo Concello.
Poderán outorgarse bonificacións sobre o importe das tarifas ou eximir totalmente do pago cando se traten de actividades de interese público. Dito interese será obxecto de previo acordo da Comisión de Goberno ou de Resolución da Alcaldía e solicitarase mediante escrito dirixido ó alcalde cunha antelación mínima de dez días ao de realización da actividade.
Artigo 5.-Cota tributaria.
¿Actividades lúdicas e gratuítas de 17.30 a 18.30 (escolares ata 14 anos)
Uso do ximnasio:
- Bono mensual: veciños, 6 €. Non empadroados: 10 €
- Bono trimestral: veciños, 15 €. Non empadroados: 25 €
- Bono por día: veciños, 1 €. Non empadroados: 3 €
Actividades de grupo na pista deportiva, segundo dispoñibilidade:
- Veciños, 6 €/hora. Non empadroados: 10 €/hora
Competicións sen entrada libre: 20 €/hora
Adestramentos dos clubs federados do Concello:
- Unha xornada gratuíta á semana; resto de adestramentos: 6 €/hora.
- Adestramento de clubs federados de fora do Concello: 10 €/hora
Espectáculos deportivos especiais e culturais alleos ao Concello:
- Con entrada libre: 18 €/hora
- Sen entrada libre: 30 €/hora
Actividades non deportivas, segundo dispoñibilidade:
- 20 €/hora
- Día completo 200 €/hora
Artigo 6.-Devindicación e período impositivo.
A devindicación da presente taxa terá lugar no momento en que se presente a solicitude de utilización que constitúe o feito impoñible.
Artigo 7.-Ingreso.
Agás os bonos diarios (que se poderán adquirir no polideportivo) o pagamento tramitarase no Concello con ingreso bancario."
Os suxeitos pasivos deberán aboar as tarifas ó obter a correspondente autorización de uso, xustificando tal extremo cando accedan ó polideportivo.
Artigo 8.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
Disposición final
A presente Ordenanza fiscal derroga a Ordenanza fiscal n.º 17, reguladora da taxa por utilización do polideportivo municipal, aprobada polo Pleno de data 14 de abril de 2003.