Pontedeume - ORDENANZA REGULADORA DA TENZA, DEFENSA E PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA E POTENCIALMENTE PERIGOSOS DO CONCELLO DE PONTEDEUME

Publicación provisional: 07/03/2016 BOP Nº: 44
Publicación definitiva: 27/04/2016 BOP Nº: 79
Aplicable dende: 27/05/2016

ÍNDICE

Introdución       

Título Preliminar             

CAPÍTULO I       

Disposición xeral            

Artigo 1.º           

Artigo 2.º Definicións

Artigo 3.º Identificación

Artigo 4.º Licenza

CAPÍTULO II      

Dos rexistros    

Artigo 5.º Rexistro municipal

CAPÍTULO III     

Da tenza e das obrigas das persoas propietarias, posuidoras e veterinarios/as 

Artigo 6.º Da tenza

Artigo 7.º Das obrigas das persoas propietarias

Artigo 8.º Das obrigas dos/as veterinarios/as

Artigo 9.º Obrigas de identificación

Artigo 10.º Sistema de identificación

Artigo 11.º Procedemento de identificación

Artigo 12.º Obrigas das persoas posuidoras en materia hixiénico-sanitaria

Normas sanitarias          

Artigo 13.º Obrigas das persoas posuidoras en materia de seguriade cidadá

Artigo 14.º Presencia de animais na vía pública e establecementos públicos

Artigo 15.º Traslado e prohibicións

CAPÍTULO IV    

Dos cans abandonados ou vagabundos               

Artigo 16.º Dos cans abandonados ou vagabundos

CAPÍTULO V      

Da esterilización             

Artigo 17.º Da esterilización

CAPÍTULO VI    

Das infraccións e sancións          

Artigo 18.º Das infraccións e sancións

Artigo 19.º As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves

Artigo 20.º Prescripción das infraccións

Artigo 21.º Sancións e multas

Artigo 22.º Das sancións non pecuniarias

Artigo 23.º Graduación das sancións

Disposicións transitorias             

Primeira             

Segunda             

Terceira              

Cuarta 

Disposición derrogatoria             

Disposición final

Introdución

Esta ordenanza intenta recoller e respectar os dereitos dos animais, así como contemplar a lexislación comunitaria, nacional e autonómica no referente á identificación e censo dos animais de compañía e os Potencialmente perigosos, a responsabilidade civil da súa tenza e o control sanitario dos animais.

A lexislación sobre a protección animal en Galicia recolle disposicións destinadas a garantir unha axeitada convivencia entre persoas e animais que habitan na contorna humana, establecendo unha serie de obrigas ás persoas posuidoras como responsables finais das accións dos animais baixo a súa custodia.

No ámbito estatal cómpre sinalar a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, que foi promulgada con base nas competencias asignadas ó Estado no artigo 149.1.29.º da Constitución española, e motivada pola proliferación da tenza de animais que pola súa tipoloxía e conduta son susceptibeis de xerar un perigo para as persoas, outros animais e para as cousas, incrementado en determinadas ocasións por un adestramento que potencia as súas características específicas.

Co fin de garantir axeitadamente a seguridade e protección de persoas, animais e bens, e, así mesmo, a pacífica convivencia entre persoas e animais, é preciso regular condicións para a tenza de animais que poidan constituír un potencial perigo, ben pola súa tipoloxía racial concreta, ben por unha modificación de conducta por carecer de educación (entendida esta como proceso de socialización) ou por ser esta inadecuada, ou ben polas condicións ambientais ás que son sometidos por parte dos seus propietarios, creadores e posuidores, estes últimos como responsables finais das accións dos animais baixo a súa custodia.

A revisión da ordenanza municipal en vigor, pretende regularizar a tenza dos animais potencialmente perigosos, intentando facer compatible a seguridade e integridade física da cicadanía de Pontedeume con respecto ó uso e deleite da tenza destes animais.

Regúlase nesta ordenanza, a definir e clarificar conceptos presentes ó longo do articulado e dedicando un artigo desta ordenanza á licenza municipal.

Título preliminar

A)

- Lexislación básica:

- Constitución española de 1978.

- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladores das bases de réxime local.

- Lei xeral de sanidade de 1986.

- Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

B)

- Lexislación específica:

- Lei 8/2014 de 26 de setembro de reforma da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

- Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Cans-guía (¿lazarillo"): Real decreto 3250/83, 7 de decembro.

- Núcleos zoolóxicos: Orde 30-07-1980; Decreto 1119/75, do 24 de abril.

- C)

- Lexislación subsidiaria estatal:

- Lei do 20 de decembro de 1952. Lei de epizootias.

- Decreto do 4 de febreiro de 1995. Regulamento epizootias.

- Orde do 5 de decembro de 1974, que contempla a lexislación anterior en materia de recollida de cans.

- Orde do 14 e xuño de 1976, modificada por Orde do 16 de decembro de 1976.

- Ordenanza xeral de limpeza deste Concello. Capítulo V.

CAPÍTULO I. Disposición xeral

Artigo 1.

A presente ordenanza establece a normativa municipal de protección e regulación específica dos animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos, no término municipal de Pontedeume.

Entre a regulación incluídas establécense as interrelacións entre as persoas e os animais domésticos, facendo compatible a coexistencia dos animais cos seres humanos coa prevención dos posibles riscos para a hixiene ambiental, a saúde e a seguridade de persoas, animais e bens.

Con tal finalidade, a ordenanza ten en conta tanto as molestias e perigos que poden ocasionar os animais domésticos como o valor da súa compañía para un gran número de persoas e a axuda que poidan prestar polo adestramento e a dedicación.

Quedan excluídos desta ordenanza por rexerse pola súa propia normativa:

a) A caza.

b) A pesca.

c) A protección e conservación da fauna silvestre no seu medio natural.

d) Os touros e espectáculos taurinos tradicionais.

e) A gandería entendida como cría de animais con fins de abasto.

Artigo 2.-Definicións.

1.º.-Para os efectos desta ordenanza enténdese por:

a) Animais de compañía.

Son animais de compañía os que se crían e reproducen coa finalidade de vivir cos seres humanos e cos fins educativos sociais ou lúdicos, sen ningunha actividade lucrativa, en especial todas as subespecies e variedades de gatos (Felis catus) e todas as subespecies de cans (Canis familiaris).

b) Animais potencialmente perigosos.

Para os efectos desta ordenanza enténdese por animais potencialmente perigosos, no ámbito territorial deste Concello de Pontedeume, todos aqueles que pertencendo á fauna autóctona ou alóctono, independentemente da súa condición, natureza, especie ou raza á que pertencen, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasionar a morte, ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás cousas.

c) Exclusións.

Quedan excluídos da regulación desta ordenanza os animais destinados ó traballo ou a proporcionar carne, pel ou algún outro producto útil para o home, os que se regulan por outras disposicións. Tamén se exclúen os animais de experimentación e para outras finalidades científicas.

d) Outros animais domésticos.

A tenza de outros animais domésticos, non cualificados como de compañía, de animais exóticos e/ou salvaxes en domicilios particulares, estará sometida á autorización expresa deste Concello, sempre que se cumpran as condicións seguintes:

Os/as propietarios/as de animais pertencentes a especies permitidas polos tratados internacionais e ratificado polo Estado español, han de acreditar a súa procedencia legal. En ningún suposto se permite a posesión de animais salvaxes de manifesta agresividade ou potencialmente perigosos, así como de animais susceptibles de poder provocar envelenamentos pola súa trabada ou picadura (Lei 1/93).

2.º -Entenderase por cans potencialmente perigosos aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes:

a) Cans que tivesen algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.

b) Cans que fosen adestrados para a garda e defensa.

c) Cans que, polas súas características raciais, puidesen seren aptos para o adestramento, para a garda e defensa e, en concreto, os pertencentes ás razas seguintes:

American stafforshire terrier/ Pit bull terrier/ Bullmastif/ Doberman / Dogo arxentino/ Dogo de Bordeos/Dogo do Tíbet/ Fila brasileiro/ Mastín napolitano/ Presa canario/ Presa mallorquino (can de Bou)/ Rotweiler/Staffordshire bull terrier/ Tosa inu/ Akita inu

Tamén serán considerados neste apartado os cruzamentos en primeira xeración destes, cruzamentos destas razas entre si ou cruzamentos deste con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.

d) Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A dita agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou logo da notificación ou denuncia e logo de informe dun adestrador/a ou veterinario/a designado/a para o efecto.

Artigo 3.º.-Identificación.

Os propietarios, criadores ou tenedores de animais potencialmente perigosos terán a obriga de identificar e rexistrar aos mesmos.

No caso dos animais de especie canina a identificación coa debida garantía é obrigatoria sen excepcións.

A efectos da presente ordenanza considerarase:

a) Marcaxe.

Acto cirúrxico que consiste en implantar ou asignar a un animal un código de identificación individual que o permita diferenciar doutro animal.

b) Identificación.

Dotar a un animal dunha marca que o permita recoñecer e probar a súa identidade.

c) Identificación definitiva.

Dotar a un animal dunha marca indeleble, fiable, estandarizada, duradeira e practicamente inviolable, que permita recoñecer e probar a súa identidade.

d) Sistema de identificación.

Medio que se utiliza para marcaxe dun animal para os efectos de poder recoñecelo e probar a súa identidade.

Artigo 4.º.-Licenza.

a) A tenza de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos requirirá a obtención previa dunha licenza administrativa outorgada polo Concello de residencia do solicitante, propietario/a do animal respectivo, nos termos previstos no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, e ó Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, da Consellería de Medio ambiente da Xunta de Galicia.

Os requisitos para ser titular dal licenza administrativa, que será persoal e intransferible do dono/a do animal potencialmente perigoso son:

- Ser maior de idade e non estar incapacitado para proporcionar os coidados necesarios ao animal

- Non ter sido condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a libertade e contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada o de narcotráfico, así como ausencia de sancións por infraccións en materia de tenencia de animais potencialmente perigosos.

- Estar o/a dono/a do animal en condicións de obter o certificado positivo/apto de aptitude psicolóxica.

b) Esta licenza deberá ser renovada cada cinco anos, coa finalidade de comprobar que o/a interesado/a segue a cumprir os requisitos que se lle esixiron para a súa obtención.

c) Os/as donos/as dos animais potencialmente perigosos subscribirán un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de cento vinte e cinco mil euros (125.000 euros), que se renovará anualmente, pola súa responsabilidade derivada dos danos que o animal poida causar a terceiros, aínda que o animal fose cedido a outra persoa para o seu coidado. A constitución do citado seguro será requisito indispensable e previo para a identificación dos animais e inscrición no Rexistro municipal.

A licenza de duración quinquenal quedará condicionada á presentación da renovación anual da póliza do seguro de responsabilidade civil. No caso de non ser presentada e o xustificante da póliza que obre no expediente non se atope en vigor levará consigo a perda da eficacia administrativa da licenza concedida.

d) A obtención da licenza para a tenza de animais salvaxes en catividade, considerados como potencialmente perigosos, requirirá, ademais dos requisitos especificados no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, a presentación dunha memoria descritiva das instalacións e das medidas de seguridade utilizadas para impedir a fuxida dos animais. A dita memoria deberá estar subscrita por veterinarios/as, biólogos/as ou outros/as facultativos superiores ou medios nos que nos seus plans de estudios queda acreditado o coñecemento ou estudio da etoloxía animal.

e) Para a obtención da licenza, deberán presentar xunto coa instancia oficial no modelo tipo que se lle entregará neste Concello onde se farán constar os seguintes apartados:

1. Información de carácter obrigatorio a indicar na solicitude:

- Nome e apelidos do/a propietario/a do animal.

- Enderezo do propietario/a do animal.

- Telefono de contacto do/a propietario/a do animal.

- DNI do/a propietario/a do animal.

- Código identificador do animal.

- Zona de aplicación.

- Especie.

- Raza. En cruzamento de primeira xeración especificaranse as razas de procedencia. Cun informe veterinario.

- Sexo.

- Descrición da capa.

- Data de nacemento do animal.

- Enderezo habitual do animal.

- Outros signos identificatorios non definitivos.

- Especificación de se o animal está destinado a convivir cos seres humanos ou se finalidade distintas como a garda, defensa ou outra que se indique.

- Nome, enderezo, número de colexiado e número de veterinario/a colaborador que realiza a marcaxe.

2. En todo caso acompañarase a solicitude coa fotocopia do DNI do propietario/a e o xustificante de aboamento da taxa correspondente segundo a ordenanza fiscal en vigor

3. Para a identificación de animais potencialmente perigosos constará, ademais, a seguinte información:

- Certificado sanitario, expedido por un veterinario, que acredita con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que o poidan facer potencialmente perigoso, así como unha certificación de que o animal carece de lesións ou cicatrices que puidesen estar relacionadas coa utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.

- Libreta sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade, Na libreta sanitaria figurará a catalogación de animal potencialmente perigoso.

- Xustificación da suscripción e formalización para o animal do seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros, onde se especifique claramente que o animal ten a cobertura mínima de 125.000 euros. Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada da Pólica do seguro ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondiente. Acompañarase en todo caso copia compulsada do último recibo do seguro que deberá de remitirse ao concello de Pontedeume en cada unha das súas prórrogas anuais, obrigándose en todo caso o propietario/a a remitir para que conste no expediente xustificante de póliza en vigor.

- Certificado de penais e rebeldes do/a propietario/a expedido polo organismo competente da administración de xustiza.

- Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves da lei 50/1999 de 23 de decembro sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigrosos, expedido polo organismo competente da Xunta de Galicia

- Certificado de aptitude física e psicolóxica do/a propietario/a emitido polos Directores dos centros Médico-Psicotécnicos de recoñecemento que estén debidamente autorizados.

CAPÍTULO II. Dos rexistros

Artigo 5.º.- Rexistro municipal.

1.-Os titulares da licenza municipal deberán inscribirse no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos, que se establece con esta finalidade en tódolos concello, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da licenza.

2.-Este rexistro contará, polos menos, cos seguintes datos:

- Datos persoais do/a posuidor/a: nome e apelidos, enderezo habitual, documento nacional de identidade e telefono de contacto.

- Características do animal que fagan posible a súa identificación: idade, especie, raza, características externas e número de microchip.

- Lugar habitual de residencia do animal.

- Función/aptitude do animal (compañía ou garda, defensa, caza).

3.-Este Concello remitirá os datos do Rexistro municipal ó Rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos (REGIAC), nun prazo de 15 días contados dende a inscrición do animal potencialmente perigoso.

4.-Este Concello creará o rexistro, informatizado, que estará constituído por dúas seccións, a sección de Rexistro de identificación de animais de compañía, na que se incluísen tódolos cans, e outra sección de Rexistro de identificación de animais potencialmente perigosos, no que se incluirán os cans potencialmente perigosos, os animais salvaxes en catividade considerados potencialmente perigosos, así como aqueles outros que este Concello poida determinar no futuro en atención ás circunstancias e coñecementos sobrevidos.

5.-Estes rexistros poderán seren consultados por tódalas administracións públicas e autoridades competentes, así como por aquelas físicas ou xurídicas que acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos que constan nel. En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no rexistro será acorde co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos persoais.

6.-Os/as propietarios/as dos animais serán os/as responsables de identificar os animais e de sufragar os gastos que isto ocasione, independentemente do lugar de residencia das ditas persoas. A identificación definitiva suporá un requisito previo e obrigatorio para realizar calquera transacción do animal.

7.-Neste rexistro constará a seguinte información de carácter obrigatorio:

- Código identificador do animal.

- Zona de aplicación.

- Especie.

- Raza. En cruzamento de primeira xeración especificaranse as razas de procedencia.

- Sexo.

- Descrición da capa.

- Data de nacemento do animal.

- Enderezo habitual do animal.

- Outros signos identificatorios non definitivos.

- Especificación de se o animal está destinado a convivir cos seres humanos ou se finalidade distintas como a garda, defensa ou outra que se indique.

- Nome e apelidos do propietario do animal.

- Enderezo do propietario do animal.

- Telefono de contacto do/a propietario/a do animal.

- DNI do/a propietario/a do animal.

- Nome, enderezo, número de colexiado e número de veterinario/a colaborador que realiza a marcaxe.

- Data na que se realiza a implantación da identificación e a entrega do documento ó/á propietario/a.

- Data de alta no rexistro.

8.-Na sección de identificación de animais potencialmente perigosos constará, ademais, a seguinte información:

- Certificado sanitario, expedido por un/ha veterinario/a, que acredita con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que o poidan facer potencialmente perigoso, así como unha certificación de que o animal carece de lesións ou cicatrices que puidesen estaren relacionadas coa utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.

- Libreta sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade, Na libreta sanitaria figurará a catalogación de animal potencialmente perigoso.

- Copia da licenza municipal de tenza de animais potencialmente perigosos, a nome do propietario. Acompañarase de copia da póliza que xustifique ter formalizado o seguro de responsabilidade civil.

-Cualquier incidente producido polos animais potencialmente perigosos ao longo da súa vida, coñecidos polas autoridades administrativas ou xudiciais, farase constar na folla rexistral de cada animal que pecharase coa sua morte ou sacrificio certificado polo veterinario ou autoridade competente. O propietario/a do mesmo estará obrigado igualmente a comunicar ao rexistro calquera incidencia equivalente para ser a mesma anotada na súa folla rexistral.

-Deberase de comunicar ao Rexistro municipal a venda, traspaso, doazón, roubo, morte ou perda do animal facendoo constar na súa correspondente folla rexistral.

-O cambio de dono/a do animal inscrito, por venda, traspaso, doazón ou outro de similar índole, que teña previa licenza municipal concedida deixará sen efecto a mesma e obrigará a obtención da mesma polo novo titular do animal, no seu caso.

CAPÍTULO III. Da tenza e das obrigas das persoas propietarias, posuidoras e veterinarios/as.

Artigo 6.º .-Tenza.

O hábitat ou medio no que viven os animais de compañía poderá ser tanto en réxime de propiedade horizontal, en propiedade vertical, en casas unifamiliares, fábricas e terreos.

A tenza de animais de compañía non poderá supoñer ningún risco sanitario nin ningunha incomodidade para os veciños e veciñas nin para outros animais. Preverase que as comunidades de veciños/as non establezan ningún impedimento para a súa tenza.

O número máximo de animais permitido por habitante establecerase previo informe emitido ao respecto, de acordo co espacio dispoñible e as condicións hixiénico - sanitarias para o seu mantemento.

Se unha persoa física ou xurídica ten dous ou máis animais de compañía para criar con finalidades comerciais, haberá solicitar e obter a correspondente licenza das autoridades municipais.

As tendas e os centros de cría de compañía axustaranse á normativa de núcleos zoolóxicos; nembargantes, rexeranse polas autorizacións municipais, condicións sanitarias e de aloxamento que veñen reguladas mediante esta ordenanza.

Para o resto dos animais respectaranse os mínimos asumibles polo ben-estar animal, particularmente, este Concello non autorizará nin permitirá espectáculos, atraccións feirais nin outras actividades onde se utilicen animais, se lles pode causar sufrimento ou poden ser obxecto de burlas ou tratamentos antinaturais.

Dende as 22.00 horas ata as 08.00 horas prohíbese deixar nos patios, terrazas, galerías ou balcóns aves e animais en xeral que cos seus sons, ouleos ou cantos perturben o descanso ou tranquilidade dos vecinos. No resto do día tamén deberán ser retirados dos lugares especificados polos seus propietarios cando, de maneira evidente, ocasionen molestias aos ocupantes do inmoble ou inmobles vecinos.

Artigo 7.º.- Das obrigas das persoas propietarias.

1.º.-De conformidade coa lexislación aplicable queda expresamente prohibido:

- Maltratar ou agredir fisicamente os animais ou sometelos a calquera outra práctica que lles provoque sufrimento ou danos inxustificados.

- Abandonalos.

- Mantelos en instalacións indebidas desde o punto de vista hixiénico - sanitario.

- Non lles facilitar a alimentación necesaria para subsistir.

- Dalos en doazón como prezo, recompensa ou agasallo de compensación por outras adquisicións de natureza distinta á transacción onerosa de animais.

- Vendelos ós menores de 14 anos e ás persoas incapacitadas sen autorización dos que teñen a patria potestade ou a custodia.

- Exercer a venda ambulante de calquera animal, agás feiras legalizadas.

- O uso de animais en espectáculos loitas e outras actividades, se estas poden ferir a sensibilidade das persoas que os contemplan.

- Mendigar na vía pública utilizando como reclamo calquera animal.

- Alimentar óos animais na vía pública, sobre todo, aqueles que non teñen propietario/a coñecido/a, agás naqueles locais indicados e controlados polo Concello e sen que queden restos de comida.

Artigo 8.º .-Das obrigas dos/as veterinarios/as.

Comunicar a este Concello a identificación de animais de Compañía e Potencialmente perigosos.

- Os/as veterinarios/as que prestasen asistencia sanitaria a un animal sospeitoso de ser utilizado en pelexas ou que observasen que o animal presenta cicatrices ou lesións relacionadas con esta práctica ou outras actividades prohibidas, deberán poñerse en contacto inmediatamente co Rexistro municipal de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos, achegando os datos correspondentes do animal e do seu propietario.

- Os incidentes producidos por animais potencialmente perigosos ó longo da súa vida, coñecidos polas autoridades administrativas ou xudiciais (fundamentalmente centros de saúde, hospitais, centros públicos e comisarías), faranse constar na folla rexistral de cada animal, que se cancelará coa súa morte, certificada polo veterinario ou autoridades competente.

- O traslado dun animal potencialmente perigoso doutro concello ou comunidade autónoma a este Concello, sexa con carácter permanente ou por periodo superior a tres meses, obrigará á persoa propietaria a efectuar a inscrición oportuna no Rexistro municipal de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos.

- A Alcaldía, a proposta do departamento responsable do rexistro, notificará de inmediato ás autoridades administrativas ou xudiciais competentes calquera incidencia que consta no Rexistro municipal, para a súa valoración e, de ser o caso, adopción de medidas cautelares e preventivas.

- O/a propietario/a dun animal potencialmente perigoso deberá comunicar calquera variación dos datos do rexistro no prazo de 15 días desde que se producise a modificación que proceda rexistrar, excepto nos incidentes de agresión, nos que a comunicación será inmediata.

- As autoridades sanitarias e os/as veterinarios/as que coñezan a existencia dunha mordedura ou agresión provocada por un animal potencialmente perigoso comunicaranllo ó Rexistro municipal, quen dará conta de inmediato ó Rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos.

Artigo 9.º .-Obrigas de identificación.

As persoas propietarias, criadoras ou posuidoras dos animais ós que se refire este decreto terán a obriga de identificar os animais cun microchip nos seus tres primeiros meses de vida ou nun mes despois da súa adquisición.

A identificación dos animais da especie canina, coa debida garantía, é obrigatoria sen excepcións.

Os/as posuidores/as dos animais obxecto desta ordenanza estarán obrigados/as a achegar a documentación acreditativa de obtención da licenza e a información prevista nos artigos 4.º e 5.º desta ordenanza ó/á veterinario/a actuante, para a súa inscrición neste rexistro.

Artigo 10.º .-Sistema de identificación.

1.º.- A identificación consistirá na implantación dun. Microchip ou transporder: cápsula portadora dun dispositivo electrónico que contén un código alfanumérico identificativo susceptible de ser lido mediante un equipo lector especifico. Que en ningún caso poida ser susceptible de ser modificado, e sexa único para cada animal

2.º.- A marcaxe dos animais realizarase obrigatoriamente por un transporder que se adapte ó establecido no punto 3 deste artigo.

3.º.-Os transporders deberán reunir as seguintes carácteristicas:

- Deberán estar programados cun código alfanumérico único, que en ningún caso poida ser susceptible de ser modificado.

- A estructura do código alfanumérico que incorporen deberá cumprir co establecido na norma ISO 11.784

- O sistema de intercambio de enerxía entre o dispositivo e o lector deberá cumprir co establecido na norma ISO 11.785

- O tamaño será inferior a 12 milímetros de longo e 2,5 milímetros de ancho.

- Estarán dotados dun sistema antimigratorio e o seu recubrimento deberá ser biocompatible.

- Presentaranse individual e convenientemente esterilizados en envase que conteña a agulla e o inxector, e incluirá un mínimo de tres etiquetas co código de barras que conteña o código alfanumérico.

Artigo 11.º .-Procedemento de identificación.

1.º .-A implantación no animal do código establecido será efectuada por un/ha veterinario/a, nomeado para o efecto por este Concello. Os/as veterinarios/as non oficiais que desexen participar no proceso de identificación de animais de compañía, deberán solicitalo neste Concello, acreditando que cumpren, polo menos, os seguintes requisitos:

- Que están inscritos no Colexio Oficial de Veterinarios.

- Que estean dados de alta para o exercicio libre da profesión.

- Que posúan un lector de transporders compatible con tódalas tecnoloxias e polo tanto capaz de permitir a lectura de tódos os sistemas homologados.

2.º .-Se a documentación é correcta, a Alcaldía resolverá nun prazo máximo de tres meses. De non recaer resolución no dito prazo, entenderase estimada a solicitude.

O recoñecemento como veterinario/a actuante renovarase ós cinco anos da súa obtención.

A perda desta condición terá lugar por renuncia voluntaria ou por incumprimento das obrigas establecidas nesta ordenanza ou nas disposicións da lexislación vixente sobre protección animal en Galicia, logo do expediente no que se dará audiencia ó interesado/a e que resolverá o señor Alcalde.

3.º .-No momento da identificación do animal, o/a veterinario/a actuante cubrirá un impreso oficial de identificación, por triplicado exemplar, achegado por este Concello, no que constará a información esixida no parágrafos 2.º do artigo 5.º desta ordenanza. O propietario do animal identificado deberá recibir do/a veterinario/a actuante un exemplar do impreso oficial no que figurará necesariamente o código asignado e implantado no animal. O/a veterinario/a actuante conservará no seu poder outro exemplar do impreso. O terceiro exemplar deberá ser remitido polo/a veterinario/a ó Rexistro municipal de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos nun prazo máximo de 15 días despois de efectuar a identificación.

4.º .-O animal deberá ser identificado en presencia do seu propietario/a, figurando os seus datos e a súa sinatura no impreso oficial de identificación. As persoas responsables do rexistro, despois de recibir a documentación remitida polo/a veterinario/a, procederán a procesar os datos e enviarán ó propietario/a do animal o documento acreditativo da identificación.

Artigo 12.º .-Obrigas das persoas posuidoras en materia hixiénico-sanitaria.

Normas sanitarias.

1. Todo animal de compañía ten dereito e a persoa propietaria ten o deber de ofrecer as debidas condicións sanitarias.

2. Con esta finalidade as autoridades administrativas poderán ordenar a execución de determinadas campañas sanitarias obrigatorias para os animais de compañía da forma e no momento que se determine.

3. Cada propietario/a deberá dispor da correspondente documentación sanitaria na que se especificarán as características do animal e o seu estado sanitario.

4. As persoas propietarias, criadoras ou posuidoras duns animais que agredan a persoas ou a outros animais causándolles feridas de mordeduras, serán responsables de que o animal sexa sometido a recoñecemento dun veterinario/a en exercicio libre da profesión, en dúas ocasións dentro dos 15 días seguintes á agresión. Nese recoñecemento o/a veterinario/a responsable emitirá un certificado no que conste se o animal presente ou non síntomas de enfermidade infectocontaxiosa.

Así mesmo, están obrigados a:

- Facilitarlle datos do animal agresor e os seus propios á persoa agredida, ós seus representantes legais e ás autoridades competentes que o soliciten.

- Comunicalo ao Concello, nun prazo máximo de 24 horas, posteriormente ós feitos.

- Someter ó animal agresor á observación veterinaria, así como facilitar todas as actuacións que comporte e comunicar as posibles incidencias do animal no centro municipal ou previa autorización a calquera consulta veterinaria de exercicio libre e seguir as disposicións que determine o/a veterinario/a.

- Os/as veterinarios/as están obrigados a comunicarlle toda enfermidade transmisible ao Concello, na forma en que está establecido para que independentemente das medidas zoosanitarias individuais se poñan en marcha as correspondentes medidas hixiénico - sanitarias de protección civil.

- Os/as veterinarios/as, clínicas, consultas ou hospitais veterinarios debidamente rexistrados e que voluntariamente participen en campañas promovidas por este concello quedarán obrigados a facilitar os datos que se lles requiran con finalidades estatísticas e/ou sanitarias.

- O Concello queda obrigado a preservar estes datos de toda utilización, non pode facilitar estes datos a ningún particular, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos persoais

- Os núcleos zoolóxicos debidamente rexistrados dentro do ámbito de aplicación desta ordenanza deberán ter:

- Libro de rexistro de entrada e saída dos animais de compañía.

- As condicións hixiénico-sanitarias esixidas para estes establecementos así coma un programa de hixiene e profilaxe elaborado por un veterinario/a.

- A venda de gatos e cans deberá axustarse ás normas de identificación descritas nesta ordenanza.

- Os animais deberán ser vendidos en boas condicións sanitarias.

Artigo 13.º .-Obrigas das persoas posuidoras en materia de seguridade cidadá.

1.-As persoas propietarias, posuidoras ou criadoras de animais de compañía terán que:

- Nas vías públicas os cans irán provistos de correa e cadea con colar e debidamente identificados. Deberán circular con bozo todos aqueles cans nos que a perigosidade sexa razoablemente previsible, de acordo coa súa natureza e as súas características.

- A autoridade municipal poderá ordenar o uso do bozo cando as circunstancias así o aconsellen e mentres estas circunstancias non muden, así como establecer os horarios de presencia en determinados lugares públicos.

- O traslado de cans e gatos por medio de transporte público realizarase de acordo coas disposicións vixentes e o que dicte a autoridade competente en cada un dos casos.

- Os cans-guía (¿lazarillos") poderán circular libremente nos transportes públicos urbanos, sempre que vaian acompañados do seu dono/a e garden as condicións hixiénicas, sanitarias e de seguridade que regula esta ordenanza.

- A entrada de cans e gatos en calquera lugar destinado á fabricación, almacenamento, transporte ou manipulación de alimentos queda expresamente prohibida.

- Os/as propietarios/as de establecementos públicos como hoteis, pensións, restaurantes, bares, cafeterías e similares, poderán prohibir, sempre debidamente sinalizado, a entrada e permanencia de cans e gatos.

As anteriores limitacións e prohibicións non serán aplicables ós cans-guía.

- O/a dono/a de cans e gatos deberá adoptar medidas para que as deposicións fecais dos animais non manchen beirarrúas, zonas de viandantes, parques e en xeral calquera lugar destinado ó tránsito de peóns. Os donos de cans e gatos son os responsables de recoller convenientemente os excrementos mediante bolsas de plástico ou de papel ou recolledor especialmente indicado para iso e depositalos nos colectores de recollida de lixo ou nos lugare que a autoridade municipal destine para este fin. Queda prohibido depositalas nas papeleiras públicas o unas entradas dos sumidoiros.

- Queda prohibido deixar as deposicións fecais dos cans nas vías públicas, en zonas verdes e, en xeral, en calquera lugar destinado ó tránsito de peóns.

-Queda prohibido o abandono na vía pública de cadáveres de calquera especie animal.

2.º .-As persoas propietarias, posuidoras ou criadoras de animais potencialmente perigosos terán a obriga de cumprir todas as normas de seguridade cidadá, establecidas na lexislación vixente e na lexislación sobre protección animal de Galicia, de xeito que garantan a óptima convivencia destes animais cos seres humanos e se eviten molestias á poboación.

3.º .-As instalacións destinadas a albergar animais potencialmente perigosos pertencentes á fauna silvestre alóctona ou exótica precisarán cumprir as medidas de seguridade que eviten a fuxida destes animais. Todas as instalacións destinadas a albergar animais potencialmente perigosos deberán reunir como mínimo as seguintes medidas de seguridade:

- As paredes e valados serán suficientemente altos e consistentes e deberán estar fixadas co fin de soportar o peso e a presión do animal, evitando as fuxidas.

- As portas das instalacións deben ser resistentes, a estar deseñadas para evitar que os animais poidan abrir os mecanismos de seguridade, sen producirlles danos.

- O recinto estará sinalizado coa advertencia de que se atopa no interior un animal potencialmente perigoso.

- As instalacións nas que se alberguen animais potencialmente perigosos deberán reunir as condicións establecidas na normativa sobre protección animal de Galicia, tendo en conta as especificacións técnicas correspondentes a cada especie.

Artigo 14.º .-Presencia de animais na vía pública e establecementos públicos.

1.º .- O Concello de Pontedeume, no ámbito da súa competencia, ven de regular as condicións en que se autoriza a circulación e estadía dos animais potencialmente perigosos nas rúas, parques e vías publicas, podendo determinar, por razóns de seguridade e orde pública as zonas en que se prohiba a súa estadía e circulación.

2.º .-Os cans de garda deberán estar baixo a vixilancia dos seus propietarios/as ou persoas responsables, que deberán telos de xeito que os viandantes non sufran ningún mal nin que o animal poida abandonar o recinto que estará convenientemente sinalizado advertindo o perigo da existencia dun can vixiando o recinto.

3.º .-En calquera caso, a persoa propietaria dun animal, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria, é responsable dos danos, dos prexuízos e as molestias que cause ás persoas, ás vías, espacios públicos e ó medio natural en xeral, de acordo co que establece o artigo 1905 do Código civil.

(Artigo 1905.-O posuidor dun animal ou o que se serve del, é responsable dos prexuízos que causase, aínda que se lle escape ou extravíe. Só cesará esta responsabilidade no caso de que o dano proviñese de forza maior ou de culpa do que o sufrise).

4.º .-Nas vías públicas os cans irán provistos de correa e colar e debidamente identificados, deberán circular con bozo todos aqueles cans que estean catalogados como potencialmente perigosos e a súa relación consta no artigo 3.º, apartado 2.º, e aqueles nos que a perigosidade sexa razoablemente previsible, de acordo coa súa natureza e as súas características.

5.º .-A autoridade municipal poderá ordenar o uso das bozo cando as circunstancias así o aconsellen e mentres estas circunstancias non muden, así como establecer os horarios de presenza en determinados lugares públicos.

6.º .-O/a dono/a de cans e gatos deberá adoptar medidas para que as deposicións fecais dos animais non manchen beirarrúas, zonas de viandantes, parques e en xeral calquera lugar destinado ó tránsito de peóns. Os donos de cans e gatos son os responsables de recoller convenientemente os excrementos mediante bolsas de plástico ou de papel ou recolledor especialmente indicado para iso e depositalos nos colectores de recollida de lixo ou nos lugares que a autoridade municipal destine para este fin. Queda prohibido depositalas nas papeleiras públicas o unas entradas dos sumidoiros.

7.º .-Queda prohibida a presencia de animais nos parques públicos infantís.

8º.- Queda prohibida a presenza de animais na praia dentro da tempada de baño entre as 09:00 e as 21:00 h. En todo caso, a presenza de animais nas praias estará suxeita ao cumprimento das condicións de seguridade, higiénico-sanitarias e de convivencia cidadá establecidas na presente Ordenanza e nas disposicións municipais relativas á presenza de animais na contorna humana no seu caso á legislación específica vixente.

En calquera caso, o propietario ou acompañante do mesmo, considérase responsable das actuacións que o animal realice, e prexuízos que ocasione ás persoas, cousas e ao medio en xeral, con relación ao sancionado na presente Ordenanzae no non previsto na mesma, o establecido nas disposicións vixentes nesta materia.

As persoas que conduzan cans e outros animais, nos horarios permitidos, deberán impedir que estes realicen as suas deposiciones na praia.

En calquera caso, o conductor do animal está obrigado a recoller e retirar os excrementos, ata debendo limpar a parte da vía pública que fose afectada.

Permítese a presenza de cans destinados a traballos de salvamento ou auxilio a persoas necesitadas, cando as circunstancias así o aconsellen.

Así mesmo, permítese a presenza de cans de asistencia (aqueles adestrados para o acompañamento, conducción e auxilio a persoas con discapacidade, debendo estar debidamente acreditados e identificados) en compañía da persoa a quen sirvan, sen prexuízo da responsabilidade do seu poseedor ou propietario nin das medidas que deba adoptar para evitar molestias ou riscos ó resto dos usuarios ou usuarias.

Artigo 15.º .-Traslado e prohibicións.

1.º .-O traslado de cans e gatos por medio de transporte público realizarase de acordo coas disposicións vixentes e o que dicte a autoridade competente en cada un dos casos.

2.º .-Os cans-guía (¿lazarillos") poderán circular libremente nos transportes públicos urbanos, sempre que vaian acompañados do seu dono/a e garden as condicións hixiénicas, sanitarias e de seguridade que regula esta ordenanza.

3.º .-A entrada de cans e gatos en calquera lugar destinado á fabricación, almacenamento, transporte ou manipulación de alimentos queda expresamente prohibida.

4.º .-Os propietarios de establecementos públicos como hoteis, pensións, restaurantes, bares, cafeterías e similares, poderán prohibir, sempre debidamente sinalizado, a entrada e permanencia de cans e gatos.

5.º .-Queda prohibido deixar as deposicións fecais dos cans nas vías públicas, en zonas verdes e en xeral, en calquera lugar destinado ó tránsito de peóns.

As anteriores limitacións e prohibicións non serán aplicables ás persoas invidentes.

CAPÍTULO IV. Dos cans abandonados ou vagabundos

Artigo 18.º .-Dos cans abandonados ou vagabundos.

De acordo co disposto nos artigos 53, 57 e 58 do Decreto 153/1998, do 2 de abril:

1.º .-Considérase que un animal está abandonado se non leva ningunha identificación censual ou ningunha identificación de orixe ou do propietario/a, nin vai acompañado de ningunha persoa, e, neste suposto, o Concello ou, se é o caso, a entidade supramunicipal correspondente farase cargo do animal, reténdoo ata que sexa recuperado, cedido ou sacrificado.

2.º .-O prazo para recuperar un animal sen identificación é de vinte días.

3.º .-En caso de que o animal leve calquera identificación, os correspondentes servicios municipais avisarán ó propietario/a, que disporá dun prazo de vinte días para recuperalo, aboando previamente todos os gastos que orixinase. Unha vez transcorrido ese tempo, se o propietario/a non satisfixo o aboamento dos gastos, o animal considerarase legalmente abandonado.

4.º .-Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a recuperación dos animais, o Concello poderá sacrificalos ou dalos en adopción. O sacrificio farase baixo control da Inspección veterinaria, que poderán utilizar as medidas que estimen oportunas para evitar o máis mínimo sufrimento.

CAPÍTULO V. Da esterilización

Artigo 19.º .-Da esterilización.

1.º .-Consonte o establecido na Lei 50/1999, do 23 de decembro, a esterilización dos animais potencialmente perigosos, ademais de poderse facer por vontade dos seus propietarios/as, realízanse obrigatoriamente por mandato xudicial ou resolución administrativa nos supostos de reiteradas agresións ás persoas ou danos a outros animais ou ás cousas.

2.º .-Corresponderalles ós Delegados provinciais da Consellería de Medio Ambiente a facultade de acordar a esterilización, no suposto de reiteradas agresións ás persoas ou danos a outros animais ou ás cousas, logo do procedemento contradictorio iniciado de oficio ou por solicitude de persoa interesada, no que será preciso que conste informe médico (no caso de agresións a persoas) ou informe veterinario (no caso de agresións ós animais) e a audiencia ó propietario/a do animal.

Ditada a resolución, procederase á esterilización polo veterinario/a designado para os efectos, que deberá comunicala ós rexistros municipais e autonómico, para a inscrición do acto cirúrxico na folla de identificación. Os gastos xerados correrán por conta do propietario/a.

3.º .-A esterilización realizarase aplicándolle anestesia ó animal coa finalidade de garantir que non se le cause dor ou sufrimento innecesario.

CAPÍTULO VI. Das infraccións e sancións

Artigo 20.º .-Das infraccións e sancións.

1.º .-En materia de infraccións e sanción rexerá o disposto na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos e a Lei 8/2014 de 26 de setembro de reforma da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

2.º .-Para os efectos da presente ordenanza será infracción administrativa o incumprimento das obrigacións, as prohibicións e dos requisitos establecidos nesta, así como das condicións impostas nas autorizacións administrativas outorgadas ó seu abeiro.

3.º .-A responsabilidade administrativa será esixible sen prexuízo da que puidese corresponder no ámbito civil ou penal.

4.º .-No caso de celebración de espectáculos prohibidos incorrerán en infracción administrativa non só os seus organizadores, senón tamén os donos dos locais ou terreos que os cedesen a título oneroso ou gratuíto.

Artigo 21.º .-As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves.

1.º .-Son infraccións leves:

a) O maltrato dos animais que non lles cause dor.

b) A venda, doazón ou cesión de animais a menores de 14 anos ou incapacitados/as, sen autorización de quen teña a súa patria potestade, tutela ou custodia.

c) A doazón de animais de compañía como premio.

d) Non manter ós animais en boas condicións hixiénico - sanitarias.

e) Mantelos en instalacións inadecuadas ou nos lugares ou establecementos públicos prohibidos por esta ordenanza (praias, parques infantis, etc..) ou ter os mesmo sen dar cumplimento as medidas de tenza reguladas no presente texto (cadea, bozo¿).

f) Non lles facilitar alimentación axeitada ás súas necesidades.

g) A utilización de animais en traballos que os inmobilicen, causándolles dor.

h) Exercer a venda ambulante fóra dos mercados e feiras autorizados.

i) A carencia ou tenza incompleta do arquivo de fichas dos animais obxecto de tratamento obrigatorio.

l) A posesión dun can non censado (artigo 7.º , 3, desta lei).

ll) O sacrificio de animais en lugares públicos.

m) A non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública e zoas verdes.

n) Calquera outra actuación que vulnere o disposto nesta ordenanza e que non estea tipificada como infracción grave ou moi grave.

2.º .-Son infraccións graves:

a) O maltrato dos animais que lles cause dor ou lesións.

b) Mutilalos sen necesidade ou sen o axeitado control veterinario.

c) Abandonalos.

d) A venda ambulante, reiterada, de animais en xeral, fóra dos establecementos, feiras e mercados legalmente autorizados.

e) A venda de animais salvaxes en catividade fóra dos establecementos autorizados.

f) O incumprimento das obrigas sinaladas nos artigos 3.º , 4.º e 5.º desta ordenanza, agás o disposto para os supostos de prescripción.

g) A subministración de estimulantes non autorizados ou sustancias que poidan atentar contra a súa saúde, agás cando sexa por prescripción facultativa.

h) A non vacinación ou non tratamento obrigatorio dos animais.

i) A venda de animais enfermos, salvo que se trate dun vicio oculto, non coñecido polo vendedor.

l) A cría ou comercialización de animais sen cumprir oos requisitos correspondentes.

ll) A tenza de animais perigosos sen as medidas de protección que se fixen.

m) O incumprimento de calquera outra das condicións impostas nas autorizacións administrativas.

Considérase, así mesmo, como infracción grave a reincidencia en infracción leve, entendendo que existe tal reincidencia cando se comete unha infracción leve do mesmo tipo que a motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes á notificación desta: requirirase que a resolución sancionadora adquirise firmeza.

3.º .-Son infraccións moi graves:

a) O maltrato dos animais que lles cause a morte.

b) A organización e celebración de espectáculos, pelexas ou outras actividades con animais que impliquen crueldade ou maltrato, ou que poidan causarlles sufrimentos.

c) A venda de animais con enfermidades infecto-contaxiosa coñecida.

d) A venda de animais para experimentación sen a debida autorización a centros non autorizados.

e) A esterilización ou o sacrificio de animais sen control facultativo.

f) A reiteración en faltas graves.

Considéranse, así mesmo, como infracción moi grave a reincidencia en infracción grave, entendendo que existe a reincidencia cando se comete unha infracción grave do mesmo tipo que a motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes á notificación desta: requirirase que a resolución sancionadora adquirise firmeza.

Artigo 22.º Prescripción das infraccións.

As infraccións leves prescribirán ós seis meses, as graves ós doce meses e as moi graves ós dous anos.

Artigo 23.º Sancións e multas.

Das infraccións pecuniarias:

1.-As infraccións indicadas no capítulo anterior serán sancionadas con multas de:

a) As leves, de 100 a 500 euros.

b) As graves, de 501.00 a 5.000 euros.

c) As moi graves, de de 5.001 a 30.000 euros

2.-A imposición das sancións previstas correspóndelle:

a) Ó alcalde do Concello para infraccións leves.

b) Ó director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Alimentarias, para as infraccións graves.

c) Ó Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, para as moi graves.

A apertura dos expedientes sancionadores, corresponderalles ós delegados da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. A súa tramitación adecuarase ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

Regulamentariamente determinaranse os supostos nos que a apertura e tramitación poidan serlles encomendados ós concellos.

Artigo 24.º .-Das sancións non pecuniarias.

Na resolución do expediente sancionador, ademais das multas a que se refire o artigo anterior, os órganos competentes poderán impoñe-las seguintes sancións:

1.-O peche temporal ou definitivo, respectivamente para as infraccións graves ou moi graves, do exercicio de actividades comerciais reguladas por esta ordenanza.

2.-A prohibición temporal ou permanente, respectivamente para as infraccións graves ou moi graves, do exercicio de actividades comerciais reguladas por esta ordenanza.

3.-A incautación dos animais obxecto de actividades ilegais ou de abandono para calquera tipo de infracción.

4.-No caso de federacións ou de calquera outra entidade non lucrativa, para infraccións graves ou moi graves, poderase suspender temporalmente ou en casos moi graves definitivamente, o exercicio das súas actividades.

Artigo 25.º .-Graduación das sancións.

A imposición das sancións previstas pola ordenanza graduaranse conforme ós seguintes criterios:

1.-A transcendencia social ou sanitaria e o prexuízo causado pola infracción.

2.-O ánimo de lucro e a contía do beneficio obtido na comisión da infracción.

3.-A importancia do dano causado ó animal.

4.-A reiteración ou reincidencia na comisión de infraccións.

Disposicións

Disposicións transitorias.

Primeira.-Tódalas instalacións dedicadas a albergar animais potencialmente perigosos deberán cumprir coas obrigas e previsións contidas na presente ordenanza no prazo dun (1) ano, contado desde a súa entrada en vigor.

Segunda.-Os/as titulares ou posuidores/as de animais obxecto de regulación nesta ordenanza deberán proceder á súa identificación con microchip no prazo dun (1) ano a partir da súa entrada en vigor.

Terceira.-Mentres non se proceda á homologación de centros dedicados ó ensino para o adestramento, non será esixible para a obtención do certificado de capacitación o requisito que se establece nesta ordenanza.

Cuarta.-Unha vez que sexan homologados os centros dedicados ó ensino para o adestramento, os solicitantes do certificado de capacitación para o adestramento non terán que acreditar o requisito previsto neste ordenanza.

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada calquera regulamento ou ordenanza municipal que contradiga a presente, en concreto queda derrogada a ordenanza reguladora de tenencia, defensa e protección de animais de compañía aprobada polo Pleno do concello de Pontedeume en sesión celebrada o día 30 de marzo de 2000 e publicada no BOP A Coruña de data 28 de outubro de 2000.

Disposición final.

Esta ordenanza entrará en vigor ós 30 días seguintes ó día da súa publicación no BOP.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós 30 días seguintes ó día da súa publicación no BOP, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

BOP nº 103 de 01/06/2016:

Rectificación de erros materiais da Ordenanza para a tenza, defensa e protección dos animais de compañía e potencialmente perigosos do Concello de Pontedeume, publicado o anuncio de aprobación definitiva  no Boletín Oficial da Provincia (BOP) n.º 79, de 27/04/2016.