Pontedeume - ORDENANZA FISCAL Nº 33, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS RELATIVOS Á POSESIÓN DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA E POTENCIALMENTE PERIGOSOS
Artigo 1 .Obxecto.
De conformidade co previsto na Lei reguladora das facendas locais, establécese a taxa por prestación de servizos especiais de expedición de licenza, as súas renovacións, inscricións rexistrais, as súas modificacións e cancelacións e prestación de servizos de rescate de animais.
Artigo 2. Feito impoñible.
O feito impoñible da taxa e a actividade municipal conducen á verificación do cumprimento das condicións reguladas nesta ordenanza para a concesión da licenza indicada, a actividade de control que se efectuará nas renovacións que dela deban verificarse, a tramitación, control e custodia que dela se establece e aqueles outros servizos que se recollen nas tarifas desta ordenanza: así como a prestación do servizo de recollida e eutanásia de animais abandonados.
Artigo 3. Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da taxa os propietarios de animais que soliciten a inscrición no Rexistro municipal e que están obrigados á súa renovación, así como os propietarios ou responsables dos animais que requiran os servizos de recollida e/ou eutanásia.
2. En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollidas, residencias, centros recreativos e establecementos de venda.
Artigo 4. Devengo.
1. O devengo da taxa producirase no momento da solicitude da prestación do servizo ou pola propia prestaicón dos ervizo os animais no caso de servizos descritos na tarifa primeira.
2. A non concesión de licenza, cando non sexa por incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades cobradas
Artigo 5. Tarifas
Licenzas por posesión de animais | |
Licenza de cans potencialmente perigosos | 6,00 € |
Renovación de licenzas | 1,00 € |
Inscrición no Rexistro de Animais | 3,50 € |
Modificacións rexistrais | 1,50 € |
Cancelación rexistral | 2,50 € |
Rescate de animais pequenos: cans, gatos e similares | |
Recollida de animais | 85,00€ |
Eutanasia | 100,00€ |
Eliminación de cadaver | 110,00€€ |
Rescate de animais grandes: cabalos, burros, gando en xeral | |
Recollida de animais | 150,00€ |
Eutanasia | 200,00€ |
Eliminación de cadaver | 300,00€€ |
Artigo 6.Normas de xestión.
1. A prestación dos servizos deberase axustar ao determinado na Lei 1/1993 do Parlamento de Galicia, e normativa de desenvolvemento.
2. Establécese ao réxime de autoliquidación da taxa, e con ingreso previo á prestación do servizo
3. No suposto de que o servizo se prestase en réxime de concesión ou contrato por prestación de servizos por entidade distinta do Concello, a recadación da taxa, realizarase polo propio concesionario.
4. O concesionario virá obrigado a notificar a relación de servizos prestados a requirimento do Concello.
Artigo 7.Ingreso da taxa.
O ingreso da taxa efectuarase en réxime da autoliquidación e con carácter previo ao acto que o motiva.
Artigo 8. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas corresponden en cada caso. Estarase ao disposto na Lei xeral tributaria.
DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA.
Quedan excluídos da obriga de obtención da licenza municipal, aqueles exemplares caninos que foran obxecto de adestramento baixo a supervisión directa da ONCE e sexan destinados á guía de persoas invidentes.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente ordenanza entrará en vigor coa súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partires dese momento, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa polo Concello.