Cariño - ORDENANZA REGULADORA DA VENDA AMBULANTE NO TERMO MUNICIPAL DE CARIÑO

Publicación provisional: 20/04/2016 BOP Nº: 74
Publicación definitiva: 03/06/2016 BOP Nº: 105
Aplicable dende: 21/06/2016

Exposición de motivos

A actividade comercial configúrase como un sector de importancia fundamental na economía municipal. Dentro da actividade comercial a venda ambulante é unha modalidade que conta con gran tradición nos concellos e que pola súa importancia, require de unha regulamentación a nivel municipal.

A Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, no relativo ao exercicio da venda ambulante ou non sedentaria, considerou necesario manter o réxime de autorización administrativa previa no eido da venda ambulante.

No relativo ao réxime de competencias, a regulación da venda ambulante venlle atribuída aos Concellos pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (artigo 25.2 i), na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, no Regulamento de servizos das corporacións locais do 17 de xuño de 1955 e tamén na normativa sectorial tanto de ámbito autonómico como estatal (Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, Lei 7/1996, de Ordenación do Comercio minorista).

TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.-Obxecto.

A aplicación desta Ordenanza ten por obxecto a regulamentación administrativa da venda ambulante no termo municipal de Cariño, quedando excluídos do ámbito de aplicación da presente Ordenanza a regulación dos postos autorizados na vía pública con carácter estable e fixo, nos que se desenvolvan actividades comerciais de xeito habitual e permanente en virtude dunha concesión administrativa, que se rexerán pola súa normativa propia.

Artigo 2.-Títulos, competencias e réxime xurídico.

1.-A presente Ordenanza dítase en exercicio das competencias que se atribúen ao municipio pola Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e a Lei 13/2012, do 17 de decembro, de Comercio Interior de Galicia.

2.-Será de aplicación a esta materia, ademais do prescrito pola presente Ordenanza, a seguinte normativa:

- Lei 1/2010, do 1 de marzo, de reforma da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de reforma do comercio minorista.

- Real decreto 199/2010, do 26 de febreiro, polo que se regula o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria.

- Lei 13/2010, do 17 de decembro, de Comercio Interior de Galicia.

- Real decreto 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias.

- Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio.

Artigo 3.-Concepto e modalidades de venda ambulante.

1.-Considérase venda ambulante ou non sedentaria aquela realizada por comerciantes fóra dun establecemento comercial permanente de xeito habitual, ocasional, periódica ou continuada nos lugares debidamente autorizados, en instalacións comerciais desmontables ou transportables incluíndo os camións ou vehículos-tenda, carriños e outras instalacións de carácter itinerante.

2.-A venda ambulante poderá ser exercida por toda persoa física ou xurídica, sexan sociedades mercantís ou cooperativas, legalmente constituídas que se adiquen profesionalmente á actividade de comercio polo miúdo e reúnan os requisitos establecidos na presente ordenanza e na normativa que lles sexa de aplicación. Non terán a consideración de venda ambulante as efectuadas dentro dos locais ou recintos ocupados por un certame feiral, que se rexerá pola súa regulación propia.

3.-A venda ambulante efectuarase a través dalgunha das seguintes modalidades:

a) Venda ambulante en mercados periódicos: aquela autorizada nos mercados ubicados en poboacións, en lugares e espazos determinados, cunha periodicidade habitual establecida.

b) Venda ambulante a domicilio realizada en camións ou vehículos tenda: aquela realizada nos citados medios e autorizada en zonas ou lugares determinados, de xeito habitual ou ocasional. Poderá ser exercida por toda persoa física ou xurídica que reúna os requisitos establecidos na presente ordenanza e demais normativa aplicable.

4.-Os vendedores ambulantes deberán cumprir, no exercicio da súa actividade mercantil, coa normativa vixente no exercicio do comercio e da disciplina do mercado, deberán observar as normas de competencia leal e usos mercantís, e responderán de que os produtos obxecto de venda cumpran as condicións e requisitos esixidos pola normativa que os regula, tanto en materia sanitaria como no referente á súa presentación, etiquetaxe e demais aspectos aos que nela se faga referencia.

TÍTULO II.-EMPRAZAMENTO E PERIODICIDADE

Artigo 4.-Emprazamento.

1.-Corresponde á Xunta de Goberno Local a decisión sobre a determinación das zonas e lugares para exercer a venda ambulante nas modalidades anteriores.

2.-Os postos de venda ambulante non poderán situarse nos accesos a edificios de uso público, establecementos comerciais e industriais nin en lugares que dificulten o acceso e a circulación.

3.-O Concello, por causa de interese xeral e previo cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación vixente, poderá modificar as prescricións desta Ordenanza dispoñendo o traslado dos postos de venda a outro ou outros lugares, a reducción do número de postos de venda e incluso a súa total supresión, sen que elo dea lugar a indemnización algunha.

4.-A venda ambulante a domicilio realizarase na zona rural (parroquias de Sismundi, A Pedra, Feás e Landoi) e na parroquia de Cariño, fóra do casco urbano. Permitiráse con carácter xeral o reparto a domicilio baixo encarga en todo o termo municipal.

Artigo 5.-Periodicidade e horario.

Establécese como venda ambulante periódica a realizada no mercado que se leve a cabo todos os venres do ano, en horario de 08.00 a 14.00 horas. Os distintos postos deberán instalarse antes do horario de funcionamento. Os vendedores ás 15.00 horas deberán ter rematados os traballos de limpeza de residuos e desperdicios dos seus respectivos lugares de venda.

Artigo 6.-Dos postos.

1.-A venda autorízase en postos de carácter desmontable ou instalacións que terán unhas condicións axeitadas ás características da licenza.

2.-O número e localización dos postos aprobaráse mediante acordo da Xunta de Goberno Local que determinará, en función das circunstancias concurrentes en cada momento, o aumento ou supresión dos postos existentes ou a súa modificación.

3.-Os titulares dos postos ocuparán exclusivamente o espazo que teñen destinado, sen que poidan ocupar os postos que queden baleiros por outro vendedor pola razón de que ese espazo xa está pagado polo seu titular.

4.-A mercadería atoparáse sempre dentro da superficie do posto, quedando terminantemente prohibido o almacenamento da mesma en envases ou embalaxes fóra do posto. En todo caso, o vendedor manterá as instalacións, postos e demais elementos de venda coas debidas condicións de seguridade, hixiene, conservación e limpeza. Asemesmo, durante toda a xornada comercial, virán obrigados a manter limpos e en debidas condicións de hixiene o espazo que lles foi asignado e o circundante, recollendo todos os desperdicios e embalaxes, para facilitar a ulterior tarefa do servizo de recollida de lixo.

5.-En ningún caso se permitirá a colocación de postos nas beirarrúas, que estorben o paso a locais comerciais, industriais e profesionais, en accesos a edificios públicos ou privados, nin en lugares que dificulten a circulación peonil ou de vehículos.

6.-Os comerciantes terán exporta a licenza na parte frontal superior do posto e perfectamente visible para os axentes municipais e para o público, polo que se presumirá que tal licenza non existe de non presentar a mesma no momento de ser esixida polos axentes municipais.

TÍTULO IV.-PRODUTOS OBXECTO DE VENDA

Artigo 7.-Produtos autorizados.

1.-No mercado, só poderán venderse produtos autorizados, tales como artigos textiles, de pel, calzado, de artesanía, cestería, ornato de pequeño volumen, cosmética, perfumería, bisutería, libros, plantas, sementes, ferramentas e outros análogos.

2.-Poderá autorizarse a venda de produtos de alimentación cando cumpran coas normas sanitarias esixibles para este tipo de produtos. Queda expresamente prohibida a venda dos seguintes produtos:

- Venda de animais vivos.

- Non poderá concederse autorización para a venda ambulante de produtos cuxa normativa reguladora así o prohiba e aqueles outros que, por razón da súa presentación ou doutros motivos, non cumpran a normativa técnico-sanitaria e de seguridade, podendo ademáis as autoridades sanitarias prohibir a venda de determinados produtos cando motivos de saúde pública o aconsellen.

- Dado o carácter singular da venda ambulante de produtos alimenticios, ademáis das condicións xerais que o presente regulamento establece para todos os postos de venda, aqueles nos que se expendan produtos alimenticios deberán reunir as condicións hixiénico-sanitarias e doutra índole que se establezan nas regulamentacións específicas dos produtos comercializados e instalacións.

3.-Produtos dos que a venda se autoriza en camións ou vehículos-tenda: pan, froita, queixos, produtos envasados, peixe fresco e conxelado, así como outros produtos alimenticios nos que a súa venda en réxime de ambulancia estea autorizada pola normativa estatal ou autonómica aplicable ós mesmos.

Artigo 8.-Requisitos dos vehículos tenda.

1.-Os vehículos-tenda deberán cumprir cos seguintes requisitos:

En todo caso, deberán contar con furgón separado físicamente da cabina do condutor.

a) Vehículos destinados á venda de peixe fresco: deberán contar coas seguintes especificacións técnicas:

- Vehículo isotermo homologado.

- Xeo cunha temperatura no centro das pezas entre 0 e 7 graos centígrados.

- Inclinación do chan para evacuación da auga de fusión.

- Superficies interiores lisas e unións redondeadas.

- Bidón auxiliar de auga potable en cantidade suficiente, toallas dun só uso e xabón líquido.

- Caldeiro para residuos ou bolsas de plástico.

b) Vehículos para venda de peixe conxelado:

- Vehículo frigorífico.

- Temperatura dos produtos igual ou inferior a 18 graos centígrados.

- Rexistro gráfico de temperatura.

- Superficies lisas e unións redondeadas.

TÍTULO V.-AUTORIZACIÓNS

Artigo 9.-Solicitude de autorizacións.

1.-A autorización para o exercicio de venda ambulante deberá ser solicitada polo interesado ou representante debidamente autorizado, en impreso normalizado (Anexo I) no que se fará constar:

a) Nome e apelidos, enderezo para os efectos de notificacións, número de DNI e letra de identificación fical e no caso de estranxeiros, o número do NIE. Iguais datos faránse constar cando a solicitude se formule po representante autorizado.

b) Modalidade de venda ambulante: en mercado periódico ou venda ambulante a domicilio en camión ou vehículo-tenda. No caso de venda ambulante en mercado, emprazamento exacto no que se pretende exercer a actividade con expresión da superficie a ocupar polo posto de venda. No caso de venda ambulante a domicilio, o solicitante indicará o itinerario para o que solicita autorización, a identificación do camión vehículo-tenda.

c) Mercadorías ou artigos obxecto de venda.

2.-Á solicitude deberá achegarse unha declaración responsable (Anexo II) na que se farán constar necesariamente os seguintes extremos:

a) Que cumpre tódolos requisitos para o exercicio da venda ambulante na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que está en posesión da documentación que así o acredite a partir do inicio da actividade.

c) Que se compromete a manter o seu cumprimento no prazo de vixencia da autorización.

d) Estar dado de alta no epígrafe correspondente do Imposto de Actividades Económicas e ao corrente no pago da tarifa ou, no censo de obrigados tributarios. A acreditación deste extremo xustificarase, a opción do interesado, ben por el mesmo, ben mediante autorización do Concello para que verifique o seu cumprimento.

e) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente no pago das súas cotizacións.

f) No caso de estranxeiros deberá acreditarse o cumprimento das obrigas establecidas na lexislación vixente en materia de autorizacións de residencia e traballo.

g) Reunir as condicións esixidas pola normativa reguladora dos produtos obxecto de venda.

h) Estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos.

i) Dispoñer do correspondente seguro de responsabilidade civil.

k) Dispoñer, no caso de camións e vehículos tenda, do permiso de circulación e da tarxeta de inspección técnica actualizada e estar ao día no pagamento do seguro obrigatorio de vehículos a motor.

l) Dispoñer, no seu caso, da documentación acreditativa de que o vehículo tenda reúne as condicións de hixiene e sanidade esixibles.

ll) Estar inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes da Xunta de Galicia.

Artigo 10.-Procedemento de adxudicación e contido das autorizacións.

1.-Tanto a venda ambulante mediante postos no mercado como a venda a domicilio mediante camións ou vehículo requerirá a previa autorización municipal, que será expedida pola Xunta de Goberno local, e comprobados polos servizos técnicos de que concorren no solicitante as condicións e requisitos previstos na presente ordenanza . Ditas autorizacións poderán solicitarse en calquera momento polas persoas que cumpran os requisitos para o exercicio da venda ambulante segundo o indicado nos parágrafos anteriores, e as autorizacións outorgaránse directamente aos solicitantes por estrito orde de antigüidade. Esta autorización poderá ser revogada polo Concello por incumprimento dos requisitos esixidos na ordenanza reguladora e nas normativas aplicables ao respecto.

2.-A autorización terá unha vixencia de catro anos naturais, agás renuncia expresa do titular, retirada municipal da autorización ou aparición de circunstancias que modifiquen as que motivaron o seu outorgamento. Non se admitirá prórroga.

As autorizacións serán transmisibles aos familiares de 1.º e 2.º grao por consanguinidade ou afinidade e aos traballadores por conta allea vinculados mediante contrato laboral co titular do posto. Os contratados terán prioridade sobre os demandantes en lista de espera, sempre que acrediten unha maior antigüidade no seu contrato laboral que aqueles.

Para a transmisión bastará a realización de comunicación previa. A transmisión dunha autorización non afectará ao seu período de vixencia, que se manterá polo tempo que reste ata a finalización do prazo de duración, non podendo realizarse a transmisión de postos que teñan débedas pendentes de pago. Prohíbese a transmisión parcial dos postos.

2.-O Concello expedirá aos titulares da autorización unha tarxeta identificativa que será exhibida polo seu titular durante o exercicio da actividade, de xeito que resulte perfectamente válido. Na identificación constarán como mínimo os seguintes datos:

- Identificación do titular co nome completo e número de DNI.

- Enderezo para a recepción de posibles reclamacións.

- Número de autorización.

- Prazo de vixencia.

- Produtos autorizados para a venda.

- Ubicación do posto ou itinerario.

- Matrícula do vehículo no seu caso.

Artigo 11.-Extinción das autorizacións.

1.-Sen prexuízo do disposto noutros preceptos desta ordenanza, as autorizacións extínguense por:

a) Trancurso do prazo polo que se outorgaron.

b) Renuncia expresa do titular da autorización.

c) Perda dalgúns dos dereitos establecidos no seu outorgamento.

d) Falta de pago das sancións municipais que se impuxesen.

e) Falecemento ou quiebra do titular declarada mediante resolución xudicial firme.

f) Por imposición de sanción administrativa moi grave.

g) Xubilación ou declaración de incapacidade do titular.

2.-Salvo nos supostos de extinción polo trancurso do tempo, que operará automáticamente, os expedientes de extinción iniciaránse de oficio ou a instancia de parte, correspondendo a súa resolución á Xunta de Goberno local. A instrucción do expediente comunicaráselle ao interesado para que presente as alegacións que considere oportunas no prazo de quince días.

TÍTULO VI.-DEREITOS E OBRIGAS DOS VENDEDORES AMBULANTES

Artigo 12.-Dereitos dos vendedores ambulantes.

1.-Terán dereito a exercer a súa actividade no lugar debidamente autorizado na licenza municipal.

2.-A exercer pública e pacíficamente, no horario e coas condicións establecidas, a actividade de venda ambulante.

3.-Presentar cantas reclamacións e suxestións consideren opotunas na defensa dos seus dereitos e intereses.

Artigo 13.-Obrigas dos vendedores ambulantes.

a) Exercer a actividade ou vender exclusivamente os produtos ou xéneros para os que foron autorizados.

b) Coñecer e cumprir a normativa xeral de ordenación do comercio, disciplina de mercado e protección ao consumidor e cumprir as condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos produtos que sexan obxecto de venda.

c) Efectuar o pagamento da taxa correspondente de acordo coa ordenanza vixente en cada momento.

d) Responder da legalidade, calidade e seguridade dos produtos que vendan, sendo responsables dos riscos para a saúde dos consumidores e usuarios. Así como observar as normas sanitarias que establezan as disposicións vixentes referentes ás pesas, medidas e as de disciplina de mercado ou comercialización, dispoñendo dunha báscula ou metro regulamentario naqueles postos que expidan artigos nos que sexa necesario o peso ou medida.

e) Manter as instalacións, postos e demais elementos de venda nas debidas condicións de seguridade, hixiene, conservación e limpeza, debendo recoller ao remate da xornada comercial todos os desperdicios e embalaxes debidamente atados e depositalos nos contenedores de lixo, evitando en todo momento que se dispersen.Igualmente deberán reparar os danos ocasionados nas vías públicas e instalacións como consecuencia do desenvolvemento da actividade para a que disponen de autorización.

f) Ter colocada en lugar visible a tarxeta municipal de vendedor autorizado.

g) Ocupar o posto asignado polo Concello, sen exceder do espazo concedido, sen poder situarse nos accesos a locais comerciais.

h) Acatar as instruccións que imparta o Concello para o bo funcionamento do mercado e atender aos requirimentos do persoal municipal, policía municipal ou autoridades competentes.

TÍTULO VII.-INSPECCIÓN E RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 14.-Actuación municipal e inspección.

1.-O Concello exercerá a intervención administrativa, as funcións de autoridade, de policía e inspección na venda ambulante no termo municipal de Cariño, sen prexuízo do labor inspector e competencias doutras administracións competentes nas maerias relacionadas co mercado.

2.-Os servizos municipais correspondentes velarán polo mantemento da orde pública e o cumprimento polos usuarios das normas de aplicación e das que se diten no sucesivo na materia, sendo competencia municipal a inspección e sanción en materia de venda ambulante, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras administracións en aplicación da normativa vixente.

Os funcionarios dos servizos municipais que desenvolvan as funcións de inspección, ostentarán a condición de axentes da autoridade, previa acreditación da súa identidade. Os vendedores estarán obrigados a facilitar a inspección das instalacións, subministrar toda clase de información, tanto verbal como documental sobre as mesmas, así como no relativo a produtos e servizos e, en xeral, a colaborar en cantas actuacións sexan precisas.

Artigo 15.-Retirada, intervención de instalacións, elementos e xéneros.

No caso de retirada, intervención de instalacións, elementos e xéneros, procederáse ao depósito destes no lugar que se determine.

Os interesados poderán recuperar os elementos retirados, que non deban ser destruídos, previo abono dos correspondentes gastos de depósito e demáis gastos orixinados pola retirada.

Os produtos inservidos deberán destruirse en caso de que a súa utilización ou consumo constitúa un perigo para a saúde pública, ou cando incumplan os requisitos mínimos establecidos para a súa comercialización.

Transcorridos 48 horas dende a súa intervención sen comparecer o titular para facerse cargo dos elementos depositados entenderase que desiste no seu interese e titularidade, podéndose procederm á súa destrucción ou darlle outro destino que se considere axeitado, sen posibilidade de reclamación ou indemnización algunha.

Artigo 16.-Infraccións e sancións.

1.-O incumprimento das normas establecidas na presente ordenanza, así como as determinadas na normativa de aplicación, dará lugar á incoación do correspondente procedemento sancionador, que poderá iniciarse de oficio ou mediante denuncia. As faltas clasificaránse como leves, graves ou moi graves.

2.-Faltas leves:

a) Producir ruídos, berros ou música infrinxindo a normativa vixente.

b) A falta de ornato ou limpeza das instalacións e na zona do posto.

c) Aumentar a superficie do posto sen autorización municipal.

d) Non deixar limpo e recollido á hora sinalada o lugar no que estivo instalado.

e) Colocación de mercadorías fóra do espazo asignado.

f) Non expoñer en lugar visible a tarxeta de autorización municipal.

g) Calquera outra infracción ao disposto nesta ordenanza que non estea cualificada como infracción grave ou moi grave.

3.-Faltas graves:

a) A venda de produtos distintos aos autorizados na licenza.

b) O incumprimento das disposicións sanitarias aplicables ás instalacións ou produtos que se vendan.

c) A instalación do posto en lugar non autorizado.

d) A negativa ou resistencia a subministrar datos ou facilitar a información requirida polas autoridades competentes ou polos seus axentes para o cumprimento das funcións de información, tramitación e execución que lle corresponden, así como o subministro de información inexacta ou documentación falsa.

e) A desobediencia ás normas de orde ou indicacións da policía local ou de autoridades ou persoal municipal.

f) O exercicio da actividade por persoa diferente da autorizada.

g) As modificacións das condicións nas que se autorizou a venda ambulante, sen autorización ou incumprindo as normas ditadas polo Concello ao respecto.

h) A reiteración por tres veces de faltas leves no período de un ano.

4.-Faltas moi graves:

a) A reiteración por tres veces de faltas graves no período de un ano.

b) Non estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas estando obrigado a elo ou non estar ao día no pagamento das obrigas tributarias respecto da actividade que se exerza.

c) Non estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.

d)Venda de produtos en mal estado que poidan causar dano á saúde, ou incumprimento das disposicións sanitarias aplicables ás instalacións ou produtos que se vendan.

e) A venda de produtos que vulneren as leis de propiedade intelectual.

f) A reiteración de dúas faltas graves nun ano.

Artigo 17.-Sancións.

1.-As sancións que se aplicarán polas infraccións sinaladas na presente ordenanza, serán as seguintes:

a) Apercibimento á persoa infractora.

b) Multa.

c) Incautación e perda de mercancía.

d) Revogación da autorización.

2.-As sancións que se aplicarán serán as que seguen:

1.-Por faltas leves, apercibimento ou multa de 50 a 100 €.

2.-Por faltas graves, multa de 101 a 200 €.

3.-Por falta moi grave:

- Multa de 201 a 400 €.

- E/ou revogación da licenza sen indemnización, mesmo coa posibilidade de cegar a comisar a mercadería nos casos de venda de produtos non autorizados e nos casos legalmente establecidos.

3.-Cando a autorización sexa revogada a consecuencia de infraccións moi graves, o seu titular non poderá obter autorización algunha durante o prazo de dous anos para o exercicio da actividade no municipio de Cariño.

4.-Correspóndelle á Alcaldía a imposición de multas e demais sancións, sen prexuízo das delegacións efectuadas.

5.-As sancións graduaránse en función dos seguintes criterios: reincidencia, trascendencia social de infracción, volumen de facturación ao que afecte, contía do beneficio obtido, grao de intencionalidade e natureza dos prexuízos causados.

6.-A Alcaldía poderá acordar, como sanción accesoria, o decomiso de mercadorías adulteradas, deterioradas, falsificadas, fraudulentas, non identificadas, que entrañen risco para o consumidor ou que incumplan os requisitos mínimos establecidos para a súa comercialización; así como nos casos de venda de produtos non autorizados e nos casos legalmente establecidos. Os gastos de transporte, distribución, destrucción, etc¿das mercadorías sinaladas no parágrafo anterior, serán por conta do infractor.

7.-As autorizacións poderánse suspender, previa audiencia do interesado, no suposto de non pago dunha sanción firme polo tempo que medie ata o cobro efectivo da mesma, sen prexuízo da tramitación do cobro daquela en vía ejecutiva.

Artigo 18.-Procedemento.

1.-Para a determinación das infraccións e imposición de sancións previstas na presente ordenanza, será de aplicación o procedemento administrativo sancionador regulado polo Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.-O procedemento sancionador iniciarase como consecuencia de denuncia ou ben de oficio, correspondendo á Alcaldía a incoación do expediente sancionador e a imposición das sancións previstas na presente Ordenanza.

3.-As infracción previstas nesta Ordenanza prescribirán, se son leves aos seis meses, se son graves ao ano e se son moi graves dous anos. O prazo de prescrición das infraccións computaráse dende o día da súa comisión. Esta prescrición interrumpirase dende que o procedemento se dirixa contra o infractor, volvendo a correr de novo o tempo de prescrición dende que aquel remate sen ser sancionado ou se paralice o procedemento por causa non imputable ó infractor.

En todo caso, o órgano instrutor do expediente, cando sexan detectadas infraccións de índole sanitaria, deberá dar conta inmediata das mesmas ás autoridades sanitarias que correspondan.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Para o non regulado por esta Ordenanza, estaráse ao establecido nas normas de carácter autonómico, estatal ou comunitario que resulten de aplicación.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

As autorizacións existentes no momento da entrada en vigor da presente Ordenanza adaptaranse á mesma dende a súa publicación, comezando a computarse a partir deste momento o prazo de vixencia de catro anos.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogada a Ordenanza reguladora da venda ambulante no término municipal de Cariño, publicada no BOP n.º 01/10/1997, e modificada en data 29/07/2011.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicado íntegramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ANEXOS

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUD DE VENDA AMBULANTE

 

1

DATOS DO SOLICITANTE

NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL:

 

NIF/CIF/ ou equivalente:

REPRESENTANTE: NOME E APELIDOS:

 

NIF ou equivalente:

ENDEREZO A EFECTOS DE NOTIFICACIÓN:

 

LOCALIDADE:

 

PROVINCIA:

PAÍS:

C. POSTAL:

TFNO. FIXO

TFNO. MÓVIL:

FAX:

 

CORREO ELECTRÓNICO:

 

2

MODALIDADE DE VENDA AMBULANTE

· Mercado periódico

 

· Venda ambulante a domicilio

ANEXO II

 

D. ¿¿¿¿¿¿¿.., con DNI/CIF/NIE, e na súa representación ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.., con DNI/NIE, e enderezo a efectos de notificacións en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿, efectúo a seguinte

DECLARACIÓN RESPONSABLE:

Que para o exercicio da venda ambulante reúno os seguintes requisitos establecidos na lexislación vixente:

a) Que cumpre tódolos requisitos para o exercicio da venda ambulante na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que está en posesión da documentación que así o acredite a partir do inicio da actividade.

c) Que se compromete a manter o seu cumprimento no prazo de vixencia da autorización.

d) Estar dado de alta no epígrafe correspondente do Imposto de Actividades Económicas e ao corrente no pago da tarifa ou, no censo de obrigados tributarios. A acreditación deste extremo xustificarase, a opción do interesado, ben por el mesmo, ben mediante autorización do Concello para que verifique o seu cumprimento.

e) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente no pago das súas cotizacións.

f) No caso de estranxeiros deberá acreditarse o cumprimento das obrigas establecidas na lexislación vixente en materia de autorizacións de residencia e traballo.

g) Reunir as condicións esixidas pola normativa reguladora dos produtos obxecto de venda.

h) Estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos.

i) Dispoñer do correspondente seguro de responsabilidade civil.

j) Dispoñer, no caso de camións e vehículos tenda, do permiso de circulación e da tarxeta de inspección técnica actualizada e estar ao día no pagamento do seguro obrigatorio de vehículos a motor.

k) Dispoñer, no seu caso, da documentación acreditativa de que o vehículo tenda reúne as condicións de hixiene e sanidade esixibles.

ll) Estar inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes da Xunta de Galicia.

En Cariño, a ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.

Sinatura:

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.