Teo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PRIVADO POR ENTRADA A ESPECTÁCULOS TEATRAIS

Publicación provisional: 16/05/2016 BOP Nº: 92
Publicación definitiva: 30/06/2016 BOP Nº: 123
Aplicable dende: 01/07/2016

Artigo 1.-fundamento.

En uso das facultades outorgadas polo artigo 142 da Consitutución e de conformidade có disposto nos artigos 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora da Facendas Locais, o concello de Teo establece o prezo privado por entradas a espectáculos tetarais

Artigo 2.-Servizos que grava o prezo privado.

O prezo privado que regula esta Ordenanza esixese para poder acceder como espectador/a a recintos municipais non que se exhiban espectáculos escénicos desenvolvimos pola compañía concesionaria do servizo de dinamización e producción teatral.

As condicións nas que se prestan estes servizos serán as seguintes:

A compañía concesionaria do servizo de dinamización e producción teatral desenvolverá un mínimo de 12 actuacións anuais de artes escénicasde producción propia, de calidade, nas que os espectadores deberán aboar unha entrada de acordo coa tarifa establecida nesta ordenanza. Estas exhibicións van dirixidas a enriquecer a oferta cultural que o Concello de Teo programa fundamentalmente no Centro Sociocultural da Ramallosa.

Artigo 3.-Obrigados ao pago.

Están obrigados ao pagamento das cantidades que se establecen como prezo, as persoas que accedan como espectadores a recintos municipais nos que se exhiban espectáculos escénicos descritos no apartado anterior.

Artigo 4.-Importe.

O importe do prezo privado a satisfacer de forma directa polos usuarios do servizo de exhibición de artes escénicas é unico e queda establecido en 10€ por entrada e espectador.

Artigo 5.-Réxime de pagamento e xestión.

- As exhibicións de artes escénicas nas que os espectadores deberán aboar a entrada serán xestionadas pola compañía residente, que realizará o cobro das entradas de acordo con esta ordenanza.

- O prezo a satisfacer de forma directa polos usuarios do servizo, a razón de 10 euros por entrada, forma parte do prezo do contrato administrativo de servizos estipulado na clásula 2 do prego de clausulas administrativas particulares do contrato de referencia, polo que será recadado e a beneficio da compañía que xestione o servizo.

Disposicion derradeira

A presente Ordenanza entrará en vigor a partires do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e manterá a súa vixencia indefinidamente en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.