Bergondo - REGULAMENTO MUNICIPAL REGULADOR DA POSESIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E DE ANIMAIS SALVAXES EN CAUTIVIDADE, DA LICENZA PARA A POSESIÓN DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS E DO SEU REXISTRO
CAPÍTULO I.- DOS ANIMAIS ABANDONADOS.
Artigo 12.- Recollida de animais abandonados.
1. O animal abandonado será recollido polos servizos municipais, que o trasladarán a un establecemento axeitado ata que o reclamen, acollan ou sexa sacrificado.
2. Os cidadáns teñen o deber de comunicarlle ó Concello a presenza de animais abandonados nas vías ou espazos públicos.
3. Transcorridos os prazos previstos no artigo seguinte, os animais abandonados serán postos a disposición de quen os solicite, durante un prazo mínimo de tres (3) días.
4. O adquirente do animal deberá comprometerse ó cumprimento das obrigas propias dos posuidores de animais, a regularizar a súa situación sanitaria e a aboar os gastos debidos polas atencións veterinarias.
CAPÍTULO I.- DAS DEFINICIÓNS E CLASES.
Artigo 23.- Definición de Animal Potencialmente Perigoso.
1.Considéranse animais potencialmente perigosos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, todos aqueles que pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da súa condición, natureza, especie ou raza á que pertencen, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasiona-la morte, ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás cousas.
2. No caso concreto dos cans, entenderase por potencialmente perigosos aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes:
a) Cans que tiveran algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
b) Cans que foran adestrados para a garda e defensa.
c) Cans que polas súas características raciais poidesen ser aptos para o adestramento para garda e defensa, e en concreto, os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Doberman, Dogo Arxentino, Dogo de Bordeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou),
Rottweiler, Stafforshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu. Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre sí ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
d) Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A dita agresividade será apreciada pola autoridade competente da Consellería de Medio Rural, de oficio ou logo de notificación ou denuncia, e logo de informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
CAPÍTULO I.- DEFINICIÓN
Artigo 43.- Concepto de infracción.
Constitúen infraccións administrativas as accións ou omisións que comporten un incumprimento das obrigacións, prohibicións ou requisitos que establece este regulamento.
CAPÍTULO II.- DA RECUPERACIÓN DE ANIMAIS ABANDONADOS.
Artigo 13.- Recuperación de animais abandonados.
1. O prazo máximo para a recuperación dun animal non identificado é o de vinte días dende que se produciu o seu apresamento.
2. Se o animal está identificado, o dono ou posuidor dispoñerá dun prazo de dez días para recuperalo dende que se lle avisou do seu apresamento.
3. En calquera caso, o dono ou posuidor do animal apreixado deberá aboa-los gastos orixinados pola súa recollida e mantemento con suxeición ós prezos públicos vixentes, sen prexuízo da sanción que lle poida ser aplicable.
4. Transcorridos os prazos sinalados nos apartados anteriores, o Concello daralle ó animal o destino máis axeitado e soamente en último caso o poderá sacrificar.
CAPÍTULO II.- DA XESTIÓN DAS LICENZAS.
Artigo 24.-Licenza Municipal.
1. A tenza de animais potencialmente perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da correspondente licenza municipal, que se expedirá no concello de residencia habitual do propietario.
2. Nos supostos previstos no apartado 2.a) do artigo 23, o titular do can disporá do prazo dun (1) mes para solicita-la licenza administrativa, a contar desde a resolución ditada para tales efectos.
3. Nos supostos previstos no apartado 2.d) do artigo 23, o concello comunicará os feitos á autoridade competente da Consellería de Medio Rural, xuntando os informes esixidos no dito apartado, debidamente motivados. No caso de que se ditara resolución apreciando agresividade, o titular disporá do prazo dun (1) mes, a contar desde a súa notificación, para solicitar a licenza administrativa.
Artigo 25.- Órgano competente para a concesión da Licencia.
Tramitado o expediente conforme ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada, pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, concederase a licenza e o número correspondente da mesma, mediante resolución do órgano que teña atribuida a competencia. As licenzas municipais para a posesión de animais potencialmente perigosos, concederanse mediante resolución da Alcaldía, previa acreditación da incorporación da documentación esixida no presente regulamento.
Artigo 26.- Requisitos e documentación para a obtención da licenza municipal.
1. Para a obtención da licenza municipal será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ser maior de idade e non estar incapacitado.
- Acreditarase mediante fotocopia do D.N.I. ou do pasaporte.
b) Non ter sido condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos.
- Acreditarase mediante certificado de antecedentes penais.
c) Non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación da licenza, ter sido sancionado coa suspensión temporal da mesma, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.
- Acreditarase mediante certificado negativo expedido pola Consellería de Medio Ambiente.
d) Dispoñer de certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica para a tenza de animais potencialmente perigosos, expedido polo director dun centro médico-psicotécnico debidamente autorizado, conforme se recolle nos artigos 4º, 5º e 6º do RD 287/2002, do 22 de marzo.
e) Acreditación de ter formalizado un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poida causa-lo animal, cunha cobertura mínima de 125.000 Euros. Este seguro deberá renovarse anualmente.
- Acreditarase mediante presentación de copia da póliza de seguro claramente detallada ou certificado da compañía aseguradora.
f) Xustificante do abono da taxa municipal.
Artigo 27. - Vixencia e Renovación das licenzas.
1. As licenzas terán unha vixencia de cinco (5) anos, á finalización dos cales deberán ser obxecto de renovación, debendo acreditarse en cada exercicio, para o seu mantemento:
- A subscrición do seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros.
- A expedición do certificado de sanidade animal, expedido por autoridade competente, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigosos.
2. Para a renovación da licenza municipal deberá presentarse a seguinte documentación:
- Solicitude de renovación.
- Copia compulsada da renovación do seguro de responsabilidade civil.
- Copia compulsada do certificado médico de sanidade animal efectuado nunha data non anterior a dous meses á da renovación da licencia.
- Xustificante do abono da taxa municipal.
- Certificado de capacidade física.
- Certificado de aptitude psicolóxica.
3. A condena por calquera dos delitos recollidos no artigo anterior dará lugar á revisión da licenza polo Concello.
Artigo 28.- Acreditación da licenza.
A tenenza da licenza municipal acreditarase mediante a entrega dunha copia da resolución do expediente administrativo iniciado a solicitude do interesado, e mediante a entrega dunha tarxeta acreditativa expedida polo concello, onde se fagan constar os seguintes datos:
-Número de licenza municipal.
-Data de resolución do expediente de solicitude da licenza.
-Data de caducidade da vixencia da licenza.
-Nome e apelidos do titular.
-D.N.I. do titular.
-Enderezo do titular.
-Fotografía actualizada do titular.
-Selo do concello.
Artigo 29.- Revisión , perda de licenzas e depósito de animais.
1. Calquera variación dos datos que figuran na licenza deberá ser comunicada polo seu titular no prazo de quince (15) días, contados dende a data en que se produza, ó órgano competente do concello ó que corresponda a súa expedición, para que se proceda a realiza-la revisión correspondente.
2. A perda polo titular de calquera dos requisitos esixidos no artigo 26, dará lugar á revogación da licencia municipal outorgada, previa tramitación de expediente contradictorio.
A revogación da licencia dará lugar á perda do dereito á tenza do animal. O propietario procederá, no prazo máximo de quince (15) días, á entrega do animal a un novo propietario que posúa licenza en vigor. De non atoparse un novo propietario no prazo referido, farase entrega do animal no centro de recollida de animais vagabundos ou abandonados dependente do concello, respectando en todo momento o disposto na Lei 1/1993, do 13 de abril, e nos artigos 53 ó 60 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, que a desenvolve.
3.En caso de incumprimento da obriga de depósito procederase á súa execución subsidiaria polo Concello, ou a Comunidade Autónoma, a través dos seus servicios ou mediante empresa contratada, sendo os gastos que tal actuación comporta a cargo e conta do antigo titular da licenza.
4.O Concello poderá retirar dos espazos públicos e depositar de oficio en establecemento adecuado, sen necesidade de previo requirimento, a aqueles animais potencialmente perigosos nos que se aprecie unha situación de abandono ou perigosidade para os usuarios das vías e espazos de uso común ou circulen por estes sen a debida protección ou control do seu propietario ou posuidor.
5. Igualmente o Concello poderá retirar e depositar en establecemento adecuado aqueles animais potencialmente perigosos que non dispoñían da correspondente tarxeta de identificación no municipio de orixe ata tanto se acredite tal circunstancia polo titular deste.
6. A falta de licencia municipal para a posesión de animais potencialmente perigosos dará lugar a un único requirimento municipal para a súa obtención no prazo de dez días e á retirada e depósito dos animais, nos termos establecidos neste artigo.
CAPÍTULO II.- DAS CLASES DE INFRACCIÓNS.
Artigo 44.- Infraccións leves.
Son infraccións leves:
a) O maltrato dos animais que non lles cause dor.
b) A venda, doazón ou cesión de animais a menores de dezaseis (16) anos ou incapacitados, sen autorización de quen teña a súa patria potestade, tutela ou custodia.
c) A doazón de animais de compañía como premio.
d) Non manter ó animal en boas condicións hixiénico sanitarias.
e) Manter os animais en instalacións inadecuadas.
f) Non facilitarlles a alimentación adecuada ás súas necesidades.
g) O uso de toda sorte de mecanismos que, destinados a limitar ou impedir a mobilidade dos animais, lles produzan a estes danos ou sufrimentos innecesaros, en especial os que lles impidan manter a cabeza na posición natural.
h) Exercer a venda ambulante de animais fóra dos mercados e feiras autorizados.
i) A carencia ou tenza incompleta do arquivo de fichas clínicas dos animais obxecto de tratamento obrigatorio ou vacinación.
l) A posesión dun can non censado.
m) O sacrificio de animais en lugares públicos.
n) A non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública.
o) A entrada de animais nos espacios destinados a xogos ou espallamento infantil, piscinas, espectáculos públicos deportivos e culturais e en establecementos públicos ou aloxamentos hoteleros, cámpings, etc., agás os cans de guía de persoas con deficiencias visuais.
p) O incumprimento das obrigas establecidas na Lei 50/99, de 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, non sendo as preceptuadas nos números 1 e 2 do seu artigo 13.
q) A utilización ambulante de animais como reclamo publicitario.
r) Mendigar na vía pública utilizando como reclamo calquera animal.
s) Alimentar ós animais na vía pública, sobre todo aqueles que non teñan propietario coñecido.
t) Por razóns de hixiene, queda expresamente prohibido lavar os animais na vía pública ou nas fontes, así como darlles de beber auga direitamente das billas das fontes públicas.
Artigo 45.- Infraccións graves.
1. Son infraccións graves:
a) O maltrato dos animais que lles cause dor ou lesións.
b) Mutilalos sen necesidade ou sen o adecuado control veterinario.
c) Abandonalos.
d) A venda ambulante, reiterada, de animais en xeral, fóra dos establecementos, feiras e mercados legalmente autorizados.
e) A venda de animais salvaxes en cautividade fóra dos establecementos autorizados.
f) O incumprimento das obrigas sobre establecementos, traslados e experimentación de animais reflexadas neste Regulamento.
g) O subministro de estimulantes non autorizados ou substancias que poidan atentar contra a súa saúde, agás cando sexa por prescripción facultativa.
h) A non vacinación ou o non tratamento obrigatorio dos animais.
i) A venda de animais doentes, agás que se trate dun vicio oculto, non coñecido polo vendedor.
l) A cría ou comercialización de animais sen cumprir os requisitos correspondentes.
m) A tenza de animais perigosos sen as medidas de protección que se fixan.
n) O incumprimento de calquera outra das condicións impostas nas autorizacións administrativas.
o) Deixar ceibe a un animal potencialmente perigoso ou non haber adoptado as medidas necesarias para evitar a súa fuxida ou perda.
p) Incumprir a obriga de identificar ó animal potencialmente perigoso.
q) Omitir a incrición do animal no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
r) Atoparse o can potencialmente perigoso en lugares públicos sen buceiro ou non suxeito con cadea.
s) A negativa ou resistencia a subministrar datos ou facilitar a información requerida polas autoridades competentes ou os seus axentes, en orde ó cumprimento das funcións establecidas para estes, así como o subministro de información inexacta ou de documentación falsa.
t) Obrigalos a traballar ou a producir en caso de enfermidade, desnutrición, así como cando exista o risco dunha sobreexplotación que poña en perigo a súa saúde.
u) A entrada e permanencia de animais en establecementos destinados á fabricación, manipulación, almacenamento, transporte e venda de productos alimenticios, agás os cans de persoas con deficiencias visuais.
2. Considérase asemade infracción grave a reincidencia na infracción leve, entendendo que existe tal reincidencia cando se comete unha infracción leve do mesmo tipo que a que motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes á súa notificación, e sempre e cando a resolución sancionadora adquirise firmeza.
3. As infraccións tipificadas nas letras o), p), q), r) e s) deste artigo poderán levar xuntamente e como sancións accesorias a confiscación, decomiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente perigosos, e o peche do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos.
Artigo 46.- Infracción moi graves.
1. Son infraccións moi graves:
a) O maltrato dos animais que lles cause a morte.
b) A organización e celebración de espectáculos, pelexas ou outras actividades con animais que impliquen crueldade ou maltrato ou poida ocasionarlles sufrimentos.
c) A venda de animais con enfermidades infecto-contaxiosas coñecidas.
d) A venda de animais para experimentación sen a debida autorización ou a centros non autorizados.
e) A esterilización ou o sacrificio de animais sen control facultativo.
f) Ter cans ou animais potencialmente perigosos sen licencia.
g) Vender ou transmitir por calquera título un can ou animal potencialmente perigoso a quen careza de licencia.
h) O abandono dun animal potencialmente perigoso, de calquera especie e calquer can, entendéndose por animal abandonado, tanto aquel que estea preceptivamente identificado, como os que non leven ningunha identificación sobre a súa orixe ou propietario, sempre que non estean na compañía dunha persoa.
i) Adestrar animais para activar a súa agresividade ou para finalidades prohibidas.
l) Adestrar animais potencialmente perigosos por quen careza do certificado de capacitación.
m) A organización ou celebración de concursos, exercicios, exhibicións e espectáculos de animais potencialmente perigosos, ou a súa participación neles, destinados a amosar a agresividade dos animais.
n) Posesión, exhibición, compravenda, cesión, circulación, doazón ou calquera outra forma de transmisión de especies protexidas pola normativa vixente, incluídos os convenios internacionais, sen as correspondentes autorizacións expedidas polas autoridades competentes.
ñ) A filmación ou realización de escenas de cine, televisión, ou calquera outro medio audiovisual, que recolla escenas de crueldade, maltrato ou sufrimento de animais, salvo autorización expresa do órgano competente, que verificará que o dano aparente causado ós animais sexa, en todo caso, simulado.
2. Considérase asemade como infracción moi grave a reincidencia na infracción grave, entendendo que existe tal reincidencia cando se comete unha infracción grave do mesmo tipo que a que motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes ó da súa notificación, e sempre e cando a resolución sancionadora adquirise firmeza.
3. As infraccións tipificadas nas letras f), g), h), i), l) e m) deste artigo 46, poderán levar xuntamente e como sancións accesorias a confiscación, decomiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente perigosos, e o peche do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos.
CAPÍTULO III.- DOS ANIMAIS ENFERMOS OU MORTOS.
Artigo 14.- Recollida de animais enfermos ou mortos na vía pública.
Os animais que anden enfermos ou estean feridos ou mortos nas vías e espazos públicos será recollidos polos servizos municipais. Calquera cidadán que advirta a presenza dun animal nesas circunstancias deberán avisar ó Concello para que o retire o máis axiña posible.
CAPÍTULO III.- DO REXISTRO MUNICIPAL.
Artigo 30.- Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
1. Créase o Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, no que se inscribirán os animais potencialmente perigosos que teñan a súa residencia habitual no concello.
2. O Rexistro terá un tratamento informatizado, no que se farán constar, de conformidade co disposto no artigo 4.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, como mínimo, os seguintes datos:
Datos do animal:
-Número de microchip.
-Nome do animal.
-Especie.
-Raza (no caso de cans).
-Sexo.
-Características externas (descrición da capa, tipo e cor da pel, etc..).
-Data de nacemento.
-Aptitude (función do animal): compañía, garda, defensa, caza, etc...
-Causa de inclusión no rexistro (sinalar supostos do artigo 2.2 do Decreto 90/2002).
-Enderezo habitual do animal.
-Data de adquisición do animal.
-Forma de adquisición do animal (cría, doazón, traspaso, venda, outras: especificar).
-Observacións.
Datos do propietario, posuidor ou tenedor:
-D.N.I.
-Apelidos.
-Nome.
-Enderezo habitual.
-Teléfonos de contacto.
-Licenza administrativa: número de licenza, data de expedición e concello de expedición.
3. A identificación definitiva con microchip dos animais potencialmente perigosos é obrigatoria sen excepcións.
4. O Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos é un rexistro de carácter público, ó que terán acceso as Administracións Públicas e autoridades competentes, así como aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos obrantes no mesmo. En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no Rexistro será conforme ó disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos personais.
Artigo 31.- Inscrición no Rexistro.
1.Os titulares da licenza municipal deberán inscribirse no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos no prazo de quince (15) días, contados a partir da obtención da licenza.
Para isto deberán formaliza-la oportuna solicitude, presentando como documentación:
- Xustificación de ter subscrito para cada animal un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000,00 euros.
- Documento acreditativo da implantación do microchip, asinado polo veterinario responsable da implantación.
- Copia acreditativa da posesión da preceptiva licenza municipal.
- Xustificante do abono da taxa municipal.
2. Será igualmente obrigatoria a instancia do interesado, a inscrición no Rexistro municipal, en sección aberta para tal efecto, cando se efectúe o traslado dun animal potencialmente perigoso a este municipio, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, debendo proceder á inscrición no prazo máximo de dez días, que comezará a contar dende o inicio da residencia no municipio.
3. Estimarase que se efectuou un traslado de animal potencialmente perigoso, salvo acreditación expresa en contrario polo interesado, nos casos de cambio de residencia do titular deste. En tal caso será preciso a acreditación da obtención da licenza no municipio de orixe anterior, procedendo a renovación da licenza nos casos previstos na presente ordenanza.
4. Das inscricións que se efectúen no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos darase traslado o órgano correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Igualmente nos casos de cambio de residencia dende o municipio sen prexuízo da obriga do interesado de dar conta do traslado do animal, notificarase ó Concello do municipio de nova residencia a titularidade por parte do interesado dun animal potencialmente perigoso.
Artigo 32.- Acreditación da inscrición no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
A inscrición no rexistro acreditarase mediante entrega dunha copia da resolución do expediente administrativo iniciado a solicitud do interesado, e mediante entrega dunha tarxeta acreditativa, tamaño carné, expedida polo concello, onde se fagan constar os seguintes datos:
-Número do microchip e data de alta do animal no rexistro municipal.
-Nome, especie, raza, sexo, cor e data de nacemento do animal.
-Enderezo do animal.
-Nome e apelidos do propietario.
-Licencia do propietario (número, data de expedición, concello).
-DNI do propietario.
Artigo 33.- Comunicacións do propietario de animal ó Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
1. O propietario do animal deberá comunicar ó Rexistro calquera variación dos datos que figuran nel, no prazo de quince (15) días dende que se producise a modificación.
2. Deberá comunicarse ó rexistro municipal a venda, traspaso ou doazón do animal.
3. Calesquera incidentes producidos por animais potencialmente perigosos ó longo da súa vida, coñecidos polas autoridades administrativas ou xudiciais, faranse constar na folla rexistral de cada animal, tal e como se recolle no artigo 6.4º da Lei 50/1999, do 23 de decembro. No caso de agresións recollerase, como mínimo, a seguinte información: data da denuncia, descrición dos feitos e consecuencias xurídicas.
4. A substracción ou perda do animal deberá ser comunicada polo titular do animal ó Rexistro Municipal, no prazo máximo de corenta e oito (48) horas desde que se teña coñecemento destes feitos, tal e como se recolle no artigo 8.6º do RD 287/2002, do 22 de marzo.
5. Os propietarios de animais potencialmente perigosos deberán comunicar ó Rexistro a realización de castración ou esterilización do animal, se ista se producise, remitindo copia da certificación veterinaria correspondente que acredite este feito.
Artigo 34.- Baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
1. A baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos efectuarase a instancia do interesado, previa acreditación da morte do animal (esta última certificada por veterinario ou autoridad competente).
2. Igualmente procederase á baixa no Rexistro no caso de traslado de residencia habitual do animal a municipio distinto, que así quede acreditado a instancia do interesado. Neste caso o propietario deberá dar de alta ó animal no novo concello de residencia.
3. A perda ou substracción do animal, por un prazo superior a tres (3) meses, considerarase baixa definitiva do animal no Rexistro.
4. Farase constar no Rexistro como de titularidade municipal aqueles animais depositados no centro de recollida de animais vagabundos ou abandonados dependente do concello, como consecuencia da recollida dos mesmos da vía pública, que carezan de dono ou que sendo este identificado non o reclamase no prazo de 10 días do aviso efectuado, conforme o previsto no artigo 53 do Decreto 153/1998, do 2 de abril. Así mesmo, constarán como de titularidade municipal os que foran obxecto de decomiso definitivo ó propietario.
CAPÍTULO III.- DA RESPONSABILIDADE.
Artigo 47.- Responsabilidade.
Consideraranse responsables das infraccións aquelas persoas que por acción ou omisión houberan participado na comisión das mesmas, ó propietario, tedor dos animais ou, no seu caso, ó titular do establecemento, local ou medio de transporte no que se produzan os feitos e, neste último suposto, ademais, ó encargado do transporte.
Artigo 48.- Prescripcións.
As infraccións leves prescribirán ós seis meses, as graves ós doce meses e as moi graves ós dous anos.
CAPÍTULO IV.- DO SERVIZO DE RECOLLIDA.
Artigo 15.- Xestión do servizo da recollida de animais.
1.O Concello poderá xestiona-lo servizo en calquera das formas que prevé a Lei reguladora do réxime local. Tamén poderá concertar convenios coa Xunta de Galicia, con asociacións de protección e defensa dos animais ou con outras asociacións autorizadas para este fin.
2.Os establecementos dedicados a recollida de animais abandonados deberanse inscribir no rexistro creado para tal efecto pola Xunta de Galicia.
CAPÍTULO IV.-DAS OBRIGAS E NORMAS DE TRÁNSITO.
Artigo 35.- Obrigas dos veterinarios, propietarios e posuidores de animais potencialmente perigosos.
1. Os veterinarios que prestaren asistencia sanitaria a un animal sospeitoso de ser empregado en pelexas, ou que observaran que o animal presente cicatrices ou lesións relacionadas con esta práctica ou con outras actividades prohibidas, deberán poñelo en coñecemento do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos. Tamén farán esta comunicación cando coñezan a existencia dunha mordedura ou agresión provocada por animal potencialmente perigoso.
2. Con carácter xeral, os propietarios e posuidores de animais potencialmente perigosos estarán suxeitos ás obrigas e prohibicións establecidas no Título II, Capítulo I do presente Regulamento.
3.- Os propietarios ou posuidores de animais potencialmente perigosos están obrigados a solicitar a licenza á que se refire o Capítulo II do Título VII e a inscribilos no Rexistro ó que se refire o Capítulo III do mesmo Título, do presente Regulamento.
4.- Os propietarios, criadores ou tedores dos animais potencialmente perigosos terán a obriga de identificar os mesmos cun microchip nos seus tres primeiros meses de vida ou nun mes despois da súa adquisición. A identificación dos animais da especie canina, coa debida garantía, é obrigatoria sen excepcións.
5.-A identificación mediante o microchip ou transponder farase baixo o cumprimento das características e do procedemento regulados nos artigos 9 e 10 do Decreto 90/02, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.
6.- Os propietarios, criadores ou tedores de animais potencialmente perigosos terán a obriga de cumprir tódalas normas de seguridade cidadá, establecidas na lexislación vixente, de xeito que garantan a óptima convivencia destes animais cos seres humanos e se eviten molestias á poboación.
Artigo 36.- Normas para o tránsito de animais potencialmente perigosos.
1.- O Concello poderá regular as condicións en que se autorice a circulación e estadía dos
animais potencialmente perigosos en rúas, parques e vías públicas, podendo determinar, por razóns de seguridade e orde pública, as zonas en que se prohíba a súa estadía e circulación.
2.- A presenza de animais potencialmente perigosos en lugares ou espazos públicos esixirá que a persoa que os conduza e controle leve consigo a licenza administrativa e a certificación acreditativa da inscrición do animal no Rexistro Municipal ás que se refiren os Capítulos II e III do Título VII da presente Ordenanza. Os devanditos documentos poderán ser requeridos en todo momento pola Autoridade municipal.
3.- Os cans que conforme a este Regulamento sexan considerados como potencialmente perigosos terán que circular nas vías públicas e nos lugares e espacios de uso público en xeral, atados con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a dous (2) metros, provistos do correspondente buceiro homologado e axeitado para a súa raza, e en ningún caso poderán ser conducidos por un menor de dezaseis (16) anos. Non poderá levarse máis de un destes cans por persoa.
5.- Os animais potencialmente perigosos que se atopen nunha finca, casa de campo, chalé, parcela, patio, terraza ou calquera outro lugar delimitado, deberán de estar suxeitos, a non ser que se dispoña de habitáculo coa superficie, altura e axeitado peche, para protexer ás persoas ou animais que accedan ou se acheguen a estes lugares.
Artigo 37.- Excepcións.
Cando as circunstancias así o aconsellen, poderanse establecer excepcións ó cumprimento de determinadas obrigas dos propietarios de animais potencialmente perigosos nos casos de:
a) Organismos públicos ou privados, que utilicen estes animais cunha función social.
b) Explotacións agrarias que utilicen cans de garda, defensa e manexo de gando, así como de actividades de carácter cinexético.
c) Probas de traballo e deportivas con fins á selección dos exemplares que participan nelas e que estean autorizadas e supervisadas pola Autoridade competente, con exclusión dos exercicios para pelexas e ataque.
CAPÍTULO IV.- DAS SANCIÓNS.
Artigo 49.- Sancións pecunarias.
1.- As infraccións indicadas no Capítulo II deste título, agás as tipificadas na letra p) do artigo 44, nas letras o), p), q), r) e s) do artigo 45, e nas letras f), g), h), i), l) e m) do artigo 46, serán sancionadas con multas de:
a) A leves, de 30,05 a 300,50 euros.
b) As graves, de 300,51 a 3.005,06 euros.
c) As moi graves, de 3.005,07 a 15.025,30 euros.
2.- As infraccións tipificadas na letra p) do artigo 44, nas letras o), p), q), r) e s) do artigo 45, e nas letras f), g), h), i), l) e m) do artigo 46, serán sancionadas con multas de:
a) As leves, de 150,25 a 300,50 euros.
b) As graves, de 300,51 a 2.404,04 euros.
c) As moi graves, de 2.404,05 a 15.025,30 euros.
Artigo 50.- Procedemento sancionador.
1. O procedemento sancionador axustarase á regulación da potestade sancionadora recollida na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, así como no Real Decreto 1398/93, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potetade sancionadora.
2.- Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o Concello poderá proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisorio durante a tramitación do procedemento sancionador.
Artigo 51.- Sancións non pecunarias.
Na resolución do expediente sancionador, ademais das multas a que se refiren os artigos anteriores, os órganos competentes poderán impoñer as seguintes sancións:
a) O peche temporal ou definitivo, respectivamente, para as infraccións graves ou moi graves, dos establecementos regulados.
b) A prohibición temporal ou permanente, respectivamente, para as infraccións graves ou moi graves, do exercicio de actividades comerciais reguladas.
c) A incautación dos animais obxecto de actividades ilegais ou de abandono para calquera tipo de infracción.
d) No caso de federacións ou de calquera outra actividade non lucrativa, para infraccións graves ou moi graves, poderá suspenderse temporalmente, ou en casos moi graves definitivamente, o exercicio das súas actividades.
Artigo 52.- Exercicio da potestade sancionadora.
1.Os órganos competentes para sancionar, de acordo cos artigos 24.2 da Lei 1/1993, do 13 de abril, da comunidade autónoma de Galicia, serán:
a) Por infraccións leves, o alcalde do Concello onde se produza a infracción.
b) Por infraccións graves, o Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural.
c) Por infraccións moi graves, o Conselleiro do Medio Rural.
2. A incoación e tramitación dos expedientes polas infraccións tipificadas como leves correspóndelle ó Concello onde se produza a infracción.
Non obstante, o alcalde poñerá en coñecemento de xeito fidedigno, do Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural, toda acción ou omisión que poida ser tipificable como infracción grave ou moi grave.
3. Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o alcalde poderá proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitación dun expediente sancionador.
Artigo 53.- Graduación das sancións.
Na graduación das sancións deberán terse en conta a transcendencia social ou sanitaria e o prexuízo causado pola infracción; o ánimo de lucro e a contía do beneficio obtido na comisión da infracción; a importancia do dano causado ó animal, así como a reiteración ou reincidencia na comisión de infraccións.
CAPÍTULO V.- DO ADESTRAMENTO.
Artigo 38. - Do adestramento.
1. Queda prohibido o adestramento de animais dirixido exclusivamente a acrecentar e reforzar a súa agresividade para as pelexas ou para o ataque.
2. En todo caso a actividade de adestramento farase de conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 50/99, de 23 de decembro, de réxime xurídico da Tenza de Animais Potencialmente Perigosos, e no Capítulo IV do Decreto 90/02, de 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.
CAPÍTULO I.- DA EXPERIMENTACIÓN
Artigo 40.- Autorización da experimentación.
1. Toda actividade experimental con animais que lles poida causar dor, sufrimento, lesión ou a morte, adecuarase á súa normativa específica e requirirá, no seu caso, autorización previa do órgano autonómico competente.
2. Os animais destinados a experimentos serán obxecto da proteccion e coidados previstos nas disposicións correspondentes.
3. Os experimentos levaranse a efecto baixo a dirección do persoal facultativo correspondente.
4. Os animais que, como resultado da experimentación non poidan desenvolver unha vida normal serán sacrificados de forma rápida e indolora.
CAPÍTULO II.- DA INSPECCIÓN E VIXIANCIA.
Artigo 41.- Controis sanitarios.
1. Os plans, programas e disposicións de execución para o control, loita e erradicación de zoonoses e epizootias dos animais domésticos e salvaxes en catividade do termo municipal serán os establecidos polo órgano autonómico competente, sen prexuízo da normativa estatal ou comunitaria en vigor.
2. O Concello poderá ordenar o illamento e internamento dos animais domésticos e salvaxes en catividade no caso de que se lles diagnosticasen enfermidades transmisibles, co obxecto de sometelos a tratamento curativo ou, cando esto non fose posible, proceder ó seu sacrificio. Para a adopción destas medidas será preciso que o diagnóstico das enfermidades ou a detección de portadores sexan confirmadas polos servicios veterinarios oficiais.
Artigo 42.- Vixiancia e supervisión.
1. É competencia dos servicios veterinarios oficiais a comprobación do cumprimento das obrigas e requisitos esixidos polo presente Regulamento, así como do resto da normativa vixente en materia de sanidade animal e de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade. Tamén levarán a supervisión e control dos programas zoosanitarios.
2. O Concello facilitaralle ós veterinarios oficiais información e axudas para levar a cabo as funcións mencionadas no artigo anterior.
ÍNDICE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
CAPÍTULO I.-DO ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 1.-Obxecto.
CAPÍTULO II.-DAS ASOCIACIÓNS DE PROTECCIÓN E DEFENSA DOS ANIMAIS.
Artigo 2.-Asociacións de protección e defensa dos animais domésicos e salvaxes en cautividade.
CAPÍTULO III.-DA TIPOLOXÍA DE ANIMAIS.
Artigo 3.-Definicións.
TÍTULO II.-DA POSESIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE.
CAPÍTULO I.-DAS OBRIGAS DOS POSUIDORES DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CAUTIVIDADE.
Artigo 4.-Obrigas dos donos e posuidores de animais.
Artigo 5.-Prohibicións de carácter xeral.
Artigo 6.-Prohibicións de carácter específico.
Artigo 7.-Acceso e permanencia de animais en lugares comunitarios privados.
Artigo 8.-Prohibicións de carácter expreso.
CAPÍTULO II.-DA CIRCULACIÓN DE ANIMAIS POLAS VÍAS E ESPAZOS PÚBLICOS
Artigo 9.-Circulación de animais.
Artigo 10.-Transporte dos animais.
TÍTULO III.-DA RESPONSABILIDADE DOS POSUIDORES DOS ANIMAIS.
Artigo 11.-Responsabilidade do propietario.
TÍTULO IV.-DA RECOLLIDA DE ANIMAIS.
CAPÍTULO I.-DOS ANIMAIS ABANDONADOS.
Artigo 12.-Recollida de animais abandonados.
CAPÍTULO II.-DA RECUPERACIÓN DE ANIMAIS ABANDONADOS.
Artigo 13.-Recuperación de animais abandonados.
CAPÍTULO III.-DOS ANIMAIS ENFERMOS OU MORTOS.
Artigo 14.-Recollida de animais enfermos ou mortos na vía pública.
CAPÍTULO IV.-DO SERVIZO DE RECOLLIDA.
Artigo 15.-Xestión do servizo da recollida de animais.
TÍTULO V.-DA POSESIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS PARA CONSUMO FAMILIAR
Artigo 16.-Crianza de animais para o consumo familiar.
Artigo 17.-Limitacións.
Artigo 18.-A crianza de animais como actividade económica.
TÍTULO VI.-DO REXISTRO MUNICIPAL DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CAUTIVIDADE
Artigo 19.-Rexistro municipal de animais domésticos e salvaxes en cautividade.
Artigo 20.-Datos a constar no Rexistro municipal de animais domésticos e salvaxes en catividade.
Artigo 21.-Identificaclión individual e cartilla sanitaria.
Artigo 22.-Comunicación de baixa no Rexistro.
TÍTULO VII.-DA TENZA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS
CAPÍTULO I.-DAS DEFINICIÓNS E CLASES.
Artigo 23.-Definición de Animal Potencialmente Perigoso.
CAPÍTULO II.-DAS XESTIÓN DAS LICENZAS.
Artigo 24.-Licenza Municipal.
Artigo 25.-Órgano competente para a concesión da licenza.
Artigo 26.-Requisitos e documentación para a obtención da licenza municipal.
Artigo 27. - Vixencia e Renovación das licenzas.
Artigo 28.-Acreditación da licenza.
Artigo 29.-Revisión, perda de licenzas e depósito de animais.
CAPÍTULO III.-DO REXISTRO MUNICIPAL.
Artigo 30.-Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
Artigo 31.-Inscrición no Rexistro.
Artigo 32.-Acreditación da inscrición no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
Artigo 33.-Comunicacións do propietario de animal ó Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
Artigo 34.-Baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
CAPÍTULO IV.-OBRIGAS E NORMAS DE TRÁNSITO.
Artigo 35.-Obrigas dos veterinarios, propietarios e posuidores de animais potencialmente perigosos.
Artigo 36.-Normas para o tránsito de animais potencialmente perigosos.
Artigo 37.-Excepcións.
CAPÍTULO V.-DO ADESTRAMENTO.
Artigo 38. - Do adestramento.
TÍTULO VIII.-DAS AGRESIÓNS ÁS PERSOAS.
Artigo 39.-Agresións de animais.
TÍTULO IX.-DAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN.
CAPÍTULO I.-DA EXPERIMENTACIÓN
Artigo 40.-Autorización da experimentación.
CAPÍTULO II.-DA INSPECCIÓN E VIXIANCIA.
Artigo 41.-Controis sanitarios.
Artigo 42.-Vixiancia e supervisión.
TÍTULO X.-DA INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
CAPÍTULO I.-DEFINICIÓN
Artigo 43.-Concepto de infracción.
CAPÍTULO II.-DAS CLASES DE INFRACCIÓNS.
Artigo 44.-Infraccións leves.
Artigo 45.-Infraccións graves.
Artigo 46.-Infraccións moi graves.
CAPÍTULO III.-DA RESPONSABILIDADE.
Artigo 47.-Responsabilidade.
Artigo 48.-Prescripcións.
CAPÍTULO IV.-DAS SANCIÓNS.
Artigo 49.-Sancións pecunarias.
Artigo 50.-Procedemento sancionador.
Artigo 51.-Sancións non pecunarias.
Artigo 52.-Exercicio da potestade sancionadora.
Artigo 53.-Graduación das sancións.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA
DISPOSICIÓN FINAL
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A lexislación sectorial sobre a protección animal pretende garantir a convivencia entre as persoas e os animais que habitan no entorno humano. O principio fundamental na protección dos animais está fixado na posesión ou tenza responsable, de xeito que as persoas asumirán o debido coidado dos animais como contraprestación que lles deben, fronte a utilidade que estes implican.
Asimesmo, a proliferación da posesión doméstica de animais de compaña, e especialmente no caso dos potencialmente perigosos, fai preciso a regulación do seu réxime de posesión co fin de minimiza-los riscos de molestias e ataques ás persoas, bens e outros animais, favorecendo a pacífica convivencia entre todos.
Con carácter xeral, a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en cautivide impón, no seu artigo 11, ós concellos a obriga de recollida dos animais abandonados, e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, no seu artigo 27, obriga a censar a nivel municipal a tódolos animais da especie canina, así como outros que regulamentariamente se determinen.
Máis, recentemente establécese un novo campo normativo sobre a tenza de animais considerados potencialmente perigosos, en antención á demanda social de seguridade pública derivada de certos ataques de cans contra persoas, polo feito da proliferación da posesión destes animais en catividade, en domicilios ou recintos privados, constituíndo un potencial perigo para a seguridade de persoas, bens e outros animais. A tal fin, a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, dictada ó amparo do artigo 149.1.29 da Constitución Española, que atribue ó Estado a competencia exclusiva en materia de seguridade pública, asigna no artigo 3 ós concellos a competencia para conceder a licenza administrativa que habilite para a tenza de animais potencialmente perigosos. Ademais, no seu artigo 6, establece que en cada concello existirá un rexistro de animais potencialmente perigosos.
Ó amparo do artigo 3.2 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, a Xunta de Galicia aproba o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, que se desenvolve no Real Decreto 287/2002 do 22 de marzo, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os Rexistros Galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.
En consecuencia, e de conformidade coas disposicións citadas, e ó amparo da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, da Lei 5/1997, do 22 de xuño, de Administración Local de Galicia e da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, a Corporación aprobou esta Ordenanza:
TÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
CAPÍTULO I.-DO ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 1.-Obxecto.
1. Este regulamento ten por obxecto establece-las normas para a posesión e protección dos animais domésticos e dos animais salvaxes en catividade no territorio municipal do Concello de Bergondo, a regulación da concesión e renovación das licenzas administrativas para a tenza de calquera animal clasificado como potencialmente perigoso, ós que se refire o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a posesión de animais potencialmente perigosos na comunidade autónoma de Galicia, así como a regulación do Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos e o censo de animais de compañía.
2. Asemade, créase a Sección Local do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos (REGIAC), que conterá a información referente ós animais de compañía residentes no Concello, que se remita desde o REGIAC.
3. Quedan excluídos da aplicación do presente regulamento os cans e animais pertencentes ás Forzas Armadas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Corpos da Policía das Comunidades Autónomas, Policía Local e empresas de Seguridade con autorización oficial.
4. Sen prexuízo do esixido nas demais disposicións que sexan aplicables, estarán suxeitos á obtención de previa licenza municipal nos termos que determina no seu caso o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, pola que se regula ¿a avaliación de incidencia ambiental", as actividades seguintes:
a) Os establecementos hípicos, sexan ou non de temporada con instalacións fixas ou non, que garden cabalos para a práctica da equitación con fins deportivos, recreativos ou turísticos.
b) Os Centros para animais de compaña e os destinados á reprodución, aloxamento temporal ou permanente e/ou subministro de animais para vivir domesticados nas casas, principalmente cans, gatos e aves e outros cánidos destinados á caza e do deporte e que se dividen en:
- Lugares de cría: para a reprodución e subministro de animais a terceiros.
- Residencias: establecementos destinados a aloxamento temporal.
- Canceiras deportivas: establecementos destinados á práctica do deporte en canódromos.
- ¿Xaurías": establecementos destinados a gardar animais para a caza.
c) Centros ou agrupacións diversas non comprendidas entre os anteriores.
Clasifícanse en:
- Tenda de paxaros: para a reprodución e/ou subministro de pequenos animais, principalmente pequenas aves, con destino ós domicilios.
- Provedores de Laboratorios: para a produción e/ou subministro de animais con fines de experimentación científica.
- Zoos ambulantes, circos e entidades asimiladas.
- Comercios dedicados á venda de animais de acuario ou terrario, como peces, arácnidos e reptís.
- Instalacións dedicadas á cría de animais para aproveitamento das súas peles.
CAPÍTULO II.-DAS ASOCIACIÓNS DE PROTECCIÓN E DEFENSA DOS ANIMAIS
Artigo 2.-Asociacións de protección e defensa dos animais domésicos e salvaxes en cautividade.
1. Consideraranse Asociacións de protección e defensa dos animais domésticos e salvaxes en cautividade aquelas que se constitúan legalmente, sen fin de lucro, tendo por obxectivo fundamental a defensa e protección dos animais no medio no que viven, sendo consideradas de utilidade pública.
2. As asociacións de protección e defensa dos animais domésticos e salvaxes en cautividade deberán de cumplir os requisitos esixidos pola normativa autonómica co fin de ser consideradas como tales, e actuarán coa colaboración do Concello na realización dos seus fins. As asociacións teñen a obriga de denunciar os feitos que consideren infracción, de acordo co previsto no seguinte Regulamento.
CAPÍTULO III.-DA TIPOLOXÍA DE ANIMAIS
Artigo 3.-Definicións.
1. Para os efectos do establecido no presente regulamento, enténdese por:
a) Animais domésticos: os que pertenzan a especies que habitualmente se críen, reproduzan e convivan co home, con fins educativos, sociais ou lúdicos, sen ningunha actividade lucrativa e que non son susceptibles de ocupación.
b) Animais de compañía: os animais domésticos das especies canina e felina, así como os doutras especies que se críen, xeralmente no propio fogar, con obxecto de obter a súa compañía (subespecie de animal doméstico).
c) Animais salvaxes en cautividade: os que, sendo libres pola súa condición, sexan obxecto de captura no seu medio natural, manténdose nun grao absoluto e permanente de dominación.
d) Animal abandonado: o que circula libremente aínda que estea provisto de identificación oficial, se no prazo de vinte días a partir da súa captura non é reclamado por ninguén que acredite a súa relación posesoria.
e) Animal potencialmente perigoso: todo aquel animal que, pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, sendo utilizado como animal doméstico, ou de compañía, con independencia da súa agresividade, pertenzan a especies ou razas que teñan a capacidade de causar a morte ou lesións ás persoas ou a outros animais e danos ás cousas.
2. A tenza de animais domésticos distintos dos establecidos no parágrafo anterior, de animais exóticos, e de animais salvaxes en domicilios particulares, estará sometida á autorización expresa deste Concello, debendo ser acreditada a procedencia legal no caso da posesión de animais pertencentes a especies susceptibles de propiedade segundo os tratados internacionais ratificados polo Estado español.
En ningún caso se permite a posesión de animais salvaxes de manifesta agresividade, así como de animais susceptibles de poder provocar envelenamentos pola súa picadura ou mordedura.
TÍTULO II.-DA POSESIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CATIVIDADE
CAPÍTULO I.-DAS OBRIGAS DOS POSUIDORES DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CAUTIVIDADE
Artigo 4.-Obrigas dos donos e posuidores de animais.
Os posuidores de animais ós que se refire o presente regulamento estarán obrigados en todo momento a:
a) Mantelo en boas condicións hixiénico-sanitarias e realizar calquera tratamento preventivo ou vacinacións que se declararan obrigatorias, ou que sexan necesarias para o seu benestar ou a protección da saúde pública.
b) Proporcionarlle a alimentación, a auga e os coidados que estean en consonancia coas necesidades fisiolóxicas e etolóxicas do animal.
c) Facilitarlle un aloxamento que deberá proporcionarlle un ambiente adecuado, cómodo e hixiénico.
d) Non maltratalo nin sometelo a ningunha práctica que lle poida producir sufrimento ou danos inxustificados.
e) Non subministrarlle substancias que poidan causarlle sufrimento ou danos innecesarios, nin aquelas que se empreguen para modificar o comportamento do animal coa finalidade de aumentar o seu rendemento, salvo que se efectúe por prescripción facultativa.
f) Non abandonalo.
g) Adoptar as medidas necesarias para que o animal non poida acceder libremente ás vías e espacios públicos ou privados, así como impedir o seu libre acceso a persoas, animais ou cousas que se atopen neles.
h) A adoptar as medidas precisas para impedir que lixen as vías e espacios públicos de zonas urbanas, debendo recoller os excrementos que os animais depositen nas beirarrúas, vías e espacios públicos, fóra dos lugares contados para o efecto.
i) Os posuidores de animais que se atopen en liberdade en predios ou recintos deberán dispor os medios adecuados para evitar que poidan ocasionar danos ou molestias ós viandantes. Asemade, procurarán que a circulación e o transporte dos animais pola vía pública se leve a cabo coas adecuadas medidas de protección.
l) A identificación definitiva con microchip de tódolos cans, independentemente da súa raza ou condición, é obrigatoria dende o 2 de xullo de 2003, tal e como se recolle no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro.
Artigo 5.-Prohibicións de carácter xeral.
Queda prohibido con carácter xeral e respecto de tódolos animais:
a) Maltratar ou agredir físicamente os animais ou sometelos a calquera outra práctica que lles supoña sufrimentos ou danos inxustificados.
b) Abandonalos.
c) O uso de toda sorte de mecanismos que, destinados a limitar ou impedir a mobilidade dos animais, lles produzan a estes danos ou sufrimentos innecesaros, en especial os que lles impidan manter a cabeza na posición natural.
d) Desatender a súa alimentación ou reducila a un nivel de simple subsistencia que poida implicar riscos para a saúde do animal ou que resulte inadecuada para as súas características fisiolóxicas.
e) Mantelos en condicións inadecuadas dende o punto de vista hixiénico-sanitario ou desatender a práctica do coidado e atención necesarios de acordo coas necesidades fisiolóxicas e etolóxicas segundo raza e especie.
f) Obrigalos a traballar ou a producir en caso de enfermidade, desnutrición, así como cando exista o risco dunha sobreexplotación que poña en perigo a súa saúde.
g) Subministrarlles substancias non permitidas coa finalidade de aumentar o seu rendemento ou producción.
h) Practicarlles mutilacións ós animais, salvo as supervisadas por un facultativo competente en caso de necesidade ou para conseguir a presentación habitual da raza.
i) Vendérllelos ou cedérllelos a laboratorios, clínicas e particulares co obxecto de seren utilizados en experimentación, sen a correspondente autorización.
l) Vendérllelos ós menores de dezaseis (16) anos e ós incapacitados, sen a autorización daqueles que teñan a potestade paterna ou custodia.
m) Exercer a venda ambulante de animais sen a correspondente autorización municipal, ou fóra dos lugares ou mercados indicados para isto.
n) O sacrificio non eutanásico dos animais de compaña.
o) A celebración de certames, concursos, exposicións ou concentracións de animais sen a autorización previa do órgano autonómico competente nesta materia.
p) Posesión, exhibición, compravenda, cesión, circulación, doazón ou calquera outra forma de transmisión de especies protexidas pola normativa vixente, incluídos os convenios internacionais, sen as correspondentes autorizacións expedidas polas autoridades competentes.
q) A tenza de animais perigosos para o home sen dispor de recintos apropiados e a súa circulación en espacios públicos ou en locais abertos ó público sen as debidas garantías de seguridade.
r) Calquera outra acción ou omisión tipificada como infracción nos artigos 44, 45 e 46 do presente Regulamento.
Artigo 6.-Prohibicións de carácter específico.
Con carácter específico, prohíbese tamén:
a) A utilización de animais en pelexas, festas, espectáculos e outras actividades que leven consigo maltrato, crueldade ou sufrimento dos animais.
b) A filmación ou realización de escenas de cine, televisión, ou calquera outro medio audiovisual, que recolla escenas de crueldade, maltrato ou sufrimento de animais, salvo autorización expresa do órgano competente, que verificará que o dano aparente causado ós animais sexa, en todo caso, simulado.
c) A utilización ambulante de animais como reclamo publicitario.
d) Mendigar na vía pública utilizando como reclamo calquera animal.
e) Alimentar ós animais na vía pública, sobre todo aqueles que non teñan propietario coñecido.
f) O traslado de animais nos medios de transporte público, a excepción dos servizos de taxi a criterio do conductor. En todo caso, os cans de guía de persoas con deficiencias visuais poderán circular nos transportes públicos, sempre que estean co seu dono e garden as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade.
g) A entrada e permanencia de animais en establecementos destinados á fabricación, manipulación, almacenamento, transporte e venda de productos alimenticios, agás os cans de persoas con deficiencias visuais.
h) A entrada de animais en espectáculos públicos deportivos e culturais, en recintos de práctica de deporte ou piscinas, así como nos espazos destinados especialmente a xogos ou espallamento infantil, agás os cans de guía de persoas con deficiencias visuais.
i) A entrada de animais en establecementos públicos ou aloxamentos hoteleros, cámpings, etc., agás os cans de guía de persoas con deficiencias visuais, sen prexuízo de que os donos dos citados establecementos poidan permitir, baixo o seu criterio e responsabilidade, a entrada de animais ós mesmos.
Artigo 7.-Acceso e permanencia de animais en lugares comunitarios privados.
1. O acceso e permanencia dos animais en lugares comunitarios privados ou nas súas dependencias, tales como sociedades culturais, recreativas ou similares, zonas de uso común de comunidades de veciños ou outras, estará suxeito ás normas que rixan nas devanditas entidades.
2. No caso de posesión de animais aloxados en edificacións destinadas a vivenda humana, deberán cumprirse as condicións hixiénicas axustadas ó seu aloxamento garantindo a ausencia de riscos sanitarios e que non se ocasionen perigos ou lles produzan molestias ós veciños.
3. Os propietarios dos animais coidarán de que estes cos seus sonidos, ladridos ou ruidos non perturben o descanso dos veciños.
Artigo 8.-Prohibicións de carácter expreso.
1. De forma expresa, e no referente a cans, queda prohibido:
a) Deixar as deposicións dos animais nas beirarrúas ou nas zonas de paso de peóns e, en xeral, en toda a vía pública. O mesmo en relación coas praias.
As deposicións que se produzan serán recollidas polos propietarios dos cans e colocadas de forma hixiénicamente aceptable nos contedores de recollida de lixo ou en lugares habilitados para tal fin. Non poderán empregarse a estes efectos as papeleiras públicas ou entradas de sumidoiros.
Os propietarios dos animais son responsables da eliminación destas deposicións. No caso de que se produza a infracción desta norma, a Policía Local poderá requirir ó propietario ou á persoa que conduza o can para que proceda a retirar as deposicións.
b) A circulación e estadía de animais en: praias e na zona de litoral marítimo durante as datas que se determinan a continuación:
- Do 15 de maio ao 15 de outubro, ambos incluídos.
- Do venres anterior ao Domingo de Ramos ao luns de Pascua, ambos incluídos.
c) No futuro poderase acoutar unha parte específica dalgunha das nosas praias onde a presenza de cans fose admisible durante todo o ano.
2. Queda expresamente prohibida a presenza de animais nos parques, praias e espazos públicos, especialmente os frecuentados por nenos, agás o disposto para os cans nas praias, nas datas e nos supostos indicados no punto anterior. Asemade, prohíbese a presencia de animais nas piscinas públicas. Exceptúanse os cans de guía de persoas con deficiencias visuais.
3. As persoas que empreguen cans para a vixilancia de predios, obras ou calquera outra propiedade, estando estes en liberdade, deberán dispor os medios adecuados para evitar que poidan ocasionar danos ou molestias ós viandantes e, en todo caso, daranlles alimento, aloxamento, espazo e curas axeitadas, ademais de telos censados e identificados.
4. Os cans ceibes en vivendas con acceso á vía pública deberán estar cercados de xeito que non poidan asustar ós viandantes.
5. Deberá advertirse en lugar visible a existencia dun can de garda.
CAPÍTULO II.-DA CIRCULACIÓN DE ANIMAIS POLAS VÍAS E ESPAZOS PÚBLICOS
Artigo 9.-Circulación de animais.
1. Tódolos animais, cando transiten por espazos públicos ou zonas verdes, teñen que ir debidamente controlados mediante cadea, correa e colar, ou outro medio máis axustado para cada especie.
2. Asemade, os animais que transiten por espazos públicos ou zonas verdes deberán contar coa correspondente identificación, habilitando como válidas as identificacións levadas a cabo con métodos homologados segundo normas comunitarias. Os cans irán provistos de buceiro, ademais de cumprir o disposto no artigo precedente.
3. Exceptúase o uso de correa ou medio de suxección, así como o de buceiro, ós cans que se empreguen nas tarefas agrícolas ou gandeiras mentres desenvolvan as súas actividades no ámbito rural, e aqueles que se empreguen na caza no tempo e forma legal. Tamén no caso dos que circulen fóra dos núcleos urbanos por terreos agrícolas en compaña dunha persoa responsable, ou en terreos forestais ou costeiros sempre que non concorran coa presenza de terceiras persoas. Esta dispensa non será aplicable aos cans potencialmente perigosos.
4. Cabe a aplicación da excepción do artigo anterior no caso dos cans de guía de persoas con deficiencias visuais.
Artigo 10.-Transporte dos animais.
1. O transporte dos animais obxecto deste Regulamento realizarase coas debidas condicións hixiénicas e sanitarias, debendo respectarse en todo caso as condicións específicas previstas na normativa vixente sobre protección dos animais durante o transporte.
2. Prohíbese o transporte de animais se estes non están en condicións de realizalo traxecto previsto e se non se adoptaron as disposicións oportunas para o seu coidado durante o transporte e a chegada ó lugar de destino. Os animais enfermos e feridos non se consideran aptos para o transporte, salvo que o obxecto do mesmo sexa sometelos á atención e tratamento veterinarios ou que o transporte non sexa causa de sufrimentos innecesarios.
TÍTULO III.-DA RESPONSABILIDADE DOS POSUIDORES DOS ANIMAIS
Artigo 11.-Responsabilidade do propietario.
O posuidor dun animal, sen prezuízo da responsabilidade civil subsidiaria do propietario, será responsable dos danos, prexuíxos e molestias que ocasione ás persoas, animais, cousas, espazos públicos e ó medio natural en xeral, de acordo co establecido no artigo 1905 do Código Civil, e con suxección á lexislación aplicable no seu caso.
TÍTULO IV.-DA RECOLLIDA DE ANIMAIS
CAPÍTULO I.-DOS ANIMAIS ABANDONADOS
Artigo 12.-Recollida de animais abandonados.
1. O animal abandonado será recollido polos servizos municipais, que o trasladarán a un establecemento axeitado ata que o reclamen, acollan ou sexa sacrificado.
2. Os cidadáns teñen o deber de comunicarlle ó Concello a presenza de animais abandonados nas vías ou espazos públicos.
3. Transcorridos os prazos previstos no artigo seguinte, os animais abandonados serán postos a disposición de quen os solicite, durante un prazo mínimo de tres (3) días.
4. O adquirente do animal deberá comprometerse ó cumprimento das obrigas propias dos posuidores de animais, a regularizar a súa situación sanitaria e a aboar os gastos debidos polas atencións veterinarias.
CAPÍTULO II.-DA RECUPERACIÓN DE ANIMAIS ABANDONADOS
Artigo 13.-Recuperación de animais abandonados.
1. O prazo máximo para a recuperación dun animal non identificado é o de vinte días dende que se produciu o seu apresamento.
2. Se o animal está identificado, o dono ou posuidor dispoñerá dun prazo de dez días para recuperalo dende que se lle avisou do seu apresamento.
3. En calquera caso, o dono ou posuidor do animal apreixado deberá aboa-los gastos orixinados pola súa recollida e mantemento con suxeición ós prezos públicos vixentes, sen prexuízo da sanción que lle poida ser aplicable.
4. Transcorridos os prazos sinalados nos apartados anteriores, o Concello daralle ó animal o destino máis axeitado e soamente en último caso o poderá sacrificar.
CAPÍTULO III.-DOS ANIMAIS ENFERMOS OU MORTOS
Artigo 14.-Recollida de animais enfermos ou mortos na vía pública.
Os animais que anden enfermos ou estean feridos ou mortos nas vías e espazos públicos será recollidos polos servizos municipais. Calquera cidadán que advirta a presenza dun animal nesas circunstancias deberán avisar ó Concello para que o retire o máis axiña posible.
CAPÍTULO IV.-DO SERVIZO DE RECOLLIDA
Artigo 15.-Xestión do servizo da recollida de animais.
1. O Concello poderá xestiona-lo servizo en calquera das formas que prevé a Lei reguladora do réxime local. Tamén poderá concertar convenios coa Xunta de Galicia, con asociacións de protección e defensa dos animais ou con outras asociacións autorizadas para este fin.
2. Os establecementos dedicados a recollida de animais abandonados deberanse inscribir no rexistro creado para tal efecto pola Xunta de Galicia.
TÍTULO V.-DA POSESIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS PARA CONSUMO FAMILIAR
Artigo 16.-Crianza de animais para o consumo familiar.
A crianza para o consumo familiar de aves de curral, pombas, abellas, coellos e outros animais domésticos, nos domicilios particulares ou en instalacións adxacentes a eles está condicionada ó feito de que as circunstancias hixiénico-sanitarias derivadas da actividade e do número de animais non comporten un perigo ou unha incomodidade para os veciños.
Artigo 17.-Limitacións.
O Concello poderá esixi-lo cesamento na crianza de animais domésticos cando esa actividade comporte un perigo físico ou sanitario para as persoas ou unha incomodidade grave para os veciños.
Artigo 18.-A crianza de animais como actividade económica.
A existencia de cortes, cortellos e granxas nas que se desenvolva a crianza de animais como actividade económica axustarase a normativa específica das actividades clasificadas.
TÍTULO VI.-DO REXISTRO MUNICIPAL DE ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN CAUTIVIDADE
Artigo 19.-Rexistro municipal de animais domésticos e salvaxes en cautividade.
1. Tódolos animais da especie canina do termo municipal deberán estar censados no Rexistro de animais domésticos e salvaxes en cautividade do Concello.
2. Será obrigatorio o censo de animais doutras especies diferentes da canina no suposto de que así o dispoña a Administración competente.
3. O censo municipal de animais domésticos e salvaxes en cautividade será levado polo Concello, podendo contar coa colaboración de veterinarios autorizados.
4. Os datos que consten no censo municipal serán comunicados periódicamente ó órgano autonómico competente para a formación do censo ó que se refire o artigo 7 da Lei 1/93, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade, e dos demais censos que correspondan.
Artigo 20.-Datos a constar no Rexistro municipal de animais domésticos e salvaxes en catividade.
No Rexistro de animais domésticos e salvaxes en catividade do Concello deberán figurar os seguintes datos:
a) Identificación do animal, coa especie, raza, idade e no seu caso o nome do animal.
b) Identificación do propietario, posuidor ou persoa que asuma a responsabilidade, co seu nome, apelidos, DNI, domicilio e teléfono.
c) O número e a data de expedición da cartilla sanitaria expedida polo veterinario que identificou ó animal. Sobre ela anotaranse as sucesivas vacinacións e tratamentos obrigatorios que este reciba.
d) Xustificante do abono da taxa municipal.
Artigo 21.-Identificaclión individual e cartilla sanitaria.
1. Para que figuren no Rexistro os animais deberán estar identificados individualmente, mediante tatuaxe lexible na súa pel ou identificación electrónica mediante a implantación dun microchip ou transponder homologado.
2. Tódolos animais inscritos dispoñerán da correspondente cartilla sanitaria na que constarán tódolos antecedentes de identificación e sanitarios dende a súa primeira inscripción ata a morte do animal. A devandita cartilla deberá estar á disposición das autoridades para a súa comprobación cando fose requirido ó posuidor para a súa presentación.
Artigo 22.-Comunicación de baixa no Rexistro.
No Rexistro levaránse nota de baixas, perdas ou traslados fóra do Concello, así como dos trocos de titularidade.
1. No caso da morte ou desaparición do animal, o propietario comunicará esta circunstancia ó Rexistro municipal no prazo máximo de quince (15) días, causando baixa.
2. Se se transfire a propiedade do animal ou varía de domicilio ou de poboación, tamén se está obrigado a comunicalo no prazo máximo de quince (15) días.
TÍTULO VII.-DA TENZA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS
CAPÍTULO I.-DAS DEFINICIÓNS E CLASES
Artigo 23.-Definición de animal potencialmente perigoso.
1.Considéranse animais potencialmente perigosos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, todos aqueles que pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da súa condición, natureza, especie ou raza á que pertencen, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasiona-la morte, ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás cousas.
2. No caso concreto dos cans, entenderase por potencialmente perigosos aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes:
a) Cans que tiveran algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
b) Cans que foran adestrados para a garda e defensa.
c) Cans que polas súas características raciais poidesen ser aptos para o adestramento para garda e defensa, e en concreto, os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Doberman, Dogo Arxentino, Dogo de Bordeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou),
Rottweiler, Stafforshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu. Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre sí ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
d) Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A dita agresividade será apreciada pola autoridade competente da Consellería de Medio Rural, de oficio ou logo de notificación ou denuncia, e logo de informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.
CAPÍTULO II.-DA XESTIÓN DAS LICENZAS
Artigo 24.-Licenza municipal.
1. A tenza de animais potencialmente perigosos requirirá a obtención, con carácter previo á adquisición do animal, da correspondente licenza municipal, que se expedirá no Concello de residencia habitual do propietario.
2. Nos supostos previstos no apartado 2.a) do artigo 23, o titular do can disporá do prazo dun (1) mes para solicita-la licenza administrativa, a contar desde a resolución ditada para tales efectos.
3. Nos supostos previstos no apartado 2.d) do artigo 23, o Concello comunicará os feitos á autoridade competente da Consellería de Medio Rural, xuntando os informes esixidos no dito apartado, debidamente motivados. No caso de que se ditara resolución apreciando agresividade, o titular disporá do prazo dun (1) mes, a contar desde a súa notificación, para solicitar a licenza administrativa.
Artigo 25.-Órgano competente para a concesión da licenza.
Tramitado o expediente conforme ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada, pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, concederase a licenza e o número correspondente da mesma, mediante resolución do órgano que teña atribuida a competencia. As licenzas municipais para a posesión de animais potencialmente perigosos, concederanse mediante resolución da Alcaldía, previa acreditación da incorporación da documentación esixida no presente regulamento.
Artigo 26.-Requisitos e documentación para a obtención da licenza municipal.
1. Para a obtención da licenza municipal será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ser maior de idade e non estar incapacitado.
- Acreditarase mediante fotocopia do D.N.I. ou do pasaporte.
b) Non ter sido condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos.
- Acreditarase mediante certificado de antecedentes penais.
c) Non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación da licenza, ter sido sancionado coa suspensión temporal da mesma, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.
- Acreditarase mediante certificado negativo expedido pola Consellería de Medio Ambiente.
d) Dispoñer de certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica para a tenza de animais potencialmente perigosos, expedido polo director dun centro médico-psicotécnico debidamente autorizado, conforme se recolle nos artigos 4.º, 5.º e 6.º do RD 287/2002, do 22 de marzo.
e) Acreditación de ter formalizado un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poida causa-lo animal, cunha cobertura mínima de 125.000 Euros. Este seguro deberá renovarse anualmente.
- Acreditarase mediante presentación de copia da póliza de seguro claramente detallada ou certificado da compañía aseguradora.
f) Xustificante do abono da taxa municipal.
Artigo 27.-Vixencia e renovación das licenzas.
1. As licenzas terán unha vixencia de cinco (5) anos, á finalización dos cales deberán ser obxecto de renovación, debendo acreditarse en cada exercicio, para o seu mantemento:
- A subscrición do seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros.
- A expedición do certificado de sanidade animal, expedido por autoridade competente, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou trastornos que o fagan especialmente perigosos.
2. Para a renovación da licenza municipal deberá presentarse a seguinte documentación:
- Solicitude de renovación.
- Copia compulsada da renovación do seguro de responsabilidade civil.
- Copia compulsada do certificado médico de sanidade animal efectuado nunha data non anterior a dous meses á da renovación da licenza.
- Xustificante do abono da taxa municipal.
- Certificado de capacidade física.
- Certificado de aptitude psicolóxica.
3. A condena por calquera dos delitos recollidos no artigo anterior dará lugar á revisión da licenza polo Concello.
Artigo 28.-Acreditación da licenza.
A tenenza da licenza municipal acreditarase mediante a entrega dunha copia da resolución do expediente administrativo iniciado a solicitude do interesado, e mediante a entrega dunha tarxeta acreditativa expedida polo Concello, onde se fagan constar os seguintes datos:
- Número de licenza municipal.
- Data de resolución do expediente de solicitude da licenza.
- Data de caducidade da vixencia da licenza.
- Nome e apelidos do titular.
- D.N.I. do titular.
- Enderezo do titular.
- Fotografía actualizada do titular.
- Selo do Concello.
Artigo 29.-Revisión, perda de licenzas e depósito de animais.
1. Calquera variación dos datos que figuran na licenza deberá ser comunicada polo seu titular no prazo de quince (15) días, contados dende a data en que se produza, ó órgano competente do concello ó que corresponda a súa expedición, para que se proceda a realiza-la revisión correspondente.
2. A perda polo titular de calquera dos requisitos esixidos no artigo 26, dará lugar á revogación da licenza municipal outorgada, previa tramitación de expediente contradictorio.
A revogación da licenza dará lugar á perda do dereito á tenza do animal. O propietario procederá, no prazo máximo de quince (15) días, á entrega do animal a un novo propietario que posúa licenza en vigor. De non atoparse un novo propietario no prazo referido, farase entrega do animal no centro de recollida de animais vagabundos ou abandonados dependente do Concello, respectando en todo momento o disposto na Lei 1/1993, do 13 de abril, e nos artigos 53 ó 60 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, que a desenvolve.
3. En caso de incumprimento da obriga de depósito procederase á súa execución subsidiaria polo Concello, ou a Comunidade Autónoma, a través dos seus servicios ou mediante empresa contratada, sendo os gastos que tal actuación comporta a cargo e conta do antigo titular da licenza.
4. O Concello poderá retirar dos espazos públicos e depositar de oficio en establecemento adecuado, sen necesidade de previo requirimento, a aqueles animais potencialmente perigosos nos que se aprecie unha situación de abandono ou perigosidade para os usuarios das vías e espazos de uso común ou circulen por estes sen a debida protección ou control do seu propietario ou posuidor.
5. Igualmente o Concello poderá retirar e depositar en establecemento adecuado aqueles animais potencialmente perigosos que non dispoñían da correspondente tarxeta de identificación no municipio de orixe ata tanto se acredite tal circunstancia polo titular deste.
6. A falta de licenza municipal para a posesión de animais potencialmente perigosos dará lugar a un único requirimento municipal para a súa obtención no prazo de dez días e á retirada e depósito dos animais, nos termos establecidos neste artigo.
CAPÍTULO III.-DO REXISTRO MUNICIPAL
Artigo 30.-Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
1. Créase o Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, no que se inscribirán os animais potencialmente perigosos que teñan a súa residencia habitual no Concello.
2. O Rexistro terá un tratamento informatizado, no que se farán constar, de conformidade co disposto no artigo 4.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, como mínimo, os seguintes datos:
Datos do animal:
- Número de microchip.
- Nome do animal.
- Especie.
- Raza (no caso de cans).
- Sexo.
- Características externas (descrición da capa, tipo e cor da pel, etc.).
- Data de nacemento.
- Aptitude (función do animal): compañía, garda, defensa, caza, etc.
- Causa de inclusión no rexistro (sinalar supostos do artigo 2.2 do Decreto 90/2002).
- Enderezo habitual do animal.
- Data de adquisición do animal.
- Forma de adquisición do animal (cría, doazón, traspaso, venda, outras: especificar).
- Observacións.
Datos do propietario, posuidor ou tenedor:
- D.N.I.
- Apelidos.
- Nome.
- Enderezo habitual.
- Teléfonos de contacto.
- Licenza administrativa: número de licenza, data de expedición e concello de expedición.
3. A identificación definitiva con microchip dos animais potencialmente perigosos é obrigatoria sen excepcións.
4. O Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos é un rexistro de carácter público, ó que terán acceso as Administracións Públicas e autoridades competentes, así como aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos obrantes no mesmo. En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no Rexistro será conforme ó disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos personais.
Artigo 31.-Inscrición no Rexistro.
1. Os titulares da licenza municipal deberán inscribirse no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos no prazo de quince (15) días, contados a partir da obtención da licenza.
Para isto deberán formaliza-la oportuna solicitude, presentando como documentación:
- Xustificación de ter subscrito para cada animal un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000,00 €.
- Documento acreditativo da implantación do microchip, asinado polo veterinario responsable da implantación.
- Copia acreditativa da posesión da preceptiva licenza municipal.
- Xustificante do abono da taxa municipal.
2. Será igualmente obrigatoria a instancia do interesado, a inscrición no Rexistro municipal, en sección aberta para tal efecto, cando se efectúe o traslado dun animal potencialmente perigoso a este municipio, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, debendo proceder á inscrición no prazo máximo de dez días, que comezará a contar dende o inicio da residencia no municipio.
3. Estimarase que se efectuou un traslado de animal potencialmente perigoso, salvo acreditación expresa en contrario polo interesado, nos casos de cambio de residencia do titular deste. En tal caso será preciso a acreditación da obtención da licenza no municipio de orixe anterior, procedendo a renovación da licenza nos casos previstos na presente ordenanza.
4. Das inscricións que se efectúen no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos darase traslado o órgano correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Igualmente nos casos de cambio de residencia dende o municipio sen prexuízo da obriga do interesado de dar conta do traslado do animal, notificarase ó Concello do municipio de nova residencia a titularidade por parte do interesado dun animal potencialmente perigoso.
Artigo 32.-Acreditación da inscrición no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
A inscrición no rexistro acreditarase mediante entrega dunha copia da resolución do expediente administrativo iniciado a solicitud do interesado, e mediante entrega dunha tarxeta acreditativa, tamaño carné, expedida polo Concello, onde se fagan constar os seguintes datos:
- Número do microchip e data de alta do animal no rexistro municipal.
- Nome, especie, raza, sexo, cor e data de nacemento do animal.
- Enderezo do animal.
- Nome e apelidos do propietario.
- Licenza do propietario (número, data de expedición, concello).
- DNI do propietario.
Artigo 33.-Comunicacións do propietario de animal ó Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
1. O propietario do animal deberá comunicar ó Rexistro calquera variación dos datos que figuran nel, no prazo de quince (15) días dende que se producise a modificación.
2. Deberá comunicarse ó rexistro municipal a venda, traspaso ou doazón do animal.
3. Calesquera incidentes producidos por animais potencialmente perigosos ó longo da súa vida, coñecidos polas autoridades administrativas ou xudiciais, faranse constar na folla rexistral de cada animal, tal e como se recolle no artigo 6.4.º da Lei 50/1999, do 23 de decembro. No caso de agresións recollerase, como mínimo, a seguinte información: data da denuncia, descrición dos feitos e consecuencias xurídicas.
4. A substracción ou perda do animal deberá ser comunicada polo titular do animal ó Rexistro Municipal, no prazo máximo de corenta e oito (48) horas desde que se teña coñecemento destes feitos, tal e como se recolle no artigo 8.6.º do RD 287/2002, do 22 de marzo.
5. Os propietarios de animais potencialmente perigosos deberán comunicar ó Rexistro a realización de castración ou esterilización do animal, se ista se producise, remitindo copia da certificación veterinaria correspondente que acredite este feito.
Artigo 34.-Baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
1. A baixa no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos efectuarase a instancia do interesado, previa acreditación da morte do animal (esta última certificada por veterinario ou autoridad competente).
2. Igualmente procederase á baixa no Rexistro no caso de traslado de residencia habitual do animal a municipio distinto, que así quede acreditado a instancia do interesado. Neste caso o propietario deberá dar de alta ó animal no novo concello de residencia.
3. A perda ou substracción do animal, por un prazo superior a tres (3) meses, considerarase baixa definitiva do animal no Rexistro.
4. Farase constar no Rexistro como de titularidade municipal aqueles animais depositados no centro de recollida de animais vagabundos ou abandonados dependente do concello, como consecuencia da recollida dos mesmos da vía pública, que carezan de dono ou que sendo este identificado non o reclamase no prazo de 10 días do aviso efectuado, conforme o previsto no artigo 53 do Decreto 153/1998, do 2 de abril. Así mesmo, constarán como de titularidade municipal os que foran obxecto de decomiso definitivo ó propietario.
CAPÍTULO IV.-DAS OBRIGAS E NORMAS DE TRÁNSITO
Artigo 35.-Obrigas dos veterinarios, propietarios e posuidores de animais potencialmente perigosos.
1.-Os veterinarios que prestaren asistencia sanitaria a un animal sospeitoso de ser empregado en pelexas, ou que observaran que o animal presente cicatrices ou lesións relacionadas con esta práctica ou con outras actividades prohibidas, deberán poñelo en coñecemento do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos. Tamén farán esta comunicación cando coñezan a existencia dunha mordedura ou agresión provocada por animal potencialmente perigoso.
2.-Con carácter xeral, os propietarios e posuidores de animais potencialmente perigosos estarán suxeitos ás obrigas e prohibicións establecidas no Título II, Capítulo I do presente Regulamento.
3.-Os propietarios ou posuidores de animais potencialmente perigosos están obrigados a solicitar a licenza á que se refire o Capítulo II do Título VII e a inscribilos no Rexistro ó que se refire o Capítulo III do mesmo Título, do presente Regulamento.
4.-Os propietarios, criadores ou tedores dos animais potencialmente perigosos terán a obriga de identificar os mesmos cun microchip nos seus tres primeiros meses de vida ou nun mes despois da súa adquisición. A identificación dos animais da especie canina, coa debida garantía, é obrigatoria sen excepcións.
5.-A identificación mediante o microchip ou transponder farase baixo o cumprimento das características e do procedemento regulados nos artigos 9 e 10 do Decreto 90/02, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.
6.-Os propietarios, criadores ou tedores de animais potencialmente perigosos terán a obriga de cumprir tódalas normas de seguridade cidadá, establecidas na lexislación vixente, de xeito que garantan a óptima convivencia destes animais cos seres humanos e se eviten molestias á poboación.
Artigo 36.-Normas para o tránsito de animais potencialmente perigosos.
1.-O Concello poderá regular as condicións en que se autorice a circulación e estadía dos animais potencialmente perigosos en rúas, parques e vías públicas, podendo determinar, por razóns de seguridade e orde pública, as zonas en que se prohíba a súa estadía e circulación.
2.-A presenza de animais potencialmente perigosos en lugares ou espazos públicos esixirá que a persoa que os conduza e controle leve consigo a licenza administrativa e a certificación acreditativa da inscrición do animal no Rexistro Municipal ás que se refiren os Capítulos II e III do Título VII da presente Ordenanza. Os devanditos documentos poderán ser requeridos en todo momento pola Autoridade municipal.
3.-Os cans que conforme a este Regulamento sexan considerados como potencialmente perigosos terán que circular nas vías públicas e nos lugares e espacios de uso público en xeral, atados con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a dous (2) metros, provistos do correspondente buceiro homologado e axeitado para a súa raza, e en ningún caso poderán ser conducidos por un menor de dezaseis (16) anos. Non poderá levarse máis de un destes cans por persoa.
5.-Os animais potencialmente perigosos que se atopen nunha finca, casa de campo, chalé, parcela, patio, terraza ou calquera outro lugar delimitado, deberán de estar suxeitos, a non ser que se dispoña de habitáculo coa superficie, altura e axeitado peche, para protexer ás persoas ou animais que accedan ou se acheguen a estes lugares.
Artigo 37.-Excepcións.
Cando as circunstancias así o aconsellen, poderanse establecer excepcións ó cumprimento de determinadas obrigas dos propietarios de animais potencialmente perigosos nos casos de:
a) Organismos públicos ou privados, que utilicen estes animais cunha función social.
b) Explotacións agrarias que utilicen cans de garda, defensa e manexo de gando, así como de actividades de carácter cinexético.
c) Probas de traballo e deportivas con fins á selección dos exemplares que participan nelas e que estean autorizadas e supervisadas pola Autoridade competente, con exclusión dos exercicios para pelexas e ataque.
CAPÍTULO V.-DO ADESTRAMENTO
Artigo 38.-Do adestramento.
1. Queda prohibido o adestramento de animais dirixido exclusivamente a acrecentar e reforzar a súa agresividade para as pelexas ou para o ataque.
2. En todo caso a actividade de adestramento farase de conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 50/99, do 23 de decembro, de réxime xurídico da Tenza de Animais Potencialmente Perigosos, e no Capítulo IV do Decreto 90/02, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.
TÍTULO VIII.-DAS AGRESIÓNS ÁS PERSOAS
Artigo 39.-Agresións de animais.
1. As persoas que fosen agredidas por un animal darán conta disto ás autoridades sanitarias.
2. Os propietarios ou posuidores de animais agresores están obrigados a facilitar os datos correspondentes do animal agresor tanto á persoa agredida como ós seus representantes legais e ás Autoridades competentes que o soliciten.
3. Calquera persoa que advirta un risco posible para a saúde poderá dar conta disto ás autoridades sanitarias e, en todo caso, é obrigación dos sanitarios ou dos centros que atendan ós agredidos efectuar a correspondente denuncia.
4. Os animais que agrediran a unha persoa e que, a xuízo dun servicio veterinario oficial poida ser sospeitoso de transmitir enfermidade infecto-contaxiosa, poderán ser retidos polos servicios municipais, coa colaboración, no seu caso, das asociacións de protección e defensa dos animais, e se manteran en observación veterinaria durante catorce días.
5. Esta retención e observación poderá levarse a cabo no propio domicilio ou noutra instalación do posuidor do animal.
6. Cando estea probada a agresividade dun animal de xeito fidedigno, será retirado polos servicios correspondentes previo informe técnico no que se determinará o destino do animal.
7. No caso de animais considerados potencialmente perigosos, será da responsabilidade do propietario, tedor ou criador dun animal que agreda a persoas ou outros animais causándolles feridas de mordedura, que o animal sexa sometido a recoñecemento dun veterinario en exercicio libre da profesión, en dúas ocasións dentro dos 15 días seguintes á agresión. Neste recoñecemento o veterinario responsable emitirá un certificado no que conste se o animal presenta ou non síntomas de enfermidade infecto-contaxiosa.
8. Tódolos gastos ocasionados ó Concello pola retención e control dos animais agresores, abandonados, extraviados ou feridos serán por conta dos propietarios dos mesmos.
9. A esterilización dos animais considerados potencialmente perigosos, ademais de poderse facer por vontade dos seus propietarios, realizarase obrigatoriamente por mandato xudicial ou resolución administrativa nos supostos de reiteradas agresións ás persoas ou danos a outros animais ou ás cousas, de acordo co procedemento regulado no Capítulo VI do Decreto 90/02, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.
TÍTULO IX.-DAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN
CAPÍTULO I.-DA EXPERIMENTACIÓN
Artigo 40.-Autorización da experimentación.
1. Toda actividade experimental con animais que lles poida causar dor, sufrimento, lesión ou a morte, adecuarase á súa normativa específica e requirirá, no seu caso, autorización previa do órgano autonómico competente.
2. Os animais destinados a experimentos serán obxecto da proteccion e coidados previstos nas disposicións correspondentes.
3. Os experimentos levaranse a efecto baixo a dirección do persoal facultativo correspondente.
4. Os animais que, como resultado da experimentación non poidan desenvolver unha vida normal serán sacrificados de forma rápida e indolora.
CAPÍTULO II.-DA INSPECCIÓN E VIXIANCIA
Artigo 41.-Controis sanitarios.
1. Os plans, programas e disposicións de execución para o control, loita e erradicación de zoonoses e epizootias dos animais domésticos e salvaxes en catividade do termo municipal serán os establecidos polo órgano autonómico competente, sen prexuízo da normativa estatal ou comunitaria en vigor.
2. O Concello poderá ordenar o illamento e internamento dos animais domésticos e salvaxes en catividade no caso de que se lles diagnosticasen enfermidades transmisibles, co obxecto de sometelos a tratamento curativo ou, cando esto non fose posible, proceder ó seu sacrificio. Para a adopción destas medidas será preciso que o diagnóstico das enfermidades ou a detección de portadores sexan confirmadas polos servicios veterinarios oficiais.
Artigo 42.-Vixiancia e supervisión.
1. É competencia dos servicios veterinarios oficiais a comprobación do cumprimento das obrigas e requisitos esixidos polo presente Regulamento, así como do resto da normativa vixente en materia de sanidade animal e de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade. Tamén levarán a supervisión e control dos programas zoosanitarios.
2. O Concello facilitaralle ós veterinarios oficiais información e axudas para levar a cabo as funcións mencionadas no artigo anterior.
TÍTULO X.-DAS INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
CAPÍTULO I.-DEFINICIÓN
Artigo 43.-Concepto de infracción.
Constitúen infraccións administrativas as accións ou omisións que comporten un incumprimento das obrigacións, prohibicións ou requisitos que establece este regulamento.
CAPÍTULO II.-DAS CLASES DE INFRACCIÓNS
Artigo 44.-Infraccións leves.
Son infraccións leves:
a) O maltrato dos animais que non lles cause dor.
b) A venda, doazón ou cesión de animais a menores de dezaseis (16) anos ou incapacitados, sen autorización de quen teña a súa patria potestade, tutela ou custodia.
c) A doazón de animais de compañía como premio.
d) Non manter ó animal en boas condicións hixiénico sanitarias.
e) Manter os animais en instalacións inadecuadas.
f) Non facilitarlles a alimentación adecuada ás súas necesidades.
g) O uso de toda sorte de mecanismos que, destinados a limitar ou impedir a mobilidade dos animais, lles produzan a estes danos ou sufrimentos innecesaros, en especial os que lles impidan manter a cabeza na posición natural.
h) Exercer a venda ambulante de animais fóra dos mercados e feiras autorizados.
i) A carencia ou tenza incompleta do arquivo de fichas clínicas dos animais obxecto de tratamento obrigatorio ou vacinación.
l) A posesión dun can non censado.
m) O sacrificio de animais en lugares públicos.
n) A non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública.
o) A entrada de animais nos espacios destinados a xogos ou espallamento infantil, piscinas, espectáculos públicos deportivos e culturais e en establecementos públicos ou aloxamentos hoteleros, cámpings, etc., agás os cans de guía de persoas con deficiencias visuais.
p) O incumprimento das obrigas establecidas na Lei 50/99, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, non sendo as preceptuadas nos números 1 e 2 do seu artigo 13.
q) A utilización ambulante de animais como reclamo publicitario.
r) Mendigar na vía pública utilizando como reclamo calquera animal.
s) Alimentar ós animais na vía pública, sobre todo aqueles que non teñan propietario coñecido.
t) Por razóns de hixiene, queda expresamente prohibido lavar os animais na vía pública ou nas fontes, así como darlles de beber auga direitamente das billas das fontes públicas.
u) O incumprimento das obrigas establecidas neste Regulamento en materia de circulación de animais, que non teñan a consideración de graves ou moi graves.
v) O incumprimento de calquera outra obriga establecida neste Regulamento, que non teñan a consideración de graves ou moi graves.
Artigo 45.-Infraccións graves.
1. Son infraccións graves:
a) O maltrato dos animais que lles cause dor ou lesións.
b) Mutilalos sen necesidade ou sen o adecuado control veterinario.
c) Abandonalos.
d) A venda ambulante, reiterada, de animais en xeral, fóra dos establecementos, feiras e mercados legalmente autorizados.
e) A venda de animais salvaxes en cautividade fóra dos establecementos autorizados.
f) O incumprimento das obrigas sobre establecementos, traslados e experimentación de animais reflexadas neste Regulamento.
g) O subministro de estimulantes non autorizados ou substancias que poidan atentar contra a súa saúde, agás cando sexa por prescripción facultativa.
h) A non vacinación ou o non tratamento obrigatorio dos animais.
i) A venda de animais doentes, agás que se trate dun vicio oculto, non coñecido polo vendedor.
l) A cría ou comercialización de animais sen cumprir os requisitos correspondentes.
m) A tenza de animais perigosos sen as medidas de protección que se fixan.
n) O incumprimento de calquera outra das condicións impostas nas autorizacións administrativas.
o) Deixar ceibe a un animal potencialmente perigoso ou non haber adoptado as medidas necesarias para evitar a súa fuxida ou perda.
p) Incumprir a obriga de identificar ó animal potencialmente perigoso.
q) Omitir a incrición do animal no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
r) Atoparse o can potencialmente perigoso en lugares públicos sen buceiro ou non suxeito con cadea.
s) A negativa ou resistencia a subministrar datos ou facilitar a información requerida polas autoridades competentes ou os seus axentes, en orde ó cumprimento das funcións establecidas para estes, así como o subministro de información inexacta ou de documentación falsa.
t) Obrigalos a traballar ou a producir en caso de enfermidade, desnutrición, así como cando exista o risco dunha sobreexplotación que poña en perigo a súa saúde.
u) A entrada e permanencia de animais en establecementos destinados á fabricación, manipulación, almacenamento, transporte e venda de productos alimenticios, agás os cans de persoas con deficiencias visuais.
2. Considérase asemade infracción grave a reincidencia na infracción leve, entendendo que existe tal reincidencia cando se comete unha infracción leve do mesmo tipo que a que motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes á súa notificación, e sempre e cando a resolución sancionadora adquirise firmeza.
3. As infraccións tipificadas nas letras o), p), q), r) e s) deste artigo poderán levar xuntamente e como sancións accesorias a confiscación, decomiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente perigosos, e o peche do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos.
Artigo 46.-Infracción moi graves.
1. Son infraccións moi graves:
a) O maltrato dos animais que lles cause a morte.
b) A organización e celebración de espectáculos, pelexas ou outras actividades con animais que impliquen crueldade ou maltrato ou poida ocasionarlles sufrimentos.
c) A venda de animais con enfermidades infecto-contaxiosas coñecidas.
d) A venda de animais para experimentación sen a debida autorización ou a centros non autorizados.
e) A esterilización ou o sacrificio de animais sen control facultativo.
f) Ter cans ou animais potencialmente perigosos sen licenza.
g) Vender ou transmitir por calquera título un can ou animal potencialmente perigoso a quen careza de licenza.
h) O abandono dun animal potencialmente perigoso, de calquera especie e calquer can, entendéndose por animal abandonado, tanto aquel que estea preceptivamente identificado, como os que non leven ningunha identificación sobre a súa orixe ou propietario, sempre que non estean na compañía dunha persoa.
i) Adestrar animais para activar a súa agresividade ou para finalidades prohibidas.
l) Adestrar animais potencialmente perigosos por quen careza do certificado de capacitación.
m) A organización ou celebración de concursos, exercicios, exhibicións e espectáculos de animais potencialmente perigosos, ou a súa participación neles, destinados a amosar a agresividade dos animais.
n) Posesión, exhibición, compravenda, cesión, circulación, doazón ou calquera outra forma de transmisión de especies protexidas pola normativa vixente, incluídos os convenios internacionais, sen as correspondentes autorizacións expedidas polas autoridades competentes.
ñ) A filmación ou realización de escenas de cine, televisión, ou calquera outro medio audiovisual, que recolla escenas de crueldade, maltrato ou sufrimento de animais, salvo autorización expresa do órgano competente, que verificará que o dano aparente causado ós animais sexa, en todo caso, simulado.
2. Considérase asemade como infracción moi grave a reincidencia na infracción grave, entendendo que existe tal reincidencia cando se comete unha infracción grave do mesmo tipo que a que motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes ó da súa notificación, e sempre e cando a resolución sancionadora adquirise firmeza.
3. As infraccións tipificadas nas letras f), g), h), i), l) e m) deste artigo 46, poderán levar xuntamente e como sancións accesorias a confiscación, decomiso, esterilización ou sacrificio dos animais potencialmente perigosos, e o peche do establecemento e a suspensión temporal ou definitiva da licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos.
CAPÍTULO III.-DA RESPONSABILIDADE
Artigo 47.-Responsabilidade.
Consideraranse responsables das infraccións aquelas persoas que por acción ou omisión houberan participado na comisión das mesmas, ó propietario, tedor dos animais ou, no seu caso, ó titular do establecemento, local ou medio de transporte no que se produzan os feitos e, neste último suposto, ademais, ó encargado do transporte.
Artigo 48.-Prescricións.
As infraccións leves prescribirán ós seis meses, as graves ós doce meses e as moi graves ós dous anos.
CAPÍTULO IV.-DAS SANCIÓNS
Artigo 49.-Sancións pecunarias.
1.-As infraccións indicadas no Capítulo II deste título, agás as tipificadas na letra p) do artigo 44, nas letras o), p), q), r) e s) do artigo 45, e nas letras f), g), h), i), l) e m) do artigo 46, serán sancionadas con multas de:
a) A leves, de 30,05 a 300,50 €.
b) As graves, de 300,51 a 3.005,06 €.
c) As moi graves, de 3.005,07 a 15.025,30 €.
2.-As infraccións tipificadas na letra p) do artigo 44, nas letras o), p), q), r) e s) do artigo 45, e nas letras f), g), h), i), l) e m) do artigo 46, serán sancionadas con multas de:
a) As leves, de 150,25 a 300,50 €.
b) As graves, de 300,51 a 2.404,04 €.
c) As moi graves, de 2.404,05 a 15.025,30 €.
Artigo 50.-Procedemento sancionador.
1. O procedemento sancionador axustarase á regulación da potestade sancionadora recollida na Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, así como no Real Decreto 1398/93, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potetade sancionadora.
2.-Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o Concello poderá proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisorio durante a tramitación do procedemento sancionador.
Artigo 51.-Sancións non pecuniarias.
Na resolución do expediente sancionador, ademais das multas a que se refiren os artigos anteriores, os órganos competentes poderán impoñer as seguintes sancións:
a) O peche temporal ou definitivo, respectivamente, para as infraccións graves ou moi graves, dos establecementos regulados.
b) A prohibición temporal ou permanente, respectivamente, para as infraccións graves ou moi graves, do exercicio de actividades comerciais reguladas.
c) A incautación dos animais obxecto de actividades ilegais ou de abandono para calquera tipo de infracción.
d) No caso de federacións ou de calquera outra actividade non lucrativa, para infraccións graves ou moi graves, poderá suspenderse temporalmente, ou en casos moi graves definitivamente, o exercicio das súas actividades.
Artigo 52.-Exercicio da potestade sancionadora.
1.Os órganos competentes para sancionar, de acordo cos artigos 24.2 da Lei 1/1993, do 13 de abril, da comunidade autónoma de Galicia, serán:
a) Por infraccións leves, o alcalde do Concello onde se produza a infracción.
b) Por infraccións graves, o Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural.
c) Por infraccións moi graves, o Conselleiro do Medio Rural.
2. A incoación e tramitación dos expedientes polas infraccións tipificadas como leves correspóndelle ó Concello onde se produza a infracción.
Non obstante, o alcalde poñerá en coñecemento de xeito fidedigno, do Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural, toda acción ou omisión que poida ser tipificable como infracción grave ou moi grave.
3. Cando as circunstancias de perigo así o aconsellen, o alcalde poderá proceder á retirada ou custodia dun animal potencialmente perigoso, a cargo do propietario, como medida de carácter provisional durante a tramitación dun expediente sancionador.
Artigo 53.-Graduación das sancións.
Na graduación das sancións deberán terse en conta a transcendencia social ou sanitaria e o prexuízo causado pola infracción; o ánimo de lucro e a contía do beneficio obtido na comisión da infracción; a importancia do dano causado ó animal, así como a reiteración ou reincidencia na comisión de infraccións.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
Os titulares ou posuidores de animais considerados potencialmente perigosos deberán proceder á súa identificación conforme o establecido nos artigos 8, 9 e 10 do Decreto 90/02, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia. A tal efecto, esta obriga esixirase de conformidade con esta norma, non sendo de aplicación ata a entrada en vigor da mesma.
DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA
Quedan excluídos da obriga de obtención de licenza municipal, aqueles exemplares caninos que fosen obxecto de adestramento baixo a supervisión directa da Once e sexan destinados a guía de persoas invidentes.
DISPOSICIÓN FINAL
Este regulamento entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e transcorra o prazo de quince (15) días o que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local".
O que se publica para coñecemento xeral, tendo transcorrido o prazo previsto nos artigos 65.2 en relación co 56.1 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local.