Pontes de García Rodríguez As - Ordenanza municipal de saneamento e depuración de augas residuais do Concello das Pontes de García Rodríguez

Publicación provisional: 08/06/2016 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 16/08/2016 BOP Nº: 154
Aplicable dende: 17/08/2016

ÍNDICE

PREÁMBULO

CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.- Obxecto.

Artigo 2.- Finalidades.

Artigo 3.- Infraestruturas e instalacións do Servizo Municipal de Saneamento.

Artigo 4.- Definicións.

Artigo 5.- Ámbito de aplicación.

Artigo 6.- Explotación das instalacións do Servizo Municipal de Saneamento. Entidade xestora.

Artigo 7.- Relativo ás normas de construción e urbanísticas.

CAPÍTULO II.- DEBERES DOS USUARIOS DA REDE DE SANEAMENTO MUNICIPAL

Artigo 8.- Usuarios suxeitos.

Artigo 9.- Obriga de conexión á rede municipal de saneamento.

Artigo 10.- Deberes dos usuarios.

CAPÍTULO III. EMPREGO DA REDE MUNICIPAL DE SANEAMENTO

Artigo 11.- Condicións previas á conexión.

Artigo 12.- Características básicas e requisitos da acometida á rede.

Artigo 13.- Prohibicións e limitacións.

Artigo 14.- Condicións para a utilización da rede municipal de saneamento.

Artigo 15.- Permiso de vertido.

Artigo 16.- Solicitude do permiso de vertido.

Artigo 17.- Procedemento para a obtención do permiso de vertido.

Artigo 18.- Contido do permiso de vertido.

Artigo 19.- Revisión do permiso de vertido.

Artigo 20.- Revogación do permiso de vertido.

Artigo 21.- Tratamento previo á conexión.

Artigo 22.- Dispensa do permiso de vertido.

Artigo 23.- Situacións de emerxencia.

Artigo 24.- Censo de vertidos á rede municipal de saneamento.

Artigo 25.- Vertidos non canalizados.

CAPÍTULO IV. INSPECCIÓN E CONTROL

Artigo 26.- Inspección e control por parte da entidade xestora.

Artigo 27.- Autocontrol dos vertidos.

CAPÍTULO V. RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 28.- Infraccións.

Artigo 29.- Sancións.

Artigo 30.- Criterios para a gradación de infraccións e sancións.

Artigo 31.- Prescrición.

Artigo 32.- Potestade sancionadora: órganos competentes, procedemento e medidas cautelares.

Artigo 33.- Reparación do dano causado, obriga de restauración, multas coercitivas e execución subsidiaria.

Artigo 34.- Valoración de danos.

Disposición transitoria.- Obtención do permiso de vertido e documentación que deben presentar os usuarios xa existentes.

Disposición derrogatoria

Disposición derradeira primeira

Disposición derradeira segunda

ANEXOS

ANEXO I.- SOBRE A CONTAMINACIÓN DOS VERTIDOS

A. Vertidos prohibidos.

B. Contaminantes das augas.

C. Vertidos con substancias perigosas.

ANEXO II.- VALORES LÍMITE DE VERTIDO OU DE EMISIÓN

ANEXO III.- SOLICITUDE DO PERMISO DE VERTIDO Á REDE MUNICIPAL DE SANEAMENTO

ANEXO IV.- CLASIFICACIÓN DOS SECTORES INDUSTRIAIS

ANEXO V.- CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DA ACOMETIDA

PREÁMBULO

No artigo 45 da Constitución española recoñécese o dereito de todos os cidadáns a gozar dun medio ambiente idóneo para o desenvolvemento da persoa, atribuíndoselles ás administracións públicas, ademais, a función de velar por un emprego máis racional dos recursos naturais, e aos cidadáns, o deber de contribuír á súa conservación.

Un destes recursos é, sen dúbida, a auga, un auténtico patrimonio natural que ten asociado ao seu uso profundos valores, tanto sociais como ambientais, que cómpre protexer e conservar. O modelo de xestión dos recursos hídricos debe tomar como base o ciclo natural da auga, considerando a súa preservación en excelente estado como o mellor legado e garantía para as xeracións futuras.

En política ambiental son cada vez máis as normas con orixe supranacional as que determinan o contido dos dereitos e obrigas da cidadanía, así como as competencias e o xeito de exercelas dos poderes públicos. No ámbito da auga, especialmente, o dereito comunitario ten unha relevancia cada vez maior, con esixencias cada vez máis específicas.

Nesta liña, a Directiva da Unión Europea 2000/60/CE, do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política da auga, establece a necesidade de velar pola protección dos ecosistemas acuáticos e promover o uso sustentable da auga a longo prazo. Esta Directiva Marco da Auga, en proceso de aplicación e desenvolvemento, introduce o concepto de bo estado ecolóxico dos sistemas hidrolóxicos como un reto de futuro inmediato. As esixencias da directiva teñen que conducir progresivamente á recuperación da calidade fisicoquímica e biolóxica das augas superficiais e subterráneas.

Case unha década antes, a Directiva 91/271/CEE, do 21 de maio de 1991, sobre tratamento de augas residuais urbanas, abordou o ambicioso reto de protexer o medio ambiente dos efectos negativos das augas residuais, principalmente urbanas, no medio natural, obrigando os Estados membros a adoptar as medidas necesarias para garantir que estas augas fosen ¿tratadas" convenientemente antes do seu vertido. Esta normativa foi trasposta no ámbito estatal español polo Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, sobre normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, desenvolvido, á súa vez, polo Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, que establece requisitos técnicos para os colectores e instalacións de tratamento e para os vertidos que chegan a eles.

Pola súa parte, o actual texto refundido da Lei de augas, Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, establece entre os seus obxectivos prioritarios ¿protexer e mellorar o medio acuático establecendo medidas específicas para reducir progresivamente os vertidos, as emisións e as perdas de substancias prioritarias, así como eliminar ou suprimir de forma gradual os vertidos, as emisións e as perdas de substancias prioritarias" (art. 92, c), e regula detalladamente os vertidos que se poden realizar sobre o medio acuático, ben para prohibilos ou ben para sometelos a limitacións e controis. En particular, o seu artigo 100 establece a prohibición de realizar vertidos directos ou indirectos de augas e de produtos residuais susceptibles de contaminar as augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, agás que se conte coa autorización administrativa previa.

En desenvolvemento do citado texto refundido da Lei de augas, o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de dominio público hidráulico, concretou algunha das normativas aplicables ás estacións depuradoras e ás súas redes de colectores. Isto puxo de manifesto a necesidade de actualizar e unificar as normativas existentes, non só no que se refire ás limitacións que lles cómpre impor aos vertidos ás redes de saneamento, senón tamén no establecemento dun conxunto de condicións técnicas ás actividades que son susceptibles de realizar vertidos de augas residuais á rede de saneamento de exclusiva titularidade municipal. Así, nas autorizacións de vertido a dominio público hidráulico que soliciten comunidades autónomas e entidades locais, esíxese a achega de plans de saneamento e control de vertidos a colectores, con específica atención á progresiva redución de vertidos de substancias perigosas e o seu control.

Á súa vez, a Lei 62/2003, do 30 de decembro, no seu artigo 129, incorpora ao dereito español a Directiva 2000/60/CE, cuxo prazo de trasposición remataba o 22 de decembro de 2003.

No ámbito da nosa comunidade autónoma, o artigo 32 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, declara de ¿interese da Comunidade Autónoma de Galicia" o servizo de depuración de augas residuais e, no seu artigo 27, resérvalle á competencia municipal o tratamento das augas residuais e a prestación do servizo de rede de saneamento, incluíndo o control dos vertidos a esas redes no marco da normativa de aplicación. O desenvolvemento regulamentario desta norma ten lugar polo Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais de Galicia, que complementa así a normativa estatal básica en materia de depuración de augas residuais urbanas.

Así, no marco das atribucións ás entidades locais sinaladas, consonte aos prazos que sinala a disposición transitoria primeira do regulamento marco (dous anos dende a súa entrada en vigor para adaptar as normativas locais, transcorrido o cal será de aplicación directa), e baseándose nas competencias recoñecidas aos municipios en materia de rede de saneamento e tratamento de augas residuais na Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, elabórase esta Ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais do Concello das Pontes de García Rodríguez.

Regúlanse nesta Ordenanza as normas que regulan a xestión e o uso da rede de saneamento de titularidade municipal, así como todas as competencias e actuacións que lle corresponden ao Servizo Municipal de Saneamento de Augas Residuais. Máis concretamente, esta Ordenanza regula as condicións para a autorización dos vertidos ás redes de saneamento públicas municipais, establecendo limitacións ao vertido, de xeito que non se lles causen efectos prexudiciais ás infraestruturas que conforman a propia rede e á estación depuradora, non se produzan riscos para o persoal que explota e mantén o sistema de saneamento, se favoreza o mantemento da rede e non se alteren os procesos de depuración das augas residuais.

Esta Ordenanza consta de 34 artigos, unha disposición transitoria, unha derrogatoria, dúas derradeiras e cinco anexos. En xeral, a Ordenanza especifica e dá cumprimento ao regulamento marco autonómico, remitíndose a este en todo aquelo que se entendeu que non necesitaba dunha especial regulación, e regulando especialmente aquelo que se entendeu que responde ás peculiaridades propias.

Así, destaca a obrigatoriedade da conexión á rede municipal para todos os usuarios que realicen vertidos cando se atopen a menos de 100 metros desta (o regulamento marco permite a fixación desta distancia, sinalando que, de non se establecer, se aplicaría subsidiariamente a de 50 metros), detallándose expresamente as excepcións que permiten o uso de sistemas autónomos (fosas sépticas ou similares) e sempre baixo supervisión municipal.

Clasifícanse os distintos tipos de usuarios en atención á actividade que xeran e en atención ás augas residuais que producen, clasificación que interesa para os efectos de obter o correspondente permiso de vertido e, en consecuencia, os límites cuantitativos e cualitativos que lles serán esixidos aos seus efluentes.

En canto a estes límites e prohibicións, establecense dous valores límite: o valor medio diario máximo (VMDM) e o valor instantáneo máximo (VIM), de forma que a Ordenanza concreta e adapta os anexos do regulamento autonómico ás peculiaridades da rede municipal e da súa instalación de tratamento, tomando como referencia, ademais, documentos elaborados noutras cidades similares, así como recomendacións técnicas de entidades como a FEMP, a AES ou o INSHT.

Destaca tamén o ANEXO V, que regula as características técnicas da acometida para a conexión dun usuario ás redes de saneamento, obxecto de obtención de licenza previa, e que se elaborou partindo da experiencia municipal e do deseño das redes de saneamento existentes no noso concello.

En canto ao réxime sancionador, establécese un importe económico das sancións ata un máximo de 100.000 euros, de acordo coa potestade atribuída para o efecto ás entidades locais no artigo 92.3 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Debe terse en conta que unha regulación homoxénea dos vertidos debe ir acompañada dunha planificación e deseño de redes separativas de augas residuais e pluviais en todas as redes municipais de saneamento, de forma que se garanta o proceso biolóxico da EDAR, se limite axeitadamente o caudal que cómpre depurar minimizando as entradas de auga pluvial na instalación e se garantan uns óptimos custos de xestión da instalación. Así mesmo, tanto a situación presente como a futura sobre as necesidades da rede de saneamento de titularidade municipal demandadas pola realidade social e económica tívose en conta na redacción desta Ordenanza.

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.- Obxecto

Esta Ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais do Concello das Pontes de García Rodríguez ten por obxecto regular o servizo público municipal de saneamento de augas residuais, e fundamentalmente as condicións dos vertidos das augas residuais e pluviais e os usos da rede de saneamento e colectores de exclusiva titularidade municipal.

Artigo 2.- Finalidades

Esta Ordenanza dítase para contribuír a acadar as seguintes finalidades:

a) Adecuar a calidade da auga dos efluentes da EDAR municipal ao medio receptor, de xeito que se cumpran os límites impostos a ela na súa autorización de vertido, posibilitando ao mesmo tempo unha xestión eficiente desta e do resto das instalacións que conforman o Servizo Municipal de Saneamento, garantindo o seu correcto funcionamento.

b) Previr danos ou alteracións que poidan reducir ou anular a eficacia dos procesos de tratamento da estación depuradora (sobre todo dos procesos biolóxicos), tendo especial coidado na chegada de sobrecargas hidráulicas ou de masas de contaminantes, así como de tóxicos.

c) Garantir o bo funcionamento de todas as infraestruturas, obras e equipamentos que integran o Servizo Municipal de Saneamento.

d) Evitar poñer en risco a saúde dos traballadores das redes de saneamento e da planta depuradora, e da poboación en xeral, pola aparición de condicións de perigosidade ou toxicidade, xeradas por gases volátiles, substancias alérxicas, substancias corrosivas atmosferas explosivas, organismos patóxenos, etc.

e) Posibilitar a reutilización das augas residuais.

f) Evitar emisións incontroladas de contaminantes á atmosfera.

g) Evitar que os lodos de depuración das augas residuais urbanas teñan concentracións de contaminantes que non permitan o seu aproveitamento ou valorización segundo as normas que lles sexan de aplicación.

Artigo 3.- Infraestruturas e instalacións do Servizo Municipal de Saneamento

1. Para os efectos desta Ordenanza, enténdese por Servizo Municipal de Saneamento o conxunto de bens de dominio público municipal, interrelacionados, que forman parte da rede de saneamento, da depuradora de augas residuais e das infraestruturas de vertido.

2. A rede de saneamento (cuxo fin é a recollida, transporte e regulación das augas residuais e pluviais, de ser o caso) está composta por sumidoiros, pozos de rexistro e arquetas, colectores, depósitos de regulación, depósitos-vertedoiro e bombeos, así como doutras infraestruturas complementarias. Os vertedoiros, conducións de desaugadoiro e os emisarios son infraestruturas de vertido do propio sistema.

3. As acometidas ao sistema non forman parte do sistema público de saneamento.

Artigo 4.- Definicións

Para os efectos desta Ordenanza, enténdese por:

1) Acometida: conxunto de elementos que unen a rede de saneamento coa instalación do inmoble que se pretende sanear. Está composta por:

Arqueta de acometida: sita no límite da propiedade, serve de conexión entre as tubarías de saída de augas residuais ou pluviais da propiedade e o albañal de acometida.­­

Albañal: Tramo de tubaría que vai dende a arqueta de acometida, ou límite da propiedade ata a rede de saneamento.

2) Augas de escorredura pluvial: son as que recollen os embornais ou a rede de pluviais durante os fenómenos de choiva ou despois destes.

3) Augas de infiltración: son aquelas que proceden do subsolo e penetran na rede de sumidoiros a través das xuntas e tubaxes defectuosas, conexións e paredes de pozos de rexistro. Tamén teñen a súa orixe en incorporacións de mananciais, fontes, achique de sotos e entradas por vertedoiros.

4) Augas brancas: as augas que non foron sometidas a ningún proceso de transformación, de forma que a súa capacidade potencial de perturbación do medio natural non é significativa e que, polo tanto, non deben ser conducidas mediante os sistemas públicos de saneamento. As augas pluviais terán carácter de augas brancas ou de augas residuais urbanas, en función do seu percorrido de escorredura.

5) Augas residuais urbanas: as augas residuais domésticas ou a mestura destas coas augas residuais non domésticas e/ou con augas de escorredura pluvial e as de infiltración.

6) Augas residuais domésticas: as augas residuais procedentes dos usos particulares das vivendas, xeradas principalmente polo metabolismo humano e as actividades comerciais que teñan posibilidade de xerar vertidos diferentes ás das vivendas, baseándose na súa propia actividade.

7) Augas residuais non domésticas: as augas residuais vertidas dende establecementos en que se efectúe calquera actividade industrial, agrícola, gandeira ou calquera outra que xere vertidos diferentes das domésticas. Enténdese por actividade industrial aquela que consiste na produción, transformación, manipulación, reparación e almacenaxe de materias primas e produtos manufacturados.

8) Autocontrol: seguimento e control dos contaminantes vertidos, e de calquera outro parámetro relacionado con eles, levado a cabo polo titular da actividade ou por unha entidade competente definida por el.

9) Colector: condución que leva ata o colector principal as augas dun conxunto de sumidoiros ou acometidas.

10) Colector interceptor: conduto que transporta as augas procedentes de varias subcuncas de saneamento ata a estación depuradora ou ata o punto final de vertido.

11) Colector principal: condución que transporta ata o colector interceptor ou infraestrutura de control (por exemplo, un depósito regulador ou un depósito-vertedoiro) as augas procedentes dun conxunto de colectores dunha subcunca.

12) Contaminación: a introdución directa ou indirecta, como consecuencia da actividade humana de substancias ou calor na atmosfera, a auga ou o solo, que poden ser prexudiciais para a saúde humana ou para a calidade dos ecosistemas acuáticos, ou dos ecosistemas terrestres que dependen directamente de ecosistemas acuáticos, e que lles causen danos aos bens materiais ou deterioren ou dificulten o desfrute e outros usos lexítimos do medio.

13) Contaminantes das augas: calquera substancia que poida causar contaminación, en particular as substancias que se relacionan no anexo I-B desta Ordenanza.

14) Entidade xestora: Administración pública que, en cada caso, teña encomendada a xestión das instalacións que conforman o servizo público de saneamento, con independencia de que o servizo se preste de forma directa ou indirecta.

15) Estación depuradora de augas residuais (EDAR): unidade composta por instalacións, estruturas ou mecanismos que permitan unha depuración por métodos físicos, químicos ou biolóxicos da auga residual co fin de adecuar a auga residual aos obxectivos de vertido.

16) Habitante equivalente: carga orgánica biodegradable cunha demanda bioquímica de osíxeno en cinco días (DBO5) de 60 gramos de osíxeno por día.

17) Mostra: toda porción de auga que represente o máis exactamente posible o fluxo obxecto de control.

18) Mostra simple: é aquela tomada nun tempo e lugar determinados para a súa análise individual.

19) Mostra composta: a obtida mediante a mestura e homoxeneización de varias mostras simples recollidas no mesmo punto en diferentes instantes de tempo. Existen dous tipos de mostra composta.

20) Mostra composta por tempo: a obtida mediante a mestura e homoxeneización de varias mostras simples de igual volume, tomadas a intervalos constantes durante o período de mostraxe.

21) Mostra composta por caudal: a obtida mediante a mestura e homoxeneización de varias mostras simples tomadas de tal xeito que o volume de cada mostra simple é proporcional ao caudal ou volume de auga durante o período de mostraxe.

22) Mostra integrada: a obtida mediante a mestura e homoxeneización de mostras simples recollidas en puntos diferentes e simultaneamente.

23) Planta de tratamento previo: conxunto de infraestruturas, mecanismos e instalacións privadas destinadas ao tratamento das augas residuais dunha ou varias actividades industriais ou comerciais para a súa adecuación ás esixencias desta Ordenanza, posibilitando a súa admisión no sistema municipal de saneamento.

24) Rede de sumidoiros privada ou particular: conxunto de instalacións de propiedade privada que recollen as augas residuais e/ou pluviais procedentes dunha ou varias actividades ou domicilios e as verten á rede pública municipal de saneamento.

25) Sección de control: cámara ou arqueta, e posibles instalacións e equipamentos complementarios, polos que circulan os vertidos dun usuario e onde poderán ser medidas e sometidas a mostraxe para a súa correspondente vixilancia e seguimento, antes da súa incorporación á rede de saneamento.

26) Servizo Público Municipal de Saneamento: conxunto de bens de dominio público municipal constituído polas instalacións definidas no artigo 3.

27) Sistema de Xestión Medioambiental (SXMA): o definido polo Regulamento (CE) número 1221/2009, do 25 de novembro de 2009.

28) Sistemas unitarios de saneamento: aqueles que constan dunha soa canalización pola que en tempo seco circulan augas residuais urbanas e en tempo de choiva asume tamén a función de conducir e drenar as augas pluviais, provocándose unha mestura de ambos os dous tipos de augas.

29) Sistemas separativos de saneamento e pluviais: aqueles que dispoñen de dúas redes independentes; unha delas transporta as augas residuais de orixe doméstica, comercial, industrial e de infiltración ata a EDAR, denominada ¿rede de saneamento de augas residuais", e a outra conduce as augas pluviais ata o medio receptor, ou ata un tratamento previo ao vertido, denominada ¿rede de pluviais".

30) Tratamento previo ao vertido: operacións ou procesos unitarios de depuración, de calquera tipo que sexan empregados para reducir ou neutralizar a concentración ou as cargas dun contaminante de forma previa ao seu vertido á rede pública municipal de saneamento.

31) Valor límite de vertido ou valor límite de emisión: cantidade ou concentración dun contaminante ou grupo de substancias contaminantes, cuxo valor non debe ser superado polo vertido dentro dun ou varios períodos determinados.

Nesta Ordenanza aplícanse os seguintes valores límite: valor medio diario máximo (VMDM) e valor instantáneo máximo (VIM).

32) Vertido á rede de saneamento: acción ou efecto de verter líquidos, sólidos ou gases a unha rede.

Artigo 5.- Ámbito de aplicación

1. Inclúense no ámbito desta Ordenanza todos os vertidos de augas residuais, de calquera orixe, que se realicen á rede de saneamento de titularidade municipal á que se refire o artigo 3, ou as que no futuro sexan conectadas.

2. Non se inclúen nesta Ordenanza aqueles produtores de vertidos de augas residuais que conten coa oportuna autorización administrativa para levar a cabo os vertidos, directa ou indirectamente, no dominio público hidráulico ou no dominio marítimo-terrestre, sempre que a dita autorización estea actualizada e os seus titulares cumpran coas condicións impostas nela. Non obstante, o Concello poderá obrigar aos mencionados produtores de vertidos a conectalas ao sistema municipal de saneamento e a cumprir os requisitos recollidos nesta Ordenanza sempre que resulten obrigados a iso segundo o disposto no artigo 9.

Artigo 6.- Explotación das instalacións do Servizo Municipal de Saneamento. Entidade xestora

1. O Concello, como titular e responsable público da prestación do servizo de saneamento, levará a cabo a explotación de todas ou algunhas das instalacións e infraestruturas que o compoñen, ben directamente, ben a través das distintas formas de xestión indirecta de servizos públicos, ben por si mesmo ou en unión doutras entidades locais.

2. Para os efectos desta Ordenanza, o Concello das Pontes de García Rodríguez é a entidade xestora do Servizo Municipal de Saneamento, de acordo co sinalado no artigo 4, alínea j) do Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia.

Artigo 7.- Relativo ás normas de construción e urbanísticas

1. Sen prexuízo do establecido nesta Ordenanza, a construción de calquera elemento do saneamento, público ou privado, axustarase ao disposto na normativa urbanística e nas demais Ordenanzas municipais, así como no establecido no Código técnico da edificación (CTE) e nas condicións técnicas definidas polo Concello.

2. Con carácter xeral, as redes públicas municipais de saneamento poderán ser construídas por:

a) O Concello por iniciativa propia, de acordo coas disposicións legais vixentes con recursos propios.

b) O Concello por petición de particulares, como prolongación da rede existente, a cargo íntegro dos ditos particulares. Neste caso, o tramo pasa a ser municipal, automaticamente unha vez rematadas as obras e recepcionadas polo propio Concello.

c) O urbanizador, cando así sexa esixible en virtude da lexislación vixente en materia urbanística, con todos os dereitos inherentes. Deberá cumprir o CTE e demais normas vixentes para as instalacións en edificios e realizar os traballos baixo a supervisión de técnicos do Concello.

Para iso, e con carácter previo á redacción dun proxecto de urbanización, ou á execución de obras de rede de saneamento, deberáselle solicitar á entidade xestora a información necesaria sobre a normativa vixente ao respecto, redes e condicións existentes, sinalización dos puntos máis aconsellables para realizar a evacuación das augas residuais e pluviais, e calquera outro extremo que puidese resultar de interese para o efecto. En vías de nova construción, o urbanizador deberá construír todas as acometidas domiciliarias. Neste caso, deberanse incluír no proxecto de urbanización, detallando as súas características, que se deberán axustar á normativa técnica vixente.

d) Calquera outra Administración competente, ben por acordo, ou por existencia de convenios, ou por estar clasificada tal actuación como ¿de interese xeral". Nestes casos a entidade xestora solicitaralles ás ditas administracións os criterios seguidos no seu deseño, co fin de analizar a súa coherencia e integración dentro da rede municipal de saneamento e emitir informe ao respecto.

e) Na elaboración de plans que desenvolvan as normas urbanísticas, que afecten ás zonas onde se localicen actividades industriais, será preciso un estudo técnico sobre a posibilidade de contaminación por vertidos ou infiltración de augas residuais industriais. Corresponderalle a súa execución e elaboración ao promotor público ou privado da devandita iniciativa.

CAPÍTULO II. DEBERES DOS USUARIOS DA REDE DE SANEAMENTO MUNICIPAL

Artigo 8.- Usuarios suxeitos

1. Todas as edificacións, industrias ou explotacións, tanto públicas como privadas, susceptibles de xerar vertidos, con independencia do seu uso ou usos compartidos, estarán obrigadas a cumprir as disposicións e preceptos desta Ordenanza, tanto nas conexións actuais como nas previstas no futuro.

2. Segundo a orixe e as características das augas residuais que xeran, os usuarios da rede de saneamento clasifícanse do seguinte xeito:

a) Usuarios domésticos: aqueles que xeran augas residuais domésticas, entendendo por tales aquelas procedentes dos usos particulares das vivendas, xeradas principalmente polo metabolismo humano e as actividades domésticas. Aplicarase esta modalidade exclusivamente a locais destinados a vivenda, sempre que neles non se realice actividade industrial, comercial ou profesional de ningún tipo.

b) Usuarios non domésticos: aqueles que xeran augas residuais non domésticas, entendendo por tales aquelas vertidas dende establecementos nos que se efectúe calquera actividade comercial, industrial, de servizos, agrícola ou gandeira. Estas augas residuais, polas súas características, poden presentar nalgún momento determinado unha composición fisicoquímica, aínda que sexa accidentalmente, que supere os valores límite de emisión establecidos nesta Ordenanza.

Á súa vez, os usuarios non domésticos poderanse clasificar en:

b. 1) Usuarios comerciais: Son aqueles que utilizan auga destinada ás necesidades de locais comerciais, tales como oficinas, despachos, tendas, centros privados de ensino, centros deportivos, clubs sociais e recreativos, garaxes (sen ningún tipo de actividade de lavado, engraxamento ou outros), así como en todos aqueles usos relacionados con hostalaría, restauración, aloxamento e lecer, producindo vertidos tanto de augas residuais domésticas como asimilables a domésticas; a estes usuarios, a xuízo da entidade xestora, poderáselles esixir a instalación dun pretratamento e/ou control previamente á conexión á rede pública de saneamento.

b. 2) Usuarios industriais: os que xeran vertidos tras a utilización da auga como un elemento directo ou indirecto dun proceso de produción nunha actividade industrial. As características destes vertidos serán compatibles co seu transporte e depuración polas diferentes infraestruturas do sistema de saneamento.

b. 3) Usuarios especiais: entenderase por usuarios especiais calquera outro non definido en puntos anteriores, incluídos os de carácter temporal. En todo caso, teñen a condición de usos especiais os vertidos provisionais por obras, feiras ou outras actividades temporais na vía pública. As características destes vertidos serán compatibles co seu transporte e depuración polo sistema de saneamento.

 

TIPO DE USUARIO

NATUREZA DAS AUGAS RESIDUAIS QUE VERTE

 

Domésticas

Industriais

 

Asimilables a domésticas

Non asimilables a domésticas

DOMÉSTICO

SI

NON

NON

NON DOMÉSTICO

Comercial

SI

NON

NON

Negocios

SI

SI

NON

Industrial

SI

SI ou NON

SI

Especiais

SI ou NON

SI ou NON

SI ou NON

 

Artigo 9.- Obriga de conexión á rede municipal de saneamento

1. A conexión á rede municipal de saneamento será obrigatoria para todos os usuarios (domésticos e non domésticos) que se atopen a menos de 100 metros desta. Non obstante, por razóns técnicas, o punto exacto de conexión ou entroncamento coa rede municipal de saneamento será determinado polos técnicos municipais aínda que se supere esa distancia.

2. Non entanto, a Entidade Xestora poderá dispensar da obrigatoriedade da conexión sinalada no punto anterior, cando se acredite polo usuario a inviabilidade da devandita conexión por razóns técnicas, económicas ou urbanísticas debidamente xustificadas.

3. No caso de que unha actividade xeradora de augas residuais non estea obrigada á conexión á rede municipal de saneamento, ou esta non sexa posible, deberá estar provista de sistemas autónomos de saneamento (fosas sépticas ou similares) que non supoñan un risco para o medio ambiente. Estes sistemas de depuración, que implicarán un vertido directo ou indirecto a dominio público, deberán estar autorizados polo Organismo de cunca ou a Administración hidráulica competente. Nestes casos, o Servizo Municipal correspondente deberá emitir, con carácter previo á licenza urbanística de que se trate, un informe relativo á idoneidade do dispositivo proxectado e conforme ás mellores técnicas dispoñibles que aseguren a maior eficiencia ambiental do mesmo. Corresponde ao usuario a limpeza periódica, conservación e mantemento de devanditos sistemas autónomos de depuración así como o envío a xestor autorizado dos residuos que se xeraron.

4. Os usuarios adoptarán as medidas ou previsións correspondentes para poder conectar as súas redes á municipal, sendo os gastos de acometida pola súa conta. A acometida á rede municipal de saneamento definida no artigo 4. 1) terá carácter privativo, incluído o punto de conexión ou entroncamento coa rede municipal, substanciarase a obtención da súa licenza conforme o disposto no artigo 12 e realizarase de acordo cos condicionantes técnicos do anexo VI. Correspóndenlles aos usuarios as obrigas de limpeza, conservación e mantemento da dita acometida a excepción daqueles casos nos que se demostre que a deficiencia ou dano a reparar non e imputable ao mesmo.

5. Cando, como consecuencia dunha actuación pública ou privada autorizada, un usuario pase a dispor dunha rede do sistema público de saneamento municipal a menos de 100 metros, deberase conectar obrigatoriamente a esa rede logo de requirimento municipal, e no prazo que este fixe. Clausurarase o sistema autónomo existente (fosa séptica ou dispositivo similar), o que deberá ser comprobado e certificado por técnicos dos servizos municipais. Se no prazo de tres meses dende a posta en servizo da nova acometida non se clausurara o sistema autónomo anterior o Concello procederá a executar os traballos necesarios de forma subsidiaria, correndo os gastos por conta do particular.

A conexión efectuarase de acordo co disposto nesta Ordenanza.

6. En solo urbano non se permite a utilización de sistemas autónomos de saneamento (fosas sépticas ou similares). Todo usuario deberá estar conectado á rede de saneamento municipal. Se non existise rede na zona, ou estivese a máis de 100 metros e a zona non estivese incluída en polígono, a súa execución correspóndelle ao Concello.

Mentres o Concello non execute ditas obras, permitirase previa a obtención, cando corresponda, da correspondente autorización de vertido emitida polo Organismo de cunca ou pola Administración hidráulica competente, a utilización de fosas sépticas ou dispositivos similares, aos que se conectarán as augas provintes dos aseos (inodoros, lavabos, bidés e duchas), e tamén das augas grises provintes dos vertedoiros, lavavaixelas, lavadoras ou outros aparellos ou instalacións análogas.

7. En solo urbanizable e rústico, no que habitualmente non existe saneamento municipal, autorizarase para as construcións provisionais en solo urbanizable e para as permanentes autorizables en solo rústico o emprego de fosas sépticas ou similares baixo as premisas sinaladas no punto anterior.

Artigo 10.- Deberes dos usuarios

O usuario terá os seguintes deberes:

a) Satisfacer puntualmente o importe do servizo de saneamento na contía, forma e prazos que determinen as correspondentes Ordenanzas fiscais municipais.

b) Aboar as cantidades que resulten da liquidación que por erro, fraude ou avaría se lles poidan imputar.

c) Verter as augas residuais conforme ao previsto nesta Ordenanza e, de ser o caso, conforme ao previsto nos correspondentes permisos de vertido.

d) Conectarse á rede municipal de saneamento cando esta se atope a menos de 100 metros do punto de vertido, solicitando previamente a licenza de acometida e abonando a taxa que determine a correspondente Ordenanza fiscal.

e) Informar á entidade xestora acerca de fugas, avarías, perdas ou calquera outro incidente que, por interese propio ou xeral, afecte ou poida afectar ás instalacións do Servizo Municipal de Saneamento. Entre estes incidentes inclúense as manipulacións de instalacións que poidan causar contaminación ou perigo para persoas ou bens públicos ou privados.

f) Comunicarlle á entidade xestora de xeito inmediato calquera modificación nos procesos que inflúa na calidade do efluente que se verte, así como a comunicación de calquera circunstancia futura que implique unha variación das características cualitativas ou cuantitativas do vertido para os efectos de proceder, de ser o caso, á revisión do correspondente permiso de vertido.

g) Permitir e facilitar a libre entrada nas instalacións do persoal municipal debidamente acreditado, para inspeccionar ou reparar as instalacións, sempre e cando se detecten anomalías que poidan afectar ao normal funcionamento da rede municipal.

h) Respectar o precinto de calquera local, instalación ou mecanismo desta que afecte ou forme parte do sistema público de saneamento.

i) Cumprir as condicións e deberes que figuren no permiso de vertido.

j) Comunicarlle á entidade xestora calquera modificación de domicilio ou titularidade da vivenda ou establecemento, modificación na instalación interior (en especial os puntos novos de vertido que resulten significativos polo seu volume) ou calquera outra que implique un cambio significativo no desenvolvemento xeral do servizo que presta a entidade xestora.

k) Cando exista unha alteración no volume do caudal de vertido que implique un aumento de máis do 10%, deberáselle notificar ao Concello para que se poida estudiar a incidencia dese aumento no sistema de saneamento.

l) Prever as instalacións de bombeo e elevación naqueles casos en que sexa necesario.

CAPÍTULO III. EMPREGO DA REDE DE SANEAMENTO

Artigo 11.- Condicións previas á conexión

1. Para a conexión dun usuario ao sistema municipal de saneamento, cómpre que a rede se atope en servizo, e que o vertido do usuario cumpra as condicións establecidas nesta Ordenanza.

2. Para poder efectuar a conexión, todos os edificios deberán contar cunha rede separativa interior de augas pluviais e fecais. No caso de que non exista rede separativa na vía pública nesa zona, a conexión entre ambas as dúas efectuarase sempre fóra dos límites da parcela e entre esta e a rede de saneamento.

Artigo 12.- Requisitos e características básicas da acometida ao sistema

1. Para a conexión dun usuario ao sistema municipal de saneamento será necesaria a previa obtención de licenza municipal de acometida ao sistema e, no seu caso, tamén o previo permiso de vertido para os usuarios que sinala o artigo 14, así como o abono das taxas fiscais correspondentes.

Para iso, deberase presentar no Rexistro Municipal a solicitude no modelo homologado correspondente acompañado da seguinte documentación:

a) Nome do solicitante ou razón social, enderezo e teléfono, nome do futuro usuario e enderezo do vertido.

b) Licenza de obra ou licenza de primeira ocupación.

En caso de novas construcións presentarase ademais:

a) Plano de situación a escala 1:2000.

b) Plano da rede de desaugadoiro do interior do edificio en planta e alzado, a escalas respectivas de 1:100 e 1:50, detallando expresamente os sifóns xerais e a ventilación aérea, e distinguindo a rede de augas pluviais e a rede de augas residuais.

c) Descrición das disposicións e dimensións idóneas para un correcto desaugadoiro, especificando o material, diámetro e pendente lonxitudinal.

1. Os requisitos e características básicas destas acometidas son os que se establecen no anexo VI ¿Características técnicas da acometida" desta Ordenanza, que será de preceptiva aplicación para obter a correspondente licenza.

2. Os establecementos deberán unificar, sempre que sexa posible, no interior do edificio ou parcela todos os vertidos xerados polos procesos produtivos e, ao mesmo tempo, respectarán as redes separativas de xeito que non poderán verter as augas pluviais na rede interna de augas residuais e viceversa.

3. O Concello concederá licenza de acometida á rede municipal de saneamento tras a supervisión da correcta conexión.

4. En caso de concesión de licenza municipal de demolición a un inmoble que dispuxera de acometida á rede municipal de saneamento, deberase esixir nesta o selado da acometida existente co fin de poder recuperala nun futuro para o novo uso do inmoble ou, de ser o caso, para evitar posibles inundacións ou filtracións no solar. Este selado deberáselle comunicar á entidade xestora.

5. Para os usuarios obrigados a obter o permiso de vertido, a súa obtención será requisito previo e preceptivo para conseguir a licenza posterior de acometida.

Artigo 13.- Prohibicións e limitacións

1. Queda totalmente prohibido:

a) O vertido á rede de saneamento das substancias relacionadas no Anexo I-A, ¿Vertidos prohibidos", desta Ordenanza.

b) A dilución para conseguir os niveis de emisión que permitan su vertido á rede de saneamento excepto nos supostos de urxencia ou de perigo inminente e, en todo caso, previa comunicación ao Concello de acordo co disposto no artigo 23.

c) O vertido de augas residuais ou calquera outro tipo de residuos dende camións cisterna ou doutro tipo, á rede de saneamento.

d) O vertido ás redes de saneamento de augas brancas cando poida adoptarse unha solución técnica alternativa por existir no contorno da actividade unha rede separativa ou unha canle pública.

e) O vertido procedente de actividades agropecuarias e, en concreto cortes e granxas, á rede de saneamento municipal. As augas residuais xeradas nesas actividades deberán ser xestionadas de acordo coa normativa de aplicación.

2. Limitacións ao vertido:

a) Os vertidos industriais que conteñan substancias das relacionadas no Anexo II desta Ordenanza deberán respectar as limitacións alí establecidas, sen que poida admitirse a dilución para conseguir os devanditos límites.

b) Como norma xeral, o caudal de augas residuais se verterá de forma distribuída ao longo do día. En todo caso, como norma xeral, os caudais máximos instantáneos non poderán superar o triplo do caudal medio diario autorizado. Esta limitación poderá ser variada, en función das posibilidades da rede e das estratexias de explotación pola Entidade Xestora, previa comunicación ao usuario.

c) A Entidade Xestora poderá obrigar a reducir ou regular o caudal do vertido das industrias cando as condicións da rede ou as instalacións de depuración así o aconsellen, ou en casos en que o mesmo constitúa un grave risco para o sistema no seu conxunto, incluído o medio receptor. Poderá ser requirida a imposición dun réxime de vertido determinado, nun horario e cun caudal específico debendo o usuario implantar os medios de almacenamiento temporal, regulación e bombeo precisos. Esta obrigación poderá ter carácter temporal, estacional ou permanente.

d) As actividades con vertidos que incorporen substancias perigosas deberán cumprir os valores límite de emisión establecidos na normativa vixente en materia de augas.

Artigo 14.- Condicións para a utilización da rede municipal de saneamento

1.- En función do tipo de usuario e da natureza das augas residuais que se incorporen á rede municipal de saneamento, están obrigados a solicitar o permiso de vertido regulado nos artigos seguintes os usuarios especificados na seguinte táboa:

TIPO DE USUARIO

NATUREZA DAS AUGAS RESIDUAIS QUE VERTE

REQUIRE PERMISO DE VERTIDO

 

Domésticas

Industriais

Asimilables a domésticas

Non asimilables a domésticas

DOMÉSTICO

SI

NON

NON

NON

NON DOMÉSTICO

Comercial

SI

NON

NON

NON

Negocios

SI

SI

NON

SI

Industrial

SI

SI ou NON

SI

SI

Especiais

SI ou NON

SI ou NON

SI ou NON

SI

2. Ademais, quedan obrigados a obter o permiso de vertido ao sistema público de saneamento os seguintes usuarios:

a) Os usuarios non domésticos cuxa actividade estea comprendida nas correspondentes epígrafes da vixente CNAE-2009, aprobada polo Real decreto 475/2007, equivalentes ás epígrafes C, D, E e F do CNAE-93, segundo os cadros de equivalencias entre a CNAE-93 e a CNAE-2009 elaborados polo Instituto Nacional de Estatística, así como aqueloutros usuarios non domésticos cuxo vertido sexa superior a 2.000 metros cúbicos anuais.

b) Os usuarios cun volume de vertido inferior a 2.000 metros cúbicos anuais pero que orixinen contaminación especial nos termos do artigo 47.1.c) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

c) Todas as actividades que incorporen auga en proceso e/ou estean obrigadas pola Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

d) Os usuarios que utilicen augas cuxa procedencia non sexa de rede de abastecemento municipal.

e) Os concellos cuxa rede de saneamento municipal verta á de propiedade deste concello.

3. O resto dos usuarios cuxa actividade xere augas residuais domésticas quedan suxeitos ás regulamentacións que dite a entidade xestora e, en todo caso, ás prohibicións establecidas no anexo I desta Ordenanza.

4. A entidade xestora poderalle esixir ao peticionario a caracterización do vertido por un laboratorio acreditado para determinar o tipo de usuario de que se trata.

5. O permiso de vertido outorgaráselle a cada usuario en función das características específicas do seu sector de actividade, da súa compatibilidade cos tratamentos da EDAR, da perigosidade do seu efluente e dos caudais de vertido xerados, o que pode supor un aumento ou unha diminución dos valores límite dos parámetros do anexo II; así:

a) A calquera actividade ou instalación poderánselle fixar valores límite diferentes dos establecidos con carácter xeral no anexo II para aqueles vertidos de augas cuxas circunstancias particulares debidamente xustificadas así o aconsellasen.

b) En casos particulares, poderánselle impor limitacións máis estritas en aplicación da normativa vixente en materia de avaliación de impacto ambiental, polo seu contido en substancias perigosas incluídas no anexo I-C, ¿Vertidos con substancias perigosas", ou no anexo II (os parámetros coa nota 10: Parámetros contaminantes dificilmente tratables na EDAR ou con impacto significativo sobre os obxectivos de calidade do medio receptor e os potenciais usos das augas depuradas).

6. As augas residuais procedentes de usuarios non domésticos cuxas augas presenten graxas, aceites ou outro produto destas características deberán dispor do correspondente separador de graxas construído na forma axeitada para adecuar os vertidos aos límites considerados nesta Ordenanza.

7. No caso de vertidos procedentes de colectores ou redes de saneamento doutros termos municipais, ou pertencentes a outras administracións ou organismos dependentes destas, será titular e responsable do vertido o titular da rede da que provén xusto antes do punto de vertido. Estes vertidos terán consideración de augas residuais de carácter supramunicipal.

Artigo 15.- Permiso de vertido

1. Entenderase por permiso de vertido municipal aquel que ten por finalidade comprobar que a evacuación das augas residuais por medio da rede de saneamento municipal, ou o vertido directo na estación depuradora, acomódase ás normas establecidas, e que a composición e características das augas residuais mantéñense dentro dos límites establecidos.

2. No caso de que a evacuación das augas residuais sexa ao dominio público hidráulico ou ao dominio público marítimo-terrestre, a autorización do vertido corresponderá ao Organismo de cunca ou á Administración hidráulica competente.

3. O permiso de vertido á rede de saneamento municipal outorgarao o Concello aos usuarios indicados no artigo 14.

4. O outorgamento do devandito permiso faculta aos mencionados usuarios para realizar vertidos de augas residuais á rede de saneamento nas condicións que nel se establezan.

5. O permiso de vertido estará condicionado ao cumprimento do establecido nesta Ordenanza, e terá, con carácter xeral, excepto por razóns xustificadas debidamente motivadas, unha validez máxima de 8 anos, renovable por idénticos períodos, por consentimento expreso da Entidade Xestora e por escrito, sen prexuízo da obrigada revisión antes dese prazo nos casos previstos no artigo 19. Nos supostos de actividades comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (IPPC), a vixencia do permiso someterase ao prazo da autorización ambiental integrada.

6. Non se permitirá ningunha conexión á rede de saneamento municipal en tanto non se teñan efectuadas as obras ou instalacións especificamente determinadas, así como as modificacións ou acondicionamentos técnicos que, á vista dos datos aportados na solicitude do permiso de vertido, estableza o Concello. No caso de execución de novos colectores en viais xa existentes as acometidas poderán executarse simultaneamente coa obra principal sempre e cando os particulares interesados cumpran co estipulado na presente ordenanza. A posta en servizo de ditas acometidas virá determinada polo Concello en función da operatividade do sistema.

7. En todo caso, o permiso de vertido non se poderá entender outorgado por silencio administrativo.

8. Os permisos de vertido emitiranse con carácter intransferible.

9. O prazo máximo para ditar resolución será de 6 meses dende que se reciba a solicitude de permiso. Transcorrido devandito prazo sen que se ditara resolución, a solicitude de permiso de vertido entenderase denegada

Artigo 16.- Solicitude do permiso de vertido

1. Antes de efectuar ningún vertido de augas residuais ao sistema, os titulares das actividades indicadas no artigo 14.2 deben solicitar do Concello o correspondente permiso de vertido e, para estes efectos, achegarán a documentación que se indica no anexo III desta Ordenanza.

2. Naqueles casos en que sexa necesario tratamento previo á conexión coa rede de saneamento segundo o disposto no artigo 21, será necesaria a elaboración dun proxecto redactado por un técnico competente que, en todo caso, certifique que a actividade cumpre coas condicións de funcionamento e impacto ambiental que fosen establecidas; en especial:

a) Que as estimacións efectuadas dos parámetros de vertido á rede son válidas.

b) Que as instalacións de tratamento e depuración están realizadas e son axeitadas.

Ademais, no caso de que se efectúe unha caracterización, esta deberá ser realizada por un organismo de control autorizado ou unha entidade colaboradora da Administración hidráulica, segundo a Orde MAM 985/2006, do 23 de marzo, que elaborará un informe que inclúa as medicións, inspeccións e análises realizadas.

Artigo 17.- Procedemento para a obtención do permiso de vertido

1. O procedemento para obter o permiso de vertido, no caso de actividades comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (IPPC), ou, de ser o caso, na normativa de execución que aprobe a Comunidade Autónoma de Galicia, será o establecido nas mencionadas normas.

2. Noutro caso, serán de aplicación as normas do procedemento administrativo común.

3. En ningún caso é posible a obtención do permiso de vertido por silencio administrativo, que será desestimatorio.

4. De acordo cos datos achegados polo solicitante, o Concello resolverá no sentido de:

a) Prohibir totalmente o vertido cando as características que presente non poidan ser corrixidas polo oportuno tratamento previo. Neste caso, o interesado deberá solicitar a correspondente dispensa de vertido á rede de saneamento pública, xuntando á súa solicitude o estudo demostrativo da imposibilidade do vertido á rede de colectores de titularidade municipal. A entidade xestora obrigará ao solicitante a proceder á desconexión da súa rede privada de saneamento da rede pública no caso de que xa estivese realizada a acometida.

b) Autorizar o vertido de forma condicionada.

c) Autorizar o vertido sen máis limitacións que as contidas nesta Ordenanza.

5. En todo caso, a denegación do permiso será motivada e indicará necesariamente as razóns que a determinen, cuxa corrección producirá o seu outorgamento.

6. En caso de solicitude de novas acometidas, a obtención previa do permiso de vertido presentarase xunto á solicitude de acometida á rede de saneamento municipal.

Artigo 18.- Contido do permiso de vertido

O permiso de vertido que outorgue o Concello incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:

a) Datos de identificación do titular da actividade e do inmoble, planta, instalación ou local onde se xera o vertido.

b) Cualificación do usuario e tipoloxía das augas residuais.

c) Identificación e localización do punto de vertido. A situación (coordenadas UTM) do punto de conexión coa rede de saneamento municipal.

d) Orixe e características dos efluentes de augas residuais autorizados.

e) Os valores límite de emisión, ou valores límite de vertido, das características cualitativas do vertido, tanto en valor medio diario máximo como en valor instantáneo máximo.

f) Os límites cuantitativos do vertido, indicando o caudal medio e o caudal máximo instantáneo en metros cúbicos por hora, día e ano. No caso do caudal máximo, ademais indicarase a súa frecuencia e duración.

g) Horario de vertido.

h) Características da sección de control que deberá instalar o titular do vertido segundo o disposto no anexo V, punto 9, a liña e), que deberá estar operativa en menos de 6 meses dende a concesión do permiso de vertido. Seranlle especificados os equipamentos para a medida de caudal e para a toma de mostras, así como posibles equipamentos para a medida en continuo de determinados parámetros de contaminación. Especificaranse tamén os equipamentos de rexistro dos valores medidos e o intervalo de rexistro. Estes equipamentos deberán permitir, polo menos, a medida e rexistro do caudal instantáneo e do caudal totalizado nun período determinado de tempo e sen posibilidade de posta a cero. Ademais, no caso de que o caudal se obteña a partir dos calados medidos nunha sección de control calibrada, o usuario gardará os rexistros das ditas medidas de calado. Como consecuencia dos procesos de inspección, a entidade xestora poderá solicitar a modificación das características da sección de control.

i) Prazo para adaptarse aos límites de vertido especificados no propio permiso.

j) O programa de control do vertido. O titular do vertido deberá realizar un programa de autocontrol nos supostos de vertidos que comporten un risco elevado de impacto sobre o sistema de saneamento, de acordo co disposto no artigo 27. A Entidade Xestora definirá en cada caso particular os vertidos que supoñan un risco elevado, en función do caudal de vertido, dos contaminantes, ou das cargas contaminantes.

k) O formato e contido dos informes do autocontrol que o titular do permiso de vertido lle deberá remitir á entidade xestora, especificando a súa periodicidade.

l) Prazo de validez do permiso de vertido.

m) As actuacións e medidas que, en caso de emerxencia, deban ser postas en práctica polo titular do permiso de vertido e o protocolo de contacto directo coa entidade xestora para a comunicación de vertidos accidentais e de emerxencia.

n) No seu caso, excepcións temporais dos requirimentos do Anexo II, ¿Nota 11: Parámetros tratables na EDAR ou de impacto pouco significativo sobre os obxectivos de calidade do medio receptor", sempre que se aprobe un programa que garanta o seu cumprimento no prazo que fixe a Entidade Xestora. Rematado o prazo fixado o Concello realizará unha inspección para verificar o fin da situación de excepción

o) En razón dos riscos da actividade, poderanse requirir para a obtención do permiso de vertido seguros, avais ou fianzas que cubran os posibles danos derivados dos ditos riscos.

p) Calquera outra condición que a entidade xestora considere oportuna en razón das características específicas do caso.

Artigo 19.- Revisión do permiso de vertido

1. Sen prexuízo do disposto na Lei 16/2002 de IPPC, o permiso de vertido ao sistema deberá revisarse cando se produza algún cambio significativo na composición ou no volume do vertido cando se alteren substancialmente as circunstancias do momento da súa concesión, ou cando sobreveñan outras que xustificarían a súa denegación ou a súa aprobación en termos diferentes.

2. En todo caso, procederase á revisión do permiso de vertido:

a) Cando a carga contaminante vertida por unha actividade resulte significativa, en relación coa carga total tratada polo sistema de depuración, e poida dificultar a súa depuración nas condicións idóneas.

b) Cando o efecto aditivo ou sinérxico das augas residuais de diferentes vertidos poida dificultar o tratamento do sistema nas condicións idóneas.

c) Cando remate o período de vixencia de 8 anos ou o expresamente establecido conforme ao sinalado no artigo 15.5. por razóns xustificadas debidamente motivadas.

d) Cando se produza a aprobación da nova normativa básica ou sectorial ou modificacións da existente, que afecte ao estipulado nesta ordenanza.

3. O Concello poderá modificar as condicións do permiso de vertido cando as circunstancias que motivaron a seu outorgamento fosen alteradas ou sobreviren outras que, de existir con anterioridade, terían xustificada a súa denegación ou o outorgamento en termos distintos podendo ser o caso de decretar a suspensión temporal ata que ditas circunstancias sexan superadas. Neste suposto, o usuario será informado, con suficiente antelación, das posibles modificacións e dispoñerá do tempo axeitado para adaptarse ao seu cumprimento, de acordo co previsto no seguinte punto.

4. O usuario será informado con suficiente antelación das posibles modificacións e terá dereito a formular as alegacións que considere oportunas, fixándoselle un prazo de adaptación que non excederá dun ano, a contar dende a aprobación da revisión.

5. Se o titular do permiso non realiza as modificacións no prazo concedido, poderase declarar a caducidade do permiso, sen prexuízo da imposición das sancións oportunas.

6. En ningún caso a revisión do permiso de vertido comporta para o seu titular dereito a indemnización algunha.

Artigo 20.- Revogación do permiso de vertido

O permiso de vertido, previa audiencia do seu titular, poderá ser revogado nos seguintes supostos:

a) Por petición do titular do contrato, ao cesar o vertido e, polo tanto, o requirimento do servizo.

b) Por incumprimento, por parte do titular do permiso, das obrigas que deste derivan, ou dos requirimentos efectuados para o seu cumprimento.

c) Cando o titular do servizo perda o seu dominio de uso sobre o inmoble obxecto do contrato.

d) Por revogación, caducidade ou anulación da autorización ou licenza que permitía o desenvolvemento da actividade que causa o vertido.

e) Por cambio de uso das instalacións para as que se outorgou o permiso de vertido.

f) Por incumprimento por parte do usuario dos requirimentos efectuados pola entidade xestora respecto ao tratamento previo dos vertidos ou de reparación das instalacións para adecuar o vertido ás condicións establecidas no correspondente permiso de vertido.

g) Como consecuencia dunha sanción que leve implícita a perda do permiso.

h) A non aceptación ou incumprimento das modificacións do permiso de vertido impostas como consecuencia dunha revisión.

i) Cando o usuario permita o uso das súas instalacións de vertido a terceiros.

j) Cando se cese nos vertidos por un tempo superior a un ano.

Artigo 21.- Tratamento previo á conexión

1. As augas residuais que non cumpran as limitacións que, para o seu vertido na rede municipal de saneamento, se establecen nesta Ordenanza deberán ser obxecto do correspondente tratamento previo polo usuario.

2. As instalacións necesarias para realizar o dito tratamento previo destas augas residuais formarán parte do sistema de saneamento privado, e definiranse suficientemente na solicitude do permiso de vertido, tal como se cita no anexo III, á que se xuntará o proxecto correspondente e os estudos e cálculos xustificativos da súa eficacia, segundo o sinalado no artigo 16.2.

3. Cando, excepcionalmente, varios usuarios se unan para efectuar conxuntamente un tratamento previo das súas augas residuais, deberán obter un permiso de vertido para o efluente final conxunto, con declaración de todos os usuarios que o compoñan. A responsabilidade do cumprimento das condicións establecidas no permiso de vertido será da comunidade de usuarios e solidariamente de cada un deles. Neste caso, cada un dos usuarios deberá instalar antes da confluencia dos vertidos, seccións de control individuais para o control e medición independente dos efluentes.

4. En calquera caso, o permiso de vertido quedará condicionado á eficacia do tratamento previo, de tal xeito que, se este non producise os resultados previstos, quedará sen efecto o dito permiso e prohibido o vertido desas augas residuais á rede de saneamento municipal.

Artigo 22.- Dispensa do permiso de vertido

1. Se non fose posible que as augas residuais que cómpre verter se manteñan dentro dos límites fixados nesta Ordenanza, nin sequera mediante tratamentos previos, o interesado deberá desistir na actividade que as produce ou adoptar as previsións necesarias, mediante a realización das obras ou instalacións precisas, para que as augas residuais non admisibles na rede de saneamento ou planta depuradora se almacenen e evacúen mediante outros medios a outro tipo de planta especial ou depósito de seguridade que garantan un idóneo destino final axustado á normativa vixente

2. Para estes efectos, o interesado deberá solicitar a correspondente dispensa de vertido á rede de saneamento, xuntando á súa solicitude un estudo demostrativo da imposibilidade de adecuar ese vertido á Ordenanza. Coa periodicidade que se determine ao dispensarlle o vertido á rede pública municipal de saneamento, o interesado deberá xustificar a súa situación en relación coa eliminación do vertido.

Artigo 23.- Situacións de emerxencia

1. Se durante o funcionamento dunha actividade se producise un vertido accidental, ou un fallo nas instalacións de tratamento previo que provoque un incumprimento dos límites de emisión do permiso de vertido, o titular da actividade deberá tomar as medidas axeitadas para minimizar o dano e comunicarlle o suceso á entidade xestora inmediatamente e de xeito que faga fe. Na súa comunicación indicaranse, polo menos: substancias descargadas, volume aproximado descargado, horario en que se produciu a descarga e concentracións aproximadas das substancias vertidas.

2. Nas 48 horas seguintes ao suceso, o titular do permiso de vertido presentaralle á entidade xestora un informe detallado do acontecido, as medidas adoptadas para controlalo e as posibles accións para evitar a súa repetición.

3. As actividades con risco potencial de produciren vertidos accidentais ou de emerxencia, deberán ter establecidos protocolos de emerxencia para minimizar os danos que se poidan producir nas instalacións de saneamento e depuración, así como no medio receptor. Estes plans de emerxencia esixiranse no propio permiso de vertido e deberanse presentar coa solicitude.

4. Se por motivos de mantemento fose necesario incumprir puntualmente os parámetros do permiso de vertido, o titular da actividade deberalle solicitar previamente autorización á entidade xestora para que tome as medidas axeitadas e así evitar afectar ás instalacións municipais de saneamento e depuración.

5. Se, como consecuencia dos vertidos ou descargas accidentais, do fallo no funcionamento das instalacións de tratamento previo, ou da persistencia de vertidos non tolerados ou prohibidos prodúcense danos sobre a rede municipal de saneamento, procederase á súa valoración pola Entidade Xestora conforme ao establecido no artigo 34 da presente Ordenanza. Esta valoración será comunicada por escrito ao titular do vertido causante dos danos nun prazo non superior a trinta días naturais dende que comezaron a producirse.

6. Os custos das operacións a que dean lugar os accidentes que ocasionen situacións de emerxencia ou de perigo, así como os de limpeza, remoción, reparación ou modificación do sistema de saneamento e depuración a que dean lugar as descargas accidentais ou debido á persistencia dos vertidos tolerados ou prohibidos, deberanlle ser aboados á entidade xestora polo usuario causante do dano.

7. Sen prexuízo do establecido nas epígrafes anteriores, o Concello deberalle comunicar á Administración competente e, de ser o caso, aos tribunais de xustiza os feitos e as súas circunstancias cando das actuacións realizadas por aquela se puxese de manifesto a existencia de neglixencia ou intencionalidade por parte do titular do vertido ou do persoal dependente del, exercendo as accións pertinentes para determinar en cada caso a responsabilidade en que puidesen incorrer e o correspondente resarcimento dos danos e perdas producidos como consecuencia do incumprimento desta Ordenanza.

Artigo 24.- Censo de vertidos á rede municipal de saneamento

1. O Concello levará un censo informatizado de vertidos ao sistema no que inscribirán os vertidos sometidos a permiso, e no que constarán, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Nome, enderezo, CNAE e NIF do titular do permiso.

b) Datos básicos do caudal de auga de abastecemento, e/ou autoabastecemento, e do vertido.

c) Condicións básicas do permiso, incluíndo a localización con coordenadas UTM e o acceso ao punto de vertido.

d) Situación administrativa do permiso.

e) Datos relativos á contaminación e características do vertido conectado.

f) Informe analítico do vertido, renovado con periodicidade anual

2. O censo de vertidos estará ao dispor da Administración hidráulica de Galicia e da Administración hidráulica do Estado. Así mesmo, todos aqueles datos do censo que non provoquen a vulneración da Lei de Protección de Datos serán públicos e poderán ser consultados a través da web municipal.

3. Tomando como base o mencionado censo, así como os resultados das comprobacións efectuadas na rede, o Concello das Pontes de García Rodríguez cuantificará periodicamente as diversas clases de vertidos, co fin de actualizar as limitacións das descargas e os conseguintes permisos de vertido, así como dispor as actuacións preventivas, reparadoras e/ou correctoras que sexan necesarias.

4. O Concello deberá informar periodicamente sobre o seu censo de vertidos ao xestor ou responsable do sistema de depuración correspondente, no caso de que se trate de distintas entidades xestoras para as instalacións de saneamento e as de depuración.

5. Cando unha mesma entidade xestora teña ao seu cargo a xestión do saneamento en baixa e o servizo de depuración de augas residuais, deberá incluír no censo, os vertidos non canalizados aos que se refire o artigo seguinte.

Artigo 25.- Vertidos non canalizados

1. Queda totalmente prohibido, salvo expresa autorización da entidade xestora, o vertido das augas residuais, ou de calquera outro tipo de residuo, mediante sistemas non canalizados (camións cisterna, ou doutro tipo) á rede municipal de saneamento. Nos casos de vaciado de fosas sépticas o titular deberá comunicar esta actividade á entidade xestora indicando o punto e hora do vertido para o seu control.

2. Os vertidos á EDAR provenientes de sistemas non canalizados deberán ser autorizados pola entidade explotadora desta, de acordo coas regulamentacións técnicas que adopten e, en todo caso, tendo en conta o sinalado no artigo 18 do Regulamento marco establecido polo Decreto 141/2012, do 21 de xuño, e sen prexuízo dos permisos e autorizacións esixibles segundo a normativa de residuos. En todo caso, estes vertidos só poderán proceder de actividades domésticas ou asimilables a domésticas.

CAPÍTULO IV. INSPECCIÓN E CONTROL

Artigo 26.- Inspección e control por parte da entidade xestora

1. Todas as cuestións relativas á inspección e control derivadas do cumprimento do previsto nesta Ordenanza se remiten á regulación contida no Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais de Galicia.

2. No relativo á toma de mostras, ademais do preceptuado no Regulamento marco citado, terase en conta que para o control do cumprimento do límite ¿valor medio diario máximo" do anexo II se utilizarán mostras compostas. Para o control do límite ¿valor instantáneo máximo" do mesmo anexo II empregaranse mostras simples.

3. O Concello, a proposta da Entidade Xestora da EDAR, deseñará un plan de inspección a fin de detectar e corrixir as orixes de certos efluentes cuxa composición ocasione ou poida haber o risco certo de que ocasionen, problemas de funcionamento operativo no seo da propia EDAR, ou que comprometan o cumprimento dos límites impostos pola Administración hidráulica na propia autorización de vertido a dominio público.

Artigo 27.- Autocontrol dos vertidos

1. Nos casos en que, de conformidade co artigo 18, k), o permiso de vertido así o esixa, o seu titular tomará as mostras e procederá a realizar as análises que se especifiquen no propio permiso para verificar que non se superan as limitacións establecidas.

2. Os resultados das análises deberanse conservar polo menos durante tres anos.

3. O titular do permiso de vertido terá un plan de autocontrol, que estará á disposición da entidade xestora e dos inspectores, no que constarán: a periodicidade dos autocontrois, o lugar en que se tomaron as mostras, a data en que se realizou a toma e as determinacións analíticas, así como calquera outro dato que se considere procedente solicitar.

4. A entidade xestora poderá requirir ao usuario para que presente periodicamente un informe sobre o efluente vertido se así foi establecido no permiso de vertido.

5. A obriga de controlar os parámetros característicos dos vertidos dos usuarios non domésticos efectuarase tendo en conta o establecido na seguinte táboa:

Tipo de vertido

(segundo o ANEXO IV da Ordenanza)

Caudal de vertido(m3/año)

Periodicidade de control

Clase

Grupo

1

3, 4, 6

> 2.000

Trimestral

1

3, 4, 6

< 2.000

Semestral

1

0, 1, 2, 5, 7

> 2.000

Trimestral

1

0, 1, 2, 5, 7

< 2.000

Anual

2

9, 12, 14

> 2.000

Trimestral

2

9, 12, 14

< 2.000

Semestral

2

8, 10, 11, 13

> 2.000

Trimestral

2

8, 10, 11, 13

< 2.000

Anual

3

15, 16, 17

> 2.000

Trimestral

3

15, 16, 17

< 2.000

Semestral

6. A entidade xestora poderá modificar a periodicidade de control se así o estima conveniente polas características singulares do vertido.

7. No anexo IV inclúese o detalle da clasificación dos diferentes sectores industriais por clase e grupo, tal como figura nas notas (***) do anexo IV do Real 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de dominio público hidráulico.

8. Para os efectos de que os usuarios non domésticos poidan levar a cabo estes controis cando o indique o seu permiso de vertido, ou cando llelo solicite a entidade xestora, deberán dispor dun equipamento de medida de caudal e dun equipamento de toma de mostras automático, situados na sección de control, que permita obter unha mostra representativa do vertido. A dita mostraxe realizará como mínimo unha toma de mostras durante un período de tempo representativo das actividades da empresa, que teña tamén en conta actividades especiais ou singulares, equivalente a unha xornada laboral completa.

9. Nos casos en que así se estableza, debido á variabilidade da carga contaminante vertida ao longo do ciclo produtivo, o valor medio máximo diario establecido no anexo II estará referido á mostra composta tomada en varios momentos do ciclo, debendo ser as partes alícuotas empregadas proporcionais aos caudais instantáneos de vertido.

10. A análise das mostras deberá ser realizada mediante metodoloxía oficial nun laboratorio externo acreditado, segundo os requisitos establecidos nas normas da serie UNE-EN ISO/IEC 17025, ou a que no futuro a substitúa, que sexa de aplicación en función do seu ámbito de actuación e/ou rexistrado pola Administración.

11. En caso de que non exista medición de caudal vertido, tomarase como dato do caudal o valor da auga consumida. No caso de existiren diferencias significativas, o titular do vertido deberá instalar un equipamento de medida homologado para a medida do efluente.

12. A entidade xestora poderá solicitar a instalación, na citada sección de control, das sondas e equipamentos automáticos de medición en continuo do vertido que se consideren necesarios para un autocontrol efectivo. Poderá esixirse a realización de controis en continuo naqueles puntos de vertido cando se advirtan afeccións negativas no contorno ou se presuma, razoadamente, que os resultados dos controis periódicos establecidos non garantan unha representatividade suficiente dos niveis de emisión reais. Os equipamentos analizadores online de parámetros de contaminación que se empreguen para o control en continuo dos vertidos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Proporcionar resultados reproducibles e comparables.

b) Dispor dun certificado oficial de homologación para a medida de concentración do contaminante que analicen, outorgado por algún dos organismos oficialmente recoñecidos nos Estados membros de Unión Europea ou, cando haxa reciprocidade, en países terceiros.

c) Estar calibrados e situados de acordo co que prevexan as normas europeas (EN); en ausencia destas, nas normas UNE; e, en ausencia delas, nas normativas internacionais.

CAPÍTULO V. RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 28.- Responsabilidade e infraccións

1. As accións e omisións que contraveñan o establecido nesta Ordenanza xerarán responsabilidade administrativa, sen prexuízo da civil ou penal que, de ser o caso, puidese ser esixible.

2. As accións ou omisións que provocasen, directa ou indirectamente, afección á calidade das augas no dominio público hidráulico ou no dominio público marítimo-terrestre serán constitutivas das infraccións que para o efecto prevé a lexislación vixente en materia de augas, e serán sancionadas polos órganos administrativos que teñan atribuídas tales competencias.

3. Para a fixación da correspondente responsabilidade, teranse en conta as seguintes regras:

a) Cando existan varios responsables e non sexa posible determinar o grao de participación de cada un deles na comisión da infracción, a responsabilidade esixirase solidariamente.

b) Cando os danos se produzan pola realización de diversas actividades efectuadas por distintos usuarios, poderase imputar individualmente esta responsabilidade e os seus efectos económicos, sempre que fose posible coñecer o grao de implicación de cada unha.

c) Cando se trate de obrigas de carácter colectivo, tales como limpeza, mantemento e conservación de instalacións comúns, a responsabilidade esixiráselle á correspondente comunidade se a houbese e, se non, esixirase solidariamente.

4. As infraccións clasificaranse en leves, graves e moi graves.

5. Considéranse infraccións LEVES:

a) O vertido á rede de saneamento de titularidade municipal de augas residuais de natureza doméstica ou asimilable a doméstica sen contar coa licenza de acometida, cando esta sexa necesaria, ou sen respectar as características das acometidas sinaladas no anexo V.

b) A construción e modificación de sumidoiros, acometidas ou conexións á rede, ou instalacións anexas a esta, mesmo sendo de propiedade particular, sen ter a licenza de acometida, ou sen axustarse ás condicións sinaladas na licenza concedida ou ás características técnicas esixidas nesta Ordenanza.

c) A utilización de sistemas autónomos de saneamento (fosas sépticas ou similares) non autorizados, o incumprimento das correspondentes obrigas de limpeza e mantemento destes, o non envío a un xestor autorizado do produto resultante das operacións de limpeza ou a conexión a estes sistemas de augas non permitidas na Ordenanza (artigos 9.3 e 9.6) sempre que non produza unha afección ao medio receptor, caso en que terán a consideración de infraccións graves.

d) A non conexión ao sistema de saneamento por parte dos usuarios obrigados a iso, e sempre que non se produza unha clara afección ao medio receptor por parte dos sistemas autónomos empregados, ou ben por xerar escorreduras de augas residuais en terreos públicos ou privados, casos en que terá a consideración de grave.

e) A dilución e o vertido de augas brancas, agás que se trate dun volume desproporcionado ou que resulte rendible polo beneficio obtido acadar os límites de vertido por dilución, caso en que terá a consideración de grave.

f) A falta de información á entidade xestora do aumento do volume do caudal de vertido en máis dun 10%.

g) O incumprimento das condicións establecidas no permiso de vertido, sempre que non se lles causen danos ás instalacións de saneamento municipal, ou ben cando estes danos non superen os 12.000 euros.

h) As accións e omisións das que deriven danos ou perdas para a integridade ou o funcionamento dos bens de dominio público que conforman o servizo de saneamento municipal que non superen os 12.000 euros.

i) No caso de existir unha sección de control, a modificación das súas características ou dimensións, ou a manipulación ou desprecintado dos equipamentos por persoal alleo ao Concello.

j) O incumprimento do plan de autocontrol cando así sexa esixido no permiso de vertido.

k) A desobediencia aos requirimentos do Concello en relación coa adecuación de vertidos ou instalacións ás condicións regulamentarias, e tamén en relación coa remisión de datos e informacións sobre as características do efluente, das actividades ou procesos que o xeran, ou das instalacións de tratamento previo.

l) O vertido das augas residuais, ou de calquera outro tipo de residuo, mediante sistemas non canalizados (camións cisterna ou doutro tipo) á rede municipal de saneamento, sempre que se trate de vertidos procedentes de actividades domésticas ou asimilables e non estean autorizadas, segundo se establece no artigo 25.

m) Incumprimento de calquera prohibición establecida nesta Ordenanza ou a omisión dos actos a que obriga, sempre que non estean considerados como infraccións graves ou moi graves.

6. Considéranse infraccións GRAVES:

a) Calquera conduta indicada no punto 5 da que deriven danos para o dominio público municipal ou perdas superiores a 12.000 euros.

b) A obstrución ao labor inspector do Concello no acceso ás instalacións ou a negativa a facilitar a información requirida.

c) A realización de vertidos das substancias prohibidas relacionadas no anexo I-A desta Ordenanza.

d) O vertido á rede de saneamento de titularidade municipal de augas residuais de natureza distinta á doméstica sen contar co permiso de vertido correspondente ou con el caducado, revogado ou suspendido.

e) O vertido á rede de saneamento de titularidade municipal de augas residuais de natureza distinta á doméstica con superación dos valores esixidos nos anexos I e II ou con vulneración dos esixidos no permiso de vertidos.

f) O vertido de augas residuais sen tratamento previo, cando estas o requiran, ou sen respectar as limitacións especificadas nesta Ordenanza.

g) A non comunicación de circunstancias que comporten unha revisión do permiso de vertido.

h) A ocultación ou falseamento de datos esixidos na solicitude de vertido, e determinantes para o outorgamento do permiso de vertido e/ou licenza de acometida.

i) A falta de comunicación das situacións de fugas, avarías, perdas, emerxencia ou perigo que lles poidan afectar ás instalacións de saneamento municipal ou causar contaminación ou perigo en bens públicos ou privados, así como o incumprimento das ordes do Concello derivadas de tales situacións de perigo ou emerxencia.

j) A non existencia das instalacións e equipamentos necesarios para a realización dos controis requiridos, ou mantelos en condicións non operativas.

k) A resistencia ou demora na instalación de elementos correctores que fosen esixidos para o cumprimento desta Ordenanza.

l) A posta en funcionamento de aparellos ou instalacións prohibidos ou clausurados.

m) A posta en funcionamento de aparellos ou instalacións non autorizadas, ou diferentes dos aprobados para o permiso de vertido, así coma o desprecintado, anulación ou manipulación dos que fosen colocados polo Concello.

n) O vertido das augas residuais, ou de calquera outro tipo de residuo, mediante sistemas non canalizados (camións cisterna, ou doutro tipo) á rede municipal de saneamento, sempre que se trate de vertidos procedentes de actividades non domésticas ou asimilables.

7. Considéranse infraccións MOI GRAVES:

a) Calquera conduta indicada no punto 6 da que deriven danos ao dominio público municipal ou perdas superiores a 50.000 euros.

b) As infraccións cualificadas como graves no punto 6 que, por cantidade ou contaminación de vertido, supoñan a existencia dun risco moi grave para a saúde das persoas, os recursos naturais ou o medio ambiente.

c) O falseamento e/ou a ocultación de datos para a obtención do correspondente permiso de vertido e/ou licenza de acometida se fose susceptible de producir risco para a saúde ou a seguridade das persoas, para os bens do dominio público que conforman o Servizo Municipal de Saneamento ou para o medio natural receptor final do efluente.

d) O incumprimento das ordes de suspensión de vertidos non permitidos.

e) Evacuación de vertidos prohibidos nesta Ordenanza ou en condicións diferentes das permitidas, sen autorización administrativa expresa.

Artigo 29.- Sancións

1. As infraccións poderán dar lugar á imposición das seguintes sancións:

a) Multa.

b) Suspensión temporal do permiso de vertido.

c) Suspensión definitiva, total ou parcial, do permiso de vertido.

d) Peche de instalacións de vertido.

e) Prohibición de utilización de instalacións.

2. As infraccións tipificadas no artigo anterior serán sancionadas coas seguintes multas:

a) Infraccións leves: multa de ata 15.000 euros.

b) Infraccións graves: multa dende 15.001 euros ata 60.000 euros.

c) Infraccións moi graves: multa dende 60.001 euros ata 100.000 euros.

3. As sancións graduaranse en función da reincidencia do infractor, da intencionalidade, do beneficio obtido, da afección producida ao sistema de saneamento ou á calidade do medio receptor e do dano ocasionado ao interese xeral. En todo caso, para a gradación das sancións terase en conta, ademais dos criterios relacionados, o principio de proporcionalidade consagrado no artigo 131.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

Artigo 30.- Criterios para a gradación de infraccións e sancións

1. Para a determinación da maior ou menor gravidade das infraccións definidas nos artigos anteriores, así como da sanción que se deberá impor, teranse en conta os seguintes criterios, sen prexuízo dos xa previstos na normativa xeral sobre procedemento administrativo sancionador:

a. A afección producida aos bens de dominio público que forman parte do Servizo Municipal de Saneamento ou a outros bens de titularidade municipal.

b. A afección producida polo efluente na calidade do medio receptor.

c. A súa transcendencia na seguridade das persoas e bens.

d. A existencia de dolo.

e. As circunstancias do responsable, o seu grao de participación e a cuantificación do beneficio obtido, de ser o caso.

f. A reincidencia, pola comisión no termo dun ano de máis dunha infracción da mesma natureza, cando así fora declarada por resolución firme.

2. Considerarase atenuante que a persoa infractora exprese o seu arrepentimento espontáneo e voluntario, cando este se manifeste no recoñecemento dos feitos e na dilixente adopción de medidas correctoras para mitigar o dano en principio causado, tendo en conta igualmente os criterios recollidos no punto anterior.

3. Será agravante que na conduta da persoa infractora se aprecie unha especial vontade ou actitude tendente a agravar o dano inicialmente causado, ou que da falta de colaboración ou axuda para a súa reparación ou mitigación se orixine un dano maior do inicialmente previsto.

4. Na imposición da sanción terase en conta, en todo caso, que a comisión da infracción non resulte máis beneficiosa para o infractor que o cumprimento das normas infrinxidas.

Artigo 31.- Prescrición

1. As infraccións reguladas neste capítulo prescribirán nos prazos seguintes:

a) Un ano no caso de infraccións leves.

b) Tres anos no caso de infraccións graves.

c) Cinco anos no caso de infraccións moi graves.

O prazo contarase dende a comisión do feito ou dende a detección do dano, se este non fose inmediato.

2. As sancións á que se refire este capítulo prescribirán nos prazos seguintes:

a) As sancións impostas por infraccións leves prescribirán ao ano.

b) As sancións impostas por infraccións graves prescribirán aos dous anos.

c) As sancións impostas por infraccións moi graves prescribirán aos tres anos.

O prazo de prescrición comezará a contarse dende o día seguinte a aquel en que adquira firmeza a resolución en vía administrativa pola que se impón a sanción.

Artigo 32.- Potestade sancionadora: órganos competentes, procedemento, medidas cautelares e publicidade

1. A facultade de instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións a esta Ordenanza compételle á Xunta de Goberno Local ou, de ser o caso, ao órgano que teña delegada por esta a competencia, logo da instrución do correspondente expediente, de conformidade cos principios e procedemento regulados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se regula o procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

2. A Xunta de Goberno Local será competente, en todo caso, para a sanción de infraccións moi graves.

3. O prazo máximo para a tramitación e resolución do procedemento sancionador será dun ano, contado dende a data do seu inicio. Esgotado o dito prazo, producirase a caducidade do procedemento.

4. Mediante acordo motivado, poderanse adoptar en calquera momento do procedemento medidas preventivas dirixidas a asegurar a eficacia da resolución final que se puidese ditar, o bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción, a esixencia dos intereses xerais... Estas medidas consistirán fundamentalmente en:

a) Suspensión temporal de actividades, ou permisos, autorizacións ou licenzas.

b) Establecemento de fianzas que garantan tanto o cobramento da sanción que poida recaer como a reparación ou reposición dos bens danados.

c) Suspensión provisional dos traballos de execución de obras ou instalacións que contradigan as disposicións desta Ordenanza ou sexan indebidamente realizados.

d) Requirir ao usuario para que, no prazo que se lle indique, introduza as medidas técnicas necesarias que garantan o cumprimento das prescricións desta Ordenanza.

e) Ordenarlle ao usuario que, no prazo que se lle fixe, introduza nas obras ou instalacións realizadas as rectificacións precisas para axustalas ás condicións do permiso de vertido ou ás disposicións desta Ordenanza.

f) Ordenarlle ao usuario que, no prazo que se lle indique, proceda á reparación e reposición das obras e instalacións ao seu estado anterior e á demolición das que foran indebidamente construídas ou instaladas.

g) Impedir os usos indebidos das instalacións para as cales non se obtivese permiso, ou cando non se axusten ao seu contido ou ás disposicións desta Ordenanza.

h) Clausura ou precintado das instalacións de vertido, en caso de que non sexa posible técnica ou economicamente evitar o dano mediante as oportunas medidas correctoras.

i) Calquera outra medida de corrección, control ou seguridade que impida a extensión do dano.

5. Igualmente, e con carácter excepcional, previamente á incoación do expediente sancionador, con audiencia da persoa interesada e mediante resolución motivada, o órgano competente para o exercicio da potestade sancionadora ou aquel ao que lle corresponda a función inspectora poderá adoptar e imporlle á persoa presuntamente responsable de calquera dos feitos tipificados como infraccións por esta lei, medidas cautelares, cuxa asunción inmediata sexa necesaria para evitar o mantemento dos danos que puidesen estar sendo ocasionados ou para mitigalos. Estas medidas poderán consistir na paralización da actividade ou obras.

6. En caso de que as medidas cautelares sexan adoptadas por aquel ao que lle corresponda a función inspectora, estas medidas deberán ser ratificadas polo órgano competente para exercer a potestade sancionadora no prazo máximo de catro días naturais.

7. O órgano que exerza a potestade sancionadora publicará no Boletín Oficial da Provinica e na web municipal aquelas sancións impostas pola comisión de infraccións graves e moi graves, así coma os nomes, apelidos ou razón social das persoas físicas ou xurídicas responsables, unha vez que ditas sancións adquiran o carácter de firmes.

Artigo 33.- Reparación do dano causado, obriga de restauración, multas coercitivas e execución subsidiaria

1. Con independencia das sancións que se impoñan, esixiráselles ás persoas infractoras a reparación dos danos e perdas ocasionados aos bens de dominio público municipal e patrimonial, así como a reposición das cousas ao seu estado anterior na forma e nos prazos que determine o órgano que exerza a potestade sancionadora, e cando iso non sexa posible fixaranse as indemnizacións que procedan.

2. A esixencia de repor as cousas ao seu estado primitivo obrigará á persoa infractora a destruír ou demoler toda clase de instalacións ou obras ilegais e a executar cantos traballos sexan precisos para tal fin, de acordo cos planos, forma e condicións que fixe o órgano competente.

3. Naqueles supostos en que se aprecie forza maior ou caso fortuíto e non exista unha infracción administrativa, pero nos que se produza un dano ás instalacións de dominio público que compoñen o Servizo Municipal de Saneamento, ou ao medio natural receptor, a persoa causante do dano terá a obriga de repoñer as cousas ao seu estado primitivo, o que se concretará na retirada dos obxectos, materiais ou elementos, así como na reparación dos bens de dominio público afectado. Esta obriga de repor en ningún caso terá a consideración de sanción.

4. A esixencia destas medidas reparadoras ou restauradoras, que inclúen as posibles indemnizacións por danos e perdas, poderase facer no propio procedemento sancionador ou, de ser o caso, tramitarse noutro complementario.

5. Se a persoa infractora ou causante do dano non executa as accións necesarias para proceder á reposición ou restauración na forma e prazos sinalados no oportuno requirimento, poderase acordar a execución subsidiaria por conta do infractor e pola súa conta logo do apercibimento e establecemento dun prazo para a execución voluntaria, ou ben a imposición de multas coercitivas. Non será necesario o apercibimento previo na execución subsidiaria cando da persistencia da situación puidese derivar un perigo inminente para a saúde humana ou o medio ambiente.

6. As multas coercitivas serán sucesivas e reiterables, ata conseguir a execución do ordenado. A contía destas multas será por un importe igual ou inferior, en cada caso, ao 10% do custo da reparación ou da cantidade correspondente á infracción cometida. A contía de cada unha das multas coercitivas non superará o importe da sanción fixada pola infracción cometida.

7. A obriga de repor as cousas ao seu estado primitivo ou de reparar os danos causados ao dominio público prescribirá nun prazo de quince anos.

8. Comunicaráselles ás autoridades autonómicas competentes en materia de saneamento e depuración a relación de sancións graves e moi graves impostas.

Artigo 34.- Valoración de danos

1. Cando os bens alterados non se poidan restablecer ao seu estado anterior, o infractor deberá indemnizar os danos e perdas ocasionados. A valoración destes danos e perdas será realizada polo Concello.

2. A valoración dos danos ás obras hidráulicas, para os efectos de aplicación do réxime sancionador a que se refire este capítulo, determinarase en función dos gastos de explotación e, de ser o caso, de reposición daquelas.

3. Os danos ás obras hidráulicas que conforman os sistemas de saneamento calcularanse en euros/día, como resultado da ponderación do custo diario de explotacións das instalacións públicas afectadas en relación co caudal e carga contaminante do vertido de que se trate.

4. Os servizos competentes do Concello determinarán, de acordo cos orzamentos aprobados para o efecto e as correspondentes certificacións, os gastos de explotación repercutibles ao responsable do vertido de que se trate.

5. A valoración de danos, que servirá de base para a cualificación da infracción e, se é o caso, da indemnización que se deba impor, resultará do cálculo a que se refire o punto 3, multiplicado polo número de días que se considere que o vertido se mantivo en situación irregular.

6. Para os efectos do disposto no punto anterior, computaranse os gastos correspondentes a todo o período no que a instalación pública de saneamento ou de depuración de augas residuais quedase afectada polo vertido irregular, aínda que esta fose de carácter puntual. En calquera caso, para os efectos do recollido neste artigo, considerarase que calquera vertido irregular se mantén durante, polo menos, un día.

7. Nos supostos de vertidos que non dispoñan de tratamento e que deriven dunha actividade non ocasional, presumirase, salvo proba en contrario, que a calidade deles se mantén indefinidamente.

8. Así mesmo, suporase o mantemento da contaminación do vertido durante o período que medie entre dúas ou máis tomas de mostras consecutivas, cuxos resultados mostren incumprimentos da normativa vixente ou dos límites impostos no correspondente permiso, mesmo a data da toma da mostra seguinte na que a calidade do vertido cumpra a dita normativa ou cos límites impostos no xa citado permiso.

9. A valoración de danos deberá notificarse ao presunto infractor de forma simultánea co prego de cargos que se dite no correspondente expediente sancionador.

Disposicións

Disposición transitoria.- Obtención do permiso de vertido e documentación que deben presentar os usuarios xa existentes

a) Todos os usuarios titulares das actividades indicadas no artigo 14.2 desta Ordenanza deberán presentar no Concello, no prazo dun ano, contado dende a entrada en vigor desta Ordenanza, unha solicitude de permiso de vertido co fin de se adaptar aos requirimentos e procedementos establecidos nesta Ordenanza.

b) Os usuarios titulares das actividades indicadas no artigo 14.2 desta Ordenanza que dispoñan xa dunha autorización de vertido en vigor outorgada polo Organismo de cunca ou pola Administración hidráulica competente, ou a autorización ambiental integrada da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia no caso de actividades comprendidas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (IPPC), unicamente deberán presentar ante o Concello das Pontes de García Rodríguez copia desas autorizacións e o informe técnico emitido por un organismo de control autorizado ou por unha entidade colaboradora, así como unha solicitude simplificada coa documentación prevista nos puntos 1, 2 e 3 [a) e b)] do anexo III. Con esta documentación, unha vez revisada, o concello reserva para si o dereito a solicitarlles aos titulares a documentación adicional ou a adoptar as medidas necesarias para o cumprimento desta Ordenanza.

Disposición derrogatoria

Coa entrada en vigor desta Ordenanza quedan derrogadas cantas normas municipais de igual ou inferior rango se opoñan, contradigan ou resulten incompatibles co regulado nesta.

Disposición derradeira primeira

A presente Ordenanza entrara en vigor o dia seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, previo cumprimento do prazo establecido no artigo 65.2 da Lei 07/1985, do 02 de abril, reguladora das bases do réxime local, e permanecera vixente ate que non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Disposición derradeira segunda

En todo o non previsto nesta Ordenanza, será de aplicación supletoria o Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia, e disposicións que o desenvolvan, así como a normativa básica que, ao respecto, dite o Estado.

ANEXOS

ANEXO I

SOBRE A CONTAMINACIÓN DOS VERTIDOS

A.VERTIDOS PROHIBIDOS

Con carácter xeral, queda prohibido verter directa ou indirectamente ao sistema de saneamento calquera dos seguintes produtos:

a) Materias sólidas ou viscosas en cantidades ou tamaños tales que, por si soas ou por interacción con outras, poidan producir obstrucións ou sedimentos que impidan o correcto funcionamento dos diferentes elementos da rede de saneamento ou da depuradora de augas residuais, ou dificulten os seus traballos de mantemento.

b) Sólidos, líquidos ou gases combustibles, inflamables ou explosivos.

c) Sólidos, líquidos ou gases irritantes, corrosivos ou tóxicos.

d) Substancias sólidas potencialmente perigosas.

e) Microorganismos nocivos ou cultivos celulares sen desactivar.

f) Materias que, por razón da súa natureza, propiedades ou cantidades, por si mesmas ou por integración con outras, poidan orixinar:

A formación de mesturas inflamables ou explosivas co aire.

A creación de atmosferas molestas, insalubres, tóxicas ou perigosas que impidan ou dificulten o traballo do persoal encargado da inspección, limpeza, mantemento ou funcionamento do sistema de saneamento.

g) Residuos radioactivos.

h) Todos aqueles produtos considerados na vixente lexislación sobre residuos perigosos ou sanitarios, para o cal todos os titulares e usuarios afectados disporán do número de rexistro como produtor de residuos perigosos (RP), segundo o disposto na lexislación vixente e levarán un rexistro dos residuos perigosos xerados e entregados a xestor autorizado.

i) Os que poidan producir concentracións de gases nocivos na atmosfera da rede de saneamento superiores aos límites seguintes:

Produto

Unidade

Valor límite permitido

Dióxido de xofre (SO2):

ppm

5

Monóxido de carbono (CO)

ppm

25

Ácido sulfhídrico (SH2)

ppm

10

Ácido cianhídrico (CNH)

ppm

4,5

Amoníaco (NH3)

ppm

20

Dióxido de carbono (CO2)

ppm

15.000

Bromo (Br2)

ppm

0,1

Cloro (Cl2)

ppm

1

*ppm: partes por millón (v/v)

B. CONTAMINANTES DAS AUGAS

Considéranse como contaminantes das augas as substancias que figuran relacionadas no anexo III do Real decreto 60/2011, do 21 de xaneiro, que son os seguintes:

a) Compostos organohaloxenados e substancias que poidan dar orixe a compostos desta clase en medio acuático.

b) Compostos organofosforados.

c) Compostos organoestánnicos.

d) Substancias e preparados, ou produtos derivados deles, cuxas propiedades canceríxenas, mutaxénicas ou que lles poidan afectar á tiroide, esteroidoxénica, á reprodución ou a outras funcións endócrinas no medio acuático ou a través dun medio acuático estean demostradas.

e) Hidrocarburos persistentes e substancias orgánicas tóxicas persistentes e bioacumulables.

f) Cianuros.

g) Metais e os seus compostos.

h) Arsénico e os seus compostos.

i) Biocidas e produtos fitosanitarios.

j) Materias en suspensión.

k) Substancias que contribúen á eutrofización (en particular nitratos e fosfatos).

l) Substancias que exercen unha influencia desfavorable sobre o balance de osíxeno (e computables mediante parámetros tales como DBO e DQO).

C. VERTIDOS CON SUBSTANCIAS PERIGOSAS

Será de aplicación o disposto nos Anexos I e II do Real decreto 60/2011, do 21 de xaneiro, polo que se aproban as normas de calidade ambiental no ámbito da política de augas.

ANEXO II

VALORES LÍMITE DE VERTIDO OU DE EMISIÓN

Valores límite de vertido ou de emisión

PARÁMETRO

UNIDADES

NOTAS

VALOR MEDIO DIARIO MÁXIMO

VALOR INSTANTÁNEO MÁXIMO

1,2 Dicloroetano

mg/L

10

0,4

0,4

Aceites e graxas

mg/L

2, 11

100

150

Aldehídos

mg/L

10

2

2

Aluminio

mg Al/L

3,10

10

10

Amoniaco

mg/L

10

30

30

AOX

mg/L

4,10

2

2

Arsénico

mg As/L

3,10

0,1

1

Bario

mg Ba/L

3,10

10

10

Boro

mg B/L

3,10

3

3

BTEX

mg/L

4

5

5

Cadmio

mg Cd/L

3, 10

0,1

0,1

Cianhídrico

cc/m3 de ar

 

10

10

Cianuros

mg CN/L

3,10

0,5

0,5

Cianuros disoltos

mg CN/L

3

1

1

Cloro

cc/m3 de ar

 

1

1

Cloruros

mg Cl/L

11

2.000

2.000

Cobre

mg Cu/L

3,10

1

3

Condutividade a 25ºC

µS/cm

11

5.000

5.000

Cor

Escala Co/Pt

11

Inapreciable en dilución 1/40

Inapreciable en dilución 1/40

Cromo VI

mg Cr(VI)/L

3,10

0,5

0,5

Cromo total

mg Cr/L

3,10

2

2

DBO5

mg O2/L

11

500

1000

DBO5/DQO

---

--

≥ 0,3

---

DQO

mg O2/L

11

1000

1500

Dióxido de xofre

mg/L

10

15

15

Estaño

mg Sn/L

3,10

3

3

Fenois totais

mg/L

6

1

1

Fluoruros

mg F/L

10

10

10

Fosfatos

mg/L

11

60

60

Fósforo total

mg P/L

11

40

40

Hidrocarburos totais

mg/L

7,10

15

15

Hidrocarburos aromáticos policíclicos

mg/L

10

0,2

0,2

Ferro

mg Fe/L

3,10

10

25

Manganeso

mg Mn/L

3,10

5

10

Materias inhibidoras

Equitox

8,10

20

25

Mercurio

mg Hg/L

3, 10

0,01

0,01

Níquel

mg Ni/L

3,10

2

4

Nitratos

mg N/L

11

50

50

Nitróxeno amoniacal (N-NH4+)

mg N/L

11

30

50

Nitróxeno Total

Kjeldahl

mg N/L

11

40

50

NTK/ DBO5

---

----

≤ 0,2

---

Nonilfenol

mg/L

10

1

1

Percloroetileno

mg/L

10

0,4

0,4

Pesticidas

mg/L

10

0,1

0,1

PH

u de pH

10

5,5-9,0

5,5-9,0

Plaguicidas totais

mg/L

10

0,1

0,1

Prata

mg Ag/L

3,10

1

1

Chumbo

mg Pb/L

3,10

0,1

0,5

Selenio

mg Se/L

3,10

0,5

0,5

Sólidos en suspensión

mg/L

11

500

1000

Sólidos grosos

mg/L

11

Ausentes

Ausentes

Sulfatos

mg SO4/L

11

400

1000

Sulfhídrico

cc/m3 de ar

10

20

20

Sulfitos

mg SO3/L

11

10

20

Sulfuros disoltos

mg/L

11

0,3

0,3

Sulfuros totais

mg S/L

11

1

5

Temperatura

ºC

11

30

50

Tensoactivos

aniónicos

mg MBAS/L

9,10

6

20

Triacinas totais

mg/L

10

0,3

0,3

Tributilestaño

mg/L

10

0,1

0,1

Triclorobenceno

mg/L

10

0,2

0,2

Zinc total

mg Zn/L

3,10

1

2

NOTAS

1. Intervalo admisible para o valor de pH.

2. Valor límite referido ao contido en aceites e graxas de orixe vexetal ou animal.

3. Valor límite referido ao contido total en metal.

4. Suma de benceno, tolueno, etilbenceno e xileno.

5. Valor límite referido ao contido en compostos organohaloxenados absorbibles.

Poderanse observar valores superiores de AOX naqueles casos en que se cumpran os valores de organoclorados individualizados recollidos neste anexo II, sempre que así o autorice a entidade xestora.

6. Valor límite expresado como fenol.

7. Valor límite referido ao contido en hidrocarburos totais, incluíndo aceites minerais.

8. Inhibición de luminescencia de Vibrio fisheri.

9. Valor límite expresado como laurilsulfato [MBAS calculadas como sal sódico do ácido dodecano-1-sulfónico (SAL)].

10. Parámetros contaminantes dificilmente tratables na EDAR ou con impacto significativo sobre os obxectivos de calidade no medio receptor e os potenciais usos das augas naturais.

11. Parámetros tratables na EDAR ou de impacto pouco significativo sobre os obxectivos de calidade dun medio receptor.

ANEXO III

SOLICITUDE DO PERMISO DE VERTIDO Á REDE PÚBLICA MUNICIPAL DE SANEAMENTO

1) Solicitude: nome, domicilio social, enderezo do establecemento, teléfono, distrito postal, localidade, NIF, caudais de vertido en m3/ano e m3/día, identificación do sistema de saneamento ao que se pretende verter.

2) Xunto aos datos de identificación, exporanse de xeito detallado as características do vertido, en especial:

a) CNAE(s)

b) Clasificación da actividade segundo o Regulamento do dominio público hidráulico (véxase o anexo IV).

c) Descrición do proceso produtivo que dá lugar ao vertido.

d) Volume de auga consumida ou que se consumirá, especificando a(s) fonte(s) de subministración.

e) Características da contaminación das augas xeradas antes e despois do tratamento.

f) Variacións estacionais no volume e/ou características de contaminación das augas residuais vertidas.

g) Plano da rede de recollida de augas residuais e punto(s) de conexión aos sumidoiros indicando a localización das arquetas de control.

3) Proxecto técnico das obras:

a) Antecedentes:

¿ Obxecto: obtención do permiso de vertido ou a súa revisión (neste último caso, achegarase unha copia do permiso vixente).

¿ Características da localización da actividade.

¿ Punto de conexión á rede de saneamento con coordenadas UTM.

b) Memoria descritiva:

¿ Datos de produción: actividade desenvolvida, materias primas empregadas e produtos resultantes expresados en toneladas/ano.

¿ Procesos industriais.

¿ Balance de augas: fontes de abastecemento, título concesional, volume abastecido e a súa distribución no proceso industrial, volume de vertido.

¿ Características do efluente: informe analítico de cada punto de vertido.

c) Memoria técnica das instalacións de tratamento previo:

¿ Sistemas e unidades de tratamento: descrición do sistema de tratamento existente, con cálculos hidráulicos do dimensionamento (volumes, cargas hidráulicas, tempos de retención) e xustificación de operacións unitarias e procesos; descrición detallada de equipamentos instalados, potencias de bombeo, materiais de construción; medidas de seguridade para evitar vertidos accidentais, instrumentos de control propostos, proposta de seguimento e control da calidade do efluente, produción, cantidade e destino dos residuos xerados.

¿ Planos: situación dentro do concello (1:50000); situación xeral do establecemento (1:5000); detalle do establecemento (1:1000); planta e alzado do sistema de depuración (1:100).

¿ En caso de que as instalacións de tratamento ocupen propiedades de terceiros, deberase achegar autorización expresa do titular do terreo.

d) Cando o exercicio da actividade comporte a utilización de tanques de almacenamento soterrados, deberase presentar un estudo de avaliación dos efectos ambientais que incluirá a avaliación das condicións hidroxeolóxicas da zona afectada, do eventual poder autodepurador do solo e subsolo, e dos riscos de contaminación. Tamén se fará constar a eventual proximidade de captacións de auga, así como as precaucións técnicas adoptadas para evitar a percolación e a infiltración de hidrocarburos.

e) Plan de emerxencia do sistema de acordo coa lexislación sectorial aplicable.

4) O solicitante do permiso de vertido deberá presentar a documentación sinalada nos puntos anteriores en formato electrónico para o seu exame polos técnicos municipais e nos soportes e aplicacións que se determinen polos devanditos servizos técnicos.

ANEXO IV

CLASIFICACIÓN DOS SECTORES INDUSTRIAIS

Tal como figura nas notas (***) do anexo IV do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI e VII da Lei de augas.

Clase

Grupo

Sector industrial

Clase 1

0

Servizos

1

Enerxía e auga

2

Metal

3

Alimentación

4

Conserveira

5

Confección

6

Madeira

7

Manufacturas diversas

Clase 2

8

Minaría

9

Química

10

Materiais de construción

11

Bebidas e tabaco

12

Aceites, carnes e lácteos

13

Téxtil

14

Papel

Clase 3

15

Curtidos

16

Tratamento de superficies

17

Zootecnia

ANEXO V

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DA ACOMETIDA

O deseño e construción das acometidas deberase axustar ás seguintes características técnicas mínimas, que poderán ser complementadas polas condicións técnicas que dispoña o Concello das Pontes en cada caso en atención ás características peculiares das instalacións.

1.- Cada inmoble disporá de dúas únicas acometidas á rede xeral, unha para as augas residuais e outra para a recollida das augas pluviais.

2.- Como norma xeral, a acometida deberase realizar a un pozo de rexistro da rede e pola parte superior.

3.- A acometida realizarase por medio de canalización de PVC con diámetro interior conforme a o CTE, nunca menor de Ǿ 160 mm, con unión de xunta elástica, e cumprirá coa Norma UNE-EN 1401. Os tubos apoiaranse en toda a súa lonxitude sobre un leito de material granular (area/grava). Compactaranse os laterais e deixaranse ao descuberto as unións ata realizarse as probas de estanquidade. O recheo realizarase por capas de 10 cm, compactando, ata 30 cm. Dende o nivel superior en que se realizará o último vertido e a compactación final.

4.- A pendente mínima das conducións que formen parte da acometida será do 2%, salvo casos especiais debidamente xustificados e autorizados.

5.- As instalacións hoteleiras, talleres, grandes bloques de apartamentos e outros edificios singulares, estacións de servizo, talleres de automóbiles, garaxes, grandes centros de alimentación e/ou elaboración de comidas e procesamento de alimentos e, en xeral, naqueles establecementos en que se desenvolvan actividades susceptibles de xerar aceites e graxas deberán, antes da acometida e no interior da propiedade, construír un separador de graxas e sólidos, cuxo dimensionado se xustificará axeitadamente segundo as normas técnicas establecidas.

6.- A acometida de augas residuais deberá ter un dispositivo sinfónico que evite o paso de malos cheiros, deseñado de acordo co documento básico HS do Código técnico da edificación, que irá situado nunha arqueta previa á sección de control. O conduto de saída das augas irá provisto dun cóbado de 90°, dispoñendo dun cerramento hidráulico de polo menos 50 mm.

7.- No caso de establecementos que vertan augas residuais de carácter non doméstico, a arqueta de rexistro deberá estar situada no exterior do inmoble.

A dita arqueta deberá dispor, cando o permiso de vertido así o estableza, dun elemento de medida homologado cun rexistro totalizador para a determinación exacta do efluente vertido.

A arqueta de rexistro deberá ser dun tamaño axeitado á tubaxe, permitindo o seu rexistro e limpeza, e cunhas dimensións interiores non inferiores a 50 x 50 x 50 cm.

8.- A arqueta de rexistro correspondente á acometida de augas pluviais deberá dispor dun areeiro, accesible en todos os casos e sempre dende o propio local onde se atope instalado, construída con fábrica de ladrillo macizo, formigón in situ, formigón prefabricado ou materiais plásticos. Apoiaranse sobre unha soleira de formigón H-2O de 10 cm de grosor e cubriranse cunha tapa de formigón prefabricado de 5 cm de grosor, de fundición dúctil ou de calquera outro material aprobado polo Concello.

9.- Todos os usuarios deberán dispor dunha sección de control (individual ou colectiva) na acometida, a cal virá definida na súa licenza de acometida ou no seu respectivo permiso de vertido, que se construirá tendo en conta as seguintes características técnicas:

a) Disporase dunha sección de control para cada tipo de vertido de auga autorizada, que deberá reunir as características necesarias para poder obter mostras representativas dos vertidos.

b) A sección de control deberá ser dun tamaño axeitado aos condutos empregados e cunhas dimensións axeitadas para o seu respectivo rexistro e limpeza. Deberá permitir, de ser o caso, a instalación de equipamentos de medida. Deberá ser construída con fábrica de ladrillo macizo, formigón in situ, formigón prefabricado ou materiais plásticos. Apoiaranse sobre unha soleira de formigón H-2O de 10 cm de grosor e cubriranse cunha tapa de formigón prefabricado de 5 cm de grosor, de fundición dúctil ou de calquera outro material aprobado polo Concello.

c) Diferéncianse dous tipos principais de sección de control: a sección de control de usuarios domésticos (tipo I) e a sección de control de usuarios non domésticos (tipo II).

d) A sección de control tipo I deberá estar situada preferentemente nunha zona privada común e con libre acceso ao persoal de inspección. Esta sección terá unhas dimensións mínimas de 50 x 50 x 50 cm se é de sección cadrada, ou de 80 cm de diámetro se se trata dun pozo. Contará con pates de baixada se a profundidade así o require, e o fondo rematarase en forma de media cana con plataformas laterais para evitar sedimentacións.

e) A sección de control de tipo II terá unha dimensión mínima de 80 x 80 se é sección cadrada ou 80 de diámetro; deberá estar situada preferentemente fóra do inmoble, en terreos do propio usuario e sen afectar á vía pública; augas abaixo do último vertido (de xeito que non se poidan alterar as características finais do fluente); estará libre de todo obstáculo e atoparase en idóneo estado de limpeza para a súa función. O equipamento fluente desta sección de control tipo II será definido polos técnicos municipais no correspondente permiso de vertido de acordo co disposto no artigo 18, aliña i).

f) As seccións de control terán unha tapa de fundición ou de calquera outro material aprobado polo Concello, con resistencia axeitada ao peso que deba soportar o tráfico (persoas ou vehículos), será hermético con xunta de goma para evitar o paso de cheiros e gases e disporá dun sistema de peche que impida a manipulación por persoal non autorizado. A tapa terá unhas dimensións axeitadas para facilitar o acceso ás persoas, se fose necesario, e para o paso dos equipos de mostraxe. En todo caso, a responsabilidade do seu mantemento será exclusivamente do titular da acometida.

g) En función dos parámetros establecidos no permiso de vertido, ou cando as condicións do desaugadoiro o fagan aconsellable, a entidade xestora poderá autorizar a construción dunha sección de control que integre nunha soa arqueta ou cámara o sistema sinfónico e a sección de control.

10.- Realizaranse probas de estanquidade parcial descargando cada aparello illado ou simultaneamente, verificando os tempos de desaugadoiro, os fenómenos de sinfonaxe que se produzan no propio aparello ou nos demais conectados á rede, ruídos en desaugadoiros e canalizacións e comprobación de cerramentos hidráulicos.

Non se admitirá que quede no sifón dun aparello unha altura de cerramento hidráulico inferior a 25 mm.

Na rede horizontal probarase cada tramo de tubaxe, para garantir a súa estanquidade introducindo auga a presión (entre 0,3 e 0,6 bares) durante dez minutos.

As arquetas e pozos de rexistro someteranse a idénticas probas, enchéndoos previamente de auga e observando se se advirte ou non un descenso de nivel.

Controlaranse ao 100% as unións, entroncamentos e/ou derivacións.

Para un correcto funcionamento da instalación de saneamento, deberase comprobar periodicamente a estanquidade xeral da rede coas súas posibles fugas, a existencia de cheiros e o mantemento do resto de elementos.

11.- Cando o nivel de desaugadoiro particular non permita a condución á rede de sumidoiros por gravidade, a elevación deberá ser realizada polo titular da acometida. Neste caso as instalacións interiores de desaugadoiro deberán ser completamente estancas á presión de 1 kg/cm2.

12.- Sempre que existan espazos habitables que teñan a necesidade de acometer á rede de saneamento e a súa soleira ou forxado do solo se atope a unha cota inferior do nivel da rasante da rúa, terán que bombear obrigatoriamente o vertido que xere ese espazo á arqueta comunitaria -se se trata dun vertido doméstico- ou a unha arqueta particular previa a esta -se se trata dun vertido non doméstico (industrial ou especial)-. Este artigo será de obrigado cumprimento, aínda que os ditos espazos tivesen cota suficiente de vertido por gravidade á rede municipal.