Oroso - REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DO CENTRO CULTURAL FERNANDO CASAS E NOVOA DO CONCELLO DE OROSO

Publicación provisional: 09/06/2016 BOP Nº: 109
Publicación definitiva: 23/08/2016 BOP Nº: 159
Aplicable dende: 09/09/2016

Exposición de Motivos:

A Constitución española establece, no artigo 44.1, que os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura, á que todos teñen dereito. En tal sentido os centros culturais e bibliotecas públicas constitúen un medio fundamental para o cumprimento de dito mandato constitucional.

O Estatuto de Autonomía de Galicia establece no seu artigo 32 que lle corresponde á Comunidade Autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, e no artigo 27 lle atribúe a competencia a competencia exclusiva sobre as bibliotecas de interese da comunidade, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1.28 da Constitución que teñen como obxectivo facilitar a todos os cidadáns o acceso á información e á cultura.

A biblioteca pública é un servizo de existencia obrigatoria para todos aqueles municipios de mais de 5.000 habitantes segundo establece o artigo 26.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, polo que a súa prestación é obrigatoria no caso do Concello de Oroso por exceder este a citada poboación.

Pola súa parte o artigo 25.2 da mesma Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, establece como unha competencia propia dos municipios nos termos que estableza a lexislación do Estado e da Comunidade autónoma entre outras a ¿promoción da cultura e equipamentos culturais" e o artigo 4.1.a) recoñece a potestade regulamentaria e da autoorganización dos Concellos.

Finalmente a Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia no artigo 19 as define como un servizo público básico que ten como finalidade ofrecerlle á cidadanía, en condicións de igualdade, gratuidade e continuidade, o acceso a un conxunto organizado de fondos bibliográficos e recursos informativos que posibilitan a información, a educación e a cultura.

Co fin de garantir o exercicio de tales dereitos, así como establecer unhas normas básicas de funcionamento do centro cultural e da biblioteca do Concello que permita a todos os veciños e veciñas desfrutar de tales servizos de xeito razoable e en condicións de igualdade apróbase o presente regulamento de funcionamento e deste xeito ven a complementar a regulación establecida polo Regulamento da Utilización dos locais municipais polas asociacións veciñais, culturais, deportivas, de maiores e asociacións sen ánimo de lucro municipais (BOP nº 118 do 22/06/2012), recollendo neste caso unha regulación mais detallada e concreta para o Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa.

Finalmente tamén se regula un réxime sancionador diferenciándose un réxime sancionador específico para as bibliotecas amparado nas previsións establecidas na Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, e outro para o resto das dependencias do Centro Cultural que virá amparado polas previsións establecidas nos artigos 139 e seguintes da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local.

Artigo 1.-Definición do centro.

1.1.-O Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa, ubicado na Rúa da Cultura nº 1, de Sigüeiro, Oroso, é un equipamento cultural de proximidade e corresponde a responsabilidade do seu funcionamento ao Concello de Oroso.

1.2.-O Centro Cultural nace coa dobre finalidade de promover servizos e actividades que favorezan o acceso á cultura e de procurar a participación e implicación da cidadanía no desenvolvemento cultural da localidade.

1.3.-O Centro Cultural ofrece a entidades e artistas espazos especializados para a práctica artística e a asociacións e colectivos espazos de traballo para as actuacións comunitarias.

1.4.-O obxectivo do Centro Cultural é artellar un espazo cultural singular, de calidade e interese, en base á colaboración e participación entre os diferentes axentes, que dea resposta ás necesidades e expectativas da sociedade de Oroso.

Artigo 2.-Xestión do Centro.

2.1.-O Concello de Oroso a través do servizo de cultura, encargarase do funcionamento do Centro e da coordinación e seguimento das actividades que se desenvolvan no mesmo.

2.2.-Os empregados do Concello adscritos ao servizo de cultura serán os responsables técnicos da xestión do equipamento e da coordinación e seguimento das actividades, cursos e espectáculos que se leven a cabo no Centro Cultural, baixo a dirección superior exercida polo concelleiro/a que teña atribuída a competencia municipal en materia de cultura.

2.3.-As funcións do persoal municipal que preste os seus servizos no Centro Cultural serán:

- Velar polo bo funcionamento do Centro e facer cumprir a normativa disposta para o seu uso.

- Coordinar os servizos de administración e conserxería do Centro.

- Recibir as peticións de uso e planificar a distribución de horarios e salas.

- Coordinar as actividades de iniciativa comunitaria con aquelas que organice o Concello.

- Dar acollemento a cantas propostas de actividades e espectáculos se presenten, orientándoas e, no seu caso, elevar ao Concello ditas propostas.

- Potenciar a participación de usuarios, grupos e entidades na vida do Centro.

Artigo 3.- Usuarios/as.

3.1.-Defínese como usuarios/as do Centro Cultural ás entidades ou persoas que realicen actividades ou que acudan como espectador, lector, participante das actividades e espectáculos que puideran desenvolverse no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa.

3.2.-Todas as entidades e persoas usuarias posúen idénticos dereitos:

- Uso e desfrute dos espazos e salas do Centro Cultural e da biblioteca existente no mesmo.

- Uso e desfrute dos medios materiais de que dispoña o Centro Cultural.

- A recibir se así o solicitan unha copia desta Normativa no momento de formalizar a súa solicitude.

- A cursar unha reclamación, queixa ou suxestión na instancia que a tal efecto lle sexa facilitada no propio Centro Cultural ou na Casa do Concello.

3.3.-O Centro Cultural como dominio público afecto a un servizo titularidade do Concello de Oroso, non poderá ser sede nin domicilio social de ningunha entidade, colectivo ou asociación, aínda que todas poderán dispoñer das súas salas e instalacións coa frecuencia que necesiten, segundo dispoñibilidade.

3.4.-Serán obrigas das entidades e persoas usuarias:

- Respectar a asignación de salas e horarios.

- Manter a limpeza do centro e as súas salas.

- Utilizar con corrección o equipamento e mobiliario do Centro.

- Atender as indicacións que puidera facer o persoal do Centro.

- Cumprir as normas de utilización que o Centro determine para cada espazo ou sala.

- Tras o uso da sala revisar que esta se deixa no mesmo estado na que foi atopada, sen ningún deterioro e que as fiestras queden pechadas, a luz apagada e a porta pechada.

- Comunicar ao persoal do Centro os desperfectos ocasionados ou detectados.

- Exhibir, a requirimento de calquera persoal do Centro Cultural a autorización de uso ou carné da biblioteca, que o habilite para a utilización das instalacións.

- Tratar con decoro, respecto e boa educación aos restantes usuarios/as e especialmente ao persoal municipal que presta os seus servizos no Centro Cultural.

- Gardar o debido silencio e non perturbar as actividades que se estean levando a cabo nas diferentes dependencias do Centro Cultural, debendo manter os dispositivos móbiles en modo silencio.

- Respectar as normas de uso que de xeito específico se establecen para a biblioteca.

- Reparar calquera dano ou deterioro aínda que sexa de xeito fortuíto que se produza polo usuario nas instalacións cedidas.

3.5.-O hall do Centro Cultural considerase un lugar de paso, polo que non se poderá permanecer de forma permanente.

3.6.-Non se permitirá a entrada ao Centro Cultural con animais, bicicletas, patines ou semellantes, armas e/ou bebidas alcohólicas.

3.7.-Non se permitirá a realización polas persoas ou entidades que utilicen as instalacións do Centro Cultural a realización de actividades comerciais ou de negocio. Excepcionalmente, en atención ao interese xeral, se poderá autorizar a realización de cursos/talleres/conferencias ou actividades que impliquen algún tipo de lucro.

3.8.-O uso indebido das salas e o incumprimento das obrigacións contidas tanto no artigo 3.4 como no resto do presente regulamento darán lugar á correspondente sanción de conformidade co réxime e procedemento establecido no presente regulamento.

Artigo 4.-Actividades.

4.1.-As actividades a desenvolver no Centro Cultural serán fundamentalmente de ámbito artístico, cultural, educativo e sociocultural, entendéndose como tales as seguintes:

- Curso e talleres

- Conferencias, charlas e mesas - debate.

- Seminarios, xornadas e congresos.

- Representacións teatrais e de danza.

- Concertos e audicións.

- Exposicións.

- Proxeccións e audiovisuais.

- Accións de promoción do libro e a literatura.

- Biblioteca xeral e infantil.

- Ensaios de grupos de música, teatro e danza.

- Práctica de artes plásticas, audiovisuais e de comunicación.

- Reunións de asociacións e colectivos.

- Realización de probas teóricas no marco de procedementos de selección que sexan levados a cabo polo Concello ou outras Administracións que o soliciten.

- Reunións, charlas e actuacións de voluntariado.

- Programación de inclusión social.

Artigo 5.-Horario.

5.1.- O Centro Cultural con carácter xeral permanecerá aberto en horario de luns a venres de 9:00 horas a 14:00 horas e os sábados de 10:00 horas a 13:00 horas, agás no horario de verán, que será desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro no que permanecerá aberto de 9:00 horas a 14:00 horas de luns a venres. Con carácter excepcional poderase variar este horario para a realización dalgunha actividade concreta, cando medie un interese público que o xustifique. Así mesmo se establece un horario de tarde de luns a venres de 16:30 a 22:00 horas.

5.2..-O Concello de Oroso, previo informe por parte dos técnicos municipais de cultura, poderá variar o horario establecido no artigo anterior, segundo as necesidades que prantexen as diversas actividades que se puideran organizar y/o autorizar, sen que supoñan prexuízo económico para o Concello nin detrimento dos dereitos dos traballadores do Centro.

Artigo 6.-Espazos de Centro Cultural.

6.1.-Defíniranse como espazos polivalentes aqueles que foron deseñados para a realización de cursos, reunións, charlas...e poderán ser utilizados de forma consecutiva por diferentes entidades ou grupos.

6.2.-Definiranse como espazos de uso específico aqueles que foron deseñados para a práctica artística e que poderán ser utilizados sucesivamente por diferentes entidades ou artistas.

6.3.-Definiránse como espazos de uso exclusivo aqueles que foron deseñados para a prestación dun servizo e que non son susceptibles de ser cedidos.

6.4.-O servizo municipal de cultura utilizará os espazos definidos como espazos para a xestión do desenvolvemento das súas funcións, ditos espazos non serán susceptibles de ser cedidos en uso, sendo exclusivamente utilizables polo persoal municipal.

Artigo 7.-Cesión de espazos e salas: condicións e criterios xerais.

7.1.-No Centro Cultural, nas súas diferentes instalacións poderanse levar a cabo actividades de periodicidade continuada e puntual e de carácter ordinario e extraordinario previa autorización.

7.2.-Defínense como actividades continuadas aquelas que se desenvolven durante un período mínimo de un mes e máximo de un ano.

7.3.-Defínense como actividades puntuais aquelas que se desenvolven durante un número de horas ou días que non exceda, no seu conxunto de xeito continuado ou alterno de 30 días no cómputo total de un ano.

7.4.-Defínense como actividades ordinarias aquelas cuxo ámbito sexa o artístico, cultural, educativo ou sociocultural.

7.5. Defínense como actividades extraordinarias o resto.

7.6.-Será responsabilidade do persoal municipal que presta os seus servizos no Centro Cultural a planificación e distribución dos espazos e salas do Centro.

7.7.-A autorización de uso de espazos, salas e biblioteca do centro para o desenvolvemento de actividades de periodicidade continuada tanto de carácter ordinario como de carácter extraordinario, corresponderá ao Concello ao igual que a autorización das actividades de periodicidade puntual con carácter extraordinario.

7.8.-A autorización de uso de espazos, salas e biblioteca do centro para o desenvolvemento de actividades de periodicidade puntual e carácter ordinario corresponderalle aos técnicos municipais adscritos ao departamento de cultura.

7.9.-En ningún caso se poderá autorizar o uso de espazos ou salas para a realización de actividades que supoñan discriminación por razón de xénero, raza, ideolóxica ou orientación sexual.

7.10.-Nos períodos de campaña electoral a reserva de espazos e salas para os partidos políticos ou agrupacións electorais que concorran ás eleccións terá prioridade sobre outras reservas, incluso sobre as realizadas con anterioridade. Neste caso as reservas de espazos deberán realizarse a través da Xunta Electoral de Zona, sen prexuízo de que unha vez autorizada por esta o acto, sexa coordinada a utilización do Centro desde a Concellaría de Cultura.

7.11.-As autorizacións de uso dos espazos e salas estará subordinada ás necesidades de utilización que teña o Concello de Oroso en orde ao desenvolvemento dos seus programas e actividades municipais.

7.12.-Na primeira quincena de setembro abrirase todos os anos un prazo de solicitude de espazos e salas para o desenvolvemento de actividades de periodicidade continuada que deberá estar resolto a finais de mes.

Artigo 8.-Condicións de cesión e uso das salas e dos espazos.

8.1.- Establécense as seguintes condicións para a cesión das salas e espazos existentes no Centro Cultural:

- As solicitudes realizaranse por escrito a través da instancia correspondente, cun prazo mínimo de quince días de antelación á data de inicio das actividades que se pretendan levar a cabo. As solicitudes deberán ser presentadas no rexistro xeral do Concello de Oroso sendo igualmente válida a súa presentación a través de medios telemáticos a través da sede electrónica do Concello: https://sede.oroso.es/es/

- Na instancia deberá sinalarse a entidade ou persoa que realiza a solicitude, teléfono de contacto, describir de xeito detallado a actividade a desenvolver, día, horario, duración e número previsto de participantes. Igualmente de tratarse dunha Asociación inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Oroso deberá facerse constar dita circunstancia.

- A declaración responsable do cumprimento das obrigas establecidas no Artigo 3.4 deste regulamento e nos restantes apartados do mesmo.

- O Concello de Oroso poderá facilitar modelos específicos de instancia co fin de facilitar aos interesados a presentación dos mesmos.

- O calendario e horario das actividades solicitadas na instancia deberá en todo caso axustarse ao horario de apertura e peche do Centro Cultural.

8.2.-Para cesión das salas e espazos do Centro Cultural se terán en conta os seguintes criterios que se enumeran pola orde de aplicación:

- A dispoñibilidade de salas ou espazos axeitados para o tipo de actividade solicitado no horario solicitado.

- Darase prioridade ás solicitudes realizadas polos propios servizos municipais e das asociacións e colectivos da localidade que se atopen inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, fronte ao resto de solicitudes.

- Darase prioridade ás solicitudes de uso permanente fronte ás solicitudes de uso puntual.

- Terase en conta igualmente a orde na que se tiveran presentado as instancias.

8.3.-O Concello de Oroso en base aos principios de colaboración e coordinación interadministrativa, poderá autorizar a outras Administracións, Entes Públicos ou Consorcios a utilización dos espazos e salas do Centro Cultural. Nestes casos, tal utilización terá preferencia sobre outros usos incluso aínda que se tiveran xa previamente autorizados.

8.4.-Non se asignará un espazo de xeito exclusivo e permanente a ningunha entidade ou persoa.

8.5.-Execepcionalmente e por necesidade de aforo, poderá ser obxecto de cesión os espazos e salas para actos ou reunións de carácter veciñal, sindical ou político e, en todo caso, dita cesión deberá contar coa autorización do Concello de Oroso.

Artigo 9.-Condicións específicas de cesión e uso da sala de exposicións:

9.1.-Con carácter xeral para a cesión e uso da sala de exposicións existente no Centro Cultural se deberán cumprir as normas existentes nos artigos anteriores. A maiores das mesmas se establecen a continuación unhas normas de uso para os supostos de realización de actos ou representacións culturais coa presenza de público e para a realización de exposicións.

9.2.-Normas específicas para a realización de actividades culturais con público:

-Naquelas actividades que se leven a cabo na sala de exposicións que supoñan unha representación cultural con público, tanto si son realizadas por empresas contratadas a tal efecto polo Concello de Oroso, como se estas fosen organizadas por calquera outra persoa ou entidade, será responsabilidade da empresa contratada no primeiro caso ou da entidade ou persoa organizadora o cumprimento da normativa reguladora de espectáculos públicos vixente en cada momento, respondendo tanto a empresa como a persoa solicitante e a entidade a que represente do incumprimento da mesma e quedando en todo caso o Concello de Oroso exento dista responsabilidade.

-Igualmente será obrigación da persoa ou entidade solicitante da cesión obter a autorización e facer efectivos os dereitos de propiedade intelectual que se deriven do desenvolvemento da actividade ante a correspondente entidade de xestión de dereitos de propiedade intelectual. No caso de actividades organizadas polo Concello de Oroso será este o encargado de obter estas autorizacións e facer efectivos tales dereitos.

-A persoa ou entidade organizadora deste tipo de actividades deberá contar cunha póliza de responsabilidade civil que cubra as posibles continxencias derivadas da actividade cando así o esixa a lexislación vixente e, en todo caso, cando lle sexa esixido polo Concello de Oroso. Igualmente, cando o tipo de actividade a desenvolver o faga recomendable o Concello de Oroso poderá esixir que con carácter previo á mesma se constitúa polo solicitante unha fianza que responderá de garantía do correcto uso da sala, do seu equipamento, de posibles desperfectos e do correcto estado de limpeza.

-Durante a realización de representacións de teatro, monicreques, danza ou semellantes deberán respectarse especificamente as seguintes normas:

a) Puntualidade: unha vez comezada a representación non se permitirá o acceso á sala.

b) O público asistente deberá gardar silencio durante o desenvolvemento do espectáculo.

c) O persoal do Centro Cultural ampararase no dereito de admisión.

d) Sinais acústicas: deberán desconectarse os dispositivos móbiles e todo tipo de alarmas ao acceder ao interior da sala de exposicións.

e) Gravacións e fotografías: queda rigorosamente prohibido calquera tipo de filmación ou gravación dentro do recinto, salvo que se teña autorizado por escrito polos responsables do Centro Cultural.

f) Os menores de seis anos deberán entrar acompañados dunha persoa adulta.

g) Non se permitirá a entrada con comida e bebida de ningún tipo. Tampouco está permitido fumar. Non se permite a entrada de animais.

h) Non se permitirá a entrada á sala de exposicións ata que non o autorice o persoal responsable.

i) Deberán deixarse as entradas e saídas, así como as portas de emerxencia accesibles e libres de calquera elemento durante o tempo que dure o espectáculo.

j) Non se permitirá en todo caso a admisión de público en número superior ao determinado como aforo.

k) No caso de representacións dirixidas ao público infantil, as persoas encargadas da realización da mesma deberán dar cumprimento ao previsto no 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código Civil e da Lei de Enxuizamento Civil, e polo tanto non poderán ter sido condenados por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.

l) Cando as circunstancias así o exixiran o Concello de Oroso poderá alterar as datas, horarios, os programas e os intérpretes anunciados, sen que tales modificacións dean dereito a indemnización algunha por parte do Concello.

m) O persoal municipal do Centro Cultural será persoal autorizado para facer cumprir as normas.

9.3.-Normas específicas para a realización de exposicións públicas:

-A sala de exposicións do Centro Cultural destinarase fundamentalmente á realización do programa municipal de artes plásticas (pintura, escultura, fotografía, ilustración, gravado, videoarte etc...) artes decorativas e artesanais, así como as accións de difusión do patrimonio documental, etnográfico e científico.

-As autorizacións do uso da sala de exposicións do Centro Cultural a artistas, entidades ou colectivos estará subordinada ás necesidades de utilización que teña o servizo de cultura do Concello en orde ao desenvolvemento do seu programa de difusión das artes plásticas, decorativas e artesanais.

-O Concello de Oroso so cederá a súa sala de exposicións para a realización dalgunha exposición cando esta teña carácter artístico, cultural, didáctico, científico e etnográfico e en todo caso respecten os principios de liberdade, igualdade, respecto do ordenamento xurídico.

-Establécense as seguintes condicións de cesión e uso da sala de exposicións co fin de realización de exposicións públicas:

a) Os/as artistas que desexen expoñer na Sala, deberán solicitalo por escrito a través da correspondente solicitude que deberá presentarse no rexistro xeral da corporación sendo posible igualmente a súa presentación por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Oroso: https://sede.oroso.es/es/

b) A citada solicitude deberá acompañarse da seguinte documentación:

-Traxectoria profesional (estudos, exposicións realizadas, premios obtidos no seu caso, referencias de críticas artísticas e de prensa etc..).

-Catálogos de exposicións anteriores.

-A lo menos tres fotografías en color de tamaño non inferior a 9 x 12 cm. (de obras a expoñer) ou dvd coas obras.

c) A duración da exposición será con carácter xeral de dúas semanas como mínimo e un mes como máximo, sen prexuízo de que atendendo á demanda ou ao interese social, ou artístico da mesma por parte do servizo de cultura se poida incrementar o citado prazo.

d) O horario de apertura ao público da sala será o mesmo que se teña establecido para o Centro Cultural. Excepcionalmente, se poderá ampliar o horario a sábados e domingos se así co considera o Concello. A apertura e peche da sala será realizado polo persoal municipal do servizo de cultura adscrito ao Centro Cultural, non obstante este persoal non será o encargado de custodiar o material integrante da exposición.

e) En canto á admisión de solicitudes, o Concello terá en conta como criterios para autorizara a cesión, entre outros o currículum do expositor, a calidade artística da obra, orixinalidade da mesma, interese socio - cultural da mesma etc....O Concello confirmará ao solicitante a admisión ou desestimación da súa solicitude e a concesión de datas da exposición. O/A artista que reciba sinalamento de data, en resposta a súa solicitude deberá dar conformidade no prazo de vinte días naturais. De non facelo así se entenderá que renuncia á data sinalada.

f) Todos os gastos de transporte, envío e devolución da obra, salvo que o interese da mesma aconselle o contrario e así o decida o Concello, serán por conta do expositor/a quen pola súa conta e as súas expensas poderá asegurar as obras se así o ve oportuno.

g) O Concello de Oroso, non se responsabiliza dos deterioros que puideran producirse por accidente, robo, incendio, catástrofe, etc...que poidan determinar a destrución total ou parcial das obras.

h) O/A artista está obrigado a ocuparse persoalmente, ou delegando a favor dalgunha persoa da súa confianza debidamente acreditada, do montaxe e desmontaxe da exposición. Non se poderá utilizar materiais que danen as paredes tales como cravos, chinchetas, adhesivos etc...salvo autorización expresa do servizo de cultura e baixo a supervisión deste.

i) O criterio sobre o número de obras a expoñer deberá ser consensuado entre o/a artista e o servizo de cultura do Concello.

j) O Concello de Oroso comprometerase a darlle a maior difusión pública da exposición a través da web do Concello, publicación nos boletíns municipais, redes sociais etc...Non obstante corresponderalle ao/á propio/a artista o deseño da publicidade que en todo caso deberá incorporar o logotipo do Concello de Oroso que será facilitado polo propio Concello.

k) No caso de artistas locais o Concello de Oroso poderá editar un catálogo que deberá en todo caso contar co visto bo do artista. O envío de invitacións ou catálogos a particulares será de conta do artista.

l) Seguridade: O Centro Cultural conta con servizo de alarma que quedará conectada durante a noite. O/A artista, previa autorización polo Concello, poderá adoptar ao seu cargo as medidas de seguridade que estime oportunas. Calquera incidencia que puidera xurdir nestee aspecto será asumida totalmente polo expositor sen que o Concello teña que aboar ningún tipo de indemnización por danos e prexuízos.

m) A cesión da sala de exposicións será gratuíta e o/a artista poderá solicitar autorización para venda da obra durante o desenvolvemento da exposición.

n) No caso de exposicións que deriven de convenios de colaboración con Administracións Públicas, Asociacións, Fundacións ou outros Entes Públicos se estará ao previsto nos citados convenios. Para todo o non previsto nos mesmos se aplicarán as normas previstas no presente regulamento.

Artigo 10.-Normas específicas de uso da biblioteca municipal.

10.1.-Servizo público de biblioteca, finalidade e funcións.

-A Biblioteca do Concello de Oroso é un servizo público de titularidade municipal, e de carácter obrigatorio que se presente en exercicio da competencia propia prevista no artigo 25.2.m) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local. A súa xestión lle corresponde ao Concello de Oroso, a través da Concellaría de Cultura, na medida e forma establecida pola lexislación vixente.

-A Biblioteca pública municipal do Concello de Oroso se atopa integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia e ten como misión prestar a todos os cidadáns o servizo de biblioteca pública nos termos e condicións que se establecen na Lei de Bibliotecas de Galicia e demais normativa de desenvolvemento da mencionada Lei.

-Son funcións da Biblioteca

a) Poñer a disposición da cidadanía os seus fondos bibliográficos e recursos informativos de maneira libre e gratuíta, mediante a súa consulta en sala, en rede, ou mediante o seu préstamo nas súas diferentes modalidades. Porén, por razóns de seguridade e conservación debidamente motivadas, poderá limitarse o acceso a unha parte deses fondos.

b) Prestar os servizos básicos definidos como tales nos estándares internacionais e estatais en materia de bibliotecas. Non obstante, os servizos bibliotecarios que impliquen un custo singularizado, tales como a reprografía, o préstamo interbibliotecario e o acceso ás bases de datos, poderán ser obxecto de prezo público nos termos previstos na correspondente ordenanza fiscal municipal que se aprobe.

c) Atender as específicas necesidades culturais das persoas e dos grupos nos que se integren e promocionar a diversidade cultural e a atención ás variables de idade, sexo e discapacidade.

d) Prestar un apoio activo específico á cultura e a lingua propias de Galicia.

e) Desenvolver actividades de creación ou difusión cultural e de promoción da lectura.

f) Recoller, manter e difundir unha colección de interese local e apoiar a creación cultural no seu territorio.

g) Contribuír á creación dun espazo público de debate e educación social que posibilite a normal expresión das liberdades públicas e dos dereitos fundamentais das persoas.

h) Colaborar na elaboración e actualización permanente do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia, así como doutros posibles instrumentos de acceso común á información bibliográfica ou de acceso ao documento.

i) Poñer a disposición dos usuarios un servizo de acceso a internet e ofimática de carácter libre e gratuíto co fin de facilitar o acceso á información existente na rede principalmente para a realización de traballos e estudos.

10.2.-Os fondos da Biblioteca estarán integrados por:

a) As coleccións e fondos adquiridos pola propia Biblioteca con orzamento municipal.

b) As dotacións e envíos da Xunta de Galicia a través das súas Consellerías, con especial procedencia daquela da que dependa a Rede de Bibliotecas.

c) As doazóns e aportacións doutras entidades, organismos, institucións e persoas físicas.

- A Biblioteca acepta doazón de documentos coa condición de que o destino que se lles dea poda ser moi diverso, axustándose aos criterios técnicos da persoa encargada da biblioteca. Os documentos incorporados a través de doazón particular permanecerán no fondo da biblioteca segundo os criterios técnicos do persoal encargado . En contadas ocasións a conservación do fondo será indefinido.

- En xeral admítense documentos que reúnan as seguintes características : que estean en perfecto estado de conservación, con contidos actuais e/ou interesantes, títulos novos para o fondo da biblioteca, fondo patrimonial e de colección local . En todo caso o Concello de Oroso reservase o dereito de admisión dos documentos doados e aqueles de contido obsoleto destinaranse a reciclado de papel. Unha vez doadas as obras, a Biblioteca convértese en propietaria da doazón tendo a potestade para decidir a súa ubicación, uso e destino final en función das necesidades.

- As doazóns efectuadas á biblioteca son altruístas e en ningún caso a cambio de contrapartida económica ou de recoñecemento público do doador por calquera medio. A biblioteca non asumirá o transporte de documentos de domicilios particulares ata a súa sede.

- A aceptación dunha doazón poderá dar lugar a unha carta de agradecemento á persoa ou entidade doadora.

10.3.- Prestación de servizos pola Biblioteca.

De acordo coa normativa vixente a Biblioteca Pública Municipal prestará, polo menos, os seguintes servizos:

* Lectura e consulta en sala

* Información bibliográfica

* Préstamo a domicilio

*Sección de materiais non librarios

*Acceso a internet

* Sección infantil e xuvenil

* Hemeroteca

* Sección Local

*Actividades culturais

10.4.- Acceso á Biblioteca

- Recoñéceselle a tódalas persoas o dereito a accederen en condicións de igualdade e sen discriminación ás dependencias da Biblioteca municipal e a obter información sobre os seus servizos e sobre os procedementos de utilización.

- O acceso ás dependencias públicas da Biblioteca será libre, gratuíto e non requerirá acreditación de identidade, excepto para o servicio de préstamo, informática e internet e uso de material bibliográfico especial, para o que a Biblioteca expedirá o correspondente carné de lector/a.

- Os usuarios teñen dereito á intimidade e o anonimato (Lei orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal). O persoal da biblioteca non revelará a terceiras persoas a identidade dos usuarios nin os materiais que utilizan.

- Permitirase a entrada con materiais informativos ou de escritura propios, tales como ordenadores portátiles, pero non a de cámaras fotográficas, escaneres particulares e outros aparellos de reproducción. Os teléfonos móbiles deberán ficar desconectados no interior da biblioteca. Só está permitida a entrada de animais en caso de acompañaren a invidentes.

- Non se permitirá introducir comida, bebida, , tabaco ou similares nin permanecer nas salas cunha finalidade distinta á fixada para cada espazo, así como alterar o orde ou o silencio, marcar ou danar bens mobles ou inmobles. Tampouco se consentirá subliñar, escribir, dobrar, raspar ou mutilar os documentos, material bibliográfico, audiovisual, sonoro, informático ou calquera tipo de fondos da Biblioteca.

-Nin a Biblioteca, nin os técnicos municipais faranse responsables das pertenzas persoais dos usuarios.

10.5. - As persoas que utilicen os servizos da biblioteca están obrigadas:

a) A respectaren os dereitos dos outros usuarios.

b) A axustaren a súa conducta aos principios democráticos de convivencia, ás disposicións que contén este regulamento e ás instrucións que en execución del diten as autoridades municipais ou lles dean os traballadores responsables da biblioteca, que adoptarán as medidas precisas para garantir a boa orde nas salas pudendo excluír delas ás persoas que, por calquera motivo, a alteren.

c) A preservaren a integridade dos libros, materiais e instalacións da biblioteca e a faceren un uso axeitado deles.

- Os postos de lectura, como norma xeral, resérvanse para consulta, lectura e utilización do fondo bibliográfico das bibliotecas

10.6.- Acceso ós fondos

- A maioría dos fondos da biblioteca son de libre acceso, polo que o usuario accede a eles directamente, sen necesidade de solicitalos. Os fondos que estean en acceso pechado deberán solicitalos ao persoal da biblioteca cumprimentando a correspondente ficha.

- As únicas restricións en razón da seguridade e conservación realizaranse en función do carácter patrimonial ou especial de certos documentos, material bibliográfico ou audiovisual, non obstante será posible o seu uso na sala con fins de investigación.

- Coa fin de evitar a excesiva desorde as coleccións de acceso directo, o usuario, deberá depositar as obras no lugar disposto para tal efecto na sala de biblioteca.

- Calquera lector/a pode propoñer á Biblioteca a través dunha solicitude a adquisición de libros ou outros fondos que considere necesarios. Estes serán considerados en base a súa calidade, vixencia, necesidades, tipo de biblioteca ou orzamento.

- Para consulta de fondos audiovisuais usaranse os inventarios a disposición do público. O CD, DVD ou CD-rom será entregado directamente pola persoa encargada da biblioteca

- O/a usuario/a responsabilízase de respectar a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual.

10.7. Servizo de información bibliográfica

- A Biblioteca ofrecerá un servicio de información do uso e utilización dos servizos e salas, bibliográfica e referencia.

- O persoal do centro está a disposición dos/as usuarios/as para informarlles e facilitar o uso dos fondos e demais servizos da biblioteca.

10.8.-Servizo de préstamo

- Serán obxecto de préstamo todos os libros existentes na Biblioteca, de carácter xeral, excepto os que se enumeran a continuación:

a) Os manuscritos, incunables, raros e preciosos, se os houbera.

b) Os exemplares únicos que, por non estar á venda no comercio, sexan dificilmente dispoñibles.

c) Os doados á Biblioteca coa condición expresa de non ser obxecto de préstamo.

d) As enciclopedias, dicionarios e/ou atlas, e, en xeral, obras de consulta ou uso moi frecuente que determine o/a persoa responsable da biblioteca.

e) Os que teñan carácter de únicos pola singularidade da súa encadernación, por teren dedicatorias manuscritas, debuxos orixinais, notas, ou comentarios manuscritos de personalidades.

f) As obras que polas súas características especiais, quedan excluídas do préstamo por decisión da persoa responsable da biblioteca.

- Os fondos que non poidan ser obxecto de préstamo e que so poidan ser consultados na propia Biblioteca estarán marcados cun punto vermello ou con calquera outro distintivo que se determine polo persoal da Biblioteca.

- Previa presentación do carné ou tarxeta de lector/a que ten carácter gratuíto, cada persoa poderá sacar en préstamo 3 libros, por un período máximo de 15 días. O préstamo poderase renovar por un período idéntico de 15 días. A renovación pode facerse por teléfono indicando o nome e nº de socio e o nº de rexistro do libro.

- O/a responsable de biblioteca poderá autorizar, cando o considere conveniente, a determinados/as lectores/as e en determinadas circunstancias, retirar un número maior.

- Excepcionalmente e atendendo a criterio da persoa responsable da biblioteca, poderanse prestar obras de consulta e outras para os períodos nos que a Biblioteca permanece pechada ao público (fin de semana, días festivos, etc.)

- O tempo de préstamo conta a partir do día en que se levou o libro en préstamo. Unha vez transcorrido o tempo estipulado procederase á reclamación por teléfono, e-mail ou por carta do libro ou libros prestados. No caso de que unha vez reclamado por correo normal non se recibise a devolución do libro, poderase proceder a notificar a través da policía municipal, sen prexuízo da incoación do correspondente expediente sancionador.

- O/a usuario/a deberá comunicar ao persoal da biblioteca calquera anomalía ou deficiencia que poida existir nos libros ou material. O deterioro ou perda dalgún documento obrigará ao usuario á reposición do mesmo e no caso de que sexa imposible a súa reposición o usuario deberá ofrecer á Biblioteca un documento de semellantes características, todo isto sen prexuízo da tramitación do correspondente expediente sancionador que resulte procedente.

- Se determinado fondo bibliográfico se necesita para actividades culturais ou de animación á lectura, estes poderán non ser obxecto de préstamo durante ese período de tempo

- O préstamo realizarase ata 15 minutos antes do peche da Biblioteca

10.9. Carné de socio

- Para a obtención dos préstamos individuais é preciso ser socio/a da Biblioteca e posuír o carné ou tarxeta de lector, que terá un carácter gratuíto.

- O carné de socio é persoal polo que só se realizarán préstamos aos/ás propios/as lectores/as que figuren no carné de lector/a sendo intransferible para cada individuo coa excepción dos pais ou titores de menores de 10 anos que poderán retirar libros con carnés dos seus fillos sempre que vaian dirixidos a ditas idades. O carné deberá ser mostrado ao persoal da Biblioteca, sempre que llo soliciten.

- O carné de lector/a é gratuíto. Para a súa obtención será preciso presentar unha solicitude, coa que se achegará unha fotocopia do documento nacional de identidade, se é que a persoa está obrigada a telo, ou documento equivalente.

- Os/as usuarios/as comprométense a notificar os cambios de identidade, enderezo ou teléfonos que poidan ter dende o momento de faceren o carné de socio.

10.10.- Servizo de materiais audiovisuais, informáticos e Internet

- O uso dos ordenadores, o servizo de internet e o préstamo dos materiais audiovisuais, sonoros, informáticos, especiais ou bibliográficos, é gratuíto.

- Para a audición, visionado en sala e utilización dos ordenadores ou préstamo dos materiais audiovisuais, sonoros e informáticos é necesario ser socio/a da Biblioteca e presentar o carné de socio/a. Non poderán utilizar estes aparellos, nin se realizarán préstamos a nome de persoas distintas ós/ás solicitantes.

-A Biblioteca non se fai responsable das consultas realizadas nos equipos informáticos polos usuarios pero o persoal municipal terá dereito a interrompelas en calquera momento se entende que se están a vulnerar os principios de civismo, dignidade ou fan apoloxía da violencia, racismo, homofobia ou xenefobia.

- O tempo de uso está limitado a unha hora e media por usuario/a. No caso de que haxa varias persoas para a utilización dos ordenadores, ou consulta en Internet, e co obxectivo de prestar un mellor servicio ó/á usuario/a, a Biblioteca disporá dun sistema de quendas. En todo caso, a excesiva demanda do servizo provocará que se priorice o uso para consulta bibliográfica e o uso cultural ou de interese pedagóxico sobre o estritamente lúdico.

-Os equipos informáticos so poderán ser utilizados ó mesmo tempo por unha persoa. Esta norma poderá ser alterada no caso de menores que deberan estar acompañados por un adulto ou cando o persoal municipal da Biblioteca así o considere oportuno.

-Os usuarios dos equipos informáticos non procederán a gardar en tal equipo ningún tipo de información sen prexuízo de que poidan utilizar dispositivos de almacenamento externos da súa propiedade para gardar a documentación e información consultadas.

- O usuario comprométese a respectar en todo momento a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e a facer un uso axeitado do servizo de acceso a Internet tendo presentes os principios que rexen a actividades da biblioteca pública

- Está expresamente prohibido calquera acto ou intento de adulteración dos programas ou configuracións informáticas, así como maltratar os ordenadores, desconectalos, apagalos ou realizar algún cambio no seu funcionamento. Todo dano nos ordenadores, auriculares, materiais ou libros ocasionado polo maltrato ou polo uso incorrecto dos mesmos, deberá ser corrixido ou reparado polo/a usuario/a que o causou sen prexuízo, no seu caso da correspondente sanción cando proceda.

- O acceso en Internet a contidos inapropiados ou inaxeitados é responsabilidade exclusiva do/a usuario/a, e, o persoal da biblioteca, resérvase o dereito a finalizar en calquera momento a sesión de consulta, cando considere que non se está facendo un uso axeitado do servicio. Agora ben, tendo en conta que os contidos accesibles a través de Internet mudan constantemente e sen previo aviso, e que a Biblioteca non pode supervisar estes contidos, serán os/as usuarios/as os/as que avalíen a pertinencia da información á que accedan; o persoal da biblioteca non será responsábel en ningún caso da información que poidan recuperar ou á que poidan acceder os usuarios a través dos postos de Internet . No caso de menores de idade serán os pais, nais ou titores os que teñan que asumir esa responsabilidade. En todo caso nin a Biblioteca nin o persoal da mesma se fan responsables da calidade ou veracidade do contido da información consultada en páxinas externas ás da propia biblioteca.

-A Biblioteca non será responsable, en ningún caso, das posibles avarías ou caídas do sistema informático, así como da maior ou menor velocidade de transmisión dos datos e as consecuencias que esta poida ter no uso dos equipos por parte dos usuarios.

- A biblioteca non conserva información sobre páxinas consultadas pero sí leva control sobre quendas diarias. Esta información poderá ser requirida xudicialmente se así se precisase.

- Non se deben apagar os Pc de Internet público e ante problemas, os usuarios non intentarán reiniciar os equipos.

- Todas as dúbidas ou calquera información que desexen poden preguntarlla ao persoal da biblioteca, igualmente, deberán informar de calquera dificultade técnica. O persoal de biblioteca poderá prestar axuda aos/ás usuario/as no manexo básico dos computadores e de Internet sempre que este traballo non interrompa outros labores bibliotecarios e da atención ao público. O persoal da biblioteca non pode proporcionar axuda avanzada no uso dos computadores e non é responsable da perda de datos ou información.

10.11.- Sección infantil-xuvenil

- As bibliotecas ofrecen ós/ás nenos/as os mesmos servicios que para os/as adultos/as (lectura e consulta en sala, préstamo, información, etc.) pero sobre todo, pola súa idade, intentarase darlles unha información e atención máis personalizada e individualizada, polo que se organizarán -na medida do posible-, actividades dirixidas especificamente a fomentar a lectura neste sector.

- Agás durante estas actividades organizadas, programadas e convocadas, o persoal da biblioteca en ningún momento se responsabilizará de que os menores permanezan dentro das instalacións durante un período determinado.

10.12.- Hemeroteca

- Por razóns de espazo, so se arquivarán e gardarán as que o persoal da Biblioteca considere de interese para a mencionada biblioteca e os seus usuarios. Principalmente as de uso moi frecuente, culturais, científicas e/ou de temas locais.

- No caso da prensa, tamén por razóns de espazo, só se conservará a do último mes respecto aos diarios nacionais, a do último ano respecto aos diarios rexionais e indefinidamente a prensa local.

10.12 Sección local

- A Biblioteca terá unha sección local na que se conservarán obras e documentación relativas ao municipio ou de escritores que teñan relación co mesmo.

10.13.- Actividades culturais, de animación, fomento da lectura e uso da biblioteca

- Periodicamente e ó longo do ano, organizaranse actividades culturais, de animación, fomento da lectura e uso da biblioteca.

- As actividades que organiza a biblioteca son gratuítas para o usuario e en caso contrario anunciarase en carteis e folletos promocionais. O custo poderá obedecer ao carácter especial da actividade, ao seu interese restrinxido ou á necesidade de autofinanciación e gozará da autorización e visto e prace do órgano competente habida conta da potestade do Concello de Oroso, sede da biblioteca, na súa regulamentación e condicións de uso e goce da mesma.

- A utilización da biblioteca para actividades de difusión e promoción terá preferencia sobre outros usos da biblioteca podendo establecerse restricións de outros servizos (lectura en sala, préstamo ou outros) mentres se realicen as actividades.

- As actividades que organiza a biblioteca serán de libre acceso para todos os veciños. Por motivos de capacidade ou por estar dirixidas a un sector de público determinado, poderanse priorizar e limitar as idades dos participantes e fixar o aforo máximo.

- Poderase de acordo coa concellería que xestiona o servizo, negar a cesión de instalacións para actos nos que a finalidade sexa a publicidade de marcas ou casas comerciais ou de lucro, actos de propaganda, relixiosa ou xenófoba así como aquilo que vaia en contra da dignidade humana.

- As persoas que interfiran nas actividades deberán abandonar a sala cos nenos que puidesen acompañalos.

- O Concello promoverá a coordinación do funcionamento da biblioteca municipal coas dos centros escolares e a realización de actividades conxuntas que revertan na mellora do funcionamentos das bibliotecas escolares e no coñecemento e uso de Biblioteca Municipal.

10.14.- Usuarios

- Os usuarios poderán presentar as suxestións e reclamacións que consideren convenientes na caixa prevista a este efecto; estas serán revisadas polo persoal técnico e consideradas en base ás necesidades existentes e orzamento previsto.

- Os/as usuario/as deberán vixiar as súas pertenencias . A biblioteca non se responsabiliza de pérdas ou roubos.

- Os usuarios menores de idade, vaian ou non acompañados, non serán responsabilidade do persoal da biblioteca salvo en actividades programadas con aforo limitado sen presencia de nais/pais e/ou titores. No resto dos casos o persoal da biblioteca non se responsabilizará das entradas ou saídas do menor no caso de que quede só.

- Os pais ou adultos que acompañen a neno/as á biblioteca deben intentar que non corran descontroladamente, berren , choren desconsoladamente ou baleiren estanterías a modo de xogo. Se os adultos non poden controlar a situación pediráselles a ambos que abandonen a sala. No caso de menores de idade que acudan sos, a expulsión será notificada aos pais ou titores legais mediante carta onde constará o período de expulsión e a causa que ten motivado os feitos.

10.15.-Rexistro dos fondos.

- A Biblioteca deberá levar un rexistro no que figuren todos os fondos da Biblioteca.

- Cando un/unha usuario/a perda, deteriore ou mutile (falta de páxinas, etc.) algún libro procederase a dalo de baixa no correspondente Rexistro, sen prexuízo no seu caso das responsabilidades que proceda exixir ao/á usuario/a.

- Se cando se revisen os estantes da Biblioteca, o persoal ten constancia da desaparición, extravío ou falta dalgún exemplar, tanto que fose por furto ou por outro motivo, haberá que proceder a dalo de baixa do correspondente Rexistro.

- Cando sexa necesario, o responsable da Biblioteca realizará unha relación dos fondos, que por estar moi deteriorados polo uso ou outras condicións, desfasados, mutilados, falta de vixencia, actualidade, etc., para o seu posible expurgamento.

-O persoal da Biblioteca deberá informar por escrito ao Concelleiro competente en materia de Cultura de calquera perda, deterioro ou mutilación causada por un/unha usuario/a nalgún dos fondos da Biblioteca cando considere que pode resultar procedente a incoación do correspondente expediente sancionador conforme ao previsto no artigo seguinte.

Artigo 11.-Réxime sancionador.

11.1.-Os usuarios das diferentes dependencias do Centro Cultural estarán suxeitos ao presente réxime sancionador, diferenciándose un réxime específico para os usuarios da Biblioteca Municipal.

Con carácter xeral os usuarios responderán dos danos e perdas que polo seu dolo, culpa ou neglixencia se ocasionen nas instalacións así como polas infraccións das normas establecidas no presente regulamento e polas ofensas e danos causados ao persoal da Biblioteca e Centro Cultural e/ou aos restantes usuarios/as.

11.2.-Serán responsables das infraccións aquela persoa ou persoas físicas ou xurídicas que teñan incorrido na conducta sancionable. No caso de que se tratase de asociacións, agrupacións ou calquera outra entidade carente de personalidade xurídica e non se puidera identificar á persoa concreta causante da infracción responderá solidariamente todos os membros integrantes da asociación ou agrupación. No caso de menores se considerará como responsable os pais ou persoa que ostente a patria potestade.

11.3.-Consideranse infraccións no uso das instalacións do Centro Cultural as seguintes:

11.3.1.-Leves:

a) Ocupar salas, locais e instalacións do Centro Cultural sen autorización expresa do Concello de Oroso.

b) Destinar as salas, locais, edificios ou instalacións a finalidades distintas daquelas para as que foron autorizados.

c) Non respectar a asignación de salas e horarios.

d) Non manter limpa e ordenada a sala de exposicións, locais, hall ou instalacións do Centro Cultural tras a realización dalgunha actividade, na forma establecida no presente regulamento.

e) Non utilizar con corrección o equipamento e mobiliario do Centro, así como non respectar as indicacións, sinais e carteis establecidos no Centro Cultural ou non atender aos requirimentos realizados polo persoal municipal do Centro Cultural.

f) Calquera outro incumprimento das normas establecidas no presente regulamento así como na normativa aplicable aos bens e dereitos das Entidades Locais que non sexa calificada como infracción grave.

11.3.2.-Graves:

a) Destinar as salas, locais ou dependencias do Centro Cultural para finalidades e actos racistas, xenófobos, homófobos ou contrarios a liberdade e igualdade das persoas.

b) Destinar as salas, locais ou dependencias para a realización de actividades de índole comercial fora das expresamente autorizadas no presente regulamento.

c) Faltar ao respecto e non tratar con decoro e boa educación ao persoal do Centro Cultural ou aos restantes usuarios do Centro Cultural, así como negarse a exhibir ao persoal do Centro a autorización de uso ou o carné da biblioteca que o habilite para a utilización das instalacións. Negarse a abandonar as instalacións cando así lle sexa requirido polos empregados municipais.

d) Causar danos e deterioro nos bens e instalacións do Centro Cultural cando tales danos traian causa dun mal uso dos mesmos, por destinalos a finalidades diferentes para os que están previstos ou por realizar un uso culposo ou neglixente dos mesmos, sen prexuízo do deber de reposición ou indemnización dos danos causados en tales bens.

e) A comisión de dúas faltas leves no prazo de un ano, pola mesma persoa.

11.4.-Establécense as seguintes sancións:

-Para infraccións tipificadas como leves se imporá unha sanción de entre 20,00 ata 200,00 euros.

-Para infraccións tipificadas como graves se imporá unha sanción de entre 201,00 euros ata 600,00 euros.

A imposición de sancións pola comisión de faltas será tida en conta polo órgano competente á hora de resolver sobre a renovación da solicitude de uso.

Igualmente o órgano competente pola comisión de calquera tipo de falta, leve ou grave, poderá determinar a expulsión do centro cultural da persoa ou persoas causantes por un prazo máximo de 2 anos en atención á gravidade dos feitos obxecto de sanción e con independencia da sanción económica que se lle teña imposta.

11.5.-Procedemento sancionador.

Para a imposición das sancións que puidesen derivarse desta ordenanaza, estarase ó procedemento establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora ou pola normativa que a substitúa.

11.6.-Prescripción.

As infraccións leves prescribirán aos dous meses, as graves ao ano e as moi graves aos dous anos.

11.7.-Concorrencia na esixencia de responsabilidades.

As sancións que poidan impoñerse en cumprimento do disposto nos artigos anteriores, serán independentes das indemnizacións de danos e perdas que procedesen, ou das accións de diferente natureza que a Corporación poida exercitar ao respecto.

As responsabilidades e sancións mencionadas se substanciarán e executarán, no seu caso, por vía executiva.

11.8.-Réxime sancionador específico da Biblioteca. Dadas as especiais características e normas de uso da Biblioteca así como da existencia dunha lexislación específica en materia de Bibliotecas, establécese un réxime sancionador específico para todas aquelas infraccións que se determinan a continuación e que non podan ser subsumibles no réxime sancionador xeral previsto para a totalidade do uso do Centro Cultural.

As infraccións tipifícanse en leves, graves e moi graves.

11.8.1.-Infraccións leves

Constitúen infraccións leves as seguintes accións ou omisións:

a) A deterioración culposa do mobiliario da biblioteca, dos seus materiais e recursos de información, así como do inmoble no que se sitúe a biblioteca.

b) A non devolución no prazo sinalado, dos fondos e dos materiais e recursos da biblioteca emprestados.

c) O comportamento desaxeitado de menores ou adultos que provoquen a interrupción do normal funcionamento da biblioteca.

d) O incumprimento de calquera outra obriga establecida específicamente en relación coa Biblioteca que non deba ser cualificada de infracción grave ou moi grave ou que non sexa subsumible dentro do réxime sancionador xeral establecido nos números anteriores.

11.8.2.-Infraccións graves

Terán a consideración de infraccións graves:

a) A deterioración dolosa do mobiliario da biblioteca, dos seus materiais e recursos de información, así como do inmoble no que se sitúe a biblioteca.

b) A perda definitiva de fondos documentais bibliotecarios ou de recursos de información das bibliotecas, que foran levados en préstamo.

c) A comisión de dúas ou mais infraccións leves no período de dous anos.

11.8.3.-Infraccións moi graves

Terán a consideración de infraccións moi graves:

a) As accións ou omisións que supoñan a destrución ou en xeral a inutilización definitiva de fondos documentais bibliotecarios ou de recursos de información das bibliotecas.

b) A comisión de dúas ou mais infraccións graves no período de dous anos.

11.9. Establécense as seguintes sancións específicas para as infraccións tipificadas no punto 11.8:

a) Por infraccións leves:

1. No caso de demora, sancionarase coa suspensión temporal do dereito a préstamo por un tempo igual ao que se prolongou a demora.

2. Se un/unha usuario/a ten algún material prestado e xa está fóra do prazo de devolución, non poderá usar o servizo de préstamo ata a súa devolución.

3. Se os adultos que acompañen a nenos/as á biblioteca, non puideran controlar o seu comportamento, terán ambos que abandonar a sala.

4. No caso de adultos que polo seu proceder, interrompan o normal funcionamento da biblioteca, terán que abandonar a sala.

b) Por infraccións graves:

1. As infraccións graves sancionaranse co bloqueo da tarxeta de lector e/ou a expulsión durante un período de tempo non inferior a un mes e ata un máximo de seis. No caso dos menores, a correspondente sanción será notificada aos pais ou titores legais e farase constar o período de expulsión e a causa que teña motivado os feitos.

2. No caso de perda de material emprestado, a persoa estará obrigada a repoñer o documento emprestado por un igual ou similar en canto a características, tema ou materia, calidade e/ou prezo. De non ser posible deberase indemnizar ao concello polo seu valor. No caso de que este material lle fose subtraído ao usuario ou usuaria, quedará excluído da súa reposición ou abono, sempre que presente copia da correspondente denuncia de subtracción.

De non cumprirse esta premisa, sancionarase ao lector/a co disposto no punto b) 1.

c) Por infraccións moi graves:

As infraccións moi graves sancionaranse co bloqueo da tarxeta de lector e/ou a expulsión durante un período non inferior a seis meses, ou permanente, da Biblioteca Pública do Concello de Oroso, ou ata a resolución xudicial firme da denuncia interposta, se a houbera.

No caso de que o dano causado poida ser valorado economicamente, a infracción será sancionada con multa do tanto ao cuádruplo do valor do dano causado, cos seguintes límites:

- Ata 750,00€ para as infraccións leves

- Ata 1500,00€ para as infraccións graves

- Ata 3000,00€ para as infraccións moi graves

11.10.- Prescricións de infraccións e sancións

As prescricións de infraccións e sancións específicas para a Biblioteca ateranse ao recollido no artigo 41 da Lei 5/2012 de bibliotecas de Galicia

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

O regulamento farase público para que os usuarios o coñezan, e estará a disposición de quen o pida.

A biblioteca poderá establecer condicións xerais adicionais no uso dos seus recursos e servizos previa autorización do órgano competente.

DISPOSICIÓNS DERROGATORIA

Quedan derrogados

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

O presente regulamento consta de 11 artigos, dúas disposicións adicionais, unha disposición derrogatoria e unha disposición derradeira e, entrará en vigor, unha vez aprobado definitivamente polo o Pleno do Concello e publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia, transcorrido o prazo previsto nos artigos 70.2 . 65.2 da Lei 7/1985, de 2 abril LRBRL.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.