Sada - REGULAMENTO DE MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN SOCIAL
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A situación derivada da crise económica, a falla de emprego e as precarias condicións laborais que afectan a moitas persoas e familias e que repercuten moi negativamente no acceso a unha vivenda e/ou ao mantemento da mesma, outras problemáticas sociosanitarias asociadas a procesos de exclusión, derivan en situacións de crises, persoais e familiares, ante as cales a administración local, mai próxima á cidadanía e mais coñecedora do entorno persoal e familiar, pode dar unha resposta mais inmediata e axudar a previr procesos de maior exclusión social.
O concello de Sada, a través dos servizos sociais comunitarios, pretende ademais, non só dar unha resposta asistencialista a través dunha axuda económica ante situacións de risco ou exclusión social, senón tamén orientar o traballo a través de procesos de intervención social en prol da inclusión social e da xustiza social.
No marco lexislativo, o artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladoras das bases do réxime local, modificado por Lei 27/2013 de racionalización e sostentibilidade da Administración Local, establece que ¿o municipio exercerá en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas, nas seguintes materias..." e) ¿avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión"
No marco lexislativo específico de servizos sociais, a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, recolle as competencias, funcións e actuacións dos servizos sociais comunitarios e concretamente os artigos 4, 8, e 21, establecen a regulamentación básica das prestacións para a inserción social-emerxencias sociais, destinadas a persoas ou familias que se atopen en situación de carencias.
Artigo 1.- Obxecto
O presente regulamento ten por obxecto o desenvolvemento dunha serie de medidas prestacións e actuacións destinadas á posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social, corrixir as desigualdades e axudar a cubrir as necesidades básicas das persoas ou familias en situación de exclusión ou risco de exclusión social no concello de Sada.
Artigo 2.- Tipos de axudas.
2.1. Establécense dous tipos de axudas:
A) Axudas económicas de emerxencia social municipal, que se desenvolven nos artigos 3 a 7 deste Regulamento, e que son prestacións económicas non periódicas, de carácter extraordinario e pagamento único destinadas á cobertura de necesidades básicas que non so cubertas por outra administración e para as que é necesario dar unha resposta urxente ou inmediata.
B) Outras axudas de carácter social, que se desenvolven nos artigos 8 a 13 deste Regulamento.
2.2. Como norma xeral, salvo en situacións de especial vulnerabilidade ou causas sobrevidas e avaladas polo equipo técnico, e que se farán constar de forma precisa no correspondente informe, o importe máximo anual do conxunto das axudas solicitadas será de 1.100€ por unidade familiar, podendo solicitarse en varias ocasións sempre que non se supere dito importe no ano natural.
Artigo 3.- Alimentación básica e produtos de hixiene:
Consiste na concesión dunha axuda económica para gastos de alimentación e hixiene que se materializa a través da entrega dun VALE de compra nominal que a persoa beneficiaria entregará nos establecementos concertados a para cambiar polos por produtos de alimentación e/ ou hixiene.
A cantidade correspondente quedará fixada en función do número de membros da unidade de convivencia, así como o límite anual que se pode conceder, do seguinte xeito:
Nº de membros da unidade de convivencia | Importe mensual | Importe máximo anual |
1 | 100,00 € | Ata 400€ |
2 | 130,00 € | Ata 520€ |
3 | 170,00 € | Ata 680€ |
4 o más | 220,00 € | Ata 880€ |
O Vale deberá estar asinado polo/a técnico/a correspondente que emitirá o informe proposta de concesión.
Deberá conter o número e data de emisión, o nome e apelidos da persoa beneficiaria, e o importe correspondente. O seu uso é persoal e intransferible. A súa validez será de dous meses dende a data da emisión.
Os produtos destinados a cubrir estes vales son aqueles destinados a cubrir as necesidades de alimentación sá e equilibrada, leite e pañais para lactantes e produtos básicos de hixiene e limpeza.
En ningún caso se poderán adquirir bebidas alcohólicas nin produtos de denominación de orixe nin especialidades.
Artigo 4.- Gastos derivados do uso da vivenda habitual:
Consiste nunha axuda económica destinada ao pago do uso da vivenda habitual, aluguer, factura de electricidade, gas e de auga, sempre que existan garantías de continuidade do uso da vivenda.
As contías das axudas non poderán exceder dos seguintes limites por unidade familiar:
· Axuda de aluguer ata 900€ anuais
· Axuda para pago da factura e electricidade: ata 300€ anuais
· Axuda para pago da factura de auga: ata 150€ anuais
· Axuda para pago da factura de gas: ata 150€ anuais.
· Recibo de conexión de electricidade ou gas por corte de subministro: un único recibo ao ano.
En ningún caso se concederán axudas para outros conceptos: comunidade, limpeza de portais ou espazos comúns etc.
A axuda concedida será aboada ao acredor da entidade correspondente a través de transferencia bancaria para o cal o solicitante deberá aportar ademais dos documentos de carácter xeral, os seguintes: xustificante da/s débeda/s actualizadas, factura/s orixinais correspondentes, e no caso de que no contrato do aluguer non consten os datos de domiciliación bancaria, acreditación de datos bancarios por parte do arrendador/a.
Artigo 5.- Gastos destinados a aloxamento alternativo:
Consiste nunha axuda económica para o aboamento dun hostal, residencia ou outro de similares características cando se dé unha situación de especial gravidade: violencia doméstica, dasafiuzamento, causa de emerxencia sobrevida, deterioro grave e cando non existan familiares nin rede de apoio. En caso de existir familia se se dera a circunstancia de falta de relación ou conflito familiar, acreditada tal circunstancia no expediente social.
Será requisito imprescindible ademais para causar dereito a esta axuda, ter solicitado praza para o mesmo recurso nun centro público, concertado ou de iniciativa social.
Establécense estadías máximas: aloxamento de urxencia en hostal, ata 4 días en réxime de pensión completa.
Aloxamento de urxencia en centros residencias ata un máximo de 15 días e 700€ de custe da estancia.
Artigo 6.- Axuda para fianza de vivenda no caso de desafiuzamento da vivenda habitual:
Consiste nunha axuda para atender os gastos dunha nova vivenda de aluguer, cando a unidade familiar se atope nunha situación perda da vivenda por desafiuzamento xudicial ou impago.
Serán requisitos específicos para acceder a esta axuda:
· Que o importe do aluguer non sexa superior ao importe correspondente ao subsidio básico da Renda de Integración social de Galicia.
· Que a vivenda se atope no termo municipal de Sada.
· Que se poida garantir a corto, medio prazo a continuidade de pago do aluguer por parte da persoa beneficiaria.
Darase prioridade a aquelas unidades familiares que teñan menores ao seu cargo
O máximo subvencionable serán de dúas mensualidades do aluguer.
Artigo 7.- Axudas para equipamento básico da vivenda habitual, reparacións menores de urxente necesidade e limpeza da vivenda en casos extremos.
Estas axudas poderán destinarse a:
· Equipamento básico, de primeira necesidade ou mobiliario básico cando a persoa beneficiaria careza deles ou se atopen moi deteriorados.
· Instalacións ou reparacións menores do fogar.
· Limpeza e desinfección necesarias para manter a vivenda en axeitadas condicións hixiénico-sanitarias e sempre que resulten de importancia vital para a unidade de convivencia.
Contía da axuda: Ata o 75% do gasto e cunha contía máxima de 600€ ano por unidade familiar.
Artigo 8.- Axudas económicas de prevención e apoio aos menores.
Poderán concederse axudas destinadas a garantir e/ou mellorar a situación e integración dos menores, que estean matriculados nos centros públicos de termo municipal, sempre que non sexan cubertas por outros organismos, institucións ou entidades e que exista un informe do equipo técnico de valoración da situación e que se cumpran o requisitos xerais para acceder a estas axudas.
De xeito xeral será imprescindible ter expediente aberto nos servizos sociais comunitarios e proxecto de intervención social asinado, e acreditar de xeito obxectivo a necesidade da axuda a través dos documentos que, segundo a necesidade expresa, se lle requirirá ao interesado/a: contrato e horario de traballo si é caso, orzamento dos gastos, xustificante do centro educativo respecto de acudir ao centro e dos servizos que utiliza, xustificante das ANPA se é o caso, así como a acreditación de ter solicitado a axuda ou servizo po-los condutos ordinarios e a situación ao respecto.
Estas axudas poderán destinarse a cubrir necesidades de roupa e calzado, libros de texto e material escolar, actividades extraescolares financiadas polas ANPA dos centros públicos e comedores escolares de centros públicos, actividades deportivas de ámbito municipal, pero sempre que non sexan cubertas por outra administración competente, incluídas as municipais, outras entidades ou organismos.
Limites máximos das axudas segundo conceptos por neno/a:
Para comedor ata 200€ por curso escolar.
Para actividades extraescolares ata 100€ por curso escolar.
Para libros de texto e material escolar ata 150€ por curso escolar.
Artigo 9.- Axudas para gastos farmacéuticos:
Consiste nunha axuda económica para aboar os gastos farmacéuticos dos medicamentos e tratamentos prescritos polo/a médico/a do sistema público de saúde e cando a situación da persoa solicitante, cumprindo os requisitos xerais, acredite a necesidade da axuda.
Será requisito imprescindible ademais dos de carácter xeral, a presentación dun informe médico acreditando a necesidade do tratamento e pauta facultativa, así como o orzamento ou documento acreditativo da farmacia no que conste o gasto a cargo da persoa. A axuda aboarase á farmacia tras a presentación da factura correspondente.
Artigo 10.- Axudas para gastos de desprazamento e transporte:
Consiste nunha axuda para facilitar as viaxes á cidade de A Coruña fundamentalmente para a realización de diferentes trámites: civís, médicos, de estudos, de xestións con organismos etc.
De xeito ordinario a axuda canalizarase a través do recargo da tarxeta de transporte metropolitana, que deberá estar a nome do/a titular ou dalgún membro da unidade de convivencia: cónxuxe e/ou fillos.
O importe a conceder dependendo da necesidade expresada e valorada no informe técnico poderá oscilar entre os 10€ como importe mínimo e os 60€ como máximo mensual, segundo o número de viaxes que a persoa teña que realizar.
Artigo 11.- Axudas para outras situación urxentes.
Consiste nunha axuda económica para cubrir gastos excepcionais e fundamentais, cando se produza algunha circunstancia non contemplada nos epígrafes anteriores, de urxencia social avalada tecnicamente, como puidera ser decesos, accidentes sobrevidos, incendios etc, sen posibilidade de cobertura por outras instancias e sempre que se cumpran os requisitos xerais e se acredita, por unha banda a inexistencia de ingresos para poder facer fronte e por outra, que non existan familiares con obriga legal segundo o código civil, ou en caso contrario que exista unha relación de conflito obxectivada.
O importe máximo da axuda estará condicionado en función dos ingresos da unidade familiar ou da ausencia deles, dende o 50% ata o 100% da axuda, sen que en ningún caso supere os 1000€ anuais por unidade familiar.
Artigo 12.- Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas e/ou familias residentes e empadroadas no municipio de Sada que cumpran os seguintes requisitos xerais:
1. Ser maior de idade ou menor legalmente emancipado.
2. Ter nacionalidade española ou estranxeira con residencia legal en España. Con carácter excepcional poderán beneficiarse destas axudas as persoas estranxeiras calquera que sexa a súa situación administrativa en España, que se atopen nunha situación de grave risco social valorada polo equipo técnico.
3. Estar empadroado e ter residencia efectiva no municipio de Sada cunha antigüidade mínima de catro meses inmediatamente consecutivos á data da solicitude. Quedarán excluídas deste requisito as vítimas de violencia doméstica que cambien o seu domicilio por este motivo debidamente acreditado.
4. Que exista a necesidade real e obxectiva do solicitado.
5. A partir da segunda solicitude será requisito que a axuda que se solicita teña un carácter complementario dentro dunha intervención social iniciada dende o departamento de servizos sociais en colaboración coa persoa solicitante e a súa unidade familiar, constituíndo un apoio para a consecución dos obxectivos establecidos nun plan de traballo de obrigado cumprimento.
6. Non estar incurso/a nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinalados no art. 13 e 3 da Lei xeral de subvencións.
7. Como norma xeral non ter débedas co Concello de Sada.
8. Non ter sido beneficiario/a de axudas para o mesmo concepto no mesmo exercicio económico a través doutras convocatorias doutros organismos e/ou entidades, a excepción das axudas económicas para alimentos que poderán ser compatibles e complementarias coas que outorgan as entidades de iniciativa social do concello (Cáritas e Cruz Vermella).
9. Non dispor de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación pola que solicita a axuda. Considéranse ingresos insuficientes aqueles que, correspondendo ás persoas integrantes da unidade de convivencia independente, non sexan superiores ao do importe do subsidio básico ou tramo persoal e familiar da renda de inclusión que lle correspondería á unidade de convivencia, computando os ditos ingresos nos termos sinalados ao regular a RISGA.
Nº de membros | subsidio básico * tramo familiar |
1 membro | 399,38 € |
2 membros | 473,93 € |
3 membros | 537,83 € |
4 membros | 591,08 € |
5 membros | 644,33 € |
6 membros | 697,58 € |
7 membros | 718,88 € |
Da totalidade dos ingresos da unidade familiar deduciranse as cotas aboadas en concepto de hipoteca ou aluguer da vivenda ate 400€.
Artigo 13.- Ingresos da unidade de convivencia:
Valorarase o conxunto de ingresos percibidos por cada un dos membros da unidade familiar de convivencia, procedentes de: salarios, retribucións, pensións, subsidios, prestacións, rendas, regulares ou irregulares de calquera natureza. Terase en conta os ingresos líquidos logo dos correspondentes descontos de IRPF e Seguridade Social.
Para obter a contía dos ingresos anuais sumarase o conxunto de ingresos líquidos obtidos nos seis meses anteriores, multiplicando por 2 para calcular o ingresos anuais e dividido entre 14 pagas.
A cantidade resultante deducirase o importe correspondente ao aluguer ou hipoteca (ata 400€).
O resultado non poderá exceder dos limites establecidos:
- Capital mobiliario:
Establecese a cantidade máxima de 2000 euros en contas de aforros e/ou investimentos de toda a unidade familiar. Para este efectos tomarase o saldo recollido na certificación bancaria a 31 de decembro de cada ano.
- Capital inmobiliario:
Que a persoa solicitante ou calquera membro da unidade familiar non sexa propietaria e/ou usufrutuaria de bens inmobles que pola súa valoración, posibilidade de venda e/ou explotación, indiquen de xeito notorio a existencia de medios materias suficientes para atender o gasto obxecto da solicitude. A estes efectos non se terá en conta a vivenda para uso habitual.
Artigo 14.-Perceptores.
Poderán percibir as axudas:
· Os propios solicitantes e beneficiarios das axudas.
· As entidades ou persoas designadas para a súa percepción así como os provedores dos bens e servizos para os que se conceden.
Artigo 15.- Procedemento de solicitude, documentación e prazo:
A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Sada, acompañada da seguinte documentación (segundo os casos).
a) Fotocopia do D.N.I. do solicitante e das persoas maiores de 16 anos pertencentes a unidade de convivencia ou tarxeta de residencia (NIE) ou pasaporte, no caso de estranxeiros.
b) Fotocopia do Libro de Familia e/ou o titulo de Familia Numerosa, no caso da existencia de menores na unidade de convivencia.
c) Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio e/ou convenio regulador, no seu caso. Fotocopia da demanda ou sentencia de falta de pagamento de pensións, no caso de que se solicite expresamente.
d) Fotocopia da última declaración da Renda ou, no caso de non ter obriga de presentala, certificado negativo da Administración de Facenda con datos fiscais de todos/as os/a conviventes maiores de 18 anos ou de 16 se traballan. Tamén poderá asinar o modelo de autorización para solicitar os datos a nivel de renda.
e) Fotocopia compulsada da declaración trimestral a conta do IRPF e ou IVE no caso de alta no réxime de autónomos.
f) Fotocopia dos tres últimos recibos de alugamento ou amortización da vivenda, no seu caso.
g) Fotocopia do último recibo de contribución para vivendas en propiedade.
h) Xustificantes económicos de todos os membros da unidade de convivencia maiores de 18 anos ou de 16 se están traballando, referidos ao período computable: nóminas, contratos de traballo, recibo/s de pensión/s, certificados de vida laboral, certificados de INEM e/ou calquera outro que se lle indique.
i) Para persoas en situación de desemprego tarxeta de demandante de emprego e certificado do INEM conforme percibe ou non prestación ou subsidio por desemprego.
j) No caso de nos existir xustificación documental dos ingresos, declaración xurada de ingresos económicos da unidade de convivencia, no modelo que se achega xunto ao anexo da solicitude.
k) Extracto bancario cos movementos dos últimos seis meses de todas as contas bancarias nas que figure como titular ou autorizados de todos las persoas da unidade de convivencia maiores de 18 anos (ou 16 se traballan).
l) Orzamento do gasto que motiva a solicitude (de ser o caso).
m) Declaración responsable de non ter recibido outra axuda que cubra os mesmos conceptos.
n) Calquera outro documento que os servizos sociais municipais poidan solicitar xustificadamente para acreditar a situación e o cumprimento dos requisitos.
O procedemento iniciarase de oficio ou a instancia de parte. Os expedientes serán incoados de oficio cando concorran circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen. Aínda cando se inicie de oficio deberá garantirse na súa tramitación os requisitos e circunstancias documentais fixados para o caso de que se iniciase a instancia de parte.
O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto todo o ano, condicionado en todo caso a existencia de consignación orzamentaria.
Artigo 16. Procedemento de concesión.
O procedemento para a concesión destas axudas será o de concorrencia competitiva, mediante o estudio pormenorizado de cada unha das solicitudes presentada e a súa adaptación aos criterios de valoración establecidos no presente regulamento.
Darase traslado da solicitude aos servizos sociais para a instrución do procedemento. Unha vez completada a documentación, realizarase o estudo de demanda e da situación socioeconómica do solicitante e demais membros da unidade familiar. Para isto os servizos sociais terán en conta os documentos presentados, entrevistas mantidas, visitas domiciliarias e outros extremos que consideren de interese.
O/a técnico/a correspondente elevará o informe con proposta de resolución á Alcaldía, que resolverá o expediente previo informe de fiscalización e sen prexuízo da delegación de dita competencia de conformidade coa lexislación de réxime local.
O informe con proposta de resolución favorable emitido pola traballadora social ou tecnica/o instrutor/a do expediente deberá expresar:
Datos identificativos do expediente
Tipo de axuda (concepto).
Finalidade da axuda
Importe
Prazo e forma de xustificación se procede.
Artigo 17.- Causas de denegación.
Non procederá a concesión das axudas cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
a) Non cumprir os requisitos.
b) Que a axuda solicitada sexa competencia doutro organismo.
c) Que a axuda solicitada non constitúa unha solución adecuada ou non resolva de forma significativa a necesidade plantexada.
d) Non estar debidamente xustificada a situación de necesidade.
e) Non completar a documentación requirida.
f) Que se incumpran as accións enmarcadas no plan de traballo asinado.
g) Que non exista crédito para a atención da solicitude.
h) Que o concepto para o que solicita a axuda fose previamente asumido pola persoa interesada.
Artigo 18.- Causas de extinción das axudas.
Serán causas de extinción:
a) O falecemento, renuncia do solicitante.
b) O traslado do solicitante a outro domicilio fora do termo municipal de Sada.
c) A desaparición das causas que motivaron a solicitude da axuda.
d) A ocultación ou falsidade dos datos subministrados e que foron tidos en conta para a valoración.
e) Non adicar a axuda a finalidade para a que foi concedida.
f) A falta de colaboración e incumprimento dos compromisos asumidos no proxecto de inserción social.
g) A perda dalgún dos requisitos ou condicións esixidas.
h) Non xustificar a axuda concedida ou non presentar as facturas xustificativas correspondentes para acreditar o destino e emprego adecuado da mesma.
i) Ter obtido unha axuda de igual ou similares características por parte doutra administración ou institución pública ou privada.
Artigo 19.- Obrigas dos beneficiarios.
Unha vez concedida a axuda económica os beneficiarios deberán:
a) Aplicar a prestación á finalidade para a que foi concedida
b) Comunicar calquera cambio que se produzan en relación as condicións xerais e/ou requisitos que deron lugar a concesión da axuda.
c) Facilitar o seguimento da súa situación ao equipo técnico municipal de servizos sociais e colaborar no cumprimento do acordado no correspondente proxecto de inserción cando sexa o caso.
d) Reintegrar as axudas indebidamente percibidas
e) Xustificar cos documentos e facturas oportunas a realización do gasto á finalidade que motivou a concesión da axuda.
Artigo 20.- Xustificación das axudas.
Como norma xeral a xustificación das cantidades recibidas acreditarase mediante factura ou documento que acredite a realización do gasto.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
Na publicación definitiva do regulamento indícase que publícase o texto íntegro do mesmo en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.