Oroso - NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA DA ESCOLA INFANTIL A ULLOA DO CONCELLO DE OROSO

Publicación provisional: 20/10/2006 BOP Nº: 241
Publicación definitiva: 29/12/2006 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 16/12/2016

DATOS DO CENTRO

Definición do centro

Tal e como se establece no Artigo 22º do Decreto 329/2005 de 28 de xullo, as escolas infantís defínense como aqueles equipamentos diúrnos de carácter educativo e asistencial, dirixidos ao sector infantil da poboación de ata 3 anos de idade, que teñen por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/as nenos/as, realizando ademais unha importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilitan o acceso dos pais ao mundo laboral.

Datos identificativos:

Concello de Oroso

Praza de Isaac Díaz Pardo nº1

Oroso 15888 A Coruña.

Teléfono: 981691478

Escola Infantil Municipal ¿A Ulloa"

Paraxe da Ulloa, 11

Tfno.: 981 691 505

Correo electrónico: escolainfantil@concellooroso.com

Xestión: Ana Naya García, S.L. 881 973 873

Permiso inicio actividades solicitado o día 29/08/2002, que se lle concede de forma provisional ata o 23/03/2007, data na que se concede con carácter definitivo.

Titularidade:

Concello de Oroso

Praza Isaac Díaz Pardo nº1, Sigüeiro

15888 OROSO

Tfno.: 981691478

Fax: 981691786

Nº identificación no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de ServizosSociais (RUEPSS): (Código entidade): E-968

Responsable: Alcalde - Presidente Manuel MirásFranqueira

CIF:P1506100E

Tipo de xestión: Indirecta

CAPÍTULO I. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN E PERSOAS BENEFICIARIAS DO SERVIZO

ARTIGO 1. OBXECTO

As presentes normas teñen por obxecto establecer as normas polas que se rexe a organización e funcionamento da escola infantil municipal do Concello de Oroso, así como o procedemento de adxudicación de prazas en materia de solicitudes de novo ingreso, renovación de prazas e cobertura de baixas ao longo do curso.

ARTIGO 2. ÁMBITO DE APLICACIÓN

Constitúe o ámbito de aplicación da presente normativaa escola infantil municipal do Concello de Oroso, que se configura como equipamento diúrno dirixido á poboación infantil de 0 a 3 anos.

ARTIGO 3. FUNCIÓN

A escola infantil municipal, que constitúe un servizo público educativo para a primeira infancia, cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando aos seus usuarios/as unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e nenas.

A escola infantil cooperará estreitamente cos pais/nais, titores/as ou representantes legais co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir a mellor integración entre o centro e as familias.

ARTIGO 4. OBXECTIVOS

Son obxectivos específicos da escola infantil municipal:

- Promover e fomentar o desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a aprendizaxe das habilidades cognitivas, sociais e creativas do/a neno/a.

- Fomentar o coñecemento doutras culturas e etnias tendo como último obxectivo a tolerancia.

- Facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral.

- Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.

- Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.

- Respectar a singularidade e diversidade de cada neno/a.

- Posibilitar a integración progresiva dos nenos e nenas na cultura do seu medio.

- Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias.

- Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde e limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes.

- Facilitar a integración dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

Estes obxectivos deberán ser desenvolvidos no proxecto educativo que elaborará a escola infantil municipal.

ARTIGO 5. RÉXIME DO SILENCIO ADMINISTRATIVO

1 O prazo xeral para resolver os pedimentos dos/as interesados/as establecidos neste Regulamento será de tres meses, agás que de xeito expreso se estableza un prazo diferente.

 

2 Así mesmo, como regra xeral, a falta de notificación da resolución adoptada dentro do prazo establecido terá carácter desestimatorio para os/as interesados/as.

ARTIGO 6.- PERSOAS BENEFICIARIAS DO SERVIZO

1 Son usuarios/as do servizo público que o Concello de Oroso presta na escola infantil municipal as persoas que se atopen na seguinte situación:

A) Os nenos e nenas matriculados/as no centro por cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de veciño/a do concello de Oroso.

b) Que o neno tivese nacido no momento de presentación da solicitude de novo ingreso na escola infantil.

c) Cumprir os requisitos de idade e as condicións económicas e sociofamiliares que se contemplan no presente regulamento.

B) Aquelas persoas que exerzan a patria potestade, tutela ou teñan en acollida aos/as usuarios/as contemplados no parágrafo anterior, que igualmente deberán ter a condición de veciños ou veciñas do Concello de Oroso, salvo circunstancias excepcionais como emigración, violencia de xénero ou calquera outra acreditada mediante informe social do departamento de Servizos Sociais do concello. Dado que os/as menores destinatarios/as do servizo non teñen capacidade legal de obrar, consideraranse representantes legais destes para todos os efectos. Salvo proba expresa en contra, presumirase que calquera dos pais ou nais actúa co consentimento do/a outro/a.

2 Para poder ter a condición de beneficiario/a do servizo público os/as interesados/as deberán acreditar os requisitos dos que se deriva aquela condición na data de remate do prazo de presentación da solicitude de novo ingreso ou de renovación. A condición de beneficiario/a hase manter en todo momento para poder recibir a prestación do servizo público, coa excepción prevista no apartado 3 deste artigo.

3 A modificación das circunstancias económicas, sociais ou familiares que ocasionaran a concesión de praza por causas sobrevidas á presentación da solicitude de concesión de praza ou renovación, non será causa da perda da praza concedida para o curso ao que se refire a solicitude, salvo a condición de veciño, que deberá manterse durante toda a utilización do servizo, excepto as circunstancias excepcionais sinaladas no parágrafo 1 B) deste artigo, todo iso sen prexuízo do disposto no artigo 18 1.h) sobre causas de baixa.

ARTIGO 7. REQUISITOS DE IDADE DAS PERSOAS SOLICITANTES

1 Poderán solicitar a concesión dunha praza na escola infantil municipal os pais, nais ou representantes legais dos nenos e nenas que cumpran os seguintes requisitos:

- Idade mínima: Ter cumpridos os tres meses na data de incorporación ao centro.

- Idade máxima: Non ter cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro do ano no que se solicita praza. Os nenos e nenas poderán ser usuarios/as do servizo ata o momento da incorporación á Educación Infantil do segundo ciclo. Excepcionalmente poderase solicitar ou renovar a praza do menor que cumpra os tres anos a 31 de decembro do ano no que se solicita ou renova a praza previos informes favorables de persoal facultativo do Sergas, ou persoal técnico dos servizos públicos de atención temperá, requerirá autorización da Consellería de Educación.

2 No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en casos de urxencias, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada.

CAPÍTULO II. ADMISIÓN, PERMANENCIA E BAIXA DO ALUMNADO

ARTIGO 8. SOLICITUDES E ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

1 Os prazos ordinarios que se establecen para a solicitude e adxudicación de prazas na EIM para o curso escolar seguinte serán os establecidos polas administracións competentes para a rede de escolas infantís dependentes da Consellería con competencias na área.

2 As solicitudes para acceder aos servizos que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través do modelo oficial que para tal fin se pode recoller nas oficinas municipais ou na mesma escola infantil dirixido ao Sr. Alcalde-Presidente, xuntando a documentación sinalada no artigo 11 do presente regulamento, e presentado no Rexistro Xeral do concello, sen prexuízo de poder utilizar calquera dos medios sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/92.

3. As notificacións aos interesados/as derivadas dos procedementos descritos no presente capítulo dos artigos oito a dezasete utilizaranse calquera dos medios sinalados na lei que regula o procedemento administrativo común.

4. As solicitudes presentadas tras o remate do prazo de presentación destas serán consideradas unicamente para os casos de convocatoria extraordinaria de prazas dentro do curso escolar, nos termos do artigo 17. En todo caso caducarán ao remate do curso, e non serán tidas en conta para o seguinte curso escolar.

ARTIGO 9. RENOVACIÓN DE PRAZAS

1 As familias con nenos e nenas xa matriculados na escola infantil municipal que desexen renovar as prazas que gozan no mesmo centro gozarán de reserva de praza e deberán cubrir a folla de reserva de praza no modelo que se aprobe, durante o prazo sinalado no artigo 8 do presente regulamento.

2 Non poderán renovar praza aqueles/as que manteñan unha ou máis mensualidades impagadas de calquera curso no momento de formalizar a solicitude e aqueles/as non empadroados, salvo acreditación das circunstancias extraordinarias sinaladas no artigo(artigo 6.1b).

3 No momento de pedir a renovación da praza poderanse solicitar cambios nos servizos de comedor ou calquera outro que existise nese momento na escola infantil, así como nos horarios dispoñibles.

4 Os/as titulares de prazas renovadas de acordo cos apartados anteriores terán que actualizar os seus datos económicos e sociofamiliares para os efectos de determinar o importe da tarifa correspondente, debendo xustificar documentalmente os seus ingresos económicos actualizados de acordo co disposto no apartado 3 C ) do artigo 11, así como aqueloutras circunstancias sociofamiliares que sufrisen variacións respecto ao curso anterior.

ARTIGO 10. SOLICITUDES DE NOVO INGRESO

1 Antes de que se abra o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso o Alcalde-Presidente aprobará a relación das prazas que quedan libres en cada un dos niveis e horarios, e faraa pública no taboleiro de anuncios da escola municipal e do concello.

2 As solicitudes de novo ingreso faranse no modelo oficial aprobado de acordo co disposto neste Regulamento, que se facilitará na propia escola infantil municipal no prazo sinalado no artigo 8 do presente regulamento, xunto coa documentación que sinala o artigo seguinte.

ARTIGO 11. DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

1 Para os efectos de valoración de solicitudes, por ¿unidade familiar" enténdese a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos, fillas, tutelados ou nenos e nenas en acollida menores con excepción dos que, con consentimento dos pais e nais, vivan independentes destes e os/as fillos/as maiores de idade e menores de 26 anos cunha discapacidade superior ao 33% e os/as incapacitados/as xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os/as así declarados pola administración competente.

Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai, nai ou titor e todos os fillos e fillas que convivan cun ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior e, se é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos adultos a cargo dos/as menores.

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente o 31 de decembro de cada ano.

2 O concello poderá pedir aos solicitantes canta documentación sexa precisa para acreditar todas aquelas situacións que por baremo sexan susceptibles de puntuación.

3 As solicitudes de novo ingreso deberán ir acompañadas da seguinte documentación orixinal ou copia compulsada:

A) O modelo de solicitude que teña aprobado o Concello debidamente cuberto.

B) Documentación xustificativa da situación sociofamiliar:

1 Libro de familia onde apareza o/a alumno/a para o que se solicita o ingreso.

2 Fotocopias do documento nacional de identidade ou pasaporte das persoas que exerzan a patria potestade ou titoría.

3 No caso de separación, divorcio ou nulidade matrimonial, acreditación da dita circunstancia, con expresión do réxime de exercicio da patria potestade do/a menor.

4 No caso de tutela, o certificado do Rexistro Civil no que conste o nomeamento do/a titor/a ou sentenza xudicial.

C) Documentación xustificativa da situación económica:

1. INGRESOS DA UNIDADE FAMILIAR

a) Certificados da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) do nivel de renda correspondente ao último exercicio con información tributaria dispoñible.

b) Alternativamente, o/a solicitante achegará autorización expresa ao concello mediante modelo aprobado para obter os devanditos datos por medios telemáticos.

2. INFORME DOS SERVIZOS SOCIAIS

a) Será preciso un informe social dos servizos sociais do concello naqueles casos nos que, por distintas razóns non imputables aos usuarios e usuarias existan situacións que non se poidan acreditar documentalmente.

b) Cando, durante o curso escolar, se produzan circunstancias sobrevidas que afecten aos recursos da unidade familiar, será preciso un informe do traballador social do concello neste sentido.

3. DECLARACIÓN XURADA

Deberá presentarse unha declaración xurada de que a situación económica e laboral dos membros da unidade familiar segue sendo a mesma que na data que consta no certificado de renda, no momento da solicitude de ingreso na Escola infantil Municipal. Se a situación cambiou, deben acompañarse documentos que acrediten a nova situación.

D) Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptibles de puntuación.

- Responsabilidades familiares.

- Certificado de invalidez ou discapacidade da/o nai/pai, titor/a legal e/ou outros membros da unidade familiar.

- Certificados ou informes médicos de enfermidades crónicas u outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.

- Certificación de ser demandante de emprego da/o nai/pai ou titor/a legal.

- Condición de familia monoparental, entendida como a formada pola nai ou pai solteira/o que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación, divorcio ou viuvez.

- Ausencia do fogar familiar de ambos os membros parentais.

- Título de familia numerosa.

- No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero acreditarase coa orde de protección xudicial a favor da vítima ditada en resolución xudicial, informe do Ministerio Fiscal ou informe dos servizos sociais correspondentes ou do centro de acollida.

- De carecer de acreditación documental dalgunha das incidencias alegadas, poderase presentar un informe dos servizos sociais do concello.

E) Aqueloutros que se fixen na convocatoria das prazas, e que garden relación coa admisión dos nenos e nenas.

Coa documentación administrativa o expediente individual dos alumnos/as complementarase con: cuestionarios individuais con datos sociofamiliares e de hábitos do/a neno/a e relativos ao contorno familiar, asistencia previa a outros centros... e características sociais xerais do/a neno/a así como informes médicos que se poidan achegar ao longo do curso.

ARTIGO 12. BAREMO DE ADMISIÓN

1 A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo recollido na Orde correspondente da Consellería de Traballo e Benestar ou normativa autonómica que a poida substituír, mediante a que se avaliarán os factores sociofamiliares, laborais e económicos da unidade familiar. A falta dun baremo da Xunta de Galicia, corresponderalle a súa aprobación á Xunta de Goberno Local.

2 No caso de igualdade na puntuación obtida, terase en conta en primeiro lugar a renda per cápita máis baixa, en segundo a suma maior dos criterios sociofamiliares e, en último lugar, a data de entrada da solicitude. De persistir o empate, resolverase mediante sorteo.

ARTIGO 13. RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE BAREMACIÓN

1 A Comisión de baremación, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes tanto de renovación de prazas como de novo ingreso, examinará as solicitudes e a documentación achegada e proporalle a aprobación da lista provisional ao Sr. Alcalde. O Sr. Alcalde aprobará a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso de baremación na que se enumerarán os/as admitidos/as e no seu caso excluídos/as por non achegar a documentación requirida no artigo 11.3 A), B) e C) ou non cumprir algún requisito.

2 A publicación da relación provisional implicará o requirimento aos afectados/as para que corrixan as deficiencias observadas e presenten os documentos necesarios no prazo máximo de dez (10) días hábiles, podendo presentar igualmente as alegacións que estimen oportunas. Cando o último día do prazo concedido para a corrección das deficiencias coincidise en sábado, rematará o primeiro día hábil seguinte.

3 Respecto á documentación referida no artigo 11.3 A), B) e C), na publicación advertiráselles de que se non atendesen ao requirimento dentro do prazo indicado, teráselle por desistido da súa petición, logo de resolución en tal sentido que se incorporará na aprobación da lista definitiva. No caso da documentación relacionada no artigo 11.3 D) e E) advertirase que a non emenda das deficiencias en prazo implicará a non baremación das circunstancias derivadas destas.

ARTIGO 14. RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS E LISTAXE DE ESPERA COMÚN

1 A Comisión de baremación examinará as reclamacións e documentación achegadas polos/as interesados/as e proporalle ao Alcalde-Presidente a aprobación da relación definitiva de admitidos/as e non admitidos/as, coa puntuación obtida en cada caso por aplicación do baremo polos solicitantes admitidos con praza, de maior a menor.

2 A citada relación conterá tamén unha listaxe dos/as solicitantes aos que se considera desistidos da súa solicitude, por non achegar a documentación requirida conforme ao artigo 11.3 A), B) e C), por non corrixir os erros da solicitude, ou por non cumprir algún requisito.

3 Xunto coa relación de admitidos/as e non admitidos/as publicarase unha listaxe de espera común para a escola infantil municipal, integrada por aqueles/as solicitantes admitidos/as no proceso de baremación que non obtivesen praza ordenados segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo para cada un dos niveis e quendas.

4 Se logo de rematar o proceso de baremación existisen vacantes poderá procederse á consideración de solicitudes de non empadroados/as.

ARTIGO 15. MATRÍCULA

1 Os/as representantes legais dos nenos e nenas admitidos deberán achegar no prazo de matrícula establecido no artigo 8 do presente regulamento a documentación complementaria seguinte:

a) Informe médico que acredite que o/a neno/a non padece enfermidade infectocontaxiosa.

b) Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou documento equivalente.

c) Tres fotografías tamaño carné.

d) Impreso de domiciliación bancaria.

e) Autorización segundo modelo oficial do concello para que mediante medios telemáticos poida recadar datos tributarios relativos ao nivel de renda na Axencia Tributaria.

f) Autorización por escrito (dos pais, nais, titores/as ou representantes legais) das persoas que poden recoller o/a neno/a.

g) Un xustificante da actividade dos pais, nais ou representantes legais, no caso de que se solicite a estancia do/a neno/a na escola infantil por máis de oito (8) horas.

2 No caso de que a citada documentación non se presente a Comisión de baremación proporá a súa baixa, que será acordada polo Alcalde, agás que a non presentación derive dunha causa xustificada.

3 O modelo de matrícula para o ingreso na Escola Infantil Municipal é o incluído no Anexo I como tal, que deberá ser cuberto polas familias de alumnado admitido no período establecido e presentado na escola infantil xunto coa documentación necesaria.

4 Non existe ningún tipo de contrato de ingreso na escola infantil. A confidencialidade dos datos conforme á Lei Orgánica 15/1999 faise constar no documento de solicitude de datos relativos á/ao alumna/o tanto evolutivos como familiares etc.

ARTIGO 16. SOLICITANTES INCLUÍDOS/AS NA LISTA DE ESPERA COMÚN

1 As baixas que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os/as solicitantes en lista de espera común. No caso de que o/a solicitante renuncie á praza no horario solicitado ou non formalice a matrícula no prazo de 7 días hábiles, o expediente extinguirase e continuará o chamamento no seguinte da lista.

2 Os pais, nais ou representantes legais dos/as menores poderán solicitar o cambio de horario na lista de espera, ocupando neste caso o último posto da correspondente lista.

3 As listas de espera caducarán en todo caso ao remate do curso escolar.

ARTIGO 17. VACANTES NON CUBERTAS POLA LISTA DE ESPERA

1 Se se producisen vacantes na escola que non se cubrisen por esgotamento da lista de espera común e no seu caso por outros usuarios e usuarias que desexasen cambiar de horario ou solicitudes presentadas fóra de prazo poderase abrir un novo proceso extraordinario de presentación de solicitudes de novo ingreso e baremación, de acordo co seguinte procedemento:

- A proposta da Dirección da escola infantil, cun decreto de alcaldía abrindo o proceso e establecendo o número de vacantes, que será publicado no taboleiro de anuncios do concello e da escola infantil.

- Apertura do prazo de 5 días hábiles para a presentación de solicitudes, a contar dende a publicación.

- Aprobación da lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso de baremación de acordo co artigo 13 do presente regulamento no prazo de 5 días hábiles. Neste caso poderán admitirse no proceso usuarios e usuarias non empadroados.

- Aprobación da lista definitiva de admitidos/as e non admitidos/as de acordo co artigo 14 do presente regulamento no prazo de 5 días hábiles dende o remate do prazo de emenda de deficiencias e apertura do prazo de matrícula de 10 días hábiles de acordo co artigo 15 do regulamento. Os/as usuarios/as empadroados/as terán en todo caso preferencia sobre os/as non empadroados/as.

2 Se unha vez aberto o prazo de novas solicitudes non se presentase ningunha no prazo sinalado anteriormente, a convocatoria entenderase aberta con carácter indefinido ata a presentación de solicitudes que cubran o número de prazas vacantes, podéndose proceder á baremación e adxudicación de prazas a medida que se vaian presentando as solicitudes.

3 A pesar do anterior, cando o curso escolar estivese avanzado e pola duración do proceso descrito a dirección do centro previse que a súa resolución sería posterior ou próxima á terminación do curso escolar, poderanse deixar as vacantes non cubertas ata o remate do curso escolar.

ARTIGO 18.- CAUSAS DE BAIXA.

1.- Causarase baixa na escola infantil municipal por algunha das causas seguintes:

a) Por cumprimento da idade máxima regulamentaria.

b) Por solicitude dos pais, nais ou representantes legais, que se presentará segundo o modelo aprobado de acordo co establecido neste regulamento, sendo presentadas no mes en curso.

c) Por incompatibilidade ou inadaptación absoluta do/a neno/a para permanecer no centro.

d) Falta de asistencia ao centro ou non uso dos servizos durante 15 días lectivos continuados ou 30 días alternos sen previo aviso nin causa xustificada. En todo caso, as ausencias xustificadas non poderán ser superiores a 2 meses, polo que logo de transcorrer o dito prazo darase a baixa definitiva.

e) Impago inxustificado dunha cota mensual, total ou parcialmente.

f) Perda da condición de veciño/a de Oroso do/a neno/a ou dalgún membro da unidade familiar que ostente o exercicio da patria potestade ou tutela dos/as menores, salvo os casos excepcionais expostos no artigo 6.

g) Cando non se entregue documentación para a revisión e/ou clarificación de datos nos prazos establecidos para o efecto, tras o requirimento previo expreso pola entidade municipal.

h) A comprobación da inexactitude ou falsidade de declaracións ou datos relevantes en relación coa solicitude de ingreso ou establecemento do prezo público pola prestación do servizo de escola infantil, que provoque que outros/as solicitantes teñan maior puntuación no baremo.

2.- As baixas, excepto nos supostos a) e b), que serán tramitadas automaticamente, serán resoltas polo alcalde a proposta da dirección da escola infantil e co informe previo da comisión de baremación, tras a audiencia previa do/a interesado/a.
3.- Cando se acorde a baixa dun alumno/a pola causa descrita na letra h) deste artigo, os/as responsables estarán obrigados a aboar a diferenza entre o importe da matrícula que viñan pagando e o que lles correspondería de non térselles aplicado as circunstancias que se alegaran ou ocultaran.

ARTIGO 19.- PRAZAS RESERVADAS PARA SERVIZOS SOCIAIS

1.- O réxime de admisión descrito no presente capítulo non será de aplicación ás prazas reservadas para servizos sociais que se regularán polo establecido no presente artigo.

2.- Quedan reservadas tres (3) prazas da escola infantil municipal, unha praza completa para cada nivel educativo, para alumnos e alumnas en situación de emerxencia social. Estas prazas completas poderán desdobrarseen xornada de mañá e xornada tarde no caso de que iso permita atender a máis dun/ha neno/a.

3.- A adxudicación das prazas e as baixas acordaranse por Decreto de Alcaldía, tras o informe social favorable do departamento de Servizos Sociais do Concello de Oroso e audiencia dos/as interesados/as, acreditadas as causas de emerxencia, ou no caso das baixas o seu cesamento, ademais das contempladas no artigo 18.

CAPÍTULO III.- SAÍDAS DOS/AS NENOS/AS, HORARIO, CALENDARIO, SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE E RELACIÓN COS PAIS, NAIS OU TITORES

ARTIGO 20.- SAÍDAS DO ALUMNADO DO CENTRO

1- Os pais, nais ou titores de cada neno e nena deberán especificar a persoa ou persoas autorizadas para recoller o/a menor do centro.

2- Para estes efectos, o pai, nai ou titor do neno ou nena cubrirá o modelo de autorización aprobado polo Concello, que se facilitará na escola infantil , ao que deberán xuntar unha copia do documento que acredite a identidade da persoa ou persoas autorizadas.

3- Esta autorización estará vixente mentres non sexa expresamente revocada por escrito pola persoa que a asinou, ou por sentenza xudicial ou resolución administrativa. Non se admitirán nin autorizacións nin revogacións verbais.

4- Os pais, nais ou titores do/a menor teñen a obriga de comunicarlle ao centro calquera cambio na situación de custodia do/a menor. Estes cambios deberán acreditarse mediante a sentenza xudicial ou o documento que acredite a situación correspondente.

5- Non se autorizará a saída do neno ou nena do centro con persoas que non estean autorizadas polo pai ou nai, ou polo titor ou titora segundo o establecido nos apartados anteriores, exceptuándose o persoal da escola infantil municipal nos casos de forza maior. En previsión destas circunstancias extraordinarias, os pais, nais ou representantes legais dos nenos e nenas autorizarán por escrito ao persoal da escola infantil municipal para que poidan acompañar o neno ou nena fóra do centro escolar.

6- No caso de enfermidade ou accidente sobrevido no centro, despois das primeiras atencións in situ, e coa maior brevidade posible porase a citada circunstancia en coñecemento dos pais, nais ou representantes legais do/a menor e procurarase que este/a teña a atención médica axeitada.

ARTIGO 21.- CALENDARIO ESCOLAR

1- A escola infantil municipal prestará diariamente o servizo cinco días á semana, de luns a venres, durante todo o ano, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral.

2- O calendario escolar aprobarase cada ano polo alcalde, a proposta da comisión educativa. O calendario estará exposto no taboleiro de anuncios da escola infantil municipal. Se non se fixase prazo, supletoriamente, enténdese que abarca dende o día 1 de setembro de cada ano ata o día 31 de agosto do ano seguinte.

ARTIGO 22.- PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Independentemente do momento de incorporación dos menores á escola, establecerase un período de adaptación co obxectivo de establecer unhas bases sustentadas na confianza mutua e na comunicación entre os menores, educadores/as e familias. A incorporación dos nenos e nenas será progresiva. Durante os primeiros días iranse aumentando pouco a pouco os tempos de estancia e graduarase a incorporación.

ARTIGO 23.- HORARIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

1- A escola infantil municipal prestará o servizo dende as sete e media (7:30 horas) da mañá ata as oito e media (20:30 horas) do serán. Este horario é ininterrompido.

Os horarios de asistencia ao centro estrutúranse do seguinte xeito:

· Horario de mañá: de 7:30 horas a 15:30 horas.

· Horario de tarde: de 15:30 horas a 20:30 horas.

· Horario partido ou xornada continua: como medida de apoio á familia, poderase utilizar a escola infantil en horarios que comprendan parte dos horarios definidos anteriormente en caso de ter asignada unha praza completa co máximo de horas establecido no apartado 3 deste artigo.

En cumprimento dos obxectivos e para a optimización do servizo público de Escola Infantil, a concesión destas prazas queda supeditada á existencia de vacantes de prazas en calquera dos horarios de mañá ou tarde.

Os/as nenos/as deberán optar por unha das alternativas.

3.- O horario máximo de permanencia dos nenos e nenas nos centros será, con carácter xeral, de oito (8) horas diarias, agás causas excepcionais, que deberán quedar xustificadas polos pais e nais ou representantes legais. Neste caso o alcalde poderá autorizar unha estancia do/a menor por tempo superior ata un máximo de dez (10) horas, cando se considere que esta medida redunda no seu interese, tras o informe favorable da Comisión de baremación e sempre que exista dispoñibilidade de prazas.

4.- Os pais, nais ou representantes legais dos/as menores deberán respectar os horarios establecidos nos centros.

ARTIGO 24.- CAMBIO DE HORARIO CONCEDIDO

1.- No caso de querer cambiar o horario inicialmente concedido, deberá acreditarse documentalmente a necesidade. En todo caso, a concesión supedítase á existencia de prazas vacantes no novo horario solicitado.

2.- Se o cambio de horario non implica a modificación na xornada concedida, será necesario informar por escrito á dirección do centro, sendo autorizado en función do benestar do/a menor, previo informe da comisión de baremación

3.- A concesión do cambio supeditarase a que o novo horario teña unha vixencia mínima de 6 meses.

ARTIGO 25.- HORARIO DE VISITAS DOS PAIS, NAIS OU TITORES/AS.

Os pais, nais, titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas poderán solicitar ser recibidos de conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin, logo de ser oída a proposta da Comisión educativa, sempre e cando non dificulte a boa marcha do centro. O horario de atención ás familias por parte da dirección será exposto no centro cada inicio de curso escolar

ARTIGO 26.- SERVIZO DE COMEDOR

1- A escola infantil municipal prestará o servizo de comedor diariamente no local habilitado para o efecto, que inclúe o xantar.

2- O servizo de comedor deberá ser prestado polo persoal propio do centro ou contratado para tal fin, nos horarios ou quendas establecidos pola escola.

3- O menú de cada xornada estará exposto no taboleiro de anuncios cun prazo de quince días de antelación.

4- Periodicamente entregaráselles aos pais, nais ou titores/as a relación dos menús.

5.- O almorzo, xantar e merenda de todos os nenos/as que coman na escola será elaborado no propio centro, non permitindo a entrada de comidas de fóra, salvo a leite materna en condicións axeitadas de hixiene e temperatura ou leite de formula proporcionada polas familias en doses individualizadas.

ARTIGO 27.- RELACIÓN COS PAIS, NAIS, TITORES/AS OU REPRESENTANTES LEGAIS

1- Tras a consulta co equipo técnico da escola infantil municipal a dirección poñerá en coñecemento dos pais, nais, titores/as ou representantes legais de cada neno/a información sobre a súa evolución integral, que terá carácter trimestral. De xeito diario ofrecerase información a través da axenda escolar (observacións, menús, medicación, deposicións, actividade diaria, dieta...), por parte das educadoras.

2.- Os pais, nais, titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas poderán solicitar reunión co titor/a do seu fillo/a ou coa dirección de conformidade e no horario establecido para tal fin, ou cando ambas as partes acorden, sempre e cando non dificulte a boa marcha da escola infantil municipal.

3.- Realizaranse dúas reunións xerais coincidindo co inicio e co remate do curso, onde deberán estar presentes os pais, nais, titores/as ou representantes legais, así como o equipo educativo e a dirección do centro.

En todo caso, a dirección da escola infantil informará por escrito ao principio do curso dos horarios de atención aos pais, nais, titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas.

ARTIGO 28.- ORGANIZACIÓN DAS AULAS DO CENTRO

1.- A Escola Infantil Municipal A Ulloa conta actualmente con autorización para 4 unidades e 58 prazas:

· 1 unidade de 0 a 1 ano: 8 prazas

· 1 unidade de 1 a 2 anos: 13 prazas

· 1 unidade de 2 a 3 anos: 17 prazas

· 1 unidade de 2 a 3 anos: 20 prazas.

2.- O número máximo de menores por aula e o persoal necesario así como os equipamentos mínimos serán os establecidos pola lexislación autonómica na materia.

3.- O Alcalde-Presidente poderá variar a distribución de aulas entre os distintos niveis de idade segundo a demanda excesiva existente en cada momento, tras o informe da Comisión educativa. Previa autorización do servizo de inspección de Familia e Menores.

No caso de non existir demanda suficiente para formar algún dos devanditos grupos os nenos e nenas poderán ser agrupados previa solicitude ao Servizo de Inspección e Autorización de Servizos Sociais, do seguinte xeito, segundo se regula no decreto 329/2005 de 28 de xullo:

· Agrupación 0-2 anos: máximo 10 nenos/as

· Agrupación 0-3 anos: máximo 15 nenos/as.

4.- Nos momentos iniciais e final de cada quenda poderánse facer reagrupacións de alumnos/as sempre respectando as ratios legais de cada idade

CAPÍTULO IV.- NORMAS DE SAÚDE, HIXIENE E NUTRICIÓN

ARTIGO 29.- NORMAS RELATIVAS Á SAÚDE E HIXIENE DOS NENOS E NENAS.

1.- Os nenos e nenas deberán acudir á escola infantil en condicións correctas de saúde e hixiene.

2.- Non serán admitidos/as na escola infantil os nenos e nenas que padezan enfermidades infecto-contaxiosas na fase de contaxioou se atopen en condicións deficientes de hixiene. A aparición destas enfermidades deberá ser comunicada polos pais, nais, titores/as ou representantes legais á dirección do centro. No caso de observarse síntomas dun proceso infecto-contaxioso nos/as nenos/as na propia escola infantil, informarase á dirección desta, e avisaranse aos seus pais, representantes legais ou titores, co fin de evitar a propagación da enfermidade entre os demais nenos e nenas. O reingreso no centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio e tras o informe médico que acredite tal circunstancia.

3.- No caso de enfermidade ou accidente sobrevido na escola infantil, despois das primeiras atencións ¿in situ", coa maior brevidade posible, poñerase a dita circunstancia en coñecemento dos pais, nais, titores/as ou representantes legais do neno ou nena e, se é o caso, garantirase que o/a neno/a reciba a atención médica axeitada, estando facultada a dirección do centro para autorizar nestes casos os desprazamentos necesarios para tal fin.

4.- Cando se produza a falta de asistencia á escola infantil por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outras circunstancias, os pais, nais, titores/as ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección do centro.

5.- Non se administrarán medicacións no centro, a excepción daqueles casos nos que non sexa posible a programación das tomas fóra do horario de asistencia do/a neno/a ao centro. Nos casos nos que se deban administrar medicinas aos nenos e nenas, deberán ir acompañadas das receitas médicas actualizadas, nas que constará o nome do neno ou nena, o nome do medicamento e como debe administrarse así como a periodicidade. Non se lles administrará ningunha medicación que non veña acompañada da devandita receita e a correspondente autorización por escrito dos pais, nais ou titores/as ou representantes legais.

6.-A principios de curso as familias poderán asinar autorización para permitir que o persoal do centro poida administrar paracetamol en caso de febre elevada dun/dunha neno/a e sempre e cando as familias non poidan recollelo/a antes do tempo que se considere estrictamente necesario para o benestar do/a neno/a.

7.- Todos os nenos e nenas que usen cueiros deberán traer un paquete e un bote de toalliñas, que deberá repoñerse cando sexa preciso. Serán cambiados na medida que o precisen.

Os nenos e nenas terán sempre unha muda completa de reposto.

Todos os nenos e nenas que anden deberán traer un mandilón, unha toalla e un vaso.

8.- Os nenos e nenas deberán ir ao colexio con roupa que lles permita moverse con comodidade evitando, en todo caso, obxectos perigosos como cadeas, pulseiras ou, nos casos dos bebés, pendentes.

ARTIGO 30.- NORMAS RELATIVAS Á HIXIENE DO CENTRO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A escola infantil municipal deberá manterse, en todo momento, en perfectas condicións hixiénico-sanitarias, debendo cumprir a normativa sobre esta materia.

ARTIGO 31.- NORMAS RELATIVAS Á NUTRICIÓN

1.- A escola infantil publicará no taboleiro de anuncios e facilitará aos pais e nais unha relación quincenal dos menús previstos, os cales proporcionarán unha dieta sa, equilibrada e axeitada para os distintos grupos de idade elaborada por especialistas en nutrición infantil.

2.- A escola infantil prestará un especial coidado en atender os casos nos que os nenos e nenas, en razón das súas circunstancias persoais, deban recibir alimentos de forma ou en horarios específicos, sen prexuízo de que estes deban ser facilitados pola familia. Deberá ser presentado o correspondente informe pediátrico.

ARTIGO 32.- PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

En relación á atención pedagóxica o centro contará co Proxecto Educativo de Centro, aprobado cada ano pola Comisión educativa.

CAPÍTULO V.- PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN

ARTIGO 33.- PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN

A escola infantil promoverá a integración dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais, sempre e cando conte cos recursos materiais e humanos necesarios. Nestes casos requirirase o informe previo dos servizos sociais do concello, ou técnicos cualificados, indicando o grao de discapacidade e a súa necesidade de integración.

Poderán integrarse os nenos e nenas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais. O ingreso destes estará supeditado á existencia de condicións infraestruturais idóneas e de persoal axeitado e suficiente no cadro de persoal do centro. En ningún caso poderá haber máis dun neno ou nena de integración por aula.

A efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse por duplicado.

CAPÍTULO VI.- DEREITOS E DEBERES DOS/AS USUARIOS/AS

ARTIGO 34.- DEREITOS DOS/AS USUARIOS/AS

1- Acceder ao centro e recibir asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, xa sexa dos nenos, nenas ou adultos/as.

2- A que os nenos e nenas reciban unha formación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade.

3- A que os nenos e nenas reciban unha formación integral nas dúas linguas oficiais do estado, na medida do posible. Sen prexuízo disto, tratarase de potenciar o uso da lingua galega, pero sempre respectando o dereito dos pais e nais a elixir a lingua con que pretenden que se formen os seus fillos e fillas.

4- A que se respecte a integridade e dignidade persoal dos nenos e nenas.

5- Sixilo profesional acerca dos datos ou historia social, sanitaria ou escolar.

6- A que os nenos e nenas realicen as saídas velando pola súa seguridade, sempre e cando vaian acompañados/as dos/as adultos/as responsables do seu contorno familiar, ou en todo caso con autorización escrita por parte dos pais, nais ou representantes legais.

7- Á intimidade persoal en función das condicións estruturais do centro.

8- A que se lles facilite o acceso á atención social, sanitaria, educación, cultura e, en xeral, a todas as necesidades persoais que sexan precisas para conseguir o seu desenvolvemento integral.

9- A recibir un tratamento individualizado de contido educativo cara á súa integración sociofamiliar, que terá como obxectivos prioritarios a súa protección, educación e formación.

10- A asociárense co obxecto de favorecer a súa participación na programación e no desenvolvemento de actividades do centro.
11- A seren informados de xeito comprensible tanto das medidas adoptadas respecto deles/as como do desenvolvemento diario do/a neno/a, e a pediren explicación de canto afecte á súa propia educación.

12- A ser educados/as para a comprensión, tolerancia e convivencia democrática, posibilitándolles que poidan facer uso das súas opcións de forma libre e persoal.

13- Á participación dos pais/ nais/ titores/as nas actividades educativas como: festas escolares (magostos, nadal, entroido...), contacontos, axudas na preparación de materiais para o traballo dos nenos e nenas.

ARTIGO 35.- DEBERES DOS/AS USUARIOS/AS

1- Aboar as mensualidades nos prazos e forma que se establecen na ordenanza do prezo público municipal.

2- Cumprir as normas que estableza o centro para o seu bo funcionamento.

3- Colaborar na realización de determinadas tarefas que, sen supoñer un risco para a súa saúde, sirvan para mellorar a súa autonomía persoal e participar activamente e de xeito responsable nas actividades educativas, ocupacionais , culturais e recreativas programadas polo centro.

4- Manter unha actitude de respecto e consideración con todo o persoal que traballa no centro e cos demais usuarios/as.

5- Observar unha actitude dilixente na utilización das dependencias, materiais e obxectos do centro.

6- Colaborar co persoal do centro e cos demais usuarios/as nas actividades e respectar a súa dignidade persoal.

7- Comunicar calquera tipo de problema ou peculiaridade sanitaria específica que poida afectar ou repercutir no rendemento do centro ou na saúde dos demais usuarios/as.

8 - Asegurar a asistencia dos/as nenos/as durante o horario concedido de forma continuada no curso escolar, ata a finalización deste ou causar baixa no centro, excepto nos casos sinalados no artigo 40.

9- Obriga de garantir un mes de vacacións para o/a menor contabilizando un mínimo de 22 días hábiles durante o curso escolar.

10- Traer roupa e cueiros para o cambio dos/as menores, así como devolver a que se lles preste do centro.

11- Traer os/as menores aseados/as e limpos/as.

12- Respectar os horarios establecidos, tanto de entrada como de saída.

13- Non exercer violencia física con calquera persoa do centro.

14- Non formular coaccións ou ameazas a calquera persoa do centro.

15- Non falsear ou ocultar datos en relación co goce de calquera prestación ou servizo, que provoquen que o/a usuario/a tivera vantaxe á hora de acceder á praza ou gozar de tarifas inferiores ás que lle correspondese segundo este regulamento e a ordenanza reguladora do prezo público

16- Non subtraer bens ou calquera obxecto do centro, do persoal ou doutros/as usuarios/as

17- Non facer ningún tipo de danos de forma dolosa nas instalacións da Escola Infantil Municipal.

ARTIGO 36 - INFRACCIÓNS

1. Considéranse infraccións leves calquera incumprimento do regulamento de réxime interior, que pola súa natureza ou gravidade, non se tipifiquen como graves ou moi graves

2. Terán a consideración de infraccións graves:

a) Falsear datos ou non comunicar a alteración das circunstancias ou dos requisitos que determinen o outorgamento ou a continuidade da prestación

b) O incumprimento do regulamento de réxime interior cando ocasionen prexuízos notorios na prestación do servizo ou produzan danos ou prexuízos graves a outras persoas usuarias ou ao persoal traballador

c) A reincidencia na comisión de infraccións leves

3.Terán a consideración de infraccións moi graves:

a) Provocar desordes e alteracións moi graves no servizo que fagan imposible a continuidade da prestación

b) A agresión física, o acoso ou os malos tratos cara ao persoal do centro, ao resto das persoas usuarias ou das persoas visitantes

c) Ocasionar danos ou subtraer bens do centro, ou das persoas usuarias, do persoal traballador ou, se é o caso, das persoas visitantes

d) A falta inxustificada de pagamento

e) A reincidencia na comisión de infraccións graves

ARTIGO 37 SANCIÓNS

 

As sancións aplicables polas infraccións destas Normas serán as recollidas na Lei de servizos sociais 13/2008 de decembro

a) Infraccións leves:

- Citazón pública.

- Suspensión dos dereitos de participación das persoas usuarias ourestrición na participación nalgunhas actividades, por un período non superior a quince días.

b) Infracciones graves:

- Suspensión de los derechos de participación de las personas usuarias o restricción en la participación en algunas de las actividades, por un periodo no superior a seis meses.

- Suspensión temporal de la prestación del servicio, por un periodo no superior a tres meses.

c) Infraccións moi graves:

- Suspensión temporal da prestación do servizo, por un período non superior a seis meses.

- Inhabilitación para o acceso e/ou percepción de axudas ou subvencións públicas, por un período non superior a seis meses.

- Traslado temporal ou definitivo a outro centro o servizo.

- Revogación da adxudicación da praza pública, temporal ou definitivamente.

- Revogación da adxudicación da praza pública con inhabilitación para o acceso a calquera outro centro da rede asistencial da Xunta de Galicia.

 

CAPITULO VII.- RÉXIME SANCIONADOR

ARTIGO 38. PRESCRICIÓNS XERAIS

O incumprimento das regras establecidas das presentes Normas por parte dos usuarios e usuarias da escola infantil, xa sexa por neglixencia ou dolo, que incorran nalgunha das condutas tipificadas como falta, será castigado coas sancións previstas .

ARTIGO 39. PROCEDEMENTO SANCIONADOR

1.- O procedemento sancionador será o disposto no RD 1398/1993 de exercicio da potestade sancionadora ou na norma que o substitúa

2.- A este respecto correspóndelle a iniciación e a resolución do expediente ao Alcalde-Presidente ou ao concelleiro delegado de familia no seu caso.

3.- Para efectos da imposición de sancións, o órgano competente resolverá atendendo as seguintes circunstancias:

- Intencionalidade.

- A perturbación que poida producir no funcionamento normal da administración e o servizo.

- Os danos e prexuízos que poidan implicar para a cidadanía ou usuarios/as dos servizos.

- Reincidencia na comisión das faltas.

- En xeral, a transcendencia para a salubridade pública.

4.- No caso de que os feitos imputados puidesen ser constitutivos de faltas graves ou moi graves, o Alcalde-Presidente, ou concelleiro delegado no seu caso, a proposta do instrutor, poderá adoptar como medida cautelar a suspensión de asistencia ao centro mentres se tramita o correspondente expediente por un prazo máximo de seis meses, atendendo a gravidade das condutas presuntamente cometidas e a súa repercusión no bo funcionamento da escola infantil e os dereitos dos demais usuarios e usuarias.

ARTIGO 40.- EXCEPCIÓNS DO DEBER DE ASISTENCIA AO CENTRO

Os nenos/as matriculados/as na escola deberán asistir ao centro de maneira continuada ata a finalización do curso escolar.

O devandito deber só cesará por algunha das seguintes causas:

a) Formalización da baixa voluntaria no centro, que deberá facerse por escrito no modelo aprobado.

b) Declaración de baixa por parte do concello, por algunha das causas sinaladas no artigo 18 do regulamento.

c) Un mes de vacacións durante o curso escolar nas condicións especificadas no artigo anterior. Para o seu desfrute deberá avisarse á Dirección do centro por escrito, con anterioridade en todo caso ao seu comezo.

d) Peche do centro por causas sobrevidas.

e) Suspensión temporal de asistencia ao centro. A suspensión temporal poderá ser solicitada polos/as representantes legais dos/as nenos/as, e só será concedida por causas excepcionais, familiares ou laborais, que impidan de xeito continuado a asistencia. A duración máxima concedida será de dous meses, improrrogables. A concesión corresponde ao alcalde-presidente tras o informe da Comisión de baremación.

ARTIGO 41.- LIBRO DE RECLAMACIÓNS

A escola infantil municipal terá un libro de reclamacións á disposición dos/as usuarios/as. A dirección do centro poñerá en coñecemento do Concello de Oroso o contido das reclamacións de xeito periódico, agás nos casos en que se requira unha comunicación inmediata.

Segundo establece o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, deberase remitir á inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia unha copia das reclamacións presentadas, no prazo máximo de tres días hábiles, xunto cun informe xustificativo dos antecedentes e das actuacións realizadas para a súa xestión.

ARTIGO 42.- SEGURIDADE NA ESCOLA INFANTIL

Como garantía dos dereitos dos pais/nais e dos rapaces/as esta escola infantil conta con plan de autoprotección, póliza de responsabilidade civil, sinistros e accidentes colectivos.

CAPÍTULO VIII.- DEREITOS E DEBERES DO PERSOAL

ARTIGO 43.- DEREITOS DO PERSOAL

1- Recibir información periódica da marcha e funcionamento do centro, a través do director/a responsable deste.

2- Presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento do centro e a atención prestada aos/ás menores.

3- Desenvolver as súas funcións educativas segundo o seu criterio persoal, sempre que se axusten á programación anual do centro.

4- A que se lle proporcionen dentro das posibilidades do centro os instrumentos e medios necesarios para desenvolver as súas funcións axeitadamente en beneficio dos/as menores atendidos/as.

ARTIGO 44.- DEBERES DO PERSOAL

1- Cumprir e facer cumprir de acordo coas súas funcións as normas de organización, funcionamento e convivencia.

2- Velar polo respecto aos dereitos dos/as menores recollidos no presente regulamento e aqueloutros recoñecidos na lexislación vixente.

3- Gardar estrita confidencialidade sobre os datos persoais dos/as menores aos que teñen acceso en razón das súas funcións.

4- O cumprimento das tarefas e responsabilidades derivadas do seu posto de traballo incluído o das normas técnico-sanitarias.

5- Acreditar o seu correcto estado de saúde e con periodicidade anual someterse a un recoñecemento médico que acredite que non padece enfermidade infecto-contaxiosa nin defecto físico ou psíquico que impida ou dificulte as súas funcións. Será preceptiva a vacinación do persoal contra a rubéola.

6- Todo o persoal de atención e coidado aos nenos e nenas deberá acreditar coñecementos básicos en primeiros auxilios.

7.- Comunicar ao departamento de servizos sociais calquera situación susceptible de risco social ou calquera necesidade que poida derivar nunha intervención por parte do citado departamento.

CAPÍTULO IX.- FOMENTO DA IGUALDADE DOS NENOS E NENAS

ARTIGO 45.- FOMENTO DA IGUALDADE DOS NENOS E NENAS

A escola infantil programará actividades para promover a igualdade entre os nenos e as nenas para evitar os comportamentos e as actividades discriminatorias por razón de sexo, raza ou crenza. As ditas actividades reflectiranse nos proxectos educativos e curriculares.

A escola infantil poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo. Así mesmo, vixiará que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias.
A escola infantil prestará especial atención ao fomento da interculturalidade como instrumento de superación das desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo.

CAPÍTULO X.- ESTRUTURA ORGÁNICA

ARTIGO 46.- ESTRUTURA ORGÁNICA DO CENTRO

A escola infantil municipal obxecto deste regulamento disporá da seguinte estrutura organizativa:

1- Director/a

2- Comisión de baremación

3- Comisión educativa

4- Persoal de atención directa aos nenos e nenas

5- Persoal de servizos.

ARTIGO 47.- O/A DIRECTOR/A DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

1- Designación:

a) Cando a prestación do servizo da escola infantil municipal a faga o Concello de Oroso por medio dunha xestión indirecta, o/a director/a da escola infantil será designado/a pola empresa encargada da prestación do servizo de acordo co prego de condicións que rexa o contrato. A empresa comunicará ao Concello a designación da persoa que asumirá a dirección do centro de acordo co establecido no prego de condicións.

b) Cando a prestación do servizo sexa asumida polo Concello por medio dunha xestión directa, o/a director/a da escola infantil municipal será elixido/a ou designado/a polo Concello.

2- Funcións:

O/a director/a é o responsable do centro, así como o responsable do seu correcto funcionamento. As súas funcións serán as seguintes:

1. É o/a representante da escola infantil municipal.

2. Responsabilízase da correcta xestión do centro.

3. Cumprir e facer cumprir as disposicións legais vixentes, as presentes normase cantas disposicións sexan de aplicación á escola infantil, tanto municipais, estatais, autonómicas etc, aos usuarios e usuarias e aos propios traballadores/as, propoñendo á Alcaldía a imposición no seu caso de sancións.

4. Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito á escola, o que implica a ordenación do traballo, a impartición de instrucións e a supervisión do persoal contratado. No caso de xestión directa esta facultade entenderase sen prexuízo da xefatura de persoal, que corresponde á Alcaldía da Corporación.

5. Propoñer á comisión educativa o proxecto educativo do centro, que será elaborado polo/a director/a xunto co persoal de atención directa dos nenos e nenas.

6. Elaborar a memoria anual do centro que terá que entregar ao concello na época que se fixe.

7. Elaborar memoria explicativa de gastos e ingresos, así como rendición anual de contas.

8. Remitirlles aos órganos da Consellería e do Concello cantos informes e datos sexan requiridos relativos aos menores atendidos/as ou a aspectos organizativos e funcionais do centro.

9. No caso de xestión indirecta do servizo, efectuar cobros e autorizar pagos.

10. Autorizar actuacións extraordinarias para o normal desenvolvemento do centro.

11. Convocar e presidir reunións, incluíndo a presidencia da Comisión de baremación, así como executar e facer cumprir os acordos adoptados nestas.

12. Prestar atención personalizada aos usuarios e usuarias tanto a través do desempeño da función educativa como directiva (a esta poderá asignar ata un máximo de tres horas diarias, en ningún caso cadrando cos momentos de maior afluencia de nenos e nenas).

13. Elaborar e manter o Inventario xeral de bens e dereitos da escola infantil.

14. Ordenar o réxime administrativo da escola infantil.

15. E cantos outros deriven do posto que desempeñaba e todas aquelas funcións non atribuídas expresamente a outro órgano de goberno.

ARTIGO 48.- COMISIÓN DE BAREMACIÓN

1- A Comisión de baremación estará composta por:

1. O/a director/a do centro, que ostentará a presidencia.

2. O/a concelleiro/a responsable de área.

3. Un técnico de servizos sociais, que ostentará a secretaría.

4. Un membro do equipo docente do centro.

2- As competencias da comisión son as seguintes:

1. Valorar as solicitudes de praza segundo o baremo.

2. Efectuar a proposta de aprobación inicial de admitidos/as e excluídos/as e a relación de solicitantes aos que se lles require documentación.

3. Propoñer a relación definitiva de admitidos/as e non admitidos/as e a lista de espera común.

4. Determinar a asignación de cotas segundo a presente Ordenanza e aplicación da Ordenanza reguladora do prezo público.

5. Emitir un informe previo á resolución que proceda no caso de reclamacións e baixas de alumnado.

6. Propoñer solicitudes de novo ingreso ou baixas en xeral.

7. Interpretar o presente regulamento respecto ao réxime de concesión de prazas e baixas.

ARTIGO 49.- COMISIÓN EDUCATIVA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

1- A Comisión educativa estará composta por:

a) O alcalde ou concelleiro en quen delegue, que ostentará a presidencia.

b) O/a concelleiro/a da área de familia.

c) O/a director/a da Escola infantil municipal.

d) Un educador/a do centro.

e) Un representante de pais e nais de alumnos/as.

f) Un técnico do equipo de servizos sociais do concello, que ostentará a secretaría.

2- Son competencias desta Comisión:

a) Informar sobre o proxecto educativo do centro, proposto pola dirección, para que sexa aprobado polo alcalde.

b) Aprobar a programación anual do centro.

c) Estudo e propostas de resolución dos conflitos de réxime interno.

d) Aplicación do presente regulamento.

e) Con carácter xeral, o estudo, elaboración e proposta de calquera regulamento, norma, etc. necesarios para o bo funcionamento da escola infantil.

f) Informar sobre o cambio de distribución de aulas para os distintos niveis de idade, así como a implantación e modificación de servizos.

ARTIGO 50. PERSOAL DE ATENCIÓN DIRECTA AOS NENOS/AS

O persoal de atención directa aos nenos e nenas deberá ter a titulación requirida segundo a normativa e tratar con esmero e respecto aos nenos e nenas, ademais de atendelos/as de acordo con este regulamento e demais normativa aplicable. O procedemento para substitucións e imprevistos do persoal, por tratarse dunha xestión indirecta do servizo, correspóndelle ao Departamento de Recursos Humanos da empresa concesionaria, quen dispón dunha base de datos con currículos de persoas dispoñibles para cada posto e que contan coa titulación e requisitos necesarios para desenvolver o posto de traballo que quede vacante en cada caso.

ARTIGO 51. PERSOAL DE SERVIZOS

A este persoal seralle de aplicación a normativa propia de cada sector, debendo cumprir en todo momento as instrucións e ordes necesarias para o bo funcionamento do servizo.

CAPITULO XI. RÉXIME DE COBRAMENTO

ARTIGO 52.

Aterase con carácter xeral ao establecido na Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación deste servizo.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

PRIMEIRA. RÉXIME XURÍDICO

Ademais do previsto nestas normas á escola infantil seralle de aplicación o Decreto 329/2005 polo que se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e os centros de atención á infancia, a lexislación de réxime local e a normativa de desenvolvemento, así como o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia e o Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

SEGUNDA. MODIFICACIÓNS NORMATIVAS

As referencias contidas nestas normas a preceptos doutras normas legais ou regulamentarias entenderanse feitas de xeito automático a aqueles preceptos que os substitúan ou modifiquen.

TERCEIRA. APROBACIÓN DE MODELOS

Ademáis dos modelos que se presentan como anexo facúltase ao Alcalde da Corporación para aprobar mediante decreto os modelos de documentos a utilizar para as diversas xestións enunciadas neste regulamento.

CUARTA. FICHEIRO DE DATOS PERSOAIS

Facúltase á Alcaldía do Concello para crear por medio dun decreto o ficheiro ou ficheiros de datos de carácter persoal que se deriven da aplicación das disposicións deste regulamento (e de acordo co que dispón o artigo 20 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de tratamento automatizado de datos de carácter persoal, créase o ficheiro de datos persoais) así como a modificalos ou suprimilos cando concorran os requisitos establecidos na normativa citada.

QUINTA. DESENVOLVEMENTO DAS NORMAS

Facúltase ao Alcalde-Presidente do Concello de Oroso a ditar cantos actos sexan necesarios para o desenvolvemento e interpretación deste regulamento.

SEXTA. AMPLIACIÓN DAS PRESTACIÓNS DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

As prestacións que inclúe este servizo que se establece nestas normas poderán ser obxecto de ampliación se se previse no prego de condicións e se xestionase indirectamente o servizo, ou por resolución de alcaldía se a modalidade de xestión é a directa, en todo caso dando traslado ao Servizo de Inspección e Autorización de Servizos Sociais para os efectos da oportuna autorización.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A modificación da ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."