Mazaricos - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE XIMNASIO MUNICIPAL DE MAZARICOS
Artigo 1.º.-Natureza e fundamento.
De conformidade co disposto nos art. 15 e seguintes e 57 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Mazaricos acorda establecer, en aplicación do artigo 20.1.B.b) e 20.4.o) a taxa por prestación do servizo público municipal de ximnasio, atendendo as súas normas ao disposto nos artigos sinalados do TRLRFL 2/2004.
Artigo 2.º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo e a utilización das instalacións do ximnasio municipal de Mazaricos.
Artigo 3.º.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e 23 do TRLRFL, usuarias dos servizos descritos anteriormente.
2. Responderán solidariamente das obrigas tributarios do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
3. Serán responsables subsidiarios os administradoras das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Artigo 4.º.-Cota tributaria.
1. Establécese unha única modalidade de abono, que é o abono individual único.
2. A cota tributaria do abono individual único será de 6 euros/mes.
Artigo 5.º.-Período impositivo e devengo.
O período impositivo coincidirá co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.
Artigo 6.º.-Normas de xestión.
1. Mensualmente, polos servizos municipais, elaborarase un padrón municipal de aboados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias.
2. As cotas de aboamento faranse efectivas por mensualidades anticipadas nas contas de domiciliación bancaria dos suxeitos pasivos. Para iso, e como condición previa para a adquisición da condición de aboado, o suxeito pasivo cubrirá o impreso de inscrición e de domiciliación bancaria.
O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso ás instalacións. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o aboado causará baixa no padrón.
3. Se debido a calqueira situación non imputable ao obrigado ao pago, as instalacións permanecesen fechadas, o Concello deberá facer efectiva aos abonados a devolución ou desconto da parte de cota correspondente, dentro do prazo máximo dun mes seguinte ao período en que se producise o peche e polo mesmo sistema que o usuario realizou o ingreso do seu abono.
4. Os aboados que voluntariamente soliciten a baixa deixaráselles de cargar as cotas correspondentes. Establécese un prazo de aviso previo de 15 días respecto do período de devengo mensual no que produza efectos económicos a baixa.
Artigo 7.º.-Infraccións e sancións.
A calificación das infraccións tributarias e a determinación das sancións que polas mesmas correspondan, regularanse polo disposto na Lei xeral tributaria e disposicións que a desarrollan.
Disposición final
A presente Ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación na súa sesión de 11 de novembro de 2016, e entrará en vigor o día da súa publicación definitiva no BOP e comezará a aplicarse a partir desta.