Malpica de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 14.-REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL POLAS AUTORIZACIÓNS PARA REALIZA-LA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, CASCALL

Publicación provisional: 04/02/1999 BOP Nº: 28
Publicación definitiva: 04/02/1999 BOP Nº: 28
Aplicable dende: 09/02/2017

ARTIGO 1.º.–FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 57 en relación cos artigos 15 ao 19 e 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Malpica establece a taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas autorizacións para a ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, cascalo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións análogas, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

ARTIGO 2.º.–DOMINIO PÚBLICO LOCAL.

Entenderase como dominio público local pertencente ó Concello de Malpica a efectos da aplicación da presente Ordenanza Fiscal, os bens destinados a uso público definidos no artigo 74.1 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, e o artigo 3 do Real Decreto 1372/1986, do 13 xuño, polo que se aproba o Regulamento dos Bens das Entidades Locais.

ARTIGO 3.º.–FEITO IMPOÑIBLE.

1.–Constitúe o feito impoñible desta taxa por prestación patrimonial a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local consistente nas autorizacións para realiza-la ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións análogas.

2.–Terá a consideración de Feito Impoñible o outorgamento das autorizacións para realiza-las utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais regulados na presente Ordenanza Fiscal.

ARTIGO 4.º.–SUXEITO PASIVO.

1.–Son Suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, tanto as que resulten autorizadas para realiza-la ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións, como aquelas que se beneficien do aproveitamento se este se realizou sen a preceptiva autorización.

2.–Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

3.–Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores das quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5.º.–BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE.

1.–A determinación da Base Impoñible, que será realizada con carácter xeral pola Administración Municipal de acordo co procedemento establecido no artigo 50 da Lei Xeral Tributaria, efectuarase mediante a aplicación do módulo correspondente á utilización privativa ou aproveitamento especial definido no artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal.

2.–Para a liquidación da presente taxa, os solicitantes da autorización que constitúe o feito impoñible definido no artigo 3.º da presente ordenanza deberán solicita-la modalidade de utilización privativa ou aproveitamento especial por ocupación de terreos de uso público, coa cuantificación do elemento do módulo seguinte:

MODALIDADE DE UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL

MÓDULO

Epígrafe único.–Ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalación

ARTIGO 6.º.–COTA.

1.–Utilizarase o sistema de cota fixa por módulo, esixíndose a taxa conforme á cota aplicable á base liquidable correspondente á autorización solicitada de ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións, segundo a seguinte tarifa:

MODALIDADE DE UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL

MÓDULO

COTA MENSUAL POR MÓDULO

Epígrafe único.–Ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións

m2

1,20 €

2.–A aplicación do módulo para a determinación da base liquidable da presente taxa efectuarase, sen excepción e para tódolos casos, en unidades de metros cadrados, redondeándose a unidade superior no caso de que as solicitudes de autorizacións que constitúen o feito impoñible definido no artigo 3.º da presente Ordenanza Fiscal, conteñan fraccións inferiores á unidade.

ARTIGO 7.º.–DEVENGO.

1.–O período impositivo coincidirá co mes natural.

2.–A taxa devéngase no momento do outorgamento da licenza ou dende que se inicie o aproveitamento, no caso de que non exista licenza.

ARTIGO 8.º.–NORMAS DE XESTIÓN.

1.–A autorización para realiza-las utilizacións privativas ou os aproveitamentos especiais consistentes na ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, cascallo, valos, puntais, cabaletes, andamios e outras instalacións na vía pública delimitadas na presente Ordenanza Fiscal, serán outorgadas polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de acordo co artigo 21.1 ll) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986.

2.–Cando se presente a solicitude ou se inicie o expediente os suxeitos pasivos polas autorizacións administrativas reguladas na presente Ordenanza Fiscal estarán obrigados a ingresa-lo importe de taxa en concepto de depósito previo, de acordo co artigo 26.1.a) da Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. O importe de taxa en concepto de depósito previo será autoliquidado polo suxeito coa cuantificación do módulo de metros cadrados para a determinación da base impoñible e cota resultante. Non se tramitará o expediente nin se permitirá a ocupación da vía pública ata que se teña efectuado o pagamento correspondente e sexa expedida a correspondente autorización.

3.–Será preceptivo o informe do arquitecto técnico municipal, no que se fixarán as condicións da autorización. Na súa determinación terase en conta unicamente as necesidades xerais que ten que cumpri-la utilización privativa ou aproveitamento especial solicitado e as disposicións legais vixentes que poidan ser de aplicación á autorización solicitada.

4.–Tramitado o correspondente expediente, e comprobado o importe de taxa en concepto de depósito previo autoliquidado polo suxeito pasivo, procederase á autorización para a utilización privativa ou o aproveitamento especial solicitado, elevándose o depósito previo á liquidación definitiva ó concederse a autorización solicitada.

5.–.Os interesados, no suposto de denegación da autorización, poderán solicita-la devolución do importe do depósito previo.

ARTIGO 9.º.–EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Non se concederá exención ou bonificación ningunha respecto á taxa regulada pola presente ordenanza.

ARTIGO 10.º.–ADMINISTRACIÓN E COBRANZA.

1.–As cotas esixibles liquidaranse polo aproveitamento solicitado ou realizado sendo irredutibles polo período impositivo sinalado no artigo 7.º da presente Ordenanza Fiscal.

2.–Se non se determinase con exactitude a duración do aproveitamento, unha vez autorizada a ocupación, entenderase prorrogada automaticamente por un novo período impositivo, ata que se solicite a baixa polo interesado ou sexa declarada a súa caducidade.

3.–Nos casos de presentación da baixa por cese nas utilizacións privativas ou aproveitamento especial regulada na presente Ordenanza Fiscal, esta producirá efectos a partir do mes seguinte á data de presentación. A non presentación da baixa determinará a obriga de seguir aboando a taxa.

APROBACIÓN E VIXENCIA

1. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no “Boletín Oficial da Provincia”, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 1999, ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.

2. A presente Ordenanza, que consta de dez artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día 25 de novembro de mil novecentos noventa e oito.