Cambre - ORDENANZA FISCAL NÚM 12, REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E AS RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO, CARGA E DESCARGA DE MERCANCÍA DE CALQUERA CLASE.

Publicación provisional: 21/11/1998 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 30/05/2017

Artigo 1º. - Fundamento e natureza.

Ó amparo do previsto nos artigos 57 e 20.3.h) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 de dito texto legal, este Concello establece a ¿taxa por entradas de vehículos a través das beirarrúas e as reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercancías de calquera clase", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º. - Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa o aproveitamento especial que ten lugar pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e a reserva de vía pública para aparcamentos exclusivos, carga e descarga de mercancías de calquera clase, especificado nas tarifas contidas no artigo 6º desta ordenanza.

Artigo 3º. - Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as personas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, a favor das cales se otorguen as licencias para disfrutar do aproveitamento especial, ou os que se beneficien do aproveitamento, se se procedeu ó disfrute sen a oportuna autorización.

2. Nas taxas establecidas por entradas de vehículos a través das beirarrúas, terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios das fincas e locais a que den acceso ditas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 4º. - Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria responderán solidariamente en proporción as súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas entidades.

3. Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias daquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) Cando se cometera unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) Cando se cometera unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) En supostos de cese das actividades da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data de cese.

4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e consonte ó procedemento previsto na Lei xeral tributaria.

Artigo 5º. - Beneficios fiscais.

1. O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigadas ó pagamento da taxa cando solicitaren licencia para disfrutar dos aproveitamentos especiais referidos no artigo 1º desta ordenanza, sempre que sexan necesarios para os servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e para outros usos que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.

2. Non se aplicarán bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda.

Artigo 6º. - Cota tributaria.

1.- A contía da taxa determinarase consonte ás tarifas contidas no apartado seguinte:

2. Tarifas:

2.1 Tarifa primeira: será de aplicación ós vaos permanentes definidos na ordenanza reguladora dos mesmos:

2.1.1 Locais de ata 100 m2, 150 euros.

2.1.2 Locais de 100 m2 a 250 m2, 190 euros

2.1.3 Locais de 251 m2 a 500 m2, 250 euros.

2.1.4 Locais de máis de 500 m2, 310 euros.

2.2 Tarifa segunda: será de aplicación ós vaos laborais definidos na ordenanza reguladora.

2.2.1 Locais de ata 100 m2, 195,00 euros.

2.2.2 Locais de 101 m2 a 250 m2, 245,00 euros

2.2.3 Locais de 251 m2 a 500 m2, 325,00 euros.

2.2.4 Locais de máis de 500 m2, 405,00 euros.

2.3 Tarifa terceira: será de aplicación ós vaos nocturnos definidos na ordenanza reguladora.

2.3.1 Locais de ata 100 m2, 75,00 euros.

2.3.2 Locais de 101 m2 a 250 m2, 95,00 euros

2.3.3 Locais de 251 m2 a 500 m2, 125,00 euros.

2.3.4 Locais de máis de 500 m2, 155,00 euros.

2.4 Tarifa cuarta: placas de sinalización, por unidade, 25 euros.

3. Normas para a aplicación das tarifas:

Para os efectos da liquidación da taxa, cando se produza o acceso dende a vía pública a un grupo de fincas ou locais que compartan a mesma entrada computarase como superficie do local, a suma das súas superficies.

A superficie computada será a destinada a garaxe, expresada en metros cadrados e sumando as plantas ou pisos do mesmo, no seu caso. Non se computará a superficie destinada a outros usos tales como ascensores, pasillos exteriores ao garaxe, trasteiros, etc.

Artigo 7º. - Devengo.

1. A taxa regulada nesta ordenanza devengarase:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento do outorgamento da concesión.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizadas e prorrogadas, o día primeiro de cada ano natural.

Artigo 8º. - Período impositivo.

1. Cando o aproveitamento especial deba durar menos dun ano, o período impositivo coincidirá con aquel determinado na licencia municipal.

2. Cando a utilización privativa ou aproveitamento especial se extenda a varios exercicios, o devengo da taxa terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou aproveitamento especial, en que se aplicará o previsto nos apartados seguintes.

3. Cando se inicie a ocupación no primero semestre, aboarase en concepto de taxa correspondente a ese exercicio a cota íntegra. Se o inicio da ocupación ten lugar no segundo semestre do exercicio liquidarase a metade da cota anual.

4. Se se cesa na ocupación durante o primero semestre do exercicio procederá a devolución parcial da cota (a metade). Se o cese ten lugar no segundo semestre, non procederá devolver ningunha cantidade.

Artigo 9º. - Réxime de declaración e ingreso.

1. As cantidades esixibles con arreglo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento autorizado ou realizado.

2. O ingreso da taxa realizarase:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, o solicitante presentará a declaración-liquidación da taxa e xustificante de ter ingresado a cota tributaria ó mesmo tempo que efectúe a correspondente solicitude.

b) Tratándose de concesións de aproveitamento xa autorizados e prorrogados, unha vez incluidos nos padróns e matrículas desta taxa, por anos naturais no lugar e forma que estableza o Servicio de Recadación Provincial.

Artigo 10º. - Notificacións das taxas.

1. En supostos de aproveitamentos especiais continuados, a taxa que ten carácter periódico, notificarase persoalmente ó solicitante a alta no rexistro de contribuíntes. A taxa de exercicios sucesivos notificarase colectivamente, mediante a exposición pública do padrón no tablón de anuncios do Concello, polo período que se publicará no Boletín Oficial da Provincia.

2. Ó amparo do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 25/1998, as taxas de carácter periódico reguladas nesta ordenanza que son consecuencia da transformación dos anteriores prezos públicos non están suxeitas ó requisito de notificación individual, sempre que o suxeito pasivo da taxa coincida co obrigado ó pagamento do prezo público ó que sustitúe.

Artigo 11º. - Infraccións e sancións.

As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

Disposición transitoria.

As licencias concedidas a locais comerciais e industriais con anterioridade á aprobación da ordenanza reguladora de vados, terán a consideración de vados laborais a efectos da aplicación da tarifa regulada no artigo 6.2.2.