Dumbría - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR PRESTACION DE SERVIZOS NO LITORAL NO EZARO (SERVIZOS DE KAYAK E PADEL)

Publicación provisional: 08/05/2017 BOP Nº: 85
Publicación definitiva: 26/06/2017 BOP Nº: 119
Aplicable dende: 26/06/2017

Artigo 1º.-

De conformidade co previsto no artigo 57, en relación co artigo 20.1, ambos do R.D.L. 2/2004 (Texto refundido da lei reguladora das facendas locais), o Concello de Dumbría establece a taxa pola prestación de servizos no litoral, no Ezaro (servizos de kayak e padel) que se rexerá pola presente Ordenanza.

OBLIGACION DE CONTRIBUÍR

Artigo 2º.-

Feito Impoñible.- Está determinado pola utilización, por parte das persoas usuarias, dos elementos e servizos das prestacións das viaxes en kayak así como a utilización dá pista de padel que se prestan no Ezaro

Artigo 3º-

Suxeitos pasivos.- Están obrigados ao pago as persoas ou entidades que soliciten os servizos obxecto desta taxa.

TARIFAS

Artigo 4º-

As tarifas desta taxa, que inclúen o imposto sobre valor engadido (IVE), serán as seguintes:

CONCEPTO DO SERVIZO A UTILIZAR UNIDADE/TEMPO DA PRESTACIÓN IMPORTE EUROS

 Kayaks-Piraguas por ruta 12 euros

Kayaks-Piraguas dobles por ruta 20 euros

Pista de Padel por hora 12 euros

 

NORMAS DE XESTION

Artigo 5º.-

1. A taxa considerarase devengada simultaneamente á utilización dos bens e servizos obxecto desta ordenanza, e as cotas recadaranse no momento de utilizar os servizos ou solicitar a súa utilización, previa entrega de ticket-recibo, no que figurará o prezo e a unidade da prestación, así como a denominación do servizo que se utilice.

2. Na aplicación desta taxa non se admitirá exención nin beneficio tributario algún.

3. A xestión dos servizos a que esta ordenanza se refire poderá ser obxecto de concesión por parte do Concello a favor de persoa natural ou xurídica mediante calquera das formas de contratación legalmente establecidas.

INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

Artigo 6º.-

As infraccións desta ordenanza sancionaranse con multas da Alcaldía, na forma e contía prevista nas disposicións legais e regulamentarias vixentes.

VIXENCIA

Artigo 7º.-

A presente ordenanza fiscal, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor a partir da data da súa publicación no BOP, continuando a súa vixencia ata tanto sexa derrogada ou modificada.

DISPOSICION FINAL

Esta ordenanza, que consta de sete artigos, foi aprobada definitivamente o día 21 de xuño de 2017.