Arteixo - ORDENANZA Nº 34, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS, EDUCATIVOS, DEPORTIVOS, RECREATIVOS E OUTROS ANÁLOGOS
ARTIGO 1.-Concepto.
De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establecese o prezo público por prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos.
ARTIGO 2.-Obrigados ao pagamento.
Están obrigadas ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos na presente ordenanza ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte.
ARTIGO 3.-Contía.
1. A contía do prezo publico regulado nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2. As tarifas deste prezo público serán as que figuran nos seguintes epígrafes:
1 | Asistencia a espectáculos no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo | ||
| 1.1 | Cachet entre 750 € -2.500 € | 3,00 € |
1.2 | Cachet entre 2.500 € - 5.000 € | 4,00 € | |
1.3 | Cachet de mais de 5.000 € | 6,00 € | |
| 1.4 | Para aquelas actuacións culturais, recreativas ou análogas, que revistan unha especial transcendencia polo cachet ou notoriedade dos/as artistas, o prezo poderá ser fixado pola Xunta de Goberno Local, previo o cumprimento dos requisitos estabelecidos no artigo 8 da presente ordenanza. | |
| 1.5 | Cando o/a artista o solicite, a xunta de goberno local poderá autorizar que a actividade cultural ou análoga que realice poderá ser representada nas instalacións municipais a risco e ventura do mesmo, financiándose coa recadación da entrada cuxos prezos serán os determinados no presente epígrafe. |
2 | Asistencia a actividades, obradoiros, cursos de formación e campamentos | ||||||||||||
| A efectos desta ordenanza, establécense as seguintes definicións: Obradoiro: seminario para a aprendizaxe práctica dunha actividade creativa dirixido por persoal especializado a un grupo de persoas cunha duración determinada Campamento: actividade que ten como obxectivo facilitar ás familias a conciliación da vida familiar e laboral en períodos non lectivos, dentro de espazos formativos para a aprendizaxe dun lecer san Curso de formación: actividade de ensino dun conxunto de contidos dunha materia determinada Actividade: conxunto de operacións ou tarefas realizadas por unha ou varias persoas que se desenvolven cara un obxectivo determinado, baixo unha programación específica e dirixidas por persoal especializado | ||||||||||||
2.1 | Actividades de tempo libre |
| |||||||||||
|
| 2.1.1 | Campamentos ou albergues fóra do termo municipal, por día | 15,00 € | |||||||||
|
| 2.1.2 | Actividades de formación en estacións de esquí, incluíndo viaxe, hospedaxe e manutención, por día | 60,00 € | |||||||||
| 2.2 | Actividades extraescolares nos centros escolares | |||||||||||
|
| 2.2.1 |
| Actividades deportivas extraescolares (dúas horas semanais) por curso |
| ||||||||
|
|
| 2.2.1.1 | Unha actividade | 50 € | ||||||||
|
|
| 2.2.1.2 | Dúas actividades | 75 € | ||||||||
|
|
| 2.2.1.3 | Tres actividade | 110 € | ||||||||
|
|
| 2.2.1.4 | Catro actividades | 125 € | ||||||||
|
| 2.2.2 |
| Actividades Educativas Extraescolares por curso |
| ||||||||
|
|
| 2.2.2.1 | Actividades 1 hora semanal | 25 € | ||||||||
|
|
| 2.2.2.2 | Actividades 2 horas semanais | 38 € | ||||||||
|
|
| 2.2.2.3 | Actividades 3 horas semanais | 55 € | ||||||||
|
|
| 2.2.2.4 | Actividades 4 horas semanais | 65 € | ||||||||
|
|
| 2.2.2.5 | Actividades 5 horas semanais | 80 € | ||||||||
|
| 2.2.2.6 | Actividades 6 horas semanais | 110 € | |||||||||
|
| 2.2.2.7 | Actividades 7 horas semanais | 120 € | |||||||||
|
| 2.2.2.8 | Actividades 8 horas semanais | 125 € | |||||||||
|
|
|
| ||||||||||
| 2.3 | Escolas deportivas municipais | |||||||||||
|
| 2.3.1 | Escolas deportivas para menores de idade | ||||||||||
|
|
| 2.3.1.1. | Dous días | 50,00 € | ||||||||
|
|
| 2.3.1.2 | Tres días | 70,00 € | ||||||||
|
| 2.3.2 | Escolas deportivas maiores de idade (18 a 65 anos) | ||||||||||
|
|
| 2.3.2.1. | Dous días | 70,00 € | ||||||||
|
|
| 2.3.2.2 | Tres días | 85,00 € | ||||||||
|
| 2.3.3 | Escolas deportivas maiores de 65 anos | ||||||||||
|
|
| 2.3.3.1 | Dous días | 20,00 € | ||||||||
|
|
| 2.3.3.2 | Tres días | 30,00 € | ||||||||
|
| 2.3.4. | Escolas deportivas de recuperación funcional | ||||||||||
|
|
| 2.3.4.1 | Dous días | 120,00 € | ||||||||
|
|
| 2.3.4.2 | Tres días | 150,00 € | ||||||||
| 2.4 | Actividades sociais | |||||||||||
| 2.4.1 | Unha actividade | 37,00 € | ||||||||||
| 2.4.2 | Dúas actividades | 55,00 € | ||||||||||
| 2.4.3 | Tres actividades | 80,00 € | ||||||||||
| 2.4.4 | Catro actividades | 90,00 € | ||||||||||
2.5 | Outros servizos relacionados coa práctica educativa, deportiva, cultural, medioambiental ou social |
| |||||||||||
|
| 2.5.1 | Torneo fútbol sala Concello de Arteixo por edición | 600,00 € | |||||||||
|
| 2.5.2 | Deporte na natureza dentro do termo municipal |
| |||||||||
|
|
| 2.4.2.1 | Sendeirismo maiores de idade | 5,00 € | ||||||||
|
|
| 2.4.2.2 | Sendeirismo menores de idade | 3,00 € | ||||||||
|
| 2.5.3 | Deporte na natureza fora do termo municipal |
| |||||||||
|
|
| 2.5.3.1 | Sendeirismo maiores de idade | 15,00 € | ||||||||
|
|
| 2.5.3.2 | Sendeirismo menores de idade | 10,00 € | ||||||||
|
|
| 2.5.3.3 | Outras xornadas deporte na natureza maiores de idade | 25,00 € | ||||||||
|
|
| 2.5.3.4 | Outras xornadas deporte na natureza menores de idade | 12,50 € | ||||||||
|
| 2.5.4 | Campamentos dentro do termo municipal | 4 €/día | |||||||||
|
|
| 2.5.4.1 | Almorzo (inclúe madrugadores) | 2,50 €/día | ||||||||
|
|
| 2.5.4.2. | Xantar | 4 €/día | ||||||||
|
|
| 2.5.4.3. | Madrugadores | 1,50 €/día | ||||||||
|
| 2.5.4.4 | Ludoteca | 1,50 €/día | |||||||||
| 2.5.5 | Obradoiros e cursos entre 5 e 10 horas de duración sen material específico | 5,00 € | ||||||||||
| 2.5.6 | Obradoiros e cursos de máis de 10 horas de duración e inferior ó curso académico sen material específico. Por cada hora adicional increméntase o prezo anterior na cantidade de | 0,50 € | ||||||||||
| 2.5.7 | Obradoiros e cursos entre 5 e 10 horas de duración con material específico ou outras necesidades especiais | 10,00 € | ||||||||||
| 2.5.8 | Obradoiros e cursos de máis de 10 horas de duración e inferior ó curso académico con material específico ou outras necesidades especiais. Por cada hora adicional increméntase o prezo anterior na cantidade de | 1,00 € | ||||||||||
| 2.5.9 | Xuntanzas organizadas polo departamento de servizos sociais | 6,00 € | ||||||||||
| 2.5.10 | Actividades para nenos/as menores de 3 anos por curso | 25,00 € | ||||||||||
| 2.5.11 | Saídas socioculturais específicas fóra do termo municipal dunha xornada de duración | 25,00 € |
3 | Escola municipal de música | ||
| 3.1 | Por cada materia impartida, ao mes | 12,50 € |
ARTIGO 4.-Fixación.
1. O estabelecemento ou modificación dos prezos públicos corresponderá á Xunta de Goberno Local, respecto da determinación de que actividades e servizos quedan gravados por prezos públicos e as contías do gravame, en réxime de competencia delegada polo Pleno en uso das facultades previstas no artigo 47.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en relación co artigo 23.2.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
2. Toda proposta de fixación ou modificación dos prezos públicos deberá ir acompañada dunha memoria económico-financeira, que xustificará o importe dos mesmos, o grao de cobertura financeira dos custes correspondentes e, no seu caso, as utilidades derivadas da realización das actividades e a prestación dos servizos ou os valores de mercado que se toman como referencia.
3. No acordo de fixación de prezos públicos estabelecerase a data na que se empezará a esixir o prezo público novo ou modificado.
4. Os importes dos prezos públicos aprobados daranse a coñecer mediante anuncios no BOP e no taboleiro de edictos da Corporación.
ARTIGO 5.-Supostos de non suxeición e beneficios fiscais.
Non están suxeitas a este prezo público as actividades desenvolvidas polo CIM que teñan como finalidade a promoción do asociacionismo das mulleres, a prevención da violencia de xénero ou a difusión do principio de igualdade entre mulleres e homes.
Tampouco están suxeitas ao pago deste prezo público as mulleres vítimas de violencia de xénero nin seus fillos/fillas, que participen nas actividades impartidas polo CIM, e teñan acreditada dita situación de violencia de xénero segundo documentación requirida ao efecto.
Non están suxeitos ao pago dos prezos públicos, as persoas propostas desde o Departamento de Servizos Sociais, que participan activamente en programas de intervención familiar ou inclusión social. O Departamento emitirá informe individual para cada persoa proposta, que indique a idoneidade da súa participación na actividade, obradoiro, campamento ou curso, así como os ingresos da unidade familiar e o programa no que está integrada.
ARTIGO 6.-Reducións.
1. As tarifas fixadas para a entrada no auditorio terán unha redución:
- Do 25% para os colectivos de estudantes de ensinanzas homologadas; maiores de 65 anos e menores de 12 anos.
- Do 20% se fora mercando un abono que incluirá como mínimo tres funcións por semestre.
- Do 20% a grupos de máis de 20 persoas
- Do 25% a persoas con mobilidade reducida e a persoas con diversidade funcional con recoñecemento de axuda de terceira persoa e ao seu acompañante
- Para acollerse a ditas reducións, as persoas beneficiarias deberán presentar documentación que acredite a circunstancia específica pola que se acolle a dita redución
2. As tarifas fixadas para a Escola Municipal de Música (EMMA) terán as seguintes reducións:
- Unha redución do 20% para o/a segundo/a e seguintes irmáns, menores de idade e pertencentes á mesma unidade familiar, matriculados/as na Escola Municipal de Música.
- Unha redución do 25% para as/os membros acreditados da Banda de Música de Santiago de Arteixo.
- Se do resultado das anteriores operacións resulta unha cantidade con decimais, redondearase ate o seguinte decimal rematado en cinco ou cero.
3. Aplicaranse reducións, segundo as condicións estipuladas na presente ordenanza, para as seguintes actividades definidas no artigo 3 da ordenanza n.º 34:
- Apartado 2.2: ¿actividades extraescolares centros escolares".
- Apartado 2.5.4: ¿campamentos dentro do termo municipal".
3.1. Persoas beneficiarias.
Poderán acceder ás reducións as persoas usuarias que cumpran as condicións que se especifican na presente ordenanza e que resulten admitidas nas actividades ou campamentos.
3.2. Requisitos.
Para ser beneficiario/a da redución, os requisitos que deberán cumprir son os seguintes:
Para acceder á redución nas actividades do apartado 2.2: ¿actividades extraescolares centros escolares": estar matriculado/a en centros públicos do termo municipal nos niveis de infantil e primaria.
Estar empadroados/as en Arteixo un proxenitor/a, titor/a e o/a menor que xera o dereito de redución.
Ter abonado o prezo público (en pago único ou fraccionado) regulado na ordenanza fiscal n.º 34 para os conceptos nos que se inscriba.
Non superar a renda per cápita anual correspondente ao 100% do IPREM establecido anualmente computado para 12 pagas.
3.3. Porcentaxes de redución.
Cando os ingresos de unidade de convivencia, computados en renda per cápita, non superen o indicado (100% do IPREM para 12 pagas), as persoas usuarias poderán solicitar a redución do importe dos prezos nas seguintes porcentaxes:
IPREM | PORCENTAXE DA REDUCIÓN |
Inferior ao 50% IPREM | 50% |
Entre o 50% E o 80% IPREM | 30% |
Máis do 80% e ata o 100% IPREM | 20% |
3.3.1. Redución nas actividades extraescolares:
As porcentaxes de redución aplicaranse sobre o total do custo das actividades para as que se solicita redución. En todo caso, establécese o límite máximo de 5 horas de actividade extraescolar semanal. Este límite aplícase conxuntamente con independencia das áreas de execución (deporttivas/educativas), computándose as horas totais de participación, aínda cando a inscrición se realice en distintos períodos ao longo do curso.
A solicitude da redución poderá formalizarse no prazo dun mes desde a data de formalización da inscrición computándose como tal a data de pago do prezo público correspondente (en pago único ou fraccionado según artigo 7 da presente ordenanza).
3.3.2. Redución nos campamentos municipais:
Aplicarase a redución sobre o custo total abonado para cada período de inscrición incluíndo todos os servizos que se utilicen no campamento polas persoas usuarias.
3.4. Compatibilidade con outras axudas.
Esta redución non será compatible con outras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra administración ou organismos ou entidades públicas ou privadas.
Tampouco serán persoas beneficiarias da redución aquelas unidades convivenciais que teñan recibido axuda do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Arteixo para este concepto recollida no artigo 5.
3.5. Procedemento.
A redución será estimada previo informe técnico conxunto dos departamentos de Deportes e de Educación no que se faga constar as actividades nas que está inscrito/a, as horas semanais de execución de cada unha, centro escolar no que participa e datos complementarios relativos á xustificación de ingresos da unidade familiar e do pago do prezo público.
O procedemento que se aplicará para a valoración e concesión da redución será o seguinte:
Formalización de solicitude de redución mediante instancia con entrada no rexistro municipal acompañada da documentación acreditativa de ingresos da unidade de convivencia e documento de pago.
Comprobación do cumprimento de requisitos polos servizos técnicos dos departamentos de Deportes e Educación e emisión de informe proposta remitido á Intervención municipal para fiscalización.
Elevación á Xunta de Goberno Local da proposta.
3.6. Xestión da redución.
Unha vez concedida a redución, procederase do seguinte xeito:
Cando a persoa beneficiaria teña abonado o prezo público completo da/s actividade/s: desde a entidade local procederase ao ingreso da contía da redución na conta facilitada ao efecto polo solicitante.
Cando a persoa beneficiaria teña abonado o 50% de prezo público da/s actividade/s (artigo 7 da presente ordenanza): aplicarase a porcentaxe concedida de redución para o pago do 2.º prazo, debendo abonar o/a participante a contía pola diferencia, si é o caso.
3.7. Unidade de convivencia.
Para os efectos de valoración de solicitudes de redución entenderase por unidade convivencial a formada polas seguintes persoas
Cónxuxes ou titores/as legais ou parellas de feito.
Fillos/as maiores e menores de idade que convivan no mesmo domicilio.
Ascendentes dos/as cónxuxes que convivan no mesmo domicilio.
Outras persoas con lazos familiares que convivan no mesmo domicilio.
Nos casos de separación legal, divorcio ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade de convivencia estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos/as proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo. Engadiranse as outras persoas descritas no apartado anterior (ascendentes, outros/as convivintes).
Para a condición de familia monoparental enténdese a formada pola nai solteira ou pai solteiro, con fillos ou fillas menores a cargo, que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación/divorcio (acreditada mediante fotocopia compulsada do libro de familia e certificado de convivencia) sempre que a outra proxenitora non contribúa economicamente ao sustento da persoa menor. É dicir, entenderase cando formen parte dela unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra proxenitora non contribúa economicamente ao sustento da persoa menor.
3.8. Documentación xeral a aportar.
1. Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade das/os nais/pais ou representantes legais segundo proceda.
2. Fotocopia do libro de familia ou documentación que o substitúa
3. Fotocopia do libro de familia numerosa actualizado, si é o caso.
4. Declaración das axudas e becas obtidas para finalidades relacionadas co ámbito educativo doutros organismos ou institucións públicas ou privadas.
5. Designación de conta bancaria segundo modelo municipal existente ao efecto (DCB).
6. Impreso de autorización para a obtención dos datos tributarios do ano fiscal que corresponda das persoas que integran a unidade familiar e con idade laboral. As persoas non obrigadas a declarar presentarán tamén a dita autorización. En todo caso, é obriga e responsabilidade das familias estar ao corrente nos seus datos fiscais coa AEAT.
7. Nos casos de unións de feito con fillos ou fillas recoñecidas, separación ou divorcio, copias das sentenzas e do convenio regulador, así como xustificantes bancarios das aportacións económicas establecidas. No caso de impagos, copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante do inicio das actuacións.
8. No caso de menores en situación de garda e custodia compartida, aportaranse os xustificantes de ingresos de ambos proxenitores/as.
9. No caso de menores en situación de acollemento, copia do certificado do organismo competente e, no seu caso, contía da remuneración que se perciba.
10. Outros xustificantes de ingresos: as persoas non obrigadas a declarar achegarán a seguinte documentación
a) Persoas traballadoras por conta allea: fotocopia das últimas 6 nóminas.
b) Pensionistas:
Xustificantes da pensión mensual.
c) Demandantes de emprego con prestación:
Certificado de prestacións do SEPE dos últimos 6 meses.
d) Demandantes de emprego sen prestación:
Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego que deberá ter unha antigüidade mínima dun mes anterior á data de convocatoria.
Certificado do SEPE no que conste que non é perceptor/a de prestacións nos 6 meses anteriores á data de convocatoria
e) Persoas perceptoras de RISGA:
Xustificante da contía mensual actual.
Copia do documento de notificación da concesión.
ARTIGO 7.-Persoas obrigadas ao pagamento.
1. O pagamento de dito prezo público efectuarase:
a) Para as tarifas sinaladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 1 (asistencia a espectáculos no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo), no momento de retirar a entrada ou abono correspondente.
b) Para as tarifas sinaladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.1 (Actividades de tempo libre), no momento de ter concedida a aceptación preceptiva e sempre con anterioridade ao inicio da prestación do servizo, autoliquidando o importe segundo modelo estabelecido ao efecto.
c) Nas actividades extraescolares impartidas nos centros escolares (artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.2), o prazo límite do pagamento será con anterioridade ao inicio das actividades, nos prazos fixados dende as Concellerías de Deportes e Educación. Porén, poderá formalizarse dito pagamento fora do prazo anterior, sempre que iniciadas as actividades, existan prazas vacantes e a incorporación do neno/a sexa solicitada polos seus titores/as legais, incorporándose á actividade no momento de ter efectuado o pagamento do presente prezo público.
Cando o prezo a abonar pola unidade familiar sexa superior a 50 €, o pagamento poderá ser rateado en dous prazos, previa petición da persoa interesada, quedando establecida a segunda quenda do 1 ao 20 de febreiro.
O non pagamento do segundo prazo xerará a baixa inmediata do neno/a na actividade correspondente.
d) Nas actividades contempladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.3 e 2.4 e 2.5 o pagamento realizarase con anterioridade ao inicio das actividades, nos prazos fixados polas concellerías correspondentes
Cando o inicio da participación nas actividades contempladas no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.3 e 2.4 se produza con posterioridade á data de inicio das actividades, os prezos ratearanse proporcionalmente, calculándose segundo os trimestres naturais, incluído o presente, que faltan para rematar o curso.
e) O pagamento do prezo da escola municipal de música realizarase trimestralmente, rateando o seu importe cando as clases deran comezo con posterioridade ao 1 de outubro. Se do resultado da anterior operación resultara unha cantidade con decimais, redondearase até o seguinte decimal rematado en cinco ou en cero.
O ingreso correspondente a cada trimestre deberá facerse efectivo no prazo de 15 días dende o inicio do trimestre natural, agás o primeiro trimestre que será no prazo de 15 días desde que se tiveran iniciadas as clases.
ARTIGO 8.-Normas de xestión.
1. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará á persoa obrigada ó pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:
a) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis a Administración.
b) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.
2. Unha vez que sexa solicitada por escrito ante esta Administración a baixa na escola municipal de música, deixaran de emitirse os recibos correspondentes aos trimestres que resten para rematar o curso escolar.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
O prezo da actividade estipulada no artigo 3, apartado 2, epígrafe 2.5.1. (torneo fútbol sala Concello de Arteixo) terá un incremento dun 10% anual.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos consta de 8 artigos, unha disposición adicional e unha disposición final.
A presente modificación foi aprobada provisoriamente polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de abril de 2017, entrando en vigor unha vez publicado o texto modificado no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 70 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.