Baña A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SERVIZOS CORRESPONDENTES Á ACTIVIDADE ADMINISTRATIVA E DE GOBERNO DO CONCELLO DA BAÑA

Publicación provisional: 16/05/2017 BOP Nº: 91
Publicación definitiva: 13/07/2017 BOP Nº: 132
Aplicable dende: 13/07/2017

Artigo 1.º Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 15 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por servicios correspondentes á actividade administrativa e gubernativa a instancia do interesado, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2.º Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a administración ou as autoridades municipais.

2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un precio público.

Artigo 3.º Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 35 e concordantes da 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten ou provoquen ou dos que no seu interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.º Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores de sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da citada Lei.

Artigo 5.º Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que recolle no artigo seguinte.

Artigo 6.º Tarifa.

A tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase nos seguintes epígrafes:

Epígrafe primeiro: Documentos relativos a Servicios de Urbanismo e Actividades

1. Por cada solicitude que requira informe urbanístico que non se corresponda a un procedemento instruído no concello, 10 euros, computándose ata catro parcelas e as fraccións sucesivas que resulten, para as que se expidan informes solicitados nunha única instancia.

3. Por cada informe-ficha urbanístico complexo, comprensivo das determinacións urbanísticas de aplicación a unha parcela conforme ao Plan Xeral de Ordenación Municipal e disposicións normativas de aplicación, 30,00 euros.

6. Pola tramitación de expediente de segregación de parcelas en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural:

- Segregación en dúas parcelas: 200 €

- Por cada unidad de parcela resultante a maiores da anterior, 100 €

Epígrafe segundo: Celebración de bodas civís

Por acto de celebración, 200 €

Artigo 7.º Bonificacións da cota.

Establécese unha bonificación do 100% da tarifa prevista no epígrafe terceiro para o caso de calquera dos contraíntes esté empadroado no Concello da Baña, sempre que causase alta no padrón cando menos un ano antes da data en que se solicita a celebración da boda.

Artigo 8.º.–Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

Artigo 9.º.–Declaración e ingreso.

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, mediante impreso oficial que será facilitado no concello, e xustificarase o seu abono xunto coa solicitude.

Artigo 10.º.–Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto no Título IV da Lei xeral tributaria.

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada a Ordenanza fiscai reguladoras da taxa por expedición de documentos, publicada definitivamente no BOP nº 25 de 31 de xaneiro de 2004.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal, entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, sendo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.