Cariño - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS LICENZAS DE VAO E DAS LICENZAS POR RESERVA DE ESPAZO NAS VÍAS PÚBLICAS

Publicación provisional: 04/07/2017 BOP Nº: 125
Publicación definitiva: 23/08/2017 BOP Nº: 159
Aplicable dende: 09/09/2017

ÍNDICE

CAPÍTULO PRIMEIRO: LICENZAS DE VAO

Sección 1ª: Disposicións xerais.

Artigo 1.- Obxecto.

Artigo 2.- Titulares.

Artigo 3.- Prohibición de parada ou ocupamento.

Artigo 4.- Condicións previas.

Sección 2ª: Tipos de vaos.

Artigo 5.- Tipos de vaos.

Artigo 6.- Vao permanente.

Artigo 7.- Vao nocturno

Artigo 8.- Vao laboral.

Artigo 9.- Vao sen reserva de entrada.

Artigo 10.- Lonxitude de vao.

Sección 3ª: Concesión de licenzas de vao.

Artigo 11.- Solicitudes de vao.

Artigo 12.- Concesión de licenzas

Artigo 13.- Denegación de licenzas

Artigo 14.- Alta de oficio

Artigo 15.- Condicións de outorgación.

Artigo 16.- Sinalización do vao.

Artigo 17.- Acceso ao inmoble.

Artigo 18.- Deberes e responsabilidades do titular.

Artigo 19.- Extinción das licenzas de vao.

CAPÍTULO SEGUNDO: Reserva de espazo na vía pública.

Artigo 20.- Concepto e tipos.

Artigo 21.- Zonas de prohibición de aparcamento.

Artigo 22.- Reserva permanente.

Artigo 23.- Reserva temporal.

Artigo 24.- Solicitudes de licenza de reserva de espazo na vía pública.

Artigo 25.- Condicións de outorgación das reservas.

Artigo 26.-Aplicación supletoria das normas sobre licenzas de vao.

CAPÍTULO TERCEIRO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 27.- Infraccións.

Artigo 28.- Sancións.

CAPÍTULO IV: Tarifas.

Artigo 29.- Tarifas.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira.- Licenzas concedidas con anterioridade a esta Ordenanza.

Segunda.- Solicitudes presentadas con anterioridade a esta Ordenanza.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira.- Revogación.

Segunda.- Casos non recollidos ou non previstos

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

DISPOSICIÓN FINAL

CAPÍTULO PRIMEIRO: LICENZAS DE VAO

Sección 1ª: Disposicións xerais.

Artigo 1.- Obxecto.

A presente ordenanza establece o sometemento a licenza municipal, de vao, o acceso de vehículos automóviles a todo tipo de inmobles ou terreos, sempre que sexa necesario cruzar beirarrúas ou outros bens de dominio e uso público peonil, ou se impida o estacionamento ou parada doutros vehículos na fronte polo que se realiza dito acceso, por constituir un aproveitamento especial do dominio público, pola especial intensidade do uso que supón.

Artigo 2.- Titulares.

1.-Poderán solicitar as licenzas de vao e ser os seus titulares unicamente o propietario do inmoble, o arrendatario do mesmo ou o titular dun dereito que o faculte para o seu uso. Cando a licenza non sexa solicitada polo seu propietario, deberá constar a súa conformidade ao solicitado.

2.-O responsable de cantas obrigas implique a licenza de vao será o seu titular, e con carácter subsidiario o propietario do inmoble, coa matización establecida no art. 18.6, parágrafo 2º.

Artigo 3.- Prohibición de parada ou ocupación.

A licenza de vao conleva aparellado a prohibición de aparcamento de calquera vehículo, ou o depósito de calquer material ou elemento, fronte a entrada do inmoble, aínda que se tolerará a parada de vehículos sempre que o conductor estea no interior do vehículo, e o retire inmediatamente cando se lle requira.

Artigo 4.- Condicións previas.

1.-O outorgamento de licenzas de vao requerirá:

a) Que o local ou terreo dispoñan previamente de título habilitante para o uso que se está exercer ou se pretende.

b) Que o titular se atope ao corrente do pago das súas obrigas tributarias co concello de Cariño.

Sección 2ª: Tipos de vaos.

Artigo 5.-Tipos de vaos.

Establécense no término municipal os seguintes tipos de vaos:

1.-Vao permanente: Permite ter reservada a entrada para vehículos, de forma permanente, e circular por espazos peonís, ou por espazos non destinados á circulación, para acceder a un garaxe, local ou a un tipo especial de actividade.

2.-Vao laboral. Permite ter reservada a entrada para vehículos, nun horario laboral que se estableza, e circular por espazos peonís, ou por espazos non destinados á circulación, para acceder a unha actividade.

3.-Vao nocturno. Permite ter reservada a entrada para vehículos, unicamente no horario nocturno que se estableza, e circular por espazos peonís, ou por espazos non destinados á circulación, para acceder a un garaxe, local ou a un tipo especial de actividade.

4.-Vao sen reserva de entrada. Permite circular por espazos peonís, ou por espazos non destinados á circulación, para acceder a un garaxe, local ou a unha actividade, sempre que o tráfico da vía o permita, por non ter reservada a entrada desde a vía pública.

Artigo 6.- Vao permanente.

1.-Outorgarase licenza de vao permanente para acceso a inmobles ou terreos, nos seguintes casos:

Ref

Concepto

a)

Garaxes públicos, privados ou de comunidades de propietarios con máis de cinco vehículos e cunha superficie maior de 100 m2.

b)

Locais de entre 60 e 100 m2 nos que se acredite que se gardan ao menos tres vehículos, e cun máximo de 5 prazas

c)

Edificios destinados a organismos oficiais, cando a natureza do mesmo o esixa.

d)

Edificios ou instalacións de equipamentos comunitarios de carácter sanitario e asistencial, hospitales, ambulatorios.

e)

Os terreos nos cales no seu interior se garden tres ou máis vehículos.

f)

Os garaxes ou terreos de uso individual pertencentes a vivendas unifamiliares ou particulares, poidendo estar na mesma parcela que a vivienda ou a, como máximo, 30m da mesma.

g)

Gasolineiras, estacións de servizos, venta de carburantes.

h)

Garaxes para servizos de urxencia, ambulancias, asistencia en estrada, bombeiros, etc.

i)

Armacéns vinculados a embarcacións de pesca, co mesmo titular.

2.-As licenzas de vao permanente permitirán o paso de vehículos as 24 horas do día, todos os días da semana, debendo ser outorgadas de forma mui limitada e nos casos e actividades que real e necesariamente o requiran.

Artigo 7.- Vao nocturno

1.-Outorgarase licenza de vao nocturno para acceso a inmobles ou terreos, a todos os casos de vao permanente e ademais aos seguintes:

Ref

Concepto

j)

Locais, cunha superficie mínima de 20 m2, nos que se gardan menos de tres vehículos.

k)

Os terreos, cunha superficie mínima de 20 m2, nos cales no seu interior se garden menos de tres vehículos.

2.- As licenzas de vao nocturno limitarán a parada de 21:00 a 9:00 horas do día seguinte, durante todos los días de la semana.

Artigo 8.- Vao laboral.

1.-Outorgarase licenza de vao laboral nos seguintes casos:

Ref

Concepto

l)

Locais destinados a actividades, talleres, armacéns, que necesariamente utilicen a entrada e saída de vehículos para desenvolver a súa actividade.

m)

Obras de construcción, derribo, reforma e reparación de edificios.

n)

Armacéns de actividades comerciais.

ñ)

Concesionarios de automóviles, compraventa de vehículos usados e aluguer sen conductor.

o)

Outras actividades de características análogas.

2.-As licenzas de vao laboral limitarán a parada de 8:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas en días laborables, agás os sábados que será de 8:00 a 13:00 horas. Este horario poderá axustarse ao horario real da actividade, sempre que se xustifique e non houbera outras razóns públicas que o impidan.

Artigo 9.- Vao sen reserva de entrada.

Outorgarase este vao para calquera dos casos anteriores, cando se necesite circular por espazos peonís, ou por espazos non destinados á circulación, para acceder a un garaxe, local ou a unha actividade e non se precise, por contar con liña amarela de prohibición, ou non se queira reservar entrada.

Artigo 10.- Lonxitude de vao.

1.- Liñas normativas. As anchuras normativas de vao, medidas no sentido lonxitudinal da vía e/ou como anchura de portalón serán:

i.- Para garaxes e armacéns: 2,5m.

ii.- Para actividades: 3,5m.

2.-Liñas auxiliares. Segundo as circunstancias da vía e do acceso ao inmoble, permitiranse, con liñas auxiliares, ampliar as liñas normativas e/ou acoutar unha zona, próxima ao vao, para permitir ou mellorar o acceso ao local, impedindo o aparcamento ou ocupación do espazo fronte do vao.

Sección 3ª: Concesión de licenzas de vao.

Artigo 11.- Solicitudes de vao.

1.-Poderán solicitar a licenza de vao os poseedores lexítimos dos inmobles, aos que o vao permitirá o acceso, así como os titulares das actividades e os promotores ou contratistas das obras, previo pago das taxas de tramitación, de acordo coa correspondente ordenaza fiscal.

2.-O expediente de concesión de licenza de entrada e saída de vehículos poderá iniciarse de oficio, ou previa petición dos interesados no modelo do que dispoña o Concello, e deberá de acompañarse da seguinte documentación:

1) Plano de situación a escala 1:1.000, da cartografía municipal.

2) Plano da fachada do inmoble con acotacións expresas da entrada solicitada a escala 1:50.

3) Plano de planta e número de prazas existentes por planta.

4) Fotografía da fachada do inmoble.

5) Licenza ou título habilitante para o uso ou actividade que se pretende.

6) Esquema da rampla de acceso, en caso de ser necesaria.

7) Copia da solicitude de licenza, en caso de solicitar a modificación da beirarrúa para permitir o acceso ao inmoble, xunto co xustificante da taxa correspondente.

8) Conformidade expresa do propietario do local, se non é o solicitante, e asunción da súa responsabilidade subsidiaria, nas obrigas establecidas na presente ordenanza.

3.-Poderá solicitarse non reservar en exclusiva a entrada, naqueles casos nos que non sexa necesario ou que así se solicite, mais non se admitirá se a rampla vai por fóra da beirarrúa de forma que impida o estacionamento.

Artigo 12.- Concesión de licenzas

1.-Recibida a solicitude e documentación aportada polo solicitante, requerirase a subsanación das deficiencias ou falta de documentación, de ser o caso, no prazo de dez días.

2.- A petición deberá ser informada primeiro pola Policía Local, que informará sobre a conveniencia do vao en relación co tráfico, a circulación e a seguridade vial e peonil na zona. Ademais concretará sobre a inexistencia de obstáculos, árbores, farolas, etc., intensidade de tráfico, exceso de vaos, sinalización vial, perigosidade da vía, manobrabilidade, etc.

3.- Incorporarase informe da Tesoureiría de conforme o solicitante non ten débedas co Concello, e certificación descriptiva e gráfica catastral do inmoble.

4.- Informe dos servizos técnicos, sobre: o cumprimento desta ordenanza e instalacións ou obras necesarias para o acceso á beirarrúa e inmoble, elevando a proposta á Alcaldía para a resolución.

5.-A licenza poderá ser denegada polo Concello naqueles inmobles situados en vías que polo seu tránsito ou características urbanísticas singulares así o aconsellen.

Artigo 13.- Denegación de licenzas

Non se concederá licenza de vao nos seguintes supostos:

1.-Cando supoña un entorpecemento da circulación.

2.-Cando a saída ou a entrada do inmoble estea nun chafrán ou a menos de 5m dunha esquina ou encontro de aliñacións, no caso de que exista chrafrán, ou zona que deteriore gravemente a seguridade vial.

3.- Cando a entrada ao inmoble estea situada en rúas peonís, de tráfico restrinxido. Poderase permitir por razóns xustificadas e aprobadas expresamente polo Concello, agás que exista aparcamento a menos de 30m da planta baixa da vivenda do titular que solicita o vao.

4.- Cando a entrada ou saída do inmoble perxudique á zona da vía pública, consolidada ou prevista, con arboreda, xardíns, farolas e outros elementos do mobiliario urbano.

Artigo 14.- Alta de oficio

O Concello poderá iniciar de oficio a concesión de vao naqueles casos nos que coñeza o exercicio dun particular do dereito que lle outorga unha licenza municipal para a actividade de garaxe. Neste caso, comprobada a existencia de dito acto administrativo, e previa notificación ao titular da licenza, procederase ao seu otorgamento e alta nos padróns municipais afectados, momento a partir do cal o titular deberá cumprir as obrigas derivadas da presente ordenanza e da correspondente ordenanza fiscal.

Artigo 15.- Condicións de outorgación.

1.- A licenza outórgase en precario, sen perxuízo do dereito de propiedade e de terceiros, e non crea ningún dereito subxectivo, poidendo deixarse sen efecto en calquera momento, se houbera causa motivada.

2.- Periodo de licenza.

A) A licenza outórgase por periodos anuais, que coincidirán co ano natural, agás nos supostos de alta ou renuncia á licenza polo seu titular, que o serán polo periodo anual que fique ou transcorrera, respectivamente, do ano natural.

B) A licenza entenderase prorrogada anualmente se antes do día 31 de decembro de cada ano o titular da mesma non solicita, por escrito, a baixa ante o Concello.

Artigo 16.- Sinalización do vao

1.- Sinalización exterior principal. As entradas e saídas de vehículos que se autoricen sinalizaranse e delimitaranse simultaneamente, a cargo do titular do vao, con dous tipos de sinais:

a) Sinalización vertical:

Placa de vao. O vao sinalizarase cunha placa de vao, axustada ao modelo que indique o Concello, debendo conter ao menos a seguinte información:

i.-Denominación do vao: permanente, laboral ou nocturno.

ii.-Horario e días de efectividade do vao.

iii.-Metros liñais de reserva de vao autorizados.

iv.-Data de concesión do vao.

v.- Número de licenza.

vi.- Nome da rúa, praza ou lugar, onde se sitúa o vao.

vi.- Sinal de prohibición de estacionamento, no caso de que o vao teña reserva de entrada.

A placa deberá instalarse nunha zona visible da porta de entrada ou saída do inmoble, preferentemente no lateral dereito, a máis de 1,5m de altura, ou, no seu defecto, na zona central superior da fachada da porta. Excepcionalmente, naqueles inmobles con accesos de longo perrecorrido, permitirase que se coloque nunha barra vertical.

b) Sinalización horizontal:

b1)Franxa amarela da lonxitude aprobada na licenza, pintada, fronte á porta do inmoble, no bordo da beirarrúa ou na calzada xunto ao bordo, que acouta a zona de reserva de entrada.

b2)Franxa azul no limiar ou soleira da porta polo exterior, da anchura do portalón ou como máximo da anchura aprobada na licenza de vao.

2.- Sinalización exterior auxiliar, liñas auxiliares.

A zona a acoutar, na banda contraria da rúa con liñas auxiliares, sinalizarase da seguinte forma:

a) Sinalización vertical: De prohibición de aparcamento, con indicación da anchura da zona acoutada.

b) Sinalización horizontal, liñas auxiliares: Franxa amarela, da lonxitude aprobada, pintada fronte á porta do inmoble do vao, na banda contraria da rúa, no bordo da beirarrúa ou na calzada xunto ao bordo.

3.- Sinalización interior.

a)O responsable da licenza terá que sinalizar, no interior, cun sinal de ¿STOP", no acceso a beirarrúa, e a que corresponda coa establecida para tráfico interior, prohibición de xiro, dirección obrigatoria, etc.

b)Cando o número de vehículos que se gardan no interior do edificio exceda de 25, será obrigatoria a colocación de sinal automático e luminoso de saída de vehículos.

Artigo 17.- Acceso ao inmoble

Para o acceso desde a calzada á beirarrúa, e de ser necesario, permitirase a realización de ramplas, a cargo do titular do vao, coas seguintes condicións:

a)Será metálica, de 50 cm de lonxitude horizontal como máximo, agás xustificación de necesidade dunha maior, e pintada de amarelo, debendo ir suxeita de maneira firma ao pavimento.

b)Non ocupará a calzada propiamente dita, mais si poderá ocupar a zona de aparcamento ou o arcén, na mitade do seu fondo como máximo.

c)De non ser posible, poderase introducir ou construir a rampla na beirarrúa, modificando esta. Neste caso, e para evitar accidentes, sinalizarase a rampla na beirarrúa, ou instalaranse elementos que impidan que se poida pasar pola rampla no sentido transversal.

Artigo 18.- Deberes e responsabilidades do titular.

O titular da licenza de vao ten a obriga de:

1.- Pagar os gastos administrativos da tramitación e concesión da licenza.

2.-Identificar e sinalizar o vao conforme ao disposto na presente ordenanza.

3.- Facerse cargo dos gastos derivados da sinalización e das obras necesarias para o acceso e o cumprimento da presente ordenanza.

4.- Pagar a taxa periódica correspondente. Subsidiariamente asumirá a condición de substituto do contribuinte o propietario do inmoble ou local.

5.- Manter, ao seu cargo, a sinalización, vertical e horizontal, nas debidas condicións, durante todo o periodo de vixencia da licenza.

6.- Manter en bo estado de conservación as beirarrúas con motivo do uso especial que comporta a entrada e saída de vehículos serán responsabilidade do titular do vao, que en todo caso terán que ser reparadas cando así o requira o Concello, dentro do prazo que ao efecto se outorgue. O incumprimento desta obriga dará lugar á apertura de expediente de caducidade do vao e á execución forzosa, nos términos regulados na lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo Común.

Non obstante, cando se demostre que o destrozo se produxo por causas alleas ao titular do vao quedará eximido da responsabilidade de reparación.

7.- Permitir o acceso ao local ou inmoble para o que se concedeu licenza de vao á Policía Local ou aos Servizos Técnicos, cando sexa requerido para ilo.

8.-Unha vez extinguida a licenza de vao, por renuncia, resolución ou revogación, o titular ten a obriga de:

i) Repoñer a beirarrúa ao seu estado orixinal.

ii) Entregar no Concello a placa de vao.

Artigo 19.- Extinción das licenzas de vao

1.- As licenzas de vao extinguiranse por renuncia expresa ou tácita por causa de impago do seu titular.

2.- As licenzas de vao poderán resolverse no suposto da comisión polo titular dunha infracción grave ou mui grave tipificada no Capítulo Terceiro da presente Ordenanza.

3.- Revogación das licenzas de vao:

i)As licenzas de vao revogaranse cando desaparezan as circunstancias que motivaron o seu outorgamento, por sobrevir outras que, de terse coñecido ou existido, houberan xustificado a súa denegación.

ii)Asimesmo, poderán revogarse cando se adopten novos criterios de apreciación.

iii)A revogación requerirá expediente administrativo, con audiencia do interesado, tramitado ao efecto.

CAPÍTULO SEGUNDO: Reserva de espazo na vía pública.

Artigo 20.- Concepto e tipos

1.- A acotación dunha determinada zona da vía pública ou dos espazos de uso público, que se reservan, de forma permanente ou limitada, para aparcamento para facilitar a carga e descarga de mercadorías, ou o acceso de persoas, en beneficio de actividades concretas, constitúe un aproveitamento especial do dominio público, ao restrinxir o uso común xeral do espazo que se acota.

2.-De conformidade co disposto no artigo 77 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por R.D. 1372/1986, de 13 de xuño, sométese a licenza de reserva de aparcamento definida no párrafo anterior, ao tratarse dun aproveitamento especial do dominio público local, o cal está suxeito ao previo pago dos dereito determinados pola Ordenanza Fiscal correspondente.

3.-As reservas de espazo na vía pública, poderán ser permanentes, continuas ou de horario e/ou días limitados, e temporais.

Artigo 21.- Zonas de prohibición de aparcamento

1.- Con independencia do establecido no artigo anterior, o Concello poderá sinalar, en uso das súas facultades de organización, prohibicións de aparcamento en determinadas zonas por razóns de interés público, para a súa utilización polos usuarios de locais, actividades ou sectores que estime oportuno.

2.- En ningún caso poderanse establecer zonas de prohibición de parada ou estacionamento en espazos concretos que, de feito, veñan a suprir, dalgunha forma, a finalidade das reservas de espazo, en beneficio de actividades ou locais concretos.

Artigo 22.- Reserva permanente

1.-Autorízase á reserva de espazo na vía pública, con carácter permanente, nas zonas que aprobe o Concello, coa seguinte finalidade:

A.- Paradas de transporte de persoas en vehículos lixeiros en calidade de servicio público.

B.- Paradas de autobuses de viaxeiros e transporte escolar, en rúas ou prazas que reúnan as condicións adecuadas.

2.-Igualmente poderá autorizarse a reserva de espacio na vía pública, con carácter permanente mais suxeita a un horario e/ou días determinados, para carga e descarga de materiais e mercadorías.

Artigo 23.- Reserva temporal

1.-Poderanse autorizar reservas de espazo na vía pública, con carácter temporal, e limitada a determinadas horas ou días, nas zonas solicitadas, nos seguintes casos:

a) Operacións de carga e descarga de materiais relacionados con obras de construcción, derrubamento, reforma ou reparación de edificios, formigonado e bombeo.

b) Servizo de mudanzas, descarga de combustibles e outros de carácter extraordinario (ambulancias, sinistros, etc.).

Artigo 24.- Solicitudes de licenza de reserva de espazo na vía pública.

1.-Poderán solicitar a licenza de reserva de espazo na vía pública calquer persoa maior de idade, que teña a necesidade da reserva, previo pago das taxas de tramitación, de acordo coa correspondente ordenaza fiscal.

2.-O expediente de concesión de licenza de reserva de espazo na vía pública iniciarase coa solicitude no modelo do que dispoña o Concello, e deberá de acompañarse da seguinte documentación:

1) Plano de situación a escala 1:1.000, da cartografía municipal.

2) Memoria explicativa do obxecto da reserva, coa xustificación da súa necesidade e superficie, e especificando, o volume e frecuencia das operacións, o horario, os pesos que se transporten e a peso máximo dos vehículos.

3) Esquema da ocupación, con medidas e superficie da zona a reservar.

3.-Para a concesión das licenzas teranse en conta ademais das características do tráfico rodado, e das condicións establecidas para os vados, o firme da calzada e a súa anchura, especialmente para os camións pesados de trasporte, a fin de que non causen deterioro na calzada, nin dificulten ou entorpezan a circulación rodada. Cando as circunstancias o requiran, destinaránselles outros lugares do núcleo urbano que reúnan as condicións necesarias para o seu estacionamento.

Artigo 25.- Condicións de outorgación das reservas.

1.- A licenza outórgase en precario e para o horario limitado que se determine, sen perxuízo de terceiros, e non crea ningún dereito subxectivo a favor do seu titular, poidendo ser modificada polo Concello tantas veces como o demanden as necesidades do tráfico, previa audiencia ao interesado.

2.-A licenza para as reservas temporais outorgaranse sempre que se garantan, en todo momento, a fluidez da circulación rodada ou poidan atoparse as medidas necesarias para este obxecto.

3.- Periodo das licenzas permanentes.

A) A licenza outórgase por periodos anuais, que coincidirán co ano natural, agás nos supostos de alta ou renuncia á licenza polo seu titular, que o serán polo periodo anual que fique ou transcorrera, respectivamente, do ano natural.

B) A licenza entenderase prorrogada anualmente se antes do día 31 de decembro de cada ano o titular da mesma non solicita, por escrito, a baixa ante o Concello.

4.- Periodo das licenzas temporais.

As licenzas temporais outorgaranse polos periodos, e horarios, que se acorden no acto concesional da licenza.

5.- Sinalización das reservas permanentes para vehículos.

A) Sinalización exterior. As reservas permanentes que se autoricen sinalizaranse e delimitaranse simultaneamente con dous tipos de sinais:

i) Sinalización vertical: A zona acoutada como reserva de espazo delimitarase mediante senllos sinais verticais de prohibición do estacionamento, con frecha indicadora, e indicarán, ademais, se se trata de reserva permanente ou de reserva con horario limitado, sinalando neste caso os días e tramo horario reservado.

ii) Sinalización horizontal: A zona acoutada como reserva de espazo sinalizarase mediante marcas amarelas en zig-zag.

B) Sinalización interior: Os usuarios dos vehículos autorizados terán a obriga de colocar as tarxetas que ao efecto se concedan polo Concello, sobre o cadro de mandos do vehículo, próximo ao parabrisas, perfectamente visible na súa parte esquerda.

6.- Sinalización das reservas temporais para vehículos.

Sinalizaranse de acordo coa sinalización interior establecida para as reservas permanentes.

Artigo 26.- Aplicación supletoria das normas sobre licenzas de vao.

En todo o non regulado neste Capítulo, a licenza de reserva de espazos en vías públicas rexirase polas normas establecidas para a licenza de vao, sempre que lle poida resultar de aplicación e non contradiga as normas do presente capítulo.

CAPÍTULO TERCEIRO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Artigo 27.- Infraccións

Sen perxuizo das infraccións que poideran determinarse pola aplicación da normativa tributaria, en materia de seguridade vial, ou restante normativa administrativa, ou calesquera outras responsabilidades civís ou penais que poideran concorrir, as infracciones á presente Ordenanza tipifícanse da seguinte maneira:

1.- Infraccións leves.

1.1.- Non pintar o bordo cando así fora ordenado polo Concello.

1.2.- Non conservar en bon estado a placa identificativa do vao.

1.3.- Non situar en lugar ben visible da porta de acceso a placa identificativa do vao.

1.4.- Cualquera outra acción ou omisión que constitúa incumprimento da presente Ordenanza e que no estea tipificada como infracción grave o mui grave.

2.- Infracciones graves:

2.1.- Colocar diante do vao ou reserva calquera tipo de obstáculo ou impedimento que impida ou obstaculice o acceso ou aparcamento.

2.2.- Non renovar o pavimento cando así o ordene o Concello.

2.3.- No refacer a beirarrúa e o seu borde ao seu estado orixinario cando a licenza quede extinguida por renuncia, resolución ou revocación.

3.- Infraccións moi graves:

3.1.- Utilizar unha placa sinalizadora do vao distinta da oficial. Sen perxuizio de que de tal feito se dea traslado á xurisdicción penal por ilícito de falsedade.

3.2.- Consignar na placa sinalizadora un horario distinto do autorizado. Sen perxuizio de que de tal feito se dea traslado á xurisdicción penal por ilícito de falsedade.

3.3.- Non comunicar ao Concello a modificación das circunstancias que deron lugar á

licenza, mudas de titularidade do local, ampliacións, traslados, etc.

3.4.- Utilizar a licenza de vao ou de reserva de outro titular sen ter sido concedida autorización para a transmisión.

3.5.- O incumprimento das medidas de seguridade ordenadas polo Concello.

3.6.- Non destinar o local a garda de vehículos.

3.7.- Efectuar o aproveitamento especial de vao sen contar coa preceptiva autorización.

Artigo 28.- Sancións

1.- As sancións a impoñer pola comisión das infraccións tipificadas no artigo anterior serán as seguintes:

1.1-Infraccións leves: multa desde 90 ata 150 euros.

1.2.-Infraccións graves: multa desde 151 ata 500 euros.

1.3.-Infraccións mui graves: multa desde 501 ata 900 euros.

No caso das infraccións graves e mui graves, adicionalmente á multa económica poderán levar aparellada a resolución da licenza.

2.- Para graduar as sancións terase en conta a trascendencia do feito, o perxuizo ocasionado ao interés público e o grau de reincidencia do infractor.

3.- A imposición de multas será competencia da Alcaldía, previo expediente instruído ao efecto, conforme o establecido na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei de Réxime Xurídico e de Procedimiento Administrativo Común e Reglamentos de desenvolvemento.

CAPÍTULO CUARTO: Tarifas.

Artigo 29.- Tarifas

As tarifas aplicables serán as que estableza a correspondente ordenanza fiscal, que establecerá a taxa valorando ao menos as características que se indican:

a)Para os vaos: O tipo de vao, a lonxitude de vía ou beirarrúa ocupada, a lonxitudede liñas auxiliares, o número de vehículos que usan o vao, a necesidade de eliminar aparcamentos, a clasificación da ubicación, se a houbera.

b)Para as reservas: O tipo de reserva, a superficie ocupada, a clasificación da ubicación.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira.

As licenzas de vao e de reserva concedidas, con anterioridade á entrada en vigor da presente Ordenanza, entenderanse vixentes a todos os efectos, e, a partir do 1 de xaneiro de 2018, seranlles de aplicación as disposicións establecidas nesta Ordenanza, para a sinalización, por causa da súa vixencia anual.

Sen embargo poderán ser revogadas aquelas que, pola súa ubicación ou características, conleven na actualidade un maior risco para a seguridade dos transeúntes ou concorra algunha particular circunstancia que contraveña a necesidade ou conveniencia do seu outorgamento, de acordo cos informes correspondentes da Policía Local, e/ou dos Servizos Municipais.

Segunda.

As solicitudes presentadas con anterioridade á entrada en vigor da presente Ordenanza sobre as que non houbera racaído resolución, serán tramitadas e resoltas conforme á presente normativa.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira. Revogación.

Calquera das autorizacións que se conteñen neste regulamento poderán ser revogadas en calquera momento pala autoridade municipal, cando así o aconsellen as circunstancias por causa xustificada.

Segunda. Casos non recollidos ou non previstos

Calquera outro caso que non estivese recollido neste regulamento, poderase resolver segundo criterio da propia corporación e para o non previsto neste regulamento, rexerá o disposto nos regulamentos de bens e servicios das corporacións locais e demais disposicións legais, tanto locais coma autonómicas e nacionais.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Coa entrada en vigor da presente Ordenanza queda derrogada a ¿Ordenanza reguladora da expedición de licenzas de reserva de espazo e de entrada e saída de vehículos" publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 183, do 9 de agosto de 1996, así como todas as disposicións de igual ou inferior rango anteriores á presente Ordenanza que a contradigan.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei de Bases de Réxime Local e permanecerá vixente ata tanto non se acorde a súa modificación ou derogación expresas.