Cariño - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TAXA POR VAOS E POR RESERVA DA VIA PÚBLICA PARA APARCAMENTO

Publicación provisional: 04/07/2017 BOP Nº: 125
Publicación definitiva: 23/08/2017 BOP Nº: 159
Aplicable dende: 01/01/2018

ÍNDICE

Artigo 1.- Fundamento e natureza.

Artigo 2.- Feito impoñible.

Artigo 3.- Suxeito pasivo.

Artigo 4.- Responsables

Artigo 5.- Exencións, reduccións e bonificacións.

Artigo 6.- Cota tributaria.

Artigo 7.- Periodo impositivo e devindicación

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

DISPOSICIÓN FINAL

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por entrada de vehículos desde a vía pública a edificacións, locais e solares e das reservas de vía pública para entrada, aparcadoiros exclusivos, carga e descarga de mercancías de calquera clase.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta Taxa, a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público, con ocasión de:

a) Entradas de vehículos en edificios, vivendas unifamiliares, garaxes comúns a vivendas unifamiliares adosadas ou pareadas, locais comerciais e industriais e, en xeral, en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público.

b) Reservas permanentes ou temporais de espazo na vía pública para entrada, aparcamento ou carga e descarga.

Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, a favor de quen se outorguen as licenzas, ou quen se beneficie do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización.

Son suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, os propietarios das fincas ou locais a quen dean acceso ás entradas de vehículos, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

Artigo 4.º.-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º.- Exencións, reduccións e bonificacións.

De acordo co o establecido no artigo 9 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, texto refundido da ley reguladora das faecendas locais, non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei ou os derivados da aplicación de Tratados Internacionais.

Artigo 6.º.-Cota tributaria.

1.-Cota de vao anual.

1.a)A cota de vao anual está definida pola seguinte expresión:

Qva= (Qupp + Qure) x Tv x Us x Cf x 12

Sendo:

Qva= Cota de vao anual.

Qupp= cota unitaria de paso por zonas peonís. Cota unitaria mensual por entrada de vehículos a inmobles por zonas peonís ou de equipamento. En caso de que a entrada ao inmoble non necesite pasar por zona peonil ou zona non destinada a circulación rodada, o valor será cero, Qupp=0.

Qure= cota unitaria de reserva para entrada. Cota unitaria mensual de reserva para entrada de vehículos a inmobles por zonas distintas das peonís. No caso de que a licenza de vao non dispoña de reserva de entrada, o valor será cero, Qure=0

Tv= Tipo de vao, de valor Tv=1 para vao permanente, Tv=0,8 para vao sen reserva de entrada e Tv=0,6 para vao laboral, nocturno.

Us= Unidades de superficie ou vehículos.

Cf= Coeficientes que minoran ou maioran o prezo do vao.

1.b)Unidades de superficie, Us.

É un número, que deberá ser igual ou maior de 3 (Us>=3), que toma os seguintes valores:

Para vivendas unifamiliares Us=3.

Para o caso de garaxes, Us é igual ao número de vehículos.

Para o caso de actividades, Us é o número, redondeado a cero decimais, resultante de dividir a superficie da actividade, ou almacén, en planta baixa, entre 20.

1.c)Coeficiente Cf.

É o producto dos seguintes coeficientes de minoración ou maioración da cota de vao, obtido pola seguinte expresión: Cf= Co x Cl x Ch.

Onde:

Co= Coeficiente de ocupación, ten en conta o número de vehículos.

Cl= Coeficiente de liña ou delimitación, considera as liñas de delimitación do vao.

Ch= Coeficiente horario.

1.d)Coeficiente de ocupación, reduce a contía segundo o número de vehículos ou superfie do local, expresados en unidades de superficie Us. Obtense da seguinte expresión:

Co=1-(Us/100)

Sendo Us<50. Para Us de valor igual ou superior a 50 tomarase Co= 0,5. Para vivendas unifamiliares e para Us<=3 tomarase Co=1.

1.e)Coeficiente de liña ou delimitación, Cl.

Incrementa a contía segundo o incremento de lonxitude das liñas, liñas auxiliares, respecto ás lonxitudes normativas:

Cl= 1+(8L/100)

Sendo ¿L" a lonxitude, en metros, da suma das liñas auxiliares, tanto laterais como frontais.

1.f)Coeficiente horario.

Unicamente se aplicará aos vaos laborais, nos demáis casos tomará o valor de 1.

Terá o seguinte valor:

Ch=H/10

Onde H é número de horas no que actúa o vao, será como mínimo 5h e terán que ser contínuas.

1.g)Cotas unitarias.

Establécense as seguintes cotas unitarias:

Qupp = 0,68 €/Us (ou vehículo)/mes.

Qure = 0,45 €/Us (ou vehículo)/mes.

2.-Cota de reserva temporal de aparcamento.

2.a)A cota de reserva para aparcamento está definida pola seguinte expresión:

Qra= Qura x S x Chr x Cdr x M

Sendo:

Qura, a cota unitaria de reserva de aparcamento.

S, a superficie de reserva, como mínimo S=10m2.

Chr, o coeficiente de horas de reserva.

Cdr, coeficiente de días de reserva.

M, número de meses, mínimo 0,5 meses.

2.b)O coeficiente horario, Chr, calcúlase coa seguinte expresión:

Ch=H/10

Onde H é número de horas do día no que actúa a reserva de aparcamento, será como mínimo 5horas e terán que ser contínuas.

2.c)O coeficiente de días, Cdr, calcúlase coa seguinte expresión:

Cdr=D/5

Onde D é número de días da semana no que actúa a reserva de aparcamento, será como mínimo 3 e terán que ser contínuos.

2.d)Establécese a seguinte cota unitaria de reserva de aparcamento:

Qura = 1,23 €/m2/mes

3.-Placa de vao:

15€ por unidade

Artigo 7º.-Periodo impositivo e devindicación

1.-O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de declaracións de alta, neste caso abranguerá desde a data de comezo da utilización privativa ou do aproveitamento especial ata o final do ano natural.

2.-Devindícase a taxa e nace a obrigación de contribuír:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, na data de outorgamento da correspondente licenza. Neste suposto as cotas calcularanse proporcionalmente ao número de trimestres naturais que restan para rematar o ano, incluído o do comezo da utilización ou do aproveitamento.

b) Tratándose de concesións de aproveitamento xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada ano natural.

Así mesmo, e no caso de cese na utilización, as cotas serán prorrateables por trimestres naturais, excluído aquel no que se produza o dito cese. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicitar a devolución da parte proporcional da cota correspondente aos trimestres naturais nos que non se producise a utilización.

3.-O pagamento da taxa pública realizarase:

a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, en réxime de liquidación.

b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais nas oficinas da Oficina de Xestión Tributaria e Recadación ou nas entidades colaboradoras.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Coa entrada en vigor da presente Ordenanza queda derrogada a ¿Ordenanza reguladora da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e as reservas da vía pública para aparcamento", publicada no BOP nº 298 de 30 de decembro de 1998.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partires do 1 de xaneiro de 2018, permanecendo en vixencia ata a sua modificación ou derrogación expresa