Vimianzo - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIRO

Publicación provisional: 30/11/2001 BOP Nº: 275
Publicación definitiva: 23/01/2002 BOP Nº: 19
Aplicable dende: 12/09/2017

Artigo 1. Fundamento e réxime

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.r) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a Taxa por Servizo de Sumidoiro, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.

Artigo 2. Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servizo de evacuación de excrementos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de sumidoiro municipal. Así como o prestado para a conexión á rede xeral, unha vez constatado que se dean as condicións necesarias para a autorización da acometida á rede xeral.

2. O servizo de evacuación de excrementos, augas negras, residuais e pluviais será de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia tódolos inmobles encravados a distancia menor de cincuenta metros dalgunha arteria da rede de sumidoiro deberán estar dotadas do servizo, devengándose a Taxa aínda cando os suxeitos pasivos non realicen a acometida da leira á rede xeral.

Artigo 3. Devengo

1. O tributo considerarase devengado dende que naza a obrigación de contribuír a teor do establecido no artigo 2º. Considerase que comeza a prestación do servizo que da orixe ó nacemento da obrigación de contribuír, cando teña lugar a acometida efectiva, previa autorización ou sen ela, caso no cal haberá lugar ás sancións que procedan.

2. Nos demais casos, o devengo terá lugar o primeiro día de cada trimestre e o período impositivo comprenderá o trimestre natural.

Artigo 4. Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que ocupen ou utilicen por calquera clase de título, incluso en precario, as vivendas e locais onde se preste o servizo.

2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, ós ocupantes ou usuarios, as cotas abonadas por razón da Taxa.

Artigo 5. Responsables

1. Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.

2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.

3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consistirán no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Asimesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.

4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.

Artigo 6. Base impoñible e liquidable

A base impoñible virá determinada no suposto de licencia ou autorización para a acometida á rede de sumidoiro, polo número de locais ou vivendas que desauguen conxuntamente a través da acometida para a que se solicita autorización.

No referente á evacuación de excrementos, augas negras, residuais e pluviais, a base impoñible ven constituída polos m3 de auga consumida na finca, para aqueles abonados con servizo de abastecemento. Para os abonados sen este servizo, estará constituída por unha cantidade fixa.

Artigo 7. Cota tributaria.

A cota correspondente á presente Taxa será a seguinte:

A.-ACOMETIDAS: Por toda acometida inicial á rede, sempre que a distancia desde as redes de distribución ó punto de conexión sexa igual ou inferior a 20 metros, e (que inclúe: material, man de obra), para leira, inmoble, obra, vivenda ou local por importe de TRESCENTOS EUROS (300,00) EUROS.

B.-Cambios de titularidade: 30,00 euros. No suposto de que o cambio de titularidade derive do falecemento do titular, non se cobrará nada.

C.-Servizo de saneamento e depuración:

C.1. Para abonados con abastecemento de auga:

Domésticos:

-Ata 30 m3 o trimestre, 3,00 euros/Trimestre

-De 30 a 60 m3, un adicional de 0,15 euros/m3

-De máis de 60 m3, un adicional de 0,18 euros/m3

Comercial e industrial:

-Ata 30 m3 o trimestre, 5,00 euros/Trimestre

-De 30 a 60 m3, un adicional de 0,15 euros/m3

-De máis de 60 m3 , un adicional de, 0,20 euros/m3

C.2. Para abonados sen abastecemento:

- Domésticos. Cota fixa mensual: 8,00 euros/Trimestre

- Comercial e Industriais e obras. Cota fixa mensual: 20,00 euros/Trimestre

Artigo 8. Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables

De conformidade co disposto no artigo 9 Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 9. Prazos e forma de declaración e ingresos.

Tódalas persoas obrigadas ó pago deste tributo, deberán presentar no prazo de trinta días na Administración Municipal, declaración dos inmobles posuídos, mediante escrito dirixido a Alcaldía. Transcorrido dito prazo sen presentar a declaración, a Administración, sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na correspondente matrícula do tributo.

Artigo 10.

As cotas esixibles por esta Taxa liquidaranse e recadaranse conxuntamente cos recibos correspondentes á Taxa por suministro de auga. No caso de non dispoñer do mencionado servizo, farase, igualmente, por períodos trimestrais.

No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude ingresando simultaneamente o importe da Taxa que se fixa no artigo 7 da presente ordenanza.

Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

Disposición derradeira

A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.